lunes, 31 de agosto de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (18)

As normas matadoras da concordia, a incompetencia da RAG e outras instituciós, case privaron ó noso pobo de identidade, de lingua.
-
Pontevedra, 31.08.2009
-
Entrada n. 1045 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (18),
por Xesús López Fernández
-
Alfredo Conde ten comentado non poucas veces a cuestión de que o idioma é unha creación social; que os idiomas, as falas, son creación de sociedades que poden mesmo seren ágrafas.
-
N´El Correo d´hoxe, na súa nova serie de escritos en castelán, afirma incluso que nengún escritor galego vivo leva escrito tanto como el no idioma do país; que ademais é moi libre de facelo no idioma que lle pete. Por suposto.
-
O caso é que aínda así sigue defendendo o noso idioma con oufanía certa, como facía con data 28 e 29.08.2009, ó falare do 19 aniversario do pasamento de Ramón Piñeiro e do tiberio que se foi armando dende instituciós varias e dende certas editoras en relación coa lingua. D´acordo. É o que aquí vimos mantendo dende hai tempo. Non precisamos da Academia, que aínda que desaparecese non se perdería nada.
-
O malo é que, dend´o portazo de Isidoro Millán González-Pardo ó comprendere a inutilidade desa institución e marchar dalí, non houbo parecidas reacciós por parte doutros académicos, que tiveron unha ocasión única cando lles colaron o paquete normativo en vigor. Agora é tarde pró necesario exercicio de hixiene, de desparasitación da lingua. E da RAG.
-
Enlaces:

sábado, 29 de agosto de 2009

EN TERRA SANTA, 7

Accedimos pola porta Sur. Control.
Vista parcial do Muro das Lamentaciós, o 13.07.2009
Mezquita de al-Aqsa.
Ó fondo, a mezquita de Omar ou Domo da Rocha.
Mezquita de Omar i edículos do entorno.
A igrexa de Santa Ana.
Convento do Ecce Homo, das irmás da Nosa Señora de Sión.
Facendo o vía crucis. Estación 6.
Facendo o vía crucis. Estación 5, a do Cireneo. Vía crucis e zoco interfírense.
Patriarcado da igrexa oriental copta ortodoxa, na estación 9.
Entrada na Basílica.
Interior da Basílica.
Basílica. Vista interior xeral.
Xesús é cravado na cruz.
A crucifixión, representada na Basílica.
Outra vista interior da Basílica.
O lugar dend´o que, según a tradición, a Virxe contemplou a crucifixión do seu Fillo.
Esta foto corresponde a unha igrexa armenia situada no entorno da Basílica, en honor a Santiago. A mesma igrexa armenia.
igrexa armenia.
Unha imaxe de Santiago.
-
Pontevedra, 29.08.2009
-
Entrada n. 1044 do blog
-
Artículo semanal
-
En Terra Santa, 7,
por Xesús López Fernández
-
(continuación) Aínda o 12.7, despois da cea, achegámonos á nova Xerusalén, pra ver algo dos asentamentos urbáns máis recéns, que deixo fóra deste relato. O día 13, pola mañá, era o previsto pra unha visita ordeada da Xerusalén que xira en torno ó xuicio, morte e resurrección de Xesús. I entramos pola porta que dá máis ó Sur, próxima ó Muro das Lamentaciós. Despois do reglamentario control pasamos por unha rampa ó largo das mezquitas, pola fronte da de al-Aqsa, caracterizada por sete grandes pórticos, de gran cabida e que na época cruzada foi utilizada como pazo dos reis latinos. Tamén sería sede dos Cabaleiros Templarios. A outra mezquita, a de Omar, aparece espectacular coa súa cúpula dourada. Nela faise a sentinela do penedío resgardado no seu interior, do que emprendeu viaxe cara a eternidade Mahoma, montado nun cabalo branco alado, según afirman os musulmáns. No espacio, coidadísimo, existen outros edículos e construcciós diversas: fontes, arcos e arcadas, con amplias vistas sobre as ruínas dos vellos templos e da Piscina Probática.
Pasamos á igrexa de Santa Ana, templo cruzado construído en honor de Santa Ana, a nai da Virxe. A tradición di que alí viviron San Xoaquín e Santa Ana, os país de María. Na cripta do santuario sitúase o nacemento da Virxe. E dende un lateral da igrexa aprécianse as ruínas da piscina de Betesda, onde Xesús fixo unha demostración do seu poderío curando a un home que levaba 38 anos paralítico: “¡Levántate, toma a túa padiola e vaite..!”. Así curaba Xesús. Nas excavaciós efectuadas recentemente polos Padres Brancos quedou comprobado que a piscina medía 120 metros de longo, por 70 de ancho e oito de fondo. O templo tivo tamén un pasado como escola coránica. E, da man do noso guía, fomos pasando ós lugares onde se supón foi xusgado Xesús ante Pilato, e flaxelado, no entorno da chamada Fortaleza Antonia, totalmente destruída por Tito no ano 70. Na zona Oeste foi localizado un enorme enlousado, o litóstrotos ó que fai referencia o evanxelista Xohán.

Hoxe existen alí unha escola musulmáa e un mosteiro franciscán e o convento das Irmás de Sión, fundación dun xudeo converso, o Padre Afonso Ratisbone, prá colaboración na conversión doutros xudeos. E do seu lado o arco do Ecce Homo. Dende logo, nada ten que ve-lo aspecto que hoxe mostran os santos lugares coa drescripción evanxélica. O vía crucis que fixemos ese día transcurreu ó longo dun espacio urbanizado, a Vía Dolorosa, que arranca dende o patio de la Madrasah no que se sitúa a condenación de Xesús. Ornada a vía por diversas capeliñas, cruzada tamén de zoco árabe (ou alarbio), presenta a sorpresa de que no lugar da estación n. 9, a da terceira caída, na capela de Santa Elena, ten residencia o patriarcado copto ortodoxo, o convento de San Antonio, dende o ano 325 despois de Cristo, que está situado, en parte elevada, detrás do ábside da Basílica do Santo Sepulcro, Calvario e Resurrección. As cinco últimas estaciós están xa integradas no que hoxe é a Basílica: 10. Xesús, despoxado das vestiduras; 11, Cravado na Cruz; 12, Morre na Cruz; 13, É baixado da cruz e posto nos brazos da súa Nai; 14; É sepultado.
A crucifixión de Xesús tivo lugar fóra das murallas, perto da cidade según San Xohán. “Había un horto e un sepulcro novo onde nadie tiña sido sepultado…, no que puxeron a Xesús.” (San Xohán, 19, 41-42). Pero no ano 44 o Gólgota e o sepulcro quedaron dentro das novas murallas, construídas por Herodes Antipas. Localizáda-las vellas murallas, tra-los santos lugares, quedaba confirmada a letra do Evanxelio. E alí, na Basílica, están claramente indicados os lugares das últimas estaciós do vía crucis. A pedra da unción, na que según a tradición foi embalsamado Xesús, é un dos referentes a visitar, ademais do sepulcro. E tamén está sinalado o lugar dende o que María presenciou a crucifixión do seu Fillo. Cerrámo-la primeira parte da xornada cunha eucaristía na capela da Magdalena, dos Padres Franciscáns. (continuará)


ESTÁN, PRESUNTAMENTE, CONTRA A VIDA

Rodríguez Zapatero e Peces Barba parecen estar en contra do Tribunal Constitucional por non tere apoiado as súas tesis en contra da vida dos nasciturus.
-
Pontevedra, 29.08.2009
-
Entrada n. 1043 do blog.
-
Post do blog de elentir/contando estrelas:
-
PECES-BARBA EXPRESA SU DISGUSTO CON EL TC POR HABER DEFENDIDO LA VIDA Y LA LIBERTAD.
-
Enlace e Elentir: http://www.outono.net/elentir/?p=14664
-
Atendede tamén ós comentarios do post de Contando Estrelas. Pero sobre todo ós artículos relacionados.

viernes, 28 de agosto de 2009

REPRESIÓN EN PERÚ

As víctimas deste xenocidio xa non están.
Matanza de Bagua, Perú.
Matanza de Bagua, Perú. O Goberno non pode ocultar tantas tumbas.
Perséntoche a Melanio, o día da súa necropsia. Morto por bala cando estaba detido por defende-los dereitos dos outros, dos seus. Xa non está.
Peruáns matando a peruáns.
Comunidades indíxenas defenden as súas terras, no Perú.
-
Pontevedra, 28.08.2009
-
Entrada n. 1042
Represión en Peru,
de Carlos Serratti
-
Neste país, onde están prohibída-las folgas, está prohibido tamén defende-los teus dereitos. Os indíxenas defenden as suas terras; mais, ¿quén os defende a eles?. Carlos Serratti envioume o seguinte enlace. Clicade nel e no correspondente comando pra ver asombrosas fotografías-denuncia de auténticos asesinatos
-
Solidarícemos cos nativos da Amazonia que hoxe están a seren masacrados por orde deste goberno que non é capaz de escoitar nen dialogar, só está a pensare en vende-las nosas riquezas ós inversionistas extranxeiros sen ter en conta que a selva do Perú é o PULMÓN DO MUNDO; É UNHA RESERVA QUE NON DEBE SER NEGOCIADA BAIXO NENGÚN CONCEPTO.
-
NON SE PODEN VENDE-LOS PULMÓS DO MUNDO, os nativos da selvan están a defenderen o seu lugar de orixe e que os deixen vivire en paz, coidando o noso ecosisema e os seus fogares .
-
O certo é que a selva é de tódo-los peruáns. Por eso debemos defendela. Hoxe, o goberno mandou ás forzas armadas pra que acaben cos dirixentes destas comunidades i están aparecendo mortos nas estradas e noutros lugares; están a dispararen contra a poboación enteira sen lles importare a vida; tamén os nenos caen nesta masacre.
-
Informemos máis e fagamos unha cadea de solidariedade, ten que rematare esta loita; fagamos algo polo noso Perú. Envía esta mansaxe a tódo-los teus contactos. Non consintamos que se venda a selva pra logo deixala sen árbores e convertida nun deserto, non permitamos que acaben coa nosa selva.
-
NON PERMITAMOS QUE ESTAS MATANZAS QUEDEN IMPUNES. POR ESO REENVÍA ESTE CORREO A TÓDO-LOS TEUS CONTACTOS. Carlos Serratti.
-
Nota.- Non puiden mete-lo correo íntegro do amigo Carlos Serratti, moito máis rico en fotografías que as que aparecen neste post, unha corta selección das por el remitidas. Confío en que algo poidan valer pra lle aclarare ós visitantes deste blog que no mundo hai demasiada maldade e que algo deberemos facer pra cambialo. ¿Cómo? ¡Quén o soubera!


jueves, 27 de agosto de 2009

LA CALLE SIERRA

Rúa Sierra, decorado de ruínas dentro da ruína total da zona monumental. Dito doutra forma, o fracaso da política do Bloque, en Pontevedra, o modelo Allariz. (Fotografía do blog de Don Filiberto)
-
Pontevedra, 27.08.2009
-
Entrada n. 1041 do blog
-
LA CALLE SIERRA,
por Xesús López Fernández
-
É unha das rúas que foi viveiro de negocios, de transacciós polo menor e polo maior, en Pontevedra, ata que desembarcou o Bloque na gobernación local e comezou a inaugurar ruínas coa súa desalmada peatonalización. Sobre desto teño falado moitas veces, de cómo principalmente Mosquera, con algún qu´outro Gran Irmán interposto, comezou a arrasare a vida comercial da zona vella.
-
Pero como eu son víctima, porque vivo na zona vella na que ademáis teño algunha pequena propiedade da que me desfaría de boa gaña, e non vexo futuro posible, mellor incluir aquí o enlace do post de Don Filiberto, que entrou con forza no mundo dos blogs, que con só tres posts debe ter ó equipo de goberno con eles de garabata. ¿Qué non? Léano, lean tamén o post sobre a rúa Sierra, que sigue:
-


miércoles, 26 de agosto de 2009

OS HÉROES DE PONTE DE SANTO PAIO

Monumento ós Héroes de Ponte de Santo Paio (ou San Paio, se queredes; ou Sampaio), con futuro incerto.
-
Pontevedra, 26.08.2009
-
Entrada n. 1040 do blog
-
OS HÉROES DE PONTE DE SANTO PAIO,
por Xesús López Fernández
-
A agresión urbanística que practica o Concello pontevedrés debe ter moito que ver co que se chama "desenvolvemento sustentable", máis ben parabólico en crecente de certas economías, mentres a cidade morre cada día un pouco máis e se sinte máis probe, privada de posibilidades económicas, arrasada tamén a súa memoria histórica.
-
Pasei hoxe pola zona de obras do parking da praza de España, horror traspasado aínda máis polas festas da Peregrina recén rematadas, convertido o seu valado metálido en expositor mural do que foi Pontevedra e no que algunhas das fotografías poden estar expostas pra xustificare, antre outras cousas, a desfeita do monumento dos Héroes de Ponte de Santo Paio, da Guerra da Independencia, e outras gansadas. Pero non falan pra nada da Axenda21Local na que tiñan que estaren a traballar a todo trapo si é que realmente queren levar adiante o PXOM de Mosquera, aínda peor qu´o de Rivas.
-
Sobre ésto, mellor leé-lo blog de Don Filiberto, cun novo post de antoloxía, dos que forman e conforman opinión e sirven pra mostrare por ónde Pontevedra supura e morre, telumbrando cómo vai segui-la lepra urbanística que comezou hai dez anos. Con apoio técnico, ou trénico, eso sí.
-
-
Citemos tamén un traballo de Alfredo Conde, publicado n´El Correo Gallego do 25.08.2009, titulado "Ciudad al margen del tiempo", no que apunta certas cousas sobre a paralización e situación terminal desta cidade ou de cómo a democracia pon nome ás cousas, Lores de Arabia en relación coa antigua Rúa do Chanchullo, nome que xa ten aparecido neste blog. (artículo de Alfredo Conde)

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (17)

Volvemos co icono do caos normativo que aplicamos á serie en relación co esmorecemento do idioma galego.
-
Pontevedra, 26.08.2009
-
Entrada n. 1039 do blog
-

O ESMORECEMENTO DO IDIOMA (17),
por Xesús López Fernández
-
Hoxe publica El Correo Gallego unha entrevista interesante a Anselmo López Carreira, historiador. El cree que os responsables da cultura galega deben comprometerse neste momento, actuar contra esa especie de revanchismo que existe contra o feito polos outros.
-
Non sei cómo interpretare esa afirmación, porque o revanchismo ven xa d´atrás, comezado polos outros, convertida a propia Academia Galega nun instrumento indigno, especie de sentina ó servicio dos laboratorios da UPG. A entrevista, da que inclúo enlace ó pé deste post paréceme un pouco bandeante, pero sí hai moitas cousas que se poden asumir, aínda que poidamos discuti-lo rol da intelectualidade na que el parece confiar. Nós, non.
-
¿Qué intelectualidade? ¿A subvencionada, a que traga i embucha?. ¿Ou falamos dun Isidoro Millán González-Pardo, o home que un bo día e canso de ver cousas que non lle gustaban, pegou un portazo na sede da Academia Galega, e marchou pra non volver? ¿É que xa non hai académicos capaces de dar novos portazos?. Sigue unha pergunta e a correspondente resposta do citado Anselmo López Carrera, que demanda compromisos ás instituciós nas que un xa non cree. Pode que o entrevistado tampouco. Depende da lectura que acertemos a dar á entrevista.
-
Da entrevista:
"- ¿Cree que deben falar alto e claro os referentes da intelectualidade galega como poden ser a Real Academia o Consello da Cultura ou o Instituto Padre Sarmiento, entre outros, para que se fixen unhos mínimos respecto o galego?

_ Non só creo que é posible senón que o vexo necesario. A intelectualidade representa a conciencia racional da identidade dun país. Entón, penso que en todos os ámbitos culturais de Galicia, respetando toda a pluralidade posible, hai unhos elementos mínimos nos que si deben coincidir, porque ademais non é falar de algo extraño, senón que se trata de non consentir atentandos contra aqueles elementos que son o cerne da existencia nacional de Galicia. Aí, a intelectualidade ten por definición un papel de altísima responsabilidade e ten que estar á altura."
-
-
La identidad se vota, de Carlos Luís Rodríguez, en El Correo do 27.08.2009, pode axudar a máis de un a lle aclara-las ideas. (Leede o seu traballo)

DÚAS LÚAS


Pontevedra, 26.08.2009
-
Entrada n. 1038 do blog
-
DÚAS LÚAS,
por Xesús López Fernández
-
O Planetario Internacional de Vancouver calculou con toda precisión que Marte estará orbitando o próximo 27.08.2009, é decir, mañán. Á media noite con 30 minutos vai aparecer no ceo como unha segunda lúa da Terra. O máis curioso, e asombroso, é qu´os maias x´o calcularan nun códice atopado na pirámide a un lado do Esculcadoiro Estelar de Palenque, en Chiapas.
-
Agora son considerádo-los maias como os gregos de América. E hai que estar atentos ó firmamento porque ó longo de catro ou cinco xeneraciós non volveremos apreciare este fenómeno natural. É triste ver que este feito, que foi notificado polos medios con data 11.05.2009, permanece ignorado prá inmensa maioría da xente.
-
Según moitos medios trátase dunha afirmación sen base.
-

martes, 25 de agosto de 2009

A TRADICIÓN DO LIÑO

Feiraco, Amigos do Liño e Traxe Galego seguiron onte o proiecto experimental en terras de Dumbría.
Recuperan a tradición do cultivo do liño en Monte Pío, Santiago.
-
Pontevedra, 25.08.2009
-
Entrada n. 1037 do blog
-
A TRADICIÓN DO LIÑO,
por Xesús López Fernández
-
A fibra do liño debería estar presente nos productos finales da nosa economía verde. O abandono do seu cultivo foi un de tantos disparates no devalo desta terra, aldea a aldea, veiga a veiga, ata a deconstrucción total da paisaxe e tamén do capital humán. Son de agradece-las iniciativas que intenten poñer en valor ese gran capital verde que ten o noso país, que tamén morre, por exemplo no sector do leite. ¿Por qué a profesión de gandeiro é xa case, no mundo rural, a nosa última fronteira?
-
Coido que é hora de que pensemos seriamente en clave de país. Un pouco difícil. E pode que o esforzo de reprantar liño, como o de reforestar con especies autóctonas ou convertiren en searas algús montes comunales vaian na boa dirección, pero son os políticos os que teñen que se achegar a esas potencialidades, ordealas e deixaren de pensar en clave de convertir todo en solar pra infraestructuras prós rañaceos do litoral ou dos portos deportivos, desalmados moitos que eran bases pesqueiros en loor das regatas de iates ou do veraneo das xentes da Meseta.
-
Non digo máis porque o deste post era louba-la recuperación do cultivo do liño ou falar en breve da economía verde, a gran esquecida.
-
Siguen enlaces que falan da cousa:
-

DON FILIBERTO, NOVO BLOG

Pontevedra, 25.08.2009
-
Entrada n. 1036 do blog
-
DON FILIBERTO, NOVO BLOG,
por Xesús López Fernández
-
Nace un novo blog, Don Filiberto, bonito nome pra quen empeza facendo crítica en relación co labor errático da restauración que non-o é da zona vella. E da zona nova. Aquí trátase de non facer cidade, de facer urbanismo impúdico pra acabare coa vila como espacio de residentes ó tempo qu´a reconvirten en circo prós de fóra.
-
Somos moitos os que nos declaramos anoxados co acontecer das nosas cousas, coa programación e reprogramación, unha volta polo medio/ outra polo rededore, pra acentua-la seca da cidade, a morte incluso da súa ría a mans dos que se decían ambientalistas.
-
Coido que Don Filiberto nace coa decidida intención de facer crítica seria de moitas das actuaciós urbanísticas do talibanismo instalado no poder local, ó que tanto lle agrada xogare xangalmente coas esculturas, que mesmo tenta reconvertire certos espacios nunha especie de instantánea retrospectiva, nunha foto finish na que prima antes a estulticia que outra cousa, como no caso do proiectado grupo escultórico prá "praza" da Alhóndiga, sobre o "fiel contraste de pesas e medidas". Sobre éso fala o novo blog no seu primeiro e prometedor post, do que sigue o correspondente enlace
_

CORBACHO CULPA Á BANCA

Celestino Corbacho, ministro de Traballo.
-
Pontevedra, 25.08.2009
-
Entrada n. 1035 do blog
-
CORBACHO CULPA Á BANCA,
por Xesús López Fernández
-
O ministro de Traballo culpa á cobiza da Banca da crisis do ladrillo. Pode ter razón naqueles casos nos que a Banca, abandonando a súa función comercial e social, de recaudar fondos pra contas diversas, correntes, de aforro, a prazo fixo, pra logo redistribuílos, coas debidas garantías, por medio de crétos, xa de tipo persoal ou hipotecario; digo que pode ter razón cando a Banca exerceu, sen o capital propio necesario, como Banca de negocios, especulando coas terras, coa súa recalificación, coas plusvalías vinculadas a unha economía inflacionista resultado da xestión política i económica do mal goberno que padece o país, anque aí xa estaría, como gran culpable, o Goberno, por non exerceren os seus responsables de controladores dos desvíos e corrupciós habidos.
-
Moito do que queda dito, sobre todo no eido recalificatorio, ten como gran culpable á casta política parasitaria, que tería que ter evitado moitos dos abusos producidos, en particular aqueles que comprometen o noso litoral, o noso medio ambiente, incluso as urbes como modelos de convivencia. ¡Cánto non se leva construído, impensable sen a existencia de sobornos e presuntas "mordidas"!. Poderiamos citar exemplos diversos, pero abonda co dito. Cada quén que mire no seu entorno, que repare na progresión da riqueza de moitos homes públicos, incluso de pequenos homes ligados á cousa local, ó traballo de deconstrucción sistemática de economías estables. Siguen varios enlaces relacionados coa afirmación do ministro, que coas súas palabras intenta "apantallar", en parte, diríase, a existencia dunha corrupción xeneralizada; a existencia, en suma e con palabras de Enrique de Diego que tomo prestadas, da casta parasitaria que afoga e arruína ó país.
-

lunes, 24 de agosto de 2009

A FALAR DE REVOLUCIÓN, DENDE INTERNET

Empezó como una broma..., algo frecuente en internet...
-
Pontevedra, 24.08.2009
-
Entrada n. 1034 do blog
-
A FALAR DE REVOLUCIÓN, DENDE INTERNET,
por Xesús López Fernández
-
Aínda onte falaba cun amigo sobre o poder de información que ten internet, sobre a súa capacidade pra crear como un novo sistema neuronal global e poder dispoñer así dunha información "on line" que non ten xa por qué nacer nos medios de comunicación; proba delo é que cando procuramos unha certa información na "Rede" podémola obter incluso dalgún blog, bitácora ou web non lonxáa, información que ó mellor sería censurada, acoitelada, no caso de pretender darlle saída por algún dos regos habituales. É decir, internet é xa, e con el a galaxia de blogs existente, o medio de información principal pra moitos cidadáns.
-
Internet pode sacar a moitas mentes da escuridade, facer que algús se enteren do que realmente está a pasare a nivel global, de cómo o nivel de corrupción case nos alaga, sometidos a el políticos que poderían ser próximos, esperanza futura, pero que, perdida a súa conciencia, nada van poder cambiar, non outra cousa que a súa economía e luxo e poder que, á postre, vailles estoupar nas mans, por moito que neutralicen e anulen a Xusticia que hai tempo perdeu a súa independencia e, por ende, a súa conciencia.
-
Por eso é necesario o ciberdebate, falar de revolución na "Rede", "talking about revolution" en internet.
-
Sobre éso vai un enlace de "netoratón 3.0", que inclúe un impagable e impensable video de YouTube, titulado "USNow", con lectura recomendada pra gobernantes, porque o futuro da gobernación pode estar tamén, democráticamente, na rede.
-

domingo, 23 de agosto de 2009

EN TERRA SANTA, 6

A adoración dos Reis, en Belén.
Entrada ás criptas da basílica.
Claustro. Imaxe de San Xerónimo, que viveu en Belén, onde fixo a versión da Vulgata, a traducción da Biblia do hebreo ó latín.
Entrada lateral.
Vista do chan do templo primitivo, o de Constantino.
Representación da fuxida a Exipto.
A cripta de San Xerónimo, o habitáculo onde se supón que traballaba.
Camiñando por Belén.
Panorámica de Belén.
Entrada no Campo dos Pastores. Ó fondo, o santuario do "Gloria in excelsis Deo".
Excavaciós arqueolóxicas no Campo dos Pastores.
Misa de campaña do 12.07. Presente don Julián.
Outra panorámica da eucaristía.
Campo dos Pastores. Fonte e santuario.
-
Pontevedra, 23.08.2009
-
Entrada n. 1033 do blog
-
Artículo semanal remitido a diversos medios
En Terra Santa, 6,
por Xesús López Fernández
-
(continuación) Estabamos en Belén de Xudea, o sitio onde nacera Xesús cando reinaba Herodes. A Basílica da Natividade, que actualmente aparece pouco coidada, foi sen embargo unha das máis bellas da cristiandade no tempo dos cruzados. A humedade, abandono e maltrato dos turcos contribuiron ó deterioro de pinturas e mosaicos. Pero non imos facer historia deste monumento, tantas veces agredido, e que fora xa construído por mandato do emperador Constantino e de Santa Elena, a súa nai, no 326, cuia pranta foi descoberta, por debaixo do pavimento da basílica actual, en excavaciós feitas no 1934. Tiña catro pórticos e cinco naves, como a actual. Os estudios arqueolóxicos indican que, nos tempos do primeiro templo, a cidade amurallada, atopabase na área da Basílica da Natividade e que as furnas existentes baixo dela foran mesmo usadas como moradas (adegas, cortellos…). Unha desas grutas foi consagrada no século IV como o tradicional lugar do Nadal, como o primeiro fogar de Xesús.

Temos que maxinar alí ó Neno Deus, nun pesebre sendo rei, e as súas primeiras compañas: a mula, o boi; os pastores que veñen de lonxe, según a panxoliña galega; ou a visita dos Tres Magos chegados, algús días máis tarde, dende a Caldea, talvez dende Ecbatana ou da ribeira do mar Caspio. Suponse que vadearon o Tigris e mái-lo Éufrates, que cruzaron tamén o gran deserto dos nómadas e costearan o mar Morto. Eles recibiran a luz dunha estrela nova, unha especie de cometa desos que avisan, que reaparecen de vez en cando, como di Papini, pra nos trae-la noticia do nacemento dun novo profeta ou a morte dun César. Os Magos non eran reis, pero eran máis sabios que eles, e mesmo guiaban ós reis de Persia. E velaí temos que estos Magos, en seguindo á estrela, chegaron a Belén pra se axionllaren non ante un novo e poderoso monarca, non. Atopáranse cun picariño que non sabía perguntar nen respondere e que cando fose maior desbotaría as riquezas. Pra el foron o ouro, o encenso e a mirra que portaban os Magos.
-
Pero volvamos sobre os outros testigos, os pastores, que se supón eran de Bet Sahur, o lugar onde nos diriximos ese serán do 12 de Xullo. A aldea, según as crónicas, progresou de forma certa. No chamado Campo dos Pastores, novas excavaciós arqueolóxicas sirven pra datare alí a arrancada da historia: restos de templos, casas, furnas, muíños, etc. Alí celebramos unha eucaristía de campaña, presidida por don Julián porque nun templo próximo, o “Gloria in excelsis Deo”, non cabiámo-los catro grupos. Un templo con forma de tenda de campaña e con moita luz, obra de Barluzzi, con fachada a unha zona coidada na que existe, ademáis, unha graciosa fonte na que son ornato principal ovellas, carneiros, pombas. En fin, unha eucaristía con sabor especial, no lugar onde os pastores recibiran o aviso do Ánxel e que, prestos, acodiran xunto ó recén. Rematada a misa, era o momento de cantar algunha panxoliña, xa das clásicas conocidas ou ben unha galega, que finalmente sería entonada no devandito santuario: “Nun pendello que hai xunto un camiño…..”.
-
O día aínda non remataba. Xornada intensa notariada con moitas fotografías ademáis das visitas ós diversos templos: en Ein Karem, pola mañá, e agora en Belén, onde existe un catolicismo que vive momentos dramáticos, según testimonio de xentes emigradas na procura de traballo. Un 20% dos cristiáns tiveron que marchar xa, a Latinoamérica e ós Estados Unidos, o que marca un certo retroceso na presencia da Igrexa. Hai unha certa esperanza, sí, porque en Belén existe un catolicismo vivo, unha fe intensa e participativa a través das parroquias e do servicio social que se presta dende elas. Dentro desa dinámica debe encaixa-lo labor da cooperativa que visitaramos uns días antes, comercializadora de productos artesáns, unha esperanza de subsistencia pra aquelas xentes. Pero son precisas outras medidas. (continuará)