viernes, 30 de agosto de 2013

O FISCAL ENTRA NO TEMA DOS RECHEOS DE XIBRALTAR

Alegrémo-lo post con estas viñetas. E ten razón Caín, en La Razón, coa definición que fai dos políticos que sobreviven ós seus logros. É decir. ós seus fracasos ou mala sementeira. Corrupción, en suma, estimable tamén na cuestión de Xibraltar.   

Esteban, en La Razón, con outro chiste maxistral, aínda que pensado pró holocausto que están a programaren pra Siria, pero que tamén vale pró caso de Xibraltar. ¡Vaia que se están no telediario! Pero vanse conocendo as miserias da súa gobernanza. 
Bonita fotomontaxe. Xibraltar, descolonizado gracias á Lexión. Restaurada a marca España.

Pontevedra, 30.08.2013
Entrada n. 1704 do blog
Traballo xa inserido en Pontevedra Viva o 20.08.2013

O FISCAL ENTRA NO TEMA DOS RECHEOS DE XIBRALTAR,
por Xesús López Fernández

domingo, 25 de agosto de 2013

XIBRALTAR, TEMA ENCANALLADO

Montoro, en La Razón. A senrazón de Xibraltar pode mesmo estar censada en Sotogrande. Non sería mala cousa depositar bloques con "agullas" na entrada dalgunhas das residencias. Digamos aquí tamén que, mentres Rajoy acababa co seu tempo de vacaciós facendo un paseo-marcha con cen dos seus polas sendas de Ponte Arnelas, cada cinco minutos dese tempo entraba en Xibraltar un camión con rocalla camuflada, pra agrandaren a superficie da colonia. Cando se goberna non hai tempo pra pasear. E lembremos o caso máis grave dos recheos da ría de Pontevedra, un recordatorio constante neste blog.

Pontevedra, 26.08.2013
Entrada n. 1703
Artículo semanal, no Diario de Pontevedra 


Xibraltar, tema encanallado,
por Xesús López Fernández

            Dende que o señor Picardo, que ven sendo o alcalde e non outra cousa da colonia de Xibraltar, tivo a idea de depositar setenta bloques de formigón, con agullas, nas augas da bahía de Alxeciras, o home consigueu diversas cousas, fundamentalmente compromete-la economía das xentes que viven da pesca, profesión esforzada,  naquelas augas sobre as que Xibraltar non ten xurisdicción. Pero a colonia inglesa vive depredadoramente a costa de España, como se o noso país fose realmente a colonia. Resultado, que os residentes na Rocha son, no gran mundo, os terceiros individuos en renta per cápita, anque moitos deles vivan en Sotogrande, onde teño visto amarrados moitísimos iates, todos con folio xibraltareño.  ¿Qué significa éso? Ademáis da deslocalización fiscal que eso poida conlevar, pode que sexa tamén nese enclave de luxo onde disfruten dos peixes e moluscos que os pescadores obteñen na bahía alxecireña.

            Contra a recomendación da ONU Xibraltar sigue sendo colonia e non se aduviña o momento no que España poida recupera-la soberanía daquela praza prá que o señor Picardo parece ter un plan de crecemento, expansionista cara o Levante. Daí os recheos que, con area do sistema dunar tarifeño, e con rocalla, estea a ocupar, polo este, un mar que non lle pertence. ¿Pero pra ónde estaba mirando o Goberno español? Interquinencias prás xentes, inspecciós, na fronteira coa colonia inglesa. ¿Pero cómo se explica que cada cinco minutos estivera entrando un camión de gran porte pra acrecenta-los recheos, alonga-los espigós nos que están a delimitare o que xa lle chaman “Eastern Bay” ou “Catalan Bay”, tamén “Sandy Bay”, espacio de gran valor ecolóxico? 

            Dentro das vergonzas que van aflorando, como que a denuncia do tránsito de area e pedras dend´o concello de Tarifa foi obra dunha agrupación ecoloxista, Verdemar-Ecoloxistas en Acción, asunto no que vai entrare o Fiscal Xeral do Estado; que un ministro do actual Goberno está presente no accionariado dunha das empresas de “bunkering”, das gasolineiras flotantes, un peligro, que surten ós barcos en ruta; que o Goberno non interrumpeu o tránsito de area e pedras ata o 24.08; antr´esas vergonzas, digo, sí hai reacciós positivas por parte da sociedade española: a movilización da flota alxecireña; a actuación de dous buceadores profesionales, Álvaro Cuadras e Vicente Javier Jiménez, que se solagaron acompañados dun equipo de televisión pra fotografiaren e filma-los famosos bloques, onde deixaron unha bandeira española, símbolo da súa “conquista”. Chamoume a atención ver cómo un deles afundía a man na area do fondo e sacaba nela, pareceume, abundancia de coquinas e ameixas, seguramente as que máis tarde degustan os ricos de Sotogrande/Xibraltar.

            Hai unha certa preocupación antr´os mariñeiros alxecireños, mermada a súa pesca nun 70%. Pero non están sóos. Os mariñeiros d´A Coruña xa contactaron coeles e brindáronlle a posibilidade de presentárense no mar de Alxeciras con 400 barcos. Ése é o tipo de reacción que se está a producire contra as actuaciós piratas de Xibraltar. Unha reacción da marca España que reside nos cidadáns antes que no propio Goberno ó que lle levan colado non poucos goles dende que Moratinos, o que fora ministro “excelso” de Exteriores con ZP, se fotografiou en Xibraltar. Un dos “éxitos” da súa diplomacia foi o de establecer unha mesa a tres –España, Gran Bretaña e Xibraltar— pra tratare os asuntos da colonia. Unha vergonza, algo que debe ser tratado exclusivamente antre os dous países soberáns. E a soberanía española, cando Xibraltar xa non ten valor como base, é algo que España debe reclamar insistentemente, ó mellor intermediada por don Juan Carlos coa súa parente a reina de Inglaterra. Picardo debe retira-los bloques e os recheos. E o Goberno español actuar e que se vexa, que neste como noutros asuntos parece leva tempo ausente.   

viernes, 23 de agosto de 2013

DAS PROMESAS DA CAMPAÑA [27.02.2004]

Éste é un vello chiste de Caín, en La Razón. Pode se-la foto finish de moitos políticos, nun ataque de sinceridade. Ó mellor, o do chiste pode estar xa tumbado na idea da praia de Sandy Bay, no Levante xibraltareño, onde se vai acumulando area procedente de Valdevaqueros, en Tarifa, pirateo continuo dende hai tempo. A viñeta pouco ten que ver co artículo que vou inserir, xa do 27.02.2004, ó que seguramente hoxe, polo menos na súa primeira parte, teríalle dado outro enfoque. Pero, ben pensado, a orondez do persoaxe parece a común de moitos que hoxe curran na Politica, pró mal do país.

Pontevedra, 23.08.2013
Entrada n. 1702
Publicado no Diario de Pontevedra o 27.02.2004

 Das promesas da campaña [27.02.2004],
Por Xesús López Fernández

            Entramos na fase final cara ó 14.M. Os partidos van defender todos as súas razós, a prometeren máis e máis. Máis economía uns, máis educación outros, máis España os que creen te-lo patrimonio da pureza, do patriotismo que negan ós que entenden que pode haber diversas formas de ser español, que hai realmente diversas Españas. E o discurso debería estar referido ás formas posibles de artella-la convivencia antre galegos, cataláns, vascos, casteláns, etc. Porque o discurso patrioteiro pode caer na querencia de esmagar, de alienar, de anula-la riqueza política e cultural do Estado que a propia Constitución defende. Pero xa sabemos que a Carta Magna está pró que está e que non se quer afondare en moitos dos seus puntos que a día d´hoxe permanecen como asignatura pendente. ¿Por qué non unha España federal, piden algús? ¿Por qué non, se no marco constitucional cabe potenciar máis o autogoberno das comunidades autónomas? Pero contra o discurso dos defensores da diversidade está o dos grandes partidos, coa excepción do PSOE catalán, que ten persoalidade xurídica propia como ben acaba de avisar Pasqual Maragall.  [Hai aquí algo de asignatura pendente por parte do PSOE, e do PP tamén, naturalmente]

            Na arrancada do último tramo siguen os protagonismos de Carod-Rovira e de ETA. Un dos feitos que marcaron o “chupinazo” foi precisamente a manifestación contra a organización vasca convocada en Barcelona. Cinco mil asistentes. O PP, o gran ausente. Ó final, todos queren te-la razón, uns por estaren alí; outros precisamente polo contrario, por non se tratar dunha manifestación contra os terroristas, contra os terroristas de ETA, senon pra lexitima-las negociaciós de Perpiñán. De tódo-los xeitos e aínda estando na manifestación xentes chegadas doutros puntos de España, 5.000 persoas alí agrupadas demostran que incluso na sociedade cataláa o acto non tivo moitas adhesiós anque teñan o aval de que ETA non vai matar en Cataluña, de momento. Mete-lo terrorismo na campaña pode ser unha forma de encanallala, de favorece-los grandes discursos dos que sen acertar coa economía, co urbanismo, co medio ambiente ou a política fiscal,  poden conseguir votos pola citada vía sen prometeren esas cousas que farían posible a neutralización do propio terrorismo.

            Porque cando se nos está a falar da construcción de máis e máis casas, de máis burbulla inmobiliaria, non se está a deseñar un futuro sustentable. ¿Qué importa que moitos mozos e mozas vexan xa dibuxado o seu piso se por razós da hipoteca a longo prazo, ou simplemente porque o matrimonio fracasa, ou porque se quedan sen traballo, o apartamento vai acabar volvendo ós seus verdadeiros propietarios, Bancos, Caixas, Financieiras?. No presente de caos que estamos a vivir poden os políticos falar de mellora-la educación, do pleno emprego, da salvagarda do patrimonio, de prima-lo aforro, de baixa-los impostos. Poden todos prometer e aproveita-la escasa marxe de credibilidade que lles queda nunha sociedade que vai cansa e carece da capacidade da resposta que faría falta pra constituíren plataformas cidadáas dispostas a afronta-lo reto electoral, a construíren auténticas alternativas. Porque se non existe unha clara transparencia na forma de gobernar nen tampouco unha oposición digna de tal nome, ¿a qué ven agora en campaña facer promesas que non se van comprir?. Coido que somos un gran número de cidadáns os que non vemos a través da néboa electoral un porto de refuxio, que aquí vaia funciona-la Administración,  que se vaia poñer en marcha unha política de disciplina urbanística real, pra todos; que se vaia esmera-lo coidado do medio ambiente e a sancionar sen piedade os delitos producidos;  que se vaia abolir o Imposto Sucesorio...

            Xa me teño referido a este tema, de gran importancia, porque se non se elimina; ¿pra qué vale terse feito cun certo patrimonio?.¿Pra que a Facenda Galega considere uns valores elevadísimos e os herdeiros se atopen máis indefensos que palestinos ou irakís no medio da guerra que lles colaron, con que poden mesmo non dispór de medios pra acomete-lo pago do dito imposto?. Conozo casos dramáticos e non se entende a calma do goberno cando Enrique Múgica Herzog o defineu como anticonstitucional, algo no que se insiste dende diversos foros. É este un dos temas ausentes na campaña, como tamén o da Ecoloxía, que nun país como o noso, onde o conselleiro de Medio Ambiente acaba de propoñer un pacto ambientalista, non se entende o autismo da Xunta, que parece  non sabe da distinción existente antre os distintos tipos de protección ambiental aplicables a un área natural, a unha zona protexida, a un medio sensible, onde un cisne/ciño enfermou por ter inxerido mercurio. Culpable, a Administración, por non coida-lo medio.   ¿Pero quén se vai lembrar de cousas así no seu discurso?

miércoles, 21 de agosto de 2013

SOBRE CORRUPCIÓN

Montoro, en La Razón, 21.08.2013. Bruselas vai investigar. Sí, como o "ten feito aquí", sen reparar tan siquer en que os cartos de Europa se están a gastaren mal, presuntamente falseando a súa aplicación. A corrupción está en todas partes, como Ayn Rand denunciaba xa no 1950, según se informa no pequeno artículo do enlace de Pontevedra Viva que sigue:

Entrada n. 1701
Pontevedra, 21.08.2013

SOBRE CORRUPCIÓN,
por Xesús López Fernández

http://pontevedraviva.com/opinion/617/sobre-corrupcion-xesus-lopez-fernandez-pontevedra/

domingo, 18 de agosto de 2013

A RIBEIRA SACRA, PATRIMONIO ESQUECIDO

Socalcos, fantasía do autor. En zonas do que hoxe é denominado Ribeira Sacra practícase o cultivo da vide en socalcos..... No artículo que hoxe presento, en parte reiterado ó estar tomados tres dos seus parágrafos doutro publicado no 2002, en diversos medios: Diario de Pontevedra, Xornal electrónico da USC...., (tamén figura como referente en Wikipedia). Volvo sobre o tema porque novamente se fala da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Fálase, nada máis, que moito non se leva feito polo labor que case parecía abandonado. No traballo mantense a tesis de que Ribeira sería unha forma deturpada de "reboira/reboiro", que ven de "rovoyra". É decir, estariamos a falare dunha reboira sagrada, dun carballo sagrado. Teño consultado este asunto con conocedores do tema conformes con que "ribeira", aínda que forma alterada, é realmente un fitotopónimo.

Pontevedra, 19.08.2013
Entrada n. 1700 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

A Ribeira Sacra, patrimonio esquecido,
por Xesús López Fernández

            A Ribeira Sacra como posible Patrimonio da Humanidade é un proiecto que non acaba de coller pulo, centrado fundamentalmente no estudio dos mosteiros con máis peso no conxunto de Galicia, San Estevo de Ribas do Sil, Nogueira de Ramuín, e o de Santa María de Montederramo, no concello ourensao do mesmo nome, como valor potencial no sector turístico e no desenvolvemento da bisbarra da Ribeira Sacra, nome por moitos asociado á presencia, na zona, de innumerables eremitorios e conventos. Pero hai outro criterio a considerar: que Ribeira, traducción de Rivoira según o padre Antonio Yepes que sería asumida polos historiadores posteriores (cuestionada por Vidán Torreira, que relacionaba a palabra con reboira/riboira), ten a súa raíz en Rovoyra Sacrata, según o documento fundacional que sería localizado por Torquato de Souza Soares. Según eso estariamos a falare dunha carballeira sagrada, ou dun carballo sagrado (¿o do escudo de Montederramo?). Retomo agora parte dun artículo do ano 2002, no que tocaba este tema, de novo actual:

               “José Freire Camaniel –en El Monacato Gallego en la Alta Edad Media—lémbranos a serie de tres artículos de Vidán publicados no ano 1987 en La Voz de Galicia. Di Vidán que a traducción non se axusta á evolución diacrónica da lingua galega, e da palabra “Roboria” –madeira de roble ou aciña--, documentada por Meyer Lübke, Vidán fai deriva-los galegos “riboira/reboira/reboiro”, pra concluir que Rivoira Sacrata correspondería antes a Reboira Sagrada –roble sagrado— que non á Ribeira Sacra asumida por Yepes e outros historiadores. Vidán titula o seu traballo do 10.10.1987 “El roble sagrado de la Rivoira Sacrata”, poñéndonos en sintonía coa obra de James Frazer titulada “A Ponla Dourada”. O propio nome do lugar, Monte de Ramo, faría alusión según Vidán ó “visgo” –lat. viscum, cast. muérdago--, arbusto que parasita frecuentemente no carballo. Ese roble ou carballo parasitado podería se-la personificación do sacerdote coidador do bosco.
           
        O primitivo convento estaría situado en Seoane o Vello –clara alusión a unha realidade anterior--, unha das doce parroquias de Montederramo. Téñase presente que Seoane significa Xoan/Xohán, o nome do convento fundado por mandato de Dona Tareixa de Portugal, filla de Afonso VI .  De tódo-los xeitos non hai documentación que permita pescudar máis alá do nome de Monte de Ramo como tal. Pero Vidán, que parteu na súa investigación do nome “Rivoira”, acabaría por estar máis perto da verdade do que moitos puideron supoñer, porque outro historiador, Torquato de Souza Soares, que sometería a estudio crítico o documento fundacional de Montederramo, que non cree necesario transcribir, reprodúceo en facsímil e nel léese claramente “rovoyra sacrata”. É decir, cobra novo interese a tesis de Vidán Torreira, porque a palabra auténtica está máis próxima no seu vocalismo ó “robur” –roble— latino. Según o diploma fundacional Dona Tareixa, daquela reina de Portugal –dí o documento—“dende o mar Oceano ata o río Bibei, que corre antre Trives e Valdeorras, doa a Arnaldo e ós seus compañeiros, presentes e futuros, o lugar denominado “rovoyra sacrata”, situado en Montederramo, territorio de Caldelas”, según informa José Freire.

            Xa non cabe aquí unha maior extensión sobre o tema da sacralización de carballos e carballeiras e sobre o valor engadido que viña representa-lo visgo –a ponla dourada--, que habería que cortar, en todo caso, con fouce d´ouro. Nen temos constancia de que o arbusto chegue a tomar esa color non sendo no caso de ser cortado. Depois de cortado, sí, vaise poñendo dourado. Nesas circunstancias e por medio dunha vara obtida do mesmo poderíase atopar ouro, por aquelo de que o semellante, por simpatía, busca ó semellante, do mesmo xeito que o lume solsticial que se renova polo San Xohán, especialmente o de carballo, sirve pra lle transferir ó sol a necesaria enerxía e que éste non morra, non se apague e siga sendo o gran farol do mundo. Interesante a idea de Vidán de situar en Montederramo un carballo/unha carballeira sagrada. De todas formas, aínda que a súa visión crítica sobre a traducción de “rivoyra/rovoyra” sexa correcta, a denominación de Ribeira Sacra que ó longo dos séculos fixo fortuna, parece non ter volta. Falando de conventos ou de viños.”

sábado, 17 de agosto de 2013

XIBRALTAR E A RÍA DE PONTEVEDRA

Foto do Peñón, no ano 2010. Pola zona da esquerda da foto, Xibraltar tenta "facer" unha superficie sobre augas españolas, prá creación dun complexo de luxo: turismo, ocio, amarre de barcos, etc.. O Goberno español di que Xibraltar xa está vendendo ese futuro espacio a razón de 4000 euros por metro cuadrado. ¿Pero, coño, Rajoy, que agora fala de medio ambiente, terá un conocemento real de cómo se fixeron e pra quen os recheos do Porto de Marín, sentenciados? Podemos supoñer que algún dos seus amigos debe estar moi imposto, enterado da trama aquí existente prá que agardamos que algún día se abra a vía penal. Os piratas de Xibraltar, como os de Pontevedra, non poden quedar impunes. Aínda que sexan amigos dos amigos de Rajoy.

Pontevedra, 18.08.2013
Entrada n. 1699 do blog
Artículo publicado en Pontevedra Viva, 10.08.2013

XIBRALTAR E A RÍA DE PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández


miércoles, 14 de agosto de 2013

A ASUNCIÓN DE MARÍA, ¿EN ÉFESO?

 Anna Catherine Emmerich, monxa agostiña alemá, estigmatizada coas feridas da Pasión, foi beneficiada cunha serie de visiós e revelaciós hoxe editadas en versión castelá, en cinco tomos. Sitúa a morte e Asunción de María en Éfeso, na  Turquía asiática. Certo que do esplendor do gran Éfeso, o gran centro cultural e comercial, onde se conservan os restos de dúas basílicas cristiás, pouco queda. Sí algunha pequena aldea árabe que soubo mante-la tradición da presencia de María nunha pequena casa do arrabal, nas ruínas que quedaban e denominaban como a Porta de María.. 
 O 7.10.2011, con motivo dunha peregrinación a Turquía, tra-las pegadas de San Pablo, alí acodimos. A foto recolle o momento da preparación prá santa misa.
 Outra vista da casa reconstruída mercede ó tesón de dúas monxas hospitalarias de Esmirna que, convencidas dos relatos da monxa alemá, demandaran do arzobispo unha investigación que o home encomendaría a dous sacerdotes que, despois de investigare a fondo deron coas ruínas da casa hoxe reconstruída e convertida en pequeno templo. As xentes do lugar lembraban, ademáis, que os seus ancestros tiñan por costume reunirse alí o 15.08 prá celebración da Asunción de María.  
 Según Anna Catherine Emmerich, a casa de María tería pola parte traseira un vía crucis de doce estaciós, a última reservada pró seu enterramento. Mentres María viveu na casa con san Xohán, alí acodirían os apóstolos, especialmente cando se achegou a fin. Faltou Tomás, afaenado como estaba coa evanxelización por terras de Asia.  
 O padre Paco Castro, franciscán que foi o noso guía en diversas peregrinaciós, nun momento da misa oficiada ese 7.10.2011. 
 Outro enfoque da casa da Virxe.  
O muro das peticiós, peticiós que formulan tamén as mulleres musulmás, según parece con gran devoción a María.

Pontevedra,15.08.2013
Entrada n. 1698 do blog


A ASUNCIÓN DE MARÍA, ¿EN ÉFESO?
por Xesús López Fernández

En Xerusalén existe unha basílica da Dormición de María, que se di que morreu docemente, como quedándose dormida. Pero Anna Catherine Emmerich di que a dormición de María produceuse en Éfeso; que soterrada nun simple ataúde, xa na noite produceuse un gran resplandor.... e alí achegádo-los presentes comprobaron que María xa non estaba. Éfeso, según Leonardo Castellani, enciclopedista arxentino, xesuíta como o papa Francisco, Éfeso, repito, dí que significa "ímpetu" e que define a primeira edade da Igrexa apostólica, a que vai ata Nerón. Dito moi en breve.

Como di o padre Marko I.Rupnik, SJ, en María tense realizado o primeiro éxodo da creación cara ó Creador.

En xaneiro do 2012 fixen outro traballo máis documentado sobre o mesmo tema, do que vai enlace a seguido: 
A casa da Virxe, en Éfeso.

lunes, 12 de agosto de 2013

RAJOY BREY & SUÁREZ COSTA

Rajoy comeza o seu tempo de solaz. Esta foto e algunhas variantes da escea apareceron en diversos medios. Arranca a acampada do Salnés. Callos, chocos, calamares na súa tinta. Pero o 11.08, suponse que á par que facía sendeirismo con José Benito Suárez Costa, o presidente da Autoridade Portuaria de Marín (ademáis de home de Ana Pastor), coa música de fondo dos acontecementos de Xibraltar, terá falado de ecoloxismo, sobre o que non se pintan ben as cousas.

Pontevedra, 13.08.2013
Entrada n. 1697 do blog


RAJOY BREY & SUÁREZ COSTA,
por Xesús López Fernández

Aínda tendo afirmado o presidente do Goberno que a actuación do goberno da colonia británica é claramente antiambientalista, de certo que sabe Rajoy que non-o é tanto como a dos recheos que se levan feito no porto de Marín ou nas marismas de Lourizán. E como presidente do Goberno non  pode ter un Evanxelio ecoloxista prá bahía de Alxeciras mentres na ría de Pontevedra  consinte unha actuación aínda máis brutal e da que ten habido non poucos e conocidos responsables e beneficiarios. E desta volta é o marido da ministra de Fomento o gran celador daquel solar ilegal, 300000 metros cuadrados roubados ó mar, recheos que se deben retirare según sentencia firme do TS, da que parecen estar a se burlaren este José Benito e a propia Ana Pastor.

É certo que Rajoy e José Benito Suárez Costa levan semblante serio. E aínda que vaian vestidos de uniforme prá foto, algo terán falado do gran problema da ría de Pontevedra, das traiciós consentidas e do que non se pode eludir por máis tempo; que ademáis non ten comparanza co acontecido en Xibraltar. Se en relación coa situación alí creada Rajoy case se abre as veas, ¿qué non terá que facer en relación coa burla permanente que aquí se leva feito da Lei de Costas do 1988? ¡Se ata parece que pra xustificaren o  mal feito foi dictada a nova i estúpida Lei de Arias Cañete, pra desnaturaliza-la vella lei, cando non pra seguire consentindo actuaciós contaminantes e invasoras, ou roturar novos solares pró ladrillismo! En definitiva, pra lle dare visos de legalidade á sistemática e criminal traición promovida, nesta ría, polas autoridades. 

En fin. Se Rajoy non vai restablece-lo Estado de dereito en Pontevedra vai ser preferible que non faga promesas de nengún tipo de ecoloxismo, que ó mellor aínda perde o favor dos clústers que presuntamente financian as campañas electorales.  Vergonza de país.  

http://xesuslopez.blogspot.com.es/2012/07/milonga-litoral.html

domingo, 11 de agosto de 2013

RAJOY FALA DE MEDIO AMBIENTE

 Peñón de Xibraltar. Foto propia, ano 2010.
 A frase lapidaria de Caín neste chiste de La Razón do 10.08 está asumida no texto do artículo presentado nesta entrada. Os militantes accionistas poden mesmo explicar moitos dos disparates que se levan feito en materia medioambiental e o poder inxustificado dos clústers.
Outro agasallo de Caín en La Razón. Unha militante que de cada volta cree menos no seu partido e máis nas súas estructuras. 

Pontevedra, 12.08.2013
Entrada n. 1696 do blog
Artículo semanal pró Diario de Pontevedra

Rajoy fala de medio ambiente,
por Xesús López Fernández

            O asunto de Xibraltar, a decisión unilateral do goberno da colonia británica de facere unha sementeira procaz de grandes bloques de formigón con “agullas” pra  dificultare a pesca na bahía de Alxeciras, obriga ó Goberno español a tomar unha serie de decisiós: control do movemento transfronteirizo, o que trae consigo unha  ralentización do tránsito con demoras insufribles de dúas ou tres horas; tamén o establecemento dun trabuco de 50 euros polo simple feito de pasa-la fronteira en calquera dos dous sentidos. Deste imposto estarían exénto-los traballadores que acotío cruzan a línea fronteiriza por razós de tipo laboral.  Tanto na Línea de la Concepción como en Alxeciras están moi preocupados porque peligra o seu medio de vida. Precisamente esa tasa de 50 euros anúnciana como medio prá creación dun fondo de axuda prós pescadores daquel mar.

             O presidente Rajoy, que analizou o conflicto, non dubidou en xulgare esta bárbara actuación das autoridades de Xibraltar de guindar, de botare ó mar 70 bloques de formigón, como “atentado evidente contra o medio ambiente”, que perxudica notablemente ós mariñeiros da Bahía de Alxeciras, algo que se suma a outras decisiós tamén adoutadas unilateralmente polas autoridades da colonia británica, antre elas a de abandona-lo acordo de pesca do 1999. Agrádame que Rajoy fale, ¡á fin!, de medio ambiente, sensibilidade da que non lle sabiamos cando aquí, en Pontevedra, vivimos unha situación talvez irreversible en materia ecolóxica porque a Administración fixo unha contínua deixadeza dos seus deberes. Sí que é certo que o TS ten dictado unha serie de sentencias que non se dan executado polos atrancos postos polos mandiños locales, que parecen estare a cuestiona-lo que son sentencias firmes: ferrocarril d´Os Praceres, os recheos do Porto de Marín (a demencial creación alí dun polígono industrial), a edar d´Os Praceres, a concesión de Ence, etc.

            Lembrémonos de cándo, hai cousa de varios meses, nos visitou unha comisión de eurodiputados. É curioso que sexan dúas mulleres, Angelika Werthmann, liberal austríaca, e Tatjana Zdanoka, ecoloxista estona, as que teñan recomendado, no documento por elas presentado, que as autoridades rexionales e locales traballen activamente coa comunidade civil pra aseguraren o respeto ó medio ambiente nas rías (¿Pero é que non prevé eso a Axenda21Local, que no caso do PXOM pontevedrés parece non existir?). Incluso o xefe da Comisión, o francés Boullard, ten criticado a “mala actitude” dos eurodiputados pra acadaren consensos. Sen entrare aquí en nomes, lembremos que aquela comisión que nos visitou  nos primeiros meses do ano, non veu á ría de Pontevedra, posiblemente a máis desgraciada pola serie de actuaciós contra natura nela consumadas e presuntamente consentidas, esquecida a gran Lei de Costas do 1988 que contemplaba a costa como espacio finito. Aínda vai ter razón Caín, o humorista de La Razón, que nun chiste do 10.08 formulaba esta afirmación: “Os partidos políticos do futuro non terán militantes, senón accionistas”. Coido que xa.

            No caso pontevedrés, vista a inacción da clase política no tema ambiental, cabe formularse non poucas perguntas. Rajoy faría ben en estudiare polo miúdo un cobizoso plan de rexeneración do litoral todo desta ría, que debera ser tamén a súa. Pero mal van as cousas: Se Xibraltar quer crecere a base de recheos, aquí tense chegado á loucura á hora de acabar con espacios sensibles: xunqueiras, marismas de Lourizán, os recheos portuarios de Marín prá absurda idea de facer aí un polígono industrial á par que se redondeaba a ruína dun espacio ecolóxicamente privilexiado e se convertía en lucro cesante o sustento dunha serie de familias, tendo sido estimado que, nalgún momento, eran cinco mil as que vivían da súa riqueza primaria: ameixas, croques, ostras, sardiñas, robalizas, etc. Aquí Rajoy teríao máis fácil que en Xibraltar, que xa están dictadas algunhas das precisas sentencias. En Xibraltar téno máis difícil, que haberá que incoa-lo oportuno procedemento ante o tribunal da ONU. 

NAGASAKI, ¿UN ATAQUE Ó CATOLICISMO?

O catolicismo sigue presente en Nagasaki, como acreditan estas monxas que conmemoran o desastre, o 68 aniversario do holocausto decretado por Harry Salomon Truman, porque aquela demostración de xenocidio leva, pra sempre, a súa sinatura. O padre Arrupe, un héroe á hora de atendere ós feridos, foi un dos mártires (testigos) daquela mala hora.  Evidentemente, a Historia tería sido outra cousa sen homes crueles como Hitler, Truman, Stalin..... 
Incluso os nenos participaron o 9.08 no memorial do desastre e polo abandono total das armas nucleares. 

Pontevedra, 11.08.2013
Entrada n. 1695

NAGASAKI, ¿UN ATAQUE Ó CATOLICISMO?
por Xesús López Fernández


O 9.08.2013 cumpreuse o 68 aniversario do desastre de Nagasaki. Se dous días antes botaran sobre Hiroshima unha bomba de nome "The little Boy" (O Rapaciño), o 9.08.1945 volvían os americáns cunha nova bomba nuclear, "The fat Man" (O Gordinflón), outra carga de morte, a consumación dun xenocidio sobre o que moitos se perguntan. ¿Por qué a elección de Nagasaki, centro da catolicidade xeponesa? É algo que foi de sempre obxeto de especial controversia. No seu "Tempos Modernos", o inglés e católico Johnson fai unha mención de pasada ó asunto: "by cruel irony, was the Christian city of Nagasaky". Cruel ironía, dí, sen máis. Pero o famoso historiador debería ter exminado a documentación sobre a toma de decisión e facerse cargo das conclusiós. ¿Cruel ironía?

Os interesados, en fin, poden buscar abundante literatura sobre tan escura cuestión.

martes, 6 de agosto de 2013

HIROSHIMA, 68 ANIVERSARIO DO HOLOCAUSTO

 Hoxe, 6 de agosto, cúmprense 68 anos de cando os americáns, sendo presidente Harry Salomón Truman, botaron sobre Hiroshima, cidade de 350000 habitantes, unha bomba atómica de nome simpático, "the little boy", que segaría a vida, naquel primeiro momento, de 70000 xaponeses, cifra que en poucos días se elevaría a 140000..
 Hoxe reuníronse uns 50000 (xaponses e xentes chegadas do ancho mundo). Esta nena concienciada procura rendir memoria ós mortos por medio dunha linterna de papel que acaba de acender.
 Este é un ginkgo biloba, en Hiroshima, que quedou "asustado", por un tempo, cando botaron a bomba atómica. Pero un bo día sorprendería ós seus veciños cunha nova gomariza e aí o está, espléndido. Coido que é, pola razón da súa travesía, unha árbore venerada. 
Detalle foliar do ginkgo biloba, ó que se considera un fósil vivinte, como que se supón que xa existía hai 350 millós de anos. Díse que un exemplar desta árbore pode vivir 4000 anos.

Pontevedra, 6.08.2013
Entrada n. 1694 do blog

HIROSHIMA, 68 ANIVERSARIO DO HOLOCAUSTO,
por Xesús López Fernández

Hiroshima, 6 de agosto. Na cidade xaponesa de Hiroshima reuníronse hoxe martes unhas 50000 persoas pra lembreren ás víctimas do lanzamento da primeira bomba atómica hai 68 anos. Resulta un acto de auténtica vesania que a esa bomba a bautizaran co nome de "the little boy", como se en vez de matar despiadadamente fose  acariñar ós xaponeses.

Ás 08.15 hora local, no momento no que os useños guindaron a primeira bomba atómica utilizada nunha guerra sobre esa cidade do oeste do Xapón, fíxose un minuto de silencio agora, na relembranza do brutal crime.

O alcalde de Hiroshima, Kazumi Matsui, reclamou a eliminación das armas atómicas en todo o mundo. As súas declaraciós danse nun marco no que o novo goberno xaponés do primeiro ministro Shinzo Abe quer volver facer funciona-las centrales atómicas do país, dous anos e medio despois do accidente de Fukushima.

Que o horror non se repita e que, dalgún xeito, poidamos face-la travesía da vida como os ginkgo biloba, especialmente o da foto, testigo de cargo da masacre de Hiroshima.  





domingo, 4 de agosto de 2013

A vía rápida de Santiago

 Curva da morte. Momento no que descarrila o tren. 
Outra secuencia do que se puido ter evitado. Andan agora ás presas, a colocaren balizas e outras medidas no que parece unha especie de reconocemento de culpas polo traballo mal feito. 

Pontevedra, 5.08.2013
Entrada n. 1693 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.

A vía rápida de Santiago,
por Xesús López Fernández

            O accidente de ferrocarril da curva da Grandeira vai seguir sendo noticia por moito tempo. Moitos dos sobrevivintes hanse perguntare por qué lles tocou a eles a quiniela da salvación, por qué esa sorte non lle correspondeu a outros que xa non están máis alá do relembro que debemos facer imperecedeiro e que ó mellor seguirían vivos se o tren Alvia estive doutado de cinturós de seguridade, algo que o outro día comentaba un articulista. ¿Pra qué ser tan estrictos na súa imposición ós conductores de vehículos e non nun tren que pode triplicare a velocidade que normalmente levan os coches? O accidente de Santiago convirteu a moitos dos viaxeiros en víctimas da inercia, disparados como bonecos dend´o seu asento, cando non foron as propias maletas, convertidas en proiectiles naquela hora caótica, as armas asesinas.

            Unha curva de 90 grados nunha vía de alta velocidade parece reveladora dunha certa chapuza, sobre todo cando non estaba activo un dispositivo que, como o ERTMS, tería evitado o desastre producido. Son oportunas as palabras de Xavier Horcajo nun artículo de hai poucos días, en La Gaceta, “Un país de apariencias”, país onde se constrúen infraestructuras non necesarias ou que non se inauguran, como os aeroportos de Ciudad Real, Corbera, ou Castellón. O autor cita o triste accidente de Santiago como un exemplo desa tolemia modernista, con independencia das responsabilidades do maquinista, que se han ver, e define como revelador o marco chapuza dun servicio de apariencia, este do Alvia. O autor vai analizando diversas cuestiós: o tren, que sae con vinte minutos de retraso en contra da puntualidade que é norma da alta velocidade, tanto no Xapón como en Francia. O Alvia do accidente, saído de Madrid pasáda-las 15 horas, descarrila en Santiago ás 21 horas. Máis de 5 horas pra 487 kilómetros… ¿E por eso lle chaman Alvia, alta velocidade? ¿Pero qué é o que nos venderon?

            E prosigue Horcajo citando “vías novas, trens novos, mais só en apariencia”. Pero a cristalización da chapuza faise evidente porque o control da velocidade e do freado dos trens non estaba nesa parte do trazado, na curva da morte onde se foron da vida 79 persoas. ¿Pra qué se xa está limitada a velocidade a 80 porque non houbo cartos prás expropiaciós que terían evitado a famosa curva? Lembra Horcajo que cando se abreu ese tramo era ministro de Fomento José Blanco, que tiña a teima, presuntamente por interese electoral, de levare o AVE a Galicia como fose. O resto é xa unha gran esquela, unha coral noticia necrolóxica. E como si entrasen as presas pra unha absurda reversión dos acontecementos, en Adif i en Renfe, queren apura-las soluciós. ¿Pero non decían que levaban un ano ensaiando co sistema ERTMS?... A Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) acaba de recomendare ó ministerio de Fomento “xestiona-la imprantación progresiva de balizas ASFA que controlen a velocidade dos trens de xeito que se asegure o seu inmediato freado no caso de sobardare a velocidade máxima”.  Así consta nunha nova do diario El Mundo dun avance de recomendaciós que esta comisión, encargada de investiga-lo accidente de Santiago, ten remitido á Dirección Xeral de Ferrocarriles, según informou o ministerio de Fomento.

            Agora pensan nun balizado con capacidade pra, incluso, frea-lo tren. Limitada a velocidade no tramo do siniestro, temporalmente, a 30 kilómetros por hora por medio dun cartelón e dunha baliza, á súa vez “protexida" por outra anterior que limita a velocidade a 60. Adicionalmente, cinco kilómetros antes, tense instalado outra baliza ASFA e un cartelón pra reduci-la velocidade a 160 km/h. E tamén Renfe emprende a revisión dos protocolos de comunciación antre a cabina de conducción (os maquinistas) e os centros de xestión…. É decir, agora sí parece que entra dentro do posible o fallo humán, que incluso se dá como probable. Pero, claro, xa resulta tarde prós que perderon a vida e algo sí aparece claramente dibuxado: que xa non estamos a falare de vía rápida, sí de chapuza e que, en certo sentido e como apunta Xosé Manuel Beiras, Adif e Renfe están a se autoinculparen ó imprantaren estas novas medidas. Beiras atribúe a estos entes unha responsabilidade certa na traxedia.    
O chiste de Caín, en La Razón d´hoxe, resulta oportuno. 

sábado, 3 de agosto de 2013

A CURVA DA MORTE

Un dos fotogramas do accidente mortal producido na curva deseñada por Fomento, en Angrois, Santiago. As autoridades tentaron, en principio, buscar a un único culpable: o maquinista. Pero esqueceron que hai outro gran culpable, o ministerio de Fomento, que se no ano 2011 presidía Pepiño Blanco, o home que se quería convertir no presidente de Galicia e que, desta volta, debe estare nas catacumbas da información, hoxe o preside Ana Pastor, continuadora da súa folla de ruta. E agora, nunha segunda entrega da ópera bufa na que derivou o drama, vai falare a sucesora de Pepiño, a nova ministra de Fomento e que xa no seu mandato completaría algunha das obras comezadas por Pepiño, como a rotonda a tres niveles da punta de Mollavao, na ría de Pontevedra, que vai marcar un tempo de maior deterioro da ría. ¿Culpables? O ministerio de Fomento e os mandiños locales.

Hai algo que xa queda dito pra sempre por medio dunha carta que a nai de Carolina Besada Garrido, morta no accidente, dirixida ós medios (carta da nai de carolina besada garrido), e que convén leere. A nai da criatura mostra o seu noxo contra as autoridades que acodiron a manifestaren a súa condolencia no acto funeral, que ben se sabe cándo se trata dunha simple farsa, dun acto marcado polo protocolo. A case todos se lles notaba na cara. Pero veredes cómo non van cambia-la traza da curva. Seguro. Futuros accidentes quedan aí programados. 

Pontevedra, 3.08.2013
Entrada n. 1692
Artículo xa aparecido na web de Pontevedra Viva o 27.07.2013

A curva da morte,
por Xesús López Fernández

            O 24 de Xullo entrabame un correo electrónico, unha oración do padre Paco Castro, superior dos franciscánsde Santiago, que decía:

“Hoy mi ciudad del alma llora con el corazón roto, como una madre sin consuelo, y los pasos de los peregrinos de la tierra serán  un canto de esperanza en comunión con los nuevos peregrinos de la Eternidad.

Desde San Francisco, en el corazón de Compostela, hoy sentimos como nuestros los sufrimientos de las víctimas de esta catástrofe y de sus familiares y amigos.

Hemos llevado mantas para los familiares de las víctimas y he ofrecido mi sangre. Ojalá pudiéramos hacer más, mucho más.

En breves horas celebraré la Eucaristía en el día de Santiago, y pediré al Resucitado que acoja en su hogar a quienes de esta manera, tristemente, amanecen a la luz de la Eternidad.”

            O día 25 recibía unha chamada telefónica dunha rapaciña que estivo vivindo no meu lar cousa dun ano. Estaban preocupados na casa porque non sabían do seu tío, sacerdote, vicario na parroquia de Santa Teresa do Neno Xesús, en Colmenar Viejo, home querido e sacrificado, unha verdadeira institución. E mandeille un correo ó meu amigo Paco Castro, por si él podía ter acceso a unha información veraz. O sacerdote, José María (Chema) Romeral Escribano, resultou ser conocido do Padre Paco, que me contestou:

“Paz e Ben, Xesús:

Acabo de enterarme, e parece ser que está entre os falecidos. Coñecíao, coincidimos hai anos en Colmenar Viejo cando ía predicar alí a Novena da Virxe, en agosto. Parece ser que viña estar cun amigo xesuíta.

Síntoo, de corazón. ¡Qué tristura! Acollámonos á fe e que Chema pregue por nós cara ó Pai do Ceo.  

En todo caso, Xesús, hai un teléfono de información para os familiares, para poder confirmar a veracidade. Cóntoche  o que me contaron (son novas que me chegan de Madrid). Nos medios de comunicación publicouse un número de teléfono (mira por exemplo na Voz de Galicia). Saúdos.”

            Cando xa todo é dolor, cando se contan case oitenta mortos, parece anecdótico cargarlle as culpas ó maquinista, ó que os seus compañeiros definen como prudente á par que sinalan os fallos da traza viaria. Xa os técnicos denunciaran esa curva maldita cun radio de 500 metros, como agora citan que o tren viaxaba sen o sistema de control ERTMS actividado, que tería evitado o accidente. O director da Renfe dí que non é o accidente dunha vía de alta velocidade e que o maquinista tería que ter freado catro kilómetros antes. Pero a vía sí é de alta velocidade aínda que non estivese operativa. ¿Cánto habería que ter invertido pra rectifica-la curva da morte?. A resposta carece xa de sentido prós que se foron, pero El Mundo d´hoxe denuncia que a circulación do tren é consecuencia de decisiós políticas, nunca técnicas.

            Esperemos que a Xusticia entre neste asunto sen piedade, que tal parece que a cousa non queda aclarada pola simple actuación de maquinista. Outro medio citaba o feito do “efecto acordeón”, por seren máis pesados os elementos extremos do tren, as máquinas, que non os vagós e que a propia inercia da máquina de cola puido ser causa da multiplicación da traxedia. En fin, que non abonda con culpar ó maquinista. Hai outros factores. Certo.


Pontevedra, 27.07.2013.   Fdo. Xesús López Fernández 

viernes, 2 de agosto de 2013

O GALEGUEIRO

Os da Ría (osdaría.com, non vos confundades), co seu invento do galegueiro, a burla extrema dos que tentan instalárense no galego deturpado normativo, poden abrire un tempo de esperanza, dotar incluso á sociedade da capacidade de golsar, dunha vez por todas, a neolingua que lle están a impór como idioma falaz. 

Pontevedra, 2.08.2013
Entrada n.1691 do blog  
O GALEGUEIRO,
por Xesús López Fernández

            Témolo comentado moitas veces. O galego está en clara involución porque algús entraron no seu sagrario pra reconvertilo, pola vía das normas da deriva, nun portugués zafio que tampouco é portugués. Quixeron incluso promove-lo seu invento pola vía editorial e tamén con diversas webs. Pero o fracaso sería total. Desaparecida a web Vieiros, na que teño colaborado, desaparecerían tamén a revista a Nosa Terra ou o periódico Xornal de Galicia, nado éste por reconversión da web Xornal.com (na que debín publicar uns 500 artículos). Cando un día recibín un chamado telefónico do X. de Galicia, porque lle interesaban os meus traballos pró periódico de papel, a miña resposta foi clara: Se respetáde-la miña ortografía, sí, ¿Cómo?, Éso, se non pasáde-los meus traballos polo corrector do Diktatt estalinista, adiante.

            O Xornal de Galicia foi a esperanza de Quintana, a presunta condición que lle puxo a Jacinto Rey no pacto do iate, a cambio da cuota de megavatios en virandelos, en aeroxeneradores. No periódico, do que só merquei o exemplar número un, trufado como estaba pola querencia estalinista dos comisarios que lle intentaron dar vida; polo que trascendía na web na que seguín colaborando, nada, un fracaso editorial, porque estos mañufes da lingua non acaban de comprenderen que o idioma é unha creación social e que non se pode construire unha lingua culta se non se fai sobre o magma da creación popular, como decía o padre Sarmiento: “Facede o idioma a partir da fala”, precisamente pola gran riqueza da lingua popular.

            Pero o idioma, convertido en arma política, está en clara regresión, deturpado pola vía das normas do 1982 e as posteriores, as do presidente Barreiro, o das “grazas”. “De nazas”, carallo, vai ser cousa de contestar deturpando aínda máis. I é que o idioma está necesitado dunha rexeneración certa, nunca permanecer na línea marcada polos acólitos de Carballo Calero ou polas xentiñas de Francisco Rodríguez, o gran timonel da deriva cara ó portugués, un dos ensoñadores da Portugaliza de deseño dend´o seu nacionalismo fracasado. Coidan que coa deturpación da lingua, da súa reconversión no que moitos chamamos “galegués” ou “galizo”, a lingua da non-patria que decía Novoneyra, este pobo se vai rendir. E o malo de todo é que hai moita burremia: que os políticos vense forzados a improvisaren discursos nesa neolingua na que non están instalados; que mesmo a Igrexa galega, lonxe do espírito de Pentecostés, oficia liturxia en galegués, non en galego.

            Pero agora hai que estar atentos a un novo fenómeno: Os da Ría (osdaria.com, non vos confundades), que fan caricatura do galegués, deturpación da deturpación, que imitan a eses políticos que creen falare galego, pero que “babosean” galegués, ou peor. A eso lle prestan atención Os da Ría, cando din algo así como que o “galegueiro”, o seu invento, é un medio de comunicación festeiro que se está a “enfalar” de cada volta máis: “en o” Parlamento, “en os” coches oficias (non sei se queren deci-la forma galeguesa oficiais ou a galega continental oficiás) e máis exemplos. Pero Os da Ría van facendo a súa sementeira pola Galicia enteira, en canta festa poden, e fan esa burla zafia dos parlamentarios que, non instalados na lingua galega, sometidos ó Diktatt normativo convirten o Parlamento en pura opereta. E inda por riba falan mal. Non sei se Os da Ría se decataron, pero o seu invento, o galegueiro, pode se-lo gran purgante, especie de triaca prepósita, pra que a sociedade deixe de falare galegués, a lingua da non-patria, “idioma” de piscifactoría.  “Grazas” a Os da Ría. “De nazas”. Máis que “negozo” coa súa arte, poden estare a marcaren un tempo de apostolado certo.


2.08.2013 (O blog de xesús lópez)