viernes, 31 de octubre de 2008

VARIAS DE HUMOR, INCLUSO HUMOR NEGRO

Mingote, ABC, 30.10.2008. A Xusticia, ante tanta liorta sobre a súa independencia, ou sobre a súa conversién en simple correa de transmión pró exterminio do Estado de Dereito, pide un traxe definitivo.
Mingote, ABC, 31.10.2008. Nas próximas elecciós haberá que votar polos máis madrugadores, polos que asistan ó Congreso.
Montoro, La Razón, 30.10.2008. O diñeiro dos probes, prós Bancos. Incluso o dos nenos.
Caín, 30.10.2008, La Razón. A refundación doutro mundo cruel.
Caín, en La Razón, 29.10.2008. A angustia en cómodos prazos.
Caín, La Razón, 23.10.2008. Señores, a próxima crisis será mellor preparala con menos entusiasmo.
Caín, en La Razón, 27.10.2008. O director do Banco acláralle ó cliente qu´o seu fondo de pensiós, o qu´o Banco lle colocou, atópase nun bo lío.

Pontevedra, 31.10.2008

Entrada n. 681 do blog

VARIAS DE HUMOR, INCLUSO HUMOR NEGRO,
por Xesús López Fernández

Os humoristas teñen, ás veces, a capacidade de sintetizaren certas situaciós, mesmo de retrata-las carencias do noso sistema político.

A crisis que estamos vivindo, o ninguneo da Xusticia dende diversos púlpitos, a nugalla dos políticos, o bestialismo do poder económico, están ben retratados nos chistes hoxe incluídos de Mingote, Montoro, e Caín, figura ascendente no panorama do humor negro. Mellor, ve-los dibuxos e meditalos.

ACUICULTURA E PESCA

Pra conserva-lo fondo mariño así fai falta outra política. Dibuxo informático de Xesús López.
Carmen Gallego, na súa intervención.Fotografía d´El Correo Gallego.

Pontevedra, 31.10.2008

Entrada n. 680 do blog

ACUICULTURA E PESCA,

por Xesús López Fernández

Dende a consellería de Pesca queren seguir a marea-la perdiz, a confundiren ambos conceptos. Unha cousa é a pesca, prá que se quere un mar vivo e unhas rías sen contaminar. Os nosos políticos suspenden esas como outras asignaturas, pero o tema da entrada está novamente na opinión pública.

Que a consellería de Pesca xustifique a cuarta parte do seu presuposto na deriva que botan no buche do Clúster Internacional da Acuicultura, non deixa de ser unha vergonza. Pero mellor leéde a noticia d´El Correo d´hoxe, da que se inclúe enlace.

[
Clicade aquí, El Correo Gallego]. E leéde, sobre todo, os comentarios do foro.

A MASCOTA MULA

Dende pequeniña foi criada por Ramón Bértoa, en Montemaior, un experto cazador e preparador de cans. Asegura que non pensa sacrifica-lo animal.

Pontevedra, 31.10.2008

Entrada n. 679 do blog

A MASCOTA MULA, por Xesús López Fernández

Unha mascota curiosa que debe ter algo de parente con Quinín, un porco do que se tratou neste blog ainda recentemente. "Salvade a Quinín", é unha especie de clamor que se escoita antr´as as xentes pra que poida sortea-lo Sanmartiño.

Pero a noticia d´hoxe, de La Voz de Galicia, vai dunha porca xabaril, que responde por Mula, que entra e sae da casa do dono, ó que mesmo lle entende algunhas palabras. Ese é o código de comunicación: algunhas verbas qu´o animal entende e a mirada da femia xabaril.

[Noticia de Mula, La Voz de Galicia, 31.10.2008]

jueves, 30 de octubre de 2008

A OUTRA ALTERNATIVA [5.07.2003]

Pontevedra, a cidade laberinto-rotonda-circunvalación. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevedra, 30.10.2008

Entrada n. 678 do blog

Recuperamos outro traballo do 2003, en relación co tema da circunvalación que a día d´hoxe sigue sen estar claro. Sen máis comentarios qu´o de decir que o que d´aquela se chamaba dignificación do cargo agora, coa carga de cinismo que se lle queira supór, chámanlle tuneado dos cargos.

A outra alternativa [5.07.2003],
por Xesús López Fernández

Parece que os políticos do Concello están ledos, contentos de teren salvagardado a súa dignidade coa importante sobida salarial que se adxudicaron e que lles vai permitir adicarse en corpo e alma á xestión pública. Confiemos en que eso vai ser así, pero terán que xustifica-lo plus pra que non se disparen as alarmas porque aínda que hai un claro esmorecemento do capital social [só así podemos entende-los resultados das últimas elecciós], nas parroquias de Tomeza, Mourente, en Monteporreiro ou en Alba, preparan xa o seu paquete de alegaciós en relación coa construcción da circunvalación a Pontevedra. Os vintedous kilómetros previstos parecen moito camiño, como se a dignidade dos políticos [que falan xa de certos impactos como inevitables] non estivese de todo a salvo, porque pode haber outra alternativa máis barata, máis corta e con impacto ambiental notablemente inferior. I esto é necesario qu´o vexan claro dende o propio Concello, na defensa da dignidade dos cidadáns, que tamén debe contar. Digo.


En Tomeza como en Mourente; en Monteporreiro como en Alba están a estudiaren o trazado previsto por Fomento. Aí pode haber un caldo de protesta certo, porque está en xogo, como dixemos, a propia dignidade da sociedade que vai ve-lo patrimonio de moitas xentes arrasado, cando non fracturada a súa paisaxe [camiños, acuíferos, derregos, unidades de producción] porque parece que seguimos sen aprende-la lección, víctimas do unidireccionalismo do concelleiro Mosquera que densificou o tráfego máis e máis por Pondal-nudo da Eiriña-José Malvar Figueroa [como quen di espacios de onte concebidos cun certo enanismo], hoxe saturados; ou víctimas da inercia de cando dende o Ministerio da Vivenda aconsellaban ó Axuntamento de Pontevedra que xestionase outro trazado prá autopista, pra así evita-la construcción da ponte da Puntada polo seu enorme impacto ambiental e paisaxístico [ano 1973]. Aconsellaban tamén daquela a posible deriva da autoestrada polo Leste da cidade. I esa parece a filosofía de Fomento e a dos políticos do Concello partidarios de levaren a circunvalación máis lonxe. [¿Ou de arrasaren máis e a qué precio?]


¿Pero pra qué se deixou libre de peaxe o tramo da autoestrada que vai do nudo do Pino [que conecta coa autovía de Marín] ata o nudo do Vao? ¿Non se pode pensar nunha alternativa que aproveite e mellore ese tramo? Os Verdes entenden que sí e que sería posible a supresión incluso do nudo do Vao [tamén a configuración do xardín botánico prometido por Autopistas], desprazando esa conexión ata o Norte da antigua Cross. Dese xeito abondaría con conecta-lo novo nudo coas estradas de Vilagarcía e Santiago. Habería tamén que establecer [á saída da ponte da Puntada] unha conexión de entrada a Poio, non tan impactante como se dixo, minorizada ademáis á vista do desgarro brutal producido pola ponte que cruza a ría, que melloraría o tránsito pola Barca.... E dend´O Pino [con toda-las melloras que se poidan maxinare e sen necesidade de pensar exclusivamente en Carrefour, por dignidade] poderiase mellora-lo enlace coa estrada de Ourense por Marcón e Bora, pola vía xa existente. E, pensando en Montecelo, sería talvez convinte unha circunvalación interior pola Parda.

Este é un pouco o discurso que ll´oín o outro día Ós Verdes, ó longo da súa presencia na Alameda en demanda da defensa daquela arboreda urbáa. A filosofía é a de que non hai por qué asumir novos impactos ecolóxicos e paisaxísticos, cando a propia autoestrada existente xa representou no seu día un elevado coste ambiental. Esa vía pode agora servir de soporte circunvalatorio con creces. Minimízaríase así o orzamento, o gasto, algo que ós nosos políticos locatarios pódelles parecer ben neste momento de salvagarda da súa dignidade. Representaría un aforro grande de cartos porque o coste final podería representar unha milésima parte do que en principio se vai gastar. É cousa de qu´o vexan con claridade, que opten pola solución mellor [como propoñen Os Verdes]. Pero algunhas das declaraciós feitas sobre a obra e os impactos inevitables valen pra demostraren que a maior dignificación na xestión da cousa pública non acaba coa vaga de doudice existente na política, con tanta xangalería. Parece elemental qu´os veciños preparen as súas alegaciós e interdictos, que forcen incluso o estudio da alternativa citada, que, según din, non se fixo por falta de presuposto. O inferno que no seu día viviron os afectados pola construcción da autoestrada debería servir arestora pra non comezar un novo e parecido proceso. ¡Vintedous kilómetros de circunvalación! Confiemos en que a dignificación dos cargos teña chegado a tempo de acorta-lo camiño. E de administrar mellor.

miércoles, 29 de octubre de 2008

TUNEA-LA CORRUPCIÓN.

Mingote, ABC, portada do 29.10.2008.

Pontevedra, 29.10.2008

Entrada n. 677 do blog
TUNEA-LA CORRUPCIÓN, por Xesús López Fernández

Como apunta Ignacio Camacho no artículo publicado hoxe no ABC, do que se inclúe enlace, o campo semántico da palabra tunear foise agrandando, ata o punto de que tamén poderiamos decir qu´os políticos presentan as súas corruptelas tuneadas como xestos e programas prós que din existe unha proiección social. I éso é particularmente visible nas autonomías que se rixen por estructuras tribales.

Mellor leé-los artículos dos que se inclúen enlaces, do ABC desta mesma data, 29.10.2008. É curioso qu´o ABC, tan denostado pola esquerda, xunto con La Razón, veña sendo un periódico esencialmente crítico. Noraboa a ámbo-los dous.
[FUSIÓS QUE SON UN FOLLÓN, por Fdo. González Urbaneja, ABC, 29.10.2008]

[OS TUNANTES TUNEANTES, de Antonio Burgos, ABC, 29.10.2008]

[TUNEA-LO CAPITALISMO, de Ignacio Camacho, ABC, 29.10.2008]

martes, 28 de octubre de 2008

O CRETINISMO DO BLOQUE

Caín, La Razón, 28.10.2008. Os negros do cayuco láianse de non teren imaxe corporativa. Os do Bloque andan coa súa salmodia do "Galiza", a súa imaxe corporativa co "GZ" e a estrela roxa de cinco puntas que reconvirte a bandeira galega en bandeira comunista.... Son os seus logos, á par que se cargan a lingua.
Inspirado en Caín, La Razón 26.10.2008. A seguido destacámo-las noticias máis reiterativas: "Galiza, Galiza, Galiza..." Carallo [tamén o podían incluir como reiterativa, porque é a resposta espontánea de moito galego ás salmodias do Quin ou do Lobera.]

Pontevedra, 28.0.2008

Entrada n. 676

[O CRETINISMO DO BLOQUE],
por Xesús López Fernández

Noticia d´hoxe na web da Cope que resume a actitude contestataria do Bloque en relación coa política lingüistica, de auténtico i enxebre talibanismo. Clicade no propio título da entrada, enlace coa referida noticia.

Aínda que neste blog hai xa moitas anotaciós críticas coa cousa da lingua nas que se fai análisis do seu esmorecemento a consecuencia d´ire abandonando a oralidade que mantivo o lume da nosa fala ó longo das edades.

Que os do Bloque, que non entendo sexan verdadeiros nacionalistas ó non estaren pola salvagarda dos nosos principales valores tradicionales, busquen agora como disculpa pra botare dunha comisión ó PP por se negar este partido a usa-lo nome de Galiza, que non corresponde ó noso país senón á xerga galeguesa na que os nazionalitaristas acobillan o seu arrimo á lingua portuguesa, é unha nova demostración da súa indixencia intelectual, do seu divorcio da verdadeira fala do país.

Témolo dito moitas veces, citando a Sarmiento, un dos nosos frades ilustrados, [facede o idioma a partires da fala], a Alonso Montero, a Eladio Rodríguez, o autor do noso mellor diccionario enciclopédico, ou a Vicente Risco, contundente cando decía "non soubemos traballar científicamente o leigado de Rosalía de Castro e Curros Enríquez".

Pois ben, estos do BNG non están polo labor de respeta-la nosa cultura. É máis, con enanos infiltrados no ILGA ou na RAG, desconocen a recomendación desta última en escrito dirixido á conselleira Bugallo: "o nome do país, o nome oficial, é Galicia". Que a conselleira mantivese agachado o escrito ó longo de tres meses non-os capacita pra seguiren coa súa cruzada de promociona-lo nome de Galiza por medio de propaganda diversa, gastando moitísimos cartos do erario público. E nada máis por hoxe. Se acaso decirlle a estos tolos da lusomanía que no Brasil chaman a Galicia polo seu nome, Galicia, algo que se lles escapou, como qu´o idioma é a fronteira real co veciño país, máis fronteira qu´o Miño.

domingo, 26 de octubre de 2008

A MELLOR GANDEIRA DE EUROPA

Marta López, 32 anos, a mellor granxeira de Bovino de leite de Europa, premiada hoxe en Cremona, Italia. É unhas das 1500 persoas novas que regresaron ó campo como actividade económica. Foto d´El Correo Gallego.

Pontevedra, 26.10.2008

Entrada n. 675 do blog

A MELLOR GANDEIRA DE EUROPA,
por Xesús López Fernández

Galicia, que está morrendo porque matan a súa lingua, o seu monte, o seu litoral, os seus campos; porque acaban coa súa gandería cando podería sé-la reserva proteínica de Europa, resuslta que aínda nos dá algunha que outra sorpresa, porque hai xentes que resisten nesa fronteira difícil que lle están a modificare cada día que pasa.

Marta López vive n´A Veiga, ten 32 anos, i escolleu o retorno á actividade que reconoce é dura. ¿Cómo non?. Na foto vémola coa súa explotación. Hoxe recibe en Cremona o premio á mellor gandeira nova de Europa. Noraboa. Non todo está morto.

Sigue o enlace da noticia ó completo dada por [El Correo Gallego do 26.10.2008].

7000 MÁRTIRES

Eh, Garzón, ¿qué hay de lo mío?. Pergunta o Crucificado ó xuez según Mingote en ABC, 25.10.2008.
Non se trata dunha escultura de Dalí; trátase dunha imaxe de Xesús Crucificado, do conventa da Concepción, en Toledo, mutilada pola furia anarquista, a machadazos. A memoria dese vandalismo tamén se está a recuperar. A sociedade está abandonando o silencio. Fotografía de La Razón, que está incluída nas ilustraciós do libro "La Iglesia en llamas", de J. Albertí.

Pontevedra, 26.10.2008

Entrada n. 674 do blog

7000 MÁRTIRES,

por Xesús López Fernández

Aínda onte tiven ocasión de ver un programa, "Más se perdió en Cuba", que modera Xavier Horcajo en Intereconomía Televisión, a mesma cadea que presenta de Luns a Venres un espacio de debate, El Gato al Agua, con cada vez máis audiencia. É particularmente interesante ve-los comentarios qu´os telespectadores envían por medio de sms, cada día máis.

Nunha parte do programa falouse do proceso que Garzón quer incoar ó franquismo. Naturalmente, no foro houbo discrepantes contra a opinión de certo socialista que se ve carece da máis elemental idea da nosa historia recente, como en xeral acontece cos que promoveron a sectaria Lei da Memoria Histórica.

Agapito Maestre emprazou ó moderador pra que traia a cuestión do martirio que tantos sofriron polo feito de seren sacerdotes, frades, monxas ou simplemente católicos, ou de cándo realmente comezou a guerra civil. Citou tamén a [Gerald Brennan,] un clásico sobre o tema da nosa guerra, que alaude á persecución que a Igrexa comezou a sofrir dende xa o 1931. Agardo que algún día comecen a toca-lo rosario de disparates cometidos pola España roxa no aludido programa. Seguro que a idea está xa na axenda do señor Horcajo.

Pero, curioso, hoxe mesmo dá La Razón a noticia da edición dun libro sobre os sete mil mártires que aparecen xa no título desta entrada. Trátase dunha obra titulada "La Iglesia en llamas", editada por Destino. Autor: Jordi Alberti.

Clicade no enlace da noticia,
[LOS 7000 CURAS DE LA MEMORIA HISTÓRICA].

A gran involución [27.10.2008]

Montoro, La Razón 26.10.2008. Zapatero pergúntase por qué non-o deixan entrare no Club [G5, G8, G20] aínda conocendo o contrasinal.
Esteban, en La Razón 26.10.2008. Un que afirma qu´o problema do paro en España é absolutamente apaisado, mentres fai cola no Inem.
martínmorales, no ABC 26.10.2008. Santiago Carrillo, a punto de recupera-la peluca coa posta ó día da memoria histórica.
Mingote, ABC 26.10.2008. Os nacionalistas, co seu sobregasto, teñen gran parte da culpa do que está a pasare no país.

Pontevedra, 27.10.2008

Entrada n.673 do blog

Artículo semanal, a publicar en diversos medios.

A gran involución [27.10.2008],
por Xesús López Fernández

Cada país pode ter, certamente, problemas propios. Pero faise necesario té-la capacidade de entende-la súa magnitude real pra arbitra-las medidas de urxencia precisas. De certo, moitos políticos parece que non comprenderon aínda a gravedade dos nosos males, talvez porque viven noutro mundo, na sociedade dos opulentos, con cortes de asesores e liberados que non fan outra cousa que acentua-la situación de quebranto económico do país e tampouco creen na crisis real da nación, ata o punto de que, predicadores da laicidade como relixión poden estar moi ben a consideraren, como ben apunaba Caín en La Razón do 25.10, a realidade como opio do pobo. Na lexislatura da promesa do pleno emprego, ó que chegariamos alá por marzo do 2009, contabilízanse máis de 2,6 millós de parados, o 11,33 por cen da poboación activa, a cifra máis alta rexistrada no Inem dende o 1998.

Que a crisis vaise estrando por todo o ancho mundo é algo sabido, como que se están a produciren alarmas de corrupción xeneralizada en diversos países, nos que a fantasma da nacionalización pode poñer contra as cordas a empresas punteiras, como pode acontecer na Arxentina. As bolsas, co seu tolo arrandeo de sube e baixa de acciós e índices, acrecentan tamén as alarmas. ¿Pero por qué esa inestabilidade, volatilidade, ou como queiramos chamarlle? Pois, porque a crisis económica permanece viva, aínda que os gobernos, coas aportaciós feitas ou prometidas ó sector bancario acadaron pró mesmo unha certa tranquilidade. Mai-lo paro vai a máis e telúmbrase que vai chegare ós 2.800.000 o 31.12. O drama tradúcese no aumento dun 40% das xentes que acoden ós comedores sociales e a Cáritas parroquial. E xa non se trata do probe de solemnidade e sen teito, senón de cidadáns que perderon o seu traballo ou que están impedidos de mante-la amortización da súa hipoteca.

Que nas circunstancias indicadas o noso Goberno, despois da obtusa política exterior levada a cabo, cifre as esperanzas de non sei qué en que o presidente poida estare presente na reunión a celebrar en Washington o 15.11 prá refundación do capitalismo, é algo que parece non ter tanta urxencia como a de asumir outra política interior, orientada a mellora-la fiscalidade das empresas, a mante-los postos de traballo. Pero os sindicatos non se moven, que nen CCOO nen UGT dedicaron unha soa crítica ó Goberno. Sí quere Cándido Méndez ser parte na causa aberta polo maxistrado Garzón contra o franquismo, pero non ten en conta que hai outras formas de gobernar como ben acaban de demostraren na Comunidade de Madrid, onde a tasa de paro está no 8,39. E alí, curiosamente, non se incrementou o paro, que hai 11.800 parados menos e se crearon 26.100 novos postos de traballo.

Dentro da idea da globalidade, esa posible refundación do capitalismo é algo maxinado por todo o mundo e que Esteban, en La Razón do 20.11.2008, mostraba como chiste: un cayuco cheo de negros subsahariáns, con destino ó litoral español. O que parecía ter máis mando decía “¡Van refunda-lo capitalismo. Remade afoutadamente pra coller un bo sitio!”... O PP tamén apoia a Zapatero, porque España debe estar presente, según di Rajoy... Pero as cifras do paro, o previsto incremento pró 2009 a un 14.70 según o FMI, o máis alto da UE que o BBVA estima pode chegare ó 14.90, son datos arrepiantes. Máis xentes, pois, nas colas dos comedores ou en Cáritas, atendidos pola Igrexa á que políticos de distinto pelo quérenlle capa-la axuda vía declaración do IRPF. Ese nivel de esmorecemento lévanos a unha situación non querida: a da recreación dos comedores do Auxilio Social, tamén memoria histórica. Se a Igrexa non estivese viva, o Goberno teríao que ter refundado. Terao que facer a causa da súa forma de administrar e querencia de tempos pasados.

sábado, 25 de octubre de 2008

AS NOTICIAS DAS VIÑETAS, E OUTROS.

Montoro en La Razón, 25.10.2008. Rajoy disculpa os cornos que lle puxo a UPN. martínmorales, ABC, 25.10.2008. El-Rei pergunta: M pides que interceda cerca de Bush por el bien de España, ¿o por el tuyo propio?
Mingote, ABC, 25.10.2008. O crucificado pergunta a Garzón pola outra memoria histórica, polos mártires da Igrexa, polo sentido de cruzada que tivo a guerra civil.
Mingote, ABC, 9.10.2008. A inseminación artificial como forma de se burlar do Estado de Dereito e acada-la libertade.
Esteban, La Razón, 25.10.2008. Os sindicatos que non se moven nada máis que en Madrid contra Aguirre, non saben ainda qué reivindicare pra demostrar que aínda están vivos.
Esteban, La Razón, 24.10.2008. "Dear Mr. Zapatero: Lo sentimos, pero...". Nada, que non hai praza prá xuntanza de Washington o vindeiro 15.11. E Zapatero di: ¡Dios mío!, sen renunciare á laicidade.
Caín, en La Razón. O consello de administración toma un acordo: "A próxima crisis terémola que preparare con menos entusiasmo.
Caín, La Razón, 25.10.2008. "A realidade é o opio do pobo".

Pontevedra, 25.10.2008

Entrada n.672 do blog.

AS NOTICIAS DAS VIÑETAS, E OUTROS,
por Xesús López Fernández

A capacidade de síntesis dos humoristas, dos que traio a esta entrada unha nova colleita, móstranos a realidade crú que nos está a aganar, botando cada día máis e máis xente ó para, coa capacidade de grandes pás excavadoras. Están a removeren máis e máis o corpo social, a acabaren coa estabilidade familiar, e a conseguiren que a moitos cidadáns non lles quede xa outra esperanza que a caridade parroquial.
Son moitos os articulistas que relembran as promesas incumpridas, como podedes ver no enlace do [ABC d´hoxe aquí inserido], , un artículo de Ignacio Camacho que se refire ás promesas do presidente de pleno emprego pra marzo 2009, mentres Zapatero parece só lle interesa estare en Washington o 15.11.2008.

Según El Correo Gallego, o ministro Corbacho afirma que a crisis financieira debería rematar en dous meses.

viernes, 24 de octubre de 2008

O PARO, SEGÚN A EPA

Según Caín en La Razón, 24.10.2008, búscanse convocantes pra este paro. Pero non se precisan, que a política gubernamental encárgase de aceleralo.

Pontevedra, 24.10.2008

Entrada n. 671 do blog


O PARO, SEGÚN A EPA,
por Xesús López Fernández
Todos estos días estáse a falar da crisis, das tres crisis superpostas que Pizarro afirma existen en España, que agora está nunha cifra de parados máis alta que a dos outros países da UE, a máis alta dende o ano 1998. A EPA, estadística de poboación activa é algo máis qu´un indicador de tendencias; é unha manifestación da situación real do país. A tenor dos datos que se ligan a este comentario [El Economista], Esperanza Aguirre afirma que en España existe unha crisis propia á que non se lle está a poñer remedio.

Aguirre dí máis cousas: que mentres o paro en España pasou do 11%, en Madrid é onde os datos son menos negativos, cun paro dun 8,6% nas mulleres, mentres nos homes está no 8,2%, e que pode ser na súa comunidade onde resulte máis fácil atopar traballo no país.
Téñase tamén presente que o número de persoas que acoden ós comedores sociales ou a ropeiros de Cáritas aumentou nos últimos meses nun 40% e que, noutros niveles de poder adquisitivo, a xente tamén se mide, viaxa menos, procura non xantar en restoráns, etc.


España vai cerra-lo ano cunha cifra do 12 por cen de paro.[Noticia de Finanzas.com]

CAMBIO CLIMÁTICO

Mingote, ABC, 24.10.2008, sobre o cambio climático.
martínmorales, ABC, 24.10.2008. A comentarista do tempo di que a foto é dun telespectador e corresponde á Alpujarra granadina, onte, cando eles anunciaban chuvias.
Aznar di qu´o ecoloxismo é o comunismo dos novos tempos.

Pontevedra, 24.10.2008

Entrada n. 670 do blog

CAMBIO CLIMÁTICO,
por Xesús López Fernández

Aznar acaba de irrumpir, cunha conferencia, no tema do cambio climático, contra os que, según el, predican un apocalipsis sen retorno, contra o pensamento único ecoloxista do que califica nova relixión inquisitorial. E non é único nesa idea de que o cambio climático é unha falacia, pois non poucos futurólogos telumbran que estamos a entrare nunha nova glaciación, algo difícil de comprender cando o Polo Norte pode perde-lo xeo todo; cando na Antártida se están a producir tamén grandes cambios, parece que todo a consecuencia do quecemento global provocado pola contaminación. Os interesados poden visionar neste blog o vídeo sobre o gran derrubamento do glaciar andino Perito Moreno, na Patagonia arxentina. O ex-presidente español fixo as devanditas afirmaciós na presentación dun libro do expresidente checo Vaclav Klaus titulado "El Planeta Azul", editado por FAES.

O discurso de Aznar está moi lonxe do de Al Gore, ó que neste blog nos temos referido en máis dunha ocasión. Carecemos de elementos de xuicio máis alá do que poidamos apreciar no noso entorno e algo, de certo que sí, está a pasar. Pero a friaxe que estou a sentir hoxe, cando o Outono non debería apurar; mesmo o verán que tivemos, que foi como un inverno soave, son cousas a ter en conta, que parecen indicar non estamos nun cambio consolidado.

Conferencia de Aznar.
[Información de El Periódico.com, que contén video]
SOS CAMBIO CLIMÁTICO [
El Mundo, 24.10.2008, con vídeo]
Aznar afirma: "Soy un ecologista sensato".[
El País, 24.10.2008]
Aznar cuestiona a nova relixión do cambio climático [La Razón, 24.10.2008].

MORRE CONSTANTINO GARCÍA

Coa morte de Constantino García, as letras galegas, a lingua toda, está de luto.

Pontevedra, 24.10.2008

Entrada n. 669 do blog

MORRE CONSTANTINO GARCÍA,
por Xesús López Fernández

Asturián de nacemento foi un franco traballador na defensa da nosa lingua. Inserímo-la noticia que hoxe dá [El Correo Gallego]. Foi colaborador na Televisión de Galicia, cun programa que aclaraba cousas do noso idioma, qu´o facía máis próximo.

Coido qu´o seu principal leigado é o chamado GLOSARIO DE VOCES GALEGAS DE HOXE, que consulto con frecuencia. É un traballo de campo por el dirixido, que recolle palabras de máis de corenta núcleos de poboación. Pero deixou moitas máis obra: Follas da Lingua, Cousas da Lingua, etc..

jueves, 23 de octubre de 2008

A REFUNDACIÓN DO CAPITALISMO.

martímorales, ABC, 10.10.2008. ¿E quén é o que máis ten que sacrificar prá refundación?
martinmorales retrata así a petición de recomendación de Zapatero a Sarkozy. Chiste do 23.10.2008, no ABC.
Os banqueiros tamén pasan a gorra, quero deci-lo gorro. martínmorales, no ABC do 8.10.2008.

Pontevedra, 23.10.2008

Entrada n. 668 do blog

A REFUNDACIÓN DO CAPITALISMO,
por Xesús López Fernández


A xuntanza convocada por Bush pró 14.11.2008 está sendo calificada como a gran reunión prá refundación do capitalismo universal. Zapatero parece que, definitivamente, non vai estar nela porque non foi invitado, a pesar de llo ter pedido a Sarkozy.

Non se trata xa do abandono do Irak, país no que tamén hai persecución e asesinato de cristiáns. Hai outras cuestiós que Zapatero non ha querer meter no seu particular exame de conciencia: darlle as costas á bandeira dos EEUU, algo que nen o propio Obama lle vai perdoar aínda que saia presidente das elecciós do 4.11.2008; o feito de tentar ningunea-la situación económica francesa, ou a italiáa, cando foi ós EEUU, como a querer mediar na campaña a favor de Obama.

¿Cómo Sarkozy vai esquece-la actitude de apoio do noso presidente a Segolene Royal?. E se realmente estiveramos no mellor dos mundos posibles, nun estado instalado na calidade de vida tan nos discursos políticos, os comedores de beneficencia ou Cáritas non se sentirían tan presionados, coa particularidade de que no aumento da demanda de axuda básica dun 40% non están só os máis probes, que moitas veces son traballadores dignos engulidos polo paro no que este país é campeón. ¡Se a este paso vai haber que refunda-lo Auxilio Social!

Pero pra facer crítica do devandito, mellor clicade o enlace dun artículo de [Ignacio Chamorro, no ABC desta data, aquí.]

Tamén, por Florentino Portero e do mesmo medio e data 23.10.2008, ["Zapatero está desnudo"]. A situación do noso presidente aparece tamén retratada no chiste de martínmorales que abre estos comentarios.

Javier Menéndez, director de "Axuda á Igrexa dos necesitados", é autor, igualmente no ABC, dun traballo sobre os cristiáns esquecidos, os cristiáns do Irak que nunca quixeron a guerra, de data 23.10.2008, titulado [Los cristianos olvidados].

O remedio de tanta situación límite como se está a producir, consecuencia das malas prácticas políticas, da Corrupción, non vai depender da reunión de Nova York. Vexo a unha Igrexa víctima, cada vez máis presionada polo Poder satanizado, como esperanza última dos probes da Terra.

PONTEVEDRA, SECUENCIAS DUNHA MORTE

Introducción: Chiste de Mingote sobre a circulación nas cidades, no ABC do 8.10.2008. ¿Coches sen gasolina ou sen aparcamento? Difícil solución.
Atoamento en Pontevedra. A cola da retención, atricada a circulación, en Cobián Areal. É unha das consecuencias de ter acabado coa circulación radial ou de teren eliminado prazas de aparcamento en superficie. Agora queren seguir xogando con novas soluciós, xa imposibles, ou inventaren novos e costosísimos aparcamentos.
Espacio público ocupado pola reconversión do mesmo en almacén de mesas e sillas dos locales de tapeo. As moscas e a suciedade son as grandes invitadas nas prazas da nova economía. Modelo de cidade. Polos soportales tería que quedar un paso franco dun metro de ancho, según a normativa de veladores.
As prazas roxas da nova economía desprazan os contenedores a calexós nos que causan máis problemas que nos espacios abertos. Consecuencias, repitamos, "do novo modelo de cidade".
Museo efímero. Os graffitti iranse asañando máis e máis coa zona vella. Rúa do Laranxo.
A ponte da Puntada, a que o Ministerio da Vivenda recomendaba no 1973 que non se construíra. Recomendoulle d´aquela ó Concello, ó tempo que rexeitaba o Plan d´Urbanismo do 1970, que interesara do MOPU outro trazado prá autopista, pra así evita-lo impacto que se produciría. Que se produceu i este goberno local d´agora quer potenciar aínda máis con obras como a gran rotonda de Mollabao ou a nova ponte d´As Correntes que vai construir Sercoysa.
Pinturas "rupestres" nos arcos de San Bartolomeu, outra mostra d´abandono.
A rúa Real, cando xa pasou un ano da finalización das obras. Ésta é unha pequena mostra da miseria urbanística ou da inutilidade das tapas-trampa, que tantas veces temos denunciado. ¿Outro plan Renove pra Sercoysa?. Téñase presente qu´o adoquinado feito nos 1940, sendo alcalde Hevia, chegou practicamente intacto ata as obras vandálicas dos novos urbanistas..
Outra perspectiva das pinturas "rupestres" nos Arcos de San Bartolomeu.
Modelo Allariz imprantado no río Pintos, Tomeza, Menexo, Tablada ou Gafos, que responde a todos esos nomes. En sentido ascendente, acabamos de deixare á esquerda a tenza denominada "entre ríos", espacio no que ía construir certo contratista, na época de Rivas Fontán, aínda sendo espacio público. Tivo que ser un particular, Fabián Estévez Rodríguez, o que, en exercicio da acción pública, consigueu pola vía xudicial a reversión do terreo pró Concello. Aínda non lle deron as gracias estos chacaritas, que agora presumen do sendeiro do Gafos.
Abriron este espacio, botaron del á Policía Local, querían preparar un escenario prá súa praza roxa, a antigua da Verdura. ¡E fixeron un lugar prá misería á par que prá nova economía do Rastro ou das Feiras do mel e filloas de Valongo! A foto corresponde a un momento no que alguén botou seis caldeiros d´auga pra evitare que se asentara no lugar un probe home que, pulcro sí, dorme aí, nesa fronteira. De pena. É un dos espacios que marca a degradación da cidade, como algús tiñamos telumbrado e dito publicamente nas xuntanzas que se celebraron previamente ós actos vandálicos prá instauración do novo modelo de cidade.
Outra das cancelas da zona vella, pra que non entre na vila o comercio, pra qu´a zona se apague máis e máis.
Reconstruído o edificio Pirsa, edificio 10, intelixente, a intelixencia non lle vale pra salva-los tempos do terrorismo decibélico que chegan con cada nova atracción que montan no espacio, que é unha praza, nunca un escenario, carallo. Aínda hai pisos á venta. Habíaos onte, 22.10.2008.De cando o mar chegaba á desembocadura do río dos Gafos. Na fotografía, de comezos do século XX, aprécianse as barcas e peiraos que eran soporte de moitas economías familiares ó longo e ancho d´As Moureiras. Expulsado o mar, este é o aspecto do antiguo sanatorio dos gafos ou malatos, visible na fotografía anterior, traicionada a memoria do lugar, expulsada a verdadeira economía e vida mariñeiras, perdida a vocación da vila.

Pontevedra, 23.10.2008
Entrada n. 667 do blog


PONTEVEDRA, SECUENCIAS DUNHA MORTE,
por Xesús López Fernández

Non introduzo máis comentario qu´os que xa figuran ó pe de cada fotografía, incluído o soporte introductorio do chiste de Mingote. Naturalmente, podería ter escollido outras fotografías máis logradas, pero estas son unha mostra do que está a pasar na Boa Vila. Teremos ocasión de expoñer outras novas fotos-denuncia, novas secuencias da morte anunciada ou tamén do que se salva, de momento.