lunes, 30 de junio de 2008

DE CANDO SOLBES PERDEU A RAZÓN.

Pontevedra, 30.06.2008

Entrada n. 537 do blog

DE CANDO SOLBES "PERDEU" A RAZÓN, por Xesús López Fernández

Cando foi da campaña electoral era xa evidente que Solbes non apuntaba ben. Xa por que negaba a crisis, xa por falar dun PIB inxustificable. Tiña razón Pizarro. Se o PIB non chega ó 3%, non hai creación de emprego.

Agora está xa todo claro. Temos crisis pra rato e pra dentro de poucos días, posiblemente esta semá, dise que o Euribor pode chegare ó 5,75. Panorama de ruína pra moitas familias, pra moitas parellas de mileuristas que se meteron na aventura hipotecaria da compra dun piso a 30, 40 ou máis anos.

NADAPARTIDARIOS parodiou no seu día o momento no que se acenderon as alarmas, no que o teatro de Solbes negando a crisis, tocaba á súa fin. A culpa era dos empresarios, decía o pope socialista, á par que seguía a nega-la crisis..

VIDEO DE YOU TUBE / NADAPARTIDARIOS.
SOLBES PERDE A RAZÓN.


domingo, 29 de junio de 2008

A ACTUALIDADE DE ENCE [30.06.2008]

Mentres permaneza Lourizán ocupado por industrias de morte, difícil vai se-la súa recuperación, asignatura pendente de tódo-los partidos. Agora acaba de mostrar Telmo Martín o seu plan pra saca-lo complexo daí sen que se marche de Pontevedra e pra que permanezan os vertidos no mesmo sitio, o que invalida o seu discurso.

Pontevedra, 30.06.2008

Entrada n. 536 do blog.

O traballo que sigue aparece nesta data en diversos medios. Realmente, trátase do tema tratado na entrada n. 535, se ben alí de forma máis nidia, na lingoaxe máis coloquial e distendida do blog, do diario, nun estilo máis franco.

A actualidade de Ence [30.06.2008],
por Xesús López Fernández

Lembro parte do discurso de Telmo Martín, da súa campaña pontevedresa, nos comicios do 2007. Daquela o home chegaría anuncia-la posible rexeneración das marismas de Lourizán, coa retirada do complexo clorocelulósico daquel lugar; coa retirada incluso da depuradora d´Os Praceres e tamén da avenida de Marín, asentadas en dominio público marítimo terrestre. Porque é necesario acometer esa tarea se realmente queremos recupera-la ría, pró que non abonda un simple “¡Ence, fóra!”. E nestos momentos andan os políticos como alabarados, como se estivesen pendentes de concretaren ofertas antes de que o anuncio de novas elecciós autonómicas os colla co paso cambiado e coas promesas incumpridas. E ata o dagora parece certa a impotencia xeneralizada dos diversos partidos e do goberno local pra erradicaren de Lourizán a maldición alí asentada, presuntamente sen concesión, ademáis da nulidade radical existente. Incluso no referente á edar. Os empregados de Ence reciben contínuas mensaxes sobre posibles traslados, que nalgún caso implicarían “vertido cero”. Esa sería a mellor das soluciós. O que xa non se entende é que, si se vai adouta-la tecnoloxía dunha reciclaxe total da auga residual, ésta non se retome en circuíto cerrado, repoñendo a que se perda por evaporación.

Telmo Martín soubo mante-lo seu segredo con sete chaves, sen que trascendera, antes da súa presentación en Caixanova, a ubicación por el matinada. A súa idea non pode ser aínda redonda. Non parece idóneo o lugar se pensamos no prazo corto, coa particularidade de que o espacio por el previsto está catalogado como monte comunal. Galicia é tamén, polo menos en gran parte do seu territorio [colonizado por eucaliptus], antes que potencia forestal, deserto verde. Así lle chaman no Brasil ou no Uruguai ás vastas zonas que foron privadas da biodiversidade e arboreda primarias da que foron asento por miles de anos. Ata que chegou a colonización celulósica. Como aquí, porque por mor da ocupación dos nosos montes con prantaciós masivas de pinos insignes ou de eucaliptos, o país enteiro está hipotecado polo baixoprecio desa madeira. O chan arruinado. Moitas aldeas morreron.

Tiven ocasión de oi-lo sábado parte dun debate no que alguén foi máis alá do dito por Telmo Martín ó falare da depuración dos vertidos, afirmando [o tertulián] que a auga da saída tería a calidade da que entraba no circuíto. A pergunta é fácil: ¿Por qué non deseñan unha fábrica sen vertido, que retome a auga en circuíto cerrado e repoña a que se perda por evaporación?. ¿Por qué non unha fábrica sen emisiós gaseosas?. Porque a enxeñería que propón o señor Martín de reconvertir en tubería de desaugue a que hoxe fornece á fábrica dende Bora, entra a rebufo co seu discurso sobre a rexeneración de Lourizán, meta que tería de ser común pra tódo-los partidos. E hai proiectos que van na mala dirección, que serían verdadeiras agresiós ó medio, como a nova ponte das Correntes. Esta conformaría unha maior presión sobre a xunqueira d´Alba. O matinado scalextric de Mollabao habería que desprazalo máis pró interior, salvando o dominio público marítimo terrestre. O seu efecto sería negativo sobre Lourizán, que algús poden maxinar como trinque, como solar antes que rexenerado.

Na representación virtual que fixo o representante do PP, todo aparece bonito. Non é creíble o de “Galicia, potencia forestal”, nada máis que no prazo longo e cunha forestación debidamente planificada, pensada en clave de biodiversidade e con outros tipos de madeira que sí poden xerar miles e miles de postos de traballo. Non hai nada máis que reparar cómo siguen arruinados moitísimos montes que arderon no ano 2006. Prantados case todos eles de eucaliptos, desta volta non se deron recuperado. O chan parece agotado nalgús casos, como se xa non funcionase a expansión eucalipteira por medio do lume: os previstos 22000 renovos de cepa por hectárea, que nalgún caso se teñen chegado a contabilizar.

sábado, 28 de junio de 2008

TELMO MARTÍN I ENCE

Pontevedra, 28.06.2008

Entrada n. 535 do blog

TELMO MARTÍN I ENCE,
por Xesús López Fernández

Telmo Martín, que xa na campaña electoral das pasadas municipales comentara que el tiña unha alternativa pra que ENCE non se fose de Pontevedra, presentou a súa idea en público o pasado 26.06, en Caixanova. [A fotografía do acto é do Diario de Pontevedra]

O sitio por el suxerido pró novo enclave é na parroquia de Marcón, en terreo catalogado como monte veciñal, co que xa, en principio, está asegurada unha forte oposición. Pero Telmo ten que falar sobre o tema Ence, do que tamén están a falaren os políticos dos outros partidos, porque seguramente vai haber elecciós autonómicas anticipadas. E todos queren vende-la burra.

Non vou entrar con grandes argumentos, porque non creo nos políticos e sei que, si Ence i Elnosa aínda están aí é por culpa, fundamentalmente, do goberno local. Porque ambas industrias carecen de concesión nestos momentos, perdida cando foi da súa privatización, na que non se produceu a necesaria transferencia.

Por outra banda, Telmo, que nas municipales prometera a recuperación das marismas de Lourizán, que incluso falou de retira-la edar d´Os Praceres, agora di que a nova Ence, que seguiría tomando a auga de Bora, a vertería, reciclada, ¡ollo ó can!, valéndose da tubería que hoxe están a utilizaren pra leva-la auga a Lourizán. Incluso hoxe, no debate sabatino de Radio Pontevedra, alguén falou dese tema, de que a auga sairía, despois dos procesos industriales que nos queren colocar aí [Elnosa, Ence, dúas fábricas de papel], que a auga sairía daí, repito, no mesmo grado de pureza que na recollida.

¿Pero nos toman de coña ou qué pasa? Porque se a depuración vai ser tan total non precisarían verter, senón que seguirían a retomaren a auga en circuíto cerrado, que desto tamén lle ten falado ós empregados de Ence algún dos "vendedores" que buscan o seu chafaldrís particular pra vende-la burra como se fose un cabalo, porque a Xunta incumpreu o prometido e a xente pode votar nas próximas elecciós coa memoria viva de tanto disparate que levan feito dende a Xunta bifronte.

En fin, que pensen, sí, na recuperación da ría i en evitaren a construcción do scalextric-rotonda que Mosquera quer "colocar" en Mollabao, porque con esa obra aí todo cheira cada vez peor, porque ese paso podería facilita-la conversión de Lourizán en solar, o trinque tipo Estepona, Marbella, Andratx, etc., porque están na Política moitos dispostos burla-la Lei.


O LARANXO AUSENTE

Pontevedra, 28.06.2008

Entrada n. 534 do blog

O LARANXO AUSENTE,
por Xesús López Fernández

Onte deron por finalizáda-las obras no entorno do P. Luís e Laranxo. O acceso a Cobián Roffignac pola primeira das rúas quedou totalmente cerrado, incluso prás ambulancias, que por alí non van poder entrar nen saire. A cerca carcelaria cobra aí, se cabe, un maior protagonismo que noutras partes da cidade, o que ten ó longo da por min denominada, no seu momento, "La Corredera de los Mosquerones", que foron levantados e sustituídos pola cerca d´aceiro.

Pra mingoa-la agresión que dan por curada coa inauguración da remodelación, reconvertiron o acto nunha homenaxe ó P. Luís María Fernández Espinosa e á Polifónica de Pontevedra, que leva facendo cultura dende o ano 1925.

O P. Luís fora, precisamente, un dos seus impulsores e harmonizador dalgunhas das obras que a coral tivo de sempre nos seus programas: "Camiña don Sancho", "Romance de doña Alda", as "Cantigas de Pontevedra", que sería difícil escenificar no espacio agora reconfigurado.

"Séntate ó meu lado, ti nunha pedra i eu n´outra....Eisí choraremos xuntos a nosa fortuna pouca... ¿Por qué choras miña prenda?....¿Cómo non hei de chorare?...Pasou por min o meu mozo... e non me quixo....falare". Difícil maxina-lo diálogo da parella en "Cantigas de Pontevedra" sentados nos chanzos da nova escadeira asesina, xa denunciada neste blog. A parella tamén botaría de menos o laranxo, os laranxos, como fan os veciños e dos que o talibanismo urbanizador fixo un total esquecemento.
Os veciños denuncian a ausencia do laranxo, mellor dito, dos laranxos que existían por riba e por baixo da vella balaustrada. Fotografía de La Voz de Galicia.

viernes, 27 de junio de 2008

RUSIA, 0; ESPAÑA, 3.

Pontevedra, 27.06.2008

Entrada n. 533 do blog

RUSIA, 0; ESPAÑA, 3,
por Xesús López Fernández

Finalmente, España gañou o encontro celebrado onte, con Rusia. E ademáis, Rajoy, que parece tamén "sabe" de fútbol, acertou o resultado. A ver si, en Política, logra afinar dese xeito, telumbra-lo que pode ser bo e necesario pró país no tempo de crisis que nos toca vivir. Zapatero case acertou tamén porque el pronunciárase por un 1-3. E non lle podemos tirar méritos.

Pero o que hai que valorar, certamente, é o traballo de Luís Aragonés. NADAPARTIDARIOS, como sempre cerca da noticia, marcándoa, explica cál foi a estratexia do seleccionador, mellor dito, explícaa o seu clon no video que vai de seguido: Unha guerra: o vodka contra o chinchón, o caviar de beluga contra o xamón de Jabugo, a ensaladilla rusa contra a tortilla. E ademáis hai que vengar o Chikilicuatre. Humor en estado puro.

VIDEO DE YOU TUBE / NADA PARTIDARIOS

LUÍS ARAGONÉS MOTIVA Á SELECCIÓN.

jueves, 26 de junio de 2008

ZAPATERO NA IGREXA

Pontevedra, 26.06.2008

Entrada n. 532 do blog.
ZAPATERO NA IGREXA, OU A CONVERSIÓN DOS PANS E OS PEIXES EN EUROS. por Xesús López Fernández

Penduramos do blog un novo video de NADAPARTIDARIOS, o que fai parodia da reconversión dos pans e mái-los peixes nos 400 euros da promesa electoral, na que moitos creeron e, coitados, siguen a agardaren.

VIDEO DE YOU TUBE / NADAPARTIDARIOS.

VELADORES E OUTROS [26.06.2008]

Pontevedra, 26.06.2008

Entrada n. 531 do blog.

VELADORES E OUTROS,
por Xesús López Fernández

Parece que o PSOE quer facer da zona vella a súa asignatura: Limpala, adecentala, restaurar e recuperar espacios hoxe privatizados polo terraceo pode ser un camiño.

¿Ata ónde está disposto a chegar? Porque nalgunhas das cuestiós que están sobre o tapete, hai cousas que alcatrean, cheiran a podre como se, en pequeno, existira aquí unha especie de pequena mafia, por exemplo, en relación co tema do terraceo.

"Esta conversa vai ser grabada". É o preaviso co que se encontran os veciños que, con motivo da agresión decibélica, do incumprimento da normativa de veladores, da imposibilidade de entraren as ambulancias pra atendere algunha urxencia, recurren á Policía Municipal, que se supón debe cumprir algunha función.

En relación co tema dos veladores, nada. Nalgunha ocasión tense visto a certo concellal achegarse a algún hosteleiro pra lle aconsellar, según información trascendida, que sería bo que deixaran un camiño antre as mesas prós cochiños dos bebés, prás sillas dos minusválidos, ou pra posibilita-lo paso dalgunha ama de casa co seu carro da compra. ¿Qué acontece? Non podemos pensar que existe cazo ou consumo gratis total, aínda que o pareza. En pequeno e presuntamente, como en Coslada, coa Policía hibernada e as asociaciós de veciños ninguneadas.

Véxanse as seguintes fotos:

Concerto de música clásica no baixo-letrina da Casa de Luz. Non sei se era música de Vivaldi ou dalgún dos Bach, a que executaba o pequeno grupo de cámara. Vese que Teresa Casal ou Anxos Riveiro, non sei, quérennos culturizar. Pero que cerren ese espacio, coño, aberto por culpa de Mosquera e de Pilar Rojo, que non cumpreu cos seus deberes de policía do patrimonio urbán.

Fala agora Teresa Casal de que van facer unha nova normativa de veladores, que a actual non está pensada prá zona peatonal. ¿Qué non?. Que me explique a concellala cómo pode entrare unha ambulancia se as terrazas ocupan as zonas laterales da praza da Verdura. ¿Por qué non pensa nun plan Renove pra lle devolve-lo encanto que tiña a vella praza, retornando a fonte á parte alta do espacio, e rectificando tamén a inclinación que lle deron Mosquera e Fole? Quixeron facer da praza un espacio prá bullanga, pra fidelizar a un electorado que non é da zona, que xa non vota ó Bloque e que coido tampouco vai votar ó PSOE nas próximas.
Os contenedores desaparecen dos espacios amplios e os esconden nas rúas estreitas. Pra que recollan as miserias do terraceo, das fritangas incluídas.
Recupero esta foto da balaustrada, cando xa comezaba a agresión pola parte alta. O peatón non deixa ver ben a anterior escadeira, de catro pasos amplios e folgados, que no momento da foto tamén estaba agredida.
Apréciase a agresión xa comezada. A ver se a balaustrada caía por si soa.

Un dos soportales ocupado polo terraceo, que Teresa Casal di vai suprimir. A normativa de veladores prevé que polos soportales ten que quedar paso franco de polo menos un metro pró paso dos peatós. ¿A qué coño lle chaman accesibilidade estos garulos que se ocuparon da cousa da administración municipal? Que eu saiba, á Policía Local e ó seu concellal nunca lle preocupou esa invasión oscena, da que neste blog poden encontrar outras mostras máis relevantes.

miércoles, 25 de junio de 2008

AZNAR RECOMENDA MEMORÍN [26.06.2008]

Pontevedra, 26.06.2008

Entrada n. 530 do blog


AZNAR RECOMENDA MEMORÍN,
por Xesús López Fernández

Os Laboratorios Faes elaboran un producto prá memoria, o MEMORÍN, que Aznar recomenda a Rajoy, porque terá de se lembrar do traballo dos que agora foron laminados por unhas ou ben por outras circunstancias: San Gil, Ortega Lara, Zaplana, Acebes, o propio Aznar, etc. Mellor o video, especialmente as recomendaciós pró uso do producto.

VIDEO DE YOU TUBE / NADAPARTIDARIOS

VAI DE BARANDA [25.06.2008]

Pontevedra, 25.06.2008

Entrada n. 529 do blog

VAI DE BARANDA,
por Xesús López Fernández

Teresa Casal, agora responsable en materia urbanística da zona vella, fixo unhas declaraciós en relación coa nova baranda do Museo. Está satisfeita polo grado de aceptación do traballo feito, aínda que non falten críticas á obra.

Que a concellala suscriba agora a línea de talibanismo urbanístico que se veu seguindo ó longo dos últimos oito anos non quer decir que esa fose sempre a súa postura, porque no seu día soubo posicionarse, como tamén fixera Louro, en contra do arraso levado a cabo coa vella praza da Verdura.

Como xa temos dito no blog, valen máis unhas imaxes que as palabras coas que se poidan comentar. Por eso incluímos agora algunhas fotos recéns [temos moitas máis], pra que o lector que se asome a este blog poida xusgar. Siguen:
Un dos balaustres da obra nova, serrería industrial, que non casa co que representaba a vella balaustrada, baixo nengún concepto dignificada.

A impotencia pra casa-lo vello co novo vese nesta fotografía. As pedras vellas desapareceron e foron reemprazadas por nova pedra "industrialmente" traballada.
Escadeira asesina. Foto testimonio de que algo serio e grave pode pasar. A obra parece o proiecto dalgún descerebrado. O Colexio de Arquitectos debería inhabilitar a alguén; mesmo o Xusgado de Garda debería posicionarse ante este asunto.
Na parte alta, outra proba da impericia e impotencia, aprécianse, cando menos, tres trazas discontínuas.
Esta pode se-la "Pontevedra dos pequenitos", proiecto estrela e global do talibanismo "integrador" que "urbaniza": o Vavytren como protagonista da movilidade urbáa.

Ante este fracaso de obra nada valen os discursos e concertos, aínda que queiran envolve-la presencia da Polifónica de Pontevedra na inauguración prevista pró 27.06, como unha homenaxe ó P. Luís. Coido que a Polifónica, de non ser unha coral subvencionada, faría ben en non acodir ó acto, por solidaridade precisamente co Padre Luís, por solidaridade con Filgueira ou Castelao. Eu, que fun cantor do coro antre os anos 1952 e 1957, négome a acepta-la obra como homenaxe a nadie. Nen ós veciños que perguntan polo laranxo, o gran ausente nesta inauguración. Todo unha burla.

E que non diga Teresa Casal que a obra foi aprobada por Patrimonio, aínda que non haxa papeles. Se non-os hai é que non existeu, en nengún momento, a autorización da que fala a concellala.

RAJOY PIDE AXUDA A ARAGONÉS.

Pontevedra, 25.06.2008

Entrada n. 528 do blog

RAJOY PIDE AXUDA A ARAGONÉS,
por Xesús López Fernández

Non só está afectando a Zapatero a cuestión de fútbol, que incluso Rajoy recurre ó consello de Luís Aragonés pra ver de formar un equipo solvente. O triunfo non está asegurado coa alineación que lle propón Lo seleccionador español, pero sí pode intentalo, porque leva catro anos chupando banquiño.

Sigue o video humorístico de

YOU TUBE / NADAPARTIDARIOS


martes, 24 de junio de 2008

O BLOG DE XESÚS LÓPEZ, PRIMEIRO ANIVERSARIO.


Noite de San Xohán. Dibuxo informático de Xesús López.


O blog de Xesús López,
primeiro aniversario.


Pontevedra, 24.06.2008

Entrada n. 527 do blog

Onte cumpreu este blog o seu primeiro ano. Como outras veces, acodín a Vilagarcía, ó Campo dos Estrelos [¿o campo da Osa Maior?, Sete Estrelos, sete estrelas], á procura de tomiño pra preparar, con outras herbas, a auga de San Xohán. Xa se sabe: herba luísa, romeu, ourego, menta, herba plata, rosas, follas de vide, carballo, limoeiro, hortensias e algunha máis.

O día máis grande do ano prós antigos, cando regresei a Pontevedra comezaba o ritual das cachadas, pra que o Sol, por imitación, fixese o supremo esforzo de non se apagar.

Por eso recuperei o dibuxo informático que fixen hai xa tempo e que quer representa-la hora do lusco-fusco e o relevo das cachadas.

Como hai pouco tempo que aprendín a pendurar videos no blog, hoxe fágoo cun no que se fai unha certa apoloxía da afición de Zapatero, por unha vez, ó fútbol, que parece volve funcinar como catalizador nacional, como aconteceu co franquismo.

Pra algús representa bastante máis o fútbol que non a noite de San Xohán, o solsticio do verán. Outros, no canto de creeren nesas milagrerías, pensan que o fútbol pode tamén deixar certos rendimentos, incluso políticos. E apostan por el, como intenta colarnos Zapatero no video de You Tube, no que tamén ten o seu papel Luís Aragonés, ó que parece non ll´agrada que o presidente acuda á semifinal contra Rusia, que pra el non hai entradas. .


VIDEO DE YOU TUBE / NADAPARTIDARIOS.




lunes, 23 de junio de 2008

O RECIBO DA LUZ......CASAL.


Pontevedra, 23.06.2008

Entrada n. 526 do blog

O recibo da luz....Casal,
por Xesús López Fernández

O deterioro da economía é galopante. Zapatero xa reconoce que as cousas van mal e que o crecemento non vai pasar do dous neste 2008. É decir, que con esa perspectiva e restándolle os costes que non se imputan á hora de evalua-lo PIB, o crecemento vai ser realmente negativo. Recuamos.

Anuncia agora Zapatero a conxelación dos soldos dos altos cargos. I eso faino, curiosamente, despois de ter creado un 21 por cen máis de cargos pra esos probes. Altos cargos ós que lle conxelan os ingresos, pero non llos reducen polo incremento abusivo.

Terán que se aplicar outras medidas, pero o paquete das 21 que ofrece non pasan dunha simple maquillaxe, man de gato ou como se queira chamar. Outro asunto que xa teñen claro os pensionistas que, pola precariedade da súa pensión, non tributan, é que non van recibi-los 400 euros prometidos por ZP en campaña. O engaño sirveulle pra recadar un certo número de votos, grande, dos que creeron nunha política social inexistente. Xa é tarde pra rectificar.

Pero por se fose pouco nos agarda un subidón no coste da luz: un 6 e pico agora e pode que outro tanto alá por Novembro, algo do que os que máis se van resentir son os máis homildes. .

VIDEO DE YOU TUBE / NADA PARTIDARIOS.


domingo, 22 de junio de 2008

A BALAUSTRADA E O LARANXO [23.06.2008]

Composición feita nas vísperas da inauguración, cun laranxo cedido por un establecemento da zona así nomeado, "El Naranjo", pra deixare neste blog constancia da ausencia. Foto do autor. Elaboración de tapa-trampa en Padre Luís/Laranxo. Así acaban por escachar todas elas.
A muralla "china" de mosquerós tipo Mao Tse foi xa reemprazada pola cerca carcelaria en Cobián Roffignac, "la corredera de los mosquerones", como noutras partas da cidade. Xa se aprecia a rampa prós skaters, reventado o espacio da vella balaustrada. A columna coa labra dos Mariño estaba aí, no momento da foto, pousada, mal restaurada. Aprécianse as cicatrices.
Pontevedra, 23.06.2008

Traballo semanal publicado en diversos medios.

Entrada n. 525 do blog.
A balaustrada e o laranxo [23.06.2008],
por Xesús López Fernández

Ben está que se premie un traballo de reforma urbáa ben feito, da restauración, renovación e cambios operados nunha cidade. Pero se nos referimos ó Premio Nacional (galizo) da Cultura outorgado a Pontevedra, caben diversas cuestiós: ¿Falamos de premio ou de autopremio? ¿Estáse a premiar unha actuación urbanística decente ou, pola contra, hai moitos puntos escuros no traballo realizado? ¿Fíxose obra digna pra fixare poboación ou, pola contra, os residentes que resisten están agora a sofriren unha maior presión e desamparo?. De certo que sí. Porque á facilidade coa que algús grupos convirten as vellas prazas en circos, coa demasía decibélica que lles pete e sen policía que os pare, poderiamos engadir unha serie longa de trastornos: falta dun verdadeiro plan de emerxencia, acceso imposible prás ambulancias medicalizadas por manteren vivo un terraceo que non se adapta á normativa de veladores e impide o paso incluso por soportales, espacios públicos. ¿Por qué a policía local non comparece ou mira pra outra parte?

Entenderiámo-lo premio á restauración operada nas rúas de San Román ou Manuel Quiroga, parece que xa con outra asistencia técnica, coa calidade de obra que no seu día, hai máis de sesenta anos e sendo alcalde don Remigio Hevia Marinas, apreciamos moitos pontevedreses na pavimentación da rúa Real, praza de Curros Enríquez e outras. Teñamos presente que á hora de renovaren por renovaren algús desos espacios, o que se fixo foi unha obra nova de mala calidade, con tapas-trampa nas arquetas, esgazadas ou afundidas en moitos casos, especialmente na rúa Real. E como mostra de obra mal feita, aí temos que non poucas das citadas tapas-trampa –algunha renovada ata sete veces— foron incluídas nunha especie de plan Renove, procurando darlle ás novas un maior espesor, a ver si resisten, no canto de adouta-la solución das tapas de fundición, como en San Román, como en Manuel Quiroga, que sí parecen obras xustificadas. Pero haberá que deseñar un plan Renove cobizoso, porque algunhas das prazas remodeladas –da Verdura, das Galiñas— quedaron desalmadas. Eso non se premia e hai que lles devolve-lo seu enxebrismo.


Estos días andan a voltas cos últimos toques da agresión á balaustrada do Museo sobre a que, según T. Pedrosa, Patrimonio non chegou decir nada e incluso a Xunta de Galicia, no ano 2006, dou orde de non tocar. As obras daquel entorno, rúa do Laranxo e Padre Luís, comezaron en Setembro do 2006. Pero só agora conclúen de mala forma. A nova balaustrada nada ten que ver coa vella que, aínda que maltratada, facía un todo harmónico cos edificios do Museo. A nova aparece axigantada, a baranda como marcando tres rasantes sobre un plano penzo, e os balaustres que ten a maiores parecen de cartón pedra. Pero o esperpento maior é a absurda escadeira, con dúas caídas, abeirada ó edificio Fernández do Museo, os primeiros pasos como coitelos, marca técnica da casa, como os que se poden ver na praza da Verdura, que dobran cara Sarmiento, causa de non poucas caídas e accidentes; como os do palco que preside a entrada á igrexa de San Bartolomeu. E outras cousas.

E da actuación na rúa Laranxo decíanme hai uns días que, cando foi colocada a pavimentación agora renovada, acabáranse os cartos. Os veciños procederan a unha aportación económica pra que desen rematado as obras. Si eso é certo, poderían reclama-la reposición da pedra alí existente que, alisada e asentada sobre formigón e morteiro, podería ser garantía de duración eterna, que non a pedra usada dende o comezo da “restauración” premiada. Evitaríanse sobregastos, como na realización da “gran muralla” de mosquerós “Mao Tse”, que agora cambian pola cerca carcelaria de barrotes de aceiro. En fin, seguimos sitiados. E tamén perguntan si se vai reprantar, e donde, o laranxo, no que parece non pensaron. É seguro que, si o repoñen, a árbore non se vai identificar coa nova balaustrada. Co alí feito prós skaters

sábado, 21 de junio de 2008

O CONGRESO DO PP/BARRIO SÉSAMO

Pontevedra, 21.06.20087

Entrada n. 524 do blog

O CONGRESO DO PP/BARRIO SÉSAMO
VIDEO DE YOU TUBE.


Onte, 20.06.2008, comezou o Congreso do PP en Valencia. ¿Congreso de renovación a mellor ou a peor? Alí están reunidos uns 3000 compromisarios. Barrio Sésamo nos ofrece esta mostra hilarante. Fina.

viernes, 20 de junio de 2008

BREVES DA GRAN FOLIADA [20.06.2008]

Pontevedra, 20.06.2008

Entrada n. 523 do blog

BREVES DA GRAN FOLIADA,
Xesús López Fernández

Prepárase a gran foliada
porque á Vila Miseria premia
a conselleira "galiza"
da Xunta nazionalista


E premian cancelas raras
[onde había mosquerós]
que coutan ás ambulancias
auxilios e salvaciós.

[por culpa das terrazas
do modelo galizo de vila
premiado, burla total,
hai xentes que xa non viven
por non levadas a tempo,
ó hospital]
Ónde está a restauración,
ónde a recuperada vila...?
A xente moito cabila
e non lle ve salvación!


Porque o arraso, que perdura,
ataque doudo é á Cultura...
¡Ideas prós kosovares
das que o Museo se cura...!


I é qu´o butrón era fácil
e pra pilla-lo tesouro
que o Museo ten dos celtas,
exposto de certo a un roubo.


Cargáronse a balaustrada,
que non lle querían ben.
O sitio é prós skaters
porque Lores así o quer.


Menos mal que a Padre Luís
deixaron sen mosquerós...
mais algo terán pensado
pra cercar á poboación.


Mira o vello bar de tempos idos, ruína,
coa sobremarca galiza
qu´o engaiola de impudicia
con gula moi traballada...
pra que sexa a Boa Vila
coesa gula de porfía,
[en dous mandatos galizos],

outra cousa que non vila
e Gulag renomeada.

[Esto non é máis que unha aproximación, catro chorradas, porque ó longo do blog hai material dabondo crítico con moitas das actuaciós "salvíficas" destas xentiñas. Mais coido que nunca entrei a valora-lo despilfarro de cartos, sen control, a inversión delirante en material, a presunta corrupción existente en moitas das obras realizadas. ¿Qué foi a imprantación dos mosquerós senón unha cabezonada, un gasto xangal e perverso? Denunciados por este comentarista en diversos posts do blog, xa por novos, xa por artículos recuperados, o certo é que os levantaron en Padre Luís, na Gta. de Concepción Arenal i en Cobián Roffignac (aí xusto dous días despois das declaraciós a Radio Pontevedra, ás que se alude no post titulado "Paseo Matinal", entrada n. 522). Pero, "¡cielos, qué horror!", xa están reconvertído-los mosquerós tipo Mao-Tsé en elementos da gran verxa carcelaria.

É a idea do Gulag,
que non-a poden deixare, deformada como teñen a conciencia os dictadores galizos.]

jueves, 19 de junio de 2008

PASEO MATINAL [19.06.2008]

Pontevedra, 19.06.2008

Entrada n. 522 do blog


PASEO MATINAL,
por Xesús López Fernández

Hai algo máis de tres semáas que saín dar un paseo de mañá, coa máquina de fotografiar, pra así poder notaria-lo que estaban a comezar na rúa Padre Amoedo, desviado o tráfego dende primeiras horas según tiña anunciado Radio Pontevedra. A cidade, co seu plan de aldeanismo integrador, cada rúa unha corredoira, prohibida a entrada ás ambulancias e bombeiros, permitida sí ós malabares e decibelios, sí ás terrazas de insulto e impudicia, polo que este Concello se autopremia dende a Xunta. Aínda esta mañá falaba Lores, disculpábase incluso polo ritmo caótico das obras ó longo destos anos, obras que algús aínda non comprenderon, según el dixo, que parece tampouco comprendeu que realmente se cargaron a cidade.

Máis do que poida decir do paseo valen as fotos. Pero quén me diría a min que ese día tería ocasión de decir catro palabras, a micrófono aberto brindado por Manuel Fernández, prá emisión que estaba en antena, de Radio Pontevedra. El apreciara que eu estaba a tirar unha serie de instantáneas (teño moitas máis) que aquí mostro:

O chan de Padre Amoedo cardado, traballos previos prá nova corredoira. Os coches, camionetas e furgós, montaban a beirarrúa e collían á dereita por Santa Clara, pra seguiren camiño, como se aprecia nas fotos. Na que ven, unha camioneta de Cristalería Kameselle.
Fun buscando novos ángulos e recosteime contra a fachada da pastelería A Devesa pra facer outras tomas. Unha ambulancia,
e diversos vehículos,
que nalgún momento atricarían a circulación, difícil, pero menos mal. Na foto que queda derriba destas líneas aparece Manuel Fernández, case tocando a zona verde da beirarrúa de Froiz.
Debeu ser despois desta toma cando o home cruzou e dirixeuse a min, perguntándome se vivía na zona, Non, lle dixen, E que como vexo que está a tomar fotografías..., Sí, porque me gusta notariar, cando podo, algunhas miserias urbanísticas, e doutro tipo, prá súa posible integración nun blog, Pero o comercio de Cobián Roffignac non se queixa, Talvez non, pero vaia pola zona vella e pergunte, que esa foi convertida nunha especie de cimiterio do que fuxen os que poden!.

Aclaramos algunhas cousas sobre actuaciós urbanísticas anteriores, sobre o disparate que estaban a faceren agora no Museo. Comenteille que a praza da Verdura, tamén chamada praza roxa, era un marco de miseria e ruídos. Etc.... E, como dixen antes, invitoume a falar. Xa en directo, o diálogo foi, máis ou menos:

-Temos aquí a un señor que parece non está moi dacordo coas obras de P. Amoedo, co desvío do tránsito disposto.
-O desvío é molesto, sí, pero non me preocupa, porque é necesario e vai ser cousa de poucos días. Eu, co que non estou dacordo é co esquema de aldeanismo urbán que están a impoñeren, complementando agora con P. Amoedo a Cobián Roffignac que eu denominei, hai xa tempo, "La corredera de los Mosquerones".
-Refírese vostede, claro, ó tema do unidireccionalismo.
-Naturalmente, pero é que parece que non teñen outra idea que a de convertiren Pontevedra noutra cousa que nunha encrucillada de corredoiras. E teñen agora outra perla da que informar: as obras da balaustrada do Museo, a beneficio da accesibilidade dos do monopatín. Eso é o que lles preocupa.

[Tomeime a libertade de traduci-lo que en esquema foi o diálogo, que pouco máis dou de sí, aínda que falamos máis a micro cerrado.]

´TRINQUE EN ESTEPONA [19.06.2008]

Pontevedra, 19.06.2008

Entrada n. 521 do blog

TRINQUE EN ESTEPONA,
por Xesús López Fernández

De momento estamos na fase do "presunto" trinque, porque aínda que o alcalde socialista de Estepona foi expulsado do PSOE sen estare a cousa xusgada, o que en principio está evidenciado é que funcionaban dúas caixas, a A e a B, filtros prás licencias de tipo urbanístico.

Según as primeiras noticias, parte desos cartos alomenos terían como destino a financiación do PSOE. E onte, mentres atendía a un programa de debate en Intereconomía, "El Gato al Agua" por máis señas, entraban cantidade de SMS a pé de pantalla que facían alusión ó desacougo social existente, antre outras cousas, por supoñeren que os casos Marbella, Andratx, Estepona, non son únicos e que, a pouco que a Xusticia entrase de oficio en temas de agresión ó territorio, mesmo que deixase de prodigare pra denuncias ben fundamentadas o determinante de "inadmisibilidade" das mesmas, as cousas irían certamente mellor retomando o pulso do Estado de Dereito.

É demasiado evidente, pola estimación de signos externos, a fortuna de moitos políticos. Pero é que a día d´hoxe non están obrigados os ediles da gobernación local a faceren a que sería pertinente declaración de bens. ¿Pero a qué coño se agarda, a que a descomposición, a podremia, sexa aínda máis xeneralizada? Quero decir, que aflore, porque estar sí que está. E cheira. O outro día estaban, diante do restorán Zalacaín, en Madrid, aparcados 18 Audis da gama 8, con chóferes e demáis parafernalia. ¿Qué tropa non estaría alí?, comentabame aínda onte e a falar destos temas de presunta corrupción un amigo que presenciou a tal "demostración de poder". ¿Qué profesión pode garantizar esa presencia e poderío, a Política por casualidade? I eso, mentres as contas parece que xa non cadran e que pode haber incluso problemas pra manter intactas as Reservas da Seguridade Social. País. Polo menos, o Banco de España está dando avisos preocupantes.

A Xunta de Andalucía ten agora ante sí un problema gordo se queren buscar algún tipo de xustificación democrática. Mentres tanto, o alcalde de Estepona está detido. A ver cómo evoluciona todo. E deixemos que interprete o clon de Joaquín Sabina a súa descriptiva canción, que nos evita palabras e interpretaciós.

"Está la cosa complicada en la Costa del Sol. Mucho golfo suelto. Y esto del trapicheo nunca está en crisis. Por eso les dedico esta canción...: Fue en un pueblo con mar, con turismo, y la playa muy mona...Todos quieren trincar......." (Video de YouTube/ NADAPARTIDARIOS)


miércoles, 18 de junio de 2008

ODA Ó PERIÓDICO PÚBLICO [18.06.2008]

Pontevedra, 18.06.2008

Entrada n. 520 do blog

O tratamento ofrecido polo Diario Público da condena a Federico Jiménez Losantos polas súas críticas a Gallardón, como se fose un presidiario, foi comentado así, irónicamente, polo clon de Antonio Gala en Intereconomía Televisión.

Video de You Tube/NADAPARTIDARIOS

A CIDADE PREMIADA [18.06.2008]

Pontevedra, 18.06.2008

Entrada n. 519 do blog

A CIDADE PREMIADA,
por Xesús López Fernández

Eu non sei se premiaron á cidade, se ó labor feito polo equipo de goberno en relación coa "recuperación/degradación" da zona vella, pero o certo é que non vexo un traballo digno de ser loubado. Máis ben, traballaron arrixadamente na involución da vila. E pra mostra, como valen máis as imaxes que as palabras, como queira que dende o equipo do Bloque tense falado moitas veces dun modelo de cidade que non é tal, introduzo ou penduro, unhas tomas da que podemos calificare como industria local punteira, que ven ser parte do premio outorgado pola consellería de Cultura, vamos, por eles mesmos. Pola "consellaría" de Cultura de "Galiza", nome acaído da pandemia da "lingua azul", país extraño.
Este é o terraceo que aturan os "galizos", que impide o paso da xente por espacio público que algús privatizan deste xeito. E o goberno local consinte.
Como consinten o depósito de material a algús dos negocios do miragre económico local, privados de espacio pra recollelo pola noite ou en días de descanso. O goberno consinte, queda dito..
Outra toma do escándalo anterior, na praza da Leña, que o goberno consinte. Ou promove. A tal xeito que pode un non ter local e, cun simple permiso pra abeirare o material a unha baixante, e unha furgoneta, convertirse en empresario do "relanzamento" pontevedrés, mesmo en empresario do ano.
Terraza polo día, acobillo pola noite, pero a accesibilidade está prohibida polo chalaneo de empresa-Concello consentidor.

A miseria do terraceo tamén é evidente neste outro espacio, Gta. de Compostela. Unha baixante fai de amarre. Consentidores.
Outro caso similar do aparatamen todo da terraza, mesas e sillas, liadas por medio dunha cadea. Culpables, consentidores, os do Concello.