jueves, 31 de mayo de 2012

O Cebreiro

 Templo prerrománico de O Cebreiro, o máis antiguo do Camiño francés, o primeiro en ser restaurado, a principio dos sesenta.  
O templo é célebre por se ter producido nel un miragre eucarístico: a conversión do pan en carne e do viño en sangue, do que se conservan as probas no relicario que se mostra na serie de fotos que siguen. Din que cando se produceu o miragre, a imaxe da Virxe inclinouse, pra mellor ver. 
 Como nunha nova e harmónica Babel, porque ó Cebreiro chegan xentes de todo o mundo,  incluso chinos e coreáns, alemáns ou alarbios, teñen á súa disposición un exemplar da Biblia.
 Altar presidido pola cruz no que o 20.05 celebramos unha eucaristía.  Oficiou o padre Paco Castro, superior do convento dos PP. Franciscáns de Santiago.
 O Cebreiro foi unha citania e inda conserva algunha das súas casas típicas,
 de sección circular, como as que aparecen en moitos castros galegos.
Don Elías Valiña Sampedro, un párroco providencial pró Cebreiro, gran dinamizador e restaurador do Camiño Francés. El comezou a campaña de marca-lo Camiño por medio dunha flecha amarela. Esa flecha é unha guía segura pra cantos se embarquen na aventura de recorre-lo Camiño, en tempos marcado pola Vía Láctea.
Relicario do miragre. No escudo galego figura o sacramento da Eucaristía. A catedral de Lugo mantén o privilexio da exposición permanente do Santísimo.

Pontevedra, 30.05.2012
Entrada n. 1525 do blog

    O Cebreiro,
por Xesús López Fernández

Pouco teño que decir sobre algo tan conocido como a historia do miragre eucarístico do Cebreiro, de cando un sacerdote non comprendía a fidelidade de Juan Santín, o home que tódo-los días acodía á santa misa. Precisamente un día de mal tempo, o crego quedou sorprendido ó ver que o home acodía ó santuario, a rezar, total...... por un pouco de pan. Pero no momento da consagración, o sacerdote non tivo outro remedio que creer. A Divina Providencia escolle eses camiños pra nos asombrar, o que no seu momento fixo que Europa volvese a súa mirada ó Cebreiro, como berce do Santo Grial..

O Camiño de Santiago está en fase de revitalización. Esta etapa d´O Cebreiro é unha das máis duras e desta parroquia foi cura Don Elías Valiña Sampedro.  O enlace que sigue refírese ós seus traballos:

Don Elías Valiña Sampedro, revitalizador do Camiño.

domingo, 27 de mayo de 2012

Unha aproximación ó Camiño


Vista dend´o campanario ou sinoiro norte da catedral de Pamplona.
Cartuja de Miraflores. Pinacoteca.
O camiño do vento e o das estrelas crúzanse no Alto do Perdón, en Navarra.

 
Baixada de Ibañeta a Roncesvalles, na arrancada do Camiño.
Santiago peregrino. Cartuja Miraflores.
Sillería. Cartuja Miraflores.
No claustro da catedral de Pamplona.
Contrasol en Burgos, beira do río.
Pontevedra, 28.05.2012
Entrada n. 1524
Artículo semanal.

Unha aproximación ó Camiño,
por Xesús López Fernández

            O pasado 14.05 partimos cara Roncesvalles, en autobús, con pousada primeira en Burgos, patrimonio histórico da Humanidade, e con visita á Cartuja de Miraflores, unha xoia do arte gótico pertencente ó baixo medioevo, accesibles actualmente pró visitante moitas das súas obras de arte. Seguimos cara Pamplona, con parada no Alto do Perdón, a uns 3,5km de Puente la Reina, onde se xuntan os camiños que entran por Roncesvalles e Somport. No Alto do Perdón, coroado de virandelos, existe un monumento ós peregrinos, concebido o lugar como unha encrucillada da senda que describen os que van a Compostela e mai-lo vento que move as aspas dos virandelos. A paisaxe estaba esos días pletórica, xa por prantaciós feitas con intelixencia, xa por estaren os campos, a pastos ou a cereal, densamente verdes. Os cultivos de colza, no País Vasco i en Navarra, aportaban un intenso dourado, unha nota de ledicia no espacio que estabamos a recorrer. 

            Segunda parada, Pamplona, con visita pormenorizada á catedral, ó museo catedralicio, sacristías e claustro; tamén á torre norte-campana María. Contamos naquela hora cun guía providencial, o propio deán da catedral. Seguiriamos despois paseando pola cidade, fundamentalmente polas rúas do casco histórico, ata a retirada ó hotel, do que partiriamos ó seguinte dia cara ó Alto de Ibañeta. Xa nese lugar, do que baixamos camiñando a Roncesvalles, unha pedra garda memoria de Roldán, da súa morte no ano 778, como tamén un monumento. Técense alí leendas diversas, especialmente sobre a influencia de Carlomagno na consolidación do Camiño de Santiago. E xa no século XI, tanto os peregrinos que se dirixen a Santiago como os cabaleiros extranxeiros que acoden á Península, encontran numerosas pegadas do paso de Carlomagno polo Sur de Francia e Norte de España. Comézase a ver no emperador a un salvador i evanxelizador coas armas contra o musulmán.

            Dend´a nosa arrancada de Rocesvalles (colexiata, albergue, museo, silo/osario común), a presencia dos peregrinos faise contínua, crece, cada camiñante a facere o seu camiño particular, a pescudare no seu corazón, Comentan no autobús que poucos días atrás chegaran a Santiago máis de mil peregrinos, que mesmo algo se pode estar a movere en Europa á procura das súas raíces cristiás. A riqueza cultural do camiño faise indescriptible: ermidas, conventos, catedrales. Gótico ou románico marcan cada novo día: Roncesvalles, Zubiri, Pamplona, Puente la Reina, Estella, Logroño, san Millán de la Cogolla (berce do idioma castelao), Nájera, Santo Domingo de la Calzada (o santo constructor, patrón dos enxeñeiros de camiños), san Juan de Ortega, en Castroxeriz; a catedral de Burgos; san Martín, en Frómista; san Tirso, en Sahagún; a catedral de León, Astorga, Rabanal del Camino, Ponferrada, onde se ergue o castelo dos Templarios; Vilafranca do Bierzo… O noso recorrido entra en Galicia: a colexiata do Cebreiro, no Caurel; Vilar de Donas, Portomarín, Melide, Santiago. No último tramo do Camiño, xa dende Vilar de Donas, a nosa paisaxe aparece traicionada.

            Díse que algún lugar abandonado volve estar habitado, que se recupera económicamenete gracias á influencia do Camiño, no que abondan os albergues; que incluso hai xentes que, despois de comprida a súa promesa de chegar a Santiago, encontran un sentido prá súa vida traballando como hospitaleiros ó servicio dos novos camiñantes, pra cura-las súas feridas. Nos restos do que foi convento de San Antón, que visitamos  estaba vivo un albergue e un pequeno hospital, retomando talvez a entrega ós peregrinos da vella orde antoniá. Frai Paco Castro ten un  libro que recolle a súa experiencia do Camiño, de cando o fixo en trinta etapas, un libro rico en exemplos, como os de Carlos e Fermín: Carlos camiñaba con dificultade por unha tendinitis e mesmo lle aconsellaran os médicos  que regresara en autobús a Toledo, pero non quixo, tiña que chegar a Santiago. Pero é que o home, que camiñaba á par dun amigo, pousando un cóbado no brazo do outro camiñante pra percibi-las dificultades, ¡estaba cego!. Non-obstante, no seu magnetófono, facía cada xornada o seu resume: “Hoxe hemos visto….”. E Fermín,  un home ledo que aparecía e desaparecía, de vocación franciscá, tomara a decisión de dormire ó raso, nunha casa abandonada, nunha igrexa arruinada; de non ocupar praza nos albergues. Renunciaba en favor doutros peregrinos. Ésa parece ser unha das metas de moitos dos que fan o Camiño: estar ó servicio dos demáis.  Non poucos coinciden en que é o románico o que máis os marca; que non sería mala cousa prós poderosos embarcarse nesta aventura pra, dese xeito, non envilece-la política i estare ó servicio dos demáis, darlle protagonismo ó seu corazón. O país iría mellor.            




sábado, 12 de mayo de 2012

A burla da Lei de Costas

 Unha vista da fábrica de morte. A presencia de mercurio e dioxinas na ría veu compromete-la riqueza natural, ata o punto de que os franceses, como xa teño dito, non queren mexilón da ría de Pontevedra nen dos sectores de punto Meloxo e O Grove, na ría d´Arousa. É seguro que están avisados, ¿por quén?. O problema é hoxe de tal magnitude que as conserveiras da ría envasan como galegos mexilóns importados de Chile. Etc.
 Vista dantesca dend´a cruz dos Caídos de Pontevedra, cara á ría. A cidade que fora berce de mariños ilustres, hoxe perdeu prácticamente o mar.  
Alberto Núñez Feijóo e Arias Cañete, "gurús" ambientalistas que están a frearen a execución de sentencias do TS e mai-la aplicación da Lei de Costas. O seu discurso, permanente contradicción.

Pontevedra, 12.05.2012
Entrada n. 1523
Artículo semanal, do 14.02.2012

A burla da Lei de Costas,
por XesúsLópez Fernández

            Estamos vivindo un tempo informativamente caótico en relación co tema Ence. Discursos e contradiscursos. Políticos de distinta etnia, á hora de falare do asunto, traen un recado falaz,  aparentemente afouto ou ardido, a prol do comprimento da Lei de Costas, pero cando os discursos crecen caen nun mar de contradicciós, nese mesmo mar que hai un días asolagaba a avenida de Marín, en Lourizán. Eso é xa, en principio, a consecuencia de teren alterado o fondo intermareal da ría. Pero a cousa queda como algo anecdótico no canto de valer pró reconocemento dos pecados ecoloxistas que aquí se levan cometido, na traición permanente dos diversos partidos. ¿Pra cándo un estudio do lucro cesante que pra esta ría e prás xentes que vivían do mar veu representare a instalación en Lourizán de Ence i Elnosa? A lei de Costas parecía marcare un umbral de esperanza, un instrumento prá corrección de tanto disparate como se leva consumado. Pero, nada, como se a L. de Costas non existise.

            Os señores Arias Cañete, Núñez Feijóo, Hernández, as xentes do BNG, tamén o PSOE, falaron estos días do tema, pero nada teñen que vender. O seu discurso de que a concesión de Ence vence no 2018 é doudo e hai tempo que non vale. Non teñen nada máis que volve-la vista á sentencia do 19.05.2011 que condena á Administración a incoare o expedienete de caducidade de Ence, S.A., e tamén á adoución de tóda-las medidas legalmente comtempladas prá paralización das actividades e suspensión do uso i explotación das instalaciós  que o Grupo Empresarial Ence, S.A., ven realizando no terreo demanial de Lourizán. ¿Por qué o M.A.R.M. do señor Arias Cañete non se move e colabora na execución da sentencia?  ¿Por qué o PP non tomou a decisión de restaura-lo ministerio de Medio Ambiente, do que nalgún momento foi creador? O partido non se pode deixar levare de certas querencias que solicitan incluso un novo Plan Portuario pra doutaren ás empresas dunha maior seguridade xurídica. ¿Cómo? ¿É que se poden come-lo mar e aínda recibir premio? ¿Por qué non se executan as sentencias e sancionan ós presuntos delincuentes?

            Temos que pensare, en relación co que aquí acontece, como se esto fose unha especie de pozo negro de miseria ambiental xeneralizada, e os políticos, os poceiros que terían de actuaren prá rexeneración do ecosistema e urxiren o comprimento das sentencias do TS, miran pra outro lado. Vergonzosamente. A proba está en que en poucos días caíron en alastradora contradicción, cada mandiño co seu recado salvífico disimulando e, pra faceren boa a lei, finxen non se enterare e miran pra outra parte… Antre outras cousas e pra nadar e garda-la roupa Núñez Feijóo afirmou, despois de ter dito que habería que reconsidera-la posible prórroga de Ence despois do 18, ¡qué susto!; afirmou que é o seu goberno o primeiro en lle poñer data non prorrogable á pasteira. Pero esquecen, tanto el como Arias Cañete que, según a sentencia devandita da Audiencia Nacional, procede a cancelación desa aludida concesión; é decir, que Ence está xa fóra de tempo.

            Recuperado pró dominio público marítimo terrestre o espacio que tivo en concesión José Malvar Construcciones; tamén o que ocupaba Holcim sen concesión e que xa non ten actividade, quedan agora algús pasos a dar prá liberación das Marismas de Lourizán, pra acabare coa presencia no lugar da pasteira do Grupo Empresarial Ence, S.A., de Elnosa e da Edar d´Os Praceres, asentada nun área non segregada do terreo concesional da antigua Ence, S.A. Confiemos en que en pouco tempo se produza unha nova sentencia liberadora e se abran as conciencias dos políticos, que deben traballare ó servicio da Lei. Pontevedra e Marín levan sofrido moito, convertidas en áreas de saúde deprimidas ó longo de anos, algo que xa definía o goberno franquista no 1973 ó tempo de descarta-la recalificación das marismas como terreo industrial. Pra evitaren problemas prá saúde e convivencia humás decantabase por un traslado de Ence i Elnosa.  ¡Non máis burlas á Lei de Costas!.

martes, 8 de mayo de 2012

En Grazalema (Cádiz)


 Descripción da xenealoxía de Grazalema pola ceramista María Guillén.
Panorámica da vila, que hoxe vive do turismo.
 Vista panorámica do pobo, un dos pobos brancos das serras de Cádiz.
 Pinsapos en Grazalema. Trátase dun endemismo da zona e tamén da chamada Sierra de las Nieves, en Málaga. Existe  unha variedade próxima no Atlas e outra máis próxima nos Urales.
 Existen moitas ruelas como a desta foto.
 Vista completa da xenealoxía feita por María Guillén, a ceramista.
 Casa consistorial de Grazalema.
 Panorámica da praza do Concello, onde non faltan as farolas fernandinas, unha constante no urbanismo andaluz.
 O pobo dominado pola serra.
Serra de Grazalema, sobindo cara ó pobo dese nome.

Pontevedra, 8.05.2012

Entrada n. 1522 do blog

En Grazalema,
por Xesús López Fernández

Grazalema é un dos moitos pobos con encanto da provincia de Cádiz. Lugar hoxe habitado por uns 2.200 habitantes convirteuse en cita obrigada pró turismo internacional, a pesar de rexistrárense alí os índices publiométricos  máis altos de España. O día da miña visita caíron  máis de cen litros por metro cuadrado.

Na serra existe unha inmensa variedade vexetal, sendo de destaca-la especie pícea pinsapo, da que se inclúe nesta entrada un primeiro plano. Tamén é frecuente ver voar águias, mesmo avutres, aves que parece queren imitare os parapentistas. 

Limito esta entrada máis que nada á presentación das fotografías expostas, posiblemente non as mellores que fixen.

Ence, momento triste

 Ence-Elnosa, as factorías da morte da ría de Pontevedra, presuntamente participadas polos distintos grupos políticos.
Decían que a concesión vencía o 2018, e a eso  aférranse políticos inanes á hora de construiren o seu discurso seudoambientalista e que non se lles note o seu grado de culpa cando a actual factoría carece, presuntamente, de licencia. E nese sentido ten dado o Supremo orde de incoa-lo proceso de anulación concesional á antigua Ence, que é unha empresa distinta da actual do Grupo Empresarial Ence, S.A. Seguro.  

Entrada n. 1521 do blog


Ence, momento triste,
por Xesús López Fernández

Cando se acaba de producir unha inundación na chamada avenida de Marín, que transcurre por dominio público marítimo terrestre, á altura do complexo pasteiro que, se houbera dinós e decencia política, hai tempo que tería de estar erradicado, queren tomar disposiciós dend´a sinrazón certos "responsables" políticos. Esa inundación evidencia como polos disparates urbanísticos aquí acometidos, pola construcción demencial de infraestructuras, polos recheos deshonestos a "beneficio" de quen se supón, pero non da ría; a inundación sirve pra evidenciare cómo foron cambiando aquí a dinámica das mareas, das augas do esteiro, espacio sensible así definido polo doutor Buenaventura Andreu hai máis de vinte anos; e todo foi cambiando pola actitude esquizoide da caterva política que tenta destroire non só o espacio demanial senón a ría toda.

El País inclúe hoxe a noticia do enlace que sigue, que vale pra nos poñer en alerta sobre a posible permanencia de Ence e outros disparates cando aquí todos tememos o peor de Arias Cañete, unha nova lei de Costas depredadora. Según a noticia de El País, Feijóo vai estudiare a posibilidade dunha permanencia de Ence máis alá do 2018, parece que sen pensare na aplicación da Lei ou nas consecuencias pró seu discurso político, privado así, en gran parte, de contido. 


Texto de El País:

Si la planta de celulosa de Ence seguirá en la ría de Pontevedra más allá de 2018 es algo que no está claro. Aunque la Xunta lleva meses insistiendo en que esa fecha, cuando termina su concesión para ocupar los terrenos, será la que marque el traslado de la papelera, la Ley de Costas que prepara el Gobierno abre la puerta a una prórroga. Ni el ministro de Agricultura y Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, ni el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, descartaron ayer esa posibilidad.

“La Ley de Costas va a dar más seguridad jurídica. En caso de viviendas, la prórroga de las concesiones administrativas será automática, pero es evidente que las instalaciones industriales que pueden tener problemas medioambientales tienen que estar sometidas a nuevos requisitos medioambientales, a informes y a una serie de determinantes que pueden conducir a que la prórroga no sea automática”, dijo Cañete, quien aseguró que la voz de las comunidades autónomas será fundamental a la hora de tomar la decisión. Feijóo replicó: “Es verdad que Ence caduca en 2018. La ley no hace prórrogas automáticas y entre el ministerio y el Gobierno habrá que evaluar la situación”.

Pero, non, señor Cañete, Ence tivo concesión; Grupo Empresarial Ence, S.A., non-a ten. Non sei si me entende.... 

También se apresuró a matizar Feijóo que la intención de la Xunta no ha cambiado y que sigue siendo trasladar la papelera al interior de la comarca de Pontevedra “para dar la mayor viabilidad económica, financiera técnica a esa celulosa”. Aunque insistió en que no hay un cambio de postura, sí varía la contundencia. Mientras el conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, decía hace cuatro meses que mantener Ence en la ría más allá de 2018 sería un “fraude para el elector”, su presidente se queda en un más tímido: “Tendremos que valorar entre el Gobierno central y la comunidad autónoma el posicionamiento”.

Estas respuestas sobre el futuro de Ence las dieron ayer Feijóo y Cañete en Madrid tras la firma de un convenio entre ambas Administraciones por el que invertirán 170 millones en el desarrollo rural durante los próximos cinco años. Galicia es la segunda comunidad que se suma a este acuerdo tras La Rioja. Las únicas, según subrayaron ambos mandatarios, que cumplen los requisitos de estabilidad financiera para hacer tales inversiones.

¿Seguro que van invertir no desenvolvemento rural esos 170 millós de euros, en qué? ¿En máis abandono subvencionado, en máis plantaciós de eucaliptus?.

Tras la firma, tanto el ministro como el presidente aseguraron que las más de 300 actuaciones comenzarán en las “próximas semanas”. Inversiones en turismo, para uso extensivo de recursos pastales, infraestructuras medioambientales, un laboratorio agroalimentario, cursos de formación de seguridad e higiene en el trabajo, actuaciones de conservación de reservas, subvenciones a comunidades de montes, ferias y planes de modernización del comercio serán algunas de estas actuaciones. Ni Cañete ni Feijóo concretaron, sin embargo, cuántos puestos de trabajo se crearán.

¿Por qué non fan un estudio certo prá recuperación ambiental da ría de Pontevedra ou valoran o lucro cesante orixinado pola contaminación de Ence i Elnosa, incluso a incidencia na manifestación de certas enfermedades, convertidas Pontevedra e Marín, por esa razón, en zonas deprimidas?
  
Feijóo aprovechó el encuentro con el ministro para plantear otros asuntos, como el futuro del sector lácteo, en el que Galicia es la principal comunidad afectada con un 40% de la producción total: “Hemos pedido que se clarifiquen las reglas en el sector lácteo, que se concreten los precios”.

El PSdeG criticó el convenio firmado ayer por Feijóo y Arias Cañete, porque "pospone en dos años la ejecución de los planes de la zona", lo que en la práctica supone "boicotear la cohesión social y la vertebración territorial" de Galicia, acusó la diputada socialista Sonia Verdes.

jueves, 3 de mayo de 2012

O idioma, creación social

Fantasía sobre a Torre de Babel. 
Icono fractal en relación cos disparates que se levan feito co idioma galego. Sociedade desvertebrada, o idioma esmorece sen pausa.

Pontevedra, 4.05.2012
Entrada. 1520 do blog
Artículo semanal do 30.04.2012, que inclúo agora, despois dunha viaxe a Andalucía.

O idioma, creación social,
Por Xesús López Fernández

            Hai xa tempo que non toco este tema: o idioma, o idioma galego tamén, como creación social. Aínda o pasado 24.04 publicaba Alfredo Conde un traballo n´El Correo Gallego sobre normativización e normalización da nosa lingua. O autor declárase partidario dunha normativización certa, nunca da emanada a partir de decretos ou de ukases, como normas que poden parecer inxustas ou tiránicas. Efectivamente,  normativización e  normalización son cousas distintas, maiormente cando o que algús parecen tentare é xustamente a anormalización da fala, da fala que frai Martín Sarmiento recomendaba como gran depósito da lingua: “Facede o idioma  a partir da fala”, valorando a súa gran riqueza en palabras hoxe esquecidas polos que, duns anos a esta parte, veñen a nos dictare decote novas normas, no que parece unha obra de enxeñería en contra do idioma socialmene creado. Consecuentemente, moitos queren construí-lo seu discurso, político ou relixioso, en base a esa normativa que podemos denominar como “normas da deriva”, especie de fuxida das nosas raíces.

            Dí Alfredo que o inglés e outros idiomas  non dependen de ukases nen de ningún grupo de lingüistas; que, sen embargo, son capaces de autorregulárense a partir do principio de que, sendo linguas vivas, i ése é aínda o caso da galega, os criterios que a rexen son sociolóxicos antes que académicos. O galego pode estar en peligro certo, poden quedarlle según algús trinta ou menos anos de vida porque moitas veces se está a traicionare o noso léxico, como ben apuntaba Uxío Novoneyra, oposto ás normas do 83, á política da RAG, á AS-PG e ós partidarios do reintegrado. O autor caurelao incluso chamaba traidores ós escritores que non asumisen o leigado popular e alomeaba a esa especie de interlingua saída de normas e contranormas como “a lingua da non-patria”, causante talvez, o galegués,  dun abandono crecente do idioma polas nosas xentes.

            Avisaba Moralejo, en “A lingua galega e os seus problemas”, do trastorno que se podería derivare da imposición dunhas normas coas que os galego-falantes non se irían atopar cómodos ó lles prohibiren ou censura-lo seu uso do idioma centenario pra lles impór formas e xiros abertamente alleos. Sería moita teima coller ó que de sempre falou galego pra lle decir que catro, dez ou mil autoridades acordaron que o que el fala está mal falado.  Parvadas, de certo que sí, xa que o común dos cidadáns entende perfectamente cando o idioma, a súa creación social, está enxebremente tratado ou cando, como interlingua artificial, veu dare, como discurso de moitos, en pura opereta. Moralejo incluso fala dunha reacción de desidentifación do galego-falante cando lle trufan o idioma con palabras portuguesas non intelixibles, non próximas á nosa realidade lingüística, que ven sendo a verdadeira fronteira co país veciño, máis firme na “raia seca” ourensá que cando o Miño asume ese protagonismo.

            Aquí traballouse na fixación --¿?— do idioma con criterio, cando menos, pouco prudente, ó mellor pensando no mercado portugués do libro. Coido que podemos falare de fracaso, porque os idiomas vanse formando co tempo, lenemente. E así, as palabras confórmanse cando están maduras, cando a sociedade as acolle; daí que,  dende a raiz latina, según o momento histórico, os grupos consonánticos e vocálicos asumen unha transformación que ó mellor xa non é posible pasado o seu tempo. O xenio do idioma do que fala Alex Grijelmo, ten un reloxio na man, i é puntual i é estricto, de manga estreita. Precisamente “estricto” i “estreito” teñen a mesma raíz. Máis evolucionado o último. O primeiro, término culto, está tomado máis tarde do latín eclesial. O xenio do idioma do que fala Grijelmo –El Genio del Idioma--, é soave no seu actuar. Aínda así, a flexibilidade da lingua, á que se lle supón unha continua evolución, queda  lonxe da que algús quixeran. Os cambios bruscos non lle van ó idioma, creación social. Pódeno incluso matar ou reducilo a unha simple caricatura.