sábado, 17 de abril de 2010

SUSO DE TORO ABANDONA

O índice de lectura en Galicia repunta, pero pouco. (Salas, El Correo, 25.04.2010)
Suso de Toro [foto de cccb.org/es/autor-suso_de_toro-16354] reintégrase á ensinanza e abandona a literatura como profesión.
-
Pontevedra, 1.05.2010
-
Retomo o blog aínda que non a serie de artículos semanales, que debo pospoñer, por cansazo, unha semáa.
-
Entrada n. 1224 do blog.

SUSO DE TORO ABANDONA,
por Xesús López Fernández-

Escribir en galego é unha aventura de salvación: salvación dunha lingua, salvación dun país. Facer rentable ese exercicio vai ser sempre difícil. Non debemos esquecer que a nosa lingua é minoritaria, a lingua dos afectos, a lingua creación popular que nada ten que ver coa inventada polos infiltrados na RAG ó servicio da enxeñería estalinista do cambio das claves do idioma. Esa é a razón pola que a xente vaise dependurando da lectura dos libros editados nunha lingua deformada, estordegada, a lingua da non-patria que ben definía Novoneyra, ó que nos temos referido en diversas ocasiós.
-
Suso de Toro tiña o seu público particular, pero dirixirse a Galiza como país implica reduci-lo mercado de posibles compradores. Eso ou o feito de se ter convertido en certo momento en escritor de cámara de Zparo, tendo en conta a realidade do país [lingua ferida, traicionada en Galicia; Goberno de España que pode levarnos fóra do euro] son factores que poden ter incidido negativamente no currículo do autor:
-
De tódo-los xeitos deixemos que fale el, que o fai por medio dun seu artículo en El País, do que incluímos enlace. Que cadaquén xusgue: "Mutis explicado", por Suso de Toro, en El País-Galicia.

A LINGUA FERIDA

Xosé Luís Méndez Ferrín, o meu amigo dend´o seu primeiro galeguismo, actual presidente da RAG. Espero que pra mellora-las cousas.
-
Pontevedra, 17.04.2010
-
Entrada n. 1223 do blog
-
A lingua ferida,
por Xesús López Fernández
-

Anúnciannos que o galego continúa a perder falantes. I éso nó-lo din cando algús sectores tercian outravolta en relación con posibles novas reformas cando nengún idioma, e menos tratándose dunha fala, como lle chamaban os vellos galeguistas á nosa, á lingua dos afectos; cando nengún idioma, repito, sobreviviría á serie de normas que, en pouco tempo, leva sofrido o galego, víctima si se pode decir, dos diversos paquetes normativos impostos no 1983 e no 2003. Normas da deriva cara ningures, traballo de enxeñería como pra lle cambia-la alma a este noso país, Novoneyra, como xa temos comentado en traballos anteriores, chamaballe ó idioma saído das normas do 1983 “o idioma da non-patria”, oposto á Fala-Lingua. Lembremos tamén que Alonso Montero decía da imprudencia de lle tocare ás normas cada tan pouco tempo, á par que insistía en que os franceses levaban máis de cen anos sen cambia-la normativa do seu idioma. Pero aquí doulle a algús grupos por inventar, por arremeter contra a oralidade que defendían o poeta ou Ánxel Fole. Ou o propio Sarmiento no século XVIII, algo xa relembrado: “Facede o idioma a partir da fala”.

O frade ilustraba da non comenencia de se achegare ó portugués: “Collede o diccionario Bluteau da lingua portuguesa, privádeo das palabras extrañas e, ¿qué vai quedare?: Un puro esquelete”, considerando que a lingua galega era máis rica en vocablos. E teño presente tamén a afirmación de Risco, outras veces citado, de que non soubemos tratar científicamente o leigado cultural de Rosalía e Curros. Así as cousas, un pode perguntarse se as normas que hoxe campan na nosa lingua estordegada, non son as realmente culpables da perda de falantes, ata o punto de que en cinco anos descendeu en 13 puntos máis –do 43 ó 30%-- a comunidade dos que din falare sempre galego. I esto ten distintas lecturas, según os tramos de edade, porque antre os mozos de 15 a 29 anos sóo o 18,6% aseguran falar sempre galego, o que non resulta extraño a consecuencia do devalo da sentinela milenaria que representaban as aldeas, que non puidemos manter vivas. Novoneyra foi un dos últimos relevistas na defensa do idioma como creación social, como Sarmiento no XVIII, e comprendía perfectamente o mal causado por certos grupos.

Contrario á interlingua creada da que excluíron milleiros de localismos e a gran riqueza da oralidade que valeu pra decanta-lo idioma; que incluso arremeteron contra os grupos consonánticos cultos [-cc, -ct, -pt, …], o idioma veu enflaquecendo e foise convertindo en cousa extraña. A lingua está ferida, claro que sí; leva anos ferida. En consecuencia, o interese social é decote menor pola pervivencia da nosa fala, auténtica fronteira con Portugal. Que algús volvan coa súa idea dun “reintegracionismo salvador” parece de opereta. Os reintegracionistas foron definidos por Novoneyra como nemigos do galego, grupo no que entraban, según a defensa que o poeta facía da lingua, diversos colectivos: RAG, ILG, a Xunta, o Parlamento, e máis, que foron privando vagariñamente ó idioma de rexistros, de polifonía. A pedagoxía do autor este ano lembrado está clara nas prosas recuperadas, nas que se percibe, como un poema de longo recorrido, algo que poderiamos denominar “a letanía da non-patria”.

Estou esperanzado co xogo que poida dá-la RAG presidida por Méndez Ferrín, entrevistado no número 154 da revista Tempos Novos, do mes de marzo. O entrevistador, que pula polo reintegracionismo que a moitos nos parece inútil, parece extrañado das respostas que vai dando o presidente da Academia, oposto ós que queren un acordo ortográfico co portugués [partidarios da soberanía, pero non da independencia da lingua]. E a resposta de Ferrín á pergunta é a de que “é xente que está contra o idioma”, o mesmo que afirmaba Novoneyra. “Que fagan o que queiran, di. Teñen a rúa, os foros sociais, os medios de comunicación, os sindicatos. Que vaian predicar á porta de Citröen”. Situación delicada, lingua ferida, ¿polas normas? Sí.

jueves, 15 de abril de 2010

DÖNER KEBAP, COMIDA TURCA

O concellal non electo Luís Bará xustificando a súa paga por medio da distribución de propaganda prá manifestación contra a construcción do novo hospital. É un dos bandeirís de enganche, da baraza de esparto, ou de liño, tanto ten, que están a usaren pra ver de xuntar votos, de atalos cara as próximas elecciós.
-
Pontevedra, 15.04.2010
-
Entrada n. 1222 do blog
-
DÖNER KEBAP, COMIDA TURCA,
por Xesús López Fernández
-
Poden anunciar novas ribeiras, novas agresiós sobre a ría, pero resulta completamente estúpido andar pola feira como fixo Bará na pasada a tentar conseguir apoios prá manifestación contra o novo Hospital.
-
Pero pra distribuir folletos non é necesario usa-los servicios dun concellal caro, un dos que participaron na deconstrucción da vella vila e na promoción da súa miseria terminal, modelo integrado de ruínas. Pra distribuir esa propaganda abonda con llo encomendar a algunhas das persoas que tamén chegan á feira ou van colocando nos parabrisas dos coches anuncios de novas taperías bengalís de comida turca, as chamadas DÖNER KEBAP, con representación en diversos baixos da zona vella, seguramente tamén integradas no modelo de cidade predicado hai anos por Lores: "Temos absolutamente claro o modelo de cidade cara ó que imos", decía mentres negocios e negocios cerraban as súas portas, arruinados. Os Döner Kebap, qué curioso, aumentaron. Negocios tristes e pouco frecuentados. Pero Lores debía ter xa esa foto finish.

EDUARDO GARCÍA SERRANO, RESPONDE

Eduardo García Serrano fala do momento español. E fala como el sabe facer, con toda claridade.
-
Pontevedra, 15.04.2010
-
Entrada n. 1221
-

A CHECA DE ONTE

Esteban, en La Razón. Os recados de Garzón, atendidos.
A lección esquecida dos sindicatos, ausentes dos deberes. (Caín, en La Razón)

César Vidal é autor, en La Razón d´hoxe, dun artículo de análisis sobre o acto pro-Garzón convocado na Complutense, polos Sindicatos, polos sindicalistas liberados ós que parece non preocupar que a cifra da parados vaia a máis. Colaboran a tapa-los buratos do escaparate de ZP, pero non defenden á clase traballadora. O de onte foi, como di César Vidal, de checa.
-
Pontevedra, 15.04.2010
-
Entrada n. 1220 do blog
-
LA CHECA DE AYER,
por César Vidal, en La Razón.
-
Entre los actos verdaderamente sicalípticos que nos ha sido dado contemplar en los últimos tiempos ocupa un lugar de honor el celebrado en apoyo del juez Garzón el pasado martes y trece en la Complutense. El citado akelarre –en el sentido literal del término vasco– tuvo lugar bajo la presidencia del rector Berzosa y con la colaboración necesaria de UGT y CCOO. Verdaderamente, lo albergado entre los muros de una universidad que pagamos entre todos ha sido para no perdérselo. Juzguen por ustedes mismos. De maestro de ceremonias oficiaba un rector al que no se conoce obra doctrinal alguna, que ha tolerado la violencia estudiantil cuando se dirigía contra otros, pero que ha reaccionado ásperamente contra ella si él era la víctima y que dijo admirar la capacidad de trabajo de Garzón lo que, teniendo en cuenta las contribuciones del citado rector a la ciencia, es comprensible. De gran estrella aparecía un fiscal –¡que alcanzó semejante posición en 1962, durante la dictadura de Franco y que, por tanto, formó parte del aparato de un Estado al que ha denominado «genocida»! – empeñado en negar la posibilidad de que todos los ciudadanos sin excepción pudieran acudir a la administración de justicia y en demostrar que los jueces del Tribunal Supremo eran cómplices del franquismo. Y de «supporting actors» fungían dos sindicalistas, uno que está contribuyendo con sus acciones a aumentar el número de parados y a vaciar los bolsillos de los contribuyentes para pagar a sus liberados, refiriéndose a la tiranía del capital y otro situado al frente de un sindicato que no existía durante la guerra civil y que se dedicó a proclamar que un juez que ha intervenido el secreto de las comunicaciones entre un acusado y su cliente, que ha escrito cartas al director de un banco para pedirle conferencias archivando después una acción judicial contra ese mismo director y que ha aplicado o ha dejado de aplicar la ley de amnistía de 1977 según le ha parecido «nos ha quitado la venda». Y lo mejor no era lo del escenario sino, si me apuran, un público en el que, salvo seis o siete excepciones, la edad media andaba por los setenta y cinco años. Entre gritos de rabiosa actualidad como «¡No pasarán!» y ondeando banderas de la segunda república, se podía ver a Maragall, el único presidente de CCAA que se ha querellado contra un humorista; a Zarrías, que no da un paso sin medirlo con escuadra y compás; a Llamazares, gran amigo de esa extraordinaria democracia fundada por Fidel Castro y a tutti quanti. Llegué a pensar por unos instantes que la mayoría de los presentes eran incautos jubilados de la tercera edad de esos que traen a Madrid para asistir al teatro a los que algún progre desalmado había dicho que asistirían a la función de «Vamos a contar mentiras» para luego llevarlos al acto en pro de Garzón. Total, con lo que se oyó tampoco es que el título hubiera desentonado mucho. Y es que los presentes andaban en la labor de injuriar al Tribunal Supremo porque ha tenido la imperdonable osadía de aplicarle la ley al juez Baltasar Garzón sin proporcionar un solo argumento jurídico de mediana entidad más allá del «como toquéis a uno de los nuestros porque quebranta la ley, os vais a enterar». En fin, ya lo dice la canción: «Me asomo a la ventana y veo a la checa de ayer».

miércoles, 14 de abril de 2010

ESTATUTO DE APÁTRIDAS

O meu icono particular sobre o caos normativo.
-
Pontevedra, 14.04.2010
-
Entrada n. 1219 do blog
-
ESTATUTO DE APÁTRIDAS,
por Xesús López Fernández
-
Se a lingua é a patria, como definen autores e xentes identificadas coa lingua na que están instalados, ¿por qué non pensar, no ano de Novoneyra, que outra solución prós que denuncian abusos contra o galegués saído das normas pode sé-la súa posible petición dun estatuto de apátridas?
-
Esto pode parecer un pouco forte, pero resulta cínico que celebren a memoria de Uxío, que lle outorguen á súa memoria e obras a celebración do Día das Letras Galegas, mentres acoden a Europa na defensa do galegués, a lingua da non-patria, ou dende a Xunta se usen argumentos, como tímida defensa, no propio galegués saído dos paquetes normativos.
-
Así se expresaba un comunicante nun dos foros d´El Correo Gallego do 13.04.2010, que me tomei a libertade de "cortar, copiar e pegar". Sigue:
-
"Un debe poder expresarse en galego ou en castelao. Os que, encirrados, falan da defensa do galego, si se están a referire ó galegués das normas, ó idioma da non-patria que non se pode identificar co galego real, como decía Novoneyra, dado que estamos no ano do poeta que cínicamente queren celebrare aínda estando noutra galaxia, porque atacan ó idioma de Uxío Novoneyra e ó dos celadores que fixeron nas nosas aldeas a vixía milenaria, a permanencia da Lingua-Fala, eu recomendaríalles que solicitaron un estatuto de apátridas e se marcharan do Parlamento: Novoneyra estaba en contra das normas, da RAG, do ILG, de Xunta e máis do Parlamento e da vidriosa AS-PG, que todos eles colaboraron na deconstrucción da fala, na perda da oralidade que defendía o poeta cuia memoria celebramos este ano. Fdo.9c9v9b".
-
Paréceme unha boa idea: Estatuto de apátridas e que se vaian do Parlamento e, se queren, do país. Tamén da "literatura" en galegués.

martes, 13 de abril de 2010

MARISCO E SUSTENTABILIDADE

As mariscadores de Lourizán e tódo-las da ría están contra as cordas. Foto de La Voz de Galicia.
-
Pontevedra, 13.04.2010
-
Entrada n. 1218 do blog
-
MARISCO E SUSTENTABILIDADE,
por Xesús López Fernández
-
Moitos mariscadores e mariscadores teñen vivido sen problemas gracias á riqueza dada polo medio natural. Nese mundo do marisqueo e no das entalladas que se facían na banda de Poio ou nas marismas de Lourizán había unha riqueza certa; pero a conversión da ría en sentina, da contaminación crecente que as autoridades calaban pra así apantalla-lo seu grado de culpa e abandono a excepción da época do comandante Ozámiz, comezaron a forma-las primeiras nubes dun futuro que pode ser totalmente negro.
-
As industrias de vertedeiro, a edar, os recheos, a dinamita, todo actúa como forza envilecedora, como conformadora da ría como un gran tremedal de merda ou chafuldra e, como o Estado de Dereito non funciona nen hai nengún xuez vixiante que entre no asunto de oficio, a Camorra local, como dei en chamar á alianza antre políticos e clústers, está a acabare co mundo da sustentabilidade mariña, a lle poñer cancelas ó mar de Marín, co seu horizonte pensado non xa como porto pesqueiro senón como porto de contenedores e solar de industrias non avincalladas co mar.
-
A construcción do macronudo de Mollavao que agora pretenten, ven ser outro paso máis na desfeita da natureza, da política de cloaca hai tempo trazada polo talibanismo rampante que nos goberna.
-

lunes, 12 de abril de 2010

ECONOMÍA SUSTENTABLE

Cachenas pastando libres en montes de Pantón. Con eucaliptus non sería posible.
- Ponteveda, 13.04.2010
-
Entrada n. 1217 doblog
.
ECONOMÍA SUSTENTABLE,
por Xesús López Fernández
.
Noticia bonita a que sigue. A sustentabilidade estaba nas nosas mans. Unha producción ben orientada pode recupera-la sostibilidade das nosas vellas aldeas, sen contaminación. O que veu despois foi unha traición á natureza, a idea de converti-los ríos en cloacas, a caída nun patrón consumista con exceso de vasura como proceso terminal.
-
¿Que solución cabía? Dende o 2008 o Worldwatch Institute veu elaborando os estudios incluídos no seu libro sobre A Situación do Mundo 2010. A solución é o retorno ós patróns da sustentabilidade, algo que Corén está poñendo en práctica na provincia de Ourense, en base á crianza de gando da raza Cachena, autóctona, reconvertindo os montes queimados en zonas de pastos e de cultivo cereal. Os terreos fertilízanse co purín procedente das chafurdas dos porcos, especialmente. Pero leéde a noticia da que se inclúe enlace seguidamente:
-

domingo, 11 de abril de 2010

A CIDADE ARRUINADA

Local de Terras de Pontevedra, na chamada Casa da Luz, pra promocionare o turismo, que se revela como obra completamente inútil máis alá do día da inauguración, con viños e canapés. Gastáronse nesta interminable obra non menos de cen millós das antiguas pesetas. Apostamos que esto non vai servir prá revitalización da zona. En todo caso pra colocar a algús amiguetes.
-
Pontevedra, 12.04.2010
Entrada n. 1216 do blog
-
A CIDADE ARRUINADA,
por Xesús López Fernández
-
Téñome referido ás obras de "restauración" da zona vella pontevedresa, que algús califican como exemplares, cando foron feitas de mala forma, con materiales inadecuados e dirección técnica non cualificada, porque os técnicos poden ser malos. I eso foi o que pasou.
-
A que era cidade comercial e administrativa vaise convertindo en simple decorado no que aínda hai algunha oportunidade de negocio pra tascas sen capacidade pra recollere o mobiliario das terrazas, algo que podería ilustrar con abundantes fotografías.
-
Que algún arquitecto diga do tipismo dunhas prazas hoxe deterioradas quer decir que perdeu o norte. Eu que son veciño da zona vella vendería a miña vivenda de 178 metras, porque o que se fixo do barrio histórico foi promove-la súa ruína por medio dalgún gran irmán subvencionado. Hoxe están cerrados moitos dos negocios que lle daban vida. O vinte por cen, talvez o 50% das vivendas, están libres, pola peatonalización salvaxe imposta e pola absurda musealización levada a cabo. Pra máis inri e prós que se crean que pasear por un barrio sucio é un pracer, que teñan coidado coas tapas trampa das arquetas, en moitos casos esgazadas incluso despois de varios plans Renove das mesmas. Vamos, fracaso total. A poboación que permanece está como secuestrada e sometida á tortura do terraceo noitarego sen control, incluso con trapicheo.
-
Desfeita a praza da Verdura, desconfigurada a Méndez Núñez, arrasada a Avda. de Santa María, o Campiño, etc., a política de restauración tivo máis de acto vandálico, que sigue, que doutra cousa.
-

LOURIZÁN TAMÉN DENUNCIA

Nudo da Camorra en Mollavao, pra evita-la recuperación do litoral.
Fotografía do Faro de Vigo. Os veciños de Lourizán móvense en relación co nudo que a Camorra local (Poder-clústers) pretenden consolidar, con presa.
-
Pontevedra, 11.04.2010
-
Entrda n. 1215 do blog
-
LOURIZÁN TAMÉN DENUNCIA,
por Xesús López Fernández
--
As xentes da parroquia mártir de Lourizán denuncian a irracionalidade da obra i expoñen as súas protestas ante as consecuencias do plan demencial que Fomento, a Consellería de Medio Ambiente e Lores, con toda seguridade pra evitar que triunfe o Estado de Dereito e se cumpran as sentencias, cando hai tamén outras cousas pendentes de fallo polos altos tribunales en relación con asuntos xudicializados por Salvemos Pontevedra, como é o caso da EDAR ilegal d´Os Praceres, asunto participado por tres Administraciós delincuentes. ¿Poderán lidera-los colectivos d´Os Praceres a gran e necesaria manifestación?
--

sábado, 10 de abril de 2010

A FALACIA DA OBRA URXENTE

Espacio onde vai ser construído o macronudo de Mollavao, pra acabare coa ría de Pontevedra, concentrádo-los políticos e os clústers nunha especie de Camorra local oposta á recuperación da riqueza natural. (Foto aérea de Capotillo)
-
Pontevedra, 11.04.2010
-
Entrada n. 1214 do blog
-
A falacia da obra urxente,
por Xesús López Fernández
-
-Esta pasada semáa foi noticia triste a de que se vai dar unha nova volta de rosca no deseño da morte desta ría: a construcción do macronudo de Cocheras, algo no que están dacordo Hernández, o conselleiro de Medio Ambiente, e o alcalde Lores, que reclaman urxencia, unha falacia, pra unha obra cuestionada e alegada, sen outar polo recurso á vía xudicial. A partir daí vai arranca-la variante a Marín, o que demostra a intención de non recupera-las marismas de Lourizán, o capital natural, algo xa patente noutras decisiós públicas, reventado un discurso ecoloxista que nunca existeu e que, coa densificación do tráfego pola avenida de Marín parecen estar a poñere atrancos ó cumprimento das sentencias do T.S. en relación co ferrocarril d´Os Praceres e mái-los recheos da Autoridade Portuaria, asuntos nos que os diversos partidos saen malparados e coa súa presunta parte de culpa.

Lembro Cocheras, A Puntada e Lourizán, como praias concurridas por familias pontevedresas e a riqueza que nelas había. E a alegación presentada contra o macronudo por SALVEMOS PONTEVEDRA, con documentación anexa importante, aínda permite saber cómo eran as marismas de Lourizán antes da instalación no espacio do complexo industrial que veu provocar, como diría o ministerio de Vivienda, problemas prá saúde e convivencia humáas ó tempo que se pronunciaba, xa daquela, polo traslado das industrias, como tamén recomendaba ó Concello de Pontevedra a petición ó MOPU dun cambio no trazado da autopista pra evita-la construcción da ponte d´A Puntada, algo que xa temos comentado. Pero aquí non funcionou nen o Concello nen a sociedade. Aínda o pasado 9.4 pasei pola rúa Lepanto, en Vigo, e lembreime do derribo do scalextric que entraba na Gran Vía, victoria da sociedade viguesa. A nós faltounos forza como sociedade. As agresiós contra a ría continuarían coa construcción da avda. de Beiramar, presuntamente como “vía rápida do cloro”, ó tempo que se cargaban a casa solar de Sarmiento de Gamboa, un ilustre mariño da Moureira.

Desconozo se o macronudo foi cuestionado por outra asociación que SALVEMOS PONTEVEDRA, que sí o fixo. I éste sería o momento dunha gran manifestación con participación de tóda-las asociaciós (Asociación San Roque, Monteporreiro, as asociaciós d´Os Praceres, etc.). Sempre á marxe de banderías políticas que perderon o seu discurso ecoloxista, que se burlan da Lei de Costas co macronudo citado e a súa agresión ó dominio público marítimo terrestre deslindado mediante decreto do 16.10.1996, que según Cristina Narbona e ante recordatorio de Salvemos Pontevedra ten a condición de: inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación. Aí terían un argumento, se quixeran, os políticos que falazmente urxen a obra “porque non pode esperar”. Seguramente que coas presas esqueceron redactar unha verdadeira Axenda21Local, agora que elaboran o PXOM.

A alegación de SALVEMOS PONTEVEDRA, en doce folios, foi presentada o 24.08.2006 na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial. Traduzo algunhas frases, abreviadamente. Así na alegación segunda i en relación co proiecto denunciado afírmase “que se ten adoutado a solución máis fácil e tamén a máis contraria ó interese xeral […], despreciando o mandato constitucional, a Lei de Costas e as Directivas Europeas, destinadas […] á protección e recuperación do litoral, á peremanencia da biodiversidade nos espacios naturales e a un desenvolvemento sustentable de Galicia […] A construcción afecta a marismas situadas en d.p.m.t., tamén á desembocadura do Lérez, […] proposta como lugar de importancia comunitaria pra formare parte da REDE NATURA 2000 […]”. Son cinco alegaciós argumentadas, sobre as que terei ocasión de volver, que rematan coa solicitude de denega-la aprobación provisional do dito trazado e do estudio de impacto ambiental.
-
-
Faro de Vigo, 10.04.2010: Hernández ordea á constructora da variante que axilice as obras. Obra prioritaria, di Lores. Todos no pastel, no contubernio do poder (políticos) e dos cartos (clústers), a Camorra reinventada a nivel local e comarcal.
-

viernes, 9 de abril de 2010

UNHA MARISMA DE MENTIRA

Á esquerda, xunqueira d´Alba. Non dou localizado outra foto, que xa debe estar no blog, de fins do XIX, cando aínda non estaban construídos o vial de Domingo Fontán e a ponte das Correntes.
Esta era outra das marismas que mantiñan viva a ría, terreo asolagado polo mar nas mareas altas, sobre todo coas vivas equinocciales. A xunqueira d´Alba era parecida. Prantando árbores nas marimas d´Alba. Mentira, porque na zona da prantación xa non entran as mareas. Son capaces de lle chamar marismas incluso á zona que foi vasureiro con Rivas Fontán.
--
Pontevedra, 9.04.2010


Entrada n. 1213 doblog

UNHA MARISMA DE MENTIRA,
por Xesús López Fernández
-
Árbores contra o vento en Alba, espacio xa desnaturalizado como marisma. Que a concellala do PSOE, Celia Alonso, de Medio Ambiente Natural diga que a xunqueira d´Alba é un espacio enil (espacio natural de importancia local), non deixa de ser unha falacia. Poden prantare árbores caducifolias, contra o vento, pero no que xa non é marisma. Que diga ademais que esa marisma está conformada polo río Rons equivale a decir que o mar xa non xoga no espacio, degradado cos recheos, pola autopista e supoño que a presión da nova ponte de Mosquera vai acelera-la morte total do espacio.
-
Non hai vontade por recupera-lo capital natural,xa o temos dito. Nen de consolida-la presencia do río Lérez, Cotobade e Campolameiro na Rede Natura. Lembrémo-la agresión que no seu día representou o recheo das marismas de Lourizán e posteriormente a ponte da Puntada, a consecuencia de non existir unha sociedade viva nesta cidade.
-

jueves, 8 de abril de 2010

BANDEIRAS ESPAÑOLAS EN VALENÇA

Fotografía do blog de Elentir. A bandeira española loce en Valença do Miño.
-
Pontevedra, 8.04.2010
-
Entrada n. 1212 do blog
-
BANDEIRAS ESPAÑOLAS EN VALENÇA,
por Xesús López Fernández
-
Os portugueses de Valença fixeron estos pasados días unha demostración de españolismo a raiz dos problemas tidos no seu centro de Saúde. Prefiren ser atendidos en Tui ou en Vigo, según manifestaron e multiplicaron a presencia da bandeira española alén-Miño. Mala hora prós Quintana e outros predicadores da non-patria denunciada por Novoneyra, dunha Portugaliza coa que os portugueses, por suposto, non se identifican. Eu tampouco.
-

miércoles, 7 de abril de 2010

O ESTERTOR DA RÍA, TODOS CULPABLES

Vista do complexo clorocelulósico, presuntamente xa sen concesión. Ese espacio debería ser obxetivo prioritario de recuperación no PXOM de Pontevedra, pero non. Todos queren o pastel e comparten as culpas.
-
Pontevedra, 7.04.2010
-
Artículo 1211
-
O ESTERTOR DA RÍA, TODOS CULPABLES,
por Xesús López Fernández
-
A variante de Pontevedra a Marín vai partir do macronudo de Celulosas.Vai sé-la morte final da ría e, por desgracia, aquí non existe unha sociedade viva que se posicione como en Vigo cando foi do scalextric de Lepanto. Falacias cando se dí "¡Ence, fóra da ría!" porque nadie, nen o PSOE, nen o BNG, nen o PP salvo o discurso sesgado de Telmo Martín ou o electoral de Alberto Núñez Feijóo, que chegou promete-la recuperación do litoral de Lourizán, pareceu pensar na restauración do borde natural, nunha Pontevedra con praia ou en Montero Ríos como memoria histórica, algo sobre o que os veciños d´Os Praceres, catro colectivos, sí, chamaron a atención non hai moito.
--
O conselleiro de Medio Ambiente da Xunta explicou o intento de conseguir de Fomento a interiorización do macronudo de Mollavao e, como Fomento négase a cambia-lo proiecto, di que van continuar coas obras en base a esa aberración que non foi tampouco cuestionada por medio dunha Axenda21Local [que non conocemos], en relación co PXOM de Pontevedra. Á fin parece que todos están dacordo en consumar disparates: nova ponte d´As Correntes, "nova" ribeira con idílicos solpores, e agora á fin e presuntamente prá densificación do tráfego da Avenida de Marín, prá non execución de sentencias como as dictadas en relación co ferrocarril obra de Fomento ou os recheos no porto de Marín; pra non levantare a edar d´Os Praceres da que son autores, cun diñeiro "roubado" a Europa, tres Administraciós delincuentes.
-
Salvemos Pontevedra sí alegou contra a construcción do macronudo, pero seguramente non vai haber consenso pra unha protesta social sen precedentes na que deberian estar presentes as asociaciós todas da capital. Dubido que a APDR se mova, nen a Federación Castelao, ambas carrileiras dun BNG que, coas súas actuaciós está a comprometere máis a existencia da ría, da Xunqueira de Alba e que non ten, en relación co saneamento real da natureza, outra idea que a de seguir tendendo tubos que levan á ría decote máis carga contaminante.
-
Procurarei dedica-lo meu artículo do próximo luns a este tema, pra xustifica-la miña conciencia, pois xa denunciaba na Semana de Filosofía da Aula Castelao, ano 1992, a situación de degradación da ría por medio dunha ponencia, "Holocausto Ecolóxico", que coido nunca foi editada antre as "cousas" da dita Aula, que anda agora ás voltas con outra edición, a falar de sustentabilidade. Qué curioso. Repito, todos culpables.
-
Enlaces:
-
-
-
A construcción do ferrocarril a Marín, as realizaciós da Autoridade Portuaria, o incumprimento das sentencias do T.S. son claros síntomas da desaparición do Estado de Dereito. Aznar acaba de decir en Sevilla que o PP debe seguir sendo incompatible coa corrupción. Que estudie os problemas da ría de Pontevedra, onde pode atopar un filón, tres partidos presuntamente tocados. E non falamos do Gürtell.

lunes, 5 de abril de 2010

LULÚ NON QUERE FLORES, DE LORES

Persoaxe simpático, activa, con saúde pra coser e leer, Lulú Vázquez, que na foto de La Voz de Galicia aparece paseando con membros da familia, acaba de cumprir cen anos. Memoria histórica.
-
Pontevedra, 6.04.2010
-
Entrada n. 2010 do blog
-
LULÚ NON QUERE FLORES, DE LORES,
por Xesús López Fernández
-
A noticia trascendeu. O alcalde Lores quería achegarse ó domicilio de Lulú Vázquez, símbolo dun século, pra se face-la foto e levarlle un ramo de flores. Pero Lulú dixo ¡non!: "A ese home non-o quero ter frente miña", comentou na ocasión. "¿Cómo vou recibir ó que chamou asesino ó meu pai, cómo pretende agora visitar á filla dun "asesino"?"
-
Algo así foi a súa frase en relación co home que privou do nome dos Irmáns Vázquez Lescaille ó viario pontevedrés. ¿Lémbranse?. A rúa chamabase antes Secundino Esperón, un falanxista asesinado por medio de tiro na nuca, antes do 18.07.1936, que era ademáis unha boa persoa. Ah, pero no concello mandaban agora os comisarios políticos dispostos a desparasita-la nosa realidade, como tamén privaron á estrada de Marín do seu nome de Salvador Moreno, á par que convertían a zona vella en Gulag, o seu ideal urbanístico.
-
Lulú Vázquez poderia darlle lecciós de historia a estos "comisarios e comisarias", que acaban de mete-la pata ata as illargas. En fin, parece que Lores non ten quen-o informe, eso que está no axuntamento, como concellal non electo, Bará, o comisario político que comezou coa vaina renominadora de certas vías. Siguen un enlace de La Voz e un artículo de Sagitario-Curro Volta, do ano 2002, que non ten desperdicio. Prós desmemoriados; pró propio Lores que si daquela metera a pata, agora facíao novamente, a xogare cos sentimentos e dignidade de Lulú Vázquez, que conserva a memoria aínda que o noso alcalde a teña perdido. ¿Alzheimer habemus?
-
-
Impresentable señor Bará,
artículo de Curro Volta, 23.10.2002

Nunca imaginé que un polÌtico pudiera utilizar el Concello para convertirlo en una ikastola y lanzar infundios a los cuatro vientos tratando de justificar, falaz, torpe y torticeramente, sin que venga a cuento y sin necesidad, el cambio de nombre de calles, insultando, agraviando, mancillando e injuriando; en definitiva, ensuciando la memoria de los hermanos Vázquez Lescaílle y Fondevila, personas ya desaparecidas, causándole graves e irreparables daños morales a sus descendientes, miembros de conocidas, apreciadas y honorables familias pontevedresas.Naturalmente, el protagonista y promotor de semejante batiburrillo no podía ser otro que el edil naZionalista Luis Bará, quien colocándose el birrete rojo de la agresividad sobre esa testa en la que se le ha instalado un esfínter que le proporciona una selecta churra mental, aplica la más sibilina y refinada táctica a lo Goebbels del difama que algo queda, erigiéndose en una especie de tribunal popular, o si ustedes los prefieren en un Foucellas del siglo XX", utilizando para ello los dineros del contribuyente, incluidos, faltaría plus, los de las propias personas ofendidas. Evidentemente, esto es algo que un hombre de bien jamás hubiera hecho.Y es que el concejal de la cosa culta municipal que montó un carnaval de verano al que llama tiernamente Feira Franca sin relación alguna con la Edad Media; que pretendió anticipar el V Centenario de Santa María en medio siglo, y en un acto de la m·s pura bellaquería entra a saco en la página web oficial del Concello eliminando de ella ilustres nombres de la Historia de Pontevedra, cambiándola, ahora, investido de la ignorancia que le caracteriza quiere borrar del callejero, además de Salvador Moreno y Calvo Sotelo, el nombre de los Marqueses de Leis, por haber cometido el delito de ceder al Frente de Juventudes en el año 1944 el Pazo y finca de su propiedad, ubicado durante varios siglos en la llamada Granja de Campolongo -parte de cuyas tierras cedieron en los años 20 al ayuntamiento para la construcción del cuartel de Artillería y la avenida de Fernández Ladreda-, en cuyos terrenos la Delegación Provincial, con unos escasos recursos económicos propios de la época, construyó unas instalaciones deportivas que no tenía la ciudad, en las que se formaron y de las que disfrutaron durante casi dos décadas varias generaciones de pontevedreses -mens sana in córpore sano- muchos de los cuales militan hoy en distintos partidos políticos, incluido el BNG.Conviene recordarle a tan egregio compañeiro, que los últimos marqueses de Leis que habitaron y fallecieron en el Pazo de Campolongo, fueron, don Javier Pardo de Castro, de 36 años, comandante habilitado de Caballería, el 24 de agosto de 1940; y su padre, el Exc. Sr. Don Isauro Pardo Pardo, el 4 de agosto de 1943. En la actualidad la Real Carta de Sucesión del título de Marqués de Leis, expedido por Orden de 24 de enero de 1997, sin perjuicio de tercero de mejor derecho, pasa a doña María del Carmen Riestra y Rivero de Aguilar, cuyo primer apellido les dirá algo, ¿verdad?Sin embargo, no deja de sorprender, incluso a sus propios conmilitones entre los que se ha creado un cisma, la connivencia del grupo socialista con el BNG. En 1996 habían propuesto que se cambiara el nombre de Secundino Esperón -por cierto, falangista asesinado en Pontevedra en el año 1936, antes del 18 de julio-, y poner en su lugar el de Hermanos Vázquez Lesacaille, como así se hizo. Para mayor abundamiento, Teresa Casal -doña sensibilidades-, no ha tenido ningún empacho en aplaudir la propuesta de cargarse cualquier referencia a la época de represión franquista, a pesar de que ella no es precisamente la persona indicada para decirlo... Además, va de progre y considera necesario llevar a cabo estos cambios para cerrar de una vez viejas heridas y olvidar aquella época. Supongo que la edila debe estar en Babia aunque lo más probable es que su actitud sea producto de un sofoco, porque de las viejas heridas ya no queda ni la cicatriz. Aunque en la Boa Vila hay muchos casos, el referente más próximo lo tiene en Roberto Taboada Ribadulla -cuya familia sufrió en carnes propias las consecuencias de la Guerra Civil- que está casado con una pontevedresa de una destacada, conocida y apreciada familia falangista pontevedresa, y sus problemas no son otros que los propios de cualquier matrimonio, agravados ahora por la enfermedad del político. Ítem más: la sangre roja de sus padres corre ahora libremente por las azules venas de sus hijos sin ningún tipo de rechazo. Da la impresión de que las lenguas afiladas de determinados cenutrios lo que pretenden es volver a reabrir esas heridas y echarle sal, para así poder seguir celebrando su consabido martirologio.Y es que en un Estado de Derecho como el nuestro, gracias a Dios y a la Constitución, naturalmente, tiene cabida todo el mundo, incluso algunos individuos que son como una especie de ladillas humanas que se incrustan en el pubis de la Democracia, hasta el día que ésta, en una operación de limpieza de bajos utilice el insecticida de la verdad, la decencia y los votos, y los envíe desde el inodoro a su lugar de procedencia: O Rapadiño.

sábado, 3 de abril de 2010

UNHA LECCIÓN DE NOVONEYRA

Uxío Novoneyra, defensor da Fala-Lingua como patria. Acusador de inventores dunha non-patria ós forxadores das normas do 1983. ¿Qué diría das que embuchou o señor Barreiro durante a súa presidencia da RAG?
-
Pontevedra, 4.04.2010
-
Entrada n. 1209 do blog
-
Artículo semanal.
-
Unha lección de Novoneyra,
por Xesús López Fernández


Ou leución, conforme ós rexistros da oralidade, da Fala-Lingua como patria defendida polo poeta en contra das tendencias normativas, dos traballos do ILG, da RAG, da Xunta e do Parlamento Galego, e da Asociación Galega da Lingua, algo xa tocado no artículo anterior, “O ano de Uxío Novoneyra”, así como a súa especie de Letanía da non-patria, da acusación feita polo autor en varias das intervenciós rescatadas no número XIV dos Cadernos Ramón Piñeiro; como se quixeran acabar coa Fala-Lingua identitaria con normas alóglotas que non lle acaen. E retomo a lectura do libro agora editado, “A casa!, o val!, a patria homilde!”; tamén “Os Eidos”, nos que a modo de prólogo existe unha carta de Ramón Piñeiro a Novoneyra sobre a evolución do poeta e a lectura do manuscrito en Castropol, na compaña de Fermín e Blanquita Penzol, lectores ás veces os dous matrimonios dos poemas-revelación. Por certo, na introducción de Piñeiro están presentes moitas palabras da oralidade, da Fala-Lingua, hoxe arrasadas polos creadores da non-patria denunciados por Novoneyra.

Novoneyra rexeita as normas [do 1983]. ¿Qué non tería acontecido coas últimas e posteriores deformaciós? O libro último ofrécenos unha lección [ou leución] do autor ós estudiantes do Instituto Xelmírez, de Santiago, que se dispoñen a visita-lo Caurel. O acto celébrase o 30.10.1994. E dálles unha serie de consellos sobre cómo ve-la bisbarra, sen tocala, sen manoseala. “Falade coas xentes... Non-os fotografiedes nin lles “mireis” como aboríxenes. Pensade que iles son os últimos portadores vivos da nosa memoria profunda, da memoria profunda de Galicia, da civilización labrega tradicional de Europa, durante a cual se formaron e conformaron as súas Linguas i entre elas a nosa. O depósito depurado da memoria antiga. Por eso a Lingua propia é tan sagrada, porque garda a memoria dos antepasados de xeneraciós e xeneraciós, cuio único rastro queda na superficie da terra e mais na Lingua, e nos modos e “costumbres”, nos nomes dos sitios. Preguntádelles […] polos toponímicos dos lugares que pisedes e falade […], cos labregos-pastores, […], grávidos do seu mundo”.

Novoneyra chama ós rapaces “peregrinos pola Lingua”, o que quer decir “pórse en “contauto” coa Fala de cada lugar. Coa normativización do galego moitos falan como se escribe, i eso é empobrecedor. Hai que falar como se fala. Como falan os que falan. Estade atentos e veredes a riqueza de xiros e de tonos de voz siñificativos e non só os alumnos, senón os mesmos profesores, deben aprender dises portadores profundos da memoria pousada da Lingua[…]”. O home sigue insistindo no sentido da peregrinaxe que lles propón pra se afacer á Lingua, ó seu rexistro sonoro e amansado ritmo, á que os antiguos galeguistas denominaban a Fala, e que oir falar galego ós que o falan como respiran ven sendo como escoitar música. Esa sería unha peregrinaxe certa, deixarse invadir soavemente pola Galicia profunda, según a súa afirmación.

Pero a posible restauración da Fala-Lingua parece utópica despois da non-patria concretada polos últimos “paquetes normativos” e que xa denunciaba o poeta do Caurel. Somos moitos os galegos que non estamos dacordo coa política lingüística imposta nos últimos trinta anos; que poderiamos falar incluso de actitudes sectarias provocadoras da situación creada. E, curiosamente, na presentación pontevedresa do libro en memoria de Novoneyra, o actual presidente da RAG, o meu amigo Xosé Lois Méndez Ferrín, falou de que se Novoneyra e Celso Emilio non entraran na Academia foi porque a anterior RAG estaba sectarizada… Pero outra forma de ve-las cousas pode levarnos a decir: Pode que sí, por eso aprobaron as normas que denunciaba Novoneyra, as do 1983; pero é que na redacción das últimas, cuia aprobación tentaron forzar xa no 2001, parece que a RAG non tivo intervención, según algún académico comentou daquela, razón pola que teremos de pensar si cabe un esforzo rexenerador da RAG pra poñe-las cousas no seu sitio e recupera-la Fala-Lingua da Galicia profunda.

jueves, 1 de abril de 2010

NOVONEYRA, A LETANÍA AUSENTE

Novoneyra, o decidor das palabras, a Fala-Lingua sentida.
-
Pontevedra, 31.03.2010
-
entrada n. 1208 do blog
-
NOVONEYRA, A LETANÍA AUSENTE,
por Xesús López Fernández
-
¿Letanía ausente? ¿Ou máis ben letanía abocetada, como un Guadiana nas túas lecciós, ou leuciós, como che gostaba decir, a facer demostración da oralidade que nos andan a roubare?
-
O libro agora editado, "A casa!, o val!, a patria homilde!", permíteunos entrever esa outra letanía que estaba no teu discurso: As denuncias do roubo da Fala-Lingua; da debulla ou deluva, que tanto ten, que andaban a faceren o Instituto da Lingua, a RAG, a propia Xunta e a AS-PG, coa incesante teima de privare ó idioma de rexistros; abuso de poder contra os sentinelas que, como tí, fan, facían, fixeron garda da pureza da oralidade, levantaban acta notarial da lingua viva.
-
Eu entendo o que sentías e por qué acusabas ós partidarios do reintegrado, que tentaron e tentan leva-lo idioma por extinción a unha patria nova, á non-patria por tí definida na que moran hoxe moitos dos ensinantes e dos políticos, QUE XA NON COMUNICAN; que nos dibuxan outro país como meta, que fan, facían, fixeron caricatura do noso idioma por medio dunha certa enxeñería pra nos privare da fala, da nosa; pra nos deixare sen alma; pra cambiare incluso de nome ó propio país, que non queren que se chame Galicia; incapaces de comprender que o idioma define a unha patria que non se opón a outras patrias, a que un poida estare instalado en dúas, tres ou catro linguas, cada unha delas verdadeira patria se un está realmente instalado nelas.
-
Pero as máis sofridas e vexadas son as xentes do rural, as poucas que van quedando nas aldeas como sentinelas, como tí foches un gran Sentinela, das palabras que lle dan nome ós lugares, ás cousas, que sirven pra unha comunicación certa que os ayatoláhs por tí denunciados queren convertir en in-comunicación: levare ós últimos valedores da Fala-Lingua á non-patria por eles inventada, imposta como asignatura nos institutos e medios de comunicación, concretadas, se cabe, nos correctores ortográficos do Diktatt.
-
O idioma morre, Uxío, dende as normas por tí denunciadas, as do 1983, tamén denunciadas por mín, porque non eran máis que unha pantomima; que nos centros de ensino oficiaban como sacerdotes e sacerdotisas, por apuntes, nas normas da deriva cara ó portugués. Resulta que aínda non entenderan que a fronteira con Portugal era precisamente o noso idioma, como ben ten sinalado Moralejo, fronteira máis firme na raia seca ourensáa que no Miño!.
-
A pedagoxía dos teus textos está clara. Neles aparece, como río que nace e morre, morre e nace, esa letanía que non chegaches definir en versos e que algún novo rapsoda pode facer súa: a letanía da non-patria, o discurso sen discurso, a Fala-Lingua agoniante, case morta.