miércoles, 28 de noviembre de 2012

Tempo de espera [25.1.2003]

O mar profanado. Dibuxo fractal do autor. O Prestige, causa da gran marea do chapapote, pasou, aínda que o caso estea agora nos tribunales. Ence, en Pontevedra, é como un Prestige varado en Lourizán. E máis cousas contadas neste blog.  Este artículo é do ano 2003, que recupero pró blog. Poderianse decir moitas cousas en relación coa actuación da APDR, á procura dun populismo que non chega ás raíces da corrupción, que tamén prenderon no BNG, do que a asociación, perdida a súa independencia, ven ser como unha baraza ou correa de transmisión.

Pontevedra, 29.11.2012

Entrada n. 1578 do blog


Tempo de espera, [25.1.2003]
Por Xesús López Fernández

            Queríame referir hoxe ó premio Cidade de Pontevedra outorgado á Asociación pola Defensa da Ría, á que o que esto escribe pertence dende a súa fundación. Lector dos comunicados leídos no remate das dúas primeiras manifestacións montadas polo colectivo, conserva o texto dos mesmos, o primeiro deles da autoría do actual concelleiro pontevedrés de Urbanismo. Dende aquela pasaron moitas cousas e a Asociación mantén unha cifra de asociados importante –máis de catrocentos-- se ben non se teña acadado o ideal proposto na época de Fernando Martínez Sarandeses ou na de Leonor González Prieto de que non quedara familia pontevedresa sen representación na asociación que mantén as espadas en alto contra o que xa podemos chamar algo así como “o Prestige varado en Lourizán”, a empresa esponsorizadora de diversos clubes, que, como anuncia, “reforza continuamente o seu compromiso con Galicia”.

            O poder, salvo diversas excepcións de carácter individual, non quixo asumir aquí os seus deberes de policía medioambiental, mesmo tentou ocultar ó fiscal do caso Ence, ó señor Gago Sevilla, testimonios e probas diversas. E botando un vistazo atrás, ano 1965, este colaborador lembra a decidida colaboración informativa do señor González Sama, gobernador de Pontevedra, e ó seu secretario agradeceu daquela volta a información sobre a normativa –o RAMINP--, que prohibía a instalación da empresa que xa funcionaba –ilegalmente polo tanto--  dende o 1963 e prá que solicitaban permiso por non teren licencia municipal. E así quedaría concretada na instancia presentada por rexistro no Concello o 23.7.65, asinada polo que suscribe e outros 22 cidadáns, a denuncia da que se reproduce agora o terceiro parágrafo: “Considerando que dicha apertura es inadmisible por cuanto las actividades de dicha fábrica se encuentran clasificadas como molestas, nocivas e insalubres en el artículo tercero del actual Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas y Peligrosas del 30.11.1961, que es aplicable a todo el territorio nacional y que obliga, según el artículo primero, tanto a entidades oficiales como a particulares, públicos o privados.....”

            Algús políticos teñen entrado neste tema, mesmo pra non faceren nada, cecais porque a mesma falta de conciencia ecoloxista que agora se da co tema do Prestige --que non se quer chegar a determinar certas culpas— douse aquí en todo tempo. ¿Qué importan o discurso de Sánchez Presedo no Malvar, ano 1989, con motivo das europeas, ou o de Fraga, decembro do mesmo ano, co gallo das autonómicas, se todo sigue igual en Lourizán?  Marcara unha certa distancia o dito por Barreiro Rivas sobre un posible cerre do complexo, ou algunhas das actuaciós de Cuíña, agora dimitido, por exemplo a súa intervención como presidente da Diputación pra que o CIE non se instalara no Centro Forestal de Lourizán, como tamén a constitución do comité científico nos primeiros 90, un número de circo máis que outra cousa. Caído agora en desgracia o señor Cuíña, é case seguro que o PPdeG perde gran parte do seu tiro populista/galeguista; que a súa dimisión é consecuencia do que Xavier Navaza denominou “A caza do galeguista” ou Beiras atribúe a unha loita antre galeguistas i españolistas no PPdeG.

                 Do que non se queren dar conta no PP é de que a reacción que en Galicia se produceu como consecuencia do afundimento do “Prestige” é xa unha marea democrática e galeguista que demanda soluciós inmediatas e concreción de culpas alén da cuestión das facturas das empresas do conselleiro. A falta de color no asunto do “Prestige” pode ser, realmente, algo que naceu hai xa tempo da falta de sensibilidade ambientalista do franquismo, que no propio franquismo se puido ter rectificado. E, xa nos tempos da transición, poucos quixeron asumi-los seus deberes, suponse que sometidos ós grupos de presión neoliberal. A Cuíña parece que non-o deixaron actuar en máis dunha ocasión. E orfo o poder dun claro referente ecoloxista –aínda tendo consellería do Medio Ambiente--, a APDR non debe cesar no seu labor testimonial. Cecais teña que abrirse un pouco máis xa que nas súas marchas sobre Lourizán participan moitas xentes que non están na asociación, que saben que o do “Prestige” alí varado é certo, que estamos a falar de casos asimilables. Á política en xeral fáltalle un certo fervor ecoloxista e moitos o van pasar mal no tempo electoral que chega, se non se convirten, porque a Ecoloxía é un deber de todos e a moral pública dos novos tempos ou é ecoloxista ou non é moral, algo que parece evidenciarse coa involución da Comisión de investigación. Os votantes ecoloxistas agardamos compromisos claros. Nunca máis mentiras.

domingo, 25 de noviembre de 2012

O carballo, árbore divina

 Ésta é unha mostra parcial dunha pequena carballeira particular, unha terra en fase de rexeneración, porque os carballos van creando a terra vexetal fértil no canto do que fai o arrasador eucalipto, eliminado neste monte. Traballo costou, pero os carballos xa aparecen como semimaduros....  
 ...i enriquecen de color a outonada da paisaxe, colorido que atrae paxaros. Qué non sería Galicia con outro sentido da reforestación que non o imposto polos políticos ó servicio das pasteiras. Incluso Castelao --non hai que mitificar a nadie-- presentía un futuro espléndido prá nosa terra coa irracional repoboación forestal posta en marcha e mortas as nosas rías pola acción das pasteiras, como acontece coa de Pontevedra, que el, que se puido creer profeta, non chegou ver convertida en desgracia total. (Non sabía o que decía, nesto como noutras cousas, e realmente foi tamén, en certo sentido, un deconstructor do idioma)
Que as follas de carballo sirvan a modo de bendición da casa.

Pontevedra, 25.11.2012
Entrada n. 1577 do blog
Artículo semanal


O carballo, árbore divina,  
por Xesús López Fernández

            Pódese decir que na Europa aria existeu ó longo dos séculos un culto certo ó carballo. Incluso en Galicia, según indica no seu diccionario Eladio Rodríguez, a carballeira ten pró labrego un sentido reverencial porque dela se sortía, obtiña moito do material preciso prós seus labores. Na nosa lingoa existen moitas palabras pra designare as variedades desta árbore e as súas agrupaciós. E volvendo ó sentido reverencial citado, as xentes sinten un certo orgullo cando no seu lugar ou aldea existe algún carballo de gran porte. ¿Cómo sería o carballo ou reboira que aparece no escudo de Montederramo, Ourense? Témolo citado hai anos nun traballo titulado “Do nome da Ribeira Sacra”, porque o convento de San Xohán de Montederramo foi fundado por mandato de dona Tereixa de Portugal no lugar conocido como Rovoira Sacrata, denominación recollida no documento fundacional.

            Seguindo a James Frazer lembremos que tanto gregos como italos asociaran esta árbore co seu deus máximo, Zeus ou Xúpiter, divinidade do ceo, da chuvia e do trebón. E nun dos santuarios de máis sona da vella Grecia, o de Dodona, Zeus era venerado no seu carballo oracular. Tense dito que as treboadas eran máis frecuentes en Dodona que no resto de Europa, razón que convertiría o lugar en morada digna do deus, cuia voz oíase tanto no susurro das follas do carballo como no tronicio que sigue ó lóstrego, algo talvez imitado co fragor dos gongos no entorno do santuario. Zeus estaba representado polo “deus-carballo”, i Hera pola “deusa-carballo”. E créese que en Beocia celebraban con gran esplendor o seu matrimonio sacro… Como Zeus era, pois, deus do carballo, da chuvia e do trebón, o sacerdote do seu culto, practicaba un conxuro prá chuvia por medio dunha ponla de carballo que solagaba nunha fonte sagrada. En Olimpia  e outras partes Zeus foi adorado como “Tonante” ou “Treboante” i en Atenas había un altar de sacrificios pró ”Fulgurante Zeus” no muro da cidade, ademáis de marcare os sitios fulgurados polo raio. Os reis gregos, decíanse decendentes de Zeus. Personificabano como facían os reis italos con Xúpiter, a súa contrafigura.

            Na Italia antigua  tódo-los carballos foron consagrados a Xúpiter e, no Capitolio de Roma, o deus foi adorado non só como deidade do carballo, senón da chuvia e do trebón. E o deus funcionaba cando en tempos de seca se dirixían a el en rogativa as matronas nobles, que acostumaban a sobire cos pes nús, o pelo solto, a mente pura, a longa costa do Capitolio pregando a Xúpiter pra que chovera. Inmediatamente chovía a cántaros. O autor que nó-lo conta dí que actualmente xa non somos relixiosos e así nos vai. E cando pasamos da Europa meriodional á Europa central, o gran deus do carballo e do trebón está tamén cos bárbaros arios que viven nas inmensas selvas primitivas. E antre os celtas da Galia, os druídas non estimaban nada tan sagrado como o visgo e o carballo sobre o que vivía, escollían carballeiras pra escenario do seu rito solemne e non executaban nengunha das súas ceremonias sen follas de carballo.”Os celtas –di un escritor grego— adoran a Zeus e a imaxe céltica do deus é un gran carballo, culto que os celtas que se estableceron en Asia no século III antes da nosa era levaron alá; que incluso o Senado gálata reuníase nun lugar con nome céltico puro, Drynemetum, “bosco do carballo sagrado” ou “templo do carballo”.
              
            Abreviando diremos que, según conta Grimm, o xefe das árbores santas era, antr´os xermáns, o carballo, tamén dedicado ó deus do trebón, Donar ou Thunar, o equivalente ó Thor norso, e que incluso foi talado un carballo sagrado en Geismar, Hesse, por Bonifacio, bispo de Maguncia, no século VII, porque o tal carballo tiña por nome, antr´os pagáns, o de carballo de Xúpiter, que no antiguo alemán sería “o carballo de Donar/Thunar”. “Thursday”, día de Thunar; “Xoves”, día de Jovis, parecen confirmar esa idea de que estamos ante un magma cultural/relixioso común. E aínda habería máis casos asimilables, como o dos lituáns, cun deus chamado Perkunas, outro clon de Zeus/Xúpiter/Thunar. O carballo sagrado tivo un claro protagonismo naquelas paganías; tamén  en Galicia, especialmente na Rovoira Sacrata do documento fundacional de Montederramo, aínda que o traduciran como Ribeira Sacra.

viernes, 23 de noviembre de 2012

O idioma galego, en regresión

Icono sobre a desfeita do idioma, que sofre novas agresiós.

Pontevedra, 23.11.2012
Entrada n. 1576



O idioma galego, en regresión,
por Xesús López Fernández,

A fala galega é, como temos dito moitas veces, unha creación social. O noso ilustrado P. Sarmiento tíñao moi claro no século XVIII cando recomendaba, cara unha posible fixación ortográfica da lingua: "Facede o idioma a partir da fala". Porque a nosa lingua é riquísima en palabras. Hoxe faltan defensores reales da mesma porque incluso os académicos que se sorprenderon de que a RAG fose utilizada como unha especie de cabalo de Troia pra lles colaren as normas do 1983, espúreas elas, e que non foron redactadas pola Academia, engulíronas. Anque a Academia fose autora non deixaría de ser unha institución particular e a sociedade debería posicionarse claramente contra as que foron asumindo, que se foron decantando no galegués ou galizo, a lingua da non-patria que decía Novoneyra, quen acusou de traición á RAG, ó ILG, á AS-PG e ós reintegracionistas, ós que tentan acobillárense no portugués por seren  nacionalistas fracasados.

Coas normas da Academia, en realidade normas do Bloque, e outros acordos que foron nacendo pra un maior esmorecemento da lingua, estos matós comezaron unha política lingüística de inmersión, de deriva, de extraterritorialización do pobo galego pra convertilo en portugués. Ó mellor resultaba máis económico darnos praza ós galegos todos pra un tren utópico de gran velocidade e proiecta-lo convoi contra a fronteira portuguesa, a ver se daquela, no desastre, viaxe á Lusofonía,  fluían as palabras do país veciño polas ventáas dos vagós, taponando os nosos oídos pra un rápido esquecemento da fala raiz, das súas harmonías.

Neste blog hai xa moitas entradas sobre este tema, polo que non vou entrare agora polo miúdo máis alá da noticia hoxe conocida dunha sentencia do TSXG que tenta evitare que os país escollan a lingua de educación dos fillos, que son os que saben en qué idioma están instalados os críos, cando resulta que nos centros todos están a impartiren algunhas asignaturas en galegués, que nada ten que ver coa lingua lar, coa lingua dos ancestros, e que os convirte en extraños ante os propios pais. 

Núñez Feijóo non cumpreu coas súas promesas e algo tería que lle agradecer a Galicia Bilingüe, que foi unha peza fundamental na súa victoria das elecciós anteanteriores, e desta volta habería que actuar con contundencia, anulando as normas inventadas polo Bloque, como tamén esa Mesa pola Normalización Lingüística do Carallo, presidida por un estalinista que tenta marca-la deriva, establecida polo seu Diktatt, de certa enxeñería social de nacificación do idioma que hai tempo tracexaron os comisarios da fala, desconocedores de que os idiomas "son creaciós sociales", como o inglés, que non precisa de Academia. Reitero, no blog hai máis de vinte traballos relacionados co "esmorecemento do idioma", ademáis dos dedicados a Cunqueiro, ó Padre Sarmiento, a Ánxel Fole ou a Novoneyra, todos eles traicionados coas normas da deriva.  Pra mellor aclara-lo tema da paranaoia do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, inclúo algús enlaces:

domingo, 18 de noviembre de 2012

Semana quente

 Comecemos con humor: Nacionalismo do trinque (Caín, en La Razón)
 Montoro, en La Razón. ¿Contra quén se manifesta este merluzo titulado?

Montoro, en La Razón. O neno non entende o por qué da folga. Nós tampouco. Ou sí, se lle cambiamo-lo nome polo de manifestación política contra o Goberno, antisistema..
 
 Esteban, en La Razón. A perda de paso, o paso cambiado, un xa non sabe. O país que se desfai.
 Esteban. En La Razón. Na folga do 14N, ademáis de contenedores i escaparates reventados, houbo mariscadas e pata negra. No acreditado restorán La Máquina, que non sofreu da silicona, prepararon a mariscada pra Cándido Méndez e compañía, según os medios.
Montoro, La Razón. Aclarando o que é Cáritas, aínda que se agradeza o donativo do señor Ortega.

Pontevedra, 18.11.2012

Entrada n. 1575 do blog
Artículo semanal.

Semana quente,
por Xesús López Fernández

            A manifestación/folga do 14.11, a segunda que se celebra con Rajoy como presidente, foi minuciosamente preparada. ¿Contra os recortes e política fiscal do Goberno da nación? ¿Foi realmente unha folga ou é que moitos negocios cerraron ante a presencia dos piquetes “informativos” cando non se atoparon coa apertura bloqueada pola silicona?. O medo non exento de rabia contou á hora de paraliza-lo comercio, dos escaparates reventados ou de arde-los contenedores. ¿Ónde a democracia?. Quixeron magnificare aínda máis a protesta e convertila en folga de consumo coa distribución de papeletas en certas diócesis, coa intención de suspende-lo servicio dos comedores sociales.  A propaganda tiña a paternidade dun chamado Cumio Social integrado por “CC.OO, UGT, Cáritas, Facua, Asociación de Pequenas e Medianas Empresas e 150 Asociaciós máis…”. Cáritas, aínda que invitada a participar no susodito Cumio, negouse a formar parte do mesmo e aclarou que consideraba a pretensión un insulto ós máis necesitados, que dependen deles e doutras asociaciós pra subsistire. Outra cousa son os sindicalistas, que se agasallaron o 14N con pata negra ou mariscadas, según informes de diversos medios.

            Na conformación da crisis da que non damos saído, pode que os sindicatos, polo menos como espectadores, teñan a súa parte de culpa. Porque todo se comezou a disparar coa marea do ladrillismo, sobre todo ó entraren as caixas, por presión política, no negocio. As xentes dos sindicatos con representación nos consellos de administración, foron testigos de cómo se ía cambiando o papel das mesmas coa andaina bancaria especulativa, sen denuncia-la situación que se estaba a creare e que derivaría en pouco tempo ó gran desfase financieiro que ten o país. Cos políticos metidos a banqueiros, algo así como a raposa a gardare o galiñeiro, ós sindicatos faltoulles ese gramo de honradez que demostraría que estaban aí pra salvare algo, pra defende-los intereses dos pequenos aforradores, como se supón deben defende-los intereses dos traballadores. Pero polas trazas e violencia producidas o 14N, non parece que teña sido, a manifestación, outra cousa que unha protesta radical.

            Contrapunto humorístico. Un vello chiste de Idígoras e Pachi presenta a dous desfarrapados nun comedor social. Mentres unha monxa vai servindo unha fabada nos pratos daquelas xentes, un dos homes dí: ¿Pero outra vez fabas?.¿E pra cándo o salmón mariñado en leito de caviar, con salsa de bogavante, que nos prometera o G20?.... Porque aquí estamos traspasando moitas fronteiras e non sabemos aínda cómo vamos acabar, e Idígoras e Pachi están a faceren, talvez, un humor profético, porque hai que supoñer que algún día vai acabare o sindicalismo subvencionado e non se sabe ben o que virá despois, qué vai quedare do Estado de dereito... Outro caricaturista xogaba coa posible folga dos comedores de Cáritas: “Cerrado por folga. Ide ós sindicatos a ver se vos dan algo”. En fin, humor aparte, o 14N foi un día de violencia que describe a unha sociedade indefensa ou a un Goberno sen pulso.

            Pero a semáa traería outras sorpresas, como a noticia dada por El Mundo cando a campaña prás elecciós do 25N, en Cataluña, está no apoxeo. Según o periódico, a Policía relaciona coa corrupción de CiU certos depósitos bancarios en Suiza a nome dos Pujol e de Mas. Non se sabe qué poida dar de sí esta filtración, pero sí que xa están os partidos na gran deboura pola cuestión. Alicia Sánchez Camacho, sen prexuzgare a Artur Mas (que afirma se trata dunha trola), dí que o nome de Cataluña e a súa bandeira non deben servire pra enzudralo todo e pide que se esclarezan as cousas. Si se trata dunha mentira os Pujol e Mas deberían incoa-la correspondente acción penal, paso que os afectados xa anuncian. Por outra banda, o ministerio do Interior abre unha investigación interna en relación co informe policial sobre os políticos cataláns, sobre a presunta filtración producida. 

miércoles, 14 de noviembre de 2012

O TRIUNFO DOS MEDIOCRES

Forges, humorista, caricaturista, que fala en serio


Pontevedra, 14.11.2012
Entrada n. 1574 do blog

O país está en fase de descomposición. A casta política parasitaria vese incapaz de gobernar, de lexislar, de doutar á Xusticia de aire fresco e independencia. Prefiren metela no leito de corrupción, na gran chafuldra na que os políticos se relamen i engordan ó tempo que, víctimas dos clústers todopoderosos evitan o cumprimento das leis ou convirten en inútiles as sentencias do TS. Pero tanta "mediocritas" e impotencia, a perda contínua de valores, están ben analizados no traballo de Forges que vai a continuación e que me chega hoxe, 14.11.2012, por correo electrónico,  cando os sindicalistas liberados se dispoñen a armala ó tempo que a asustaren ós autónomos que se esforzan por subsistiren:

O TRIUNFO DOS MEDIOCRES,
por Antonio Fraguas de Pablos (Forges)

El triunfo de los mediocres Quienes me conocen saben de mis credos e idearios. Por encima de éstos, creo que ha llegado la hora de ser sincero. Es, de todo punto, necesario hacer un profundo y sincero ejercicio de autocrítica, tomando, sin que sirva de precedente, la seriedad por bandera.

Quizá ha llegado la hora de aceptar que nuestra crisis es más que económica, va más allá de estos o aquellos políticos, de la codicia de los banqueros o la prima de riesgo. Asumir que nuestros problemas no se terminarán cambiando a un partido por otro, con otra batería de medidas urgentes, con una huelga general, o echándonos a la calle para protestar los unos contra los otros. Reconocer que el principal problema de España no es Grecia, el euro o la señora Merkel. Admitir, para tratar de corregirlo, que nos hemos convertido en un país mediocre. Ningún país alcanza semejante condición de la noche a la mañana. Tampoco en tres o cuatro años. Es el resultado de una cadena que comienza en la escuela y termina en la clase dirigente. Hemos creado una cultura en la que los mediocres son los alumnos más populares en el colegio, los primeros en ser ascendidos en la oficina, los que más se hacen escuchar en los medios de comunicación y a los únicos que votamos en las elecciones, sin importar lo que hagan, alguien cuya carrera política o profesional desconocemos por completo, si es que la hay. Tan solo porque son de los nuestros. Estamos tan acostumbrados a nuestra mediocridad que hemos terminado por aceptarla como el estado  natural de las cosas. Sus excepciones, casi siempre, reducidas al deporte, nos sirven para negar la evidencia.


Mediocre es un país donde sus habitantes pasan una media de 134 minutos al día frente a un televisor que muestra principalmente basura.

Mediocre es el único país del mundo que, en su sectarismo rancio, ha conseguido dividir, incluso, a las asociaciones de víctimas del terrorismo.

Mediocre es un país que ha reformado su sistema educativo tres veces en tres décadas hasta situar a sus estudiantes a la cola del mundo desarrollado.

Mediocre es un país que tiene dos universidades entre las 10 más antiguas de Europa, pero, sin embargo, no tiene una sola universidad entre las 150 mejores del mundo y fuerza a sus mejores investigadores a exiliarse para sobrevivir.

Mediocre es un país con una cuarta parte de su población en paro, que sin embargo, encuentra más motivos para indignarse cuando los guiñoles de un país vecino bromean sobre sus deportistas.

Mediocre es un país donde la brillantez del otro provoca recelo, la creatividad es marginada –cuando no robada impunemente- y la independencia sancionada.

Mediocre es un país en cuyas instituciones públicas se encuentran dirigentes políticos que, en un 48 % de los casos, jamás ejercieron sus respectivas profesiones, pero que encontraron en la Política el más relevante modo de vida.

Es Mediocre un país que ha hecho de la mediocridad la gran aspiración nacional, perseguida sin complejos por esos miles de jóvenes que buscan ocupar la próxima plaza en el concurso Gran Hermano, por políticos que insultan sin aportar una idea, por jefes que se rodean de mediocres para disimular su propia mediocridad y por estudiantes que ridiculizan al compañero que se esfuerza.

Mediocre es un país que ha permitido, fomentado y celebrado el triunfo de los mediocres, arrinconando la excelencia hasta dejarle dos opciones: marcharse o dejarse engullir por la imparable marea gris de la mediocridad.

Es Mediocre un país, a qué negarlo, que, para lucir sin complejos su enseña nacional, necesita la motivación de algún éxito deportivo.    


                                           ANTONIO FRAGUAS DE PABLOS (FORGES)

domingo, 11 de noviembre de 2012

Viaxe a Grecia, 7

 Museo de Delfos..
 Panorámica de Atenas dend´a Acrópolis.
Ó fondo, o Partenón.
 En Micenas, porta dos leóns.
 Templo de San Dionisio o Areopaxita, en fase de restauración.
Vista da Acrópolis dend´a praza do Metro.
 De tendas naquel entorno.
O propietario do negocio agarda o retorno do dracma e doutras moedas europeas (tamén a peseta está presente no tendal) cando o país está en fase de descomposición. Só un 3 por cen dos gregos cree na casta política. Onte celebrouse unha gran protesta ante o Parlamento, onde parece se sentan 300 inútiles. E non teñen Senado, como en España. Podemos estar peor que eles.

Pontevedra, 12.11.2012
Entrada n. 1573 do blog
Artículo semanal.


Viaxe a Grecia, 7,
por Xesús López Fernández
           
            16.09.2012, día do regreso que inda cunde pra lle toma-lo pulso a algús dos ambientes da urbe. No día anterior tiverámo-la ocasión, xa comentada, de entrare nalgunhas das súas luces e sombras, de percibire algo do pulso comercial dunha cidade en crisis profunda. Non xa o noso guía, senón outras persoas, comerciantes cos que era posible a comunicación en español, fórannos aclarando algo da situación dramática que estaban a viviren. A información no grupo íase ampliando, sobre todo prós interesados en comprare algunhas cousas. Polo demáis foi todo un pasear por algunhas das súas transitadas arterias, rúas e ruelas, visita a algunha cafetería, tamén a algún centro comercial. E retirada ó hotel prá cea e mái-la foto de familia (xa inserida no meu blog) e a despedida do noso guía, un home que nos ensinara moitísimas cousas: historias dos lugares e monumentos visitados, a etimoloxía de non poucas palabras, mitoloxía, mesmo as claves da crisis económica do país.

            A mañá do Domingo comezaba con economía de movementos, porque a partida era á unha da tarde: equipaxe, pois, depositado a primeira hora pra aproveitare o tempo que nos quedaba: misa ás 8.30 no templo de San Dionisio o Areopaxita, un converso de San Pablo que foi bispo de Atenas. Trátase dun templo catedralicio católico román. O tempo, que nos respetara ata ese momento, agasallounos cun gran chaparrón ó sair da misa, compartida con outro grupo español acabado de chegar… E comezamos a visitar outros lugares no entorno da praza do Metro. Moitísimas tendas, artículos de todo tipo. Un señor mostraba como bandeira un tendal sobre o mostrador do seu pequeno comercio, unha especie de bastida da súa identidade, coberto ademáis por un plástico, unha colección de vellos dracmas. Non sei se agardaba xa unha saída inevitable de Europa e a volta a aquel signo monetario. I éso seguramente ha doer a aquelas xentes, porque Europa está na súa mitoloxía. Zeus namorárase dela e decidira seducila ou forzala, pró que se transformara nun touro branco.

            Europa, cando recolle frores perto da praia, repara no touro e ve que é manso, polo que se decide a montalo. Zeus aproveita esa oportunidade pra raptala e levala, nadando, á illa de Creta. Daquela revélalle a súa identidade e a muller convírtese na primeira reina da illa. O acto amoroso tería lugar baixo un plátano que, según a mitoloxía, debe a ese feito a perennidade da súa follaxe. Tempo despois Zeus recrearía a forma do touro branco nas estrelas actualmente conocidas como constelación de Tauro. Outro mito dí que o rapto foi obra dos minoicos, que a levarían tamén a Creta. O nome de Europa é, pois, grego. Non parece propio que o país se vexa abocado, ou tenten botalo da UE...Eran horas, pra nós, de facer balance, de lembrare as emociós dos días pasados, a descoberta de paisaxes insólitas e museos increíbles. A lección do día anterior: Corinto, Micenas, Epidauro, completara o periplo comezado en Tesalónica, á procura das pegadas de San Pablo. Meteora, a  dos seus grandes tesos cristianizados, está lonxe dos tempos nos que, esculcadoiros privilexiados da gran chaira de Tesalia, na que pastaban a avenza (ovellas, cabras) e o armentío (cabalos, vacas), puideron ser testemuñas do protagonismo dos tesalios, xinetes sobre cabalos, reconvertidos pola imaxinación nos míticos centauros.

            Estamos no autobús. A Acrópolis ateniense queda no alto. As xentes do grupo van tirando conclusiós, impresionados algús pola dimensión das necesidades vistas, xentes sen teito, subsistencia difícil…Polo demáis, a xente parece pensar non tanto na nómina dos diversos deuses e sibilas familiares nos lugares e ruínas visitados, pero sí é consciente de que con nós viaxa aquel deus desconocido do Areópago, cuia identidade desvelara San Pablo. E mentres voamos ou facemos escala en Madrid, ou xa en Santiago, barallamos novas ideas: bríndase como algo aínda non definido outra posible viaxe, a Chipre e Malta, que tamén souberon de San Pablo, Saulo de Tarso.     

domingo, 4 de noviembre de 2012

Viaxe a Grecia, 6

 Canal de Corinto, o 15.09.2012
 Outra vista do canal.
 Ruínas de Corinto, da cidade antigua. Ó fondo, o templo de Apolo.
 Outra toma dos restos históricos.O arco que está á vista coido corresponde á ágora. Por aí terá estado Pablo.
 Un detalle do museo de Corinto.
 Cúpula da tumba que se supón de Agamenón, rei de Micenas.
 Entrando na Acrópolis de Micenas, pola porta dos leóns.
 Vista parcial da Acrópolis.
 Museo en Micenas. A maioría dos restos atopados están no  Museo Arqueolóxico Nacional, de Atenas. 
 Teatro de Epidauro. Capacidade de antre 12000/15000 espectadores.
O titular deste blog disponse a cantar "Un adiós a Mariquiña", letra de Curros, un poema dramático que contén todo un programa de sustentabilidade. Lingua e música galegas talvez por primeira vez en Epidauro.

Un adiós a Mariquiña, que na grabación que agora inclúo, 11.12.2012, resulta bastante descafeinada. (clicade)


Pontevedra, 4.11.2012
Entrada n. 1572 do blog
Artículo semanal


Viaxe a Grecia, 6,
por Xesús López Fernández

            Xornada intensa a do 15.09.2012. Atenas está a unha hora de distancia de Corinto, nosa primeira meta do día. No seu istmo, porta do Peloponeso, existe un canal operativo dend´o 1893, que une o mar Exeo co golfo de Corinto, no Xónico, se ben podemos decir que fora xa proiecto do emperador Nerón. Unha pequena pausa permitiría tirar algunhas fotos do lugar, mesmo dun mercadillo activo naquel momento, ou toma-lo primeiro café do día despois do almorzo do hotel. Seguimos cara ó Corinto antiguo, lugar no que San Pablo viveu en dúas ocasiós, nos anos 52-53 d.C. e nos 57-58, según narran os Feitos dos Apóstolos. O regreso a Corinto revela a preocupación que por aquelas xentes tiña o apóstolo, sempre pendente da afirmación dos neófitos na fe, daí a súa intensa correspondencia. Conócense dúas cartas do santo ós corintios; danse por perdidas outras dúas escritas, talvez, en Éfeso.

            O santo, tecedor de oficio, non quería ser carga pra nadie. E así nó-lo temos que maxinare en Corinto, traballando ó tempo que dictaba cartas ós filipenses, cós que mantería sempre unha relación cordial. Alí celebramos unha das nosas eucaristías, en memoria do santo. Difícil concreta-la sua presencia no lugar, xa que non existen restos arqueolóxicos de sinagogas, que era por ónde Pablo comezaba a súa evanxelización nos sitios que visitaba, por medio do debate das pasaxes mesiánicas, predicando el (por contra da esperanza xudea nun Mesías que os levase á victoria) o evanxelio de Xesús, un artesán crucificado. Pero sí hai ruinas da vella paganía: templo de Apolo, santuario de Hera, templo de Poseidón, termas romás.. Ata o nome da cidade, Corinto, corresponde a un fillo de Zeus. Un magnífico museo confirma a preeminencia artística da cidade: esculturas, columnas diversas, abondancia de cerámica, obxetos d´ouro.

            E seguimos cara Micenas, situada na extremidade nordeste da chaira argólica, “na parte máis destacada do Argos que cría cabalos”, a que Homero define como “a cidade ben construída”, de muros ciclópeos. Aí entra en xogo o mito dos cíclopes como constructores da Acrópolis que aínda se presenta magnífica coa súa porta dos leóns, defendida por imponente muralla antre dous montes escarpados: o Profeta Elías ó norte, o Sara ó sur, enclave dend´o que Micenas mantería o seu poderío ó longo de séculos. O que hoxe vemos alí é mérito fundamental dos arqueólogos que fixeron un inmenso labor de pescuda i excavaciós: Heinrich Schliemann, que atopou as tumbas reales; Cristo Tsuntas, o primeiro excavador sistemático  de Micenas, que descobriría o pazo dos soberáns e moitos e maxestuosos enterramentos, etc. Ademáis do noso paseo pola Acrópolis achegariámonos tamén á tumba de cúpula que se supón de Agamenón, o rei que marcou o máximo poderío micénico. Con Orestes, o seu fillo, comezaría o devalo daquela civilización, da que o Museo Nacional Arqueolóxico mostra hoxe moitos e preciosos achádegos, dos que unha corta mostra dos atopados permanece no lugar, nun pequeno museo.

            Máis tarde, con motivo do xantar,  unha grata sorpresa de postre: yogur con uvas de Corinto, antes de seguir cara Epidauro por Nauplia, (cidade-porto neoclásica que foi a primeira capital da Grecia contemporánea, 1828, cando o país quedou liberado da ocupación turca).  E chegamos a Epidauro prá visita do seu Teatro clásico do século VI a.C., famoso pola súa perfecta acústica e no que nos meses de Xullo e Agosto celébrase o Festival de Epidauros, música e teatro naquel marco incomparable. O teatro, con capacidade pra uns 15000 espectadores,  aínda debe conservar memoria da actuación de María Callas e da súa representación da ópera Medea.. Despois da nosa visita quedaba alí como homilde agasallo o poema de Curros musicado, “Un adiós a Mariquiña”, a lingua galega en Epidauro, talvez por primeira vez..Xa despois tocaba face-lo camiño de volta a Atenas, pola banda do mar, con tempo aínda pra nos meter un pouco nas luces e sombras da cidade.