domingo, 29 de marzo de 2009

UNHA VIAXE CON NEVE [30.03.2009]

Venecia, vista dun canal menor.
Claustro de San Paulo Extramuros, en Roma, onde gañámo-lo xubileo. Foto de www.corazones.org.
-
Pontevedra, 30.03.2009
-
Entrada n. 892 do blog
-
Artículo semanal, publicado en diversos medios. Breve relato dunha peregrinación.
-
Unha viaxe con neve,
por Xesús López Fernández
-
Unha viaxe a Roma e a diversos lugares de Italia, cruzando varias rexiós daquel país: Lazio, Umbria, Toscana, Véneto, Lombardía….. Unha viaxe con dous obxetivos: Visita-la basílica de San Paulo Extramuros, en Roma, pra gaña-lo xubileo pauliño e peregrinare a continuación por un itinerario franciscán que incluía Fonte Colombo, un dos primeiros asentamentos da orde, ó que seguiría Greccio, cuna do primeiro Belén conmemorativo do Nadal, obra de San Francisco, que vivía con ledicia sublime esa festividade: Deus feito neno antre os homes. Así naceu a famosa Natividade de Greccio, sentida polo santo de forma totalmente presencial e compartida con tódo-los seus amigos, como conta o seu primeiro biógrafo, Celano, dun xeito que ten conmovido ó mundo e contribuído ó espallamento de tan fermosa tradición: o pesebre. Alí, en Greccio, celebramos, con panxoliñas, un emotivo Nadal serodio. No convento, austero, consérvanse o coro e as celas primitivas, antre elas a homilde de San Buenaventura, doutor da Igrexa, un home da Toscana.
-
Era 19 de Marzo, case primavera, pero a neve xa avisaba. Traiamos de Roma a referencia, en relación coas visitas efectuadas a diversas basílicas maiores, da fundación de Santa María Maggiore, no século IV e sobre o antiguo templo da deusa Cibeles, por orde do papa Liberius, no sitio da aparición da Virxe María. Conta a leenda que a noite do 4 de Agosto, o mes da Nosa Señora, apareceu no lugar un manto de neve, polo que cada 5 de Agosto remédase a nevada con pétalos de rosas brancas a xeito de folerpas. O frío apretaba en Asís, cidade pola que paseamos despois de ter ceado, porque o día 20 agardabanos unha xornada intensa. Fómonos así situando, achegándonos a diversos lugares: á basílica [dúas en realidade], camiñamos ata a casa de Francisco, hoxe unha pequena igrexa, e outros lugares.
-
Madrugamos porque o tempo habíasenos facer corto: Visita ás basílicas, ó mesmo lugar onde o 24 de Xaneiro do 2002 e sendo papa Xohán Paulo II se celebrara unha xornada de oración pola paz con representantes de diversas confesiós cristiáas e doutras relixiós. Repetíase así a experiencia do 27.10.1986, cando por primeira vez confluiran alí representantes de distintas creencias relixiosas pra pediren pola paz, pra desacreditare a violencia. Ese espírito de Asís respirábase o día da nosa visita, peregrinos tamén á igrexa de San Damián e á basílica de Santa Clara. No convento de Santa Clara, un ramo de flores marcaba o lugar no que a santa oraba. E polo serán achegaríamonos á singular basílica da Porciúncula, que contén no seu interior unha pequena capela restaurada por Francisco e os seus frades, case do lado do lugar no que o santo moraba e morreu, unha pequena construcción de madeira e barro.
-
Despois de celebrar outra misa na cripta, regresamos a Asís. Enfriaba aínda máis o tempo e cara á noite comezaría a nevar de forma franca. Ó día seguinte, o da partida a La Verna e Florencia, a neve foi protagonista, ata o punto de que non puidemos sobir ó lugar onde o santo recibira os estigmas. Vento e neve obrigáronnos a seguir camiño á espectacular Florencia, onde visitámo-lo Duomo e diversas prazas, lugares, monumentos, o Ponte Vecchio sobre o Arno, pra partire ó día seguinte cara a Padua, Padova, outra fermosa cidade con gran tradición universitaria na que o tempo resultou igualmente corto. Meta principal da nosa visita era a basílica de San Antonio, moi frecuentada naquela hora, con devoción multiétnica na capela do santo nacido en Lisboa. Obra grandiosa, concentración increíble de arte, contén catro claustros. O noso guía espiritual, Frai Francisco Castro Miramontes, autor de diversos libros sobre San Francisco, oficiou de novo a santa misa. [Todo un privilexio dispór da súa información e asistencia espiritual]. Seguimos por Treviso a Venecia, con memoria tamén do santo, de cando arribou de Oriente: San Marcos, Canal Central, Rialto , Murano. Marea alta, pero non acqua alta. O Asís nevado permanecía como referente.

viernes, 27 de marzo de 2009

PARALIZAN UN PARQUE EÓLICO

Presa fácil prós cazadores, o macho da pita do monte conxestíonase cando en celo chama pola femia. O dito, un tiro ó blanco fácil, unha doada diana. (Foto de La Razón)
-
Pontevedra, 27.03.2009

Entrada n. 891 do blog

UN PARQUE EÓLICO PARALIZADO,
por Xesús López Fernández
-
Non está lonxe a sentencia dun xués cántabro dictada en contra da construcción dun parque eólico en zona de urogalos. Estas aves, como acontece cos avutres leonados en Navarra, serían carnaza fácil prós virandelos. Desconocemos se as concesiós outorgadas polo BNG de xeito unilateral contemplaban nalgún caso a posibilidade de impacto negativo paisaxístico ou ecolóxico. Dende SOS Caurel denunciaron no seu día as concesiós da consellería do Bloque, o drama deseñado prá súa serra. I é que, non lonxe daquel espacio hai pesencia destas aves, que debe aumentar a pouco que se respete a floresta. Non digo donde.
-
A Axencia Efe dou con esta mesma data unha nova noticia sobre exclusión de virandelos, de paralización dun proiecto de parque eólico que estaba a ser construído nos municipios de Quintana del Castillo e Valdesamario, na provincia de León, onde ten o seu nicho ecolóxico a colonia de pitas do monte máis sureña d´Europa.
-
A organización conservacionista SEO-Birdlife, apoiada por Gedemol, outra organización defensora dos ecosistemas montañosos leoneses, puxo en marcha un recurso que a Viceconsellería d´Economía de Castilla e León acaba de estimar, información á que tivo acceso EFE.
-
O urogalo é unha especie que habita no norte de España i está a punto de desaparecer; o seu censo é desta volta un 50 por cen inferior ó da década de 1980 e na tasa de reproducción non chega a un polo anual por femia. Na serra de La Cepeda, onde se levaba a cabo o proiecto eólico citado, a Universidade de León ten localizada unha colonia, a máis sureña de Europa, que ven dando crías regularmente.
-
Por resolución da Viceconsellería d´Economía de la Junta de Castilla e León, outorgouse autorización administrativa pró parque "San Feliz" en abril do 2008, proiecto promovido por "Promociones Energéticas del Bierzo". Contra esa autorización, o letrado Carlos González Antón, en representación da "Sociedad Española de Ornitología (SEO/BirdLife)", apresentou recurso de alzada e solicitou a execución da resolución, alegando qu´o proiecto causaba perxuicios irreparables ós urogalos.
-
Na zona téñense autorizado outros parques eólicos, pese a se tratare de espacios de alto interese ecolóxico, según Carlos González, quen explicou a EFE que foron autorizados outros tres parques, algún deles tamén recurrido. Básicamente, o recurso de SEO/BirdLife avisaba dunha Declaración de Impacto Ambiental defectuosa, que non tivo en conta a presencia do urogalo. O demandante tamén argumentaba qu´as declaraciós de impactdo ambiental dos parques da zona están a seren adulteradas, ó se fragmentar aparentemente en distintas instalaciós, pra salvare mello-los trámites i evita-la competencia estatal. A Xunta reconoce que, no que respecta ó ambiental, tería de se facer un tratamento conxunto pra parques ubicados en ámbitos contiguos. O abogado de SEO/BirdLife mostrou a súa satisfacción pola resolución e xa ten comentado que esta decisión "podería indicar qu´as cousas están a cambiaren na concienciación ambiental".

MARCHA POLA VIDA, CONTRA O ABORTO

A ledicia de ter nacido apréciase neste neno. Con Bibiana Aído, "la miembra", ó mellor non sería posible. E agora moléstalle ó Goberno que nalgún centro ilustren ós alumnos sobre a vida, mostrando corpos esnaquizados, desgarrados prá vasura nalgún quirófono asesino, asociados a imaxes de ZP ou de Bibiana Aído. ¿Pero por qué protesta o Goberno se están a faceren apoloxía da morte dos nasciturus? ¿Qué sementeira ideolóxica están a practicaren?
As organizaciós pro-Vida precisan d´axuda: de participación real, organizativa, económica.

Pontevedra, 27.03.2009

Entrada n. 890 do blog

MARCHA POLA VIDA, CONTRA O ABORTO,

por Xesús López Fernández

O día 29, Domingo, vaise celebrar en Madrid a que se agarda poida ser unha gran marcha pola defensa da Vida, á que están invitados numerosos colectivos. É triste que a un Goberno incapaz non lle queden outros cartuchos que os de promove-la corrupción en non poucos ámbitos, pra ver de recolleren os apoios dos que están a se acobillaren tra-las bastidas dos baixos instintos: mafias, amor libre, drogas, etc. Pero na programación da matanza dos novos santos inocentes, se a sociedade civil rescata o debate de defensa da Vida, o Goberno pode sair derrotado. É decir, derrotado xa hai tempo qu´o está e son moitos os cidadáns que agardan a dimisión de ZP. O malo é que non se venta o soerguemento dun novo partido, polo menos renovado, capaz de anda-la senda da rexeneración.

Siguen diversos enlaces:

Video sobre o aborto: Convocatoria de HazOir, Marcha pola Vida, 29.03.2009.

Dereito a Vivir: doce videos con declaraciós diversas

HazteOir: España, en Marcha pola Vida.

A convocatoria tenta cobri-la xeografia española enteira con concentraciós ante os consistorios das cidades máis importantes.

jueves, 26 de marzo de 2009

VENECIA, DONNA LEON

Donna Leon, escritora estadounidense residente en Venecia. Creadora da figura do comisario Brunetti, na súa última novela enfréntao coa ecomafia, coas bandas mafiosas do ecocrime, do que se conoce apenas a punta do iceberg, según ela dí.
Piazza de San Marcos, en Venecia.

Pontevedra, 26.03.2009

Entrada n. 889 do blog

VENECIA, DONNA LEON,
por Xesús López Fernández
-
Na entrada anterior deixei mención dunha viaxe-peregrinación á que me terei de referir na medida na que vaia ordeando material e ideas. Esa viaxe levounos a Roma, a San Paula Extramuros; tamén por diversos puntos da Umbria e a Toscana, por lugares franciscáns: Fonte Colombo, Greccio, Asís, onde nos sorprendería a neve que o 21.03 nos impideu sobir a outro dos lugares de Francisco de Asís: o monte Alvernia. Alí, en la Verna, especie de niño d´águia, o santo recibiría os estigmas, pero destas cousas, na medida do posible, irei tratando no blog.
-
Na ruta escollida, fé e arte irmanadas, un pouco como coroa da viaxe conocimos algo de Venecia e Milán, xa que tomámo-lo avión no aeroporto desta cidade. En Venecia precisamente ocurréuseme perguntarlle á guía por Donna Leon e os lugares que a mesma convirte en escearios do comisario Brunetti. Pois, efectivamente, a escritora norteamericáa é unha gran divulgadora dos diversos encantos, tamén miserias, da cidade dos vénetos, ata o punto de que existe un turismo, o francés, que a visita pra conocere, antre outras cousas, os itinerarios das diversas novelas de éxito desta autora.
-
Lonxe estos días da información do noso país, aterrizamos coas noticias sobre a situación límite que vive España: paro, situación da banca, un Goberno composto xa por xoguetes rotos porque non queda un sóo ministro que manteña un certo prestixio; un Goberno que se quer apuntalare con actuaciós que van na línea dunha crecente degradación e presunta corrupción: privación de libertades, promoción criminal do aborto, en certo sentido crime de Estado.
-
Curiosamente, hoxe atópome con Donna Leon como noticia. Na súa última obra e según información de Telecinco enfrenta ó seu comisario Brunetti a bandas mafiosas do ecocrime, algo que tamén aquí sería palpable. Mafia ou clústers, qué maís ten, blindados se preciso é polos pertinentes decretos de supramunicipalización, recalificación urbanística ou o que faga falta. Aquí ven a conto o dito pola novelista: Reventar un coche ou roubar un banco pode ser un delito que acaba en si mesmo, pero un crime contra a natureza vai afectar a varias xeneraciós, pode que ó longo de miles de anos.....
-
Sigue o enlace da noticia sobre Donna Leon: Brunetti defróntase coa mafia.
-
Nota. Nos meus paseos pola piazza de San Marcos, nas idas e vidas polos diversos calexós, algús como ruelas santiaguesas, coido terme cruzado coa citada autora, da que teño leído diversas obras, antre elas "Morte en la Fenice", teatro que, según a guía, está totalmente restaurado.

miércoles, 25 de marzo de 2009

NO DÍA MUNDIAL DA AUGA [23.03.2009]

Fonte de Gándara, en Mondariz. Foto do titular do blog, que está seguro de non selecciona-las mellores de que dispón pra esta entrada que vai sobre o Día Mundial da Auga. Podería mesmo presentar algunha do río Tea baixando antre freixos en flor. Era a primavera do ano 2008.
O regato de Valdecide, en Mondariz, que protagoniza algús dos espacios de tra-lo vello balneario, hoxe reconvertido en edifico de apartamentos, reconstruído despois de que unha man incendiaria acabara co vello e grandioso edificio cargado de historia, sede de encontros internacionales.
Outra vez o regato de Valdecide, en Mondariz, soporte de vida e, neste caso, dunha economía familiar.
O Muíño da Rá, xa na beira do río Tea.

Pontevedra, 25.03.2009

Entrada n. 888 do blog

Artículo semanal do pasado luns, 23.03.2009, escrito realmente o 16.03.2009, a víspera dunha viaxe-peregrinación a Italia. Aínda estou rememorando os distintos momentos da mesma antes de deixare constancia no blog dalgún dos relembros traídos na caixa da memoria e na conciencia.

No Día Mundial da Auga,
por Xesús López Fernández


A celebración deste día o 22 de marzo de cada ano, foi un acordo da Asamblea Xeral das Naciós Unidas de data 22.12.1992. A serie de celebraciós comezaría o 22.03.1993. Son foros, reflexiós pra repensa-la nosa relación, dependencia e respeto á auga, fonte de vida. Algús países parece que, efectivamente, foron aprendendo os deberes; outros, en cambio, diríase que están lonxe de se pór no camiño. Diríamos incluso que orientados desta volta nunha especie de involución, sen o medio ambiente como un tema de cabeceira, que inda lembrou Rosa Díez recentemente, na súa charla de Pontevedra, de cómo foran Os Verdes os que marcaran o camiño, o reconocemento da sensibilidade social de que algo se estaba a facer mal. Na medida na moitos sí aprenderon que se trataba dun tema prioritario e de que o Urbanismo non era merecente dese nome se ó tempo de marcare un desenvolvemento irracional se cargaba o medio ambiente e o protagonismo da auga en distintos espacios.

Diríase que no noso país o discurso ambientalista oficial non vai máis alá do simple discurso, ata o punto de que o crecente sentir ecoloxista da sociedade parece que foi ninguneado polo actual Goberno; que tal parece significa-la supresión do ministerio de Medio Ambiente. Lembremos que o mesmo fora creación do Goberno de Aznar e que se puido ter adiantado en diversos asuntos cunha sociedade máis viva. Pero o momento é especialmente delicado na medida na que algunhas leis poden perde-la súa aplicación normativa, pexadas dende os poderes autonómicos, mesmo polos concellos. Aínda é recente un recurso de Salvemos Pontevedra contra a Lei 18/2008, de 29 de decembro, de Vivenda de Galicia, por entendela en contra da adicional terceira da Lei 9/2002, do 30 de Decembro, de ordeación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, por presunta vulneración da competencia exclusiva estatal na determinación do deslinde do dominio público marítimo terrestre; en contra tamén do principio de seguridade xurídica.

Naturalmente, no medio ambiente, en canto ó seu respeto e conservación, converxen moitos intereses, como decía hai poucos días o profesor Tamames ó urxi-la creación dun PAC intelixente que tivese en conta a relación coa terra dos labregos, pois deles depende a administración do 85% da superficie do país. E aí, nese mundo, existe un manantial diverso e a necesidade de fixar, en cada caso, o necesario patrón cultural: gando, regadío, sementeira, nun sector decote máis aburado pola competencia transfronteiriza que vai desertizando os nosos campos, as nosas aldeas. ¡Claro que é necesaria unha política agraria intelixente! Pero os males non se solucionan suprimindo un ministerio, o de Medio Ambiente, que debería ser crisol de pautas asumibles, posibles, pra que a natureza non morra, como denuncian decote os pescadores [escorrentías por gandería intensiva, vertidos de fábricas, ou das propias urbes], denuncias que non remedian os males.

Volvendo ó Día Mundial da Auga, non parece que dende a súa instauración cambiaran moito as cousas na nosa terra, na que permanecen unha serie longa de problemas, en espacios sensibles ou, se a Xusticia non-o remedia [qué as veces parece que non], en todo o litoral. Cando se anuncian novas agresiós en Reza, Ourense, ou n´O Lagares, Vigo; cando Touriño xa non pode facer bo o seu discurso en relación con Ence, agardemos que Núñez Feijóo non asuma o leigado de Fraga en relación coas Marismas de Lourizán ou coa ocupación do litoral por medio de granxas de peixes, prás que sí pode haber plan sen agresión á Rede Natura. Vexo un pouco de precipitación nos discursos primeiros. Alguén xa falou de lle brindaren novamente a Pescanova o solar de Touriñán, un espacio sagrado. Pero é necesario amplia-lo discurso. O discurso sobre a Auga, máis alá do Día Mundial, debe manterse sempre. A beiramar, coa súa relación osmótica co mar, coa mar, tamén debe entrare no discurso.

domingo, 15 de marzo de 2009

A REALIDADE DAS PISCIFACTORÍAS, TOURIÑÁN

O santuario de Touriñán que queren convertir en solar prá acuicultura.
-
Pontevedra, 16.03.2009
-
Entrada n. 887
-
Hai uns días inserín unha entrada, titulada "Sos Touriñán". Desta volta coloco aquí o enlace dun vídeo sobre o problema que se nos pode vir acima se non existe unha clara decisión de salva-lo noso litoral. Volveremos sobre o particular. Clicade agora pra ve-lo vídeo clarificador, longo pero interesantísimo, tanto no que se referide ós "postos de traballo", que en Vilán ían ser uns 250 e que na realidade son antre 15 e 17, como na desfeita ecolóxica que se xera a partir destas granxas, na medida en que, como son peixes carnívoros, precisan de mantenza a base de peixes, sobre 10 kilos doutros peixes pra xerare un kilo de rodaballo. Pero mellor atendede ó video.
-

SITUACIÓN EXTREMA [16.03.2009]

En Móstoles inauguraron un comedor social nos primeiros días de marzo, no que decote xantan unhas trescentas persoas. Nas fins de semáa atenden a cen nenos. Ese é o ramo de loureiro da nosa política económica.
As colas do paro crecen cada día que pasa. Uns catro millós en contra do pleno emprego prometido por ZP nas pasadas elecciós xerales.
-
Pontevedra, 15.03.2006
-
Entrada n. 886 do blog
-
Artículo semanal remitido pró luns, 16.03.2009
-
Situación extrema,
por Xesús López Fernández
-
A verdade é que a situación extrema que vive o país e sobre a que ven de insisti-lo presidente do BBVA, Francisco González, ante os accionistas do banco era sabida pola inmensa maioría dos cidadáns dende hai tempo, sentida nas propias carnes de máis de catro millós deles. O presidente do BBVA calificou o deterioro que estamos a sofrire de emerxencia nacional, afirmando ademáis que se fai urxente un pacto de Estado; que nengún partido pode, en por si sóo, afronta-las necesarias medidas pra reactiva-la economía, caída desta volta nun círculo vicioso que afecta ás finanzas e xa non é cuestión de inserir máis diñeiro público a bancos “zombies” que non outorgan crétos; que a recesión está a danar fondamente o sistema bancario global, solagado nunha crecente perda de capital social; que a propia debilidade bancaria retroalimenta a caída libre na devandita recesión. O presidente do BBVA falou, aínda así, dun futuro esperanzador e de que o diñeiro público debe aplicarse ó saneamento das entidades débiles e pra posibilitaren o seu retorno ó sector privado.

O consumo ten recuado de forma xeral. Se acaso, é o pan de cada día o que mantén o nivel de demanda, según informan en tendas e supermercados. I é que, cun Goberno inorde, carente de ideas e de soluciós, parece que o condumio de moitas familias pasa polos comedores de Cáritas, ou por unha dieta a pan e agua, porque a situación é así de dramática. E nese sentido, pra afondare no conocemento das raíces da problemática actual, con vistas a unha posible saída da paralización habida, tamén Ramón Tamames recomendaba no curso dun debate televisivo a elaboración duns novos Pactos da Moncloa. Precisou que cando foi da súa elaboración as xentes participaran con verdadeira ilusión; que os periodistas, críticos, seguían os encontros ó tempo que pedían que se fixeran ben as cousas. Desta volta, coa marea crecente que en Madrid marca a Plataforma das Clases Medias: sanea-la política e acabare coa influencia do que Enrique de Diego denomina a casta parasitaria.

As declaraciós de Manuel Pizarro recollidas na revista “Alfa y Omega” do 12.03 van tamén nesa dirección, porque afirma que temos que reaccionar contra os malos políticos. Asegura que non entende a política nada máis que como servicio á sociedade e, de xeito moi didáctico, describe diversos fracasos: a perversión comunista de creeren que o Estado non estaba ó servicio do individuo, senón o individuo ó servicio do Estado; ou do capitalismo, no que moitos entenderon que os individuos estaban ó servicio do capital, e non ó revés. Tamén define a política e a economía como os novos cuxos ou xatos d´ouro, cando a política non é unha fin, é un servicio, e de que existe unha base moral que non se pode esquecer na procura do servicio ó verdadeiro ben común, no que tamén a relixión ten moito que decir. Defensor da vida, de toda vida, afirma non ter sentido manterse lonxe dun niño d´águia e permitir se acabe coa vida dos nenos.

En fin, neste momento de ruinas xeneralizadas, en empresas e familias, non todo é “casta parasitaria”. Por eso quero traer aquí, como referencia, un testimonio, o de Miguel Ángel Villalba, portavoz de ASIA –Agrupación Social Independiente de Avilés—, que percibe 45000 euros brutos ó ano como concellal liberado da oposición e declara sentirse impotente ó comprobare que moita xente que hai uns meses vivía sen problemas económicos, desta volta defróntase con embargos, paro e outras situaciós de pesadelo. O home asegura que non pode máis e que leva tempo meditando a súa decisión; que aínda que non vai poder facer grandes miragres, a doación íntegra da súa soldada ha servir pra axudar a algús avilesinos. O concellal, hosteleiro de profesión, afirma que non quere ser exemplo pra nadie, pero que tódo-los días, cando regresa a casa, faino remoendo na situación que estamos a vivir, sen apelumbrar un horizonte de rexeneración política. Situación extrema. Contra ela, listas abertas.

QUINTANA E A EXECUTIVA DO BNG, DIMITEN

Parece que xa pasou o tempo de outorgare favores e que tampouco é hora de pedilos. O capital axiña procura de novos cociñeiros, como di Montoro no chiste de La Razón.
Quintana, dirixíndose ó Consello Nacional, todos dimitidos.

Pontevedra, 15.03.2009

Entrada n. 885 do blog.

QUINTANA E A EXECUTIVA DO BNG, DIMITEN,
por Xesús López Fernández
-
Como consecuencia da derrota sofrida nas últimas autonómicas, Quintana acaba de dimitir. Di que xa non se vai presentare máis. O Consello Nacional en pleno, tamén dimiteu.
-
Agora é o momento de reflexionar sobre os moitos erros e disparates cometidos, que a sociedade denunciaba, ora polo dogmatismo estalinista ordeado dende a UPG, ora pola absurda pretensión de se facer coa administración do idioma galego, da súa deriva cara ó portugués, porque na súa teima independentista quixeron ve-los galizos asumida a nosa terra, fundida no veciño Portugal. Disparate
-
Existiron, ademáis, outros erros: a falta de rigor democrático cando se opuxeron ó voto de censura á ministra de Fomento, o seu protagonismo na trama das eólicas, o nepotismo có que administraron a súa tenza de poder, a súa falta de color no tema da Ecoloxía, a falta de compromiso en Pontevedra, referente de ruína urbanístia a nivel galego, que lles pasou a factura, como tamén aquela serie de manifestaciós convocadas pola súa marca rexistrada "Nunca Máis"..., ata o punto de creeren chegado o momento de se presentare en sociedade co seu verdadeiro rostro: a faciana estalinista da UPG.
-
Difícil o vai te-lo Bloque se mantén certos protagonismos; difícil o vai ter se siguen a acabaren co idioma, apoiados na mediocridade de moitos dos académicos da Galega, os que embucharon as normas do Diktatt, coas que acabaron cos verdadeiros signos identitarios de Galicia, o idioma que sempre nos defineu como "nación" ou país, á marxe de cargas ideolóxicas.
-
Siguen algunhas referencias da prensa, noticias relacionadas coa caído dos nazionalistas:
-
-

viernes, 13 de marzo de 2009

SIGUEN MENTINDO....

Ernesto Filgueira, Miguel Lago e Miguel Ángel Fernández Lores siguen a mante-la farsa dunha zona vella "recuperada", arruinada totalmente gracias á colaboración da Asociación de Comercio Zona Monumental.
-
Pontevedra, 13.03.2009
-
Entrada n. 884 do blog
-
SIGUEN MENTINDO,
por Xesús López Fernández
-
Como unha especie de novo Trío Calaveras, aí están os tres na foto do Faro de Vigo, cada un coa súa parte de culpa no deseño da ruína da zona vella. Agora xa saben o que dou de sí a imprantación en Pontevedra do modelo Allariz. E tamén saben, aínda que non-o queiran aceptar, qu´o Bloque perdeu xa Pontevedra, o seu "buque insignia", no que desta volta e trasvasando os votos das autonómicas non obterían nada máis que catro prazas de concelleiros. Confiemos en que todo poida reventar antes dos próximos comicios municipales.
-
Sigue un enlace do Faro de Vigo, coa mentira feita noticia de que na zona vella só están fechados un 5% dos locales comerciales. ¡Si dentro de pouco terán que facer unha reconversión de usos no Mercado de Abastos, tamén xerador de ruínas!

miércoles, 11 de marzo de 2009

O VAO, ONDE NACE A DROGA

A fotografía superior mostra un momento do operativo de data 10.03.2009, montado mancomunadamente pola Guarda Civil e a Policía n´O Vao de Poio, pra veren de erradica-lo tráfego de drogas que naquel arrabaldo vense dando de contínuo dende hai moitos anos. Durante a operación foron identificadas 150 persoas das que alí acodían ou regresaban pró correspondente suministro, según informou La Voz de Galicia, noticia ilustrada coa primera das fotos.
-
Pontevedra, 11.03.2009
-
Entrada n. 8583 do blog

O VAO, ONDE NACE A DROGA, 
por Xesús López Fernández

Un está farto de ver polo lugar un continuo desfilar de drogadictos que, incluso de noite e correndo verdadeiro peligro, cruzan por atallos complicados, pola propia autopista, á procura da súa dosis. Marchan algús deles alabarados; outros parecen xa no límite das súas forzas. Pero o lugar sigue sendo un referente ó que acoden xentes de toda Galicia. Podémolo definir, ó lugar, como O VAO, ONDE NACE A DROGA, título pra esta entrada.
¿Qué acontecería se a Policía Nacional dispuxese en Pontevedra de cans como Rex, o comisario diferente?. Nunha nova serie do simpático Rex, aparece, da man do comisario Lorenzo Fabbri, en Roma, co Coliseo ó fondo nesta fotografía. ¿Qué non faría Rex na zona vella pontevedresa, a pouco que entrara en escea? Sei de máis dun local no que presuntamente fan negocio os "intermediarios", que tería os seus días contados e ós que acoden os drogatas, a "traer ou levar" suministro. Se a policía tivese un algo de celo, algús "barciños" levarían tempo fechados, esgazado o modelo de cidade aquí promovido. Pero parece que certos infralocales da zona vella, de 30 metros cuadrados ou menos, teñen máis tobos qu´o propio Vao. E non pode ser. Que ensaien con Rex, ou con algún curmán do can. Seguro que dan coeles.
A foto anterior tróuxome o relembro de que dispoño no meu PC dun reservorio de fotos de Roma, de hai dous anos. Nesta apréciase o Coliseo ou Colosseo, á dereita o arco de Constantino. Por esa zona arranca a vía de S. Gregorio que leva á piazza da porta Capena, pra deseguido achegármonos ás termas de Caracalla pola vía dese nome. Nas termas transcurría gran parte da vida social de Roma: Na de Caracalla atopaban relax ata 1600 persoas. Augas mornas, quentes, e frías; biblioteca pra leere e prostitutas que vendían os seus servicios prá regalía d´aqueles románs.

Esto non viña a conto, pero aí queda dito.

GARZÓN, VARIAS VISTAS

Caín, en La Razón. O persoaxe dí que é a última vez que vota por un partido. En adiante faráo por un resultado. ¿Seguro?. Porque o protagonismo, neste país, está condicionado pola casta parasitaria, expresión ésta de Enrique de Diego á que xa non me podo sustraer.
-
A sociedade ten que reaccionar e as xentes instaladas no poder deberían senti-la presión cidadáa dunhas clases medias que están a viviren unha situación límite, coas que os políticos poden mesmo soñaren como se os integrantes delas fosen ovellas a se precipitaren dend´o acantilado sobre as sirtes ou farallós do paro, sobre o mar de miseria deseñado polos nosos gobernantes.
-
O xuez estrela Garzón está, cando menos, baixo sospeita, cuestionado polo propio colectivo de "Jueces para la Democracia". E unha das perguntas xa feita por algún cronista e reiterada neste blog é a de "¿Cántos traxes se poden mercare don 203000 dólares?". Que bote contas o propio Garzón ou que se aplique a sí mesmo a vara de medir que quería aplicarlle a Camps. Ou que, nun xesto de humildade lle pida ó presidente valencián que lle faga el as contas.
-
Pontevedra, 11.03.2009
-
Entrada n. 882 do blog
-
GARZÓN, VARIAS VISTAS
-
Introduzo dous traballos, dúas perspectivas do maxistrado na nosa paisaxe, artículos de colaboradores de La Razón: Cristina López Schlichting e Carlos Alsina. Cristina suxire que Garzón se volva ós Estados Unidos; Carlos Alsina defíneo como "togado, cazador, inspector, docente e maquiavelo", e aporta diversas ideas pra solaz dos lectores.
Cristina López Schlichting, en La Razón, 11.03.2009
-
La soledad de Garzón,
-
No me gustaría estar en el pellejo de Garzón. La ambición deja de ser buena cuando se transforma en avidez. Los magistrados están que trinan, conservadores, progresistas y mediopensionistas. Para los de derechas, Baltasar ha hecho la campaña electoral del PSOE con las filtraciones del «caso Gürtel»; para los de izquierdas, sus cacerías con Bermejo han provocado la derrota electoral. Para todos, sobre todo para los independientes, Garzón es el juez que estuvo en política y volvió a los tribunales con ánimo de convertir cada uno de sus casos en portada de periódico. A la justicia la pintan ciega, con una venda en los ojos y una balanza en la mano, Baltasar Garzón es exactamente lo contrario: una estrella del colorín con adscripción política y recorrido en las urnas. Es famoso y de izquierdas, o sea, un ejemplar de la «beautiful people». Ahora nos llegan noticias de que, además, miente. Ocultó al Consejo General del Poder Judicial que iba a cobrar un sueldo durante su estancia en Estados Unidos, entre 2005 y 2006, y consiguió así que le pagasen íntegro el salario en España. Esto siempre sienta mal, pero en época de crisis, ni les cuento. Se embolsó 158.593 euros, el equivalente a 26,3 millones de pesetas. Es decir, se fue de vacaciones pagadas y además cobró los emolumentos que le hubiesen correspondido por trabajar. La historia es feísima, incluye embuste y avaricia, y lo descalifica por completo para reclamar a Camps -con lujo de Prensa- doce mil euros en regalos que ni siquiera está claro que el de Valencia recibiese. Prefiero mil veces un político al que le hayan enviado dos trajes de Milano que un juez que abandone su puesto para forrarse, entre otras cosas porque a los magistrados no se les somete a las urnas. Baltasar Garzón ha irritado a tirios y troyanos y en el Consejo General del Poder Judicial lo tienen crudo porque, en caso de protegerlo, sería la Justicia la que sufriría grave descrédito. En su ambición desmedida, el juez astro no tiene valedores: ni en la derecha, ni en la izquierda, ni en el centro. Que vuelva a Estados Unidos.
Carlos Alsina, en La Razón, 11.03.2009.
-
HASTA LOS GARZONES,
-
Sólo falta que pose desnudo en un calendario a beneficio de los damnificados de sus propios sumarios. Garzón, hasta en la sopa. Togado, cazador, inspector, docente, maquiavelo. Intuyo que el personal anda hastiado de tanto Garzón y tanto compostaje de estiércol no reciclable. Es hora de que alguien nos aclare si este hombre merece el empleo que tiene o lleva veintiún años forzando la ley y haciendo de su capa un sayo. Lo nombraron titular del juzgado número cinco de la Audiencia en enero de 1988. Basta escarbar en la hemeroteca para encontrar una ristra de querellas por prevaricación y revelación de secretos. Lo que no aparece es una sola condena. En octubre del 91, Paesa le recusó por enemistad manifiesta. En el 95 se querellaron Barrionuevo y Vera. Ernesto Koplowitz en el 98. Joaquín Navarro y Jesús Santaella en el 2000. El Gobierno vasco y la editora del Gara en el 2002. Adolfo Scilingo en el 2004. Las querellas fueron inadmitidas o archivadas. ¿Falla el sistema o fallan los políticos y fallamos, al condenar, los medios? ¿El problema es él, o quienes lo ensalzan o excomulgan según el caso y según el beneficiario? Vuelvo a la hemeroteca. Enero 1995, Aznar: «Es una barbaridad el ataque del PSOE a Garzón, que lo único que hace es aplicar la ley» (caso GAL). Enero 1996, Leguina: «Espero que Garzón sea procesado por prevaricación». Junio 1996, Rubalcaba: «Garzón no es neutral respecto a quienes juzga». Noviembre 99, Jesús Caldera: «Cuando el PP está en dificultades electorales, aparece la Santa Alianza de la Crispación con Garzón y los altavoces mediáticos». Noviembre 1999, Belloch. «No es prudente que siga de juez instructor un magistrado con su biografía». Julio 2002, Mayor Oreja. «Los ciudadanos deben respetar, reconocer, apreciar y felicitar la actuación de Garzón» (caso Batasuna). Pregunto: ¿Desde hace veintiún años instruye sumarios un juez fotosintético y obsesivo, que machaca a los detenidos, que imputa por imputar, que investiga mal, que arruina sumarios decisivos, que prevarica, que delinque? ¿Realmente es así? Yo lo ignoro. Pero si es así, ¿por qué el sistema lleva veintiún años consintiéndolo?

SOS TOURIÑÁN

Touriñán, que algús voceiros do PP anuncian xa como solar de Pescanova. Foto de El País/Xurxo Lobato, o cabo Touriñán aparece como un altar ante a salmodia permanente do océano Atlántico, costa dos sacrificios, Costa da Morte, máis morta con granxas de rodaballos.
-
Ponteveda, 11.03.2009
-
Entrada n. 881 do blog
-
SOS TOURIÑÁN,
por Xesús López Fernández
-
Parece qu´os clústers están famentos por lle poñeren cancelas ó mar, por gañar novos solares prá acuicultura cando non debe ser así. Espacios da Rede Natura están hoxe desgarrados a consecuencia das políticas seguidas polo goberno Fraga e tamén polo bipartito, impotente pra artellar unha política medioambiental honesta.
-
Salvemos Pontevedra recurreu o plan López Veiga ante a Xusticia. Cando o TSXG tiña o asunto visto pra sentencia, o goberno de Touriño retirou aquel plan. E o TSXG desestimou a denuncia, porque xa non había obxeto. Pero acto seguido, os da casta parasitaria sociobloquera activaron o plan de Carmen Gallego, o mesmo qu´o de López Veiga, pero modificado, que compromete igualmente espacios da Rede Natura.
-
E agora anúncianse novas agresiós ó litoral, ou eso parece, da man de Alberto Núñez Feijóo. Que faga as cousas con sentido, que non suprima a consellería de Medio Ambiente e a doute de operatividade. Que se lembre de que foi o Goberno Aznar o que creou o ministerio do ramo, e que foi Isabel Tocino a que promulgou o Decreto sobre o deslinde marítimo terrestre nas marismas de Lourizán, o instrumento que debería valer pra comezar coa rexeneración daquel espacio [aínda pendente], en contra dos clústers, en contra tamén do actual goberno local de Pontevedra, que aparece claramente pringado neste asunto.

martes, 10 de marzo de 2009

CAMISETAS DE DEREITO A VIVIR

DAV contra a farsa da reforma.
O rapaciño, ledo por ter nacido, sirve de escaparate dunha camiseta como as que están a promocionaren a organización Dereito a Vivir e as súas plataformas DAV.
-
Pontevedra, 10.03.2009
-
Entrada n. 880 do blog
-
CAMISETAS DE DEREITO A VIVIR,
por Xesús López Fernández
-
As plataformas de DAV [Dereito a Vivir] manifestáronse o 5.03.2009 dediante do ministerio de Igualdad de Bibiana Aído, cando se fixo pública a intención asesina da Administración. Queren para-la apisonadora criminal qu´a "miembra" tenta activare.
-
-
-
Pra mercare a túa camiseta

PEPIÑO´S WORLD

Urbanización VillaPsoe, na Illa d´Arousa, cuestionada por diversos colectivos. As casas que agora oculta este residencial teñen sentencia de derribo.
-
Pontevedra, 10.03.2009
-
Entrada n. 879 do blog
--
PEPIÑO´S WORLD,
por Xesús López Fernández
-
Inclúo nesta entrada o enlace dunha noticia de ORFEU.ES, coa que se desmonta a pretendida legalidade do residencial VILLAPSOE, na Illa d´Arousa, que diversos santós dese partido están a construiren como idílicio refuxio.
-
-
¿VENDE PEPIÑO BLANCO O SEU ÁTICO EN VILLA PSOE? [VIDEO DE EL BLOG DE LOS CLONES]. Novo concepto urbanístico: un ático, mirando ó mar. "Mirando al mar, soñé".
-
Según os humoristas, Pepiño Blanco ten unha certa urxencia en vende-lo seu ático da Illa d´Arousa. O exercicio da "política", tan interino, podería traer como consecuencia a demostración de que o residencial VilaPsoe non respeta a Lei de Costas.
-
O clon de Pepiño Blanco urxe a venta, a mitade de precio, antes de que comece a gobernare Alberto Núñez Feijóo.

O TIRO POLA CULATA

A Garzón se lle conocen tamén trapos sucios. Moitos perguntan ata qué punto pode seguir en exercicio despois dos escándalos sabidos:
A cacería na compaña dun ministro sen licencia, con brindis por 20 anos máis de socialismo, horizonte que parece agora se corta con efecto dominó, antre outras cousas polos presuntos escándalos do propio xuez.
-
Pontevedra, 10.03.2009
-
Entrada n. 878 do blog
-
O TIRO POLA CULATA,
por Xesús López Ferenández
-
Nas vísperas das elecciós vascas e galegas e presuntamente pra torceren os resultados das elecciós que se ían celebrare nesas autonomías, Garzón activou a operación Gürtel [cinturón e non correa] contra o PP. Poucos días despois e parece que como consecuencia dunha deficiente instrucción, moitos dos imputados estarían en liberade, fóra de toda culpa.
-
Pero a Política ten esas cousas que ten e decote acaba prostituíndose pola cobiza das xentes que nela entran e a adoutan como carreira pra se faceren cun patrimonio persoal desmedido, cando realmente van metendo na ucha ou no cazo cartos que proceden de recalificaciós ou mesmo diñeiros do erario público. A casta parasitaria que di Enrique de Diego tenta asumire un protagonismo pró que nunca foi votada, senón pra un bo administrar da cousa pública e defensa dos dereitos humáns. Pero resulta que case sempre é como mete-la raposa pra gardare o galiñeiro.
-
Unha das cousas que peor funcionan no país é a Xusticia, porque é lenta ou porque non chega ónde ten que chegar. E hoxe é noticia o "xuez estrela" Garzón [haberá que decir que volve ser noticia] porque, a raiz duns estudios que fixo nos Estados Unidos, sen deixare de cobra-la súa soldada, percibeu a maiores uns 203000 dólares que non declarou. Tamén trascendeu hoxe que hai uns anos pronunciara unha conferencia en Navarra, coa condición de cobrare en "negro", según informaba esta mañá La Cope.
-
E despois quere este home criticar a Camps como presunto corrupto por ter recibido, en roupa de regalo, 12000 euros, algo que inda haberá que demostrare.
-
Pero mentres os medios d´hoxe destapan o escándalo "Garzón" [curiosamente tamén comeza coa mesma consonante que Gürtel], tamén poñen en evidencia a recomendación da casta dese señor de que a denuncia se manteña arquivada, algo que parece dunha obscenidade total.
-
Siguen algunhas noticias desta data, pero en internet hai como máis de 200 relacionadas co escandalazo:
-
ABC: El caso GARZÓN. Algún comentarista pide filtraciones, como en el asunto de la trama por presunta corrupción en el PP.
-
-
EL PERIÓDICO.COM: El Supremo pide que se investigue a Garzón por un salario recibido en EEUU. Solicita ó CGPJ que averigüe si se trata dunha falta grave.
-
-
El Periodista Digital: ¿Cuántos trajes se pueden comprar con 203000 dólares? ¿Vai ser cousa de que Garzón se xusgue a si mesmo?. Qu´o faga. E se pensa que hai que condenar a Camps por un delito non demostrado, que estableza o necesario multiplicador, coas precisas agravantes, porque non se pode deixa-la xusticia nesas mans. Presuntamente, claro.
-
Un cazador con mala puntería. En La Razón, por F. López:
-
madrid- Durante los últimos meses, el juez de la Audiencia Nacional, Baltasar Garzón, ha estado más en el punto de mira que a lo largo de toda su carrera. Las cacería con el ministro de Justicia, Mariano Fernández Bermejo, su «guerra» contra militantes populares o su enorme interés por investigar las muertes durante la Guerra Civil española le han dado más de una primera página en la Prensa. Sin embargo, su carrera no ha pasado ni mucho menos desapercibida y tiene en su haber gran cantidad de polémicas investigaciones y sumarios. Incluso la Audiencia le abrió un expediente por una falta leve, pues su incumplimiento de los plazos permitió que dos «narcos» turcos quedaran en libertad. Estas son algunas de las últimas actuaciones más destacadas y polémicas del magistrado: «Caso Gürtel» El juez se marcó el objetivo de desenmascarar una presunta trama de corrupción vinculada al PP. En esta operación, que arrancó con las elecciones autonómicas vascas y gallegas muy cerca, fueron implicados, entre otros el presidente valenciano Francisco Camps, el parlamentario autonómico Ricardo Costa o el secretario de Organización valenciano Rafael Bertoret, entre otros. Sin embargo, poco después de celebrarse los comicios, y sin que estas implicaciones afectaran a los populares, Garzón decidió inhibirse en favor de los tribunales superiores de Madrid y Valencia, tal y como reclamaba la Fiscalía Anticorrupción. Cacería con Bermejo Fue una de las razones que motivaron la salida del Gobierno del ministro de Justicia. Fue muy criticada esa «amistad» en plena instrucción de un sumario contra militantes populares y con las primeras detenciones. Memoria histórica En esta ocasión se inhibió cuando la Sala de lo Penal estaba a punto de declararle incompetente. Sin embargo, puso mucho empeño en exhumar fosas e investigar sobre los crímenes y desaparecidos de la Guerra Civil y el franquismo y numerosas iglesias, cementerios o ayuntamientos tuvieron que remitirle información sobre fallecidos y desaparecidos. Incluso llegó a pedir el certificado de defunción de Francisco Franco. Cobros en «negro» Si ayer se conocía que Garzón ocultó el cobro de 203.000 dólares tras unos cursos en Nueva York, en 1999 el magistrado dio una conferencia en Pamplona sobre terrorismo y pidió cobrar en negro, según informa La Tribuna del Derecho. Él recibió un sobre con el dinero y ninguna factura, sin que se sepa si lo declaró o no. Ácido Bórico Fue otra de sus intervenciones más sonadas. Imputó a tres peritos de la Policía Científica por un informe que relacionaba a ETA con los atentados de Atocha. Tras una larga lucha con el Poder Judicial sobre su supuesta competencia, volvió a inhibirse.
-
La Razón, 10.03.2009. El PP califica a Garzón de "cazador cazado". Por S. Suárez.
-
madrid- Durante los últimos meses, el juez de la Audiencia Nacional, Baltasar Garzón, ha estado más en el punto de mira que a lo largo de toda su carrera. Las cacería con el ministro de Justicia, Mariano Fernández Bermejo, su «guerra» contra militantes populares o su enorme interés por investigar las muertes durante la Guerra Civil española le han dado más de una primera página en la Prensa. Sin embargo, su carrera no ha pasado ni mucho menos desapercibida y tiene en su haber gran cantidad de polémicas investigaciones y sumarios. Incluso la Audiencia le abrió un expediente por una falta leve, pues su incumplimiento de los plazos permitió que dos «narcos» turcos quedaran en libertad. Estas son algunas de las últimas actuaciones más destacadas y polémicas del magistrado: «Caso Gürtel» El juez se marcó el objetivo de desenmascarar una presunta trama de corrupción vinculada al PP. En esta operación, que arrancó con las elecciones autonómicas vascas y gallegas muy cerca, fueron implicados, entre otros el presidente valenciano Francisco Camps, el parlamentario autonómico Ricardo Costa o el secretario de Organización valenciano Rafael Bertoret, entre otros. Sin embargo, poco después de celebrarse los comicios, y sin que estas implicaciones afectaran a los populares, Garzón decidió inhibirse en favor de los tribunales superiores de Madrid y Valencia, tal y como reclamaba la Fiscalía Anticorrupción. Cacería con Bermejo Fue una de las razones que motivaron la salida del Gobierno del ministro de Justicia. Fue muy criticada esa «amistad» en plena instrucción de un sumario contra militantes populares y con las primeras detenciones. Memoria histórica En esta ocasión se inhibió cuando la Sala de lo Penal estaba a punto de declararle incompetente. Sin embargo, puso mucho empeño en exhumar fosas e investigar sobre los crímenes y desaparecidos de la Guerra Civil y el franquismo y numerosas iglesias, cementerios o ayuntamientos tuvieron que remitirle información sobre fallecidos y desaparecidos. Incluso llegó a pedir el certificado de defunción de Francisco Franco. Cobros en «negro» Si ayer se conocía que Garzón ocultó el cobro de 203.000 dólares tras unos cursos en Nueva York, en 1999 el magistrado dio una conferencia en Pamplona sobre terrorismo y pidió cobrar en negro, según informa La Tribuna del Derecho. Él recibió un sobre con el dinero y ninguna factura, sin que se sepa si lo declaró o no. Ácido Bórico Fue otra de sus intervenciones más sonadas. Imputó a tres peritos de la Policía Científica por un informe que relacionaba a ETA con los atentados de Atocha. Tras una larga lucha con el Poder Judicial sobre su supuesta competencia, volvió a inhibirse.