domingo, 30 de septiembre de 2007

ATENTOS, ANUNCIAN REHABILITACIÓN

Rúa do P. Luís. Foto tomada o 25.1.2007. Este era un dos espacios onde os residentes aínda podían aparcar. No momento da foto, xa difícilmente o podían facer. Actualmente, a zona está bloqueda con mosquerós, pra que nadie estacione o seu coche. A ver de qué vai a rehabilitación, a quén lle pode interesar permanecer na zona sen aparcamentos, aspecto que tamén deberán atender.

Atentos, anuncian rehabilitación [1.10.2007],
por Xesús López Fernández

Dende as pasadas elecciós de Maio, tempo no que a cidade estaba patas arriba, a cousa parece que sigue igual. O equipo de goberno sigue coa teima de rematar obras contestadas, concebidas pra un maior bloqueo da cidade. A parálisis apreciada, antre outras, nas obras de Padre Luís e Laranxo, no entorno do Museo, é un puro insulto. Obra comezada hai máis dun ano non parece pensada pra mellora-la accesibilidade da que o goberno local fala e incluso lle premian, senón todo o contrario, coa presencia reiterada de mosquerós e tapas-trampa de arquetas, peligros pra invidentes e discapacitados. Ó longo de xornadas sen fin andivo por alí o persoal buscando non séi qué niveles pra configura-la nova gran rampa do Museo [a beneficio sobre todo de patinadores] á par que se levarían por dediante a balaustrada. Estos días parece aquelo un decorado de guerra. E non séi se o PSOE, que agora vai levar Urbanismo, terá vontade de remedia-la desfeita, mesmo de restaurar outros espacios ou elimina-lo peligro dos mosquerós: na Costa do Rouco, en P. Luís, na Gta. de C. Arenal i entorno, etc. En fin, de acabar con esta burla; de evitaren novos fracasos.

Ó mellor aínda ten que pasar algún tempo pra que se acalmen os debates sobre infraestructuras: nudo do Pino, circunvalación, hospital único, tema sobre o que hai pouco falou o doutor Roberto Rey Cons [D. de Pontevedra, 17.9.2007], no sentido de que un hospital, cando pasa de 400 camas, faise ingobernable. ¿Por qué non se potenciou máis o Provincial ampliándoo sobre o que foi solar de Reyes Hermanos?. ¿Por qué un hospital único?. Son palabras de sentido común…. Pero sigamos co tema do urbanismo cateto que nos tocou sofrir ós residentes na zona vella, sobre o que nos temos pronunciado non poucas veces. Que agora Teresa Casal anuncie a posible reutilización do pavimento en novas obras merece nota. Pero esperemos que o faga e a súa xestión bote a camiñar. A reutilización da pedra aforraría moitos cartos. Citemos tamén os casos da rúa Real e outras pavimentadas na época do alcalde Hevia, que resistiron ata que a reforma, xa deteriorada, acabou co seu pavimento.

Desconozo o alcance do anuncio de que a Concellalía de Vivenda vai solicita-la declaración dun Área de Rehabilitación pró centro histórico da cidade, prá elaboración dun estudio socioeconómico, urbanístico e arquitectónico da zona vella da cidade, como primeiro paso prá tal declaración. Hai que determina-lo espacio e tamén promover actuaciós concretas. Anúncianse subvenciós prá rehabilitación de inmobles. ¿Quer decir que estamos no bo camiño despois de ver que tanto o Urban como o Peprica non serviron como dinamizadores do barrio, como fixadores de poboación? Eso é algo que se debeu ter priorizado, pero a “restauración” levada a cabo valeu como acelerador da emigración da zona vella, en moitos aspectos inaccesible, cunha clara perda de capital social, de vitalidade. A rehabilitación da área tería tamén que se concretar en espacios que, pola agresión urbanística sofrida, quedaron arrasados. Unha amplia consulta ó vecindario, porta a porta, podería axudar a fixa-los obxetivos da actuación necesaria. En fin, un diálogo certo; descarnado si se quer.

Sei dalgún colectivo parroquial que xa se está a movere e pensa concretar certas demandas relacionadas con Medio Ambiente, algo que vai da man do Urbanismo, ata o punto de que o precede en importancia. Que Medio Ambiente lle fora encomendado a Celia Alonso, que no pasado mandato fixo un traballo encomiable en xardíns, pode significar que as cousas vaian cambiar en asuntos como, por exemplo, o saneamento e que os seus prantexamentos deixen fóra de lugar aquela oferta fantasmal de 200 inútiles kilómetros de tubos, pra seguiren a mata-la ría dende a depuradora de Lourizán. As microdepuradoras, das que xa lle terán falado, poden se-la solución racional. Todo ben estudiado e instalado, que non insistir nunha obra ilegal, como ben debe sabe-la Consellería de Medio Ambiente.

A REGALEGUIZACIÓN QUE NON VEN [15.9.2003]

Pontevedra, 30.9.2007.

Aínda estando no outono, podemos pensar, coa letra do Maio de Curros, que a súa afirmación final vale pra todo tempo:"...Eu sónvo-lo probe do pobo galego...Pra mín non hai maio, pra min sempre é inverno..." E non temos políticos que nos saquen desa miseria. Anque o dibuxo informático nos mostre un colorido ledo.

Pontevedra, 30.9.2007.

Este dagora é un traballo do ano 2003. Xa digo que non son politólogo, pero a miña postura non variou aínda. Entendo que non temos nengún partido galeguista e que, aínda que se moveron da escea algunhas das persoas, as cousas siguen mal e a nosa sociedade non acaba de asumir tareas como a da salvación do país, mesmo a salvación da lingua.


A regaleguización que non ven [15.9.2003],
por Xesús López Fernández


Un, que non vai de politólogo pola vida, carece da visión anticipalista do que vai acontecer nos próximos meses/anos. Como moita xente pergúntase por un galeguismo posible, que non ve; que entende que incluso está a esmorecer, como ben apuntaba hai uns días Touriño en relación co PPdeG, abandonada a línea galeguista que nalgún momento decía ter asumido o propio don Manuel. Nestos momentos diríase que ese galeguismo aperturista, do que parecían existir algúns representantes antre os conservadores, está ausente. E non parece que os novos tempos apunten na idea dunha regaleguización do país cando se acaba de tachar ó BNG e ó PsdeG de soberanistas polo feito de reclamaren prá nosa terra un maior teito competencial. En definitiva, coido apuntan ben os que falan do galeguismo como de algo de difícil concreción, aínda que Fernández Albor afirme que non, que está aí dende que, coa operación REGA e o nacemento da España das Autonomías, levedaron ós distintos partidos con presencia na nosa terra. Según esa tesis, todo-los partidos serían galeguistas, algo que tampouco puido demostra-lo PSOE nos anos de coalición co PNG e a CG.


O futuro inmediato vai marcar, talvez, máis distancia antre os partidos e a sociedade aquí, na nosa terra. Porque, tristemente, o galeguismo está en cuestión non só nos partidos centralistas, senón que no propio BNG pode ser posto en dúbida. De seu, coido é moitísima a xente deste país que nunca confiou nesa coalición máis alá do que veu representando Xosé Manuel Beiras, cos seus anos de esforzo continuado por incardinala na sociedade. E o seu abandono desta hora parece máis ben a aposta dun home canso de actuar como mascarón de proa da UPG, sen a que [poden supoñer algúns, podemos supoñer moitos] o BNG tería ocupado un maior espacio electoral. Pero desta volta, despois de estaren a xogar co “Beiras, sí, pero non”, con Quintana como portavoz ó tempo que lle marcaban o “tempo” a Xosé Manuel; despois da campaña municipal cunha bicefalia pouco operativa porque o líder por antonomasia, o activo principal da coalición, era e segue a ser Beiras. E agora ábrese un tempo no que o home está a buscar apoios, que parece que, cun pouco de sorte, pode ter. Polo menos, son xa varios os representantes de distintas correntes os que din estar pola apertura que promove o histórico líder.

¿Quén se postula na formación frentista prá candidatura á presidencia da Xunta? En principio, parece que Nogueira, porque a Quintana o promoven dende a UPG, confían na súa docilidade ó tempo que se fai novamente relembro de que foi un bo administrador da cousa municipal, en Allariz, algo que ó ver de moitos non debe ser mérito abondo pra catapulta-la candidatura da que descabalgan a Beiras, ó que os “coroneles” tampouco queren como voceiro, en contra do que piden diversos grupos: PNG, Inzar, Independentes, Esquerda Nacionalista.... Non dubido que dende esos grupos están a procura-la apertura dun BNG máis galeguista, máis aberto e integrado socialmente, mesmo a cancela de camiños que parecían levaren a unha certa sectarización. Non sei se dende o electorado se albisca ese teito máis alto do que fala Nogueira [o home que non foi capaz de facer crece-lo seu propio partido], ou qué chance se lle concede a outros, como Suárez Canal ou o propio Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, que non parece estar no mellor momento de popularidade co tema da circunvalación a lle pasar factura.

Certamente, non é só a circunvalación a que conta. O travestismo político que o equipo de goberno estivo a demostrar nesta como noutras cuestiós [ferrocarril pola praza dos Praceres, recheos no porto, a demora na inauguración do Mercado, o trazado do Ave por Alba, a agresión urbanística á zona vella, etc.] é demasiado evidente aínda que non se contabilizou no pregón das festas. E afortunadamente comézase a deseñar outro posible 5J. As parroquias e outros colectivos parecen estar vivos. Hai que ter en conta, non obstante, que esa prevista candidatura de Fernández Lores [anunciada por G. Vázquez] pode ser boa pra Galicia. De confirmarse, implicaría cambio de alcalde que, en política e dentro do propio BNG, é o que poden estar a buscaren outros. De todas formas, hai quen supón que, nestos momentos de forte involución galeguista a nivel partidario, poden estar case á vista as claves prá comenente creación dun verdadeiro partido galeguista, de centro, algo que puido ser posible se na CG non entraran daquela as présas, se os enanos infiltrados non eivaran a imprantación do que hoxe podería ter, na nosa terra, a importancia dun PNV ou dunha CiU. ¿Regaleguización do país?. Esperemos. Beiras intentouno, pero sempre estivo moi marcado, tristemente..

A MAREA NEGRA E OUTRAS COUSAS [14.12.2002]

Nota.- Recreación informática da emerxencia das galletas de fuel. Por Xesús López.

Pontevedra, 30.9.2007

Presento outro traballo dos elaborados na época do Prestige, no que se describe a loita colectiva, as dificultades coas que se encontran os nosos mariñeiros, a imaxinación da que se valen pra vencer ó chapapote.


A MAREA NEGRA E OUTRAS COUSAS [14.12.2002],
por Xesús López Fernández


Decíase que o peor estaba por entrar. Está entrando nas Rías Baixas e as nosas xentes vense desbordadas polo temporal que coincide coa maior cantidade de galipote arribada ás nosas costas. Este sábado pasado os voluntarios non puideron acceder á illa d´Ons, de mañá, nada máis que en pequeno número. Quéixanse do pouco apoio da Administración, especie de estructura ausente na loita que os mariñeiros e cidadáns voluntarios a solidarizárense coeles están a libraren dende o primeiro momento. Todo o mundo fala da marea branca de homes e mulleres chegados de todas partes, de Andalucía ou Murcia, de Madrid ou o País Vasco, bombeiros de Cataluña e Alicante; todos a aportaren o seu esforzo persoal pra veren aínda a posibilidade de cambia-lo signo do que parece vai se-lo máis triste Nadal da nosa historia. Esta fin de semá foi tamén a da visita breve de Aznar, fóra de data, coa nova de que a UE non considera a nosa desgracia consecuencia dunha catástrofe natural como a das pasadas inundacións sofridas pola Europa continental.

Mentres os políticos siguen a faceren valoraciós de culpas, a determinaren a foto finish do principal culpable do drama, a sociedade civil, os mariñeiros, permanece viva na súa guerra contra o fuel e os elementos: Novos sistemas de captura por medio de arrastreiros están a seren ensaiados, novas barreiras, alamiadas nos areeiros á par que un empresario de Vilalonga deseña un angazo que permite peitea-las praias con escaso arrastre de area. Valer non valerá moito, dixo o home, Epifanio Piedras, pero fai máis que o que fixeron en doce horas de moción de censura, en referencia á sesión parlamentaria, á intervención didáctica de Touriño, á doutoral e respetuosa de Beiras e á reafirmación de Fraga de que vai seguir ata a fin. En función dos cambios que introduza no seu goberno saberase se a moción sirveu de algo ou non. Pero do invento de Epifanio Piedras sábese que sí, que é efectivo, e que o home non-o vai patentar. Non lle importa que outras carpinterías de Galicia o imiten polo ben do país.


Tamén reparamos nas críticas falaces contra algún colectivo ecoloxista, cando moitos dos criticados estiveron, están a pé de praia, incansables. Con eles me solidarizo. Ésa é a forma “de renovaren o seu compromiso con Galicia”. Claro que non todo é solidariedade cidadá e que, en demostracións como a da manifestación da pasada semá, participou moita xente discriminada por certas consignas que algúns “iluminados” tentaban impoñeren unha e outra vez, afogadas polo silencio de moitos. A manifestación foi un clamor de toda a sociedade antes que instrumento sectarizado prá escalada de nadie. Cecais esa sociedade teña que activa-los resortes prá posta en escea dalgunha nova formación política. Mais, tornando ós ecoloxistas de base, avisábame un, días pasados, á par que da posible desaparición dos araos -- porque só se recuperan os machos vivos, que as femias petroleadas morren--; avisábame este amigo da pergunta da súa filla, de ”se nos íamos morrer pola marea negra culpa dos nosos gobernantes”, frase aribuída pola nena a unha educadora. Moi grave.

Remato. Méntre-la decisión do rei de Marrocos de poñer á disposición dos barcos galegos os caladoiros do seu país é algo que pode palia-los efectos da catástrofe antre os nosos armadores, aquí seguimos con formas e contraformas da sensibilidade ecolóxica: O Tribunal de Xusticia de Galicia prohibe o comezo dos recheos no Areal, o que Castrillo dí que evita se cometa un novo atentado ecolóxico contra a ría, pero o que semella unha dirección aloucada do Porto estudia a adxudicación do proiecto das obras a pesares da paralización; en Pontevedra se traballa na posta a punto dun plan de emerxencia municipal –o PEMU--, cando as obras dos últimos anos –auténtica deconstrucción urbá— fan imposible un plan de emerxencia exterior pró caso dun escape de cloro e, moitas veces, a chegada a tempo da ambulancia do 061 que leva a un infartado a algún centro hospitalario.

DE AVES INVASORAS [16.2.2002]

Nota. Fachada da casona dos Muruais, na praza das Galiñas, reconvertida gratis total con fondos Urban. A estatua de don Ramón-María del Valle-Inclán, que visitaba o lugar, está orientada cara ó gran magnolio no que aniñan/aniñaban os estorniños, o seu grande hotel. A praza, privada actualmente de bancos, xa non é praza, senón un largo penzo e ladeado.

Pontevedra, 30.9.2002

Outro traballo do 2002, éste referido a aves, que abondan ou abondaban en Pontevedra, na que parece que as gaivotas remiten. Deberon atopar outro vertedeiro incontrado que as sacie. Pero de certo que sí, que estos días parecemos unha cidade sen gaivotas. ¡Como ademáis perdémo-lo mar!

DE AVES INVASORAS [16.2.2002],
por Xesús López Fernández

Que os estorniños poden constituíre unha plaga é algo sabido. Mais non sempre existe tal conciencia por parte da sociedade que disfruta do espectáculo danzante destas aves cando se retiran pra pernoctaren nun espacio determinado, no caso pontevedrés na magnolia da Praza das galiñas, o seu gran hotel. É certamente un bo servicio o que presta esa árbore, minimizando a presencia dos paxaros que, en cidades como Salamanca, ameazan o seu patrimonio cultural. Na madrugada do pasado día 13, mentres facía un paseo polo entorno das Sés, os paxaros non deixaban de chiar. Enténdese a preocupación que alí teñen por se sacudi-lo andacio que sobreviveu incluso á presencia dos falcós, vixías catedralicios que afuxentaban ós estorniños e ás pombas, desaparecidos según informaba o xornal local “Tribuna de Salamanca”, ese mesmo día.
O concello de Salamanca, na súa páxina web e no apartado da saúde pública, inclúe normas pró control das plagas urbás causadas polo crecemento desequilibrado das poboacións de ratas, ratos, pombas, estorniños e cascudas. Tamén aquí sabemos dalgunha desas presencias, da suciedade e deterioro que nos traen pombas e gaivotas, contra as que parece non se quer adoutar nengunha medida. E mentres en Salamanca dan normas precisas sobre o tratamento de residuos, tanto nos domicilios como nos contenedores, aquí non vemos que estean a faceren absolutamente nada. Existen xentes que incluso fozan nos contenedores e reventan as bulsas pra colle-lo pan co que despois manteñen ás pombas, sen nengún tipo de prohibición. ¡Se parece que incluso non hai interese por eliminaren medianas obscenas na zona vella! Ó seu abeiro nidifican estas aves, que parecen protexidas.
De todo-los xeitos, a preocupación maior en Salamanca céntrase nas pombas e cigoñas, porque os estorniños logo han marchare, méntre-las pombas fanse residentes. As autoridades recomendan ós cidadáns que non as manteñan, a ver se así cambian de aires. E as cigoñas –aves queridas--, polo tamaño dos seus niños, polos seus excrementos, comprometen a integridade de certos monumentos. E apréciase o esforzo por manteren a relación simbiótica desas aves cos campanarios, estando os niños, nalgús casos, amparados por unha especie de cestón –unha semiesfera— de ferro. En Zamora, o problema debe ser aínda maior, porque nalgún edificio pode haber ata catro niños desas aves, ás que se ve laborando, perfeccionando a súa obra. Pero en Salamanca gobernantes i ecoloxistas están estudiando a posible solución de capturalas e reinstalalas noutros lugares. Mentres, o presidente da Asociación do Barrio Antiguo segue co sistema do foguete –un tanto primitivo--, que fai estoupar, seguramente culpable da marcha dos falcóns vixías.

Paco Vázquez foi un adiantado no uso de aves de rapiña, cando na Coruña contabilizaron varios miles de niños de gaivota. I enredando na “rede” recupero unha noticia do Correo, de data 25.11.2001, na que se decía que os corvos da película de Hitchcock foran sustituídos en Santiago polos estorniños. O xornal ilustra a información coa fotografía dunha xigantesca bandada que está a sobrevoa-la rúa Carrera del Conde, cando comeza a anoitecida. As gaivotas, protagonistas tamén na película de Hitchcock, preocupan á Xunta. Nalgunha zona do interior sería fácil controlalas. Abondaría, ó mellor, con precintar algún vertedeiro. Mais cando non existe unha política ambientalista clara pode parecer normal que acodan ós propios contenedores urbáns ou que aniñen, como as pombas, en calquera parte, por unha maior suciedade e deterioro urbán. ¡Como se non abondaran certas actuacións urbanísticas!. Por certo, en Salamanca, na Praza Maior, o chan é dunha pedra similar ó porpiaño que levantaron na rúa Sarmiento, pero mellor traballada. Gris e rosa. Seguramente a proba de estorniños e de gaivotas. Un pavimento pra séculos.

jueves, 27 de septiembre de 2007

GÁNDARAS DE BUDIÑO E RÍO LOURO REXENERARÁN O SEU ENTORNO.

A Braña. Dibuxo informático dun humedal. Por Xesús López. 1999

Pontevedra, 27.9.2007

O Faro de Vigo dou hoxe a noticia que sigue en relación coa posta en marcha da rexeneración das Gándaras de Budiño e mái-lo río Louro. É este un traballo pendente dende hai tempo en base a un proiecto que parece moi pensado. De todo-los xeitos, agardemos. A ver cómo se fan as cousas. O problema da contaminación metálica parece moi grave, se non anda tamén polo medio, o lindane. Difícil tarea a descontaminación necesaria.

Las Gándaras de Budiño y el río Louro regenerarán sus deteriorados entornos

El Ministerio de Medio Ambiente aprobó la restauración de las Gándaras de Budiño y Riberas del Río Louro (Pontevedra), según se publica hoy en el Boletín Oficial del Estado (BOE). El objetivo de esta actuación es recuperar los valores naturales perdidos en estas zonas consecuencia del intenso uso agropecuario unido a la construcción del polígono industrial 'Las Gándaras'.

Asimismo, el proyecto, que se localiza en los términos municipales de O Porriño, Salceda de Caselas y Tui (Pontevedra), estudia habilitar espacios e infraestructuras para el disfrute de los ciudadanos a través de un uso público "respetuoso con el medio ambiente", según informó hoy el Ministerio de Medio Ambiente en un comunicado de prensa.

Por otra parte, como medida preventiva para evitar el riesgo de movilización de metales pesados provocados por las obras, Medio Ambiente procederá a "mezclar la capa superficial de sedimento" con el resto del perfil extraído a fin de "diluir la contaminación metálica".

Del mismo modo, la iniciativa incluye un "plan de vegetación" en dos fases; así como la realización de informes periódicos trimestrales durante toda la fase de obras, en los que se detallarán las medidas preventivas y correctoras adoptadas; y la elaboración de informes anuales durante cinco años.

A TERRA EN XOGO [31.8.2002]

Nota.- Grupos de presión i ecoloxistas están a botaren unha partida de xedrez sobre o futuro do planeta, que non vai. De momento vana gañando os que lle teñen declarada a guerra ó planeta, como temos comentado. [Dibuxo por ordeador de Xesús López, ano 1999]

Pontevedra, 28.9.2007

Este traballo foi previo ó Cumio de Johannesburgo. O título está tomado unha obra básica de Ala Gore na que o home advertía xa da crecente involución, do desmantelamento do planeta. A descripción que se fai no artículo vale pra recorda-lo patético das condiciós nas que viven moitas xentes, os peligros que decote teñen que sortear. Sigue o traballo, publicado en diversos medios, do 31.8.2002.
-
A Terra en xogo [31.8.2002],
por Xesús López Fernández

Con este título publicou Al Gore un libro, parece que a obra dun convencido ecoloxista, un auténtico manual pra estadistas, ó que me teño referido nalgún traballo escrito daquela, 1993. As cousas serían distintas en Johannesburgo se Al Gore se tivera convertido no presidente dos Estados Unidos. Curiosamente, no prólogo do libro censúrase a actuación do goberno do presidente Bush pai en Río, decepcionante. E afirma o autor que o home non pareceu ter comprendido o reto moral que se presentaba, choído-los seus oídos ó rogo internacional de sinala-la vía da recuperación ecolóxica. E hoxe o reto segue en pe, sen que como país e civilización global saibamos responder como é debido, telumbraba tamén Al Gore como se tivera unha visión adiantada de que no 2002 o goberno do seu país, presidido desta volta por Bush fillo, negaríase tamén a suscribi-lo protocolo de Kyoto, ameazado agora tamén por Rusia, o que --de confirmarse— supón que os estados adherentes representen menos do 40 por cen do total das emisións de gases de efecto invernadeiro.

Doutra cousa alertaba Al Gore: de que despois da caída do Muro de Berlín e do nacemento da democracia no leste de Europa, odios soterrados se acendían por toda-las partes e a nosa conciencia colectiva parecía disposta a tolera-lo exterminio étnico; de que, abatido o apartheid, a violencia, as matanzas e o caos, ameazaban con facer da esperanza a súa próxima víctima. E acababa esta parte do seu discurso perguntando se, fronte a semellantes manifestacións do mellor e do peor, seríamos capaces de desoi-la chamada de socorro das forzas da natureza, se saberíamos loitar pra salvagarda-lo mellor de nós, concluíndo que a nosa herencia compartida e o noso futuro común precisaban de líderes. Palabras proféticas que os cidadáns do mundo que vémo-la Terra como fogar común suscribimos, temerosos de que o Cumio de Johannesburgo, como antes Río, non vai servir de nada.

Estos días foron chegando noticias diversas: acordos prá recuperación de caladoiros, xentes sen auga potable, a escenificación do ciclo da auga coa presencia de Nelson Mandela. Todo emocionante. E aterrador, como unha reportaxe sobre a situación de extrema probeza nas Filipinas, onde centos de miles de persoas están a habitaren casas flotantes sobre o que é xa unha inmensa cloaca. Ou o caso dos nenos que viven do que van recollendo nos vertedoiros --fundamentalmente cristal prá reciclaxe-- mentres un adolescente, ex vasureiro, tenta impartirlles conocementos cunha precariedade total nun habitáculo situado na propia escombreira. Ou a historia que nos sirveu o xornal El Mundo, a de Themzi Ngomezulu, de 19 anos, que vende fruta e periódicos por medio euro ó día nos semáforos de Renvoli, no Johannesburgo rico. A muller, que ten dúas fillas de catro e seis anos de edade, que a acompañan, revela que ás veces ten que deixalas na casa porque as ve moi débiles.

Themzi e as súas fillas viven en Alexandra, un barrio miserable da capital africá, que por outra banda ten sido declarada como a cidade máis peligrosa do mundo, na que cada 26 segundos é forzada unha muller. A ese barrio achegáronse xentes que acodiron ó Cumio, políticos e representantes de ONGs, suponse que desexosos de conectar coesa outra realidade, a sociedade dos probes, algo que o Vaticán conoce ben, daí o seu aviso, a súa urxencia de que son necesarios acordos prá rotura do actual modelo de desenvolvemento insostible e de que soamente poderemos acada-la fin da probeza mediante o respeto medioambiental, igualmente necesario pra que poida haber unha auténtica e duradeira paz. Un documento radical o de Roma, mentres se fala dun Cumio ó borde da crisis, de promesas falsas e 30.000 persoas van reclamar un mundo máis xusto. Última noticia: o quecemento global pode abrir un paso antre o Atlántico e o Pacífico polo Ártico nun prazo estimado de dez anos. A cabezonería política fará esto posible porque faltan líderes, como di Al Gore.

A REFORMA QUE NOS DISCAPACITA A TODOS


Nota.- A accesibilidade da que fala Lores está patente nesta "restauración" do entorno do Museo. Comezada en setembro do 2006 parecen empeñados en lle dar facilidades ós álbanokosovares. Decote faise máis posible un roubo con butrón do tesouro de Caldas. [Foto do autor.]

Pontevedra, 27.9.2007

Pontevedra, premiada pola súa reforma urbá en canto fai posible ós discapacitados o se poder achegaren a moitos espacios. O premio o imparte Cermi, asociación da que a nova explica a súa idiosincracia. E que non debe conocer a fondo a realidade dos disparates aquí executados. ¿Cómo se barallan os cegos na cidade, cando as novas barreiras urbás, as terrazas montadas sen respeto á normativa de veladores nen policía que procure a súa aplicación, son atrancos que cambian cada día? Ou aqueles espacios nos que, súpetamente, aparecen novos mosquerós, ou mostran restos da muralla sen baranda algunha de protección. Un cego pode fácilmente matarse nalgún que outro dos espacios que eu me sei.

O que a noticia non dí é que realmente, coa insultante reforma promovida, hai agora moitas actividades cesadas ou a punto de cesar, porque os atrancos circulatorios son de tal magnitude que nos reconvertiron ós cidadáns todos en desvalidos virtuales. Nada de coches, ambulancias incluídas, ése é o lema, pero sí poden andar como tolos os do monopatín, prós que parece pensada a reforma, ou os das bici-cross, con frecuentes accidentes.

Xa referín nalgunha parte que a unha señora lle fenderon, hai escasos días na Ferrería, un nartello: os asesinos potenciales do monopatín, cos que temos que convivir por culpa de Lores e Mosquera, ou pola estulticia dos outros membros do goberno local.

Pouco a pouco, o losado de rúas e prazas, pola constancia e agresión dos skatesboarders, vai quebrando de forma brutal. Á fin, o material seleccionado por Mosquera e Carme da Silva, non resiste.

Ah, os autobuses xa non poden acceder ó Hotel Rías Baixas; a súa baixada por Cobián Roffiñac é problemática; i estos chacaritas do concello piden que se aposte por un hotel de 5 estrelas, imposible coa involución aldeá por eles imposta. Espacios antes harmónicos son hoxe depósitos de suciedade. Os do Cermi outorgan un premio sectario cando aquí está en xogo a vida da cidade, a súa posibilidade como urbe sostible, na que non poden prima-los criterios de modernidade hoxe necesarios. O 70% do centro histórico, en contra do dito por Lores, non foi restaurado, foi arrasado. E non poden falar de modernidade os que levan na súa alma a impronta aldeá retratada polo clásico: "Camino por donde quepan dos no lo hallarás en Galicia, aunque lo pidas por Dios" ¡Burros!


La reforma urbana, premio nacional de accesibilidad. Noticia de La Voz de Galicia:


Autor:Serxio Barral
27/9/2007

El Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (Cermi) ha concedido al Concello de Pontevedra su premio nacional «a la institución que más se ha destacado con sus decisiones o acciones en la normalización y plena participación sociales de las personas con discapacidad». El premio será entregado en Madrid el próximo 3 de diciembre, en un acto que presidirá la Reina Sofía con motivo de la celebración del día europeo e internacional de las personas con discapacidad.

El presidente de la Once, Miguel Carballeda, comunicó personalmente ayer al alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, la concesión de este importante premio, y el regidor no ocultó su satisfacción en una comparecencia pública. «É un recoñocemento ao traballo que levamos feito nestes últimos anos, e un refrendo á nosa política de promover actuacións de reforma urbán que faciliten a accesibilidade», indicó.

Para optar al premio, el Concello presentó al Cermi un completo informe titulado «Pontevedra accesible» en el que se reflejan tanto las obras de reforma urbana ejecutadas en la ciudad en los últimos cinco años como las actuaciones impulsadas en edificios públicos y los proyectos en ejecución en la actualidad o pendientes. Se subraya que el 70% del centro histórico ha sido restaurado con los nuevos criterios de movilidad y accesibilidad, así como la mayoría de las vías comerciales. Y que estos mismos criterios de «accesibilidad universal» se han tenido en cuenta a la hora de rehabilitar edificios públicos como el Pazo de Mugartegui, la Casa das Campás o el mercado municipal. Fernández Lores apuntó ayer que «todavía queda moito por facer» tanto desde el punto de vista público como de la iniciativa privada, pero que el premio será un «acicate para seguir traballando dende o Concello na mesma liña».

3.500 asociaciones

El Cermi es, según se recoge en su página web, «la plataforma de representación, defensa y acción de los ciudadanos españoles con discapacidad, más de tres millones y medio de personas, el 9% de la población».

Está constituido por «las principales organizaciones estatales de personas con discapacidad, varias entidades adheridas de acción sectorial y un nutrido grupo de plataformas autonómicas, todas las cuales agrupan a su vez a más de 3.500 asociaciones y entidades».

El premio que recibirá el próximo 3 de diciembre el Concello de Pontevedra fue otorgado en la edición del año 2006 al entonces presidente de la Junta de Extremadura, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, por hacer de las políticas sociales que benefician a las personas con discapacidad «una de sus prioridades», según reflejaba el acta del jurado.

ACCIDENTE EN FÁBRICA DE CELULOSA DE BRASIL.

Nota. O peligro da instalación da papeleira de Georgia Pacific en Lourizán parece que xa pasou, aínda que os políticos carezan de ideas pra resolve-lo gran problema: a recuperación do dominio público marítimo terrestre. Dibuxo fractal de Xesús López, ano 1999.

Pontevedra, 27.9.2007

Noticia recibida do grupo Guayubirá, de Uruguai, con data 26.9.07, que traducimos ó galego.

Accidente en fábrica de celulosa no Brasil.

Tecnoloxía de punta que non garantiza nada
.

Veracel, unha das máis grandes e modernos fábricas de celulosa do mundo, está instalada no estado da Bahía, no Brasil. O seu principal accionista é a empresa sueco-finesa Stora Enso, en asociación coa noruego-brasileira ARacruz Celulose. Hai que lembrar que Stora Enso ten plans prá instalación dunha pasteira no Uruguai.

Veracel usa o que se ten dado en chamar tecnoloxía de última xeración , querendo así mostrare que ofrece toda-las garantías prá evitación de calquer tipo de accidentes ou problemas ambientales. Trátase da mesma tecnoloxía que Botnia, Ence ou a propia Stora Enso propóñense usar no Uruguai, anque no caso de Veracel cunha capacidade lixeiramente inferior: Unhas 900.000 toneladas de celulosa ó ano.

No marco do debate no Uruguai en relación coas prantas de celulosa, resulta polo tanto importante mostrar á poboación, con transparencia, o que realamente aconteceu: un accidente o 21 deste mes na fábrica de Veracel, do que a prensa local informou como "un estoupido que provocou a rotura da tapa dun dos tanques de licor negro, o que fixo salta-la tapa a unha distancia de 200 metros e provocou o derrame do líquido na área. En relación cos traballadores, a prensa informou que "non houbo víctimas fatales" e que os sete obreiros afectados s´so sofriron "queimaduras leves".

É interesante sinalar que a información que circulou na prensa da Bahía é prácticamente a mesma que foi pendurada na páxina web da propia empresa, o que crea as lóxicas dúbidas en relación con si o accidente non terá sido, en realidade, moito máis grave do que informan. En apoio a esta dúbida, vale a pena destacar que a nova espallada na web sobre o accidente, Veracel refírese ó licor negro decindo que a sustancia "non é tóxica". Sería bo que lle contaran ese conto ós peixes mortos do lago Saimaa en Finlandia logo do escape de licor negro da fábrica da fábrica do socio de Botnia (UPM Kymmene) en Lappeenranta no 2003, ou ós ciños de pescozo negro en Chile, tamén afectados polo derrame de licor negro.

Tamén é interesante saber que a nivel local sábese pouco ou nada en relación cos detalles do accidente. Guayubirá contactou coa organización ambientalista CEPEDES --que hai anos ven a facer un seguimento desas instalaciós-- e fomos informados que dende o mesmo día do accidente están procurando verifica-lo ocurrido, pero que non ten sido posible "porque os funcionarios están baixo presión e non poden falar". A eso súmase que a empresa permanece cerrada e só os funcionarios e directores teñen acceso, anque sabemos que unhas 400 persoas están a faceren a limpeza do local".

Máis alá da gravedade do acontecido e da falta de transparencia cerca do mesmo, o que importa é que este accidente poida valer pra desmitificar unhas cantas falsedades que se veñen esgrimindo á favor da instalación de fábricas de celusa no noso país. O certo é que:l

Nengunha tecnoloxía pode ser considerada segura, nen tan siquer as de última xeración. Nen a tecnoloxía sueco-finlandesa é garantía de ausencia de accidentes. Non é a proba de accidentes o monitoreo que delas se fai. Non é garantía de que os accidentes non van ocurrir; que unha vez producidos de pouco vale a apalicación de sanciós. Os empresarios suecos e fineses non son máis serios que os doutras nacionalidades (chilenos, españoles, portugueses, norteamericáns). A fabricación de celulosa conleva riesgos potenciales difíciles de prever ou revertir.

Confiemos que este accidente --que obviamente lamentamos polos traballadores feridos-- sirva pra facer reflexionar ós nosos gobernantes. [Os uruguaios].

Fuentes utilizadas: - Página web de Veracel. Inspeção técnica avalia acidente na Veracel http://www.veracel.com.br/web/pt/outros/noticias0082.html - Eunápolis: Explosão na Veracel, prejuízo de R$ 3 milhões por dia, 24/9/07 http://www.atlanticanews.com/texto/codigo/5053-acidente- veracel.html - Tras la huella de la celulosa en Finlandia: la otra cara de la moneda, Ricardo Carrere, Grupo Guayubira, junio de 2005- - ACIDENTE NA VERACEL DEIXA SETE FERIDOS http://www.agenciaatarde.com.br/ --------------------------------------------------- Grupo Guayubira Maldonado 1858 Montevideo 11200 - Uruguay tel: 413 2989 - fax: 410 0985 http://www.guayubira.org.uy e-mail: info@guayubira.org.uy ---------------------------------------------------

miércoles, 26 de septiembre de 2007

¿FERVOR ECOLOXISTA? [30.11.2002]


Nota. Dibuxo informático da loita dos voluntarios contra a marea negra. Autor: Xesús López. Ano 2002.
Pontevedra, 16.9.2007Hoxe penduro no blog un novo traballo da época do afundimento do Prestige. A pergunta foi premonitoria porque o fervor ecoloxista sí estivo nos voluntarios que traballaron a pé de praia, coas súas mans, pero nunca nos do Nunca Máis, algo que se montou como marca rexistrada e que serviría pra que algús concellos penduraran na fachada do consistorio o gran pano negro. O lema foi utilizado incluso como pancarta de inicio de procesiós previas ás elecciós do ano 2003.
Algús creeron que co invento do Nunca Máis xa podían dá-la cara e mostra-la face estalinista na organización frontista. Pero a sociedade decatárase xa do que estaba a pasar, convertido en odio a admiración inicial dalgún que outro empresario que aportara cartos ás contas do Nunca Máis, como digo, marca rexistrada. Sigue o traballo, do 30.11.2002.


¿Fervor ecoloxista? [30.11.2002],
por Xesús López Fernández

Cando acometo este traballo –30.11, ás 13,30— acabo de me enterar por Internet do que din algús dos periódicos do país. El Mundo informa que a gran mancha negra está xa a 18 kilómetros de Fisterra; El Correo Gallego acláranos que son catro os barcos que traballan xa sobre a mancha principal, a unhas cinco millas da costa, mentres os veciños de Camariñas informan que xa albiscan unha fronte escura no horizonte. O conselleiro de Pesca dí que, agora sí, debémonos preparar pró peor. O goberno reconoce confidencialmente que o Prestige segue a solta-la súa carga dende o fondo do mar, vamos, que non son certos os pronósticos de F. de Mesa sobre o “destino do crú de se converter en adoquín no fondo do mar” e que “é prácticamente descartable que o fuel saia dos tanques”. Estas e outras frases de responsables da cousa política aparecen dende hai varios días como letanía mediática pra nos lembrar que se trata de auténticas bobadas cando só cabía xa informar coa verdade na man. Algús petroleiros afundidos hai 50 anos, seguen a perder crú.
Que non lle extrañe ó PP si se cuestiona agora a súa integración na plataforma “NuncaMáis” que arestora está a prepara-la gran manifestación social da que pode saír un novo equilibro de forzas e a asunción por todos de cuestiós como o desenvolvemento sostible que –aínda dez anos despois do cumio de Rio Janeiro— figura nos programas dos partidos, pero non na súa forma de gobernare. Coido que todo-los grupos deberían arestora, cando se acaba de cuestionar no propio Congreso español o feito de que Galicia é unha rexión altamente dependente do mar, repensa-lo seu papel na Ecoloxía, porque estar na política no ano 2002 sen conciencia ambientalista clara parece dunha deshonestidade absoluta. Houbo tempo pra pensar nos peligros que prá nosa costa representa cada barco que a ela se achega con mercancías tóxicas. Dende a catástrofe do Egeo pasou tempo dabondo pra ter estudiado plans de emerxencia, posibles actuaciós, pero non se fixo nada.

Vale a crítica dun cibernatura que, en clave de humor, actualiza o conto do pegoreiro que baixaba á aldea pra avisare que viña o lobo. Era unha coña. Pero un bó día apareceu o lobo de verdade. A xente non lle fixo caso ó rapaz, e o animal cobrou o seu tributo e deixou o fato arruinado. Os gobernantes son nesta hora eses veciños que nun principio non creeron no lobo, na marea negra; que mesmo por detentaren o poder estimaron que poderían xogar coas noticias, minimizalas, e que terían a capacidade de controla-lo vertido pró que, agora sí, enténdese como a mellor das soluciós a que, según as súas declaracións, lle propuxo o práctico do Urquiola a Fernández de Mesa: entra-lo petroleiro no pantalán n. 4 do porto coruñés pró conseguinte trasego do fuel. O delegado do Goberno non contestou e dende aquela é conocido polas súas comparecencias e frases pouco felices.
Mentres o fuel ameaza á primeira reserva marisqueira de Europa e pode mesmo configurar na nosa costa un futuro sen futuro, unha sociedade –tamén na costa— sen raíces, aprécianse algús tics que non están aínda totalmente claros, como o do Parlamento galego que vai dar luz verde á Lei de Protección do Medio Ambiente Atmosférico, na que os concellos terán de asumir un maior control da calidade do aire –¡a ver si é certo!— e o concello de Pontevedra, sinérxicamente, rexeita a renovación do permiso de vertido a Ence, ou o Porto de Marín fala de calidade ambiental cando o gran recheo alí feito é totalmente obsceno. Paréceme demasiado grave que se asuman agora os deberes cando na Costa da Morte están a se enfrentaren co lobo –alí sí--, co lobo aniquilador da súa economía, da súa forma da vida. Non sei qué lección se vai tirar do drama cando os partidos siguen a mostraren unha total inmadurez ecoloxista, aínda que nestos momentos queiran mostraren algús un certo perfil de neoconversos no que moitos non creemos.

HOSPITAL ÚNICO, EN PONTEVEDRA


Foto do titular do blog, Xesús López.

Pontevedra, 26.9.07

Eu non sei de quen terá sido a idea primeira de que Pontevedra precisa dun hospital único e que, ademáis, terá que ser a costa dunha nova ampliación do Centro de Montecelo. O tema está quente porque en Mourente protestan da posible expropiación dalgunhas casas, coa repercusión sabida en relación co último pleno municipal, con insultos, ¿por qué?, a Teresa Casal.

A idea dun hospital único pódese contabilizar como unha de tantas estupideces do goberno local. Ou tamén do PP que, tentando introduciren unha certa racionalización na idea, propoñen un novo hospital. Todos queren mete-lo tema no seu discurso político.

Pero lembrémo-lo dito polo doutor Roberto Rey Cons, con motivo do anuncio da súa xubilación como xefe de radioloxía do Hospital Provincial, no sentido de que un hospital, cando pasa das 400 camas, pode ser ingobernable. ¿Pra qué quere Pontevedra un macrohospital?. ¿Por qué no seu día non se potenciou máis o Provincial, a costa do solar de Reyes Hermanos? Esa tería sido unha bonita solución, harmónica, sen necesidade de renunciar ó de Montecelo.

Que os políticos se puxeran a xogaren excesivamente coa limitación do tráfego, facendo imposible ás veces o das propias ambulancias, implica tamén un certo acoso ó Provincial que algús poden estar pensando en convertir en solar, turno que agora se anuncia prá Delegación Provincial de Sanidade. A certos políticos miráselles cos ollos como máis grandes.

Que queiran alí un solar puro e duro tráeme á cabeza o feito de que naquel sitio había unha finca [antres outras] de mil e pico de metros cuadrados, Ponte Bolera, da que saían todo-los anos varios carros de patacas pró Hospicio pontevedrés. A colleita total.

A tal finca foi expropiada, "comprada" como o Pazo de Meirás, por unhas 17000 pesetas, pero nadie fala agora de memoria histórica e devolución ós herdeiros das antiguas propietarias, porque no caso de Ponte Bolera a que vai facer negocio é a Administración, con menos dereito a esa propiedade, podemos decir, que a familia Franco en Meirás.

Non teño dúbida de que na alma dalgún interino da Política debe andar a buli-la idea da conversión en solar do espacio que ocupa o Hospital Provincial.



NOTICIA DE LA VOZ DE GALICIA

La Diputación aviva el debate sobre el hospital único tras los incidentes del Concello

El organismo provincial discutirá el viernes la propuesta del PP

Autor:A. Castroverde
Fecha de publicación26/9/2007

El debate sobre el hospital único para Pontevedra sigue vivo. La Diputación anunció ayer que reabrirá la discusión esta misma semana en un pleno que tendrá lugar el próximo viernes, apenas seis días después de que concejales del PSOE fuesen increpados a su salida del Concello por defender el actual proyecto de ampliación de Montecelo que promueve la Xunta.

«Pontevedra merece un hospital nuevo, lo mismo que Vigo o que Lugo», señaló ayer el vicepresidente de la institución provincial, José Manuel Figueroa Vila. Otras fuentes apuntaron que la moción que presentará el PP para discutir este asunto incluirá la iniciativa de reunir todo el complejo hospitalario provincial en un nuevo emplazamiento. Sin embargo, no está prevista en principio la convocatoria de una cumbre institucional con la Xunta, el Concello y los otros 26 ayuntamientos afectados por el problema. Esta cumbre había sido demandada la pasada semana por la plataforma pro hospital único.

Reglas de juego

Ayer, el PP anunció a PSOE y BNG en la junta de portavoces provincial la inclusión del debate sobre el hospital fuera del orden del día a través del trámite de urgencias. Tanto PSOE como BNG contestaron luego esta decisión por entender que el PP rompía sus propias reglas al no incluir un debate previo en comisión sobre esta cuestión y apelar directamente al trámite de urgencia.

La oposición, que ayer no presentó mociones en dicha junta de portavoces, podría, sin embargo, recurrir el viernes a la vía de urgencia para plantear también sus propias propuestas sobre temas de actualidad. No obstante, el PP tiene posibilidad de guillotinar las iniciativas de BNG y PSOE haciendo uso de su mayoría absoluta, mientras que estos dos grupos no pueden hacer lo mismo con las propuestas que formulen los populares.

Tanto Emilio González (PSOE) como César Mosquera (BNG) mostraron su contrariedad por el sistema elegido. El portavoz nacionalista acusó al PP de plantear un pleno «vacío», que sería el reflejo de una «xestión de vacaciones» del equipo de gobierno, y de «tomar decisións» sin participación de la oposición. Figueroa (PP) le replicó que en la junta de portavoces que Mosquera «no ha planteado absolutamente nada y no ha abierto la boca». El político vigués dijo que el diputado nacionalista «se queja por sistema, si hay junta de portavoces porque la hay y, si no la hay, porque no la hay». También comentó que Mosquera «tiene menos trabajo ahora en el ayuntamiento y quiere adquirir más protagonismo en la Diputación».

Además del escrito sobre el hospital único, el PP llevará al pleno una moción para que la autovía Santiago-Lugo pase por Agolada y otra para que se arregle el firme de la autovía Tui-O Porriño y se señalice mejor Vigo en esta zona.

martes, 25 de septiembre de 2007

A BURLA NEGRA [7.12.2002]



galipote nos cantís, de Xesús López, traballo informático

Pontevedra, 25.9.2002

Este é outro dos traballos feitos no 2002, o ano do Prestige. Coméntase por si sóo. En mala hora se lle ocurra ó pecio que está no fondo do banco galego espertar bradante, porque algo sí sigue botando, aínda que sóo sexa pra que os políticos engorden o seu discurso. Sigue o artículo:

A BURLA NEGRA [7.12.2002],
por Xesús López Fernández

E, como estaba previsto, a vaga de fuel chegou e entrou nas Rías Baixas. Cercáronnos as ondas que negras son, poderíamos decir agora nas illas Cíes, en Ons e Onsela, en Sálvora. Ecosistemas destroídos a pesar do esforzo mariñán, da arela nacida a consecuencia da que pareceu unha victoria, a da batalla primeira na que os barcos de pesca, os bateeiros, as gamelas, impediran a entrada do petróleo maldito; da cantidade de “peregrinos” chegados doutras terras pra colaboraren na rexeneración dos areales, xentes de toda España, xentes do extranxeiro, miles de homes e mulleres solidarios co noso pobo. O fuel entrou finalmente no santuario das Illas Atlánticas. Dentro da desgracia estáse a producir esa reacción do “capital social”, da sociedade civil que exemplarizadamente está a marca-los deberes ó goberno, a acabar cos seus silencios e medias verdades informativas, ata o punto de que Aznar, que non compareceu en Galicia, fíxose cargo da presidencia do comité de crisis.

Tristemente, o peor aínda pode estar por chegar. E, despois da primeira interpretación dos “fiíños de plastilina” que desaparecían a vinte ou trinta metros do Prestige, sábese que éste emite diariamente antre 30 e 40 toneladas de fuel e que se vai seguir comportando así ó longo de varios anos, o que require un remedio rápido e a colaboración técnica de quen a poida prestar. Agora dí Álvarez Cascos que o accidente do Prestige é o noso “Chernobyl”, algo que tamén oín decir por radio hai uns días a unha señora que alertaba sobre a magnitude do problema, que nesta hora se vai estrando pola costa cantábrica e que toca tamén ó litoral portugués, onde a día 6.12 preparaban as barreiras en Camiña.

As autoridades portuguesas, en todo momento asesoradas e previsoras, avisaban que o peixe do Miño estaba a ser controlado, continuamente analizado. Tamén ese día producíase a noticia de que eran xa 60 praias asturiás e 34 cántabras as manchadas polo fuel, do que 2.000 toneladas están chegando ás costas vascas, a só cen kilómetros da costa francesa. A “marea gaiteira” do día 6 foi un máis dos nosos actos reivindicativos. Entrañable marcha contra a “burla negra” dunha catástrofe mal xestionada, mal comunicada. “Querémo-la Costa da Morte, non a morte da Costa”, decía unha pancarta da manifestación dos nosos artistas, na que se concentraron máis instrumentos que nas tomas de posesión de Fraga, aínda que non tantas gaitas, pero sí uns case 20.000 manifestantes. Esta manifestación e a convocada pola plataforma “Nunca Máis”, tenden a conforma-la necesaria revitalización do noso capital social, a concienciación de que Galicia non pode seguir a ser un país abandonado, un simple viveiro de votos. ¿Qué vai pasar a partir do desastre que estamos a vivir e ó que lle poden quedar anos de “cola”? ¿Qué van face-los nosos mariñeiros sen mar, emigraren? ¿Qué vai acontecer cos sectores que pivotaban sobre a riqueza agora asesinada, industria, turismo? ¿Cómo vai queda-lo Parque das Illas Atlánticas? Hai uns días propoñía un humorista que, pra ver de consegui-la colaboración do exército, sería bó alugar a un par de musulmáns que, cunha zodiac, arribaran á illa de Sálvora. Inmediatamente lle habían dá-la importancia do illote Perejil.

E por fin hai números do Exército e da Mariña colaborando nos traballos. A Unión Europea –os Quince— aprobou a prohibición dos buques monocasco tras horas de debate. O goberno parece acepta-los seus deberes á par coa sociedade civil... Cando os mariñeiros falaban de que estaba ameazado o mar dos seus fillos --berro unánime das xentes do mar-- estaban a faceren unha defensa a ultranza do conservacionismo necesario, da sostibilidade que pode quebrar aquí como consecuencia da vaga negra, da burla negra do “Prestige” e dos comunicadores políticos da traxedia. O positivo nesta situación foi a toma de conciencia cidadá, a reconstrucción do capital social insistentemente reclamada, o protagonismo das nosas xentes.

lunes, 24 de septiembre de 2007

CÓLERA NEGRA [23.11.2002]

file:///d:/usuarios/papa/debuxos/Copia%20%20de%20marea%20negra,%20marea%20branca,%2011.2.JPGmarea negra, marea branca, a loita dos volun-
tarios. (dibuxo do autor)

Pontevedra, 24..9.2007
Traballo correspondente á maldición do Prestige, publicado en distintos medios. Sirva pra rememora-las xornadas vividas en Galicia coa pegada da marea negra, outra agresión pra gardar na memoria á marxe doutras que existen e o poder político mantén vivas a cambio de non sabemos qué, pero que nos obriga a pensar mal.

 Cólera negra [23.11.2002],
por Xesús López Fernández

Outra desgracia máis sobre Galicia cando o país non estaba totalmente recuperado da catástrofe do Mar Exeo. E dáse a circunstancia de que a casa armadora daquel buque é tamén a culpable da cólera que arestora golpea a nosa costa, os vagallóns que traen o fuel do Prestige pra desprestixio dos responsables da cousa medioambiental. As palabras de Loyola del Palacio no sentido de que se puido ter evitado a catástrofe, que se debeu ter evitado, coido son as máis sinceras das pronunciadas polos nosos políticos, pois implican o reconocemento dunha culpa certa porque dabondo sabía Europa que polas nosas costas estaba a pasar, pasa, chatarra flotante como o petroleiro que xa está afundido no chamado banco galego e que, por desgracia e según se desprende da información de Portugal e Francia, non rematou co seu protagonismo. A dimensión da traxedia pode ser maior do previsto.

“Estima non s´alcanza cun vil xemido brando”, decía Pondal. A sociedade debería ter reaccionado en contra de tanto discurso informativo/desinformativo, en línea distinta do de Loyola del Palacio, de “mea culpa”. Son discursos que tentan xustificaren a actuación levada a cabo, a política de desprendérense da pataca quente, de endosarlla ós portugueses que non aceptaron a “transferencia”. Claro, a súa capital é porto de mar, son un país atlántico, e ó mellor e gracias a eles –que enviaron unha corbeta disuasoria-- aínda se salva a parte sur do litoral galego, pró que non todos son bos pronósticos e que, a día 22.11, --según a US Navy--, dise que o fuel podería chegar ás Rías Baixas. Dende moitos foros fálase da total descoordinación existente, do plan que non foi plan. E moitas das imaxes que chegan do litoral afectado mostran o esforzo activista dos que tentan, ás veces con medios rústicos, salva-lo areal, mingoa-lo protagonismo do fuel que non saben onde botar.

A vaga negra está no Ferrol, en Doniños e Covas, e podería chegar á Mariña lucense. Tamén entrou na lagoa de Xuño, espacio protexido próximo a Corrubedo. A desgracia pode estar afectando xa a máis de dez mil familias que dependen do mar –só da rocha percebeira do Roncudo dependían duascentas--. Pra todas estas xentes, prós pescadores de Fisterra que se enfrontan coa desolación, coa morte que lles é tan familiar, está especialmente pensado o discurso subvencionador que lles brinda unha axuda de 40 euros ó día por ter sido estragada a súa economía como consecuencia da xa citada imprevisión que os privou de espacios, da paisaxe, de tantísima ave, mortos posiblemente os últimos araos censados na costa coruñesa. Imprevisión que leva á improvisación das xentes do Grove ou Combarro pra frearen a marea negra coa que tampouco poden nada, de momento, as embarcacións que chegaron na nosa axuda. O Ailette francés pouco puido facer polo momento, antre ondas de sete metros; un barco holandés permanecía amarrado a porto.

O goberno segue a mante-lo seu discurso dunha mancha primeira que se divideu en tres. E outra máis, producida no momento do afundimento do barco. Pero Portugal e Francia –xa quedou dito-- falan de novas “entregas” do Prestige aparcado no fondo mariño. Se continúa o seu protagonismo confirmaríase que estamos ante a peor das soluciós posibles pensada por un goberno de secano, espírito contaxiado ó noso goberno autonómico, totalmente impotente polo que puidemos comprobar esos pasados días, sen política ambientalista merecedora dese nome como é sabido. Nen o goberno central nen o galego parecen ir máis alá do discurso tranquilizador. Algús persoaxes piden calma; outros calan. Non se entende tanto silencio, a falta do discurso comprometido, brindando soamente a oferta subvencionadora que aplaque os ánimos. Cólera reprimida, rabia contida ante tantísima falta de medios, ante o desprecio ó medio natural. Saben dos percebes e centolos dunha mesa ben servida, pero carecen de política ambientalista activa e intelixente.

domingo, 23 de septiembre de 2007

"ECOLÓXICAS" DA PASADA SEMÁA, 24.9.2007

Nota.- A degradación ambiental. Traballo informático de Xesús López.

Pontevedra, 24.9.2007

Artículo que hoxe aparecerá en diversos medios. Algunhas das causas aludidas foron xa tratadas no blog, como a noticia do bestseller que imaxina unha Terra sen homes, do que están recollidas un par de crónicas de distintos medios. En relación coa denuncia de Salvemos Pontevedra ante o Fiscal de Medio Ambiente, a noticia oficial completa tamén está incluída no blog. Buscádea porque non ten desperdicio.

E finalmente o tema de Reganosa en Mugardos, coa denuncia suscrita por diversos políticos i escritores que rachan cos compromisos do Bloque nese asunto concreto, deberemos decir que é triste que demoraran tanto en se posicionaren en asuntos como éste ou como o da Cidade da Cultura.

A denuncia de Salvemos Pontevedra non é de menor calado, pero este colectivo vai pola vía da denuncia xudicial que se supón é a que pode funcionar. Pode ser menos rentable políticamente, pero o colectivo non está na vía da bulla das manifestaciós e pancarteira, senón no camiño do traballo serio e continuado, do exercicio da acción cidadá cando as Administraciós fan deixadeza de funciós.

“Ecolóxicas” da pasada semáa [24.9.2007],

por Xesús López Fernández

Existe como unha aceleración informativa en relación coa evidencia de que as cousas van mal coa Terra, camiño dun precipicio certo. Cada vez é máis urxente a toma de medidas eficaces, pero eso parece imposible se o poder non se arroupa de ética e conciencia ecolóxicas. E xa non é só Al Gore o que avisa. Outras voces, tamén voces próximas, denuncian o que está a pasar no noso entorno. Mais comecemos pola nova da película “Tierra”, presentada en San Sebastián, con esceas dramáticas de cómo o quecemento global, o cambio climático, fai progresos que parecen irrefreables. Unha escea presenta a un oso polar que perde o seu soporte, a placa xeada que se desfai. Xa me teño referido a esto hai anos, á circunstancia de que poden verse obrigados a nadar máis de corenta kilómetros pra se poñer a salvo. O momento dramático que viven os innuit, asunto tratado noutro traballo recén, como tamén o feito de seren as xentes máis contaminadas por mercurio, sendo Qaanaaq, en Groenlandia, unha das grandes víctimas da presencia global do metal [12.06.2006].

Nunha entrevista a Michael Oppenheimmer [El Mundo, 23.09.2007], o home avisa de que se vivise en España estaría moi preocupado polos previsibles efectos do cambio climático. E ós que que pensan que o quecemento do planeta non ten importancia, el contesta con rotundidade, no sentido de que non lle preocupa que pensen, que el o único que leva feito é recoller datos, seguir cada sinal e intentar interpretalas. I esos avisos falan de que camiñamos celéricamente cara o precipicio climático, pero as preocupaciós non se vencen co medo, senón coa información. I esa é a súa intención: facer chega-la ciencia ás xentes e axudar a resolve-lo problema, transmitindo urxencia i esixindo acciós concretas ós políticos. Oppenheimmer acaba de presenta-la “Evidencia Científica” na ONU, a tempo pró Cumio Mundial que reúne este luns a representantes de 150 países. Recomenda, no caso de España, un cambio na cultura da auga. Di que teremos veráns cada vez máis cálidos e que unha sobida de 3 grados vai desencadea-la desaparición do 30% das especies.

Oppenheimmer tamén alerta de que, como pasou co Katrina, con 300000 refuxiados climáticos, non estamos preparados pra afronta-las grandes catástrofes xeradas pola propia natureza. O home, ¿culpable? Naturalmente. E Alan Weisman, nun libro que é bestseller nos EEUU, analiza un posible futuro da Terra, sen homes. Como o home volveuse incómodo prá Terra, a súa desaparición sería positiva pró planeta, que tardaría en se recuperar posiblemente centos de miles de anos. A actitude necia dáse tamén en Galicia e deso falaba Javier Guitián, profesor de Botánica, hai poucos días en La Voz de Galicia, recollendo a nova de que algús científicos son partidarios de se posicionar contra certos proiectos e que na nosa terra existen non poucas realizaciós que non resistirían un estudio de impacto ambiental independente. Incisivo, denuncia a perda de biodiversidade forestal e invita ó lector a dar unha volta e ser testigo do feito nalgús espacios desgarrados, como o Caurel.

Antre os denunciantes parecen estare agora Beiras e Camilo Nogueira, que rachan coa postura do Bloque de apoio a Reganosa, e que con Manuel Rivas, Méndez Ferrín, Díaz Pardo e Ramonet, solicitan o seu traslado, como o Comité Cidadán. E non quero deixar fóra deste traballo a noticia da petición de Salvemos Pontevedra ante o Fiscal de Medio Ambiente pra que interveña en asunto hai tempo denunciado: as obras levadas a cabo na Telleira, en Noalla, e outras actuaciós con presunción de ilegalidade. Téñase presente que é zona integrada no espacio natural protexido “complexo Ons-O Grove”, incluído na proposta galega de Lugares de Interese Comunitario REDE Natura 2000 (LIC), ZEPA e Humedal protexido Complexo Intermareal Umia-O Grove (Convenio RAMSAR). A asociación solicita a reposición da legalidade e a devolución dos fondos de cohesión indebidamente invertidos alí.

JOHANNESBURGO,(3) FRACASO [7.9.2002]

Pontevedra, 24.9.2002

Este que ven agora é outro dos traballos feitos con motivo do Cumio Mundial de Johannesburgo, ano 2002. Defínese como un fracaso porque a actitude dos Estados Unidos de se pregar ante o compromiso de Kyoto, non prosperou e, como definiron algús, os norteamericáns van seguir coa guerra [ecolóxica] declarada ó planeta.

Como manifestou daquela Pavel Fischer, da República Checa, "vai ser difícil explica-lo acordo; houbo compromisos dolorosos". Mellor, leé-lo artículo.

Johannesburgo, fracaso [7.9.2002]

por Xesús López Fernández

Acabouse o Cumio da Terra de Johannesburgo co resultado xa sabido: que a ONU carece de forza moral pra conseguir que os estados todos se poñan dacordo pra se comprometeren na salvación do planeta. Lembro agora unhas palabras de Helmut Schmidt –A autoafirmación de Europa— sobre o papel da ONU, no sentido de que “toda-las experiencias das últimas décadas indican como pouco probable que os esforzos das Nacións Unidas poidan impedir máis guerras das habidas ata o momento e solucionar pola vía pacífica os conflictos latentes”. Digo ésto cando os EE.UU. están a anuncia-lo seu ataque a Irak e a buscaren apoios doutros membros do club, como que tamén a súa teima en non mingoa-la emisión de gases de efecto invernadeiro é, en certo sentido, unha guerra total ó planeta. Menos mal que China e Canadá ratificaron o protocolo de Kyoto e Rusia anunciou que tamén o vai facer.

Tamén é sabido que Collin Powel, varias veces abucheado, interrumpido o seu discurso polos representantes das “oenegués” que participaron no foro, marchou pola porta de atrás protexido por vinte escoltas. O seu discurso, a mensaxe de Bush, sirveu pra frustra-los esforzos dos que acodiron a Johannesburgo de boa fe. Tamén agora se conoce, gracias a Greenpeace, a presión da industria petroleira americá sobre Bush. Greenpeace mostrou unha carta do grupo de presión, de data 2.8.2002, que despois do aviso inicial de Johannesburgo como escenario de mediocres sigue:”A túa presencia só axudaría a dar máis publicidade e faría máis creíble as axendas de varios anti-libertade, anti-xente, anti-globalización e anti-Oeste (....) Apoiamos con forza a túa negativa a asinar novos tratados de tipo internacional sobre o medio ambiente. O tema mundial menos importante é o potencial cambio climático e agardamos que os teus negociadores o poidan manter lonxe da mesa.”

O dito por Kofi Annan de que “non se poden agardar miragres en cumios como éste, pero dende logo non foi nengún fracaso. É un comezo, un comezo moi importante”, difire do afirmado polo representante da presidencia da UE, o danés Anders Fogh, no sentido de que “non podemos estar contentos con todo o acordado”, ou do manifestado por Pavel Fischer, da República Checa, que “non vai ser fácil explica-lo acordo; houbo compromisos dolorosos”, porque a Unión Europea non estaba conforme co proiecto de declaración final, ata o punto de que os seus compromisarios sinalaron que éste podería se-lo último cumio xigante pra veren de resolver problemas que nos afectan a todos. E numerosos países de África, Asia e Latinoamérica mostraron a súa decepción. Os resultados coinciden lamentablemente coas previsións de moitos analistas, que nalgún caso falaban da inutilidade da ONU nestas cuestións, nas que mandan os intereses privados, ata o punto de que moitas veces os políticos asumen cínicamente o deterioro medioambiental que a sociedade denuncia.

En definitiva, os grandes retos permanecen. Sen compromiso prá apertura do mercado dos países industrializados ós productos do Sur; sen novos acordos pra destinaren fondos de cooperación ó desenvolvemento; sen obxectivos concretos prá reducción da probeza, pódese apuntar como avance o compromiso a reducir á mitade os 1.200 millóns de persoas que non dispoñen de auga potable pró ano 2010, e os 2.400 millóns faltos de infraestructuras de saneamento, como tamén a intención de recupera-los caladoiros daquí ó 2015. En fin, un programa de intencións que non convence a nadie. A natureza ten un límite. I é o home o que a está agotando. A estas alturas da evolución do “homo sapiens” non debería ser necesario descobri-lo desenvolvemento sostible. Moitas xentes, que vivían no marco dunha economía de subsistencia, primaria, facían máis pola vida do planeta que as residentes en países industrializados, que moitas veces acabaron cos paraísos das outras.

VIAXARON NUN CONTENEDOR

Pontevedra, 23.9.2007

A Terra sanga de moitas formas. Nesa perda continua de valores, de cultura, de natureza, nalgún momento son os propios fillos os que se ven forzados a corta-las súas raíces, a esquece-lo seu pasado, a fuxiren da morte ou dos novos nazis. Da situación extrema do pobo palestino fala a seguinte noticia, que "mellora" a heroicidade dos subsahariáns navegando en pateras e cayucos:

De Gaza a Barcelona nun contenedor

Comezaron a viaxe na franxa de Gaza, no extremo este do mar Mediterráneo e finalizárona no porto de Barcelona. Según as primeiras investigaciós, os quince palestinos "sen papeles" chegados hoxe [0 22.9] á cidade condal viaxaron dende Palestina cara ó norte ata chegaren a Turquía. Dende alí, embarcaron como polizóns no buque turco "Irem Kal Kavan" e chegaron a España, pasando antes polo porto francés de Marsella.

A Guarda Civil atopou esta madrugada ós 15 palestinos, cinco deles menores, ocultos no interior dun contenedor do que os recuperaron en precario estado de saúde. Exhaustos, foron hospitalizados.

Según ten informado un portavoz da Delegación do Goberno de Cataluña, os inmigrantes foron rescatados cara as 4,20 horas desta madrugada. Aínda que en principio foron levados en ambulancia a tres hospitales de Barcelona, todo-los polizóns, salvo un, xa recibiron a alta. Serán devoltos a Turquía.

Un pergúntase a situación na que puideron viaxar e resistir sen apenas aire, cómo se puideron alimentar e convivir cos seus excrementos. Finalmente, alguén en Barcelona oeu a súa petición de auxilio.

JOHANNESBURGO (2), HORAS DECISIVAS

Nota. A nova Torre de Babel. Así nos vai por querer chegar ás estrelas. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevedra, 23.9.2007

Este que sigue é un dos traballos que, no ano 2002, escribín en relación co Cumio da Terra, en Johannesburgo. Nel terán participado, como sempre, voces críticas á par que os protagonistas que queren inserir ó planeta un estertor que moitos levamos percibindo de hai tempo. Moitas desas xentes, políticos con mando, son verdadeiros criminales á luz dos conocementos que se van acumulando. ¿Terá a sociedade global a posibilidade de lles montar algún día un novo Nuremberg polos seus crimes de lesa natureza?. Sigue o traballo, publicado no seu día en varios medios.

HORAS DECISIVAS [24.8.2002]
por Xesús López Fernández

Comeza o Cumio da Terra en Johannesburgo, ó que xa nos referíamos no traballo do pasado luns. A sostibilidade, unha vez máis, está en xogo, algo que non podemos esquecer porque todos somos culpables do que está a acontecer en calquera dos continentes ou a nivel local: desenvolvemento sostible, cidades sostibles. A natureza volveuse despiadada e como consecuencia do temporal de chuvias están a sofrir Austria e a República Checa, Eslovenia e Hungría, Alemania, aínda ameazada. Cando esto escribo –23.8— os chinos temen que o Yangtsé poida converterse novamente en vector de morte, e no entorno do Lago Dongting, que perde auga por 46 puntos, foron evacuadas 3.200 persoas, esfórzanse 15.000 soldados e 100.000 membros das milicias mentres que 900.000 traballadores vixían os diques, temerosos de que se reproduza a catástrofe do 1998, 4.000 mortos e 696.000 evacuados.

Pola contra, noutros países é a sequía a causa principal da miseria existente. Tamén a Arxentina vai camiño da autodestrucción, moitos habitantes a viviren no umbral da probeza. Os malos gobernos sucesivos e a corrupción política, son neste caso a causa primeira da ruína do país, por outra banda enormemente rico. Desconocemos qué recetas van sair da xuntanza de Johannesburgo pra un caso como o arxentino. En Sudáfrica estarán reunidos representantes de máis de 200 estados, dispostos a buscar posibles solucións no camiño de acadar ese arelado desenvolvemento duradeiro e de lle poñer cancelas ó cambio climático orixinado con toda a seguridade pola actividade dos homes. Pero a sensibilidade que nestos momentos poida existir en Europa non se dá nos Estados Unidos, onde o presidente George Bush propuxo o pasado xoves unha maior corta de árbores, “porque a menor densidade forestal faría menos devastadores os incendios”.

A medida proposta por Bush foi anunciada durante unha visita ó estado de Oregón, un dos máis afectados. Os ecoloxistas, naturalmente, miran máis alá e afirman que as autoridades “van usa-la traxedia emocional dos incendios pra conseguiren algo que o público non apoiaría: aumenta-la tala nas nosas terras públicas”, cortaren as árbores máis vellas, cobizadas pola industria madeireira. Mentres, aquí –como todo-los anos--, seguen ardendo os montes e a prensa do 23.8 recollía a noticia dun incendio en San Benito e Moreiras, nos concellos ourensaos de Barbadás e Toén, de máis de 500 hectáreas. Provocado. Provocado como case todos, pode que porque non se estea a repoboar na correcta dirección. E somos moitos os que creemos que se podería progresar máis no esclarecemento de tanta animalada. Pero volvendo á actitude un tanto cínica de Bush, o home lembra a un certo profesor de Dereito que tiña a solución prós accidentes de ferrocarril causados polo vagón de cola. Propoñía a supresión do dito vagón, algo semellante á idea que acaba de te-lo presidente americán. Mentres, o goberno do Brasil puxo en marcha a creación da maior reserva tropical do mundo, 41 millóns de hectáreas, na Amazonia.

A asociación ecoloxista Greenpeace vai estar presente en Johannesburgo e reclama a creación dun marco xurídico de responsabilidade empresarial por danos causados fóra das xurisdiccións de carácter nacional. Un informe da asociación, “Crímenes Corporativos”, denuncia a impunidade da que dispoñen empresas como Bolidén, que se cargan o medio natural. No informe citan 37 sociedades de ámbito multinacional que teñen cometido danos ó medio ou á saúde, sen teren asumido nen reparado a responsabilidade. Os 37 casos de “crímenes corporativos” abranguen diversos sectores como o químico, o forestal, mineiro, de enxeñería xenética, nuclear e petroleiro en distintas partes do mundo. Greenpeace propón que se cree un instrumento que garantice a indemnización de danos, “porque os acordos voluntarios adoutados nos cumios non están a funcionar”. Nos esperan horas decisivas.

MÉXICO, LIDER NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO.

Pontevedra, 23.9.2007

Noticia refrescante ésta que sigue chegada coas alertas de Google sobre cambio climático do día d´hoxe. Corresponde a un informativo mexicán, CRÓNICA de hoy, e ten o valor do optimismo que sir Crispin Tickell, nos quere transmitir. Hai que mante-la esperanza, pero sempre sobre a base do conocemento, da instrucción, da educación. E das políticas ambientalistas que moitos países terán finalmente que adoutar. México, según esta noticia, parece un exempro. Sigue a noticia:

CRÓNICA de Hoy, 23.9.2007

No se puede mostrar la imagen “http://www.cronica.com.mx/nimagenes/22/ddea1853d5.jpg” porque contiene errores.

México es líder latinoamericano en lucha contra el cambio climático, afirma sir Crispin Tickell, ambientalista maestro de Al Gore y asesor de Margaret Thatcher y Tony Blair

Por: Isaac Torres Cruz | Academia.

Por sus importantes trabajos científicos y ahora con la edificación del Centro Nacional de Vigilancia Climática Global de Gran Altitud en el volcán Sierra Negra, México encabeza en Latinoamérica la investigación del entorno natural y combate al cambio climático, aseguró el presidente emérito del Climate Institute de Washington, Sir Crispin Tickell.


Durante el recorrido en los terrenos donde se construirá el complejo atmosférico, el académico británico explicó que frente a este problema global, cada país tiene que adecuarse a las necesidades que demanda propio entorno, papel en el que se ha destacado nuestro país, gracias a sus trabajos de investigación en la materia.


Quien fuera asesor de medioambiente durante las gestiones de Margaret Thatcher y Tony Blair, señaló en entrevista que todo el mundo debe seguir la misma línea frente al combate del cambio climático, puesto que es un problema que nos aqueja a todos y del que nadie podrá escapar.


Evidentemente existen naciones cuyos compromisos medioambientales son más grandes, como los países más industrializados, que requieren reducir más sus emisiones, otros responden al llamado que les exige su entorno, como México”.
Dijo que cada país debe velar por sus intereses nacionales y llegar a acuerdos globales para alcanzar niveles de cooperación que repercutan en beneficio de todos.


EDUCACIÓN. El autor del libro Cambio Climático en el Mundo agregó que los gobiernos y la comunidad científica de cada país tienen un papel fundamental al educar a su propia población y a su opinión pública, para así explicarle a su propia gente “qué es lo que pasa en su entorno, la agonía por la que pasa su planeta”.


“Desafortunademante las poblaciones no entienden por sí solas las magnitudes de esta catástrofe mundial, por ello los científicos juegan un papel fundamental en el desarrollo de conciencias”.


Apuntó que a pesar de su negligencia el hombre es un ser inteligente, quien para lograr los cambios necesarios necesitará aprender cómo el más pequeño de los detalles repercute en una acción global. Dijo que la solución está en identificar los grandes problemas y el papel que puede jugar para solucionarlos.


Frente al panorama aciago del mundo, producto del acelerado cambio climático del planeta, Sir Tickell no pierde la esperanza, pero es a la vez realista frente a las acciones del hombre.


“Soy optimista porque no hay duda que el ser humano tiene un gran intelecto que lo sacará adelante, sin embargo a veces soy pesimista cuando pienso en la magnitud de su voluntad”.

Trayectoria del ambientalista

Sir Crispin Tickell es un reconocido diplomático británico. Fue asesor de los ex primeros ministros Margaret Thatcher y Tony Blair en el cuidado medioambiental. Además es maestro de Al Gore y autor de los primeros libros en esta materia, Cambio Climático en el Mundo, publicado en 1977.


Actualmente es el presidente emérito del Climate Institute, de Washington DC. Ha sido condecorado con el doctorado en Ciencia Honoris Causa de 23 universidades en el mundo y distinguido con la orden del Águila Azteca de nuestro país en 1994. Fungió como jefe de gabinete del presidente de la Comisión Europea de 1977 a 1981 y presidente de la Sociedad Científica más antigua de Inglaterra, la Royal Geographical Society.