miércoles, 30 de julio de 2014

ENCE CONTRA A XUSTICIA

O choriceo da Administración (os distintos grados da Administración) ten permitido a realización de obras como a rotonda que se ve no primeiro plano, con vistas a consolidare a ocupación das marismas de Lourizán, coa fábrica ou xa sen ela e reconvertida en solar. A certos políticos xa se lles ve a escuma que lles sae pola boca polas ganancias da presunta recalifición.. 

Pontevedra, 30.07.2014
Entrada n. 1772 do blog

ENCE CONTRA A XUSTICIA,
por Xesús López Fernández

Pensei en inserir esta nota, antes que no blog, como artículo de opinión en Pontevedra Viva. Fágoo no blog pra evitare comentarios doudos. Aquí, no blog, sóo se admiten comentarios de persoas  identificadas, se son respetuosos e axustados á verdade. A verdade é a que defende Salvemos Pontevedra, que inda onte presentou en roda de prensa a sentencia última do Tribunal Supremo, pola que se desestiman íntegramente, en tódo-los seus términos, os recursos de casación promovidos por Ence e o Estado contra a sentencia do ano 2011, que agora renace con toda a súa forza, que se fai firme. 

Ence excusa seguir inventando noticias, ou convertirse en contrapoder xudicial como tenta acreditar por medio de certos medios, dos que hai que entender algunha das noticias destos pasados días como simple espacio publicitario da empresa hai tempo sancionada por delito ecolóxico. Vai seguido o fallo da sentencia firme:

"En consecuencia, cabe estimar en parte la solicitud presentada por la recurrente en el escrito
presentado el 13 de enero de 2005, condenando a la Administración a la incoación del expediente de
caducidad de la citada concesión y a la adopción de todas las medidas legalmente contempladas para la
paralización de las actividades y suspensión del uso y explotación de las instalaciones que correspondan,
todo ello, sin perjuicio de las consecuencias que puedan derivarse de la incoación del procedimiento de
caducidad. Asimismo, no procede la incoación de los correspondientes expedientes de reposición de la
legalidad "urbanística", ya que la infracción de la citada legalidad urbanística, (no de la normativa de costas),
queda al margen del presente procedimiento.
Procede, por todo lo expuesto, la estimación parcial de la demanda.
SEPTIMO.- No se aprecia temeridad o mala fe en ninguno de los litigantes a los efectos previstos en
el artículo 139 de la Ley Jurisdiccional .
Vistos los preceptos legales citados y demás normas de procedente aplicación,
F A L L A M O S
ESTIMAR en parte el presente recurso contencioso administrativo interpuesto por don Juan , como
representante de la Asociación "Salvemos Pontevedra ", representado por la Procuradora doña María
Leocadia García Cornejo, en el sentido de estimar la solicitud formulada en el recurso interpuesto en fecha
13 de enero de 2005 respecto de las peticiones formuladas en escritos presentados el 15 de julio y 6 de
agosto de 2004, condenando a la Administración a la incoación del expediente de caducidad de la
concesión y a la adopción de todas las medidas legalmente contempladas para la paralización de las
actividades y suspensión del uso y explotación de las instalaciones, desestimando el resto de las peticiones
formuladas; sin imposición de costas.
Notifíquese a las partes con indicación de que contra la misma cabe interponer recurso de casación
ante la Sala Tercera del Tribunal Supremo. Póngase esta resolución en conocimiento de ENCES.A., y la
Abogacía del Estado como interesadas y afectadas por la sentencia, al amparo del artículo 270 LOPJ .
PUBLICACIÓN.- Dada, leída y publicada fue la anterior sentencia en audiencia pública. Doy fe."




domingo, 27 de julio de 2014

Ser cristiáns, en Oriente Medio

 Templo sirio arrasado.
 As casas dos cristiáns son identificadas coesta letra árabe, "nun", non, aviso pra que se marchen.
Despois pode ser tarde. O xenocidio é imparable mentres os promotores do Novo Orde Mundial miran pra outro lado ou preparan novas acometidas contra a Igrexa Católica.

Pontevedra, 28.07.2014
Entrada n. 1771 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.


Ser cristiáns, en Oriente Medio,
por Xesús López Fernández

            Hoxe non goberna Sadam Hussein en Irak, pero a situación dos cristiáns do país é moito peor que daquela. Se no 2003 existían no país un millón e medio de cristiáns, actualmente están en fase de acelerada desaparición, víctimas do xenocidio contra eles decretado polos yihadistas do Estado Islámico. En Irak ou en Siria estos cristiáns non queren convertírense ó islam, negativa coa que se expoñen a perde-la vida, víctimas dunha cruel violencia que queda fóra de toda razón. É unha auténtica caza do home, de exterminio dunha forma de ser cristián que duraba xa case dous mil anos, testigos de esperanza dend´os albores da Cristiandade. O caso de Malula, unha cidade siríaca que conserva o arameo como lingua, é conocido: a crucifixión de dous mozos que non quixeron pronuncia-la shahada, despois de ameazados. “Entón queren morreren como o seu amo, no que creen.Teñen dúas opciós: ou recitan a shahada o van ser crucificados”, según relato dunha monxa, sor Raghida, que dirixía a escola do Patriarcado Greco-Católico en Damasco e que se trasladou a Francia.   

            Esto está ocurrindo en Siria mentres o mundo do novo Orde Mundial mira pra outra banda. Máis rapaces cristiáns levan perdido a vida dese xeito, mentres tamén as mulleres e os nenos sofren unha extrema violencia, que ten levado a que os bebés sexan arrebatados do seo das xestantes. Son crímenes contra cristiáns consumados por grupos radicales musulmáns dependentes de Al Qaeda. Pero a barbarie non queda aí que, insaciádo-los grupos yihadistas, as cabezas dos rapaces chegan a seren utilizadas pra xogaren ó fútbol. O devandito está tirado do relato de sor Raghida en Radio Vaticano, no que, ademáis de insistir no atroz da persecución sofrida polos cristiáns sometidos á alernativa de “apostasía ou morte”, a monxa fixo un chamamento internacional e invitaba a “repensa-los dereitos humáns e a dignidade do home”.

            No Irak a xente fuxe cara ó Kurdistán ou a Turquía, pero en Mosul, onde houbo 60000 cristiáns, desapareceron xa as últimas familias que profesaban esa relixión. Aínda estos días foron queimados once templos, e profanada a tumba do profeta Jonás, venerada por xudeos e cristiáns. Tamén foi queimada a residencia do bispo. A presión contra os cristiáns de Bagdad, onde eran uns 600000, é tamén grande, se ben aí está a darse un dato prá esperanza: que cando saían da misa do pasado Domingo 20 achegouse ó seu encontro, na súa defensa, un grupo de musulmáns que tiñan vivido con eles en harmonía, portando algún deles pasquíns con esta leenda:”Eu tamén son cristián”. Algo é algo. Pero a situación é tremenda e Ban Ki-moon, o secretario xeral da ONU, afirmaba o pasado 20.07 que a persecución dos cristiáns en Mosul polos yihadistas podía considerarse un crimen contra a Humanidade.

            No serán do 20.07 un misil foi lanzado contra o convento franciscán de Yacoubieh, unha cidade algo distante da fronteira con Turquía, situado no val do rio Oronte, na Siria noroccidental. O edificio é dos irmáns menores da Custodia da Terra Santa e ten sofrido danos, afortundamente sen víctimas, según información dada polo Custodio da Terra Santa, Frai Pierbattista Pizzaballa. Os frades queren permencer en Yacoubieh, onde existe tamén un dos catro centros de acollida creados pola Custodia da Terra Santa que cada día alberga ó redor de 200 persoas e provee as necesidades doutras 4000. Os frades permanecen naquel lugar pra axudaren á poboación, non sóo cristiá, a resistir, a non deixa-las súas casas. O pánico cunde e o que non deixa o terruño é porque é sumamente pobre, que irakís, sirios, palestinos, procuran nestos momentos unha nova vida no extranxeiro. ¿Qué lle pode esperare á Igrexa así atacada? ¿Cómo se renace despois da cruz? A pregunta é procedente. Se o propio San Pedro quixo fuxir de Roma nos tempos da persecución do Imperio!. El xa marchaba cando se encontrou cunha figura que viña en dirección contraria. Era Xesús, que lle comunica que, posto que el abandona, acode a Roma pra que o crucifiquen de novo… Pedro acorda regresar pra, no seu día, recibir morte de cruz, mais coa cabeza pra baixo, por lle parecer máis humillación.       

viernes, 25 de julio de 2014

Praza da Verdura, do vandalismo primeiro

 Éste é un dos edificios emblemáticos da zona vella, ferido de morte, desplomado interiormente.

Pontevedra, 26.07.2014
Entrada n. 1770 do blog

 Os Verdes, cando se presentaron hai dúas elecciós, estiveron a punto de sacare un concellal. Daquela publiquei un artículo titulado "O marqueting dos homildes", porque este banco de carton rememoroulle ás xentes os vellos bancos da praza, roubados ou depositados non se sabe dónde, que se poden apreciare nas fotos incluídas neste post (39 duntotal de 70), recentemente dixitalizadas. A política urbanística do Concello prefireu o granichán que agora prima e a privatización da praza cedéndolla ós okupas das tabernas, que reventan o descanso dos residentes e incumpren sistemáticamente a normativa de veladores. A casa agora comprometida é unha das duascentas deshabitadas da zona vella, sen que se faga nada positivo pra intentare fixar poboación. 

Siguen as fotografías, vandalismo municipal notariado ó longo de dous ou tres días nos que se arrasou a praza máis bonita de Galicia. En fin, bancos desaparecidos, cambiada a fonte de lugar, e menos mal que a protesta veciñal valeu pra doutare á praza de nova arboreda, en contra do criterio dos destructores. ¿Culpables do mal? Os grupos políticos, tamén o PP, que si o BNG levou a cabo a política de peatonalización e ruína comercial da cidade, a idea era xa do PP, que xa non tivo forza moral en nengún momento pra clamare pola restauración dos fluxos dinámicos da vila.  





































 Corte san da madeira, cando algús xustificaron a eliminación das árbores decindo que estaban mal.


miércoles, 23 de julio de 2014

Os políticos, presuntamente, teñen medo

Fotografía de El País, fecha 20.07.2014, que ilustra a noticia de que os políticos creen que a sentencia que ordea a retirada dos recheos no porto de Marín, non se vai executar (leéde a información)

Pontevedra, 23.07.2014
Entrada n. 1769 do blog

Os políticos, presuntamente, teñen medo,
por Xesús López Fernández

Enténdense as declaraciós que, ós poucos, van facendo os políticos que, unha vez máis, tentan neutralizaren as ordes do Tribunal Supremo que agora, con sentencia firme, ordea o levantamento dos recheos que se foron facendo ó longo de anos ante o escándalo dos veciños. Curiosamente, parece que os políticos nin se enteraron; sóo parece, que realmente non poden alegar ignorancia. Sí han ter que respondere de por qué deixaron actuar contra natura, cómo é que incluso manexaron ás forzas públicas contra os veciños dos Praceres que defendían a legalidade, o estado de dereito.

Un pergúntase se non ten que intervir neste asunto a Fiscalía Xeral do Estado, que se non-o fai seriamos moitos os decepcionados. ¿E por qué non entran neste asunto os medios de comunicación que se din progresistas, se a trama parece á vista, o mesmo que o tráfego de influencias, o abuso de poder? ¿É que non hai, talvez, máis carnaza neste asunto que no caso Malaya? Podemos supoñer que sí. Confiemos en que a execución da sentencia non se poida evitare nen dend´o Club de Bildelberg dos poderosos.

Parece mentira o grado de abandono na defensa da legalidade dos políticos que agora falan, ós que se lles leva pillado co paso cambiado en non poucas ocasiós, en asuntos que gardan relación coa lei de Costas. Coido que, realmente, os políticos están a viviren unha situación de medo. 

domingo, 20 de julio de 2014

A Igrexa non é o nemigo

Carlos Herrera é un periodista que non se corta a lingua, que sabe cómo meter en cintura ás xentes da seudoprogresía. Non está sóo, certamente, e poderiamos tirar non poucos testimonios, pero hoxe é oportuno apoiarnos nel cando acaba de denuncia-lo ataque que o PSOE parece renovare contra a Igrexa católica, que xa o seu fundador tentara eliminar. A actitude dese partido raia coa obscenidade, tanto que parece xa totalmente privado de ideas e, pra demostrare que están vivos, nada, arremeten contra a Igrexa. Esquecen, sí, os seus pecados e corrupciós.

Pontevedra, 21.07.2014
Entrada n. 1768 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

A Igrexa non é o nemigo,
por Xesús López Fernández

            O PSOE parece xa ten un relevista de ZP, o iluminado, aquel home que, instalado nun relativismo zafio comezou a impartire clases  de educación prá cidadanía, de memoria histórica, alianza de civilizaciós, mesmo a impoñere unha certa perversión dos valores que tradicionalmente, dende séculos, tivo a sociedade como referentes.  Conseguiría con eso, ó mellor, distraere ó persoal da ruína na que, en pouco tempo, chegou sometere ó país, cun record de parados cada novo día sobardado. E así, fracasada a súa política económica, fracasada tamén a súa política social, uns seis millós de cidadáns tiveron que procuraren subsistencia nos comedores da Igrexa, que ve así acrecido o seu prestixio por riba do dos partidos políticos que parecen xa incapaces de devolverlle a calma e a prosperidade á nación, alagados ademáis nun mar de corrupción ó estaren privados da conciencia de pecado.

            Proba de que as xentes do país non creen na casta política son os resultados recéns das elecciós europeas nas que os partidos ata o dagora relevistas na gobernación, PP e PSOE, perderon millós de votos, algo que os vai obrigare a cambia-la súa forma de gobernar, se despertan, pero non se telumbra un esforzo real en plan rexeneracionista, non existe unha oferta real de doutar ó poder xudicial dunha independencia real pra sanea-lo país a marchas forzadas. Así as cousas, o novo líder do PSOE, Pedro Sánchez, parece xa ten un punch prá súa dialéctica douda: a Igrexa, como xa anunciaba na súa campaña ó decir que ía traballar por un Estado laico e por deroga-lo Concordato coa Santa Sede e revisare, a fondo, tódo-los privilexios fiscales que agora mesmo ten a Igrexa. O tal Sánchez, en declaraciós recollidas pola Axencia Efe chegou afirmare que a Igrexa “non pode seguir sendo fedatario público” e, como se o Cristianismo non fose peza fundamental na construcción de Europa, fala de limita-lo feito relixioso ó ambito privado das persoas.

            Ven se-lo que dí Carlos Herrera, que cando ó PSOE non lle quedan ideas pon en marcha unha campaña contra a Igrexa e analiza as contradicciós da súa próxima consigna de ordeare a tódo-los concellos que cobren o IBI á Igrexa polas propiedades non destinadas a culto. Seguindo a Herrera, “é unha loita do partido socialista que encabeza a cruzada contra a Igrexa católica”, “que o IBI é un imposto exento prá Igrexa católica en función da lei de mecenazgo e dacordo coa Santa Sede, pero tamén está exento pra tóda-las sociedades sen ánimo de lucro e se a Igrexa ten un parquin en Guadalajara, a Igrexa págao, e se o crego ten unha vivenda paga o IBI pola súa vivenda privada. O IBI non-o pagan nen a SGAE, nen as federaciós de fútbol, nen os partidos políticos, así que tóda-las campañas de demagoxia ou de oportunismo xangal ten o sentido que ten, i é que cando ó PSOE se lle acaban as ideas pon en marcha algo contra a Igrexa”, xoga con ese combustible e co sentimento de moitos.
           
            Se cambian a lei de mecenazgo, o PSOE vai ter que paga-lo IBI pola sede de Ferraz, que de momento non pagan. E propón Herrera “botar un vistazo sobre o que fai a Igrexa que dende logo non fai o PSOE que non dá de comer a nadie. Cáritas, Manos Unidas, asilos e de todo o aforro que ofrece ó Estado polo seu labor asistencial”. Está visto que a Igrexa administra ben o que recibe dos contribuíntes da Renta ou o monto das esmolas depositadas nas diversas diócesis. Eso e mai-la colaboración desinteresada de moitos laicos fan posible que gran parte dos seis millós de españoles aparcados na pobreza pola gobernación do país sigan con vida, e voten libremente. Aí conviría algo máis de picardía, de mala idea, que pode ser boa cando está ó servicio dunha boa causa, porque a Igrexa, sigue decindo Carlos Herrera, “é un bombeiro…., que onde hai lume bota auga….., que consigue traballando moito, e con ela apaga moita traxedia, moito drama, moita fame. Eso non hai quen o reconoza” antre as chamadas “xentes de progreso”, adiantadas pola Igrexa, máis progresista. 

viernes, 18 de julio de 2014

A Orella de Dionisio, en Siracusa

 Son fotos do 11.06.2014 da Orella de Dionisio, en Siracusa, espacio de obrigatoria visita e de indubidable valor arqueolóxico.
 A cova ten un fondo de máis de sesenta metros e, seguramente pola forma de pabellón auditivo que lle dou Dionisio é polo que ten unha acústica excepcional.
 En Youtube existen varias mostras do que quero decir. I ese día 11.06.2014 un grupo de alemáns non resisteu a tentación de cantare O Sole mío, a canción napolitáa mundialmente conocida. 
 Aínda que algús falan da cova como dun espacio natural, parece que foi realmente socavada por mandato de Dionisio, o tirán que gobernaba en Siracusa, valéndose da man de obra de xente escrava. 
 Inclúo estas outras dúas fotos, xa cando faciamos o camiño cara a saída da cova.
Repito, lugar a visitar se vades a Syracusa, en Sicilia.

Pontevedra, 18.07.2014
Entrada n. 1767 do blog

A Orella de Dionisio,
por Xesús López Fernández

Inclúo estas fotos da Viaxe a Sicilia. Penso seguir incluíndo outras como medio máis comun de llas mostrare ós zmigos e de que estos poidan copialas pró seu uso ou arquivo, se así queren.

Descripción da Orella de Dionisio (leéde máis)

"O poder quérenos vixiar, escoitar", como tentaba facer Dionisio, o tirán de Syracusa (leéde máis)