viernes, 31 de mayo de 2013

DE GARZÓN

 Baltasar Garzón, o xués apartado, ledo co tema dos sobre. (Montoro en La Razón)
Baltasar Garzón aclara: Baltasar, con "B". (Montoro, en La Razón)
Pontevedra, 31.05.2013
Entrada n. 1671 do blog
Artículo de opinión (Pontevedra viva, 30.05.2013)

De Garzón,
por Xesús López Fernández

            A controvertida figura do xués estrela, Baltasar Garzón, volve estare cuestionada. Cando se decía que estaba disposto a regresare á Política, algo por el anunciado, a retornare cun partido de novo cuño en presunta alianza don Ada Colau e G. Llamazares, resulta que o vai ter difícil, porque se cruzou no seu camiño de volta Alfonso Guerra, que ven de editar, qué oportuno, un novo libro de memorias no que fala de moitas cousas, de cómo lla montaron no seu día, polo caso Ibercorp, a Mario Conde, ou de cómo Garzón chegou recibir diñeiro en B, algo que o xués nega.

            A verdade é, como comenta José Antonio Martín del Pozo no seu blog, que o home parece xa un muflón abatido, a imaxe dos que caían nas súas cacerías, nas cazatas participadas con amiguetes do seu “club”. Pero cando Garzón fichou polo PSOE presentabase un problema gordo, “porque como xués debería abandonare uns meses antes das elecciós o cargo, polo que deixaría de recibi-lo seu estipendio” dí Guerra finamente, pra afirmare seguidamente: “Consultáronmo e comentei que o partido sería solidario abonando as cantidades ata ser proclamado diputado, pero que o teriamos de facer en A, é decir, de xeito legal e coa firma do recibo pola cantidade real”. Garzón non aceptou, o que motivou a resposta de A. Guerra: “Pois entón non hai pago… Parece que acodeu a outra institución, desta volta con éxito.”

            Garzón desminteu a Super Guerra, e tense doído desta outra guerra sucia e de que, “se neste país ten habido alguén en conspiración permanente foi el [A. Guerra]”, aínda que de momento non ten anunciado nengún procedemento criminal pola tan grave denigración da súa Persoa. Xa que logo, Garzón anuncia que xa non vai entrare en nengunha lista electoral, consecuente coa embestida de A. Guerra. José Antonio Martín del Pozo, con fino humor, aínda recomenda: “Aprendede, borjamaris do PP, deste Rei Guerra, que [….] el solito cobrouse onte  o Elefante Branco da Esquerda radical”. Mai-la cousa non acaba aí, que outra persoa, nalgún tempo secretario de Estado, Rafael Vera, o home que morou no cárcere por permanecere calado, suponse que pra pagare moitos dos pecados do felipismo, acaba de falare: Canto dí Guerra no seu libro é certo. Garzón pideu que lle pagaran en negro, algo ó que o PSOE se negou, polo que outaron por compensalo con fondos reservados procedentes do ministerio de Defensa. Pola soldada e un pequeno local habilitado pró seguimento da campaña que facía o xués.

            Rafael Vera aclara que, como conduci-los pagos por medio do ministerio do Interior non parecía doado, acordaran finalmente facelo a través da Secretaría da que era titular, e que exerceu as funciós de caixeiro/pagador e afirma que aínda conserva recibos da época. Como tamén que, na época de Garzón como xués da Audiencia, lle pagaban  dous millós das antiguas pesetas pra gastos de seguridade. Á vista das últimas informaciós diriase que Garzón se confirma como home sen escrúpulos. Presuntamente, claro. E parece que Rafael Vera ten moito máis que decir. Pode estar arrancando un novo serial…

31.05.2013: addenda. No programa de El Gato al Agua do 29.05.2013, ó que acodeu como invitado Rafael Vera, falouse de moitas cousas, incluso dentro dun certo posibilismo e con gran prudencia, da guerra do Gal, daqueles anos de plomo. Pero Vera deixou claro que Garzón cobrara en negro e que incluso lle fora financiada unha viaxe, coa familia, a Santa Domingo. En B.   

          




miércoles, 29 de mayo de 2013

DISCURSOS PRÓ ANO NOVO [2.01.2004]

 Algús están sedentos do petróleo que poida haber en Alaska. Greenpeace, según se mostra na foto, protesta pola desfeita do Ártico que algús tentan. 
 O cambio climático trae como consecuencia unha vida máis difícil prós osos polares.  
Aurora boreal (A fotografía pode estar protexida por dereitos de autor)

Pontevedra, 29.05.2013
Entrada n. 1670 do blog
Trátase dun traballo recuperado do 2.01.2004, en línea coa filosofía do último artículo, deste pasado luns, "A sustentabilidade esgazada".

 Discursos pró ano novo, [2.01.2004]
Por Xesús López Fernández

            Arrancada de discursos dirixidos a unha Humanidade que parece agardar un ano máis solidario pra  todos, mesmo cos países nos que as xentes sofren por causa da guerra ou como consecuencia dos cataclismos que se suceden: primeiro, en Bam, no Irán, onde parece que aínda non temos cifra final da traxedia na que se telumbran  ó redor dos 40.000 posibles mortos. E cando non está levantada a acta definitiva do  acontecido, novos movementos de terra de gran magnitude acaban de se produciren en México e Indonesia, méntre-la guerra sigue. En definitva, a Terra está enferma, en malas mans, e quéixase nunha especie de estertor final potenciado pola actuación dos homes, culpables do desequilibrio climático no que os responsables da cousa pública non queren reparar, e veñen co seu contacontos insolidario, tan lonxe do que nestos momentos nos acaban de conta-lo Santo Padre, Riccardo Muti, Mijail Gorbachov, ou Kenichi Michimata, un xaponés que chegaba ó Cebreiro no primeiro día do ano. [Comezado o camiño a Santiago en San Jean de Pied de Port, confesaba o home que estaba facendo a ruta por Javier de Navarra, en referencia ó introductor do cristianismo no Xapón].

            É importante   converti-lo ano xubilar nun referente espiritual do continente. Santiago, faro de Europa, representa ó longo da historia unha gran concentración cultural. É importante que Michimata, un profesor de secundaria, chegue a nós no albor do ano, ó remate dun camiñar que representa espírito ecuménico e solidariedade, algo ó que os xaponeses nos teñen afeitos porque algús deles mesmo fixeron morada por anos en terras de Pantón ou establecéronse na Costa da Morte con vontade férrea, loitando contra o chapapote,  lección  na que moitos aínda non repararon. I eso tamén se nota nos discursos. Pero son palabras e xestos como os descritos os que realmente nos conmoven e nos fan creer que outro mundo é necesario. E neste orde de cousas deberemos agradece-las palabras de Riccardo Muti, director de orquesta, con motivo do concerto celebrado pola Filarmónica de Viena, este ano adicado a Johann Strauss pai. As súas palabras deberon sorprender a moitos cando, antes de comeza-la execución do Danubio Azul, pideu un ano de paz e un futuro mellor pra todos, especialmente prós nenos

            Riccardo Muti salientou a forza igualitaria da música, porque o concerto, que estarían oíndo millós de persoas de todo o mundo, era entendido por todos con independencia de raza e color.  ¡Claro que a Música é unha lingoaxe universal, como a  Ecoloxía, por onde van outros discursos, como o de Mijail Gorbachov! A súa Carta á Terra está preñada de avisos de urxencia. ¡Xa me gostaría a min que, na serie de actos organizados ó abeiro do ano xubilar, estivera previsto algún discurso do promotor da perestroika que ó mellor tería que reconta-la historia de Chernobil ou  a dos lagos Baikal e Aral, ou dun Danubio hai pouco envenenado  con cianuro, e que por esa vía acabaremos con todo! E na súa proclama de solidariedade, o presidente da ONG Cruz Verde Internacional [que tamén apoia o desarme e a liquidación das armas de destrucción masiva] aposta por unha nova educación ós nenos, porque se lles ensine a seren cidadáns do seu país á par que cidadáns da Terra. En fin, que o libro, de lectura fácil, pode servir de manual prós responsables do poder que  manteñen unha política industrial fundamentalista contra a Natureza, como Bush coa súa intención de realizar prospecciós de petróleo na Reserva Natural do Ártico en Alaska, proposta de momento derrotada no Senado [52 a 48], como consecuencia da reportaxe fotográfica de Banerjee.

            O  traballo foi loubado por diversos naturalistas como tamén polo expresidente Jimmy Carter, outro home sensato, que afirmou que o petróleo que poidan sacar de Alaska equivalería ó 1 ou 2% do consumo cotián dos EE.UU. Pero Banerjee advirte, ademáis, que alí hai vida, e nos transmite a mensaxe dos indios Gwich´in e dos esquimales Inupiat, “os únicos poboadores desas terras, que me ensinaron que o home debe coexistir e non conquista-lo mundo natural”. Curiosamente, a mesma lección que reitera Gorbachov de “conserva-la Terra prós nosos fillos, un proiecto que implica unha vida máis frugal pra gañar en calidade de vida”, algo que non comprenden os homes da guerra [mesmo os sindicatos que perderon o discurso pola paz] e prós que vale a situación denunciada polo Papa que falou da urxencia “de forma-las conciencias na cultura da paz”, que tamén levantou acta  “da inxusticia e violencia que oprimen varias zonas do globo, algo moitas veces esquecido”. Nun discurso de síntesis das pequenas mostras aquí traídas, eu diría que a Humanidade está urxente [a Igrexa tamén], de promove-la creación de comunidades ecolóxicas de base, pra así facer posible a salvación da Terra. 

Salvade a ría de Pontevedra (clicade e asinade)

martes, 28 de mayo de 2013

CUESTIÓS QUENTES, AVISOS [23.04.2004]


Pontevedra, 28.05.2013
Entrada n. 1669 do blog
Artículo do 2004 actualizado, remitido a Pontevedra Viva o 25.05.2013

Cuestiós quentes, avisos, [23.4.2004]
Por Xesús López Fernández

            Case todo-los días recibo a nova dalgún delito ecolóxico dos moitos que acontecen no diverso mundo  e, co material que teño na “reserva” podería facer diversas colaboraciós. Pero máis alá da pura ecoloxía hai outras novas que [aínda sendo relevantes] non son debidamente tratadas nos diversos medios, ora por se teren producido en países non democráticos, ora por que non cunda a alarma no noso entorno, onde sabemos non existe unha política de previsiós, o que nos achega un tanto á información dos aludidos países. E unha desas noticias minimamente aludidas facía referencia ó estoupido dunha pranta química do concello de Chongging, no suroeste da China. Tivo que intervi-la policía na evacuación de 150.000 residentes do distrito de Jiangbei e dos arredores da factoría. Numerosas víctimas foron atendidas por problemas respiratorios consecuencia dun escape de cloro, seguido de fortes estoupidos. Houbo nove mortos i é curioso que oito deles foran altos directivos da fábrica de Tianyuan [director, subdirectora xeral, a vicesecretaria do Partido Comunista da China na fábrica e mai-lo director de protección do medio ambiente]. As autoridades aclaran agora que a aspiración de máis de 2,5 mgs. de gas cloro abonda pra causa-la morte.

            No incendio de Tradepana, Pontevedra,  arruinouse toda a instalación. Avisáronme da formación da impresionante nube, de que a respiración resultaba imposible na zona afectada, e tamén de que os habitantes d´Os Praceres movéronse como puideron pra ofreceren uns servicios mínimos, volcándose fundamentalmente cos nenos. Cortada a comunicación, tamén se oiron estoupidos a máis dun kilómetro de distancia. E  nos congratula a afirmación dun portavoz da empresa no sentido de que non houbo peligro prás persoas, porque o amoníaco que necesitan pró frío das cámaras estaba almacenado nun tanque que non se chegou quentar, porque ten un aillamento de 32 chapas de aceiro, e que foi alí onde primeiro actuaron pró seu enfriamento inmediato....Sí, pero lembremos que esta empresa, a súa licencia e ubicación, foi denunciada no seu día polo colectivo da Praza dos Praceres. É unha das cuestiós que denunciaron ante a Xusticia. E  un pergúntase se realmente pode estar aí esa  fábrica. O  amoníaco [como o cloro de Elnosa] é unha ameaza potencial que habería que situar, por lei, a máis de 2.500 metros de distancia dos grupos de poboación, (en función do RAMINP que xa non está en vigor).

            Digo esto como resposta a un correo electrónico que me chegou o pasado 21 e polo que me perguntaban a razón da “permisividade” institucional en relación con certas empresas, tema a tratar nun traballo  periodístico. E, claro, non podo responder ó por qué desa tolerancia. Podo supoñer moitas razós como, dunha ou doutra forma, veño denunciando nalgún que outro traballo dende os anos 60. É triste que a Administración non se posicione en relación a certas actuaciós agresivas co medio ambiente e que deixen de man a lexislación aplicable en materia ambientel: Raminp, Lei de Costas, Constitución, etc. E parece que non existe outra vía que a da acción popular e a vontade ferreña de levare as denuncias adiante. A anunciada visita de Lores a Cristina Narbona pode marcar un novo tempo de esperanza, un horizonte distinto, incluso máis rico prós empresarios que agora parecen contrariados coa paralización das obras de Lourizán, porque pra Ence sobran sitios en Galicia. É cuestión de vontade porque aquí levamos xa moitos anos sofrindo a agresión do complexo pasteiro.  

            Un cambio de actitude e fóra a prepotencia, porque algús, no seu delirio, esquecen que non se pode ir contra a legalidade. I esto de Tradepana é un aviso, como tantos a nivel global. Pero os feitos non se poden calar ata o absurdo, como acontece en Corea do Norte, onde acaba de producirse unha gran traxedia. Fillos do pensamento único, estancados no marxismo-estalinismo, os medios de comunicación permanecían o venres herméticos, sen daren datos do accidente, un choque de trens [con combustible e dinamita], que se supón causou, según algunhas fontes, 3.000 mortes. A estación quedou destruída. Cando redacto estas líneas, Corea interesou axuda á Cruz Roxa, despois de 24 horas de silencio. Triste porvir o deste país máis preocupado polo programa nuclear que pola calidade de vida das xentes, antre as que  oito millós viven no umbral da miseria. E a fame non se aplaca con soflamas patrióticas,  bandeiras e música militar; ou espertando á poboación  ás 7 da mañá, por medio dunha sirena [en Pyongyang]. E se sabemos algo é gracias ós surcoreáns, ós seus contactos con xentes da capital da outra Corea, ou ó que se puido fotografiar dende os satélites artificiales. Deixo dito esto porque no noso entorno pode haber xentes que aínda conectan co pensamento único, que mesmo parecen disfrutar coa ignorancia das leis.   
Aínda que o chiste de Caín é do 29.05.2013, en La Razón, vale pra ampliare algo as acusaciós que aparecen no traballo. Moito político nas cloacas, onde hai pleno. E intercambio de cromos, suponse que diñeiro en B, etc. 

domingo, 26 de mayo de 2013

A SUSTENTABILIDADE ESGAZADA

Insistamos coesta imaxe da xunqueira do Lérez na que se pode aprecia-lo sistema de meandros vivos. Mentres a xunqueira respiraba coas mareas, a sustentabilidade da ría estaba garantizada, pero desecárona case ó completo e, ridículamente, construíron nela o Auditorio, asentaron institutos e un campus universitario, que deberían ter data de caducidade se verdadeiramente se quer apostare pola dita sustentabilidade, en equilibrio aquí xa imposible. E se o Worldwatch Institute, no seu estudio do 2012, analizaba as pautas pra ir cara unha prosperidade sostible, desta volta se pronuncian algús dos seus especialistas sobre a cuestión de si esa sustentabilidade pode ser índa posible. En Pontevedra, non, cruzadas unha serie de líneas roxas que os iluminatti do concello aínda dibuxan como actuaciós "pra novos e idílicos solpores", unha especie de definición prás distintas burremias nas que poidan aínda pensare. E a oposición sen ideas (talvez sen honestidade) pra maxinare unha táctica coherente contra un goberno hai tempo sonado. 

Pontevedra, 27.05.2013
Entrada n. 1668
Artículo semanal no Diario de Pontevedra  

A sustentabilidade esgazada,
por Xesús López Fernández

            Esgazar, esguizar, esbronzar, esgarduñar, rachar, rabuñar, etc., son infinitivos de verbos galegos que, inda con variada polisemia, valen prá alusión á situación de esnaquizamento, de esbandallo no que parece ter sucumbido o equilibrio ambiental, a sustentabilidade á que tanto aluden nas súas prédicas os nosos políticos ó tempo que se cargan, de cada volta, novas tenzas da nosa realidade ambiental, algo que levamos non poucos anos tocando nas nosas colaboraciós. Este ano, o Worldwatch Institute, sempre crítico, cuestiona con especial acento na publicación de “A Situación do Mundo 2013” cando fala da sustentabilidade que xa aparece no título e formula unha pergunta, case un clamor: “¿Aínda é posible a sustentabilidade?”.E non faltan voces no Ecoloxismo mundial que piden un compromiso real coa Terra, alén das políticas dos Estados que parece queren poñere ó Planeta contra as cordas.   

            Venme á memoria, desta volta, o relembro de diversos libros de autores comprometidos: “A Terra en xogo”, de Al Gore, no que antr´outras cousas nos relata cómo o mar de Aral, un mar salado, interior, aparecía xa condenado á morte; “A Salvación do Planeta”, de varios autores do Worldwatch, unha especie de catecismo prá recuperación dos ecosistemas dos que depende a humanidade e que están sendo arrasados polo mundo empresarial que non dubida na defensa dos seus intereses egoístas, aínda que eso significa deixa-la Terra inhabitable, ousando incluso falare de sustentabilidade; “El equilibrio roto” (e outros ensaios), do Prof. Bermejo Martínez, que me propoño tocar en próximos traballos, vai sobre “cousas” acontecidas na nosa terra e, de momento, deixemos como comentario o que fai o seu prologuista, Xerardo Estévez Fernández, cando dí que o home preocupouse fondamente polo presente das cousas, pola problemática ambiental, que as súas opiniós son unha aposta polo futuro.

            “A sustentabilidade implica non ter que decir nunca “síntoo” ó futuro”. Trátase dunha frase do presidente do Worldwatch Institute, Robert Engelman, un dos autores da obra que acaban de presentaren. “¿Imos ter un futuro digno? Temos que comezar a sermos honestos ó respecto, xa que estamos a especulare co futuro coa creencia de que podemos ter unha prosperidade célere agora”, dixo Engelman, quen ademáis calificou a situación actual de “burbulla do sustentable”, xa que “todo é sustentable, coches, negocios, Olimpiadas, cidades, roupa, deseños”, afirma o home a modo de queixa ó tempo de sinalare que este abuso tiña pasado de preocupante a descorazonador, que mesmo a xeneralización do uso do concepto do sostible tiña restado esencia ó mesmo pra convertilo en etiqueta pra productos e proiectos, simplemente algo menos malos que as alternativas das que viñamos botando man. 

            Insisten os autores do libro en que hai que usar críticamente o término “sustentable” e deixare de vivir na “negación” de que o actual estilo e  consumismo irracional non vai traer consecuencias. “Os problemas están en camiño”, comenta Tom Prugh, codirector do proiecto no que se propón como obrigatoria a transformación nun movemento social forte dos partidarios do cambio de desenvolvemento actual, como foi o da defensa dos dereitos civiles nos EE.UU. É máis, afirma outro codirector da obra, Erik Assadourian, “É necesaria unha segunda revolución democrática”. En “A Situación do Mundo 2013” apóstase pola deslexitimación do uso dos combustibles fósiles; optan polas enerxías renovables e fan demanda da protección da biodiversidade e maior educación sobre qué comer, porque o “sistema global alimentario está esnaquizado”. No libro afírmase que, se nada cambia de forma drástica, vai aumentare o número de emigrantes e refuxiados que fuxan de conflictos. Incluso cuestiónase, a longo prazo, a supervivencia da nosa civilización. A vida sobre o planeta vai continuar, pero a sociedade humáa quedaría seriamente esmagada, e hai que evita-la súa desaparición, apunta outro dos autores, Kim Stanley Robinson, de ciencia ficción. E decir que o noso ecosistema cheira a morte non é ciencia ficción.    

sábado, 25 de mayo de 2013

NOTICIAS DO LITORAL [16.07.2004]

Noticia de El País. Outra puñalada no litoral galego, n´O Grove: a urbanización de Raeiros, 52 chalés de luxo construídos cunha licencia pra levantare alí un aparthotel.
En base a dúas sentencias, unha do TSXGalicia, outro do Tribunal Supremo, os chales deberán ser demolidos, algo que a Xunta tenta eludire, está a tentare non derrubalos, presuntamente por seren algús dos chalés de xentiñas con cartos. 
E mentres, Alberto Núñez Feijóo, a falare da defensa do medio ambiente; pero se van cargando a costa.

O artículo hoxe recuperado, aínda que do ano 2004, ten que ver cos abusos do litoral e nel quedan ditas cousas sobre quén é, quén era alguén coas ideas claras en relación co respeto á natureza.

Pontevedra, 26.05.2013
Entrada n. 1667
Artículo do 2004, publicado no Diario de Pontevedra.

Noticias do litoral, [16.7.2004]
Por Xesús López Fernández

            Asociación Green Peace. O pasado día 15 deron a conoce-lo seu informe “Destrucción a toda costa 2003”, datado precisamente o 31 de xullo do ano ó que se refire. A noticia foi comentada en diversos medios e xa a ministra de Medio Ambiente fixo algunha aclaración ó respecto, no sentido de que é necesario cambia-la xestión da costa cara á sustentabilidade. O estudio da asociación ecoloxista é crítico coas actuaciós dese ministerio e o de Fomento, causantes nalgúns casos dos maiores arrasos apreciables, polo que non parece casual a modificación da Lei de Costas 22/1988 aprobada na fin do 2002, embuchada na Lei de Acompañamento dos Presupostos do Estado, a partir da cal Fomento facilita unha máis completa ocupación do espacio litoral, chegando a autorizar construcciós a vinte metros do mar, e supedita a protección ós plans urbanísticos dos concellos, eliminando o carácter conservador desta normativa...As praias atlánticas e cantábricas, dí o informe, comezan a emula-los disparates propios do Mediterráneo. E Galicia nos ofrece o peor dos exemplos “onde os bañistas comparten a praia coas máquinas de Medio Ambiente, que gastará este ano –2003—un millón de euros [en Silgar] en repoñe-la area que bloquea o dique do porto”.  

            A información de Salvemos Pontevedra.  ¡Qué casualidade que o mesmo 15.7 tivese lugar unha roda de prensa informativa deste colectivo en relación cos problemas do noso litoral! E o punto 3 da exposición referíase á posible presentación dunha querella criminal por presunta prevaricación e delitos contra o medio ambiente, en Sanxenxo. Están xa dádo-los pasos previos e, reunida a pertinente documentación, irase á xudicialización de  denuncias que xa deberan estar resoltas. Unha das cuestiós nas que incide o relatorio de Greenpeace é a dos portos deportivos, que aumentan en número exponencial coa desfeita e división de praias, nalgús casos. Non falan, naturalmente, da privatización en curso do porto deportivo de Sanxenxo, porque aínda non se tiña producido. I é curioso ver que en torno ó mesmo andan incluso conselleiros que parecen moi felices co que se está a facer alí, como se foran xueces e parte do que moitos entendemos como auténtico disparate. Pero a asociación tocou, na roda de prensa, outros asuntos importantes, ademais de afirma-la súa decisión inquebrantable por recupera-lo espacio ocupado en Lourizán, según prevé a Lei.  O mar agarda.

            Outras cuestiós. Parece que, coa investigación que Salvemos Pontevedra está a levar a cabo, comézase a ter un perfil certo, o conocemento de ata donde están dispostas a chegar algunhas autoridades. E si Greenpeace responsabiliza do deterioro litoral a Medio Ambiente, a Fomento, e ás autoridades dos concellos, aquí non temos que pensar de distinto xeito. I eso foi o que dixo o presidente da asociación, que afirmou que certas manifestaciós non cadraban co que realmente estaba a acontecer. Como proba, citou e mostrou un documento asinado polo secretario do Concello pontevedrés e polo alcalde Lores polo que se urxía a construcción do ramal ferroviario, fronteira dura antre terra e mar. Non faltou a cita da licencia de Costas prá  pasarela, con elementos fixos, que o Concello pode recurrir ata o 26.7 si é que están pola defensa da legalidade. E tamén  comentou a súa deixadeza no tema da pranta de efluentes, no que o Concello deixouse estar no canto de presenta-lo oportuno recurso, ademais de ser discutible que se trate dunha obra hidráulica e non a tapadeira coa que se tenta dar cobertura á pranta de papel tissue, que a día de hoxe non ten solar. Como tampouco o Grupo Empresarial Ence, S.A., ou Elnosa, teñen documentáda-las súas concesiós. ¡Unha bomba!  


            A carta dunha mariscadora. É o discurso simple dunha muller que conoce o seu oficio e que sabe das potencialidades do areal. A súa misiva “Marisco de Lourizán” contesta ás declaraciós de Buela e Seoane (e tamén ás de Niell, que aínda non se produciran). Ela di o que moitos sabemos: que a producción do areal sempre foi boa, pero que coa presencia das fábricas se perderon especies como a navalla, ostra, vieira,...Afirma a muller que o marisco extraído non pode ter denominación de orixe polos motivos sinalados, polos vertidos pesados que Ence-Elnosa foron xerando ó longo dos anos. Dolores Sartal Villar (ese é o nome da mariscadora) fala con verdades absolutas cando dí que o pilar básico da economía da zona é a praia que non quere ser conocida como “Tissues de Lourizán”, senón coa denominación  “Mariscos de Lourizán”. Pra eso fai falta o triunfo da Lei. A bullanga tra-la pancarta pode manter vivo o “Ence fóra da ría”, pero convén non esquecer que tamén Horpasa e outras empresas están no espacio a recuperar pró mar. Parece que todas sen concesión. Pero denunciar esto é xa mérito primeiro de Salvemos Pontevedra. Agardemos que outros se sumen.     

jueves, 23 de mayo de 2013

O ABANDONO DAS ALDEAS

Son máis de tres mil as aldeas galegas abandonadas ou con poboación nalgún caso representada por un ou dous habitantes. E pensar que algunha delas foi unha verdadeira unidade de subsistencia e sustentabilidade.....Botando man do enceto dun poema de Curros poderiamos decir: "Da aldea lonxana fumegan as tellas,/ detrás dos petoutos vai póndose o sol.../ Retornan prós eidos coa noite as ovellas/ tiscando das veigas o céspede mol..... (ou así...). Se houbera ovellas habería tamén homes....

Pontevedra, 23.05.2013
Entrada n. 1666 do blog
Artículo semanal, publicado no D. de Pontevedra do luns 20.05


O abandono das aldeas,
por Xesús López Fernández

            Hoxe hai en Galicia máis de 1400 aldeas abandonadas e outras 2000 ó borde da desaparición. Algunhas están no mercado inmobiliario como verdadeiras gangas. E aparecen compradores de diversos países: ingleses, noruegos, incluso rusos. Mesmo a jet-set está interesada en lle toma-lo pulso á natureza, en se meter na paisaxe e formar parte dela. E tamén hai xentes que, a consecuencia da crisis e por estaren na gran nómina do paro, inician un certo retorno ó rural. Aínda hai pouco que comentabamos esa tendencia do retorno ó terruño dos golsados da economía industrial e de servicios, dispostos a comezare unha nova andaina, a ensaiar na economía verde, sen sabere que xa no Cumio de Río Janeiro 1992 se aconsellaba a reconciliación antre ecoloxía i economía, a posta en marcha dunha verdadeira economía ecolóxica porque a nosa civilización estaba a punto de colapsar, de reventar. ¿Pero con qué medios se pode reverti-la situación nunha terra como a nosa, hai tempo derrotada?

            Moitos orates da política non souberon senta-las bases pra esa sustentabilidade da que tanto falan, a sustentabilidade que estaba encereñada, maridada coa economía agrogandeira e coa pesca e marisqueo. E a ver qué fan agora pra repararen tanto mal derivado das súas políticas. Porque a volta ó rural tense convertido nunha opción obrigada, pode que incluso barata prás familias aganadas polo paro, a crisis e o coste de vivir nunha gran cidade, ou non tan grande, ónde os fluxos dinámicos foron morrendo, matando así os viveiros de traballo. ¿Pódese decir que tamén as cidades están a completaren un ciclo, fracasadas xa como marco de riqueza e convivencia? Pero aínda outando polo retorno ó rural, ¿quén vai ser capaz de reconvertire as vellas aldeas, hoxe apagadas, en unidades de producción? Que haxa xentes que practican con éxito a agricultura ecolóxica e colocan os seus productos nun mercado próximo; que haxa tamén xentes que tornen ó pastoreo, non indica que esas aldeas abandonadas volvan a se enchere de vida, perdidos en moitos casos ata os nomes dos lugares, das fincas e desnaturalizada a vexetación clímax.

            Esto queda dito porque aínda hai xente que mantén o discurso dunha reforestación estúpida,  causa talvez da morte de non poucas aldeas. E, curiosamente, na gran bolsa do mercado inmobiliario están, ademáis de pequenas aldeas, pazos e casas rurales, fracasado ás veces o ensaio de cambio de economía dalgunhas familias. E se temos en conta que en 2052 aldeas sobreviven un ou dous habitantes atopámonos nunha situación verdadeiramente dramática: 3460 pobos abandonados ou a punto de morrer, cifra moi importente aínda tendo en conta que en Galicia están radicados o 60 por cen dos núcleos de poboación do país.  Xa na época de Fraga pensárase na posible venta de núcleos abandonados, sen resultado, pero parece que agora, con internet e as axencias inmobiliarias como mediadoras, estáse a concretare un negocio certo. De tódo-los xeitos, se non se fixa poboación nas vellas aldeas, xentes que lle tomen o pulso á labranza, imos seguir en caída libre. Pero esperamos que o retorno xa dou comezo. Aínda que a nova savia fale outras linguas.

            Os espíritos de Clutamo e Lovesio que F. L. Cuevillas describe en “Noite na Citania” han seguir agochados no seu monte, o monte das casarellas que decían xentes xa mortas, pero seguro que axexantes a si se produce a chegada de novas vidas; se de novo bate nos seus oídos o aturuxo, o berro de loita que marque nesta  alborada nacente a revitalización da aldea. Eles han saber de sustentabilidade, polo menos da practicada nos eidos por eles conocidos; poden mesmo presentir que, convertída-las cidades en trampas, as novas xeneraciós se aferren ás aldeas como táboa de salvación, de reencontro coa terra nutricia, de diálogo coa natureza. Clutamo e Lovesio han poder notariare este momento. Se fose posible o diálogo, poderían incluso mostra-lo nome das cousas, dos lugares, leiras, muíños, regatos…

miércoles, 15 de mayo de 2013

O DELEGADO DO GOBERNO FALA DE ENCE

Poden algús creeren que Ence, así, é como unha especie de gran discoteca ou máis ben un gran lupanar no que se maridan os clústers e os políticos traidores á nosa terra.

Pontevedra, 15.05.2013
Entrada n. 1665 do blog
Artículo inserido na web de Pontevedra Viva.


O Delegado do Goberno fala de Ence,
por Xesús López Fernández

            E non ve ó Goberno  dando prórroga a Ence sen un informe positivo da Xunta. Tamén o alcalde fala do tema e dí que os beneficios da pasteira acaban nos petos dos accionistas. O delegado entrou na polémica porque, según parece, algús políticos entenden que a nova Lei de Costas pode implicar unha prórroga á permanencia da pasteira en Lourizán. El non-o entende así, que o Estado poida outorgare o permiso prá permanencia sen un informe positivo da Xunta de Galicia, que debería emitir un informe ambiental “determinante” (se inda está moralmente capacitada pra facelo)  ó ministerio de Medio Ambiente antes de que este responda á petición, á solicitude que vai presentare Ence pra delongare a súa permanencia nas marismas de Lourizán máis alá do 2018. Dí ademáis que a Lei concibe prórrogas se unha comunicade autónoma “avala que unha empresa non contamina”.  

            Parece bo que o delegado se pronuncie no sentido de que a Lei non se fai pra Ence; que pensar eso sería unha parvaxolada. Por outra banda, Fernández Lores rexeita calquer tipo de negociación que poida mante-la Xunta con Ence cara a permanencia da pasteira en Lourizán. E incluso dí que os veciños de Pontevedra queremos outra cousa: recupera-la ría, ¿el tamén?,  pra outros usos e que cando Arregui mercou Ence sabía que tiña data de caducidade no 2018, data  cuestionada dend´a sentencia da Audiencia Nacional de data Maio 2011 pola que ordeaba ó Estado incoa-lo proceso de cancelación da concesión. O alcalde tamén di que non entende que ó amparo da crisis se poidan eliminare postos de traballo, pero non os de Ence. ¡Pero se coa rexeneración da ría, no que non pensa Lores, xeraríanse máis postos de traballo!

            ¿E non podería ter feito algo máis en relación coa ocupación das marismas de Lourizán? ¡Non será porque Salvemos Pontevedra non-o teña avisado, como o señor alcalde ha poder lembrare se busca o escrito presentado por esa asociación, por rexistro, o 14.01.2004, coa suscripción do mesmo por Vaipolorrío, Estriceres e mái-la Federación Castelao!. A Lores daquela gústáralle o escrito, unha ponencia que Salvemos Pontevedra quería presentare á consideración do pleno, unha folla de ruta prá recuperación das marismas de Lourizán. O alcalde respondía cunha especie de “carta de amor” ó coincidi-lo escrito, decía el, coa súa filosofía, pero que habería que modifica-la carta coa que se presentou, algo que se fixo con vistas á presentación da ponencia nun pleno posterior, coido que no de Xuño do 2004. Días despois chegaría unha carta antedatada de inadmisión, sinada por G. Vázquez.

            Se a Xunta non entrou nunca no fondo da condena xudicial a Ence por delito ecolóxico continuado, un motivo prá cancelación da concesión, outras circunstancias téñense dado igualmente prá posta en marcha da recuperación do terreo demanial, prá conversión do mesmo, ¿por qué non?, na praia de Pontevedra. Holcim carecía de concesión e de licencia municipal, pero Lores non se moveu; ¿e non será tamén causa da perda de concesión da celulosa a instalación da edar en terreo non segregado ou a circunstancia de que hoxe é a fábrica de Lourizán case máis productora de enerxía que de pasta? En fin, o problema da permanencia da fábrica de celulosa, do Grupo Empresarial Ence, S.A., é difícil resolvelo por medio dun informe da Xunta, presunta conculcadora da Lei de Costas 22/1988. Convén que o delegado do Goberno faga un exame fino das circunstancias que se están a dar e da presunta perda de concesión. Pontevedra i entorno levan moitos anos de sofrimento e a ría está degradada.

Pontevedra, 13.05.2013       

lunes, 13 de mayo de 2013

CÓDIGO DE BOA CONDUCTA [11.12.2004]

O traballo hoxe presentado no blog é do 11.12.2004, pero está de rabiosa actualidade cando os políticos están baixo o sarampelo das súas declaraciós de patrimonio que prós cidadáns poden non ser de recibo. ¿Pode haber algún caso Bárcenas en Galicia? É unha pergunta que moitos nos estamos a facer, precisamente estos días. Pero averigualo pode ser cousa de periodismo de investigación. ¡Ata podemos facer unha porra e ver quén acerta ou lle pon nome a algún persoaxe! Por falare aínda se fala no artículo que sigue d´algo que aquí nos fire de forma especial: a presunta conculcación en materia de Lei de Costas por máis dun político, Xunta incluída. (Chiste de Esteban, en La Razón).

Pontevedra, 13.05.2013
Entrada n. 1664 do blog
Artículo do 2204


Código de boa conducta, [11.12.2004]
Por Xesús López Fernández

            O Goberno español ven de aprobar un código de ben facer, coa intención de face-la política máis transparente e ós políticos máis próximos. Algo é algo nun momento no que a corrupción parece estar presente en moitos dos segmentos da nosa sociedade según presume o común dos cidadáns que asigna ós partidos políticos a maior cuota de corrupción según un sondeo efectuado por Transparencia Internacional, unha ONG alemáa  que ten como finalidade precisamente eso: o combate da descomposión moral visible, tanto a nivel global como no entorno máis próximo. Según a citada ONG, despois dos partidos veñen os medios de comunicación e as empresas privadas. E inda que non sei qué significativa pode ser unha mostra de cincocentos españoles a opinar sobre o tema, no Barómetro Global da Corrupción que Transparencia Internacional acaba de presentar traducido a vinte idiomas, aparecen asignados ó noso país un 3,8 á política, por dediante dos medios de comunicación (3,6),as empresas (3,5) e o poder xudicial (3,4). Aclara o informe que nalgús países é máis elevado o grado de descomposición moral dos  Parlamentos e dos  lexisladores que o dos políticos. 

          Seguramente que estos días, nos que en Buenos Aires se está a celebrar un Cumio sobre Cambio Climático (porque o Protocolo de Kyoto entra en vigor en febreiro próximo), estaranse a fixar deberes difíciles, porque xa estamos fóra de tempo e comeza a conta atrás. E parece que algús firmaran sen sabe-lo que asinaban, a qué se comprometían. “As elites políticas corruptas e os inversionistas sen moral atoen o desenvolvemento sustentable”, destacaba o índice de percepción da corrupción de Transparencia Internacional, do 28.8.2002. “As elites políticas e os seus camaradas siguen a aceptar sobornos  e, xunto con empresarios igualmente corruptos están a someteren a naciós enteiras á probeza, a atrancaren o seu crecemento. Hai altos niveles de corrupción en lugares probes do mundo, e tamén en moitos países con empresas que invirten en naciós en fase de desenvolvemento” (deslocalización pra abarataren costos con salarios de fame), declaraba Peter Eigen, presidente de TI, con motivo da presentación do índice citado. En fin, no discurso do home á hora de presenta-lo traballo insístese en que é unha enquisa de enquisas, referida a douscentos países do mundo.

            No dito traballo fíxanse unha serie de apartados, antre os que citaremos: “xestión de conocemento”, no que parece existir un campo grande prá información en internet, prá ensinanza das boas prácticas e acceso fácil a datos do ámbito da corrupción. O Sistema de Investigación e Información na Línea sobre Corrupción (CORIS), facilita ós activistas que traballen pola rexeneración, ós interesados no tema, un fácil acceso á documentación que en volume crecente debe estar a disposición das iniciativas éticas. Outro dos apartados é o de “crear conciencia e incidencia” en cuestiós como a de denuncia-lo soborno de funcionarios públicos extranxeiros en transacciós mercantís, etc. E no apartado do “monitoreo” deberase acadar unha evaluación  selectiva das tendencias da corrupción e a súa frecuencia, así como  datos de éxitos e fracasos na loita contra a mesma, como “referendos da conculcación da Lei de Costas ou mesas camillas de concertación pró seu posible abandono”. Mai-lo interese dagora está  na aprobación do borrador do código de “Buen Gobierno del Gobierno”, un paso importante se vai servir prá posta en valor dunha política certamente rexeneracionista.

 Claro que os cidadáns sospeitaremos sempre de actitudes raras, do enriquecemento fácil, da creación de patrimonios excesivos, algo imposible si se exerce a política en clave de “honradez”. Coido que todos sabemos de casos nos que as leis parecen un mero adorno ou de cómo se dilúe en ocasiós a xusticia. Sexa benvido o “código de boa conducta” do Goberno, que esperamos non acabe o seu mandato marcado como o nacionalfelipismo por escándalos disparatados. Dedicación exclusiva, transparencia informativa, austeridade no uso do poder (a prohibición de recibiren agasallos que poidan condiciona-lo desempeño da función pública), supresión dos tratamentos (porque abonda, naturalmente, con decir señor/señora), promoción do entorno cultural, protección e respeto á igualdade de xénero. Por outra banda, o xefe do Goberno e os seus ministros terán que facer público o seu patrimonio nun rexistro de carácter público, ademáis de se publicar no BOE a inscripción de actividades e dereitos de tipo patrimonial. A definición de sanciós dá un maior créto ó “código”, porque os que infrinxan a normativa non poderán ser nomeados de novo en dez anos pra cargo oficial equivalente. A creación dun Observatorio de Conflictos parece encastañar un algo co espírito da ONG Transparencia Internacional, nada/nacida como instrumento anti-corrupción. A ver si é verdade.  

domingo, 12 de mayo de 2013

A EDAR D´OS PRACERES, ILEGAL

As marismas de Lourizán, espacio virxinal, sen autovía, sen celulosas, sen merda, capital natural a recuperare, o máis importante banco de ameixas de Galicia, chamadas a se-la praia urbá de Pontevedra, bandeira azul. 

Pontevedra, 13.05.2013
Entrada n. 1663 do blog
Artículo semanal, Diario de Pontevedra. (Publícano mañán, 14.05.2013)

 A edar d´Os Praceres, ilegal,
por Xesús López Fernández

            O pasado Xoves, 9 de Maio, Salvemos Pontevedra convocou unha roda de prensa pra informare dunha sentencia da Audiencia Nacional, da Sala do Contencioso Administrativo, Sección Primeira, do 19.04.2013, que contén unha longa exposición sobre a denuncia presentada polo citado colectivo, dividida nos correspondentes antecedentes de feito, fundamentos de dereito, e fallo. O presidente da asociación, Francisco Díaz, entregou ós diversos medios que acodiron á convocatoria unha copia da dita sentencia; tamén copia dunha resolución do 24.01.2007, do Ministerio de Medio Ambiente, da Secretaría Xeral pró Territorio e a Biodiversidade, en cumprimento do solicitado pola Dirección Xeral de Costas en relación coa petición formulada por Ence, S.A., o 29.07.2003, de declaración de innecesariedade prá protección ou a utilización do dominio público marítimo terrestre dos terreos comprendidos nas concesiós outorgadas a esa empresa, paraxe de Lourizán, así como as restantes ata a línea de deslinde dese dominio aprobado no 1996.

              Francisco Díaz aclarou ós presentes a importancia deste segundo documento pra unha maior comprensión da sentencia do 19 de Abril. Nel figura, no punto III dos antecedentes de feito a conclusión do informe do Avogado do Estado do 25.10.2003  no sentido de  que “os terreos gañados ó mar como consecuencia directa ou indirecta de obras, e os desecados na súa ribeira son bens de dominio público marítimo terrestre legalmente insusceptibles de desafectación [….]”. E neso radica a estratexia do colectivo de recuperación do litoral: as tenzas que ocupaban Malvar, Holcim, nas que Medio Ambiente debería estar facilitando un novo protagonismo do mar liberado. No punto IV relaciónase a solicitude de S.P., o 20.01.2004, da denegación  da  innecesariedade demandada; que se teña a esta asociación como parte interesada no procedemento. No punto 3 das consideraciós xurídicas queda indicado con claridade que “tense considerado comenente elimina-la posibilidade de adquiri-la propiedade dos terreos gañados ó mar” [….] e non sóo manter neste dominio público os espacios naturales do medio, senón tamén ver de integrare outros terreos ó dominio público marítimo terrestre pra así amplia-la estreita franxa costeira con carácter de demanio.

            Regresando á sentencia do 19 de Abril que vai sobre da edar d´Os Praceres asentada en dominio público i en terreo concesional non segregado, quede indicado, en breve,  que “tanto o emisario como a edar atópanse nunha situación administrativa irregular, xa que non contan coas preceptivas concesiós do Dominio Público Marítimo-Terrestre”, según informe da Xefa do Servicio Provincial de Costas. Que, polo tanto, podemos reputar de ilegal o convenio de Ence coa Consellería Territorial de Obras Públicas da Xunta de Galicia prá realización, mantenemento i execución de obras de saneamento da marxe esquerda da ría de Pontevedra, coa fin de construiren unha Estación Depuradora (EDAR) e un emisario submariño, obras rematadas en Xuño do 1993, por careceren de capacidade normativa en contra da prohibición do artículo 44.6 da L. de Costas; obras entregadas pola Xunta ó Concello en outono do 1994.

            A sentencia entra tamén no fallo da dictada o 19.05.2011, pola que se ordeaba incoa-lo expediente de cancelación da concesión de Ence e o conseguinte rescate e recuperación dos terreos pola Administración; tamén o cese de cantas actividades se manteñan no terreo concesional sen título habilitante. Tamén se condena á Administración demandada (o ministerio) á adoución das medidas legalmente contempladas prá paralización das actividades e suspensión de uso das instalaciós. (Esta sentencia foi recurrida en casación, pendente de fallo). É de citar tamén a resolución  do 19.10.2010 da D. X. da Sustentabilidade da Costa e do Mar pola que se conminaba ó Concello de Pontevedra á retirada da EDAR do terreo demanial, única forma de legalizala, pró que se lle outorgaba un prazo de menos de cinco anos.  Van  alá dous e medio e no Concello, qué listos, os “ecoloxistas” estiveron caladiños.

addenda: Enlace do Faro de Vigo, 10.05.2013. Declaraciós de Tino Fernández que ve na Xusticia a posible fin de Ence. Coido se trata dunhas declaraciós cinceladas nas que, ademáis, queda explicada a estretexia de Salvemos Pontevedra prá recuperación do dominio público marítimo terrestre. 

Enlace de El País, 10.05.2013: La Audiencia Nacional ha vuelto a condenar a la Administración a que incoe el procedimiento de cancelación de la concesión de Ence, S.A. (La actual Grupo Empresarial Ence, S.A., carece de concesión)
Dend´o ano 1963 machacando a saúde  dos pontevedreses. Xa o comentara o goberno franquista no 1973, ó decir que Ence-Elnosa non deberían permanecer en Lourizán; que da súa presencia soamente se derivarían problemas prá saúde e convivencia humáas.


sábado, 11 de mayo de 2013

Ó SEÑOR ARIAS CAÑETE

Esto é o que hai que recuperar pró mar, señor Arias Cañete, eliminare incluso a avenida a Marín, que está asentada no mar. Os políticos todos estiveron a mirar de perfil, inicuamente, antes de se preocupar de afondar no sentido a Lei de Costas 22/1988, posiblemente a mellor lei medioambiental de Europa. Os colectivos cidadáns podemos confiar na Xusticia, pero desagrádanos ver cómo dend´a Política queda envilecida e as súas sentencias non se cumpren por anos. Confiemos en que o sistema teña aínda capacidade de rexeneración, pero en principio e polo que levan dito da nova Lei de Costas os políticos que sacan a lingua a pastar, hai un certo temor de que a mesma poida representar aínda unha maior descomposición e corrupción política. A ver si antre todos mellorámo-lo país e as cousas todas.

Pontevedra, 12.05.2013
Entrada n.1662 do blog
Artículo remitido a Pontevedra Viva. 

 Ó SEÑOR ARIAS CAÑETE,
por Xesús López Fernández

            Aínda non conseguín leé-lo novo texto da Lei de Costas, como se aínda non fose presentada en sociedade. E sorpréndenme as declaraciós de moitas xentes dos diversos partidos, como se a mesma estivese feita dende a senrazón, a incuria de tentar consolidare o que por definición do que é dominio público marítimo terrestre non pode ser consolidado. Dí vostede que a nova lei vai outorgare unha maior seguridade xurídica que a lei  22/1988, que algús definen como unha magnífica lei, posiblemente a mellor das europeas en materia medioambiental. Pero, ¿qué ten pasado, señor ministro?. Pois o que ten pasado é que moita da xente que está a pastare na política non quixo demanda-lo comprimento desa lei, do que sabemos moito en Pontevedra, onde tiñamos unha ría case-entrópica, espacio sensible, que desta volta está hipercontaminada como consecuencia das actuaciós políticas, das presuntas tramas existentes.

               Digamos que, por desgracia, sómo-los cidadáns os que estamos máis preocupados pola observancia das leis que os propios mandiños locales dos diversos partidos, que mesmo pensan que poden deseñar novos litorales, cambia-la dinámica das mareas, deseca-lo espacio intermareal do fondo da ría no que radicaban as verdadeiras depuradoras biolóxicas da mesma. E así foron desaparecendo as ostras, as sardiñas, e malviven as últimas ameixas. A cuestión da edar é unha pura ilegalidade e, asentada en terreo concesional da vella Ence, S.A., non segregado, que a nova Ence, a chamada Grupo Empresarial Ence, S.A., carece presuntamente de concesión, algo que parece foi estimado pola Audiencia Nacional, Sala do Contencioso Administrativo, Sección Primeira, en dúas ocasiós: por sentencia de Maio 2011, e agora de novo por sentencia de Abril 2013, nas que ordea ó seu ministerio que incoe o procedemento de cancelación da concesión da vella Ence, S.A. E recurrida a primeira das sentencias en casación, non se entende que ese recurso permaneza sen resolverse a día d´hoxe.

               Na última das sentencias, na exposición que se fai nos fundamentos de dereito infórmase que tanto “a edar como o emisario submariño encóntranse nunha situación administrativa irregular, xa que non contan coas preceptivas concesiós do Dominio Público Marítimo Terrestre”, según informaba xa o 10.11.2005 a Xefa do Servicio Provincial de Costas de Pontevedra, que ven avalar ademáis a doutrina que recolle o artículo 44.6 da vella Lei de Costas, que prohibe a construcción de estaciós de augas residuales na ribeira do mar, así como o tendido de colectores paralelos, instalaciós que terían de ir por riba da franxa de protección. Pero o caso pontevedrés é aberrante, unha vergonza, porque a edar, como a fábrica de pasta e outras instalaciós, como a autovía a Marín na que o ministerio de Fomento acaba de ter unha actuación irracional con presunta intención de consolidare o que xa está sentenciado como ilegal polo TS, como o propio ferrocarril están no mar.

            O Concello de Pontevedra tivo xa tempo de levantare a edar, a requerimento da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar (que reconoce que a edar e os colectores carecen de título concesional) e de situala fóra do terreo demanial, pró que lle foi outorgado un prazo de menos de cinco anos. Esto así dito, señor Arias Cañete, e pra que vexa que a presunta prevaricación ven ser norma nalgunhas Administraciós. Lembremos se acaso que o terreo demanial é dos cidadáns e que o Estado debe se-lo velador da súa conservación. En Salvemos Pontevedra agardámo-la edición do texto da lei no Boe pra actuar en consecuencia e acodir, si é preciso, á UE.
           
               Un saúdo,

            Xesús López Fernández
            Pontevedra, 10.05.2013

miércoles, 8 de mayo de 2013

A FALSA ENQUISA DE ENCE

 Esta é a gran chousa que nas marismas de Lourizán ocupa o complexo letal clorocelulósico. A pasteira, a día d´hoxe, presuntamente carece de concesión. Pero os políticos están a xogaren un xogo siniestro todos eles: uns queren seguir mantendo a carga de contaminación, a perda do lucro cesante da ría, a ocupación do dominio público marítimo terrestre. E ata Louzán acaba de asinar un acordo de colaboración co señor Arregui, o novo home forte de Ence, que anuncia un plan de futuro, unha falacia, pra integrare Ence na paisaxe, cando esa paisaxe está a sofrire un desgarro que non podemos consentir. 
Este é un novo dibuxo fractal, xa presente no blog. A parte de riba representaría o vello Lourizán, a praia de Pontevedra; a parte inferior a contaminación da factoría fundamentalmente, á que tamén se suman os vertidos urbáns. Sen datos actuales, téñase presente que a factoría chegou consumir catro veces o caudal do río Lérez que a cidade. E gratis total. Vergonza, corrupción política.

Pontevedra, 8.05.2013
Entrada n. 1661 do blog


A FALSA ENQUISA DE ENCE,
por Xesús López Fernández 

Hai dous días estaba descansando, pola tardiña, cando sonou o teléfono. Unha dama, señora ou señorita portavoz dalgunha empresa demoscópica interesándose pola preocupación dos cidadáns polo medio ambiente. Segmento de edade, algo que aclarei ó momento. Máis de oitenta anos. ¿Principal problema ambiental? Os políticos. ¿Por qué? Porque si eles compriran cos seus deberes estarían resoltos os problemas de contaminación da cidade, da ría, e non teriamos sido nalgún momento, un área de saúde deprimida, con catro veces máis enfermedades do tracto respiratorio que a área de Vigo que ten catro veces máis poboación. E cun colectivo de paralíticos cerebrales. E con información facilitada ós franceses sobre a comenencia de non consumire mexilós da ría de Pontevedra, algo que habería que acreditar nas ventas, por medio de certificado do Instituto Español de Oceanografía, no sentido de que o mexilón non era da ría de Pontevedra nen dos sectores de Meloxo e O Grove na ría d´Arousa. No discurso entrou o tema do mercurio, das dioxinas, dos bifenilos policlorados, do endrín, etc., algo que á dama non lle interesou.

Pero as perguntas íanse centrando en torno ó caso Ence, que si eu non creía que Ence beneficiaba a Pontevedra, en absoluto; a Galicia, en absoluto, convertida en gran eucaliptal forxador de incendios e de cerre de aldeas. Se ó mellor ata se pode considerar como emprego inducido o realizado polos incendiarios porque, según informe confidencial dun enxeñeiro de Montes anexo a un inventario forestal dos anos setenta, algo sabido pola Xunta, tres son as formas de expandi-lo eucaliptal: por sementes, por medio de planteles, polo lume, que incluso se teñen contado  22000 renovos de cepa por hectárea queimada.

¿Pero non cree, perguntaba a señorita ou señora, que coas medidas adoutadas por Ence a situación ten mellorado e que a nova Lei de Costas, ó reducire a distancia de protección de cen a vinte metros, a fábrica podería permanecere onde está? Non, porque está asentada no mar, como estaban Malvar, Holcim, o propio ferrocarril, a depuradora presuntamente ilegal e a avenida de Marín... Todo está asentado no mar, en terreo demanial ou dominio público marítimo terrestre. E hai que recupera-lo litoral ou a ría toda está perdida, sobre todo primando a corrupción de actuaciós como a de Ana Pastor sobre a autovía pra favorecere á Autoridade Portuaria que preside o seu home, que tenta evita-lo comprimento das sentencias dictadas. Aínda lle dei unha idea prá salvación da pasteira: montar unha nova fábrica no interior, sen vertido, por medio de circuíto cerrado e que coesa técnica xa existe en Alemania unha fábrica de papel que depura os vertidos que retoma, e repón soamente a auga perdida por evaporación.     

A dama tenta poñere na miña boca certas respostas e non quería oir da gran riqueza que aquí existía: sardiñas, robalizas, ameixas, ostras. Non, a ela sóo lle interesaba a defensa de Ence, que non ten defensa e que xa non se chama Ence, senón Grupo Empresarial Ence, _S.A., perdida a concesión na época de José Luís Méndez, cando primou a corrupción nas súas relaciós con Fraga: a donación de Monte Gaiás a cambio das marismas de Lourizán, algo que Fraga tentou, demencialmente, por medio do decreto de supramunicipalización pra, dese xeito, montar aí Tisú de Lourizán, en terreo da vella concesión de Ence non segregado. Por certo, coese decreto puido termina-la Xunta de Touriño e Quintana. Pero non-o fixeron porque estaban no mesmo barco da corrupción que os outros. Aínda lle lembrei o decreto de Cristina Narbona definindo as marismas de Lourizán como dominio público marítimo terrestre e, como tal, inalienable, inembargable, impresciptible e insusceptible de desafectación. 

En fin, o que comezara como enquisa resultaba ser unha entrevista de Ence, que confío terán grabado. Como confío en que a sentencia do TS, de Xuño do 2011, ordeando incoa-lo expediente de caducidade da concesión da vella Ence, se resolva dunha puñetera vez. A dama díxome que, certas cousas, non-as ía ter en conta. I, en fin, ésto é un corto resume das miñas declaraciós a unha presunta entrevistadora de Ence. Mellor dito, do Grupo Empresarial Ence, S.A., sen concesión. 

Addenda: Faro de Vigo do 11.05.2013 publica unhas declaraciós de Tino Fernández, correctas, en relación coa declaración como ilegal da edar d´Os Praceres e a estratexia levada a cabo por Salvemos Pontevedra pra abatir ó xigante pasteiro apoiado pola presunta corrupción política. 

domingo, 5 de mayo de 2013

A HORA DA VERDADE

Esperanza Aguirre falou esta pasada semáa pra lle recorda-los deberes a Rajoy. Aínda que a foto é do 2012, pode valer pra estimar un discurso máis fácil en Aguirre; a falta de discurso en Rajoy.  
E así chegamos, pola inacción gubernamental de catorce meses, á situación de paro alarmante que denuncia Esteban, en La Razón: Postos os parados todos en cola chegarían a Moscú, coas consecuencias gripales que eso conlevaría.

Pontevedra, 6.05.2013
Entrada n. 1660 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra


A hora da verdade,
por Xesús López Fernández

            As cifras da última EPA conocida son escalofriantes: o paro está xa en 6.202.700, cifra dos que buscan traballo e non-o atopan, algús deles parados de longa duración. Eso representa un 27 por cen da poboación laboral, o porcentaxe máis alto de Europa, que na poboación xuvenil aínda se dispara ata o 57 por cen. Unha lexislatura perdida na creación de emprego, ademáis das de ZP. ¿Pero realmente pode resisti-lo país esta situación e qué causas foron as desencadeantes do que parece a fin dun ciclo siniestro no que xa case non queda país? A alternancia política non sirveu pra inverti-la escalada que a partir do terceiro trimestre do 2005 (un 8,42% de paro) comezaría unha aceleración insultante, con raras pausas. I éso que Rajoy parecía ter un programa certo, en principio centrado na baixada de impostos que acabaría por sobir, por penalizarnos fiscalmente. Dolorosamente, sí.

            O seu discurso ía tamén sobre economía, pero máis referido  ó sector das finanzas que á creación de riqueza i emprego. Total que no que leva de mandato cerraron unhas 600000 empresas.  Unha debacle denunciada por voces críticas do seu propio partido, como Vidal Quadras ou Esperanza Aguirre. O eurodiputado non se traba cando afirma que “os políticos españoles que tivemos responsabilidades públicas ó longo do último cuarto de século sabemos ata qué punto os partidos son estructuras burocratizadas, opacas e oligárquicas, nas que pequenas cúpulas que se reproducen a sí mesmas controlan férreamente a organización impedindo o debate e a libre competencia antre opciós”. Despois de definir esa situación endogámica critica o sistema de “sucesión”, moi lonxe ó seu xuicio da libre decisión das bases: “Temos chegado á aberración de tragare co feito de que os líderes de determinadas formaciós decidiran ó se retiraren da primeira fila designar sen disimulo ó seu sucesor, furtando así ás bases o seu dereito inalienable a designare o seu cabeza de filas”.  Pero o estaribel, afirma o home, “veuse abaixo afogado pola corrupción, a incompetencia, o deterioro institucional e o aumento do tamaño e complexidade do Estado, entendido como axencia de colocación de leales, familiares e correlixionarios”.

            O eurodiputado clama pola reconversión interna dos partidos  pra que sexan auténticamente democráticos, pero os encargados de levare estas iniciativas lexislativas adiante [lei de partidos e lei da súa financiación] son os grandes beneficiarios da triste situación presente, polo que o seu interese en modificala é moi escaso, algo que sí se pode decir máis alto, pero non máis claro. E así van as cousas, con negros horizontes despois de catorce meses de inacción gubernativa, ou de falta de ideas, ata o punto de que tamén Esperanza Aguirre veuse obrigada a decir unhas palabras no sentido de que o PP sí ten un programa pra saíre da situación: o que levaba na campaña electoral, o que o Goberno foi esquecendo conforme arrancaba a lexislatura, ata chegare ó paro maior da UE.

            I Europa está preocupada pola situación de España: un paro que xa parece endémico; un Estado hipertrofiado; partidos desideoloxizados queren xustificaren a permanencia dese Estado, tamén ineficiente, en perxuicio da sociedade. Como se fosen meros recaudadores, despois das brutales e confiscatorias sobidas de impostos, Rubalcaba aínda fai unha nova proposta fiscal “pra que paguen os ricos”. Ese ven se-lo seu último discurso, que xa non vende. Pero as ideas claras parecen estar, como en Vidal-Quadras, en Aguirre, que pide unha reforma radical e sen precedentes, censura a política impositiva de Rajoy e pide centrarse nos gastos; pide políticas de apoio a empresas e familias, aburadas na actual situación; os cartos deben estare nas mans da cidadanía antes que nas dos políticos; e avoga por que os gobernos reduzan o aparato e intervención ó mínimo. Sentido común o de Vidal-Quadras i Esperanza Aguirre, pero a hora da verdade pode chegar tarde pra moitos dos parados, xa que a remontada  cara unha situación de bonanza require cambios no Goberno. Está claro.