domingo, 28 de julio de 2013

SANTIAGO, DÍAS DE DOLOR

A seguridade do tren Alvia, en entredito. Deben xustificar, ademáis, por qué foi inaugurado en precario, aínda que agora digan que levaban un ano ensaiando a imprantación do sistema de seguridade ERTMS. 

Pontevedra, 29.07.2013
Entrada n. 1690 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra dos luns.

Santiago, días de dolor,
por Xesús López Fernández

            En relación co accidente ferroviario de Santiago recibín, o 24 de Xullo, un correo electrónico do padre Paco Castro, a súa primeira meditación sobre o drama acontecido, que decía (a traducción é miña): “Hoxe a miña cidade da alma chora có corazón ferido, como unha nai sen acougo, e os pasos dos peregrinos da terra van ser un canto de esperanza en comunión cos novos peregrinos da Eternidade.  Dende San Francisco, no corazón de Compostela, hoxe sentimos como nosos os sofrimentos das víctimas desta catástrofe e dos seus familiares e amigos. Temos levado mantas prós familiares das víctimas; tamén ofrecín o meu sangue. Ogallá poideramos ter feito máis, moito máis. I en breves horas vou celebra-la Eucaristía no día de Santiago e pedir ó Resucitado que acolla no seu fogar ós que deste xeito, tristemente, amanecen á luz da Eternidade.”

            Coido que no dito polo padre Paco está resumida tamén a afoutada entrega das xentes de Angrois dende os primeiros momentos da catástrofe que, na medida do posible, contribuíron a darlle os primeiros auxilios ás víctimas do desastre, mesmo a rescatar vidas cando éso foi posible. A cifra de mortos foise disparando ata os 78, xa identificados nun tempo record, mentres algo máis de 70 accidentados permanecen feridos, algús críticos, en diversos centros hospitalarios. O día 25 recibía unha chamada telefónica dunha rapaza amiga. Estaban preocupados na casa porque non sabían do seu tío, vicario na parroquia de Santa Teresa, en Colmenar Viejo, home querido e sacrificado, unha verdadeira institución. E mandeille un correo ó meu amigo frai Paco Castro, por si el podía ter acceso a unha información veraz. O sacerdote, José María (Chema) Romeral Escribano, resultou ser conocido seu, e contestoume:

            “Paz e Ben, Xesús: Acabo de enterarme, e parece ser que está entre os falecidos. Coñecíao, coincidimos hai anos en Colmenar Viejo cando ía predicar alí a Novena da Virxe, en agosto. Parece ser que viña estar cun amigo xesuíta. Síntoo, de corazón. ¡Qué tristura! Acollámonos á fe e que Chema pregue por nós cara ó Pai do Ceo. [….]”. Efectivamente, a morte de Chema confirmariase. E cando xa todo é dolor, cando se contan case oitenta mortos, parece anecdótico cargarlle as culpas ó maquinista, ó que os seus compañeiros definen como prudente. O tema foi comentado en diversos medios nos que, precisamente, censuraban a precipitación coa que o home foi acusado; se antes non habería que entrare a considerar outros aspectos: a traza desa curva maldita, con radio  de 500 metros, a circunstancia de que o tren viaxaba sen o sistema de control ERTMS activado, que tería evitado, posiblemente, o accidente. E a verdade é que non está axeitadamente aclarada a cuestión do control que debería levare este tren. Confiemos en que a Xusticia esclareza o asunto. Todo.

            O padre Paco Castro volve sobre o drama, á par que comunica sigue co seu labor cotián de atención fraterna ós peregrinos: “Paz e Ben: [….] Non somos alleos a cánto sofrimento se ten ido acumulando ó longo das últimas horas na nosa cidade e, como onda expansiva, a moitos lugares do mundo”. (Tamén ó Brasil onde, no marco das Xornadas Mundiales da Xuventude, o papa Francisco dedicou unha oración ás víctimas da traxedia de Santiago). E sigue o padre Paco Castro: “Na  Meditación pola Paz que celebramos cada noite cos peregrinos/as, tivemos moi en conta esta realidade tan tráxica. Sentíndonos parte da gran familia da Humanidade, temos acendido un cirio que simbolizaba a luz dos que xa son peregrinos na Eternidade. Antre os asistentes estaba un peregrino que acababa de perdere á súa nai no tráxico acontecemento. Quixemos manifestarlle o noso agarimo por medio dunha sentida aperta que sempre compartimos antre todos, que nesta ocasión contiña unha mensaxe especialmente entrañable coa que queriamos manifestarlle a el, á súa familia, o noso agarimo nestos momentos de escuridade e tristura. [….] Ultreia et Suseia, máis alá e cara ó alto…[…….] Seguimos camiñando, os daquí, en comunión cos dalá, porque o amor é máis forte que o sofrimento”.  As víctimas de Santiago son xa as nosas adiantadas. Aquí nadie queda. 

O ESTADO DE DEREITO, CUESTIONADO

Viaxe inaugural do tren a Marín. Os veciños foran daquela os defensores do Estado de dereito; a policía actuou, realmente, como o exército privado dos clústers portuarios. O TS, ano 2007, sentenciaba a favor dos veciños. Os lacaios dos clústers queren evita-la execución das sentencias firmes dictadas polo alto tribunal. 

Pontevedra, 28.07.2013
Entrada n. 1689 do blog
Artículo publicado na web de Pontevedra Viva o 22.07.2013

miércoles, 24 de julio de 2013

O CASO BÁRCENAS E O ESTADO DE DEREITO

Estos recheos están sentenciados polo TS, gracias ó tesón e á fouteza dos veciños d´Os Praceres. Os clústers enguliron 300000 mt2, unha vella idea de Tomás Iribarren, gran amigo de Rajoy, comentada co alcalde de Pontevedra Fernández Lores. En actuaciós como ésta, cando os políticos se poñen de perfil, poden estar os nacentes de sobornos en billetes de 500 euros. Pero nengún político vai ó cárcere por asuntos como éste. Veremos que dá o tempo de si. Sigue un artículo presentado na web de Pontevedra Viva o 17.07.2013.

Entrada n. 1688 do blog
artículo de opinión publicado en Pontevedra viva.


Addenda: Estado de dereito ou Estado de desecho? 

domingo, 21 de julio de 2013

ECOLOXÍA, MALAS NOVAS

 Nalgún punto da corrupción que implican os recheos de Marín, poden aparece-las "flores bárcenas" das que fala o bloguero amigo José Antonio del Pozo. 
 Pero as xentes da Política, que difícilmente van ó cárcere, sempre teñen disculpas, como esta que brinda Esteban, autor tamén da viñeta anterior, en La Razón. 
 Caín, máis incisivo, mostra este retrato dunha cloaca con aforo completo. Tamén en La Razón.
 Caín, xenial, mostra ós novos depredadores non como asesinos ou corruptos. As víctimas son pura mercancía, como acontece coa ría de Pontevedra, entendida tamén como mercancía polos depredadores da política e do Estado de dereito, que están nos tres partidos que mandan no concello pontevedrés.
 Esteban. La Razón. A ideoloxía da presunta corrupción ven de varias vías. Así a definen os grafólogos ós que fai alusión Esteban. 
Esteban, novamente. Agora fala dun Bárcenas moi integrado que, home de negocios, propón facer promociós inmobiliarias de luxo co cárcere de Soto del Real; como en Marín fixeron do mar solares, pode que gratis total. Mais aquí habería que citar, como promotor do polígono industrial, a certo antiguo presidente da Autoridade Portuaria. No seu tempo comezou o escándalo,a construcción do ferrocarril, a agresión ós veciños defensores do Estado de dereito.

Pontevedra, 22.07.2013
Entrada n. 1687 do blog
Artículo remitido ó Diario de Pontevedra

 Ecoloxía, malas novas,
por Xesús López Fernández

            O 6.11.2009 sóubose da sentencia firme do Tribunal Supremo que anulaba o Plan Especial do Porto de Marín. Recriminaba ademais a falta de estudio de impacto ambiental pola actuación levada a cabo nunha zona de alto valor ecolóxico. O Alto Tribunal daba así a razón á Plataforma d´Os Praceres (defensora do Estado de dereito) que considera ilegales os recheos dunha superficie de trinta hectáreas e que presentara recurso contencioso administrativo ante o TSX de Galicia contra o citado plan, aprobado pola Consellería de Política Territorial por resolución do 3.10.2000,  que non entraría en vigor ata febreiro do 2005. A sección quinta da sáa do Contencioso-Administrativo votou o asunto o 27.10.2009 e non sóo desestimou a inadmisión do recurso formulado pola Plataforma d´Os Praceres, (solicitada pola Aut. Portuaria, a Diputación e o Concello de Marín), senón a sentencia do TSXGalicia, que desestimou en marzo do 2005 a demanda veciñal.  Pra sermos breves  digamos que o tribunal matiza que o Plan de Utilización de Espacios Portuarios é o instrumento que determina a ampliación do porto, e non o Plan Especial anulado.

            O 3.03.2013 o TSX de Galicia emprazaba á Autoridade Portuaria pró levantamento dos recheos sentenciados nun prazo de vinte días. Nesta resolución o tribunal asumía os argumentos cos que o Tribunal Supremo declarou ilegal todo o recheo e as construcciós que se levantan sobre del. “Declaramos ilegales as obras de recheo do mar en canto que realizadas ó abeiro do plan especial aquí impugnado e condenamos á Xunta de Galicia, á Diputación Provincial de Pontevedra e á Autoridade Portuaria á reposición da zona portuaria á anterior situación i estado”, como indica a sentencia do Supremo. Pero este 19.07.2013 a Xunta, por medio da Consellería de Medio Ambiente, aprobaba o Plan Especial do Porto con carácter definitivo. Pretende a Autoridade Portuaria que a sentencia debe darse por executada, asunto no que non concorda o TSX de Galicia. O asunto, que está recurrido, deberá ser visto novamente polo Tribunal Supremo pra determinar se a sentencia se dá por cumprida ou non. Neste asunto como noutros a noria xudicial vai seguir dando voltas.

            Outro asunto: o PXOM de Pontevedra, que sigue empozado. Xogo de florete antre os partidos cun Louro que por momentos se mostra certeiro, como cando afirma que 30000 vivendas son demasiadas e que se mostra máis partidario da conservación dos núcleos rurales. Pero hai algo do que non falan nengún dos tres partidos presentes no Concello: a redacción dunha verdadeira Axenda21Local, o documento democrático, ó que nos temos referido en máis dunha ocasión, pra consultare antre os cidadáns sobre os pasos a dar prá recuperación do capital natural. O disparate dos recheos portuarios, o estreitamento do río, a edar, a factoría de celulosas e a avenida de Marín que ocupan terreo demanial, son espacios que deberiamos recuperar se realmente queremos seguir tendo ría. E lembrémo-lo dito hai xa moitos anos polo prof. Buenaventura Andreu, no sentido de que as rías baixas son sistemas sensibles, choídos, case entrópicos.

            ¿É que no Concello non lembran que hai xa anos suscribiron a Carta de Aalborg de Cidades Europeas cara a Sustentabilidade? ¿Por qué non lle entregan a tódo-los concellales copia das Declaraciós de Aalborg, da Carta de Lisboa e da de Hannover prá súa lectura e mentalización? Algunhas cidades españolas fixeron ben os deberes, como Vitoria, capital verde europea do 2012. E a súa Axenda21Local pode ser todo un exemplo. O momento é difícil; no urbanismo falaz poden estare acobilladas non poucas traiciós, polo que hai que actuar con suma transparencia, especialmente cando o Wordlwatch Institute cuestiónase no seu estudio deste ano se a sustentabilidade  aínda é posible, ora nos ecosistemas dos que formamos parte; ora no xeito de tratare a ecoloxía urbá.  

miércoles, 17 de julio de 2013

SAN BENITO, PATRÓN DE EUROPA, 2

Abadía de Montecassino, en Italia, masacrada durante a segunda guerra mundial. Referente obrigatorio pró estudio da evolución da orde de San Benito. Este tema xa ten sido tratado neste blog. 

Pontevedra, 18.07.2013
Entrada n. 1686 do blog
Artículo remitido a Pontevedra Viva o 11.07.2013

San Benito, Patrón de Europa, 2
por Xesús López Fernández

        Con razón podemos considerar a Benito Patrón de Europa. El e os seus monxes irán configurando os rasgos máis determinantes do home europeo, algo que non se debía ter esquecido á hora de elabora-la Constitución Europea. Nado en Nursia, Umbría, Benito/Benedicto, finaría a mediados do século VI. A súa festa celébrase o 11 de Xullo. Pero antes que Patrón, san Benito tiña sido declarado por Pío XII Padre de Europa, en reconocemento a que a súa institución monástica tiña contribuído arrixadamente á creación do espacio espiritual e cultural europeo. Porque en realidade foron os monxes benedictinos/benitos os primeiros en teren unha conciencia clara da nova realidade postromáa, os que serviron de ponte antre o mundo antiguo e o medioevo, cando rescataron, cultivaron e transmitiron case todo o patrimonio grecorromán, en especial o pensamento e o Dereito, dándolle ademais a súa última e máis completa dimensión ó inserilo, como xa tiñan feito Paulo e os Padres da Igrexa, na matriz evanxélica, teolóxica i espiritual do cristianismo.

        Estos monxes foron tamén os que orientaron á nosa sociedade na súa configuración social, política, económica, cultural e relixiosa; os que fixeron da diversidade desos pobos unha comunidade encastañada en torno ós mesmos valores espirituales, morales e humanistas. Os instrumentos desa obra foron a cruz e o arado, a pregaria e o traballo, a Biblia e o Dereito román, o libro e a estética litúrxica, a disciplina e a pax monástica. Por eso os mosteiros gardan a memoria e o secreto de Europa, a Galicia chegada por medio das dúas grandes ordes benedictinas, a de Cluny e a do Cister, como tamén polo Camiño de Santiago. Esos conventos, os vivos e aqueles nos que conclueu a vida monacal despois da exclaustración de Mendizábal, son ou foron símbolo dese espacio occidental, no que cristalizaron o espírito, a forza, a tensión que enxendraron o home e a alma europeos. Realmente, a construcción de Europa debera terse feito cos criterios que forxaron as abadías e as catedrales; elas foron a obra común do espírito, da sabiduría, da técnica e o trababllo, harmonizados en torno a unha visión global centrada en Deus e no home.  

        Non se trata de seguir cunha longa historia, pero sí decir que moito dese Benito europeo nos tocou aquí e que o 11 de Xullo, tan rico en romerías na nosa terra, tería de ser, realmente, unha exaltación da idea da Europa cristiá, cando parece que a UE está embarcada nun proceso de descristianización do continente. A Ilustración Española podemos decir que tivo dous representantes, frades benedictinos, que case a monopolizan: os Padres Feixóo e Sarmiento, que nalgún momento da súa vida monástica moraron no convento de Lérez. Decir tamén que Europa ten outros dous patrós: os santos Cirilo e Metodio, proclamados éstos por Xohán Paulo II, evanxelizadores dos eslavos. Dúas sensibilidades distintas, pero coa idea de profundizare nas raíces cristiás de Europa.
           
            A xeito de apéndice: algunhas das preces dedicadas a san Benito, na santa Misa d´hoxe: Relembremos a san Benito, que dou gloria a Deus coa súa vida, pidamos por Europa e por todo o mundo. Pra que Europa siga fiel á súa tradición cristiá e non falten homes que, como san Benito, saiban leva-lo Evanxelio a tódo-los pobos. Pra que os monxes benedictinos permanezan fieles á súa vocación.  (Hai sobre 700 conventos de monxes e uns 900 de monxas da orde de San Benito, polo ancho mundo. Algo sigue funcionando) 



Pontevedra, 11.07.2013. Fdo. Xesús López Fernández

domingo, 14 de julio de 2013

CLAVES PRA UN NOVO TEMPO

Universidad de Deusto, Bilbao, unha das tres universidades dos PP. Xesuítas redactoras do Manifesto prá rexeneración da vida política e democrática que acaba de sair á luz.

Pontevedra, 15.07.2013
Entrda n. 1685 do blog
Artículo semanal publicado no D. de Pontevedra


 Claves pra un novo tempo,
por Xesús López Fernández

            O título é un decir porque as cousas non parecen endereitarse e non está claro que, por moito que nos digan que a crisis vai findar no próximo ano, a cousa se traduza nunha recuperación certa. Algús articulistas están xa a analizaren, en plan futurible, o gran chasco que nos agarda. Dí Millás que un bo día espertaremos, no 2014, co anuncio de que acabou o pesadelo e que xa non hai peligro, pero sí síntomas de debilidade e que teremos de ser prudentes pra evitar recaídas; que dispoñamos de actitude crítica contra os poderes. A crisis, dí o autor, terá acabado oficialmente e, ante as nosas caras de bobos agradecidos, hannos reprochare a nosa desconfianza á par que dan por boas as nefastas políticas de axuste, que gracias a elas vai traballar de novo o carrusel da nosa economía. Pero, por suposto, a crisis ecolóxica, a crisis do reparto desigual, a crisis da imposibilidade de crecemento infinito vai permanecer intacta, pero esa ameaza nunca foi antes publicada nen difundida.
           
              Os que de verdade dominan o mundo terán posto punto final a esta crisis-estafa, cuia orixe é difícil de descifrar, pero cuios obxetivos foron sempre claros e contundentes: facernos retroceder trinta anos en dereitos e salarios. Millás sigue profetizando sobre a involución salarial i educacional, sobre a nivelación á baixa de toda a estructura social, (agás a cúpula coidadosamente a salvo en cada sector) e, xa dinamitáda-las pontes de solidariedade, arrasado o que de capital social puidera ter permanecido, daquela hannos decir novamente que a crisis está acabada. E que nunca en tan pouco tempo se ten conseguido tanto, como que só cinco anos foron abondo pra reconvertiren en cinzas dereitos que foran resultado dunha conquista de séculos, unha devastación social sen precedentes, convertidos en seres máis pobres e desiguales, máis covardes e apoucados.  Notariemos, sí, que de momento se lle ten dado marcha atrás ó reloxio da historia e que a fin da crisis pode situarnos nos anos setenta do pasado século.

            ¿Pero é tan difícil conoce-la causa dos nosos males? A corrupción é a segunda das preocupaciós cidadás e moitas veces está á vista de quen a queira ver. A  financiación dos partidos políticos é algo que non se entende, ou sí se entende. Os numerosos escándalos financieiros. A errática política fiscal, a falta de transparencia na gobernanza, os casos Bárcenas e Nóos, a cuestión dos ERE. A clara secesión política cando toca estar atentos ás leis, á reposición da legalidade en materia urbanística e ambiental. A xusticia privada de independencia. E o país, así, non vai. Tanto como que o noso modelo de Estado parece estar en peligro se non se produce unha especie de miragre, da rexeneración arelada pola maioría dos cidadáns. Pode ser oportuno nestos momentos o paso dado polas Universidades xesuítas (Unijes: Deusto, Comillas, Esade), a elaboración dun manifesto (por la regeneración democrática de la vida pública española) redactado á luz do humanismo cristián, xa presentado e no que se analizan diversos aspectos da nosa situación, antre os que se citan a necesaria separación de poderes (sen independencia xudicial non pode haber xusticia); transparencia administrativa; partidos políticos, reforma da lei electoral; modelo territorial, cohesión e solidariedade; Administración, calidade e transparencia, control e sanción dos comportamentos inxustos.

            Sigue o manifesto, que hai que estudiar polo miúdo, analizando outros apartados: Emprego público, Economía solagada, Reforma fiscal e unha chamada ós propios medios de comunicación que deben impulsare un sistema de autocontrol que responda ás boas prácticas aceptadas e a comités de ética informativa…. O documento non está exento de autocrítica: “Queremos comezar reconocendo que non sempre estivemos á altura das circunstancias, anque só fose por omisión e desleixamento, o que nos obriga a unha revisión autocrítica compartida con todo o sector universitario”. Na presentación do Manifesto estiveron presentes Josep Piqué e Javier Solana, e nela insisteuse na necesidade de profundizar en temas tocados de presunta corrupción, ademais dunha rexeneración real pra que a política non se envileza aínda máis. De como se actúe, pode haber unha certa esperanza. 

EN CÓRDOBA, MÁIS DE PATIOS

 Sigamos con algús testimonios gráficos do concurso de patios cordobeses, e outras cousas ó pasar. 
 Parte da fachada do palacio de Viana. Nesta e nas seguintes fotos.

 O chan está case sempre moi coidado e non molesta ós pes.
 Seguimos no mesmo entorno...



 Regresemos ó "rincón das Beatillas", ó patio/taberna no que se solazaba García Lorca, de quen fai memoria este artículo...
 Coido que o parque de Colón. Por certo que lindando coel existe un aparcamento regulado por ORA. En Córdoba resulta doado aparcar. E non suprimiron arterias como fan os ceporros aldeáns chegados á política noutras cidades. 



 Adro da igrexa mudéxar de San Bartolomeu
 Mesmo lugar.
 Toma do interior...
 Outra....
 Patio do Mercado Artesanal Municipal do Zoco.



 Ata aquí patio do Mercado do Zoco...
Vista parcial doutro patio.

Pontevedra, 14.07.2013
Entrada n. 1684 do blog


EN CÓRDOBA, MÁIS DE PATIOS,
por Xesús López Fernández

Pareceume comenente pendurar no blog  máis fotos dos patios cordobeses, patrimonio da Humanidade. Outras fotos han seguir sobre esta cidade monumental, crisol de culturas.

Enlace: Wikipedia, fotos de patios cordobeses
Wikipedia: Patios cordobeses, patrimonio de la Humanidad

jueves, 11 de julio de 2013

EN CÓRDOBA, DE PATIOS

 O 19 de Maio era o último da exposición floral dos patios cordobeses, dos que siguen diversas fotos.
 Nalgús casos, locen as buganvilias
 e as que alí chaman "gitanillas", os xeranios, unha constante en moitas das fachadas. 
 Como tamén nesta.
 Xa digo: buganvilias, gitanillas, petunias, edras, fentos......
 como se aprecia neste outro patio.
 Os traballos realizados constitúen unha verdadeira arte, como se pode apreciar tamén nas dúas fotos seguintes, dous enfoques do mesmo patio.


 O colorido convirte a un en fotógrafo compulsivo
á marxe do esforzo das xentes pra manter vivo ese patrimonio inmaterial...
 Hai casos nos que a atención cotiá e o rego das prantas supón un traballo coidado de dúas horas.
 As buganvilias, espectaculares no espacio que vemos e reiteramos nas dúas fotos seguintes, correspondentes a "la cuesta del Bailío" 
 Cuesta del Bailío....
 Costa do Bailío. O chan, primorosamente elaborado con coios brancos e negros, perfectamente conservado.
 Coido que este patio foi un dos premiados.
 Unha rúa convertida en arte floral...
 No cartelón queda explicado o labor necesario pra mantere esta arte como ben intanxible prá Humanidade.  
 Dúas horas de traballo regante nesta longa galería, fóra de concurso.
 Luz, color, sombra...
 A insistencia, a procura do premio en anos sucesivos.


 Patio do Palacio de Viana
 Outra vista do mesmo patio
 Lugar das Beatillas, con memoria de García Lorca.
 Rincón de las Beatillas, cociña tradicional cordobesa
Por certo, aí preparan un codillo de vicio..., dato a ter en conta.

Pontevedra, 11.07.2013
Entrada n. 1683 do blog

EN CÓRDOBA, DE PATIOS,
por Xesús López Fernández

Os 19 e 20 de Maio estiven en Córdoba, concentración de culturas. Xa terei ocasión de me ocupar doutros aspectos da viaxe (Catedral-Mezquita de Córdoba, Alcázares dos Reis Cristiáns, os seus xardíns, restos románs, etc.), pero esta entrada ten por obxeto dar un certo e parcial testimonio do que  representa o fenómeno social dos patios cordobeses, que se reitera noutras cidades andaluzas. Incluso en cidades menores como Vejer de la Frontera, onde días despois, no mes de Xuño, atoparíame coa referencia a esa mesma devoción pola conservación do patrimonio intanxible aquí tocado gráficamente.