domingo, 22 de abril de 2012

O Día da Terra

 Follas novas dun carballo vello, en Tui, o pasado 28.03.2012, no entorno do parador de turismo.
 O Miño, o río matricial de Galicia, rico en meixós (angulas) e  lampreas,  faise aquí fronteira con Portugal.
O tsunami da burbulla inmobiliaria quedou aquí paralizado, xa tocando a feira de Valença do Minho, á que penso adicarlle un post que tamén vai de sustentabilidade.

Pontevedra, 22.04.2012
Entrada n. 1519 do blog
Artículo semanal 

O Día da Terra,
por Xesús López Fernández

            O Día da Terra, o 22 de abril, vense celebrando en moitos países do ancho mundo. O seu promotor, o senador dos EEUU Gaylor Nelson, instaurou este día pra creare unha conciencia común ante problemas como a superpoboación, a contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupaciós  ecolóxicas prá conservación da Terra. A situación actual é case extrema, como se en certo sentido xa estiveramos fóra de tempo pra unha posible recuperación. Se a revolución agraria foi cousa de miles de anos, a industrial tomou un par de séculos; pero a medioambiental non vai dispoñer dun folgado prazo e terá que se producir en cousa de escasas décadas. De momento, a conciencia dos gobernos non parece vaia máis alá dos discursos do cambio climático ou da sustentabilidade, ou miran pra outra parte cando lles convén. Foi no 1970 cando se celebrou a primeira manifestación, promovida por Gaylor Nelson, ambientalista, prá creación dunha axencia ecolóxica.

            Na manifestación participaron daquela dúas mil universidades, dez mil escolas primarias e secundarias e centos de comunidades. A presión social tivo certos logros, marcaba como unha alborada de esperanza.  No 1972 celebrariase a primeira conferencia internacional sobre  medio ambiente: a Conferencia de Estocolmo, coa idea de sensibilizaren ós líderes dos diversos países sobre a magnitude dos problemas existentes, pra así instituiren as políticas precisas prá súa solución. O Día da Terra é unha festa que pertence á xente e non está regulada por unha soa entidade ou organismo; tampouco está relacionado con reivindiaciós políticas, relixiosas, ideolóxicas nen étnicas. É un momento pra tamén reflexionare sobre a auga, indispensable prá vida do planeta, pra tóda-las especies, tamén pró home, e que só o 2% da existente é potable.

            Reto de salvación asumido por ecoloxistas e líderes políticos: Gorbachov, Leonardo Boff, Wangari Maathai, fundadora do movemento Cinturón Verde, en  Kenia, impulsora da prantación de trinta millós de árbores no seu país; Marina da Silva, o anxo da Amazonía, etc. A conciencia ecoloxista cidadá está  moi desperta no Brasil; non tanto no seu Goberno. Curiosamente, parece que a celebración do Día da Terra ten máis colorido nos países nos que existe unha poboación rural importante, como se así resultase máis fácil comprender que o home é fillo da Terra e non ó revés; de asumi-los catro principios básicos da Carta da Terra que, preludiada por Gorbachov, son: Respeto e coidado da vida, Integridade ecolóxica, Xusticia social i económica  e Democracia, non violencia, e paz.   A Carta conclúe con palabras alentadoras:  Que sexa o noso un tempo pra lembrare polo espertar dunha nova reverencia ante a vida; pola roqueña decisión de acadare a sustentabilidade; por un crescendo certo na loita pola xusticia e a paz; e pola leda celebración da vida.

            Pero a declaración máis fermosa e profunda que endexamáis se teña escrito é a do Xefe Indio Seattle, cando responde ó Gran Xefe de Washington, que lle quería mercare aquelas terras. As palabras do xefe indio son inmutables, como as estrelas, según él mesmo di: “¿Cómo podedes mercar ou vende-lo ceo, o calor da terra?. Esta idea parécenos extraña, pois non somos donos da frescura do aire nen do escintilar da auga.[…] Decímolo oportunamente. Debedes saber que cada partícula desta terra é sagra pró meu pobo. Cada folla ourilocente, cada praia areosa, […] son memoria i experiencia do meu pobo, como que a savia que circula nas árbores porta as memorias do pel roxa.  Os mortos do home branco esquécense da súa terra cando van camiñar antr´as estrelas. Os nosos mortos endexamáis esquecen esta terra, nai do pel roxa, porque somos parte da terra i ela é parte de nós”. O Gran Xefe de Washingon pedía moito.   O Xefe Seattle entendería a Carta da Terra. Parece que os nosos gobernantes suspenden e lexislan mal. E a xusticia non chega.

Carta do xefe indio Seattle. (Vale máis a carta de Seattle que o artículo) 

domingo, 15 de abril de 2012

Ambientalismo contradictorio

 O conselleiro Hernández en primeiro plano, camiñando pola pasarela presuntamente ilegal construída por Ana Pastor n´Os Praceres, pasarela coa que agora quer conectare o Bloque, partido decididamente antiecoloxista. 
Balsas de decantación da pasteira en Lourizán, espacio no que Fraga, a cambio do monte Gaiás, quixo promociona-la construcción da fábrica Tisú de Lourizán, que transformaría a pasta fabricada pola factoría do complexo infernal do Grupo Empresarial Ence, S.A. 

Espacio roubado ó mar no porto de Marín. Coido que son catro as sentencias firmes do T.S., ordeando retira-los recheos. Nesta fotografía apréciase, antre outras, a instalación de Gonvarri, que electrocinca chapa pra Citröen. A licencia de primeira ocupación do lugar, gratis total, asinouna o alcalde en funciós de Pontevedra, naquel momento Cesáreo Mosquera. Digamos que Gonvarri, que foi cerrada por contaminante en Barcelona, quixo establecerse na área portuaria de Vigo. É un rumor conocido que o alcalde vigués, daquela Lois Pérez Castrillo, lles dixo: "en Vigo, non. Pregunten en Pontevedra". E aquí está, no concello onde parece que os políticos tragan con case todo, ou buscan outras cousas. Por certo, o presidente actual da Autoridade Portuaria está casado con Ana Pastor, ministra de Fomento, cuestión a ter en conta.  

As marismas de Lourizán xa están cercadas aquí pola autovía en construcción. No momento desa foto, o espacio convertírase espontáneamente nunha gran cetárea: lenguados, rodaballos, peixotas, anguilas, ostras, vieiras, etc. Unha recuperación total do lugar implicaría tamén o levantamento da autovía, algo qu´os políticos non queren, arelantes de convertiren o espacio en solar. Como que tampouco queren que se executen as sentencias firmes en relación co espacio da fotografía anterior, polos delitos cometidos presuntamente ó dictado dos clústers portuarios, coa permisividade tácita da casta política parasitaria.

Pontevedra, 16.04.2012
Entrada n. 1518 do blog
Artículo semanal


Ambientalismo contradictorio,
por Xesús López Fernández

            A diputada do Bloque Olaia Fernández Davila instou ó Goberno, no pleno do pasado 10.04, pra un compromiso en relación co abandono da factoría de Ence en Lourizán no horizonte do 2018 cando, según a diputada, vence a concesión que a empresa ten en dominio público marítimo terrestre. A súa petición, feita por existire un temor de que coa anunciada modificación da Lei de Costas se vaia delonga-la concesión de que dispón a factoría contaminante,   de pouco valeu. Certo que ó PP non se lle ve unha actitude ambientalista coherente, pero tampouco ós demáis partidos. Teresa de Lara, diputada do PP, contestou á diputada Olaia F. Davila no sentido de que existe unha sentencia da Audiencia Nacional, de fins do pasado ano, pola que se ordea á Administración “a incoación do expediente de caducidade (da concesión de Ence) e a adoución de tóda-las medidas previstas pra paralizaren a súa actividade”, sentencia recurrida en casación pola Avogacía do Estado.    

            A diputada nacionalista comentou que o seu grupo temía que, coa modificación da Lei de Costas,  continuasen coa tolerancia actual das actividades e industrias contaminantes ou se abrira de novo a porta “á especulación salvaxe”. O grupo popular, que presentaría a súa propia moción en relación coa protección do litoral, compatibilizándoo coas actividades económicas e a creación de emprego, pideu tamén a execución das sentencias firmes que se dicten contra Ence. ¿E as outras sentencias firmes xa dictadas en relación coa ocupación do mar por medio de recheos en Marín, ou o levantamento da vía do ferrocarril na praza d´Os Praceres, sentenciado no ano 2007? ¿E pra cándo unha actuación afoutada prá rexeneración do litoral, posible xa en Mollavao (no que foi concesión de José Malvar), posible tamén nos terreos que últimamente ocupaba Holcim, tamén por sentencia do pasado 16.02.2012?    
                                                           
            Paréceme ben o presunto interese de Olaia F. Davila pola recuperación das marismas de Lourizán, pero nese marco hai tamén outras cousas a cuestionar das que os políticos, que parecen estare no mesmo barco, non falan: a cuestión da edar d´Os Praceres, en dominio público marítimo terrestre, prohibida pola Lei de Costas, que tería que ser construída por riba dos vinte metros da franxa de protección; é decir, por riba da vella estrada Pontevedra Marín, como tamén as tuberías levadas en paralelo ata a edar por baixo da autovía de Marín, tamén prohibidas por esa lei. Pero non se están a face-los deberes. O PP, por esquecer, esquece incluso que foi ese partido o creador do ministerio de Medio Ambiente; que foi Cristina Narbona, ministra socialista, a que promulgou un decreto declarando as marismas de Lourizán como inalienables, inembargables, imprescriptibles e insusceptibles de desafectación pola súa condición de dominio público marítimo terrestre antes da reconversión do ministerio en M.A.R.M.

            Pero resulta que o Bloque quer construíre unha pasarela dende Mollavao a Os Praceres, no borde da autovía a Marín. ¿Por qué non pola parte baixa da vella estrada, auténtico límite do terreo demanial e recuperar así as marismas? Pero difícil está a cousa cando se dispoñen a construiren o nudo da punta de Mollavao, a tres niveles, coa consecuencia dunha maior carga de tráfico por esa autovía e a súa conseguinte consolidación. Según Mosquera, os propios representantes da Xunta, do ministerio e da Diputación, mostráronse contentísimos na xuntanza que tiveron co alcalde pra falare do asunto. ¡Claro, os novos e idílicos solpores dos que falaba non hai moito un edil! Confiemos en que a acción popular ha servir prá defensa da Lei de Costas. E lembremos que cando foi construído o ferrocarril a Marín, o propio ministerio de Medio Ambiente do Goberno Aznar, decía que non era un proiecto cabal, que ocuparía 55000 mt2 de terreo demanial e que representaría un perfil duro pró acceso ás marismas de Lourizán, a praia de Pontevedra, ó finaliza-la  concesión de Ence. Non vexo ó MARM co pulo necesario prá restauración litoral como espacio sagrado.

viernes, 13 de abril de 2012

EXPLOSIÓN GAS NATURAL, DURHAM WOODS


Momento da deflagración, marzo 1994.

Pontevedra, 13.04.2012
Entradan. 1517 do blog

EXPLOSIÓN GAS NATURAL, DURHAM WOODS,
por Xesús López Fernández

Como van varios posts en relación coa agresión medioambiental sobre as marismas de Lourizán, con denuncia en relación coa actitude xangal dos nosos políticos, impotentes á hora de aplica-la Lei, permítome incluir este post, xa reiterado no blog. 

Non se trata dun escape de cloro, que se traduciría en forma de nube tóxica, situación prá que non existe plan de emerxencia, inútil na situación de urbanismo involucionista do BNG ó longo dos últimos doce anos. O número de mortos podería ser grande.

Ó meu amigo Arturo Estévez Rodríguez tocaríalle dá-la voz de alarma, avisar dun escape que lle queimara as follas todas das súas maceiras, con nocturnidade e alevosía. A partir da súa denuncia comezaría a actuación o fiscal-xefe da Audiencia de Pontevedra Gago Sevilla, que foi o que levou a acusación ó longo do proceso contra Ence, finalmente descafeinado por uns extraños pactos dos que non fomos informáda-las persoas que fixemos posible a presencia no proceso como acusadora da Asociación pola Defensa da Ría, sete directivos, dos que só un sabía o que se estaba cocer, o actual presidente..

Sen esos pactos da traición, Ence tería perdido d´aquela a súa concesión, o que por outra vía intentou a Asociación SALVEMOS PONEVEDRA. Como consecuencia desta última denuncia, o T.S. ten ordeado ó ministerio que incoe o procedemento de extinción da concesión de Ence, da que carece presuntamente a empresa actual GRUPO EMPRESARIAL ENCE, S.L., empresa distinta.

Todo está contado xa neste blog e na web de iberica2000.org, pero pra aviva-la conciencia do peligro que pra nós representaría a formación dunha nube de cloro (tense estimado que poderían morrer 50000 persoas), inclúo o enlace da explosion DE GAS NATURAL EN DURHAM WOODS, USA (clicade aquí)

Afortunadamente, só morreu unha persoa dun ataque de corazón mentres que cen quedaron sen fogar. Aínda tiveron sorte desa volta. ATENCIÓN. Este vídeo de YouTube contabiliza xa case 400000 visitas.


O BNG, TRAICIÓN PERMANENTE, 2

Pontevedra, 13.04.2012
Entrada n.  1516 do blog

O BNG, TRAICIÓN PERMANENTE, 2,
por Xesús López Fernández

Este post complementa o anterior, o n. 1515. É a noticia escaneada que onte apareceu na edición impresa de La Voz, omitida na edición on-line. Non hai que facer outra cousa que leela, con atención, claro. Porque no menage a trois da traición ambiental a esta ría están todos. Agora, o BNG conta con que se delinca de novo. Contan eles con ser burlar de novo da Lei de Costas, como xa fixeran antes outros políticos; contan con que Ana Pastor, a ministra casada co presidente da Autoridade Portuaria de Marín, onde o Bloque tampouco está exento de culpas; contan eles, digo, con que Ana Pastor siga a folla de ruta marcada por Pepe Blanco en relación coa demencial rotonda que queren construire na punta de Mollavao.

Á vista da foto de La Voz pódense temer cousas peores e que Arias Cañete careza da necesaria sensibilidade, como se a Lei de Costas non fora unha gran lei que non  precisa ser tocada; sí aplicala.




jueves, 12 de abril de 2012

O BNG,TRAICIÓN PERMANENTE

O paseo que bordea a avenida a Marín, dend´as Corbaceiras.

Pontevedra, 12.04.2012
Entrada n. 1515 


O BNG, TRAICIÓN PERMANENTE,
por Xesús López Fernández

A avenida a Marín está asentada, invadíndoo, en dominio público marítimo terrestre, algo prohibido na Lei de Costas. A recuperación das marismas de Lourizán debería conlevare o levantamento desa autovía, ademáis do complexo industrial contaminante, ENCE-ELNOSA, en mala hora alí asentado, como tamén o ferrocarril polo que pulou Ceferino Nogueira, que acaba de finar. Presente no seu funeral estaba o amigo de Rajoy, Tomas Iribarren, nalgún tempo presidente da Autoridade Portuaria, o mesmo que lle leva ou levaba os dossieres con motivo da intervención de Rajoy nalgún debate, por exemplo con ZP. E Iribarren foi usado, tamén presuntamente, como mascarón de proa ou ariete pra que oficiara na construcción do ferrocarril que o propio ministerio de Medio Ambiente do Goberno Aznar cuestionaba, en contra da irracionalidade mostrada polo ministerio de Fomento do mesmo goberno, que parece novamente vai claudicar ante a petición do BNG de "máis pasarela", que fora construída por Ana Pastor na zona d´Os Praceres e que o BNG quer agora conectar co tramo construído polo Concello pontevedrés nas Corbaceiras, presuntamente ilegal.

Si ENCE, presuntamente xa sen concesión, sigue en Lourizán, é porque os partidos estiveron de sempre ó servicio do clúster portuario. ¿Cómo o Bloque dí querer que desapareza daí a factoria, ó tempo que queren cercar aínda máis as marismas de Lourizán ou non pensan que a EDAR por eles potenciada é unha ilegalidade máis, porque está construída no mar? E presumen de ecoloxistas. ¡E un xamón, aínda que a eles lles agrade máis decir "presunto", forma portuguesa!

Penso que, por desgracia, nen Arias Cañete  (que acaba de patinar ó falare do incendio nas Fragas do Eume) nen Ana Pastor van estaren á altura das circunstancias e que xa nos ameazan coa construcción do gran nudo da punta de Mollavao, de douscentos metros de diámetro e tres niveles, unha nova agresión á ría, de carácter irreversible, algo que soamente está a cuestionar SALVEMOS PONTEVEDRA, que xa no seu día presentou alegaciós. Non contestadas, por certo.

En fin, aquelo de que o medio ambiente é un territorio sagrado, porque en definitiva del dependemos, non vai coestes chacaritas que están na política.  

P.S. Neste blog existen moitas referencias ós disparates que aquí se levan cometido. Inclúese o enlace dunha noticia do Faro de Vigo d´hoxe:

A VERGONZA:  EL CONCELLO INICIA EL PROYECTO PARA UNIR EL PASEO DE LA AVENIDA DE MARÍN CON PLACERES 

La Voz de Galicia: La pasarela de Ence tendría un coste de 3.5 millós de euro. (ESTA É UNHA NOTICIA DE XANEIRO, HOXE, 13.04.2012, NON INCLÚEN NA EDICIÓN ON-LINE OUTRA NOVEDADE QUENTE SOBRE A TRAICIÓN COMENTADA)

Pontevedra muere, por Xesús López Fernández

domingo, 8 de abril de 2012

Cando a tarde vai caíndo

 Emaús. Interior do templo. A área dos mosaicos correspóndese, según a tradición, coa da casa de Cleofás.   
Retablo do templo de Emaús.

Pontevedra, 9.04.2012
Entrada n. 1514 do blog
Artículo semanal

Cando a tarde vai caíndo,
por Xesús López Fernández

            O título deste artículo está tirado do contexto da petición que dous amigos de Xesús, daqueles que estaban na casa dos discípulos, lle formulan ó Mestre: “Quédate connosco, que a tarde vai caíndo”, frase convertida hoxe en canto ritual na  liturxia católica. Estos homes camiñaban cara Emaús, a dúas leguas de distancia de  Xerusalén, lugar que conozo dende unha visita  do ano 2009, no mes de xullo, con motivo dunha peregrinación institucional organizada pola diócesis compostelá. Nunha igrexa que alí coidan os PP. Franciscáns, celadores de Terra Santa, existe un retablo evocador do momento no que Xesús Resucitado procede á fracción do pan. No propio templo, á esquerda da entrada, está delimitada a área que se supón ocupaba a casa de Cleofás, na que Xesús foi acollido naquela hora crepuscular. Emaús é un referente, un oasis na obra de non poucos autores (Papini, Mauriac, Newman, Edith Stein, etc.) pero sigamos, en parte, o relato de San Lucas, 24, 13-35:

            Os discípulos, di o evanxelista, ían comentando o que tiña acontecido e, mentres conversaban e debatían, Xesús en persoa achegouse a eles e coeles púxose a camiñar, pero eles non-o reconoceron. E o Resucitado pregunta: ¿Qué conversa é ésa que traedes mentres vades de camiño?. Un deles, Cleofás, replica: ¿Pero és ti o único forasteiro en Xerusalén que non sabe o que aconteceu alí estos días?. ¿Qué?, pregunta  Xesús. O de Xesús o Nazareno, profeta poderoso en obras e palabras, ante Deus e ante todo o pobo; cómo foi entregado polos sumos sacerdotes e os nosos xefes pra que o condenaran a morte, e foi crucificado; de cómo os seus discípulos agardaban que fose o futuro libertador de Israel; do sorprendidos que estaban de que lle deran morte; que se falaba da desaparición do seu corpo do sepulcro, mesmo de visión de ánxeles que afirmaban que estaba vivo…   

            É ese o momento no que Xesús comeza coa súa pedagoxía escriturística e mesmo lles chama necios e parvaxolos por non ter creído o anunciado polos profetas. ¿Non era preciso que o Mesías padecera esto pra entrare na súa gloria? A lección peripatética sigue: Moisés, os profetas…, pero xa perto da aldea Xesús fai ademán de seguir camiño. É o momento no que os seus acompañantes lle piden: “¡Quédate connosco, que a tarde vai caíndo!”. E Xesús entra na casa pra se quedar coeles. Cando están sentados á mesa, toma o pan, bendíceo, párteo e ofrécello. I é nese intre cando ós discípulos se lle abren os ollos e reconóceno. Mais el desaparece. Eles comentan: “¿Non ardía o noso corazón mentres camiñabamos e nos viña explicando as Escrituras?”. Toman a decisión de regresaren a Xerusalén, xunto ós Once que xa falaban dunha resurrección verdadeira, da aparición do Señor a Simón. I eles contan o que lles tiña acontecido no camiño, cómo reconoceran a Xesús pola fracción do pan.

            Dí Papini que, anque os camiñantes de Emaús eran bos xudeos, víronse turbados pola crucifixión de Xesús. Que o amaban e sofriron dos seus sofrimentos, pero aquel fin imprevisto, infamante, sen gloria e sen resistencia, estaba lonxe do que eles agardaban, e particularmente ó moito máis que arelaban. Comprendían, sí, que fose un Salvador homilde, xinete sobre mansos ruchos antes que sobre cabalería de guerra, e un pouco máis espiritoal e soave do que eles quixeran; eso acadaban a comprendelo, aínda que con traballo, incluso a soportalo con pena. Mais que o Mesías dos Xudeos tivese terminado, por vontade de tantos xudeos, na cruz, era un desacougo moi forte, un escándalo, como se Xesús estivese engañado sobre o seu propio ser, o que prós discípulos tiña un certo tinte de fracaso…Non reconoceran a Xesús en vida, pero no momento da fracción do pan, como cando un pai o reparte antr´os fillos, entón os discípulos de Emaús, cando a tarde xa caía, atópanse cara a cara có Resucitado, descóbreno i éntranlle presas por leva-la noticia. Regresan onde os Once, tamén con novas de que Xesús, o Deus-Fillo, estaba vivo, resucitado.    



jueves, 5 de abril de 2012

Antonio Mingote, descanse en paz

Mingote belenista 
 O adeus dos colegas. O de Caín, en La Razón.
 Outro humorista de La Razón, Esteban, concibe a Mingote traballando na eternidade.
Outra toma do belén de Mingote.

Pontevedra, 5.04.2012
Entrada n. 1513 do blog

Antonio Mingote, descanse en paz,
por Xesús López Fernández

O que fora alcalde por un día do Retiro madrileño, na época de Tierno Galván, acaba de marcharse ós 93 anos de edade, unha vida plena buscando o lado amable das cousas, o humor elegante dun sabio dibuxante e académico da RAE. O que eu poida decir del pouco valor ten, pormáis que me teña solazado co seu finohumor case tódo-los días do ano. Mellor o que están a deci-los seus amigos,antr´eles os dibuxantes de La Razón, un pouco no estilo marcado polo artista que nos deixou. 
  
A el adica o ABC, o xornal co que estaba casado o seguinte artículo, unha semblanza, da que incluímos enlace:

MILES DE PERSOAS ARROUPAN A MINGOTE CO SEU ADEUS.  

Entrrevista en ABC: Antonio amaba ABC como a su madre, dice su viuda. 


E Montoro, alumno do mestre, dedícalle, tamén en  La Razón, un in memorian especial.  

Horto dos olivos

 Ésto é o que queda do Horto dos Olivos, ó que Xesús e os seus discípulos retirabanse a orare.

 Esta foto corresponde á Basílica das Naciós, que ocupa, suponse, unha gran parte do Horto dos Olivos.  
Este olivo ou oliveira pode ser contemporáneo de Xesús, 

 mesmo testigo da traición de Xudas.

Ó pe da Basílica das Naciós foi ensanchada unha estrada. Un olivo cortado por ese motivo foi estudiado e determinada a súa edade por medio do carbono 14: máis de dous mil anos.

Pontevedra, 5.04.2012
Entrada n. 1512 do blog

Horto dos Olivos,
por Xesús López Fernández 

Limito o interese desta entrada á presentación das fotos. O Horto dos Olivo debeu ocupar, en vida de Xesús, bastante máis espacio. En sobindo o monte existe outra basílica, a do Pater Noster, estimando que foi alí onde Xesús ensinou a orare ós seus discípulos cando eles lle demandaban "¿Cómo é que debemos orar?".

E baixando cara Xerusalén continuaba o horto, que abranguía tambén o espacio onde hoxe se levanta outro templo, o "Dominus flevit", o lugar no que Xesús chorou por Xerusalén. O autor da obra, que quere ter un certo feitío de bágoa, é un arquitecto de apelido italián, Barluzzi. Dend´o lugar existe unha vista amplia da cidade santa.    

lunes, 2 de abril de 2012

As Fragas do Eume

O incendio das Fragas do Eume seguía esta madrugada. E pra este desastre non hai discurso político que vala, non hai discurso posible. Pódese afirmar que todo é consecuencia dunha política forestal de descerebrados que estiveron sempre a primaren a prantación de eucaliptus, usados como exército invasor pra botare da terra a máis e máis xente (pra acabare tamén coa flora autóctona, coa vexetación clímax incluso nas fragas do Eume, cercadas por esta especie pirofítica). Precisamente coincideu o maior éxodo emigratorio, a integración na diáspora desta terra galega, coa triunfal prantación de eucaliptus e pinos insignes ou radiatas ó servicio das pasteiras: Galicia foi privada de alma, da vexetación clímax, decote máis recuada.

Pontevedra, 2.04.2012
Entrada n. 1511 do blog

As Fragas do Eume,
por Xesús López Fernández

As Fragas do Eume, das que informa Wikipedia no enlace solapado baixo as catro primeiras palabras, sofreu ou está sofrindo un grave incendio que mesmo pode acabar co parque enteiro, xa desnaturalizado no entorno, cercado por unha masa de eucaliptus incendiarios, unha constante en moitos dos incendios que Galicia sofre cada ano. Efectivamente, os eucaliptus podemos pensar que están aí pra eso, pra queimar máis e máis e pra, despois de cada traxedia (cada incendio forestal lévase parte da nosa alma) botar histéricamente renovos, como que se teñen contado 22000 novos eucaliptus por ha. queimada, arborada con esa especie.

Agora estamos xa no momento do discurso, zafio ou crítico que, pra non me envenenar máis, inclúo seguidamente por medio de enlaces:

ABC: Os pirómanos aproveitan a seca pra queimare o cerne das fragas do Eume. Non son pirómanos, senón criminales e nemigos de Galicia. 

La Voz: A Xunta dí que o peor do incendio do Eume xa pasou. ¿Qué queren xustificare coesa frasa estúpica? 
   
La Voz: Noticias diversas e críticas en relación co lume do Eume. A Xunta fala de 750 has., que outros consideran poden ser 1500, ou máis. 



E buscade en Google.....

domingo, 1 de abril de 2012

addenda ó post d´A chuvia que nos deixou

addenda ó post d´A chuvia que nos deixou


Loita contra o lume: Así son as fragas do Eume, paraxe sen par.

O incendio que arrasa o corazón das fragas do Eume, sigue sen control. (Este enlace contén máis de catrocentos comentarios, moitos deles a ter en conta: a falta de prevención, a falta de brigadistas, incluso a posible saña dos que quixeran acabare co parque e poñer en marcha unha explotación de andalucita, etc. )