Pouco a pouco vaise abrindo unha certa esperanza de recuperación do espacio da fotografía. Se os políticos queren exerceren en clave de Estado de dereito, incluso a avenida que xa se apuntaba nesta foto dos anos cincoenta debería desaparecer, conforme ós criterios de inviolabilidade do que está definido como dominio público marítimo terrestre, có que incluso o propio Fraga quixo acabare. Ós políticos se lles presenta agora unha papeleta difícil porque tódo-los que teñen o seu pesebre no Concello pontevedrés carecen de discurso ecoloxista.
Pontevedra, 25.08.2014
Entrda n.1776 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra
Cara un novo tempo
electoral,
por Xesús López
Fernández
É sabido que as rías baixas son espacios sensibles,
de augas case-entrópicas, decía hai xa moitos anos o doutor Buenaventura Andreu,
e afirmaba o home, como exemplo da pausada renovación das súas augas que, nunha
única ocasión, depositaran unha sustancia contaminante no estreito de Rande. ¿E
qué pasou…? Que un ano despois a sustancia seguía presente naquel medio. A pesar de testimonios como éste poderiamos
decir que non parece se teña actuado, ás veces, cun mínimo respeto, tanto á
hora de acometer certas realizaciós urbanísticas como de promove-lo asentamento
irracional de certas industrias, pensadas como enclaves colonialistas de
vertedeiro que acabarían, en gran parte, coa riqueza primaria das rías ó non
estare controlada a súa contaminación. Tamén ó ter comprometido a dinámica das
augas, algo que, dacabalo do ESCORP (o Estudio da Contaminación da Ría de
Pontevedra), conoceuse, presuntamente, de forma cabal.
Pero así
como a primeira parte do estudio foi difundida, a segunda permaneceu agochada
ata que certo avogado dou co tobo onde a tiñan escaqueada, algo que parece ser
práctica frecuente. Como fose, o estudio mostraba a gravedade dos vertidos de
mercurio, na primeira parte algo máis de 13 gramos por tn de cloro
fabricada. Na segunda parte, a cifra aumentara e pasaba dos 17 gramos . Desconozo se a
Administración propuxo de novo estudios cabales como o citado, pero sí que se
ten ocultado información, como o resultado dos análisis dunhas mostras tomadas
pola Policía Autonómica, o 8.11.2004, no entorno da depuradora d´Os Praceres,
tres mostras dunha mancha grasenta, de tono grisallo e pastoso, concentrada en
forma de “pelotas”. O asunto permaneceu tapado ata o mes de maio do 2005,
rescatado dos arquivos da Consellería de Medio Ambiente. O Centro de Control do
Medio Mariño, de Vilaxoán, determinara a presencia nas ditas mostras de endrín,
unha sustancia que se usa como insecticida, contaminante de primeiro orde e
canceríxeno de contacto. En fin, mala veciña esta edar d´Os Praceres,
sentenciada.
O Concello de Pontevedra
foi xa emprazado hai tempo pró cambio de ubicación desa infraestructura, aí
montada en contra da Lei de Costas, art. 44.6, que prohibe a instalación de
depuradoras de augas residuales na ribeira do mar, unha das agresiós das
marismas de Lourizán. Aínda que financiada nun 80 por cen pola UE, non deixa de
sere ilegal. E cando xa debía estar estudiado o seu posible traslado xogan
algús coa afirmación da imposibilidade do mesmo. Pero, non, debe ser viable a
reubicación, si se quer, como ten apuntado Agustín Fernández, concellal
socialista, ó pedirlle ó Bloque que impulsase o PXOM, pero reservando un
espacio prá nova edar no caso de que teña que ser cerrada a actual de Lourizán.
Construída en terreo concesional da vella Ence non segregado, afirma. A.
Fernández ten indicado que o Axuntamento de Pontevedra sabe dend´o ano 2010 que
a edar carece de concesión e que Costas indicoulle naquel momento que terían
que irse en cinco anos, tal como se indica na sentencia dictada pola Audiencia
Nacional.
Vai facer
un mes que se dou a conocere a sentencia do Tribunal Supremo desestimatoria dos
recursos de casación do MARM i ENCE contra a sentencia do 19.05.2011, que agora
adquire o carácter de firme e pola que se ordeaba ó Ministerio incoa-lo
expediente de caducidade de ENCE. Incluso, antes de se produci-lo trasacordo,
Rosa Aguilar comentara que non se ía recurrir en casación e sí incoa-lo
expediente. Pero pasados tres anos, agora son outros os que deben actuar. O
PXOM, cunha Axenda21Local cabal, podería ter sido o instrumento prá
recuperación de gran parte do capital natural desta cidade i entorno. Nos temas
propostos, edar, Ence, os partidos presentes no Consistorio teñen un tema pra
facer boca, pero non se intúe que nengún deles teña un faraute, un faraldo prós
novos comicios, capaz de ilusionar a nadie. No camiño, parece perdida a
conciencia ambientalista.