miércoles, 31 de octubre de 2007

O SAMHAIN [6.11.2006]

Bruxas festivas no Samhain pontevedrés do 2007. Foto do autor.

O calacú quer representa-la presencia dalgunha almiña. Pontevedra, 31.10.2007. Foto do autor.

Pontevedra, 31.10.2007

Hoxe, noite dos calacús ou do Halloween, traio aquí un traballo do ano pasado, O Samhain, sobre a orixe celta da festa explicada por James Frazer.
O Samhain [6.11.2006],
por Xesús López Fernández


Sir James George Frazer describe a Illa de Man como unha das fortezas nas que os costumes e a lingua celta máis resistiron o asedio dos invasores saxóns e que neles tiña o 1º de Novembro a consideración de ano novo, no cómputo anterior á cristianización da festividade. E acostumaban as suas xentes a disfrazárense e cantar na víspera de Tódo-los Santos ou de Samhain (cómputo antiguo), na vella lingua do país, unha especie de panxoliña que di: “Esta noite é a noite do Ano Novo, Hogunnaa”. Na Irlanda acostumábase  acender, nese mesmo día, un “lume novo” e dese lume sagrado reacendíanse tódo-los fogos de Irlanda, costume que sinala directamente ó Samhain (1º de Novembro) como primeiro día do ano, coa idea de que a influencia benfeitora dese lume poida durar doce meses. Contraposta a esa celebración existe outra, a do día-Maio (1º Maio ou Beltane), pero o citado autor supón que no mundo celta o ano arrancaba o día de Samhain, porque tamén procuraban, con prácticas de adiviña, saber do seu futuro, xa que como época de agoiros e presaxios a víspera de Tódo-los Santos sobrepasou con moito á Beltane na imaxinación celta. 

Tempo da retirada do gando ás cortes, tempo das últimas colleitas e na que as árbores van perdendo a folla, no que o ano cede o paso ó frío, era tamén ocasión de reencontro coas almiñas dos difuntos das que se supoñía, non só no mundo celta senón en toda Europa, que regresaban aterecidas ó calor da casa que fora a súa morada, na que se lles facía boa acollida e lle reservaban sitio á mesa. Pero tamén é época na que se supón andan as bruxas a faceren mal, unhas voando polo aire montadas nas súas vasoiras, outras polos camiños a golpearen sobre gatas que, en anoitecendo, transfórmanse en cabalos negros. Tamén andan soltas tóda-las meigas, e trasnos de toda caste vagan ceibes. Pero este fondo de feitizo e meiguice en torno á celebración de Tódo-los Santos propio dos campesiños celtas, foi cedendo nos últimos anos pra se transformar, con novos rasgos pintorescos e ledos pasatempos, en día de festa, mesmo festa rachada de nenos e maiores na versión yanky do Hallowe´en, forma inglesa moderna do All-hallow Even, víspera de Todo o Sagrado. 

Téñase presente que o lume que acompaña ás festas do Samhain e á Beltane é apoucado, domeñado, constreñido incluso ó interior dun calacú ou gran cabazo, como sabemos na nosa terra. Son festas pirofóricas que aparecen datadas sen referencia algunha á posición do Sol no ceo, que non coinciden con nengún dos catro grandes pernos sobre os que xira o ano solar: os equinoccios e os solsticios e tampouco se axustan a momentos de importancia na vida agraria, como a sementeira na primavera e a recolección na arrancada do Outono, pois o 1º de Maio a semente xa hai tempo que foi confiada á terra, e o 1º de Novembro a colleita leva tempo segada i entullada. Pero esas celebraciós, que parecen non afectar ó labrego, poden provir dun tempo no que o pobo celta se dedicaba ó pastoreo, que sacaría ó gando dos cortellos coa herba nova de Maio, pró recoller coa chegada do frío nas vísperas do Samhain. Daí a bisección do ano en dúas mitades. 

Centrándonos no tema do lume digamos que, nalgús pobos, cada familia procuraba te-la súa propia fogata. Cando todo era cinza, coa mesma facían un circo no que cada membro da familia pousaba unha pedra. Se ó día seguinte algunha aparecía cambiada de sitio tirábase o agoiro de que a persoa á que lle correspondía non viviría completo o ano que comezaba. En Irlanda, en Escocia ou Gales, na Illa de Man como na Bretaña francesa, existía unha competencia viva coas fogatas, todas de carácter ritual, acompañadas das ceremonias precisas pra afuxentaren a meigas e bruxas. E como remate, afirmar que o Samhain pagán non é malvado; é un tempo pra reafirmármonos na creeencia na unidade de tódo-los espíritos (almas de vivos e mortos) i en que a morte non marca a fin da nosa existencia.

A CUESTIÓN DEMOGRÁFICA [14.4.2000]

Vista parcial da fachada da catedral de Mondoñedo, unha das cidades galegas vencidas pola involución.
A xente entra na catedral de Mondoñedo pra comprire co xubileo de San Rosendo, persoaxe clave na historia de Galicia, da terra que agora vai esmorecendo. O propio Mondoñedo perdeu moito do pulo doutros tempos. Fotografías do autor.
-
Pontevedra, 31.10.2007

A cuestión demográfica é outro dos meus traballos do ano 2000, polo que ando agora a revisar. Coido que nel están estudiáda-las claves da perda de valores na nosa sociedade, cada vez máis lonxe desa sustentabilidade da que tanto falan os nosos mandaríns. Mortas, cada vez máis mortas as nosas aldeas, morta a familia, desarraigada a xente do campo, todo vai celéricamente a peor.
-
A CUESTIÓN DEMOGRÁFICA (14.4.2000)

por Xesús López Fernández
-Digamos antes de nada catro cousas sobre a evolución da familia ó longo dos tempos. Recollemos a idea de diversos antropólogos de que a “familia nuclear” era algo real no albor da Humanidade, naquela sociedade de cazadores-recolectores. As familias constituídas se irían integrando en tribus pra se daren apoio mutuo, talvez porque o home é, xenéticamente, un animal social. Nese marco iríase conformando a “familia extendida”, na que convivirían tres ou catro xeneracións nun marco de economía de subsistencia: a vivenda e as terras do entorno como lugar de traballo e de ensinanza, relicario de tradición oral, incluso lugar de ocio. Economía agrícola e gandeira.
-As cousas cambiarían co advenimento da sociedade industrial e o conseguinte éxodo do rural cara ó cinturón industrial das cidades. A muller irase integrando tamén no traballo. Morre a familia extendida. E o retorno á familia nuclear vai perdendo peso como consecuencia das políticas contraceptivas postas en marcha e da promoción do sexo como unha fin en sí mesma antes que como cuestión xenética, como garantía da permanencia da especie. A divorcialidade e unha maior independencia económica da muller, cada vez máis integrada no mundo laboral, sustraen a ésta do seu rol de nais. Consecuentemente, cada vez hai menos nenos, cada vez é maior o segmento dos maiores de 65 anos e moitas aldeas se van quedando sen xentes, sen futuro.
-
Galicia téno moi difícil neste momento. E os partidos acaban de dá-la voz de alarma, piden un plan pra frea-lo decenso demográfico; propoñen incluso que se triplique o número de inmigrantes, pero...¿estamos a falar en serio?. ¿Non vai haber outro recurso? Porque entendo que non se debe frivolizar co tema da inmigración e que pode haber outras alternativas pra acadar unha resposta demográfica positiva, conseguir que a muller opte por ter fillos, situación moitas veces incompatible co seu traballo. Ou consecuencia tamén do cambio de clave cultural e abandono de valores relixiosos. Total, que a tasa de fecundidade, en Galicia, é a menor de Europa.
-Non sei se a “sociedade postindustrial”, a “sociedade da información”, pode obxetivar un cambio de tendencia. O teletraballo aparece como abano de posibilidades xa que a muller –e o home— poderían en moitos casos permanecer na casa, posibilitar unha restauración da “familia nuclear”. E caberían tamén unha serie de axudas de tipo social: subvenciona-la maternidade con magnanimidade pra que as mulleres opten por esa función; a supresión do imposto sucesorio, inmoral de raíz. E cambios na política de educación, de promoción de tele-vasura, causa de tantos males ademáis da falta de diálogo familiar.
-Pero parece que Galicia tamén está necesitada dun retorno ó campo, dunha nova humanización da súa terra. I eso demanda infraestructuras eficaces, feitas con intelixencia, e novas políticas agrarias. Non se pode seguir penalizando a producción de leite e gando. ¿Por qué non se reforesta o xusto e se expulsa ó exército invasor dos eucaliptus, tamén inmigrantes, que contribuíron a acabar con tantas aldeas? (Rebélome contra a política forestal ó servicio de intereses bastardos que se ten levado a cabo dende os anos cincoenta e que, por algo será, foi máis impulsora de emigración e desertización que doutra cousa). E teño referencias de que, cando nos nosos montes pastaba a avenza –ovellas e cabras--, algunhas familias tiñan fatos de ata duascentas cabezas. ¿Non pode volver aquela situación?. Aí, nos nosos montes e campos, existe un viveiro de postos de traballo. De traballo digno a pouco que se melloren as moradas das familias que opten polo cambio. Ben comunicadas e sen renunciaren ó teletraballo, a un lugar na “sociedade da información”. xesuslopez@terra.es 14.4.2000

martes, 30 de octubre de 2007

A CUESTIÓN DA HISTORIA [8.7.2000]

O 21 e 22 de Abril do 2007, San Martín de Mondoñedo, que soubo de San Rosendo, estaba en obras e foime imposile obter unha mellor vista. San Rosendo foi unha figura básica na conformación de Galicia. Bispo de Iria, de Mondoñedo e abade de Celanova, marcou o seu tempo. Este ano, como o pasado aconteceu con San Toribio de Liébana, é o seu ano xubilar e a Mondoñedo acodimos pra comprir coél. Non se entende a historia de Galica sen a súa presencia.

A CUESTIÓN DA HISTORIA (8.7.2000)
por Xesús López Fernández


A Real Academia da Historia acaba de desata-la polémica como consecuencia do seu comunicado sobre a ensinanza da historia de España que se fai nas diversas autonomías. Historia inacabada, a censura tócanos tamén a nós, galegos, que ó parecer estamos a esquece-la historia común. E coido que a acusación non deixa de ser frívola, sen sentido, porque a historia de España pódese escribir de moitas formas, sempre con limitaciós. Os textos, según o autor, levan consigo un espírito distinto, non sempre axustado á verdade emanada de documentos auténticos; escrita moitas veces á luz de crónicas falsificadas ou reescritas. Así se fabricaron ás veces monstruos ou se inventou a idea mesma de España, cando ó longo de séculos os nosos reis foron realmente “reis das Españas”, porque había –e hai— diversas Españas, diversas formas de ser español. Pero esto é algo que agora se intenta esquecer; que demostra falta de xenerosidade. Grave.

A miña promoción de bachelerato rematou sabendo pouca historia de Galicia, porque todo converxía de forma lineal cara a “España, unidade de destino no universal”, a España visigoda, a lista dos “reis godos”, os concilios de Toledo, Covadonga, a unidade acadada polos Reis Católicos, a descoberta de América pra España, etc. O feito de que --á morte de Sabela-- sexa Cisneros o administrador das novas riquezas e terras que en América se sigan conquistando “prá coroa de Castela” evidencia que España non existía; sí as Españas. E tamén Portugal era, daquela, outra España. E pra moitas desas cousas hai unha relectura galega porque no ano 433 os suevos fundaron en Galicia a primeira monarquía europea independente, mentres Atanaxildo, rei godo, fixaría en Toledo a residencia da súa corte no ano 551. A organización administrativa e relixiosa sueva de Galicia rematouse antes que a visigoda, e antes tamén que as de outros pobos da Europa occidental. Os concilios suevos –Braga, 561, Lugo, 569, Braga, 572— precederon ós concilios de Toledo.

Os galegos non debemos renunciar a esta parte da historia e sei que achegármonos á que fora a nosa capital, Braga, conleva unha certa emoción, como sentín nunha recente visita á súa catedral ó descobrir alí, enteiramente nosos, os restos da Sé Vella e a inscripción do nome de Idacio, o bispo que –según conta Menéndez y Pelayo—“vai ás Galias no ano 431 pra demanda-lo auxilio do xeneral román Aecio en contra dos suevos opresores da Galecia.....E foi Idacio, pola súa conta, con outros bispos, o que tivo que negocia-las paces antre os suevos e os galegos –433--, paces despois moitas veces rotas e reanudadas antre os dous pobos”. A independencia sueva durou 150 anos i eso, evidentemente, marcou a nosa idea de nación, así como a nosa organización parroquial, a Divisio Theodomirici, posiblemente levada a cabo no Concilio de Lugo do 569 por orde do rei Teodomiro. O traballo de Xelmírez, que quixo facer de Compostela a cidade máis importante de Europa, sirveu pra reconfigura-lo noso nacionalismo, en detrimento do forxado no crisol bracarense.

A reedición das obras de Murguía ou Vicetto, a Historia de Risco ou o aire novo que trouxeron os libros de Emilio González López permitíronnos recuperar parte do noso pasado. España trascende máis alá da idea centralista, é algo moito máis vario e profundo. A historia puido abrirse outro camiño con Lisboa como capital. Seríamos talvez máis España. Pero as cousas acaíron doutro xeito aínda que se sigan mantendo versiós que non casan cos documentos auténticos. Enzudra-lo nome e a persoa de Enrique IV ou ter deslexitimado á súa filla Xohana é algo que os nostálxicos non imos esquecer. Mais nada vai cambiar e o feito de sermos os galegos partidarios de Xohana é algo que nunca nos foi perdoado, que marcaría constantemente a nosa relación coa corte. E sentírmonos bracarenses ou compostelanistas ou ter nostalxia da raíña que non reinou é algo que en Madrid poden, aínda hoxe, non entender.

lunes, 29 de octubre de 2007

A CIDADE AGREDIDA [30.06.2000]


O rastro dominical de Pontevedra na Praza da Verdura. Algunhas xentes teñen atopado nele cousas que antes lles foran roubadas. En fin, é unha das formas de revitaliza-la cidade na que pensaron os nosos gobernantes locales. Foto do autor.

Pontevedra, 29.10.2007

Traballo do ano 2000. Neste blog hai xa diversos traballos sobre o tema, sobre a desfeita da cidade, a perda de calidade de vida, o cambio de modelo social.

A CIDADE AGREDIDA [30.06.2000],por Xesús López Fernández

O estado de obras pode conlevar unha agresión certa, necesaria, pero as cousas é necesario explicalas de forma transparente, porque a prepotencia convertida en torpeza pode traer consecuencias negativas. Lembremos senón o día no que Pedrosa perdeu o poder, antre outras cousas polo seu plan de beirarrúas ó tempo que se cargaba a arteria Benito Corbal-Michelena, obra mal feita, ferida aínda aberta un ano despois das elecciós. Eso non debe servir de aval pra que o actual equipo de goberno –que semella ter aprendida a lección-- se tome con tanta calma as obras acometidas na zona vella, porque parece que lles leva demasiado tempo o pensar se xa están todo-los tubos ou se aínda falta algún. Veremos cómo queda todo despois de meses de jymkanas --de carreiriñas pra abaixo e pra asuso-- das máquinas que alí operan, aínda que por riba quede todo moi preparado e rematadiño. De momento, vida dura na zona vella. E o comercio, que se sinteu traicionado polo equipo de goberno anterior, síntese agora agredido na conta de resultados e cun futuro incerto.

Dúas noticias: a do PSOE, a súa oferta pra gobernar en coalición, e a da non desaparición da plataforma cidadá 5-J. Poden ser dúas novas importantes aínda entendendo que vai ser difícil enardecer de novo ás xentes pra manter vivas as reivindicaciós que deron pe á súa creación. As asociaciós de veciños parecen dispostas a levar adiante protestas necesarias porque hai moitas cuestiós pendentes no día a día un tanto balaínzo, inmaduro, da política local. Difícil, de momento, telumbra-lo porvir. De momento, seguimos co “estado de sitio”, co derribo interminable do Mercado, porque hai que salva-las pedras...¿Por qué Patrimonio non protestou polo levantamento do pavimento de Curros Enriquez e Manuel Quiroga, dunha antiguedade similar e mellor conservado?. ¡E menos mal que a desfeita do Mercado non se colapsou co asunto Carballo, condenado por delito ecolóxico polo Tribunal Supremo, según nos lembraron por activa e pasiva Fernández Lores e Mosquera Lorenzo! Según o concellal, o empresario é “un infractor ecolóxico de primeira magnitude”.

Lembremos tamén outro fallo do T.S. a favor de Audasa, en relación coa conexión de Continente –outro infractor ecolóxico-- coa súa infraestructura. ¿Por qué o concello non pide que se execute a sentencia, máxime sabendo que se cometeron neste asunto abusos de poder e que aínda non estamos no último capítulo? ¿E a estafa social varias veces denunciada ó seren expropiados os veciños a favor da autopista, agora a disposición dos colonizadores? ¿Se son tan socialistas, por qué non exercen de forma máis social, máis garrida? ¿Qué fidelidades agardan?...A do pequeno comercio non a merecen... E sen resposta certa ante tantísimo problema como temos hai un colectivo que agarda a posible reversión de terreos expropiados no seu día pró cuartel de Campolongo. Hai que moverse a tempo, evitar unha nova agresión, que algún “lobby” ou mafia se metan polo medio. Non estamos gobernados.

Pontevedra é unha cidade agredida no seu entorno urbano. Levamos xeneraciós sen soluciós ós nosos problemas, como se o urbanismo fose soamente negocio i especulación e non marco de convivencia. Total que se conformou unha urbe inconexa, privada de calidade de vida, afogada en si mesma. Semella como se o colectivo cidadán estivese abocado a unha solución cada vez máis difícil, porque aquí faltaron --e faltan-- as decisiós que non apuntaran nun sentido claramente involucionista. Sen infraestructuras pra área de servicios, perdemos xa cuotas de capitalidade; como cidade de comercio sabemos o que pasou, especie de espasmo de partido único favorecedor de intereses alleos. ¿A qué xogan os nosos políticos que non son capaces de pensar en Pontevedra nen como cidade dormitorio?.Non son poucas as denuncias remitidas ó Valedor do Pobo ante o abandono edilicio nunha cuestión de simple policía, como é a dos ruídos. Non estamos gobernados.

MOMENTO DE PREOCUPACIÓN [29.10.2007]

O artículo corresponde á data indicada, 29.10.2007. No país, certamente, existe un ambiente de crispación crecente e mentres algús creen estare na posesión da verdade absoluta, non é cousa menor a beatificación nel comentada, este pasado domingo, de 498 mártires da guerra civil española. Estímase que poden faltar na lista outros 7000/9000, ós que lles ha chega-lo tempo de sobir ós altares. Na foto do autor inclúese unha parte dos xardíns do Vaticano. Pódese aprecia-la cuncha de vieira na parte inferior do escudo papal.

Momento de preocupación [29.10.2007],
por Xesús López Fernández


Non se ve unha clara vontade á hora de debatir certos asuntos de interese xeral, incluso o funcionamento do T. Constitucional. Moitas frontes de preocupación, incluso que a Rajoy non lle preocupe o cambio climático mentres Al Gore sigue coa súa cruzada de rearme das conciencias e comezou xa, en Sevilla, a formación de varios centenares de líderes de opinión en materia ambiental. Se na entrega dos premios Príncipe de Asturias falou tamén Felipe de Borbón sobre a realidade do cambio climático, a Rajoy inventáronlle xa non poucos chistes por ter sacado de contexto a opinión do seu primo físico. Curiosamente, o presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, ten un curmán pastor que sí cree no cambio climático porque a vexetación está como confundida, e prantas que antes florecían en Abril ou Maio, fáno agora no Outono. I el nótao.

Citemos de pasada a polémica que aínda dura en relación coa filtración dunha conversa de Esperanza Aguirre co Rei Juan Carlos; ou a campaña de Rodríguez Zapatero sobre a súa “verdaz”, caprichosamente escrita con “z” de Zapatero. Que o Foro de Ermua e outros colectivos propoñan a modificación da Constitución, primando a defensa da unidade de España, a independencia xudicial ou a retirada ás autonomías das competencias sobre Educación, pode significar que algús sectores da sociedade están en situación de alerta. A Lei da Memoria histórica [que o propio Felipe González non ve como necesaria] ven ser outro manantial de noticias e discrepancias, co contrapeso da beatificación este pasado domingo de 498 mártires da Guerra Civil, que tamén son memoria histórica, como o perdón ós verdugos por moitos deles implorado. Nunhas declaraciós monseñor Antonio Montero, éste afirma que a Igrexa nunca quixo unha guerra civil. Lembra que o anticristianismo da República era evidente e que, si foi proclamada o 14 de Abril do 36, un mes máis tarde, nos días 12 e 13 de Maio se queimaban en España 100 igrexas. Pero antes de tornar sobre o tema dos mártires, insistamos no tema do “antagonismo Al Gore-Rajoy”.

Na retesía de ambos políticos, Rajoy chegou afirmar que os hai que, sen ter asinado o protocolo de Kyoto, andan agora a pronunciar conferencias [ben pagadas por certo] sobre cambio climático; pero Al Gore conta coa solidariedade de Sarkozy e Merkel prá cruzada ambientalista mundial en contra da sinrazón. A polémica está acesa e Al Gore, ademáis do discurso nos “Príncipes de Asturias”, avisou nunha roda de prensa, en Oviedo, de que quenqueira que sexa candidato ó Goberno “terá de se defrontar á demanda social” pra resolve-los problemas derivados do cambio de clima. “Xa ninguén discute a lei da gravedade […] aínda que algús crean que a Terra non é redonda e a verdade é que non se lle presta moita atención [ó c. climático]”. Diremos tamén que Sarkozy dá prioridade á súa “revolución verde” e que dende a ONU reclaman medidas urxentes fronte ás ameazas contra o medio ambiente. Pero esto sería xa outro artículo e quero cerrar este cunha información do Cardeal-Arzobispo de Toledo, Antonio Cañizares Llovera, sobre as beatificaciós.

O arzobispo informa dun mártir, un antiguo colaborador do ABC, don José Polo Benito, Deán da Catedral de Toledo, que morreu fóra da muralla toledana o 23 de Agosto do 1936. “Home de libertade e con autoridade moral afrontou a morte, non sen antes encararse cos seus executores facéndolles ve-la maldade que ían cometer: -Deus é testigo, díxolles, do crime colectivo que van consumar. Deus hálles pedir contas. El, no nome de todos, perdóaos”. Aínda lle dirixeu unha exhortación ós 80 compañeiros toledáns que con el compartiron martirio naquela noite na que foron asesinados. Pero ó ser exhumádo-los seus restos este pasado Setembro, o corpo de don José Polo Benito, que estivo depositado catro anos nunha fosa común, estaba incorrupto, visibles tres balazos en brazos e pernas e na fronte xunto ó occipital.

domingo, 28 de octubre de 2007

LEMBRANZA DE MURRAY ROTHBARD [2.12.2000]

A ilustración, "as ideas fuxidías", pode valer desta volta pra significa-lo grado de indecisión do Goberno da Xunta, incapaz de acabar cos impostos de sucesión e patrimonio. A ilustración é do autor do artículo, unha fantasía informática xa presentada cun traballo anterior.

Pontevedra, 29.10.2007
Paréceme oportuno traer aquí este traballo do ano 2000. Murray Rothbard é un ácreta de dereitas que non cree no Estado, que chega decir que o Estado non existe, que son simplemente un grupo de individuos que conveñen en se chamar Estado, etc. Coa privatización de moitas cousas, como propón Murray, é posible que vivísemos nun mundo mellor. No artículo analízase doutra volta o tempo do imposto sucesorio, da súa necesario supresión, como tamén do de patrimonio.

LEMBRANZA DE MURRAY ROTHBARD(2.12.2000)
por Xesús López Fernández

Todos ou case todo-los cidadáns están a recibir comunicaciós da Xerencia Catastral, unha serie de fichas das súas propiedades, agora en fase de revisión. En principio, parece que todo vai ter un valor máis alto e que os concellos van recaudar máis e máis cartos nesa especie de espiral que non sabe do IPC nen de inflación cero. Algunha asociación de veciños dou xa os primeiros pasos, presentou alegaciós por entenderen que as sobidas do valor e do IBI non son prudentes. Tímida protesta ante un feito que debería enervar á sociedade civil, encher prazas e auditorios, porque non se pode aceptar, sen máis, a coacción que por esa vía están a exerceren sobre os cidadáns o Estado e os concellos, antes recaudadores que defensores da libertade e propiedade dos individuos, dereitos humáns básicos. Porque podemos entender unha actuación coherente dun Estado mínimo como administrador e defensor do benestar, pero non cando o propio Estado pode ser cuestionado pola súa omnipresencia.

Dí Murray Rothbard que o Estado non existe e que non é máis que unha asociación de inviduos postos dacordo antre sí pra se faceren chamar Estado; que eses homes e mulleres teñen como obxetivo exerceren o monopolio legal da violencia i extorsión de fondos. Todo home nace cun dereito natural á propiedade, que pode adquirir, herdar ou recibir por donación. E todo atentado contra a propiedade viola ese dereito básico do individuo. O corpus ideolóxico de Rothbard pode ser discutido, pero é completamente lóxico. Así, cando dí que os impostos son un roubo argumenta que non son voluntarios e que os propietarios do Estado obteñen o seu ingreso pola vía da coacción. I en contra dos que din que en democracia os impostos son optativos e revelan a existencia dun contrato asinado antre o Estado e os cidadáns, o economista dí ¡Falso! e que abonadaría a supresión da ameaza pra que os contribuíntes deixaran inmediatamente de pagar.

Cando foi das últimas elecciós de carácter estatal o señor Aznar chegou decir que o IAE –un tributo municipal— era, nalgús casos, un imposto inxusto e regresivo, e falou da súa posible supresión. Daquela escribín unha colaboración na que decía que o imposto sucesorio tamén o era, e ademáis de raiz totalmente inmoral. Por eso sintonizo coa idea de Murray Rothbard do Estado como persoalización do roubo. Pensemos que un contribúe sobre os seus ingresos, que paga tamén unha serie de impostos indirectos, que anualmente fai a declaración da renta/renda, que está sometido ó pago doutros tributos e tasas que administra o concello de residencia, que éste cobra coactivamente. Pero o roubo maior ven despois de un morrer. Porque, ¿de qué valeu traballar honestamente, facerse cun pequeno patrimonio, pensar que os fillos van ter unha base...? ¡Narices! Ó mellor aínda vai resultar que teñen que pagar como imposto sucesorio un maior valor que o precio orixinal da herencia recibida, como consecuencia da devaluación contínua da moeda, culpa dos gobernantes... ¿Existe a propiedade?. Máis parece unha ficción, unha trampa fiscal.

O imposto sucesorio xestionado polas autonomías podería cancelarse. O crecemento do patrimonio familiar como factor de estabilidade social debera estar na base de toda política que tente restaura-lo mundo rural e pular da natalidade. Pero os gobernantes non van por aí. Coaccionaron ás xentes pró abandono do campo. Agora que as cidades son, en certo sentido, campos de concentración que o cidadán non pode abandonar como quixera, chegan as cartas da Xerencia Catastral, aviso de que hai que pagar máis, tamén na aldea. Síntese unha certa sensación de afogo, de aumento da violación da nosa libertade. Por eso retomo a lectura de Murray Rothbard –posible tamén vía Internet— e me solazo na súa previsible desaparición do Estado baixo o efecto das súas contradicciós. Xa case nadie cree nel aínda que reconduza o seu discurso:" Redistribución e xusticia social. Estado de Dereito”. ¡Mentiras!

sábado, 27 de octubre de 2007

PATRIMONIO EXPOLIADO [10.10.1998]

A lebre mírase no espello da laxe, no petroglifo. ¡Cántas insculturas e mámoas non terán sido arrasadas por pedreiros e contratistas sen escrúpulos! Dibuxo informático do autor.

Pontevedra, 27.10.2007

Outro traballo vello, do ano 1998, en relación coa agresión sofrida polos Penedos de Pasarela, xa daquela, e a denuncia encabezada por Manolo Rivas e outras xentes do mundo da Cultura. Non sei cómo siguen as cousas, porque a cobiza das pedreiras e graniteiras, mesmo a cobiza dos seus cómplices agochados na Política e que non parece teñan vontade pra evita-lo arraso do noso litoral, ha seguir pendente do momento que máis lle conveña pra seguir acabando co país. Agora hai novos peligros en Pontevedra que queren apantallar co Plan, á marxe do equipo redactor.

PATRIMONIO EXPOLIADO (10.10.98),
por Xesús López Fernández

Manolo Rivas publicou, hai uns días, un traballo polo que denunciaba a desfeita que escomezaba no entorno dos Penedos de Pasarela (Vimianzo). A súa denuncia, oportuna, acaba de ser suscrita, igualmente, por un colectivo de corenta homes do noso mundo literario e artístico: García Sabell, Fernández del Riego, Díaz Pardo, o propio Rivas antre eles. No seu traballo, Rivas incluía unha postdata pola que decía que a consellería de Industria paralizara xa a actividade denunciada e que se dispoñía a cancela-la licencia existente. Parece entendida a urxencia da salvación.

Da cobiza das areeiras e graniteiras diríase que non ten límites, xa que están a desfaceren, en plan analfabeto, moitos dos nosos montes, moitas paraxes entrañables. Eso, que parece increíble, acontece decote. E temos, no noso entorno, exemplos prós que nos faltan dedos, porque en cada nova paseata descóbrense canteiras que, co andar do tempo, acabarán por se come-lo monte, aniquilando acuíferos, alterando microclimas, convertindo en ventosas zonas antes abrigadas. ¡Cántos montes non levan desaparecido!. E un pensa na actividade restauradora que queda por dediante, no moitísimo compost que precisamos e que os míopes din que non vai haber onde colocar.

En certas ocasiós ten sido noticia o achádego arqueolóxico anunciado por algún contratista respetuoso ou por axentes de extensión agraria: citanias, mámoas, petroglifos. Mais,......¿cánto non se terá destruído, cántas pedras sagradas non terán desaparecido, de présa, antes de que se producira a posible orde de paralización?...Cuevillas deixounos, antre outras, unha peza preciosa, “Noite na citania”, da que son protagonistas os espíritos de dous vellos guerreiros, Clutamo e Lovesio, que facían a súa centinela milenaria acochados en dous penedos dun monte que “agora chaman o monte das casarellas”. Os espíritos alértanse e acéndense porque a eles chegou, dende o camiño, o “berro de guerra e morte”, un aturuxo que fendeu a noite e, de paso, convocou ós vellos loitadores.

Non sei cántos espíritos terán desaparecido de espacios profanados. A dinamita, as barrenas, as máquinas que todo moven ou desfán, seguen o seu traballo implacable. E lémbrome de Clutamo e Lovesio cada vez que vou cara a Tui e reparo na paisaxe do Porriño, máis aluarada que hai un mes, como se fora un deserto en formación, xestionado, moi xestionado. En fín, que parecen contádo-los días que lle poidan quedar ós Clutamos e Lovesios vixiantes dos nosos penedos. Deles non han facer caso, aínda que se materialicen e avisen das mil e unha desfeitas que se están a facer do noso patrimonio. Agora, ante o chamamento feito polos representantes da nosa cultura, tócalle actuar á Xunta. Que consideren, se acaso, a falta dunha signatura --tal vez a máis importante de todas-- nesa especie de comité de salvación implícito ó comunicado: a de don Eduardo Pondal, poeta da Costa da Morte, poeta dos Penedos de Pasarela. “.....cando vos vexo ó pasar, sospiro de amor por ela...”. Que regrese Pondal. E Clutamo e Lovesio. Todo é posible se o noso espírito acolle e defende a súa herencia. Estou seguro que sí.

viernes, 26 de octubre de 2007

PRANTAR UNHA ÁRBORE [23.12.1991]

Pontevedra, 26.10.2007

Xa estamos nos últimos meses do ano, co Nadal ás portas. Este traballo que agora presento é un de tantos que vou recuperando sen orde precisa, das primeiras colaboraciós como "cartas ecolóxicas" publicadas no Xornal Diario, xa desaparecido. A ilustración que preside o traballo é outro dibuxo informático, pensado pró tempo do Nadal.
-
HE cartas ecoloxicas (4) xornal diario
-
PRANTAR UNHA ARBORE [23.12.1991], por Xesús López Fernández


"Escribir un libro, ter un fillo ou prantar unha árbore" son cousas que poden axudar a encher de sentido a vida dun home ou dunha muller. A conxunción das tres son sentido de plenitude en certas culturas. Na nosa tamén. Escribir un libro digno de tal nome pode demandar un esforzo certo de formación e horas [anos] de traballo; unha tarea ás veces inacabable. O feito de ter un fillo é normalmente máis doado; outra cousa é crialo i educalo, preparalo pra ser home. O de prantar unha árbore non debe ter maior dificultade a pouco que un teña intención de facelo.

Estamos agora nun tempo especial --Nadal, Aninovo, Reis-- no que moitos de nós imos té-la oportunidade de cumprir co terceiro dos obxetivos devanditos: pranta-la árbore, a árbore de Nadal. Sí, quérome referir á presencia en moitos dos nosos lares, neste tempo especial, dun abeto común, un piñeiro, un acebo ou unha pícea, ós que poderemos salvar devolvéndoos ó monte ou retornándoos, nalgús casos, ó propio viveiro que no-los fornecéu. Na medida en que se trate de árbores enteiras, con raíces, poderán segui-lo seu pulo vital, facerse adultas e completa-lo seu ciclo.

O costume de face-lo Nacemento parece que cedeu nos últimos tempos --aínda non sendo excluíntes-- ante a moda de adorna-la casa cunha árbore, tal como viña sendo tradicional nos países nórdicos e centroeuropeos. E a nosa sociedade parece agora máis sensibilizada que nos primeiros tempos da adoución do pra nós novo costume, no sentido de que xa sonóu a alerta ecolóxica en relación con algunha especie, como o acebo ou xardón, en peligro de extinción.

Os nenos teñen moito que decir en relación con todo ésto xa que a educación medioambiental impartida en moitos centros tradúcese nunha auténtica oposición familiar. ¡ Que non entren na casa exemplares mutilados!. Eso téñeno claro. E como consecuencia desa actitude dos nenos, a familia debera instititucionalizar, como unha especie de ritual de obrigado cumprimento, a devolución da árbore á Natureza. Unha vez pasáda-las festas, cos nenos como protagonistas, deberíase buscar un momento de solaz pra repranta-la árbore que nos acompañou ó longo deste tempo especial.

Esos nenos xa terán tempo de escribir libros ou de ter fillos, pero é importante que teñan aprendido xa a salvar vidas e a seguirlle a pista, no seu crecemento, ós abetos e xardóns por eles apadriñados neste tempo de Nadal, cando os días escomezan a medrar e a Vida cobra nova forza. Eso axudaraos, quezáis, a ser máis plenamente homes o día de mañán.

Asdo. Xesús López Fernández

CANDO VEÑA A NUBE [16.12.1991].

Antes e despois de Lourizán. Arriba, o Lourizán que algús aínda lembramos; abaixo, o Lourizán agredido polas industrias de vertedeiro alí instaladas, antre elas Elnosa. Ademais seguimos co peligro da nube ou do mercurio que tamén vai á atmósfera. Fantasía informática do autor, xa presentada neste blog.
Pontevedra, 26.10.2007

Na fin deste mes debería quedar concretado o cerre de Elnosa, que carece de AAI [Autorización Ambiental Integrada]. Sen embargo, os erros cometidos polo Concello e a intervención no caso dun xuez que non estimou a información do Axuntamento, poden significar que aínda permaneza en Lourizán, por un tempo, o que é unha clara ilegalidade, ademais de peligro. Este traballo que hoxe deixo pendurado no blog fixo o n. 3 das cartas ecolóxicas publicadas no vello Xornal Diario, de Pontevedra, xa desaparecido. Nada do que nela se dí vai en contra da aplicación da lei, todo o contrario. Destaquemos que Salvemos Pontevedra hai tempo que ten presentada a correspondente denuncia xudicial, en función da nulidade radical da dita industria, da que solcita o oportuno cerre.

xd-cartas ecolóxicas 3 [16.12.1991] CANDO VEÑA A NUBE por Xesús López Fernández

E veu o arcanxo Dositeo (Rodríguez) a Pontevedra pra nos dá-­lo anuncio de que aquí estaban el e mai-los anxos encargados da protección dos homildes, da protección civil, e que chegaran a tempo, a Deus gracias, de torce-lo rumbo da historia. A nube de cloro, hai tempo temida polos cidadáns avisados dos pecados do Maligno, non sería xa posible. Quedaban atrás anos de anguria, de temor, consolados pola afirmación de algún que outro anxo menor: "-O cloro, en definitiva, está aí, e hai que se afacer a manipu­lalo."

Pero nun contexto escatolóxico non podemos esquece-la po­sible reiteración ou aplicación aquí dalgún dos avisos do Apoca­lipsis, así cando dí: "O primeiro ánxel tocou a primeira trompeta e caeu sobre da terra unha como chuvia de sarabia e lume mestura­do con sangue: ardeu a terceira parte da terra e a terceira parte das árbores e toda herba verde."

Tratándose dunha nube de cloro é evidente que non quedaría unha herba verde. Pero estamos a falar tamén de vidas humás. E abondarían tres minutos pró desastre, ou quince pra que a nube acadase a cidade e miles de cidadáns atopasen coa súa chegada un­ha morte certa. Dositeo no-lo contóu de forma moi directa, moi viva, como fan os anxos e mai-los arcanxos cando avisan.

Os ánxeles son espíritos puros nos que non cabe retracto. Daí que o Demo siga sendo demo, porque permanece na súa actitude de rebeldía contra Deus. E ten moitos seguidores, sobre de todo antre aquelas xentes que detentan o usufructo do Poder. Son le­xión. Mais algo parecéu que cambiaba aquí coa mensaxe arcanxélica de Dositeo, cuia marcha atrás non se ben entende, salvo se comprendemos que aquí non se tomou decisión algunha. Aquí houbo, simplemente, unha especie de ceremonia da confusión na que algús puideron creer que esto escomezaba a funcionar como Estado de de­reito.

Prós que aínda esperen con inocencia que esto poida cam­biar algún día, cando a democracia deixe de estar secuestrada, están especialmente indicadas as palabras de Juan Fernández ou as novas de Dositeo no sentido de que o R.A.M.I.N.P., do 3o.11.61, non ten aplicación no caso de Elnosa, cuia licencia foi outorga­da no 1967. Non entendo o que queren decir cando afirman que o Regulamento non pode ter unha aplicación retroactiva, cando re­sulta que estaba en vigor no momento de se instalar en Lourizán a fábrica de cloro. ¿Cómo se pode envilecer así o Poder e facerse capaz de tal aserto?

Non me queda outra conclusión que invocar á Divina Providen­cia -- eu sí -- e pedirlle que non consinta se libere a nube de cloro; que non interveña nengún anxo exterminador, aínda que Do­siteo Rodríguez e Juan Fernández nos teñan dado garantías de que vai ser unha nube pequena e controlada.

Asdo. Xesús López Fernández

RETRINCOS POLÍTICOS [26.10.2007]

A néboa pode mesmo privar ós políticos da visión cabal das cousas. Dibuxo informático de Xesús López.


RETRINCOS POLÍTICOS [1]


Pontevedra, 26.10.2007


A palabra "retrinco" ten diversos significados: retal, retallo, algo que sobra ou pendura, rabicho, resto pequeno dunha cousa, o que queda dalgo que rompeu, espacio breve de corta duración, anaco, cacho. Vender retrincos ven ser "vender ó menor". E Castelao ten unha obra titulada "Retrincos", relatos cortos. Así, tamén neste blog está incluído un traballo de meu "A modo de retrincos", que o curioso pode localizar.


Pero desta volta e no futuro hei de me referir, de vez en cando, a algunha das perlas que os nosos políticos vaian deixando no camiño dos seus discursos, mesmo de cuestiós que se prantexen como temas de Estado, cando sabemos que nos faltan homes de Estado, con visión amplia e intelixente. E así voume referir a diversas cousas das que a sociedade en xeral está a facer, nestos intres, mofa e befa.


1.- O tema da memoria histórica, que parece máis unha lei inoportuna de desmemoria que outra cousa, porque pretende primar certos intereses, porque parece leva-la súa preocupación ata o extremo de esquecer todo canto mal fixo a Segunda República, porque xa en Maio do 1931 comezaba a queima de igrexas.


Que o 28.10 vaian ser beatificados 498 mártires non significa que con eso se cerre un cupo porque, falando de sacerdotes e relixiosos ou relixiosas, foron asesinados, polo feito de seren cristiáns e coa idea de acabar coa Igrexa, uns 7000. A Cámara Santa da Catedral de Oviedo foi dinamitada no 1934, etc. Pero como rúbrica a este "retrinco" presentémo-lo dito por Mingote nun dos seus chistes máis recentes, que tomo a libertade de traducir:


Escea: Dous individuos están sobre unha ponte baixo a que pasa un río. Paisaxe moi somera, con árbores de distinta especie, terras aradas, aves no ceo. Un dos homes dí: - "O problema da Memoria Histórica é saber se no pobo desta banda foron máis bestas que no da outra." Contesta o outro: -"Eso vai ser Memoria Xeográfica".


2.- Rajoy parece estar agora nunhas primarias como oposición a Al Gore. Pouco favor lle vai facer a Mariano Rajoy encirrarse na cabezonada de nega-lo cambio climático, todo porque se lle ocurreu sacar de contexto o dito por un primo seu, Brey Fernández, físico de prestixio.


Pero o cambio climático é algo xa universalmente reconocido, aínda que os partidos dominados polos grupos de presión prefiren non entrar no tema.


Que Rajoy diga agora, con referencia a Al Gore, que hai políticos que non asinaron o Protocolo de Kyoto e andan por aí a daren conferencias ben pagadas, non quita valor ó dito por Al Gore sobre os peligros que trae o cambio climático, acelerado como se presenta, problema moral pra toda a Humanidade.


Coido que falta unha verdadeira política ambientalista por parte de todos, mentres en Francia parece que sí toman a asignatura do Cambio Climático como algo serio que precisa de políticas concretas.


Se a Rajoy o apoian xentes do seu partido, as cousas poden ir mal pró PP nas próximas elecciós aínda existindo por parte do PSOE actos graves como o de querer manipula-lo Tribunal Constitucional e outras cousas, a forza de recusaciós, nas que agora insiste o PP no que parece un acto de cordura, aínda que a idea partise de Zaplana.


Pero volvamos a Rajoy, do que unha parodia de Martín Morales mostra unha posible consecuencia negativa. MM dibuxa a unha xornalista a lle perguntar a Mariano: "-¿Coida precisar algún outro apoio do seu primo pra perde-las próximas elecciós?"


3. Danos cerebrales. [Tomado de El Correo Gallego, 26.10.2007, opinión de 9c9v9b]

Fago o plural en -ales, como Rosalía, como Eladio Rodríguez, como o primeiro Alonso Montero e penso que da deriva lusista que lle están a impór ás normas do galego poden vir tamén danos de tipo cerebral, ou a morte mesma do idioma.


Quero decir con esto que se está a modifica-la psicoloxía dun idioma, a xeografía da memoria social deste pobo que, inorde, ve cómo van matando a súa fala: "dicir, inimigo, hepatite, bronquite, bacharel, orquestra, proxecto, inxección, servizo, análise, parálise. grazas, etc....."[humidade, gravidade, enfermidade...]


Pero tornando ó temario, parálisis cerebral pode ser unha consecuencia doutro tipo de parálisis: a falta dunha verdadeira política de Estado en materia medioambiental. Citarei un exemplo:


¿De qué nos vale que un político, estúpidamente, nos fale do coidado que hai que ter co mercurio [porque unha simple pía de botón pode contaminar 50000 m3 de auga] mentres non tomen as obrigatorias medidas en relación coas industrias de cloro que van liberando mercurio en cantidades inxentes?. Porque aí podería esta-la clave das parálisis cerebrales que se dan en certos entornos, traducidas mesmo na fundación dunha chamada Asociación Amencer, de enfermos da dita parálisis. [En Pontevedra]

jueves, 25 de octubre de 2007

A NOSA PRAIA URBÁ [28.07.2000]

Un fondo mariño rico, libre de dioxinas, mercurio, zinc, cadmio... e outras miserias. [Dibuxo informático do autor]

Pontevedra, 25.10.2007Agora que está en fase de exposición un avance do novo PXOM, cando parece que o equipo de goberno local non ten vontade de face-las cousas ben, retomo un traballo do ano 2000, no que xa tocaba o tema da posible recuperación de Lourizán. Vai o traballo.
A NOSA PRAIA URBÁ [28.07.2000],
 por Xesús López Fernández

Os veciños de Lourizán claman por unha alternativa ó paso do tren polo que é a única praza da zona, o principal capital social co que contan dende que foron privados da praia, areal interminable, paraíso de augas limpas. Era a zona onde se construían chalés, na que algús adiviñaban a futura praia urbá de Pontevedra...Pero a historia cárgase moitas veces de abafallo e, ainda que a nosa crónica recente garda non poucos misterios, intúense traiciós no asentamento industrial do complexo que o propio Ministerio da Vivenda –1973-- definiría como erróneo, como causa do deterioro da saúde e convivencia humás das xentes da zona.

E recomendaban a non construcción da ponte da Puntada e outro trazado prá autoestrada. Vemos, sen embargo, que as actuaciós urbanísticas levaron o camiño da sinrazón: Lourizán como inferno consolidado. Sería bo que os veciños, que confían na mediación de Cuiña, reivindicaran –nós tamén-- a reconversión de Lourizán en praia urbá. ¿Poderemos pensar en Lourizán como solarium urbán ó servicio das xentes de Pontevedra e Marín? Podemos, sempre que haxa unha vontade política solidaria e os cidadáns queiramos reivindica-lo noso dereito a ter un areeiro como Riazor-Orzán, como Concha-Compostela, ou como Silgar. E que non-os veñan coa argumentación da riqueza que representan ENCE i ELNOSA, ás que nunca se lles pasou unha auténtica factura medioambiental. Nese tema hai moito rabo solto e hoxe non queda outra saída prás factorías que o seu traslado e cambio a novas tecnoloxías. Non existen xa posibles disculpas pra un poder que aquí estivo de costas á realidade ambiental. Hoxe vaise, nestas actividades, cara ó vertido cero, según os exemplos que cita o Worldwatch Institute no seu estudio sobre “A situación do Mundo 2000”: No deserto de Novo México existe unha fábrica de papel reciclado, sen vertido, que toma a auga dunha depuradora. En Wisconsin existe outra das mesmas características, mentres no Bronx estáse a construir outra contando con Nova York como área de abastecemento de papel usado. Tamén sen vertido. Hai máis exemplos.

Hoxe existen uns obxetivos claros en canto a estándares de calidade de vida, e se algo pode haber bó na cousa da globalización é o crecemento da conciencia ecoloxista. As normas europeas poderían servir pra que aquí se destaparan cousas alén das auditorías nas que moitos de nós non creemos por razós sempre demostrables. Estou convencido de que incluso algunhas das actuaciós derivadas do P.X.O.U. do 1987 –o máis contestado de Europa no seu momento— tiñan como obxetivo inmediato a salvación do complexo de Lourizán, porque non se entende a presencia dunha depuradora única n´Os Praceres se non é coa finalidade de artella-la confusión, de converte-lo seu emisario nunha especie de prolapso rectal, de tripa do cenzo do enclave celulósico. E arestora pode se-la construcción do ferrocarril por aquela zona unha agresión máis prá consolidación dese pecado de lesa natureza.

Creo firmemente nos beneficios de Lourizán como praia urbá, que xeraría moitísima máis riqueza e traballo que as factorías alí existentes. Pensemos tamén no confort que conlevaría ter un areal ás portas da casa, poder achegarse a el en tranvía ou trolebús, no canto de metérmonos en caravanas continuamente colapsadas cara un día de praia que pode rematar nun feixe de incomodidades, sen contar co desacougo do retorno. ¿Por qué non pensamos nunha Pontevedra distinta, destino turístico como Sanxenxo ou A Coruña? E quero propoñer dende aquí outro posible lema prá cidade en vez do “ponte bela, Pontevedra”. “Lourizán, bandeira azul”, ese sería o meu lema, a catro ou cinco anos vista. Posible. Cuestión de cartos e de vontade política á par que de participación cidadá; cuestión de ideas claras. Habería que explica-las etapas da recuperación do noso paraíso, a derrota do terror, a fin dos medos. Cuestión de diñeiro. Fondos propios ou do F.E.D.E.R., a cuestión é que deixe de eso, de feder.

Cunqueiro: O retorno de Elimas [23.06.2000]

Dibuxo sobre lucernas ou vagalumes, xa reiterado. Na noite, o home-lobo non precisa dos lucicús, e ós outros homes de nada lles valen pra avisárenlle do animal. Deixémolo en leenda ou en simple protagonista de contos como o de Cunqueiro.

Pontevedra, 25.10.2007

Este é un traballo inspirado nunha historia de Cunqueiro, do Merlín e Familia: a de Elimas, o algaribo que fornecía ó mago de libros de maxia, mesmo de pólvora. Creín por un tempo que o perdera da miña base de datos, pero recupereino dunha copia de seguridade e hoxe o inclúo pra refrescar algo o blog. Téñase presente que é do ano 2000.

Cunqueiro: O RETORNO (POUCO PROBABLE) DE ELIMAS [23.06.2000]
por Xesús López Fernández

Elimas é un persoaxe do mundo máxico de Cunqueiro, un dos que visitan a don Merlín na súa pousada de Miranda. I Elimas é o algaribo que fornece de libros segredos e da arte --románs e doutra orixe-- ó mago; que fan posible que o home manteña a súa ciencia ó día. Elimas é tamén contador de historias e leva con el un catálogo de sete moi preparadas, o que lle permite mellorar un pouco a súa economía, obter algús cartos das persoas coas que se encontra nas diversas paradas que fai no seu longo camiñar, porque vivir tan soio de ”viaxar libros, vasos de ambre e anteollos bos e baratos”, faise moi difícil; ten un que se acomodar no segmento dos chamados probes aínda sendo traballador honrado, coidadoso coa mercancía que transporta en seira, forrada de cretona ou de veludo –un respeto--, a súa burra leonesa. Conoce moito mundo de Oriente a Occidente; a China e tamén a Habana, onde semella estar medio namorado. Pero tenlle moita fe a don Merlín.

Débolle a Elimas a risa franca pola súa historia da bañeira e o demo, Satán convertido en bañeira de cristal porque quería saber cómo era o corpo espido das abadesas de certo convento; ou o conto do lobo que se aforcou na carballeira de Dueñas, en realidade un home-lobo que tivera unha existencia anterior como tendeiro honrado no Manzanal. Pero as historias é mellor leelas no orixinal, que si eu fago agora mención delas é porque o asunto da violencia e dos homes-lobos coido ten plena actualidade no noso entorno e constantemente nos chega o malcheiro da súa presencia, a súa marca territorial en moitas rúas e largos da capital. Evidentemente, falta un don Belianís cazador ou un político diposto a poñer orde na noite na que, ademáis de marca-lo terreo, os homes-lobos impoñen a súa música, o seu ular contínuo. E a policía, como si estivera asustada, rara vez acode. Consecuentemente, o remuíño de violencia que vai a máis: peleas, navallazos, mortes.


Unha destas noites soñei con Elimas. O home, que tivera existencias anteriores, tiña agora nova vida e nova relixión. O algaribo parecía estar condenado a renacer en Asia Menor e a unha materialización xudea e outra musulmá, sucedía que agora era cristián. Entendía el que esto era un pouco como un maior grado de perfección, que dende os albores da Humanidade o home tanteara primeiramente na mitificación das cousas e dos misterios, en exercicios de ritos máxicos antes de descobri-las relixiós, a resposta á súa permanente pescuda dunha explicación da existencia. I Elimas díxome que a liberación do home estaba antes na relixión que no marxismo, hoxe en vía morta, sen outro “paraíso” que Cuba, que el ben sabe que a Habana dagora non é xa a cidade onde medio se namorara na súa vida inmediata anterior. Pero Elimas non renuncia ós mitos e colaborou na cachada da noite de San Xohán, pra que o Sol non se apague, eso que este ano adiantouse o solsticio, pero a tradición é a tradición, afirmou con rotundidade. E, cómo non, preparámo-la auga prá mañanciña coas herbas precisas: tomiño, romeu, malva, menta, fiuncho....

Elimas sigue de ambulante. Agora viaxa nunha Harley Davidson. En realidade ten varias en distintos aeroportos, porque combina co avión nun continuo ir e vir: Liechtenstein, Berna, as Caimáns son decote os seus destinos. A súa equipaxe compleméntase cun PC e un teléfono portátiles pra adiantar datos, dispoñer transferencias, acordar xuros, sempre en clave. Seguro que agora, dígolle, non precisas contar historias, Non, pero aínda se me ocorren e boto de menos aqueles tempos. Anda solto moito home-lobo e mira, Satán está sempre no entorno do poder. Se unha vez se convirteu en bañeira de cristal pode moi ben agora converterse en BOE ou, simplemente, en sillón, e sabe cándo a un presidente dun consello de administración ou a un edil se lle cerra o cú, cando non lle entra unha palla por alí. ¡E cómo disfruta o demo!.... Elimas, que promete volver, pon en marcha a moto e parte hacia Lavacolla...A arrancada interrompe, reventa o meu soño....

A FIN DO TÚNEL [21.12.2002]

Vista parcial da Feira Franca. Acceso imposible prás ambulancias e bombeiros. Despois da festa, miseria, chan ennegrecido que aínda a día d´hoxe, 25.10.2007, permanece. Non hai plan de emerxencia que funcione. Aldeanismo en estado puro.
 Outra vista da Feira Franca do 2007. O dragón. Pra esa bullanga e outras miserias fixeron a reforma. [Fotos de Xesús López]

Pontevedra, 25.10.2007

Un podía creer que no ano 2002, pese ós erros cometidos, o equipo de goberno estaba a actuar con sentido común. Hoxe en día xa non se lle pode conceder ese plus, porque a cidade está materialmente asfixiada, afogada, destroída en gran parte. O que se decía no traballo que hoxe introducimos poderíase repetir, pero con tintes de máis gravedade.
A FIN DO TÚNEL [21.12.2002],
por Xesús López Fernández
É un decir. Refírome á zona vella na que cada día se producen ou anuncian novos cerres de comercios. Algús dos establecementos que están coa liquidación final son negocios renovados que sustituíran a outros que á súa vez colleran o relevo de tendas arruinadas a causa do cerre e traslado do mercado ou ben da presión peatonalizadora da que un que outro empresario non se tiña decatado ata que a ocupación de Valentín García Escudero polas casetas e material de obras da empresa Casas Novas apretóulle-los zapatos; fíxolles ve-la realidade, privados do aparcamento que representaba aquel espacio e fixo levadeira a súa actividade mercantil mentres outros empresarios víanse forzados ó peche porque non se compriran os prazos, porque non houbo unha actitude de colaboración dende o Concello nen dende a propia asociación empresarial. Non souberon defende-lo modelo de cidade existente.

Con paciencia non se mantén viva unha empresa que, ubicada nunha zona comercial, pasou súpetamente a estar noutro sitio porque a política urbanística levada a cabo –de auténtica deconstrucción— cambiou a idiosincrasia do lugar. Pra algunhas das víctimas da situación creada pensaba Lores que a súa receta de “paciencia” ou de que “xa se vía a luz da fin do túnel” podería funcionar, facer posible a presencia viva dun local comercial con obrigacións de pagos ó persoal ou de renovaren stocks pra un público normalmente rural ó que se lle acabaría por prohibi-la entrada en Pontevedra co actual esquema circulatorio. A zona peatonalizada creceu máis da conta e outros negocios están a padeceren agora o impacto dos cerres de Michelena e mái-lo tramo de Daniel la Sota-Glorieta de Compostela. Non se pensou con criterio de ecoloxismo urbán pra manter vivo o tecido comercial tradicional e así como en Silgar, polas obras levadas a cabo, o mar se leva a area, aquí o público do rural non penetra na cidade porque o seu mellor amigo, o coche, está condenado a dirixirse a Carrefour, con aparcamento gratuíto, deshonestamente privilexiado polo Concello e por Fomento.

Cando aínda non se inaugurou o parking do Mercado –según Lores ía ser no outono ou antes, en setembro— a situación é absolutamente desmoralizante, gravitando ademais sobre a mesma as actitudes de Fomento e Patrimonio, que non se sabe certamente qué baralla están a xogaren –ou sí se sabe-- e que non están exentos de culpa na situación creada no casco histórico, no deterioro consentido de espacios como a praza da Verdura. ¡E claro que aquí como en outras actuacións existeu unha clara deixadeza da Delegación de Cultura!. A zona en xeral está cada vez máis morta, sen plan de accesibilidade, sen ideas pra ver de manteren e incrementaren o número de residentes. Outra familia conocida acaba de abandona-lo barrio, temerosa de que o peor aínda estea por vir. Porque aumenta-lo número de tascas e terrazas, converti-las prazas en campos de xogo tipo “un globo, dous globos, tres globos”, non axuda a configura-la zona como barrio residencial.

Non todo ha ser pesimismo. Os que apostan pola configuración do casco vello como Centro Comercial Urbán están a presentaren o seu logotipo á par que agasallan ós compradores da zona cun pequeno acebo no que unha etiqueta recomenda “pensa no futuro, respeta a natureza”. O tal centro sona a pura entelequia, porque sen aparcamentos próximos non hai negocio posible. Eso require un cambio de política urbanística porque de pouco vai vale-lo parking do Mercado cando están a eliminaren prazas en superficie en maior número que as que crean. Repito, é necesario un cambio real de política urbanística ou a cidade vella vai seguir na involución museística hai tempo comezada con aquel preanuncio navideño de hai catro ou cinco anos, cando estrearon as guirnaldas de tanatorio que nestas datas volven enche-las rúas vellas de sombras. Podo pensar nun futuro pró acebo que recollín; podo creer no futuro da zona, pero aínda non vexo a claridade anunciadora da fin do túnel.

miércoles, 24 de octubre de 2007

DEL RÚSTICO Y DEL SEÑORITO [20.01.2003]

Podemos maxinar ó Xanciño dos primeiros tempos colaborando na venta das cabazas do horto familiar, na feira da vila. Fotografía de Xesús López.

Pontevedra, 24.10.2007

Inclúo hoxe un conto de "Alicia Sisán", que foi publicado no seu día no Diario de Pontevedra. Trátase dunha historia aceirada na que se describe, paso a paso, como moitas veces se pode ir xerando o chamado autoodio, mesmo construir un resentido monstruo.
Paréceme un conto exemplar.

Del rústico y del señorito
por Alicia Sisán, vecina de Pontevedra

Había un pequeño rústico, nacido entre animales y aperos de labranza, que iba a la escuela con su boina capada y sus zuecos oliendo a cuadra. Durante los veranos coincidía en aquella modesta aula con otro niño, señorito de Madrid, que gustaba de repartir con él su bocadillo de chorizo de Cantimpalo a cambio de que el rústico Juanciño le enseñara a cazar pájaros con un tirachinas, tarea para la que estaba especialmente dotado. Por otra parte, doña Juanita, la madre de Alex, el niño madrileño, procuraba guardar la ropa que su hijo ya no usaba para regalársela al zagal. Don Valeriano (su marido) a su vez, contribuía a la maltrecha economía familiar de Juanciño dándole un duro de plata cada vez que el rapaz le lavaba el coche, un "Citroen" negro que era la admiración del muchacho, con aquel olor a gasolina y al cuero de la tapicería que a veces llegaba a marearle, acostumbrado como estaba al cálido y dulzón olor que emanaba la cuadra de su casa.

Cuando Juanciño se cruzaba por las corredoiras de su aldea con el señor cura, se apartaba a un lado, se descubría de su mugrienta boina y, respetuosamente, saludaba: -Usted lo pase bien, Don Amaro. El bondadoso preste, invariablemente le contestaba: -Vete con Dios, Juanciño.

Y el vivaracho y regordete Juanciño se iba a recoger el ganado que su padre había llevado al monte por la mañana. Así, entre la escuela, los pájaros, Don Amaro y los animales que tenían en la corte iban pasando los años de infancia de aquel Juanciño llamado a más altas empresas. Pasados los años, su padre lo mandó a la ciudad a estudiar. Como pudo, fue acabando los estudios y consiguió plaza de funcionario. Pero los años no pasan en balde y de aquel Juanciño tan educado y respetuoso quedaba poco. Se había convertido en un resentido contra los señoritos porque tonto, tonto, lo que se dice tonto, no era. Se daba cuenta de que, aunque ya no usaba aquella vieja boina ni llevaba ya el paraguas colgado a la espalda por el cuello de la remendada chaqueta heredada de su padre, y que en vez de zuecos calzaba ahora zapatos de fino tafilete, seguía siendo un rústico trasplantado a la ciudad, un patán que nunca podría llegar a ser como su amigo Alex.

Eso le llevó a odiar la aldea donde nació y a todo lo que le recordaba a su infancia. Acabó renegando de los curas, odiando a los señoritos que tanto le habían ayudado a él y a su familia y, ¡protegiendo a los pájaros!, a los que tanto había perseguido en sus correrías con Alex años atrás. Pero, sobre todo, acabó odiando con toda su alma a los automóviles, por el recuerdo de aquel "Citroen" al que tantas veces había lavado y sacado brillo con sus infantiles manitas. Tanto llegó a odiar a los coches y al olor a gasolina, que desde entonces sólo utilizaba una bicicleta, muy cara, eso sí, para sus deplazamientos.

Se hizo socio del Casino y del Club de Tenis de la ciudad en la que ahora vivía, para parecer un señorito. Pero hasta la despectiva mirada de los altivos porteros le humillaba, pues sabía que él nunca podría llegar a ser un señorito. Por eso, nunca se acercaba a la mesa que ocupaban Alex y su familia, a los que miraba desde lejos con desdén, queriendo aparentar una superioridad que sabía no tenía. Recordaba con tristeza el cuento de la mona vestida de seda, pero se mantenía invariable en su inútil y estéril papel reivindicativo de un señorío que sabía muy bien no se compra con dinero, ni se consigue tal título en ninguna universidad. El señorito, como el rústico, el japonés o el indio navajo, nace, no se hace. Ni es culpa ni es mérito de ninguno de ellos. Es la vida.

CONTRADICCIÓS NA REPOBOACIÓN

Outra paisaxe é posible no monte galego. Máis riqueza, máis turismo, que non morran máis aldeas. Fotografía do autor en Moldes, Boborás, Ourense. A igrexa ten, sobre o campanario, unha cruz celta.

Pontevedra, 24.10.2007

Na prensa d´hoxe dan a nova de que as comunidades de montes de Pontevedra propóñense erradica-lo eucalipto nun espacio de mil hectáreas. Sobre a idea desa erradicación trataba xa o traballo agora reproducido, do ano 2002, así como do fracaso da loita biolóxica contra o gonipterus e a posta en escea da fumigación con plaguicidas de cadea longa, letales prás abellas. E peligrosos prós humáns.


Contradicciós na repoboación [2.11.2002],

por Xesús López Fernández

Hai xa tempo que foi denunciado o feito de que a unha maior repoboación forestal correspondera máis e máis emigración. Os montes foron ocupados e privadas así moitas aldeas do uso tradicional dos mesmos, algo que habería que ter en conta agora, cando a Xunta fala da posibilidade de recuperar 261 núcleos de poboación que se quedaron sen xente. ¿Quén se vai asentar agora nesas aldeas e con qué soporte económico, agrogandeiro, agroforestal? A economía campesiña fora de sempre un sistema dentro do sistema, que se sostiña a sí mesma sustentablemente. Pero son xa moitas as zonas coa clase labrega desaparecida, perdída-las raíces, reubicados nas cidades algús emigrantes retornados, daquela emigración forzada pra, coas súas remesas de cartos, financia-los plans de desenvolvemento industrial. O amor á aldea, á súa cultura, está perdido en moitos dos nosos sectores. Os que pola vía da reconversión gandeira resistiron están a seren cada vez máis presionados.

Aínda existen prados –que alegran e dan máis luz á nosa paisaxe--, pero poden nalgús casos estaren a punto de desaparecer, porque as súas lindes correspóndense con masas espesas de eucaliptos colonizadores que só entendemos sobre a base dunha total irracionalidade reforestadora, monoespecífica, á marxe da biodiversidade desexada, que converten a nosa xeografía, nas zonas por eles ocupadas, en espacio monocromático. E por se fora pouco, cada vez aparecen máis fincas abandonadas reconvertidas á cousa eucalipteira. ¿E non se poderían usar esos terreos prá outra fin? Porque se falamos da reconversión do eucalipto a papel tisú, tamén poderiamos falar da reconversión da cerdeira brava ou da nogueira híbrida en mobles de estilo, algo sabido e que tiña stand en Forestalia, como tamén un viveiro de Esgos que promove a prantación, antre outras coníferas, do piñeiro de Oregón, madeira de gran calidade, outra forma de poñe-los nosos montes en valor.

Hai cousa de dous meses que os representantes das comunidades de montes pontevedresas fixeron pública a súa intención de erradica-lo eucalipto no prazo de vinte anos e de lle dar outra orientación á repoboación, con criterio de prima-la variedade. Lémbrese aquí tamén a proposta de Miguel Cortizo, parlamentario socialista, de elimina-lo eucalipto de Galicia nun prazo de 50 anos. Son medidas que deberían ser consensuadas nun momento no que queremos salientar certos valores paisaxísticos cara ó turismo. A recuperación do litoral da que falou Fraga hai escasos días n´O Grove sería así máis facedeira, sen caer na contradicción, na alienación do que propoñen sen razón certos “axentes sociales”. Que a Xunta estea traballando na reconversión hoteleira dalgúns conventos –San Clodio, San Estevo de Ribas do Sil, San Vicente do Pino— é importante; decidirse pola recuperación dalgún que outro espacio natural é a súa asignatura pendente, en contra do prometido.

Quero incluir aquí unha pequena noticia sobre a demostración de fumigación que, ó abeiro de Forestalia, fixeron na zona de Combarro con avioneta controlada con mando a distancia. Parece que a “anaphens nitens” que ía acabar co “gonipterus” non pode coa plaga. E non se lles ocorre mellor cousa que botar man dun insecticida, o flufenoxurón, que non ten efectos tóxicos sobre humáns. Eso é o que din, como se fora unha cousa portentosa, como o DDT hoxe prohibido. Como el, resulta que non é biodegradable, que sí é extremadamente tóxico pra algús grupos de invertebrados acuáticos e co que, cando se manexa, hai que ter coidado: “Evita-lo contacto cos ollos, pel, boca e nariz. Se a roupa se contamina é preciso quitala e lava-la pel afectada con auga e xabrón. Lavar toda-las partes expostas antes de comer, beber ou ir ó baño. Despois do traballo cámbiese a roupa e dúchese”. Hai peligro. Todo pode ser cuestión de dosis como no caso do gas usado polos rusos. As aldeas cercadas por eucaliptos poden tamén, dende agora, vivir situaciós de verdadeiro risco.

¿DEBATE OU TERTULIA? [15.05.2002]

Parece como se parte do comercio sintonizara co bloqueo que sofre a cidade, polo menos dedúcese desta vista que quer como dignifica-los mosquerós do Concello, "facelos máis light" que non a auténtica ameaza existente en diversas rúas i espacios. Fotografía do autor. Nota: Mirade as ilustraciós do traballo "A manifestación dos comerciantes".

Pontevedra, 24.10.2007 Introducimos un traballo do ano 2002, que vai novamente de peatonalización e de involución do Centro Histórico pontevedrés. O debate que non foi debate, poderiamos decir, pero os feitos están na memoria de todos e a caída do alcalde Pedrosa, [do que sempre fun crítico pola súa función de valedor de Continente, avisado de que á miña familia lle estaban a levare un mato en Matalobos], trouxo un tempo peor e máis zafio de face-las cousas. E por crítico debo decir que, no debate-tertulia que se comenta foron as súas poucas palabras as de máis sentido e cordura.

¿Debate ou tertulia? [16.5.2002]
por Xesús López Fernández


Ausente de Pontevedra os pasados días, deixo desta volta o tema do Padre Sarmiento, ó que terei de volver ó longo do ano algunha que outra vez. Sei que moitos han retoma-lo esquecemento despois da festa das letras.Sen embargo, coido que o traballo do Consello da Cultura Galega vai máis en serio e que a promesa do seu novo presidente de rescata-la figura de Sarmiento é formal. Veremos. Pero hoxe quero tocar algo que seguramente pasou desapercibido a moitos pontevedreses, o debate acougado --mais ben tertulia demorada— que, hai agora algo máis de dúas semás, mantiveron na TVG, no programa “A Chave”, os señores Mosquera, Pedrosa, Filgueira i Hermida, estos dous últimos como representantes de asociaciós de dubidosa presencia. Asunto: a reforma do Centro Histórico, a peatonalización, etc.
Dada a maioría gubernamental –tres espadas--, non se podía agardar un debate vivo. E así, Pedrosa pouco dixo máis alá de nos lembrar que a financiación do Urban fora xestionada na súa época, e a indicación final de que ó sobardaren coa peatonalización as rúas circundantes do Centro Histórico, poderíase acentua-la involución da zona. I eso foi dito así, a modo de consello dirixido ós outros tres, no remate do debate. Téñase presente que Mosquera falou dende unha certa arrogancia, mesmo ó abeiro de información privilexiada que dixo manexar, e dixo que a zona estaba a remonta-lo seu estancamento, algo no que moitos non creemos. Decir que nun edificio a restaurar están todo-los pisos vendidos e que mesmo hai lista de espera non sirve de consolo ós que non saben cómo vende-la súa morada, porque abandonan. O que xa raiou coa burla foi a súa valoración como logro social do feito dos nenos a xogaren á pelota nas prazas da zona vella, algo que sempre fixeron, se ben de forma máis limitada por termos daquela máis vixiancia e respeto.
Hermida, de Cidade Vella --que hai cousa de dous meses tiña 35 socios— chegou decir: “Nós queremos máis peatonalización”, en alusión á Rúa Real e á praza Valentín García Escudero. Outra proposta desa asociación é a de pactaren con bares e pubs a dignificación da “movida”, se se pode decir así. ¡Qué lonxe daqueles tempos nos que a asociación, máis viva, promoveu a campaña dos crespós negros, preanuncio da peste, porque a zona estaba de loito, morta pola peatonalización e mái-los ruídos! ¡Co fácil que sería promover agora antre os comerciantes un lema como o de “Zona peatonal, ruína total”! Pero na “Cidade Vella” non están por ese labor, mentres que o seu representante na Federación Castelao acaba de denuncia-lo fracaso da participación cidadá por culpa das propias asociaciós. Claro, porque convén así ó sistema i están comenentemente neutralizadas polos seus infiltrados.
E tócalle o turno ó representante da ACZM, Filgueira, que aparecía como desubicado, próximo actualmente a Mosquera, próximo a Pedrosa nun pasado recente, época na que pertencía a Pontevedra Unida, causa principal, antre outras, da caída do alcalde.. Se Filgueira e algún dos seus asociados defenderon sempre a peatonalización, son moitos os comerciantes que se opuxeron á mesma e que poden entendere este proceso como unha traición ó colectivo. Pero faltaron moitos temas, porque non se tocou con fondura a cousa urbanística, nen a perda de valores que está a sofri-lo Centro Histórico, a cidade toda. Nen o tema medioambiental. Despois da “visita” de Rachmaninoff como cerre de temporada da Sociedade Filarmónica, comentabamos algús cómo a deficiente acústica do auditorio secuestrara parte do protagonismo do piano no Concerto n. 3. ¿Por qué un auditorio así e naquel sitio?. ¿Por qué acabaron coas xunqueiras? Ante nós o Pabellón –¡xa puideron pedir unha pirámide!-- e a gran enfesta, presencias case deshonestas naquel espacio, factura cobrada por Pontevedra Unida a Pedrosa.¡É que algús non deberan estar na Política! Así a cidade perdeu o seu entorno. Por non ter debatido. Como agora n´A Chave.