domingo, 28 de octubre de 2012

Viaxe a Grecia, 5

 Teatro de Dyonisos
 Panorámica dend´o alto do Areópago, onde San Pablo foi invitado a falare.
 O Padre Paco Castro dá lectura ó discurso de San Pablo tal como está recollido nos Feitos dos Apóstolos, de San Lucas.
 Panorámica da área arqueolóxica. Ó fondo, o Partenón. O seu friso está no Museo Británico e non-o devolveron "porque os gregos non tiñan un museo adecuado", o que hoxe é mentira despois de que Melina Mercury, que foi en tempos ministra de Cultura, promovera a construcción do magnífico museo que hoxe ten a cidade.  
 Odeón de Herodes Atticus, onde estaba prevista a actuación de Montserrat Caballé neste mes que remata.
 Fotografía reiterada xa nesta tira, pero con outro enfoque. Ó fondo, o Partenón.
  
 OEstadio de Panatinaikos.
Un momento do cambio de guarda ant´o Parlamento, onde están gran parte dos problemas do país: 300 desgobernantes que cobran. ¡E o país non ten Senado!, no que aforran máis que nós, que inda podemos estar peor que eles.
 Areópago. Á dereita, en bronce, a lembranza de San Pablo.
 Conemoración da presencia de San Pablo.
Erecteión. A tribuna de  cariátides que miran cara ó Partenón.

Pontevedra, 28.10.2012
Entrada n. 1571
Artículo semanal


Viaxe a Grecia, 5,
por Xesús López Fernández

            Atenas, 14.09.2012. Xa na víspera e despois de ter ceado, falamos con xente española, cruceiristas na maioría, que tiñan previsto facer algunha das rutas polas illas gregas (contando os illotes existen tres mil). Saiamos do hotel pra dare unha volta noitarega pola zona, pero xa advertidos por aqueles compatriotas de certos peligros. Eles presenciaran un par de roubos, un aviso da situación que vive o país, con bulsas de extrema probeza.  Paseo, pois, corto, que o día 14 tocaba madrugar de novo. E preparámonos pra, despois de desaxunar, inicia-la nosa visita panorámica, sempre con alusiós precisas do noso guía, que apuntaba como un dos factores da crisis que vive o país o feito de estare concentrada máis da mitade da poboación en dúas urbes: Atenas e Tesalónica, máis de cinco millós, o que convertía a situación económica en algo verdadeiramente insustentable.

            A capital grega recibe o nome da deusa Atenea (Minerva), deusa da sabiduría, da que xa deixaramos algún referente en Delfos. Era unha das deusas do Olimpo e porfiara con Poseidón pola protección da cidade, cando ésta aínda non tiña nome. No noso recorrido fomos en principio á Acrópolis (cidade alta), onde  tiñamos a lección  do impresionante leigado histórico e cultural alí presente: os Propileos, que tiñan a función de pórtico e vestíbulo; a porta Beule, construída no século III d.C., cunha escada de acceso á Acrópolis; o Templo de Atenea Niké, de estilo xónico, levantado no séclo V a.C., pra conmemora-la victoria sobre os persas; o Erecteión, hoxe restaurado, que presenta unha tribuna de Cariátides que miran cara ó Partenón, e foi construído a partir do 421 a.C.; o Museo da Acrópolis, que reúne parte das esculturas atopadas en excavaciós; o Teatro de Dionisos, na caeira da Acrópolis, con cabida pra 16000 espectadores; no impresionante Partenón, que foi construído antr´os anos 477 e 432 a.C.,  están a faceren unha serie de actuaciós interminables de consolidación, pero o friso permanece no Museo Británico e non llo queren devolver, aínda que Tony Blair sí que o prometera, unha trola á captura dos votos de grecochipriotas; no Odeón de Herodes Ático estaba prevista unha actuación de Montserrat Caballé pró mes de Outono, según o noso guía. 

            Tamén visitámo-lo ó Areópago, con memoria de San Pablo de hai case dous mil anos, na súa viaxe de evanxelización. O seu discurso, talvez o máis importante na historia do Cristianismo e tamén da cultura social e relixiosa de Occidente, está recollido nos Feitos dos Apóstolos, de San Lucas. Situados alí, sobindo cecáis polos mesmos  chanzos labrados na pedra que debeu usare o apóstolo, foi o momento de releé-lo seu discurso enteiro, alí transcripto nunha placa de bronce, a prédica pronunciada no nome do deus desconocido que tamén tiña reservado altar. Como consecuencia da misión de San Pablo convertiríase Dionisio, agora venerado como San Dionisio o Areopaxita, que foi, según a tradición, o primeiro bispo de Atenas. (Polo serán teriamos ocasión de asistire a unha misa no templo que  leva o seu nome).      

            Continuamos coa visita a certos lugares: Arco de Adriano, Templo de Zeus Olympico, o pazo da Presidencia da República, Parlamentos (antiguo e actual), Academia de Atenas, Biblioteca Nacional, estadio de Panatinaikos. Presenciámo-lo relevo da guarda no Parlamento, pintoresco, os soldados cunha vestimenta anacrónica e calzados cuns zapatos con pompón. O noso guía avisabanos que un dos problemas do país eran os 300 parlamentarios que alí se sentaban. E seguía a decir, como aviso, “¡e non temos Senado!”… Despois retornariamos ó hotel, pró xantar; a tarde libre pra conocer espacios ou, simplemente, ir de tendas, ou asistir á santa misa como queda dito... Por certo, algús negocios, fundamentalmente xoierías, estaban blindados con doble porta; outros estaban máis en sintonía coa situación crítica do país e precios á baixa. Xa no hotel e despois de ter ceado sobimos á terraza: un esculcadoiro. A cidade, sobre todo a Acrópolis iluminada, locía con maxestade na noite. 

domingo, 21 de octubre de 2012

Viaxe a Grecia, 4

 Fachada do Tesouro dos atenienses.
 Outra vista do Tesouro dos atenienses. 
 O grupo disponse a entrare pra recorre-la zona arqueolóxica. Ó fondo, o Parnaso.
 Muro ou madarrón formado con pedras poligonales, pra unha maior seguridade.
 Esculcadoiro dend´o que se pode facer un certo inventario das ruínas de Delfos. Á man esquerda, parte inferior, o anfiteatro; as columnas do centro corresponden ó templo de Apolo, o terceiro dos conocidos.  

                      
 Outra vista do campo arqueolóxico.
O indicador marca o camiño cara a fonte Castalia, pró correspondente baño de purificación á hora das profecías. Existiron dous templos a Atenea pronaia. 

Pontevedra, 21.10.2012
Entrada n. 1570
Artículo semanal


Viaxe a Grecia, 4,
por Xesús López Fernández

            13.09.2012. Delfos está situado ó sur do monte Parnaso, que como moitos lugares da antigua Grecia leva un nome tirado da nómina da súa mitoloxía. Este Parnaso é fillo de Poseidón e da ninfa Cleodora, e  atribúeselle a fundación do oráculo de Delfos que pasado o tempo tería de ocupar Apolo. No lugar terían morada as musas que, chamadas por el, acodirían dende o monte Helicón. E por esa razón considérase o Parnaso como a patria simbólica dos poetas. Alí está situada a vella fonte de Castalia, o nacente d´augas frescas no que os antiguos se purificaban antes de pedi-las profecías ó Oráculo de Delfos. As ruínas do templo de Apolo (do terceiro templo dos que se ten noticia) fan supoñer un pasado esplendoroso, xunto cos restos doutros templos que no seu día conformaron o maior centro relixioso da Grecia antigua, e os datos históricos foron aflorando gracias ós traballos da Sociedade Arqueolóxica Francesa, coas súas excavaciós.

            O terreo está moi en costa, pero conforme se vai sobindo agrándase a panorámica, vaise aclarando a perspectiva dun Delfos que parece era xa unha poboación organizada dende 1400 a.C., na época micénica e cando os habitantes veneraban á deidade Gaia (Terra).  Alí estaban á nosa vista os restos dunha urbe hoxe impensable: o templo de Atenea pronaia, o Tesouro dos atenienses, o Anfiteatro  e, no máis alto da nosa camiñata, o estadio, ademais de restos de numerosos edificios que albergaran tesouros. Existe no lugar un espléndido museo con numerosas esculturas, releves, frisos, pezas de bronce e ouro que amplifican o que as ruínas mostran… Este museo, que foi construído no 1938, dispón de trece salas que acollen moitísimas ofrendas que nalgún tempo decoraban o templo de Apolo e que están datadas nos períodos arcaico, clásico e román. O noso guia foinos aclarando o puzzle, e a relación de Apolo coas ninfas, como se tivese un conocemento real dos persoaxes.

            Por certo, Apolo, co que nos tiñamos atopado xa o pasado ano no seu Oráculo de Dídima, perto de Mileto, era fillo de Zeus e da titánide Leto, e irmán de Ártemis. Según contan os poemas de Homero, cando Leto estaba preñada de Zeus tivo que se enfrentare a Hera, que non aceptaba a traición do seu esposo e quixo impedire que Leto parira, ordeando incluso que nadie lle dese acobillo. Leto atoparía amparo na illa de Delos, que antes fora unha ninfa, Asteria, tamén pretendida por Zeus pero, ó non correspondere ela ó seu amor, foi convertida en illa. Abreviemos. Na illa naceron Ártemis e Apolo. Cando pasado o tempo Apolo visitou o Olimpo, foi acollido bondadosamente polos outros deuses. Despois vagou por  montes e fragas á procura dun lugar pra fundar un oráculo, ata que se atopou no espacio penedío do Parnaso, có que se compraceu (outro xeito de conta-la historia). Nós, despois de xantare ó pe dese sistema montañoso, seguiriamos cara Atenas.

            No noso itinerario tiñamos unha sorpresa de paz: un convento bizantino fundado no ano 1011: Ossios Lucas, no concello de Distorno, na prefectura de Beocia. Está inscripto no Patrimonio da Humanidade da Unesco. É conocido polos seus mosaicos de fondo dourado, pinturas e refinada decoración. Dedicado ó seu fundador, San Lucas, un ermitaño do século X, cuios restos permanecen nunha cripta, é un dos edificios do medioevo máis importantes e visitados de Grecia…..Pasariamos tamén por Arachova, un pintoresco pobo de montaña pra, de seguido, aproximarnos a Tebas, a que fora cidade-estado con poderío, en tempos antiguos a máis grande de Beocia. Tebas era famosa polas súas sete portas, algo que citan Homero i Hesíodo, pero non estaba no noso rol de visitas…Chegamos a Atenas, xa case de noite, pra nos instalare no Hotel Titania, con moito movemento. O establecemento está (na mesma avenida) a corta distancia do templo católico román de San Dionisio Areopaxita, testigo da presencia de San Pablo no Areópago, pero ése era xa tema pró seguinte día.    


domingo, 14 de octubre de 2012

Política e Liturxia católica

Pontevedra, 15.10.2012
Entrada n. 1569 do blog


Política e liturxia católica,
por Xesús López Fernández


Case tódo-los políticos son, á postre, verdadeiros problemas. En Galicia son causa principal do deterioro do país, da súa acrecida miseria, ata o absurdo da subvención do abandono das aldeas, que foron as que de sempre mantiveron aquí a sustentabilidade e a fala harmoniosa dos nosos ancestros, actualmente traicionada polos partidos todos, incluso pola Igrexa.

Co seu discurso falaz, de distinta color, os políticos son incapaces de convencere ós posibles votantes, decote máis sabedores da inutilidade do seu voto porque a presunta mentira, ou corrupción si se quer, están á vista do que queira ver. Caín apunta certeiro neste vello chiste de La Razón, que parece pensado prás elecciós galegas, vascas, catalás....Por eso deixo este apunte como simple anécdota e quero presentare o enlace dunha misa oficiada polo Padre Antonio García Rubio, na parroquia de Nuestra Señora del Pilar, en Madrid, o 14.10.2012.

O video informa de cómo funciona unha parroquia viva. A misa é un pouco longa, pero facendo algús cortes chégase fácilmente á parte da homilia, que recomendo se escoite con atención. Aí está, na prédica do Padre García Rubio, a mensaxe evanxélica e moitos dos problemas que vive a nosa sociedade. A pesar da crisis e dos problemas de postración que poidan sofrir moitas persoas non debemos perde-la esperanza, sí confiar en Deus, que pode máis que os políticos e que nunca, nunca, vai se-lo noso problema. (Clicade no enlace seguinte, e procurade oi-la homilía, nunha lingoaxe tan próxima e tan lonxe do discurso dos políticos necios.)   

Viaxe a Grecia, 3

 A aguia bicéfala de Bizancio nun mosaico de Meteora.
 Unha vista do noso hotel de Kalambaka, ó pe dos grandes outeiros ou tesos de Meteora.
 Un teso, o Gran Meteoro, coroado co mosteiro da Santa Transfiguración.
 Mosteiros e tesos irmanados. Panorámica.
 O mosteiro fundado por San Atanasio, o da Santa Transfiguración ou do Gran Meteoro.
 Vista panorámica.  
 O noso grupo vai accedendo ó mosteiro de San ou Santo Esteban.
 Imaxe de San Esteban.
 Termópilas. Monumento a Leónidas I, rei de Esparta. Vista parcial.  
 Outra vista parcial do monumento.
 Vista máis xeral do monumento a Leónidas, en Termópilas.
En Delfos, no monte Parnaso.

Pontevedra, 14.10.2012
Artículo semanal
Entrada n. 1568 do blog


Viaxe a Grecia, 3,
por Xesús López Fernández

            O 12.09 partimos de Kalambaka,  en Meteora, do que xa deixamos referencia no artículo anterior. Arrancamos pra nos achegare a algús dos seus recantos emblemáticos e visitare un par de conventos. Lugar sagrado, inalterable e inviolable, así é definida nalgús textos a Comunidade Monástica sobre os penedos xigantescos, talvez máis de mil, que forman un verdadeiro bosco pétreo: Santas Meteora. Nestos grandes penedos ou tesos  comezaría nos novecentos da nosa era unha gran aventura: ascetas chegados doutras partes comezaban a fixare alí os seus retiros, primeiro como eremitas en covas, nas furnas do gran outeiral, pra iren configurando, ó longo dos séculos, asentamentos verdadeiramente monásticos. I é ó Venerable Atanasio Meteorita (fundador do Mosteiro do Gran Meteoro no século XIV), ó que se lle atribúe a denominación de “meteoros” ós grandes tesos que visitamos ou dexergamos naquela espléndida mañá.

            A paisaxe é sobrecolledora, fascinante. Os tesos alí concitados e a chaira de Trikala, a súa formación, ven do periodo terciario, pérdese na néboa do paso de sesenta millós de anos. Pero os monxes comezarían a ver nos outos cumes unha especie de provocación pró amelloramento da súa ascesis: a Transfiguración de Xesús no monte Tabor, ¿por qué non no alto dos tesos? E así é chamado o mosteiro (da Transfiguración do Señor) fundado por San Atanasio no século XIV, que visitamos con motivo desta viaxe. É a partir desa fundación cando comezan a florecer ata 24 mosteiros, celas individuales, recantos ascéticos, lugares de pregaria, etc, polos grandes petoutos de Meteora, que se fundan ou restauran cunha continua presencia de máis de seiscentos anos. Actualmente permanecen, con vida monacal, uns seis; os outros deben estar abandonados ou á espera de que o home queira activa-los resortes do seu espírito, procura-la luz eterna alén do materialismo falaz que actualmente vive.

            O día da nosa visita ó mosteiro que fundara San Atanasio, o lugar estaba moi frecuentado. Visitámo-los distintos espacios, e disfrutamos de panorámicas indescriptibles. No templo hai abundancia de frescos que deben ter un gran valor. O visitante sinte curiosidade por todo o que ve naquela insólita construcción, pero non se pergunta pola vida monástica, cando os monxes procuran a verdade precisamente no seu aillamento e na oración. Ese día, un grupo de visitantes rusos, ortodoxos, debeu dispoñer dalgunha licencia pra entonare certos  cantos. Estaban alí, de certo, pra algo máis que pra usa-lo Gran Meteoro como un esculcadoiro. Nós, pola nosa banda e despois de nos retirar a un cumio próximo, celebramos alí unha eucaristía íntima, norma da nosa viaxe. Seguimos camiño ata o convento da San Esteban, de monxas, que tamén visitamos. Outra panorámica deliciosa. As monxas mantiñan un certo comercio de “souvenirs”, fundamentalmente pequenos iconos. E seguimos ruta ata o restorán, con vistas amplias sobre o campo de Tesalia.

            Despois de xantar partimos cara Delfos, nalgún tempo considerado o centro da terra. Parariamos antes en Termópilas, onde existe un monumento a Leónidas, rei de Esparta, morto naquela batalla da Segunda Guerra Médica, cando mandaba as tropas gregas que resistiran o ataque persa durante dous días, causándolle incluso graves danos, pero finalmente serían derrotados. E seguimos cara Delfos, o noso destino dese día, que actualmente é un pequeno pobo turístico, situado na caeira sur do monte Parnaso, con vistas sorprendentes sobre do val e o mar. Delfos, as súas ruínas, formaba parte dos nosos deberes do día seguinte.  Pero, de momento, tocaba instalarse no hotel, cear, e dar unha volta pra lle toma-lo pulso ó lugar. Meteora quedara xa atrás. ¿Lugar real, lugar soñado…? En todo caso, lugar vivido durante unhas horas nas que puidemos captar --¿?— a instantánea dunha historia milenaria, conocer incluso xentes que afirman que a Transfiguración, alí, é un logro posible. 

miércoles, 10 de octubre de 2012

Viaxe a Grecia, Fotos e notas (3)

 En Meteora, Grecia, din que hai máis de mil "meteoros",lugar único no mundo. O da foto é unha primicia, sobre hotel que nos dou pousada a noite do 11.09. Agora é 12.09, cando abre o día.
 Hai diversas opiniós sobre a súa orixe.  Algús aseguran que nalgún tempo formaban parte dun fondo mariño; outros que si de un lago salado. 
 Calcúlase que hai máis de mil desos enormes petoutos, ou penedos, ou tesos, alturas que buscaron os monxes dend´os anos 900.
 O día que visitamos esos lugares xa o outono quería dibuxa-las súas colores, marcidas, múrcha-las follas dalgús arbustos, como se pode estimar na foto.
 Unha panorámica da zona; unha de tantas fotos sacadas a sortes.   
 Este é  o convento de Transfiguración, fundado por  San Atanasio, procedente do monte Athos.
 Outra vista xeral do citado convento, un dos poucos que quedan vivos, tres ou seis, dos vintecatro que houbo nalgún momento. Primeiro chegaban como eremitas e construían pequenos claustros, ata que aquel movemento de ascesis foi granando en conventos concretos, algús con colecciós importantes de frescos.
 Outra vista do convento da Transfiguración.
 Unha visión panorámica do lugar, xeografía  hostil coa que os monxes souberon irmanarse.
 Na foto é perceptible o fondo cavorco verdegado que pasa como unha congostra antre grandes e outísimos comareiros. 
Vista panorámica dend´o mosteiro da Transfiguración.
 
 Convento da Transfiguración. Detalle.
 Pra que se comprenda o grado de heroísmo, a fe dos monxes, a súa procura da luz eterna.
 Outra vista do devandito convento.
 Acceso ó convento de San Esteban, de monxas.
 O ferro que se ve, curvo e pendurado, vale pra lle dar aviso ás monxas, como unha campá. É a hora dos rezos.
 Imaxe de San Esteban (prefiro esta forma que non San Estevo), convento de monxas.
 Outra vista antre "meteoros".
Ó mellor hai que ampliar máis a foto, pero no perfil do gran meteoro da esquerda apréciase a figura dun alpinista.

Pontevedra, 9.10.2012
Entrada n. 1567 do blog

Viaxe a Grecia, Fotos e notas (3),
por Xesús López Fernández

O día 12.09.2012 fixémo-lo recorrido polos cumios de Meteora.Visitamos un par de conventos. Aínda disfrutamos dunha eucaristía nun daqueles altos que mesmo podía ser espacio pra un niño d´aguia.
Este  é un tema que penso tocar no artículo do próximo luns. De momento vaia esta entrega de fotos, que non penso sexan as mellores.