domingo, 30 de marzo de 2008

DESACELERACIÓN E PROGRESO XENUÍNO [31.03.2008]

Dous tempos nas Marismas de Lourizán. Arriba: O ecosistema intacto, cunha capacidade de producción insólita; abaixo: o ecosistema destroído pola contaminación industrial e pola inserida por medio da edar, delito compartido polas tres Administraciós. Despois de anos consentindo o marisqueo da contaminación no tremedal farto de mercurio e dioxinas, chegou a hora da case total morte da zona. Dibuxo de Xesús López.
As perdas rexistradas polos sistemas ecolóxicos da Costa da Morte a causa do Prestige non foron tomadas en conta á hora de confecciona-lo PIB. Dibuxo titulado "marea negra, marea branca", abstracto, en relación con aquela catástrofe. Autor, Xesús López.

Pontevedra, 31.03.2008

Entrada n. 462 do blog.


Este ven sendo o terceiro artículo semanal que veño adicando ó tema da sustentabilidade, definindo tamén, ó abeiro da doutrina do Wordwatch Institute, a falacia do PIB como pedra filosofal do crecemento económico. En España, ese concepto da macroeconomía estivo basado, nos últimos anos, na economía do ladrillo do pensamento único, que agora está a reventar.



Desaceleración e Progreso Xenuíno [31.03.2008],

por Xesús López Fernández

Resulta que sí, que a desaceleración económica está aí. Realmente estaba xa connosco dende hai máis dun ano, algo que dalgún xeito intentaron solapar con mensaxes non libres dunha certa prepotencia: negando datos, falando dun PIB irreal, afirmando que, en todo caso, podería haber problemas de incidencia puntual, pero superables por medio dos oportunos reaxustes. Mais agora acaban de concretarse cifras que, según os analistas, son indicadores de que teremos crisis pra longo, que a perda de emprego pode, talvez, acada-los 750000 postos de traballo no sector da construcción, en dous anos. Simplemente e no sector de vivenda, por cada unha que se deixe de construire, estímase a perda dun posto e medio de traballo. A noticia de que no mes de xaneiro reduceuse a construcción de vivendas novas nun 50% confirma brutalmente a tendencia á baixa que no 2007 foi dun 24,40%. Son novas destos días, como a de que o superávit do Estado cae un 27% ata febreiro pola crisis inmobiliaria, os ingresos por IVA baixan un 10% e o gasto público sobe un 17,2%.

Pero é que a desaceleración non só depende do mercado do ladrillo, pois tamén afecta á creación de novas sociedades. Así, no 2007 constituíronse 6000 empresas menos que no ano anterior, o primeiro descenso anual deste indicador na presente década. Mentres os promotores prevén unha baixada do precio da vivenda do 8% este ano, algún empresario, ante a desaceleración declarada, comezou a promove-la venta de vivendas por medio de subastas á baixa, chegando a materializarse operaciós, por esta vía, cun 30% de desconto sobre o precio de mercado. E agora xa se fala dun PIB pra este ano que pode andar por un 2,50%, lonxe do 3,10% que non hai moito manexaba o señor Solbes. E a un maior PIB, máis benestar individual, en función da renta “per cápita”, que “grosso modo”, sería o resultado de dividir o producto estatal polo número de habitantes. Pero, según citamos nun traballo anterior, o PIB non considera unha serie de datos como: a depreciación do capital, a contaminación ambiental, a desigual distribución do ingreso, actividades productivas que afectan ó benestar pero non xeran transacciós --os traballos das ONGs ou das amas de casa--, etc.

A moderna economía válese dun novo indicador, o IPX --ou IPG--, Indicador do Progreso Xenuíno, deseñado pra medi-lo benestar sustentable, en sustitución do PIB como criterio de evaluación do progreso económico, pra valorar así as actividades non contabilizadas polo mercado pero que representan un beneficio real prós individuos e as familias. E a contabilidade do IPX dos Estados Unidos e outros países evidencia un abismo crecente co PIB a partir da década do 1970. Os economistas, según informa o Worldwatch Institute, chaman a esta diverxencia o “efecto umbral” que implica que a partir de certos costes ecolóxicos sobardan os seus beneficios de carácter ambiental. Teñamos presente o estudio dunha organización americá, Redifining Progress, que ten desagregado o IPX do seu país no ano 2004. Daquela, o IPX norteamericán sería de 4,4 billóns de dólares, comparado con un PIB duns 10,8 billóns, o que representa que máis da mitade da actividade useña daquel ano foi insustentable e non contribueu a un verdadeiro progreso.

Estamos nun momento crítico. Partimos dunha situación de depresión longa, apantallada pola euforia do ladrillo, riqueza dalgús, hipotecas vitalicias de moitos. A ver qué grupo leva ó Congreso a información sobre o crecemento económico en base ó IPX. Un cambio de política económica podería supór a fin da probeza en sectores amplios. Todos percibimos a sobida imparable dos precios, e os políticos tamén, aínda que, por “extrañas” razós, sigan abonando o mundo do ladrillo. ¿Non se sobiron o pasado ano 15000 euros os altos cargos, aquí, en Galicia? ¡Probiños!. Pra eles e pra este momento vale o chiste acedo, de Caín, en La Razón do 29.3, no que tres persoaxes inidentificables comentan: “Los políticos controlamos más eficazmente nuestras tasas de desempleo que el proletariado las suyas, Sí.”. Ese parece o seu gran pacto de Estado mentres os mileuristas dependen, case sempre, da renovación dun contrato precario. Prós políticos non hai desaceleración. Non lles afecta.

Nota.-Os persoaxes do chiste de Caín, aínda que diferentes, parecen estare nunha mesma comuna de intereses, pensamento único, partido único.... Algo así. ¿As elecciós? Unha actuación hipócrita orquestada polos lobbies, polos que mandan.

viernes, 28 de marzo de 2008

O DÍA DO MEDIO AMBIENTE [1.06.2001]

Recreación das nove ondas do mar Lanzada, símbolo de fertilidade e rexeneración nas nosas costas. Dibuxo de Xesús López.
A Ecoloxía pide respeto pra mante-los seus recursos vivos: ríos, rías, mares. Dibuxo de Xesús López.
Fantasía do que pode ser un fondo mariño biodiverso, sen contaminar. Dibuxo de Xesús López.

Pontevedra, 28.03.2008

Entrada n. 461 do blog

Recupero o traballo que sigue, tamén do 2001, que me parece dunha total actualidade. Nel, citando a Joaquín Araújo, fálase do cambio climático, tema cada día de máis actualidade, sobre todo agora que acaba de se despedir da Antártida unha placa de xeo de máis de 400 kilómetros cuadrados de superficie. O mundo vai mal. En Pontevedra, parece que peor, privados os chacaritas dos gobernantes de discurso mínimamente honesto.

O DÍA DO MEDIO AMBIENTE [1.06.2001]

por Xesús López Fernández

Unhas declaraciós recentes de Joaquín Araújo, que é Premio Nacional de Medio Ambiente ademáis do primeiro español que recibeu o Global 500 da ONU, a máis importante distinción no eido da Ecoloxía, axudaranme a centrar catro ideas en torno á gran festa que se celebra mañán, 5 de xuño. E dí o ambientalista que aínda que a Ecoloxía estase a abrir un certo camiño, desgraciadamente non a valoramos como proiecto dunha nova ética. O intelectual, un home que funda bosques, autor tamén de 52 libros, é igualmente famoso por ter dirixido a galardonada serie de televisión “El hombre y la Tierra”. Coida un horto por procedementos biolóxicos, ten cabalos, enxamios, pombas e galiñas. E leva prantados máis de 18.000 árbores, “eucaliptos non, porque son moi feos”, dí o home. Pensa que está en marcha unha nova extinción biolóxica e que non hai memoria histórica dun desastre como o que estamos a vivir. O poder é deudor dunha política ambientalista certa. E urxente.

Avisa Araújo da bulimia existente en canto ó consumo de enerxía, dos excesos que golsamos e que van forzando o cambio climático non querido, algo contra o que Europa debe lidera-la loita necesaria e a inmediata aprobación do protocolo de Kioto. As cadeas de televisión están a mostraren estos días un documental elaborado por medio de satélites xeoestacionarios, como un mapa universal e dinámico do efecto da contaminación na atmósfera, algo pra poñérmonos os pelos de punta. A contaminación industrial e urbáa, e a producida polo lume forestal, deberían ter unha resposta inmediata e global, pero “o analfabetismo ecolóxico é unha realidade como a copa dun pino”, dí o autor citado e dificilmente vaise producir un compromiso do poder coa fin de tanto desastre. Recollámo-la cita de que “ser ecoloxista non debe ser unha moda, xa que nada hai tan antiguo nen con tanto futuro como o ecoloxismo”. Estou dacordo e comulgo coa idea.

Vexo o medio ambiente un pouco como patria de orixe e de destino, como terra de promisión da humanidade toda; que tamén aquí cabe a esperanza dunha rehabilitación aínda sendo demasiado actual e presente o terror –Bophal, Chernobyl, mar de Aral, etc.-- que a sociedade sofreu ou está a sofrir. E tomo unha cita de Amós -- relacionada coa historia do sionismo--, que fala dos cautivos, dos anacos de Israel esparexidos polo vento que han ser levados de novo á terra de promisión --teño as miñas reservas, pero a cita vale--: “i edificarán eles as cidades arrasadas, que terán de habitar; han prantar viñas e bebe-lo seu viño, e facer hortos, e servirse dos seus froitos como mantenza”. O dito pode servir tamén prós non xudeos, tomado universalmente. E cando o pasado 31 de maio participaba na manifestación de apoio ós de Praceres ía matinando sobre estas cousas: a recuperación de Lourizán, posible; o ecoloxismo como lección i elección de futuro, no sentido que Araújo dá ás súas palabras.

A manifestación, un éxito, sobre todo porque non estivo sectarizada polos partidos que semellan incapaces de pondera-los votos que seguramente acaban de perder. Poden ser moitos. O PSOE vai pedir no Congreso a paralización das obras, mentres o alcalde insiste en que xa pasou o momento de varia-lo trazado e que só cabe negociar compensaciós. En fin, triste voceiro de non séi quen, a esquece-lo discurso ecoloxista doutrora, porque defende-la praza dos Praceres contra o tren sería tamén un acto de afirmación ecoloxista. Si eso se tivese comprendido estou seguro de que a marcha ambientalista sobre Lourizán –escribo antes da súa celebración--, tería sido un éxito esmagador sen precedentes. Tal como van as cousas pode que algús políticos xa non teñan capacidade de maniobra nada máis que pra colaboraren espúreamente no feísmo, na desfeita da nosa paisaxe, do medio ambiente, da nosa morada, movidos por algún extraño resorte. Con Amós pensamos que o miragre é posible, con Araújo que o ecoloxismo pode avanzar. Cuestión de tempo.

O MERCADO, OUTRAVOLTA [22.06.2001]

Entrar en Pontevedra, hoxe, é como entrar nun laberinto, ó que neste blog calificamos como o Laberinto de Lou-lo-Chu. Tamén vale pra ilustrare o lonxe que agora está o Mercado prás xentes da periferia. Dibuxo de Xesús López.

Pontevedra, 28.03.2008

Entrada n. 460 do blog.

Novo traballo do 2001, recuperado. Novo traballo sobre o Mercado Municipal, do que se ten falado dabondo no blog. A reconstrucción non trouxo consigo a modernidade que algús agardabamos, algo así como se o Mercado fose concebido como un moderno hipermercado. Así as cousas, a miseria sigue apoderándose da zona. Xa temos comentado que uns 40000 pontevedreses non acoden xa ó Mercado, que pra eles foron concebidos Carrefour, Lidl, Dya, Mercadona, na periferia, que en moitos casos teñen aparcamento gratuíto, do que se valen algunhas xentes que veñen a Pontevedra de visita, ó queda-la cidade privada de aparcamentos en superficie, algo que ten incidido no deseño final da súa miseria, a conversión en Gulag da cidade conforme ó modelo estalinista do equipo de goberno.

O MERCADO, OUTRAVOLTA [22.06.2001]
por Xesús López Fernández

Téñome referido ó tema do Mercado de Abastos en diversas ocasiós porque, residente na zona vella, sei que é vital a súa recuperación como centro comercial moderno e dinámico. Se mante-lo aspecto exterior da praza vella era en por sí un reto cuestionado por máis dun arquitecto –téñase presente que o edificio foi construído nos anos corenta— a funcionalidade interior a acadar na obra nova debe ser xeradora das sinerxias necesarias pra que a cidade vella renaza un pouco das súas cinzas. Aínda a pasada semá toquei este tema, en alusión ós traballos da excavación en fase cada vez máis activa cara o horizonte do 2002, parece que xa pasado o peor. E decía no segundo párrafo da miña colaboración: ”...agardemos que a nengún partido se lle ocorra outravolta atranca-las cousas.....A xente retoma a ilusión, pero lembra puntualmente certas maniobras presuntamente retardatarias.” Pode que fose un presentimento; tal vez que leve razón ó non afiuzar en certos grupos con poder.

Despois do paro pola folga, as obras retomaron o ritmo agardado. Kronsa retirou a súa maquinaria, o que vai facilita-lo movemento de terras, o traballo das pás mecánicas, a entrada e saída dos camiós, a aceleración; a arelanza tamén das xentes que levan dous anos cercadas urbanística i económicamente e que confiaban que os partidos políticos estarían dacordo en resolve-las cousas, que xa a nengún deles se lle ía ocurri-lo que parece que sí acaba de suceder. Ben que os arqueólogos volvan ter un certo protagonismo que se entende, agardamos que sen interferiren máis do necesario. Pero o grave non é éso, senón o feito de que Fomento acabe de ordear --por medio de resolución asinada polo delegado do Goberno Arsenio Fernández de Mesa— nova paralización das obras, por “invasión” da avenida de Buenos Aires, algo que, según se nos tiña explicado por activa e pasiva ficara aclarado en decembro do 2000. ¡Menos mal que cabe o recurso e a protesta cidadá!!

A xente está indignada porque entende que todo foi xa contado daquela, cando a primeira interrupción. ¡Se houbo que modifica-los planos e renunciar a algunhas prazas!. ¿Cómo se entende que Fomento ande aquí tan fino e que na realización dos accesos de Carrefour, por exemplo, non atopase nada extraño?. Dito de xeito soave, un mato non vendido foi engulido na construcción do bucle de saída do centro de Salcedo que, pra evitaren o procedente interdicto prometeron por medio dun seu colaborador que todo se había resolver. A denuncia apresentada ante Demarcación de Carreteras só sería contestada dous anos máis tarde, ó seren requeridos polo Defensor del Pueblo, señor Múgica. Non se chegaron enterar do que podían saber con simplemente dirixírense ó Rexistro da Propiedade ou ó Catastro. O asunto está xudicializado, pendente de sentencia. É decir que Fomento parece mirar, según os casos, nunha ou noutra dirección. E suscita dúbidas, dúbidas fundamentadas.

O novo mercado de abastos, con aparcamento, pode ser un polo de atracción, competidor incluso do centro que preside agora Arias Salgado, o antigo titular de Fomento. A suspensión decretada das obras parece unha maniobra torpe que vai demorar máis o remate das mesmas. Pídese unha total transparencia porque a xente lembra o paso-a-paso do asunto do parking, a oposición primeira de certos persoaxes á idea, vista por moitos como algo providencial. Se algún grupo político non quere que se constrúa que o diga con valentía. Se o fai estou seguro de que, a partir dese intre, hánselle complica-las cousas; que se lle ha facer máis difícil traballa-lo voto. As xentes valoran positivamente o poder dispoñeren dun centro comercial con aparcaxe. As dificultades que a construcción conleve poden ter un premio que deberán traballar tódo-los partidos. Veciños e asociacións quéreno así. Fomento non parece polo labor e pode coa súa aguillada aflama-los sentimentos das xentes, crear unha situación de irreversibilidade. Como guindar pedras ó propio tellado.

miércoles, 26 de marzo de 2008

MEDIO AMBIENTE E FEISMO PAISAXÍSTICO [9.06.2001]

De cando a ría de Pontevedra era un mar cheo de vida. Dibuxo de Xesús López.

Pontevedra, 26.03.2008

Entrada n. 459 do blog.

Seguimos inserindo no blog traballos do ano 2001. Este que sigue pódese reiterar tal cal, pero engadindo cousas que daquela non se comentaron, como que a depuradora d´Os Praceres é ilegal ante a Lei de Costas e que, na súa realización, son delincuentes as tres administraciós. ¿A ría, espacio sensible? Naturalmente. O malo é que soamentes a definiron así porque quedaba ben nos discursos. O eucalipto permanece como estigma da terra e foi a gran ferramente usada pra despoboa-lo país e marcar a moitas das nosas xentes o camiño da emigración. Galicia perdeu así gran parte do seu capital humán e natural. (Este traballo está xa no blog, como entrada n. 437 do 9.02.2008, pero déixoo porque nesa outra entrada aparece con outras ilustraciós e comentarios).

MEDIO AMBIENTE E FEÍSMO PAISAXÍSTICO [9.06.2001],

por Xesús López Fernández

A pasada semáa estivo tinguida de verde e de “feísmo”, obxetos de distintos foros, marchas e asociaciós. E de acordos. Simpática a actuación dos nenos dun centro escolar a repoboaren unha zona do Castrove con carballos e castiñeiros, todo no marco dun programa de protección ambiental. E agradecémo-lo acto da Federación Castelao na punta das Corbaceiras, a lectura de poemas de Amado Carballo e de Otero Espasandín, a entrega de flores á ría, o rito rexenerador de verteren alí auga nacente do Lérez e mái-lo Gafos. ¡Xa quixera eu que o Gafos tivese a forza do gran río que prometen os seus catro nomes! Pero o que en Marcón chaman Pintos convírtese no Tomeza cando cruza o val. Chámanlle tamén Tablada cando pasa pola ponte dese nome en Campolongo, pra desembocar xa como río Gafos en lembranza do edificio que foi alí lazareto, a casa dos gafos, dos malatos ou enfermos de lepra, que parece sigue viva na desembocadura, a afear e contaminar máis e máis. Unha triste fin.

Tamén na pasada semáa foi declarada a ría zona sensible, denominación ésta que se terá de manter cando menos catro anos e que nos avisa de urxencias como a de que os lodos das depuradoras e outros fangos non poden ir á ría, i eso no-lo dín cando está recén o percance da depuradora d´Os Praceres, estoupido de alcatreo que alarmou ó vecindario. Pois ben, non vai abondar coa depuración secundaria, senón que é necesario e obrigatorio o tratamento biolóxico dos vertidos, algo reclamado dende hai tempo. Pero, ¿e os posibles accidentes que se han producir se seguimos a pensar nunha depuradora única de dubidosa eficacia? ¿E qué criterios se van adoutar, máis alá das auditorías, pra manter á raia os efluentes das industrias que afean a paisaxe ademáis de comprometeren a saúde dos cidadáns?

Sobre feísmo falouse tamén estos pasados días e asináronse acordos, parece que despois do debate promovido por algús urbanistas –Xerardo Estévez, Gallego Jorreto, Precedo Ledo— que se definiron de forma moi crítica co que aquí se fixo e co que se sigue a facer. “O feísmo é a nosa vergonza, a vergonza de ter descoidado a organización do territorio en trinta anos de desenvolvemento. Temos mercado bonos de fealdade a cambio dun crecemento importante e preocupa que despois de tres décadas de democracia esto aínda aconteza”, son palabras de Estévez. “Falamos de arquitectura popular, pero ¿cal é a paisaxe galega dende Ribadeo ata Santa María de Oia, con esa invasión de eucaliptus?”, palabras éstas de Gallego Jorreto, moi puntual nesa cuestión, e chega decir que a eucaliptización implica torpeza, desinterese, destrucción estúpida, inconsciencia: a traición á paisaxe natural e ó urbanismo.

¿Vai pode-la Xunta ordea-la paisaxe? ¿O acordo asinado cos concellos vai servir pra algo, se hai tempo que é a principal responsable na aprobación de plans de urbanización como o de Pontevedra, un acelerador máis do proceso de degradación ambiental?.O día da marcha sobre Lourizán descobrín o muro das lamentaciós que están a construiren como parte das obras do ferrocarril, feísmo por mandato económico e parlamentario. Tornemos á idea de Gallego Jorreto. Un amigo tenta poñe-lo seu monte en valor por medio de nogueiras e castiñeiros. Actuaciós dese tipo e a recuperación de terras de labor poden marca-lo camiño de retorno ó campo, que tamén quere a Xunta repoboar con xente nova, difícil se non se acompaña de medidas como a da supresión do imposto sucesorio, posible si se ten a vontade de face-las cousas ben. Nesta panorámica constitúe unha ameaza seria a permanencia de ENCE, causa en gran parte do feísmo na paisaxe “dende Ribadeo a Santa María de Oia”. Os nenos que repoboaron no Castrove deben tamén aprender que hai que cambiar de política forestal, que o eucalipto degrada e afea, que mesmo é causa do abandono de aldeas. Confío que a Federación Castelao ha ser sempre crítica cos partidos no marco da comisión medioambiental que está a promover. Pola saúde da ría e da paisaxe.

martes, 25 de marzo de 2008

CRÓNICA URBÁA [15.06.2001]

Así "relanzan a zona vella". Tornan as trabancas. Mercadiño portugués do 13.12.2007 na Feira Vella, na praza da Verdura. Fotografía do autor.
Praza da Verdura. Unha das "terrazas" do modelo de cidade do Bloque. Apréciese que non se mantén a franxa de paso que prevé a normativa de veladores. A mugre é tamén protagonista, con moscas invitadas. Foto do autor.

Pontevedra, 25.03.2008

Entrada n. 458

Traballo recuperado da base de datos do 2001. Os presaxios, as nubes que se vían vir daquela, son hoxe unha realidade crú de miseria. I é que non se pode harmonizar unha cidade, configurar un novo modelo de convivencia e intercambio social cando a vila era realmente zona residencial á par que comercial e administrativa. Desta volta e polas miserias que no traballo foron descritas daquela, a urbe sigue en regresión: perda de habitantes na zona vella, vellas tendas que xa non son viables, tascas que concitan ás veces presencias non gratas. Un certo cheiro deixan algunhas das fumatas, ¿cánnabis?, talvez. Os edificios administrativos, pouco a pouco, van ser desprazados a Campolongo, outra forma de non "facer cidade". Non estou orgulloso de que esta que sigue, como outras crónicas recollidas no blog, resultase ser unha crónica lineal, un relato anticipalista da depresión finalmente encastañada na cidade vella.


CRÓNICA URBÁA [15.06.2001]
por Xesús López Fernández

Cando ordeo estas líneas andan os piquetes “informativos” polas rúas, pra veren de convertir en éxito a folga xeral anunciada por medio dun comunicado en galego alóglota –normativa de “mínimos”--, a causa da ameaza real de precariedade laboral e de dereitos pasivos. Pasei por dediante dalgunhas tendas obrigadas a cerrar e de diversas cafeterías, todas abertas, ¿por qué?, que interpreto como preanuncio de que ésa é a sociedade de servicios na que algús están a matinar e pode que a promoveren na cidade, ata o punto de que máis que o lema de “capital de futuro” poderían escoller outro: “cada bar, unha terraza”, ou “cada terraza, un bar”, clave do big-bang peatonalizador de consecuencias imprevisibles pró comercio afectado, que ten un referente de ruínas na zona vella, de momento paralizada, á espera da reconstrucción do Mercado e das dinámicas que se poidan xerar coa súa actividade.

Por certo que no seu solar se están a move-las cousas e, completado o muro pantalla, comezou o movemento de terras nun tercio da súa superficie. O día 14 traballaban alí simultaneamente tres excavadoras Case-Poclain, cada unha a nivel diferente --¡qué espectáculo!-- a encheren un tras outro os camiós de gran tonelaxe que, de xeito contínuo –parar, encher, marchar-- levaban a terra, a pedra, o xabre, configurando así o espacio que vai acolle-las dúas prantas do aparcamento previsto. Confiemos en que as obras han ter un ritmo crecente cara ese horizonte do ano 2002, e agardemos que a nengún partido se lle ocurra outravolta atranca-las cousas porque, aínda sendo difícil de valora-las dificultades técnicas a sobardaren, o labor semella entrar en tramos máis facedeiros. A xente retoma a ilusión, pero lembra puntualmente certas maniobras presuntamente retardatarias. Que se teña en conta.

O Mercado pode ser un factor revitalizador da zona vella, máis que os posibles estudios que se anuncian ó abeiro da fundación Carlos Velasco e que falan do recinto histórico como dun centro comercial aberto, idea que xa barallou a primeira corporación democrática da capital sen concretaren daquela nengún tipo de traballo. Confundido coa noticia, perguntoume un amigo se sabía algo sobre un novo centro comercial. Non, foi a resposta, nen o vai haber sen posibilidades de aparcamento. E os estudios a facer sobre o centro urbán aberto agora anunciado –formación de persoal, tendas consorciadas, páxina web, unha xerencia-- poden ser completamente inútiles se non se pensa en servicios periféricos e parqueo gratuíto e non se actúa, vía Peprica, con criterios que permitan doutar ás casas dunha calidade de vida certa. Se eso non se consigue vanse perder máis residentes porque a xente fuxe do gueto, da presión de tanto chiringo de copas como hai, parece que máis de 170 pola contra de algo máis de 200 negocios doutro tipo, en situación comprometida.

Neste momento de caos, a nova praza da Verdura renace como gran rampa, desalmada mentres non repoñan as árbores e os bancos que se levaron. Arestora aparece como pista prós do monopatín --os skateboarders--, como Curros Enríquez, cos “bancos” xa micados e degradados pola súa actuación, o que revela falta de vixiancia como noutras actuaciós, por exemplo a paxareira das Palmeiras –chea de ratos, morren os canarios-- ou as obras de Montero Ríos, cos carballos maltratados, non só polo material depositado que os afoga senon pola existencia de varias fochancas duns dous metros de diámetro nas que depositan o cemento non usado. Dous carballos de gran porte, posiblemente os máis perfectos fronte ó Valle Inclán, tronzadas algunhas das súas raíces, poden estar sentenciados. ¿Pra ónde mira a concelleira de Medio Ambiente?.. ¡E na CIG non teñen piquetes ecoloxistas que vixíen estas cousas, xa se sabe! Nada máis. Dato esperanzador: as obras do Mercado en tempo de aceleración. Dato triste: a praza da Verdura, rampa prós skateboarders, ós que lle poden brinda-la inauguración dun circuíto urbán ó seu xeito.

domingo, 23 de marzo de 2008

A AUGA E O PIB NA SUSTENTABILIDADE [24.03.2008]

José María Galán, o empresario rioxán que concibeu a restauración pró turismo da aldea de Couso, en Sarreaus. Foron necesarias non poucas xestiós de compraventa de casas e fincas a emigrantes residentes en España, en México e Venezuela. O complexo turístico acaba de ser inaugurado nesta Semáa Santa.
Na foto histórica aparecen Eligio Mellado e a súa muller, que xa non puido ve-la que fora a súa casa restaurada.
Eligio Mellado, o último habitante d´O Couso, a aldea restaurada.
O Couso, Freixo, Sarreaus. Vista parcial da aldea restaurada polo empresario rioxán.

Pontevedra, 24.3.2008

Entrada n. 457

Artículo semanal, pensado como continuación ó da pasada semáa, "No umbral do cambio económico", tema éste da sustentabilidade e da nova economía sobre o que teremos de volver. Insisto en que a sustentabilidade xa estaba inventada, que cada unha das nosas aldeas, coas precariedades e sacrificios que se queiran maxinar, eran un modelo de xestión ecolóxica.

A auga e o PIB na sustentabilidade [24.03.2008],

por Xesús López Fernández.

No artículo de hai sete días facía algunhas consideraciós en relación con algún dos consellos que este ano trae o estudio de A Situación do Mundo do Worldwatch Institute sobre as claves da nova economía, do modelo de desenvolvemento sostible que, aínda sen ter claro de qué vai, terá que asumi-la nosa sociedade se realmente quer que o mundo siga sendo mundo. A auga é unha das claves da conservación do medio, pero o home, polo mal uso que está a facer dela, pola súa impotencia en devolvela á natureza no grado de pureza no que foi tomada, acabou por transformala en vector de morte, algo denunciado este 22 de marzo, con motivo da celebración do Día Mundial da Auga, no sentido de que o líquido elemento é causa de dez veces máis mortes que as guerras, polas enfermedades por el transmitidas, ata o punto de que se estima que son 2600 millóns de persoas as que carecen dun saneamento básico e son víctimas, dese xeito, do 80% das enfermedades existentes.

Introduzamos unha corta historia, a dunha aldea ourensáa recuperada: Couso, na parroquia de Freixo, en Sarreaus. O autor da súa recuperación, un rioxán de nome José María Galán, namorado de Galicia, contaba estos pasados días pola radio, a ilusionante aventura vivida, a consecuencia dunha partida de caza en Benavente cando, invitado por un amigo, achegárase a Ourense. Alí estaba a aldea, deshabitada dende o 1992. O demáis veu despois: contratos de compra, restauración das casas, dos dous muíños abandonados e tamén un forno. Total, que a aldea vese agora reconvertida pró turismo rural, coas súas catorce casas coidadas prá hospedaxe, ademáis de dispoñer dun restorán con capacidade de ata cen persoas, un local social e, naquel entorno de fábula, dun coto de 500 has., con abondancia de corzos e xabarís. Diversas rutas de sendeirismo e a proximidade de certos conventos convirten o lugar nun destino turístico privilexiado. A nova economía que entra na aldea.

Outras aldeas de Galicia poderían ter esa boa sorte. E ás veces ata non se pode pensar noutro tipo de restauración. Privadas moitas delas, inventoras do desenvolvemento sustentable, das xentes que se marcharon polo mundo adiante, que non souberon consorciarse pra manteneren unha economía puxante basada na agrogandería, nas posibilidades que os nosos montes brindaban prá mantenza da avenza –ovellas, cabras— e o armentío –gando maior--, hai que afirmar que a contaminación que pouco a pouco nos foi envolvendo non é filla daquela economía precaria, que tiña ben sabida a lección da reciclaxe, de que, pasado un tempo, a vasura tornábase esterco, abono orgánico. O Limia, o mítico río do esquecemento, pasa por Couso. I é de supoñer que a restauración da aldea faríase tendo en conta que ese caudal debe manterse vivo. Porque un dos males da nosa sociedade é o de se creer dona da natureza e de que pode convertir en cloaca os ríos e regatos todos.

Así fomos acabando con xunqueiras, con ecosistemas que podían representar, conservados, unha maior riqueza que moitas factorías. Aí é a Natureza a que organiza os sistemas de producción e mantén eleváda-las cotas de benestar social. Aí están os especialistas en macroeconomía a nos vende-la moto dun falso progreso basado no crecemento do PIB, que despois dos debates das elecciós sabemos que non xera emprego se non vai máis alá do 3%. ¡Pero é que o PIB non aporta información sobre sustentabilidade, pois non considera o agotamento do capital humán, nen do natural!. E resulta totalmente alleo á perda de economías e conocementos de carácter local; á desaparición de fragas, xunqueiras e terras de labor...; ás mortes, desprazamentos e desfeitas ocasionadas polas guerras... E tampouco rexistra os costes da contaminación, nen os beneficios asociados ós traballos voluntarios, ó coidado dos fillos e ós servicios dos ecosistemas que non pasan polo mercado, non factura costes... É decir, que está claro que o PIB non entra nas claves da sustentabilidade.

viernes, 21 de marzo de 2008

CONSECUENCIAS NON QUERIDAS [24.08.2001]

Rúa Martitegui, outro dos espacios en regresión, prohibído-los aparcamentos coa interposición dos mosquerós que abondan na cidade. Esta obra marcou un novo retroceso do Bloque en Pontevedra. Foto do autor.

Pontevedra, 21.03.2008

Entrada n. 456 do blog.


Outro traballo do ano 2001. Non precisa de máis comentarios. Decir que, talvez, as cousas van a peor, ata límites insospeitables de peatonalización e desfeita urbanística.

CONSECUENCIAS NON QUERIDAS [24.08.2001],

por Xesús López Fernández


A empresa concesionaria do servicio da grúa parece está a perder cartos, e alega que a situación é insostible. Quere abandona-lo servicio --cuestión a estudiar polos asesores xurídicos do concello-- cando faltan dez meses prá finalización do contrato. Da súa resolución depende a posible convocatoria dun novo concurso. Alega o xerente da empresa, Joaquín Carballo, que este ano están a engancha-la mitade dos coches do ano pasado, que de 600 pasaron a 300, e atribúen a baixa actividade actual á progresiva peatonalización da cidade. Se no PP din que a empresa deberá demostra-las perdas, dende o PSOE afirman que non é boa a decisión da concesionaria de deixa-lo servicio e que esta situación parece un resultado non querido da peatonalización en marcha. E un pergúntase por qué ante certos negocios, en certas rúas, os coches aparcan indebidamente sen que a grúa apareza. 

Outros que parece o teñen igualmente crú son os taxistas. Curiosamente, como no caso da grúa, os seus ingresos reducíronse tamén á mitade. De gremio favorecido, privilexiado coa parada de Daniel la Sota, tamén a eles lles chegou a hora ó tempo que se configuran novos espacios de terrazas antre o Rías Baixas e a Glorieta de Compostela. Atender antes a un cliente era relativamente fácil. Agora hai que ter imaxinación pra atinar cun circuíto alternativo, convertida Pontevedra nunha especie de laberinto. As carreiras son normalmente máis longas, máis caras, e a xente opta por prescindir do servicio dese colectivo, que se considera perxudicado polas obras, polos cortes de tráfego i, en terceiro lugar, pola peatonalización, aínda tendo acadado do concello autorización para cruzaren a zona histórica pra así atenderen ós seus usuarios, levalos ó sitio por eles indicado. 

O esquema peatonalizador parece non vai máis alá da posibilitación de novas terrazas --por certas obras hai prazas que perderon a persoalidade, desaparecidas coa proliferación de veladores--. Os concesionarios non sempre mostran no negocio a viñeta alusiva ó número de mesas, que tampouco se cinguen ó longo da fachada. Invaden rúas e prazas, cortan o paso incluso ós privilexiados que dispoñen de garaxe coa visible indicación de “vado permanente”. Coas terrazas, nen as ambulancias o teñen fácil. É unha das consecuencias graves da política de “okupación” que está a traer esa concepción urbanística --¿?— de encher de xente, case sempre non residente, os largos do casco vello, algo que pra algús é proba da recuperación dunha zona deprimida, mellora que beneficia certamente a bares e tabernas, mais non aporta calidade de vida ós residentes, antes ben unha incomodidade crecente, máis ruído i estrés. E o comercio tradicional sigue a morrer cada día un pouco máis. 

Ante o espectáculo das prazas todo terraza, os veciños do lugar síntense coutados ó achegaren á súa casa paquetes de certo volume ou bulsas, observados mentres pasan como menesterosos, porque non poden usa-lo coche como quixeran. Pra impedilo están as terrazas pasarela. I ésta é unha idea que lle quero dar a certa asociación comercial que tenta vende-lo seu discurso torto dunha reactivación que non chega. ¿Por qué non monta algún desfile de modas? Podería promocionar moda galega, valerse dunha pasarela que cruzase certo lugar que acaban de descobrir. O dinamismo da asociación --as subvenciós-- serviría pra contar coa colaboración de diversas modelos de alta costura. Pero, animado o espectáculo con lucerío especial e música soave, de súpeto --¡qué horror!— aparecerían dous ou tres veciños do lugar coas bulsas do lixo, pola pasarela, único espacio do que disporían nese momento e nesa hora, despois das oito e media. Protestas dos espectadores pendentes das top models: “¡Por aí non!”. “¿E logo por ónde, se non temos outro camiño?”. O esperpento é posible, unha máis das consecuencias non queridas dunha peatonalización aloucada, estordegada, improvisada, descerebrada. ¡Apaga o candil!. É un decir.

jueves, 20 de marzo de 2008

RETRINCOS SOBRE VARIAS DO DÍA [20.03.2008]


RETRINCOS SOBRE VARIAS DO DÍA,
por Xesús López Fernández

Pontevedra, 20.03.2008

Entrada n. 455 do blog.

Tomo como referencia, de novo, ó xornal LA RAZÓN, desta data, que xunto cos seus traballos habituales de opinión, sen evadi-los editoriales que marcan a línea do periódico, ven fértil de novas. Parareime sobre varias delas, sobre as que será mellor que o lector acoda á edición íntegra do xornal pra así dispór dunha máis cabal información. Así:

1.- Benedicto XVI reivindica a paz frente ó odio e a violencia. Afirma que éstos endexamáis foron a última palabra. Di o Padre Santo que "face-la memoria dos misterios de Cristo significa tamén vivir en profunda e solidaria adhesión co hoxe da historia, convencidos de que canto celebramos é realidade viva e actual". Pide a oración dos creentes, que teñan moi presente "o dramatismo dos feitos e actuaciós que aflixen a tantos dos nosos irmáns en calquer parte do mundo". "Sabemos que o odio, as divisiós, as violencias non son nunca a última palabra dos eventos da historia".

O planeta está demasiado ferido por guerras dun e outro signo. E a Igrexa case sempre é víctima tamén en moitos dos escearios nos que a violencia e a morte son protagonistas: en diversos puntos de África, en Palestina, en Irak, onde os cristiáns caldeos estiveron sempre en contra da guerra alí armada; esos cristiáns que ofician a liturxia en arameo, a lingua de Xesucristo, que sofren desta volta a morte do arzobispo de Mosul, asesinado. O Papa centrou tamén parte da súa mensaxe na recomendación "da vía do diálogo e a tolerancia ante o doloroso conflicto do Tibet". Porque o amor é máis forte que o odio "debemos traballar por un mundo basado na paz, na xusticia e o amor".

2.- A habitación do pánico de Morín. Na páxina 27 e baixo o título indicado, o xornal inclúe máis novedades sobre o doutor Morín e o seu historial de mortes. Na clínica TCB, de Barcelona, "cando a pacente chegaba nun avanzado estado de xestación facíana sobir á pranta de riba, que se cerra cunha chave pra que nadie poida interrumpir por sorpresa na intervención dun aborto ilegal que se practica", según recolle o sumario. A clínica usaba tamén un piso rexistrado como fundación pra evitaren as inspecciós. En fin, o historial de horrores sigue.....

3. O PP arremete contra a Xunta por radicaliza-los seus ataques ó castelán, porque a Xunta quer practicar unha política de inmersión lingüística fóra de sentido.

Pouco que me preocupa que queiran etica-lo viño en galego "como símbolo de identidade" ou leva-lo idioma ás lápidas mortuorias, algo que debe ser sempre decisión da familia do interesado. E resulta que o Bloque quere, aínda sendo agnóstico, que a Igrexa oficie as misas en galego ou que no momento da consagración, ainda que eso coido foi unha frase de Touriño,se cante o himno galego. Caralladas, porque un, que algo desto sabe, que mesmo ten colaborado facendo lecturas de salmos i epístolas en non poucas misas, dende que entrou o galegués, o galego da concordia, na Liturxia, négase a facer máis lecturas e mesmo prefire a misa en castelán ó ver ó noso idioma traicionado. Tomo literalmente de La Razón:

La presidenta de la asociación «Galicia Bilingüe», Gloria Lago, lamenta lo que está ocurriendo y no entiende esta obsesión del BNG, ya que «siempre hemos convivido con dos lenguas». Además, cree que «con la imposición están consiguiendo el rechazo».

Ten razón Gloria Lago: Aquí sempre conviviron dúas linguas e a situación do galego é, desta volta, peor que nunca, porque o que se nos quere impoñer xa non é galego, senón a xerga inventada polo BNG pra que nos vaiamos achegando ó portugués, lingua diferente da nosa. Estos nazionalitaristas nunca estiveron pola defensa do idioma real de Galicia, o que se debería construir a partir da fala, como ben recomendaba no século XVIII o P. Sarmiento. "Facede o idioma a partir da fala", sen tomar ó portugués como referencia.

A senda do bilingüismo harmónico era o camiño a seguir. I eso tíñao claro Don Manuel Fraga, como tamén o conselleiro Cuíña Crespo. O PP tería que facer bandeira nestos momentos polo retorno ó galego enxebre, algo que aquí levamos dito moitas veces e que Risco sintetizaba no 1910: "Non soubemos tratar científicamente as obras de Rosalía e Curros". E así nos vai. E se o PP non endereita o seu camiño e perde a incardinación neste país chamado Galicia, mal o vexo. Xa case parece unha fantasma do que podía presumir de ser o máis galeguista dos partidos na actualidade, agora que non temos nengún que leve ese nome. Se queren facer unha boa guerra, que retomen o galego popular. E o defendan, compatibilizado co castelán.

¿Saben os do PP, sabe Gloria Lago, de Galicia Bilingüe, que andan "comisarios, ou comisarias", polos kindengarten pra veren se ós nenos lles ensinan galego, a esos nenos de 0 a 3 anos que quere o BNG os adoutrinen como nazis e canten, ¡xa!, o himno galego?.

miércoles, 19 de marzo de 2008

COMO UN CRESCENDO TALIBÁN [14.04.2001]

Talibanismo urbanístico. A escadeira de entrada a San Bartolomeu está tapada agora por esa especie de palco de música, ás veces marco do botellón sabatino. Na rúa, como xa en case toda a zona vella loce esa especie de pedra bastarda, que parece artificial e xa non é a vella pedra da nosa vila. Foto do autor. Fachada de Santa Maria a Maior, obxeto de escaladas.
Vista interior da Basílica de Santa María a Maior, de Pontevedra. No traballo díse que Santa María é como é porque antes foi soñada, talvez como América sería soñada por Colón, que na basílica pontevedresa ten, o seu apelido, máis dunha referencia, que se reiteran en Poio. E na ría toda están moitos dos nomes por el levados ó novo continente: Portosanto, Santo Domingo, San Salvador, San Juan, punta Lanzada, río da Serpe (en Combarro), etc. O almirante conocía, de certo que sí, o noso litoral.

Pontevedra, 19.3.2008

Entrada n. 454 do blog.

Recuperamos outro traballo do ano 2001, que fai referencia ó deterioro social e tamén ó urbán, causa daquel. A responsabilidade pode estar, de forma moi especial, nos propios despachos nos que se toman certas decisiós, sendo Pontevedra unha especie de paradigma do que non se debe facer en política urbanística e de policía local.

Se a situación era grave no ano 2001, desta volta nada fai pensar que as cousas están a melloraren, non. O talibanismo en estado puro pode estar plasmado en case tóda-las desgraciadas actuaciós urbanísticas do equipo de goberno do Bloque.


COMO UN CRESCENDO TALIBÁN...[14.04.2001]

por Xesús López Fernández

As nosas noites vanse cargando máis e máis de violencia. É algo do que os residentes da zona vella podemos dar fe. Acaban de facelo públicamente os directivos da Asociación de Veciños Santa María, de forma contundente, varios avisos que só dende o autismo oficial poden ser ignorados. A afirmación de que no Campillo poden chegar a contarse, nas fins de semá, máis de cincocentos mozos totalmente bébedos, moitos deles menores de edade, é algo que tería de alertar ós que teñen autoridade pra remedialo. As competiciós de escalada á fachada de Santa María, das que tamén falaron, trouxeron como consecuencia, na madrugada de Ramos, a decapitación de Santa Catalina, un paso máis nas agresiós á basílica, unha aceleración sustantiva no crescendo de barbarie que nos envolve e asolaga, ora con clave de fundamentalismo agnóstico, ora dende unha profunda ignorancia ou desprecio da arte e da nosa historia, en ámbo-los casos unha especie de ”talibanismo”.

Avisa tamén o presidente da asociación da perda de valor das propiedades da zona histórica, algo reiteradamente denunciado por moitos cidadáns que saben é certo que algunhas rúas tornáronse guetos onde non se pode morar. É o que hai pouco tempo chamabamos, nesta mesma sección, a “charinización”, asunto sobre o que aínda o 12 dos correntes contáronnos un caso desesperado: o de ver que uns garulos, antre risotadas, lle querían prender lume á porta da casa dun cidadán. A persoa afectada, según dixo, chamou á Policía. O axente manifestoulle que, naquela rúa, non ían entraren porque había moitísima xente. O veciño, naturalmente, actuou por “delegación”, en defensa propia, e os incendiarios saíron dalí mollados. Mai-la cousa non foi tan fácil, porque un dos sitiadores arremeteu a patadas contra a porta. Menos mal que outros asumiron a culpa, que foran eles os que comezaran, dixeron.

A madrugada de Ramos pode marcar un punto de inflexión. Como máis espesa en vómitos, mexadas, pintadas, sonou tamén o bongo festivo, histérico, coa mensaxe inconfundible de que os percutores son os absolutos donos da noite; que nadie ten dereito a dormir nen a soñar no recinto histórico; que poden impoñe-lo seu ritmo tribal i “étnico” sen que nadie llo prohíba, que ésa é a súa forma de traballar e desfacer; de festexa-lo disparate, calquer forma de disparate e agresión, trátese da decapitación de Santa Catalina, das profanaciós da imaxe do Cristo, do acceso á propiedade privada, da desfeita do mobiliario urbán, da simple fractura do silencio, sagrado pra moitos. Os directivos recomendaron tamén a comenencia de que os pais conozan o comportamento dos fillos na noite. Os de Cidade Vella dispóñense tamén a patrullar pra así controlaren ós establecementos e chiringos que siguen abertos fóra de hora, desencadeantes ás veces de problemas –ruídos, alcohol--, asuntos a denunciar.

Aínda está por decidir se a fachada de Santa María vai ser protexida con verxas como as que moitos lembramos. Hai dúbidas polo momento de barbarie que sofrimos, que se podería aínda potenciar. A policía, outra alternativa, non dispón dos efectivos necesarios pra conte-la marea. Parece mentira, porque o tema da movida e os excesos que conleva resoveríanse fácilmente por medio dun decreto regulador do cerre dos establecementos de copas. A partir das doce, da unha si se quer, non ten porque permanecer aberto un só bar/pub. E, por suposto, sen consumo fóra dos negocios nen música audible no exterior. Se o rigor da disciplina amolece, o centro de gravedade do crescendo “talibán” desprázase cara ós propios despachos onde se toman as decisiós, evidentes corresponsables. Os do bongo fan as súas demostraciós, como os escaladores e os do spray, porque estamos nunha espiral de involución social. Quérennos violentar os que perderon a capacidade de soñar, que están na época na que o home, aínda homínido, non dispoñía de lingoaxe pra conta-los seus soños e construí-lo futuro. E Santa María é como é porque antes foi soñada.

martes, 18 de marzo de 2008

A REVOLTA DOS PREMATUROS [18.03.2008]

A REVOLTA DOS PREMATUROS, [18.03.2008],
por Xesús López Fernández

Entrada n. 453 do blog.

Simpática portada de La Razón do 16 de marzo. "Yo soy Ale", "Yo soy Hugo", dous nenos orgullosos de estaren vivos, coa orgullosa nai de ámbo-los dous, xemelos, Gema Ibáñez, que advertida na semáa 28 do embarazo de que éste se complicaba, que Hugo non progresaba porque Alejandro o deixaba sen alimento, someteuse á necesaria cesárea.

Dende o primeiro momento, os nenos aferráronse á vida, naceron respirando. Non eran restos orgánicos, senón dous seres vivos: Hugo pesaba 500 gramos, Alejandro, 1 kilo. 103 días internados no hospital de Toledo non exentos de sustos prós pais, cada hora que pasaba confirmaba o desexo dos nenos por viviren. Estimulación temperáa, contacto coa nai e as incubadoras salvaron a vida dos meniños.

Cando o amor está ó servicio de novas vidas non existen dúbidas sobre o camiño a seguir. Abortos de deseño, denominación de restos orgánicos pra afoga-las conciencias, non son dabondo pra xustifica-lo camiño escollido por moitas criaturas embarazadas, talvez mal aconselladas, sen asistencia psicolóxica, psiquiátrica ou a dun confesor sabio.

Gema Ibáñez, xunto con outras nais de nenos prematuros preparan a súa protesta prá vergonza do ministerio de Sanidade. Non entran tanto na cuestión de si "aborto si ou aborto non", como no calificativo que lle queren dar ós nenos abortados de "restos orgánicos".

Se no ano 2006 naceron en España 465.616 nenos e nenas, o 10% dos natalicios foron prematuros, é decir, nados antre as semáas 24 e 32 da xestación. E a deontoloxía médica sinala que a semáa 24 é a primeira a partir da cal é viable a vida do neno fóra do útero materno.

Así, Héctor pesou 620 gramos ó nacer. E agora ten 19 meses. "As gañas de vivir que ten contaxian ós demáis. Ten vivido moitas peleas, pero está feito un campeón", dí a súa nai. Cristina Prieto é nai doutro prematuro. A nena á que se refire xa ten catro meses e medio, pesa 2kilos 200 gramos e, como a describe a nai, é unha persoa cos seus risos e choros. Pero un irmán xemelo da nena non correu igual sorte e morreu no útero. A nai láiase de non-o ter podido ver e despedirse del. "Non me dixeron nada en anatomía patolóxica e non sabes o que me pesa. Non puidemos enterralo, nen nada".

Talvez o caso máis chamativo que refire La Razón é o de Esther Álvarez, nai de trillizos --dúas nenas e un neno--. O neno, Federico, rompeu a súa bulsa cando a nai estaba de 23 semáas de xestación, e o diagnóstico foi de que non podería sobrevivir. ¡Pero resulta que sí, que sobreviviron os tres, con moitos sustos, pero sobreviviron!. E a nai, moi cáustica dí: "Os meus fillos son bebés dende sempre. ¿Quén tería ousado decirme que ese día naceran dúas nenas e un residuo orgánico?".

En fin, estas nais valentes dispóñense a leer un manifesto ante o ministerio de Sanidade, prá vergonza do mesmo e talvez do doutor Morín e algunhas feministas. Esixen o dereito de decidiren qué facer co corpo dun fillo falecido e, en nengún caso, que un texto legal se poida referir a el como "resto orgánico", porque moitas nais non saben desos filliños nados mortos, que mesmo puideron ser usados como restos con fins comerciales. "Eso doe", afonda Gema Ibáñez, a nai de Hugo e Ale.

Nota.- Toda a información aquí reproducida está tomada de La Razón, periódico do que agradezo a línea de compromiso informativo asumida.

domingo, 16 de marzo de 2008

NO UMBRAL DO CAMBIO ECONÓMICO [17.01.2008]

Xunqueira de Lérez, hoxe desecada non sendo o espacio denominado "a illa das esculturas". A agresión ós humedales, relicarios de vida, é algo que hoxe está penalizado. Esta xunqueira cumpría a función de depuradora biolóxica. E non se decataron os merluzos.
Está claro que, coa presencia de Ence nas marismas de Lourizán, non podemos falar de umbral de recuperación económica ou ecolóxica da ría de Pontevedra. Por outra banda hai signos alarmantes. Con novos recheos na zona de Estribela, presuntamente son varios os grupos que queren convertir Lourizán en solar. Case podemos cruzar apostas, facer unha timba na rede: ¿Vostede qué pensa, que se vai recuperar Lourizán ecolóxicamente ou que, finalmente, todo vai ser solar?. ¿Atrévese a poñer nome ás empresas beneficiarias? Hai agora un ano que se conoceu a sentencia do Tribunal Supremo, confirmatoria da do TSJ de Madrid, en relación coa ilegalidade dos pasos a nivel d´Os Praceres. Tamén cabe na aposta: ¿Levantarase a vía?. ¿Somos Estado de Dereito ou Estado de Desecho?. Aposten.

Entrada n. 452 do blog.

Pontevedra, 17.03.2008

O traballo desta data ten un enfoque xeneralista. Poderiamos falar de cousas máis concretas, das novas agresiós planificadas pra esta nosa terra: O Plan de Acuicultura do PSOE-BNG, peor talvez que o do PP, no que se inspira como modificación do mesmo; as diversas agresiós urbanísticas do litoral, como na Granxa, en Sanxenxo, ou a pretensión de canoniza-los abusos dos núcleos de Marín. Intereses particulares bastardos andan polo medio porque no fondo está a teima destas xentes en se carga-la Lei de Costas ou en salva-la súa "casiña" ilegal, con sentencia de derribo. Coesta tropa política, especialmente dende a consellería de Pesca ou a de Ordeación Territorial, están a promoveren o holocausto final desta terra. Sería bo que o Worldwatch Institute tivese conocemento cabal do que aquí está a pasar.

No umbral do cambio económico [17.03.2008],

por Xesús López Fernández

Case tódo-los días chéganme correos electrónicos de Google, alertas sobre novos problemas ecolóxicos, de que decote estamos máis nun mundo en regresión. E diríase que os gobernos non queren tomar conciencia das medidas a adoutar pra ver de evita-la fin á que parecemos abocados. Non poucas das alertas fan referencia a información tirada do último estudio do Worldwatch Institute, A Situación do Mundo 2008, a edición do 25 aniversario do Instituto que ten laborado por marca-la necesaria folla de ruta pra esta sociedade global que, por esquece-los obrigados deberes en materia ambiental, pode atoparse na situación extrema de non ter xa conciencia “pra critica-lo sistema económico do século XXI, dado o nivel de confort, de comodidade e de oportunidades sen precedentes proporcionado pola economía mundial ó longo dos cen últimos anos”. Así comeza o capítulo 1 do devandito estudio, titulado “A sementeira dunha economía sustentable”.

O libro ten 14 capítulos e diversos apéndices, traballos densos que haberá que ter como referencias a consultar no acordeón que vai dende o primeiro ata o apéndice que analiza “A economía crítica e solidaria: perspectivas teóricas i experiencias prá construcción dunha economía alternativa”.Pero regresemos ó capítulo primeiro, no que Gary Gardner e Thomas Prugh estudian con cifras o crecemento da economía e da esperanza de vida, de cómo a sustitución do traballo persoal pola maquinaria, tractores, excavadoras, acabou prácticamente coas tareas máis duras, mentres que o coche, os aviós, os ordeadores e o teléfono de peto ofrecían novas i estimulantes oportunidades de traballo e de vida, portentos que parecían evidentes, pero...... Pero outros indicios apuntan a que o sistema económico convencional pasa por grandes problemas e require unha urxente transformación. E os autores repasan unha serie de efectos consecuencia da actividade económica moderna, que teñen sido enumerados nos últimos 18 meses, procesos de evidente aceleración:

1.O nivel de CO2 na atmosfera máis elevado dos últimos 650000 anos, a temperatura da Terra, camiño de niveles desconocidos en millóns de anos e pró 2020 a capa de xeo do océano Ártico podería desaparecer durante o verán; 2. Unha de cada seis especies de mamíferos europeos está ameazada de desaparición e as pesquerías de tóda-las especies mariñas poderían colapsarse no 2050; 3. O número de zonas mortas dos océanos por falta de osíxeno ten aumentado de 149 a 200 nos dous últimos anos; 4. A contaminación atmosférica urbáa é causa da morte prematura de dous millóns de persoas por ano; 5. O esmorecemento da poboación de morcegos e abellas, e outras especies polinizadoras, sobre todo en Norteamérica, está poñendo en peligro cultivos i ecosistemas; 6. O petróleo. Estímase o zenit da súa producción nun límite de 15 anos.

Quedan moitas cousas por sinalar como é a incidencia da acción do home sobre a paisaxe, o litoral, as augas doces, as zonas húmedas, o urbanismo demencial, etc. Cando a UE se dispón a adoutar unha serie de medidas en contra do cambio climático, asumido que o mesmo actúa como multiplicador de ameazas, suporá un gran esforzo vence-las inercias de tanto mal como levamos vivido. Mentres o home vivía coa natureza e da natureza, o desenvolvemento sostible era unha realidade certa. A soberbia levouno á situación extrema na que terá de reinventa-la sustentabilidade. A Igrexa, cada vez máis ecoloxista, lémbranos “Non contaminarás”, en sintonía co apuntado por Galeano en “El derecho de soñar”: “La Iglesia también dictará un undécimo mandamiento, que se había olvidado al Señor: Amarás a la naturaleza, de la que formas parte”. O tema, a necesidade de cambiar de pautas, de nos achegar á natureza con respeto, queda apenas insinuado neste traballo. Podemos estar, talvez, no umbral do cambio necesario. Se aínda estamos a tempo.

sábado, 15 de marzo de 2008

A FOSA DE ALCALÁ [15.03.2008]

Restos óseos aparecidos na fosa de Alcalá de Henares. Foto de ABC.

A FOSA DE ALCALÁ,
por Xesús López Fernández

Pontevedra, 15.03.2008


Entrada n . 451 do blog.

O 11 de febreiro foron localizados restos humáns, en Alcalá de Henares, no que parece unha fosa de dimensiós parellas ás de Parecuellos e Torrejón. O ministerio de Defensa mantivo a noticia baixo mínimos porque podería ter repercutido na marcha das elecciós a pouco que o PP soupera aproveita-la información que, gracias ó ABC, iría trascendendo. Os denominados sectores "progresistas" non teñen interese en investiga-la que se supón é fosa común de cidadáns executados polos estalinistas. E curiosamente suponse que aí, na fosa agora descoberta, poden esta-los restos de Andrés Nin, como el firmaba, trotskista catalán. Hai algo na conciencia da esquerda española que a leva a non investiga-lo enterramento masivo que parece pode agora aflorar.

Téñase presente que os restos atopados estaban, nalgún caso, a 2,75 mts. de profundidade, polo que parece que as características do enterramento son como as de Parecuellos, onde as zanxas tiñan tres metros de ancho por tres de fondo. Polo pronto, á letra da canción "La Puerta de Alcalá", que canta Ana Belén, suxiren agora na "rede", poderíalle convir máis outra letra:

Miralá, miralá,
la fosa de Alcalá..
Ahí está, ahí está.

Cando non se ten idea de cántos cadavres poden permanecer baixo terra na fosa agora descoberta, "miralá, miralá, la fosa de Alcalá. Ahí está, ahí está...", do que máis se fala é da posibilidade de que aí estean os restos de Andrés Nin. Tamén Gabriel Albiac perguntaba no seu traballo de La Razón de onte, 14.3.2008, "¿Dónde está Nin?. Siniestro rastreo tumbal de los despojos de Nin. ¿Por qué no preguntar sencillamente a don Santiago Carrillo?"

Reproduzamos os dous últimos parágrafos do traballo de Albiac:

"A Nin, no bastaba matarlo. Fue secuestrado y "desaparecido". Torturado, quizá en Alcalá, de modo horrible, durante días. Hasta la muerte. Luego, el PCE procedió a aniquilar alma y recuerdo, haciendo correr la infamia de su paso al bando fascista: "¿Dónde está Nin?", canturreaban. "¿En Burgos o en Berlín?". Hemos ido viendo morir de viejos, en los años que siguieron a la transición española, a los últimos que sabían --porque fueron actores de aquello-- en qué lugar exacto estaban los restos del descuartizado Nin. Pero eran ya todos ancianitos respetables. Y un pacto de perpetuo silencio sellaba sus labios.

La calavera de Nin, dicen, puede haber aparecido ahora, en una fosa común de Alcalá de Henares. Se requerirán prolijos análisis genéticos. Es la siniestra tarea de los buscacadáveres. Ociosa. Bastarían dos palabras de don Santiago Carrillo para saber, sin un átomo de error, en qué milímetro exacto de tierra quedó el cadáver de Andreu Nin. Lo que de él quedaba."

Canción:

Miralá, miralá,
la fosa de Alcalá....
Ahí está, ahí está.

martes, 11 de marzo de 2008

CENTRO COMERCIAL ABERTO [22.12.2001]

"Revitalización" da zona vella. Filloeiras de Valongo nos arcos da Casa da Luz, espacio degradado que maxinamos foi previamente desinfectado. Xa me entenden.
Outra mostra da "revitalización" da zona vella, da man dos gurús que deseñaron a súa ruína.
Restos da muralla, diante do Mercado, trampa pra cegos. Ésa é a accesibilidade promovida polo goberno local, no canto de ter potenciado o tal mercado e dotalo de accesos xenerosos. A xente, claro, vai a Carrefour, a Ldl, a Día ou Mercadona. Máis de 45000 pontevedreses prescinden xa do mercado municipal.

Fotografía dunha presentación ós medios polo colectivo Salvemos Pontevedra, dalgunha das denuncias que a ONG ecoloxista está a promovere a nivel xudicial. Temas como o da posible recuperación das Marismas de Lourizán, con todo o que eso conleva, están presentes na súa cruzada, evidenciado xa o falso ecoloxismo do BNG, que presuntamente especula coa conversión en solar das ditas marismas. Outra forma de degradar Pontevedra e a súa ría.

Pontevedra, 11.03.2008

Entrada n. 450 do blog. Cando acaban de se celebra-las elecciós xerales do 9-M, en Pontevedra o BNG sigueu perdendo votos, entendo que como consecuencia do destrozo urbanístico da cidade, da súa crecente guetificación, cada vez máis privada de residentes a zona vella. Non souberon, empecinados en levare a cabo a realización do seu "modelo urbanístico", o todo tasca, todo terrazas, maior agresión prós residentes que aínda resistimos e ocupación dos espacios públicos. E algunha que outra falacia como a "creación" dun Centro Comerciál Urbán que nunca chegou funcionar, non quixeron relanza-la economía da vella urbe máis alá dalgunha que outra subvención ós que xogaron un papel importante na traición á poboación residente e ó vello comercio. O traballo que sigue e hoxe recuperamos podería ser reiterado case palabra por palabra, polo que non vou decir máis que denunciar novamente o crecente acoso á cidade, onde seguiron estreitando rúas e agora andan coa de Colón, que si era ancha vai quedar estreita, dacordo coa estreitez de miras do goberno local, no que agora van mancomunados e como parella de feito o BNG (Lores) co PSOE (Teresa Casal).


CENTRO COMERCIAL ABERTO [22.12.2001],

por Xesús López Fernández


A idea de crearen un centro comercial aberto na zona vella da cidade fora xa comentada nos tempos da primeira corporación democrática. O espacio estaba a perder poboación e o comercio atopábase en fase de forte involución. Dende hai uns meses volveuse co tema i estanse a facer estudios diversos ó abeiro do Seminario Carlos Velasco, da Caixanova. Precisamente hai uns días e con motivo dun dos encontros que están a promoveren pró intercambio de información dóuselle uso ó Pazo de Mugártegui. No acto alí organizado, o xerente do Centro Comercial Urbán de Bilbao explicou a súa experiencia que, no caso de Pontevedra --xa por problemas de tipo urbanístico ou ben por cuestiós de idiosincrasia— parece vai ter unha máis difícil arrancada. A movida é un lastre que limita a posibilidade da zona como residencial. A existencia de comercios está privada de masa crítica, como acaba de afima-la consellería de Industria. Antre outras cousas habería que mellora-la accesibilidade.

Nun vello tratato de economía –Problemas de formación de capital, de Ragnar Nurkse— proponse como idea angular pró crecemento económico dos países a de construiren vías de comunicación, que moitas veces abondarían pra que os homes de negocios fixesen o resto e comezasen a crearen riqueza, á marxe de dirixismos contra natura. A accesibilidade é imprescindible e hai un procedemento virtual que permitiría estudia-los efectos antes de metérense en obras discutibles. A accesibilidade que os estorniños do magnolio de Muruais resolven cunha elegancia increíble, celérica –como comentaba nun traballo anterior--, no caso dos humáns poderíase estudiar virtualmente. Por medio dun CD-Rom que incluíse o plano da cidade e a posibilidade de considera-lo tráfego en distintos sentidos, bidireccional, direcciós prohibidas, etc., teríanse evitado os atoamentos que agora se están a xerar en Cruz Gallástegui ou na Praza de Galicia e que van facer difícil senon imposible a creación dese Centro Comercial Aberto que algús se esforzan en levare adiante.

Confían en que o mercado reinaugurado, con parking, poida ser un factor dinamizador importante. Talvez, si a súa posta en marcha implica un cambio de xestión, de oferta de productos e servicios, en horarios de mañá e tarde. Quero decir: que funcione como un moderno centro comercial, co acceso garantizado que se lle nega a amplios barrios da cidade. ¡E pensar que incluso e dende diversas instancias tentaron negarlle ó novo mercado o sal, a gracia do aparcamento! Algunha das maniobras pareceu pouco elegante, polo que telumbrámo-la intención de certo grupo de presión, cecais porque un mercado moderno no que se poidan traballar artículos de toda-las gamas, sería un competidor a ter en conta. As pequenas tendas da zona vella terán de modernizarse i especializarse, certo, ¡pero non máis pubs si tentamos revitalizala como residencial!. Calidade de vida e novos criterios de edificabilidade e accesibilidade son necesarios pra un futuro máis esperanzador e habitable.

Di Industria que a zona de influencia da área comercial da cidade se centra no propio municipio, de onde proceden o 80% dos consumidores, pero un 42% destes visitantes merca os productos non alimenticios noutras zonas de comercio, o que casa cunha afirmación recente deste colaborador no sentido de que 45.000 pontevedreses vense obrigados a buscaren outros horizontes, porque na capital non se pode entrar. Eso impide que se faga masa crítica, algo que os portugueses de Valença, na Fortaleza, están a conseguir. A accesibilidade faise difícil pola angostura das portas, pero souberon crear espacios prá aparcaxe dentro e fóra do recinto. Algús negocios cambiaron profundamente, modernizáronse. Melloraron a súa oferta e a calidade do servicio. Pero o que non se lle ocurreu ás autoridades valenciás foi impedi-la accesibilidade. É máis, crearon espacios abertos nos que o cliente potencial pode aparcar. ¿Centro Comercial Aberto en Pontevedra? ¡Moito ten que cambiar todo!