domingo, 30 de marzo de 2014

A resiliencia como exercicio

 O porvir da Terra pode depender mesmo da capacidade como resilientes dos seus habitantes pra revertir situaciós adversas, mesmo de fractura grave de ecosistemas, de actuaciós delictivas ou sancionables penalmente, nas que poden estaren implicadas as propias Administraciós, algo evidente en moitísimos casos. 
Os veciños de Punxín, Ourense, ocuparon a sáa dos plenos e alí permaneron este domingo, fundamentalmente pra xestionaren a baixa no precio da auga, un servicio hoxe privatizado. Suponse que no proceso de privatización do servicio houbo cousas raras. O asunto está sendo investigado pola xuez de Lara, a do caso Pokémon, porque na movida da privatización inicial aparece o Grupo Vendex.  Pero o peor do caso en Punxín é que ós veciños estaban a lle suministraren auga con case tres veces o nivel de arsénico procedente dun dos pozos de captación. Os veciños levaron o caso ó Xusgado, o que poderiamos definire como actitude de resiliencia si realmente consiguen reverti-la situación. 

Certo que pode non sere un exemplo moi notable, que mesmo deberiamos ter usado outros casos como exemplos certos de resiliencia. Pero é que hai cousas que, de momento, non quero tocar.O artículo semanal queda un tanto corto, certo,  en canto a exemplos concretos.

Pontevedra, 31.03.2014
Entrada n. 1749 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra


  A resiliencia como exercicio,
por Xesús López Fernández

            Xa nos temos ocupado do concepto de resiliencia, palabra prá que caben diversas definiciós. Imos volver sobre o tema, sobre a capacidade do home, individual ou colectivamente, de resistire a cambios que mesmo poden compromete-la súa seguridade, o seu benestar, a súa vida. Catástrofes como a da central de Fukushima; as dos diversos tsunamis que se levan producido; os destrozos causados polo Katrina, nos Estados Unidos, mesmo a catástrofe do Prestige, son dramas que requeriron e requiren xigantescos esforzos da sociedade pra, en certo sentido, regresare ó punto de partida, recupera-lo capital natural, curiosamente por medio do capital social que pode mesmo ser un factor de riqueza certa. Cando do Prestige, o chapapote emporcou gran parte do litoral europeo, especialmente ferida a beiramar galega. Viñeran daquela incluso xentes do Extremo Oriente pra se integraren, enfundadas de branco, nun especial exército de salvación, resiliencia en estado puro que, no caso do Prestige, funcionou como unha orquesta perfectamente afinada prá salvación.

             Detrás de moitas das agresiós sofridas polo medio natural hai normalmente actores conocidos. Pódese decir tamén que a Administración, moitas veces, non está fina, como se fixese abandono dos seus deberes, e mira pra outro lado. Por exemplo e según noticia destos días, os veciños de Punxín estaban a seren sortidos con auga cara e que contiña algo máis que trazas de arsénico, máis do doble do que se estima normal. Dend´o pasado mes de outono, os investigadores denuncian ilegalidades producidas no concurso que privatizou o servicio e incluso da calidade da auga distribuida por Aquagest. O Seprona di que, ademáis, a empresa ocultou a presencia de arsénico, tóxico de orixe natural que pode producir cáncer. Os informes da Guarda Civil acusan á concesinaria da auga dun suposto delito contra a saúde pública “por teren fornecido, con conocemento, auga contaminada”. Dí tamén o Seprona que a cifra de arsénico sitúa o caso no borde do “ilícito penal”. A empresa e a Administración conocían a existencia do arsénico previamente, e non asumiron os deberes.

            O asunto está xudicializado. Os veciños acodiron á xuez De Lara, a que leva o Caso Pokémon. A empresa concesionaria aparece relacionada co Grupo Vendex. E foi De Lara quen ordeou ó Seprona a investigación sobre o estado da auga. O sumario recolle en varios tomos cómo unha das empresas implicadas na Pokémon aplicou a pequena escala neste concello de 700 veciños, tódo-las prácticas presuntamente corruptas pra conseguiren contratos que salpican Galicia. Non é normal que un colectivo de 700 cidadáns teña claro que algo cheira mal e, solidariamente, actúen en clave de resiliencia, algo que non se dá noutros casos próximos, como o que acontece en Pontevedra co embarcadeiro do club Naval. Como é sabido, os directivos interéranse polo dragado do río, que se mostra complexo e posiblemente inútil. Cando baixa a mar, as embarcaciós descansan sobre o gran tremedal que se veu deseñando á par que o abandono do capital natural. Falan de dragar, pero non de analizar; tampouco de cómo restaura-la dinámica das mareas, coido que a única solución pra unha cidade que se dí adherida á  Carta de Aalborg de Cidades Europeas cara a sustentabilidade. 
  
            Rematemos cunha cuestión: ¿É posible a convivencia dun ecosistema natural con outro de natureza urbáa? É posible cando a xente da rexión está interesada e comprometida pra evita-la contaminación, a desfeita e disrupcion severa dos ecosistemas naturales. Cando se perde a sensibilidade, cando se deixa de vivir con respeto a relación do home co medio natural, que debe ser coidado como un territorio sagrado, están sonando as alertas do punto final. A resiliencia ten que ser un exercicio vivo e constante, mesmo de concentración de vontades, como cando foi do gran concerto coral formado por voluntarios de todo o mundo contra o Prestige. Talvez radique máis na conciencia vivaz dalgunhas asociaciós que no segmento público das nosas urbes. Contra o ninguneo dunha Administración que pode ser mesmo culpable.

domingo, 23 de marzo de 2014

Idioma e memoria

Mostro de novo o meu icono sobre o caos normativo, porque o traballo semanal vai, desta volta, novamente sobre a lingua lar, e tamén sobre a súa convivencia co español, tan fácil e convinte; sobre idioma e memoria, conceptos relacionados. Na memoria lonxáa podemos atopar mesmamente espacios sagrados. Idioma i espacios poden estaren ameazados, agredidos dend´o Diktatt estalinista maridado, por medio da enxeñería da lingua velada polos comisarios políticos da RAG, coas políticas desta terra. 

Pontevedra, 24.03.2014
Entrada n. 1748 do blog
Artículo semanal (Diario de Pontevedra)

Idioma e memoria,
Por Xesús López Fernández

            Cando un procura atopar na memoria o marco xeográfico dos primeiros pasos pola vida, poden mesmo renacer espacios que parecían esquecidos, lugares case sagrados ligados a esa memoria. ¿Dende cándo, ós dous, tres, ós catro ou cinco anos? Pode un lembrare nidiamente os primeiros xogos no entorno dun xardín ou alameda; a vista reiterada do mar dend´un balcón da casa, na fachada marítima da cidade; mesmo o desgarro do litoral con grandes recheos nos que aparecían conchas de gran tamaño; a visita a certas praias hoxe desaparecidas coa presa do home por se carga-lo capital natural, tamén o capital social a el emparellado. Na distancia, o home adulto que garda memoria dos lugares sagrados do neno que foi, mira anoxado o resultado do que se lle mostra como obra dunha certa “progresía”, ou ignorancia, da agresión ós lugares virxinales da súa memoria.

            A esa memoria está tamén ligada a fala primeira, a patria primeira, as palabras que o neno foi aprendendo, mesmo outras falas con aquela primeira concitadas, novas patrias en función do grado de instalación nas novas linguas depositadas na memoria. Eso é así, e nos nenos e nenas cos órganos de fonación aínda non troquelados por unha única lingua, a aprendizaxe simultánea de varias é posible, un don do que os adultos non sempre somos conscientes cando hoxe é sabido que o feito de falar varios idiomas non sóo é bo pró curriculo dun mozo que busca traballo, senón que mesmo pode conlevare certos beneficios neurolóxicos anos despois da xubilación. Un estudio recén conclúe que os adultos maiores que falan tres, catro ou máis idiomas poden estar máis a salvo que outros coa memoria menos traballada. A maioría, certo, xa conoce as vantaxes culturales de aprenderen linguas, mais agora tamén se estima  esa aprendizaxe como beneficiosa prá saúde. As persoas que falan diferentes idiomas poderían desenvolver procesos cognitivos particulares que mesmo teríanas axudado a seren máis resistentes ó envellecemento  do cerebro e ó deterioro cognitivo na vellez, algo que podería constituir unha motivación adicional pra aprenderen máis idiomas.  

            En Galicia poderiamos vivir unha situacion de certo privilexio a pouco que se traballara coa idea de modela-los plans de educación en base ó chamado “bilingüismo harmónico”, á procura de mostra-las analoxías existentes antr´os idiomas galego i español. Pero existen motivos de preocupación certa porque de cada volta están a cambia-las normas da fala, algo certamente peligroso e do que Moralejo avisaba hai tempo, porque os idiomas son creaciós de carácter social. Definía incluso a lingua como fronteira, máis evidente na “raia seca ourensáa” que no tramo marcado polo Miño. Os cambios vanse producindo vagariñamente, ó longo de xeneraciós, de séculos. E non parece nos poidan valere as normas impartidas dend´a RAG, que parecen máis pensadas prá nosa extraterritorialización, prá nosa expulsión da lingua lar; tamén do español, como si estivesen pensadas pra frustraren a nosa convivencia.

            En plan máis xeneralista volvamos ó enunciado do título: idioma e memoria, ambos conceptos ligados. Se no noso pequeno planeta puido haber 20.000 linguas, hoxe deben quedar 10.000, cifra modificada pola propia dinámica dos pobos, pero o home pode adoutar unha actitude de resistencia certa á douda imposición de políticas de inmersión ou asimilistas. Mircea Eliade, historiador das relixiós e dos mitos, viaxou por moitos países; aprendeu italián pra conoce-la obra de Papini; inglés, pra estudia-la de Frazer. E viaxou á India pra estudiare sánscrito ou facerse eremita no Himalaya, mesmo prá pescuda dos antecedentes neolíticos do cristianismo. Pero, xa casado e polo ancho mundo, a lingua rumana era a súa patria. O idioma, os idiomas, son definidos como patrias. Nese sentido pódese dá-lo caso de xentes que teñan diversas patrias, en función das linguas de instalación. Moitos galegos temos un claro compromiso co galego e o español e defendemos ambas patrias e idiomas cando nos están a disputaren a propiedade da lingua dos afectos, da que gardamos fiel memoria, como tamén dos espacios sagrados da nosa infancia.

domingo, 16 de marzo de 2014

A camelia galega, internacional

 A camelia, oriunda de Xapón, China e India, adaptouse de sempre en Galicia. Agora chegan visitantes de todo o mundo, en particular cando se celebran congresos i exposiciós.  
Don Alfonso Armada Comyn foi un gran cultivador de camelias, no seu pazo de Ortigueira, en Santa Cruz de Ribadulla, Vedra, provincia de A Coruña. O enlace que incluímos dun suplemento de El Mundo, Crónica, "un elefante entre camelias", aclara esto e outras cousas, como a súa afirmación de non ter sido inductor do 23F.

Pontevedra, 17.03.2014
Entrada n. 1747
Artículo semanal, no Diario de Pontevedra

 A camelia galega, internacional,
por Xesús López Fernández

            Cando se cumpren 50 anos da primeira exposición da camelia, a flor das Rías Baixas, a flor, un escaparete ó mundo, acaba de recibi-la gran alternativa coa celebración dun congreso organizado en Pontevedra pola International Camellia Society. Xentes chegadas de dezaséis países, quedaron sorprendidas da gran presencia da camelia nos lugares visitados: xardíns, pazos, incluso entornos urbáns. A camelia, que forma parte da nosa paisaxe, pode ser un dos grandes reclamos turísticos da provincia, xunto coa gastronomía, rutas enolóxicas, boscos, sol e praia (mágoa que en Pontevedra cidade non teñamos praia!). Xa que logo, a camelia ven ser unha especie de nexo, de signo de identidade. E o 14.03, na clausura do congreso no castelo de Soutomaior, os representantes  de Dali (China) recibiron as credenciales prá organización do próximo congreso da ICS.

             A flor, como se sabe, chegou de Oriente. Dela tíñase conocemento mil anos antes de Cristo, fundamentalmente porque a partir das súas follas elaborabase un bebida moi apreciada: o te. Tamén se obtén aceite, especialmente dalgunhas especies como a C. oleifera, una aceite usado na fabricación de productos cosmétidos e de carácter medicinal. A camelia sinensis era daquela venerada no sudesto asiático, o seu habitat orixinal. Cara a fin do século XVII sería descoberta polos navegantes europeos, que amplificarían a súa difusión máis alá da divulgación feita polos monxes budistas. Unha peza importante na súa chegada a Europa foron os barcos da Compañía Holandesa das Indias Occidentales. Díse tamén que acaso foron os xesuítas e os comerciantes portugueses, holandeses e ingleses os que a trouxeron a Europa. Dende Portugal, onde se supón existe dend´o século XVII, pasaría a España, no século XVIII. En 1735 Línneo púxolle o nome de Camellia como homenaxe ó xesuíta  Georg Joseph Kamel, morto nas Filipinas.

            Suponse que nalgús pazos galegos conservan aínda esas vellas camelias convertidas hoxe en impresionantes árbores centenarias. Parece que aquí, coa humedade atlántica e a acidez do noso chan, danse as condiciós óptimas pró crecemento das camelias, que ademáis non precisan de grandes coidados.  Nalgús pazos como os de Figueroa, Lourizán, Quiñones de León, en Castrelos (Vigo), Rubiáns e outros existen exemplares considerables, como unha “camellia reticulata” duns 15 metros, en Oca, considerado como un dos máis vellos de Europa.  O xénero está formado por máis de duascentas especies, das que destacan dúas: a “camellia sinensis”, antiguamente “thea sinensis” e a “camellia japonica”, que é a que ten dado lugar á maioría das variedades de xardín que existen actualmente. Hai incluso algunhas que arrecenden, cunha fragancia sotilísima, case inapreciable. En espacios urbáns precisan dunha certa protección e coidados que non sempre se dan.

            No pazo de Ortigueira, en Santa Cruz de Ribadulla, don Alfonso Armada Comyn, tivo ocasión de explicare algús particulares da súa propiedade de 36ha. O 21.01.2001, El Mundo, no seu suplemento CRÓNICA, publicaba unha entrevista ó ex xeneral na que éste aclaraba, ó falare das súas terras, que aquel era o seu solar e que sempre se definira como un namorado da súa terra i ecoloxista convencido. Mante-la finca saía caro, pois en principio había dez traballadores en nómina e, aínda que producían terneira galega, queixo, augardente, viño, mazás (200.000 tn), era mellor especializarse, centrarse no negocio das flores, en atención á humedade ambiental e á acidez do chan. O tempo confirmaría que a tal decisión fora acertada. En torno a ese capítulo, considerando fundamentalmente a venta a maioristas, o negocio andaría en torno ós vintecinco millós de pesetas.  Os periodistas coidaban que as camelias eran unha afición serodia de Armada cando  foron unha atención de sempre, se ben levaba vinte anos coa súa comercialización. E xa un seu antepasado, o VIII marqués de Santa Cruz, construíra un invernadeiro no XIX e fixo traer camelias de Francia, Gran Bretaña, Bélxica e Portugal. Armada traballaba, xa, na internacionalización da camelia.

domingo, 9 de marzo de 2014

O mar sí ten memoria

 Na praia Grande, de Miño, o mar trasegou cantidade d´ameixas. Non todo foi perda, pola salinidade das augas. 
 Ondas galgantes no litoral coruñés.
En Viavélez, Asturias, o mar mostrouse así de bravo. Ardentío espectacular. O mar sabe face-la peineta.(fotografía de Astur. Hugo Montes Fdez.)
Non somos nada ante un mar así...

Pontevedra, 10.03.2014
Entrada n. 1746 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra


O mar sí ten memoria,
por Xesús López Fernández

            Parece que xa estamos na primavera e que ésta ven preñada de flores, algo que hai días resultaba impensable sometidos como estabamos ó pesimismo das cicloxénesis estourantes, remedo de tsunamis encadeados que causaron importantes danos ó longo da costa de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, como se o mar quixera tomarlle a medida á franxa litoral, o terreo demanial decote máis agredido pola presencia humáa, polo urbanismo mal pensado. Así as grandes ondas de ata dez ou doce metros, o ardentío galgante, non sóo se atopou coas sirtes e farallós, cos acantilados, senón tamén coa obra do home: paseos marítimos, diques de abrigo, casas feitas sobre da area. O mar debeuse atopar extrañado, dono de rúas i estradas, véndose obrigado a reventare balaustradas, paseos, mesmo estructuras portuarias… Sería un pouco longo facer agora inventario de desastres. E aquí entra un pouco o xogo da memoria, parece que máis longa a do mar que a do home.

            Entremos un pouco na cuestión do dominio público marítimo terrestre que en todo momento debe conserva-las características de inalienable, inembargable, imprescriptible e tamén insusceptible de desafección, que o home, pola vía do urbanismo falaz, de tentare reconverti-la franxa litoral en solar, estivo a desnaturalizare, movido pola súa indecente cobiza. Pero a Lei de Costas define no seu artículo 3: “Son bens de dominio público marítimo-terrestre estatal, en virtude do disposto no artículo 132.2 da Constitución: 1. A ribeira do mar e das rías, que inclúe: a) A zona marítimo-terrestre ou espacio abranguido  antre a línea de baixamar escorada ou a máxima viva equinoccial, e o límite ata onde acaden as ondas nos maiores temporales conocidos, dacordo cos criterios técnicos que se estabelezan regulamentariamente, ou cando o sobarde, o da línea da pleamar máxima viva equinoccial. Esta zona exténdese tamén polas marxes dos ríos ata o sitio onde se faga sensible o efecto das mareas. Considéranse incluídas no demanio as marismas, albuferas, marxales, esteiros i, en xeral, as partes dos terreos baixos que se asolagan co fluxo e refluxo das mareas, das ondas, ou da filtración da auga do mar. […]

            O tema non se acaba co devandito. Pero acaso chegou o momento, coa demostración de memoria anovada polo mar coas pasadas borrascas, cun certo ecoar de “Dies irae, dies irae”, de punto final da nosa civilización, de retomare de novo o deslinde do terreo demanial, que o pode face-la Administración de oficio, ou ben poden ser particulares os que demanden as oportunas rectificaciós. O mar acaba de avisarnos de que algo está mal feito, imprevisto, que mesmo nalgús casos son frecuentes as alertas dadas: n´A Coruña, ademáis de se cargare de novo a balaustrada do paseo marítimo, nalgún momento paseo do propio mar, entrou nas instalaciós do acuario da Torre de Hércules. Na Guarda, en Baiona, Muxía, Malpica, Miño, Burela, Rinlo, o mar, sempre protagonista, foi desta volta un auténtico tirán.

            En toda a costa cantábrica, foron reiterádo-los golpes dados polo mar, ata o punto de que nalgús casos, tentando deixar á marxe as perdas e quebrantos producidos, chegouse facer unha certa apoloxía do mal tempo, como en Cudillero, Asturias, onde o gran dique de abrigo quedou fracturado, como desfeito resultou o Museo do Calamar Xigante, en Luarca;  pero é que hai unha fermosura real no espectáculo protagonizado polo mar embravecido. En Santander, unha catástrofe, a auga rebasou a praia do Sardinero pra se metere en garaxes e negocios mercantís. No País Vasco, ondas xigantescas, cuantiosos danos en San Sebastián ou en Bermeo, que vai recibi-la mitade dos 14 millós de perdas estimadas. O mar, en movemento, acaba de avisarnos do que sabe facer pra retoma-lo seu dominio, que ten memoria. Deberemos relembra-la súa demostración e axudalo na medida do posible, abandonando a tentación de lle pór de novo cancelas, actitude xangal que nos sitúa a todos nunha conta atrás certa. O mar nos demanda máis intelixencia. E memoria.

viernes, 7 de marzo de 2014

O estertor do río-ría

 Xunqueira d´Alba, foto do ano 1890, cando o fondo da ría de Pontevedra conservaba todo o seu potencial de sardiñas, robalizas, anguilas, ostras, ameixas. Aínda non existía a avenida Domingo Fontán e a xunqueira, xunto coas outras existentes río arriba marcaban a depuración biolóxica das nosas augas. 
 Xunqueira do Cobo, aínda vivo o sistema de meandros existentes. Incluso á esquerda da foto apréciase unha das illas menores que existían no río, na que algunha vaca tiña alí o seu terreo de folgado. (Foto do 1971)   
 Este é o espectáculo dantesco do río, convertido en gran chafuldra por lle ter posto cancelas ó mar e por se poñer a deseña-los nosos políticos novos e idílicos solpores. Todo o pudren cando se poñen a xogaren coas cousas da natureza, que ten as súas propias leis.  
Lores adouta unha postura próxima ás xentes, na fotografía coas gafas postas en plan  aviador. A ver se lle valen pra aterrizar. A directiva do Naval ten ante sí unha asignatura sen solución que non se vai resolvere co simple dragado que o propio Lores reconoce como difícil. Por decir algo cando xa carece de discurso ambientalista.

Pontevedra, 7.03.2014
Entrada n. 1745


O estertor do río-ría,
por Xesús López Fernádez

Chaman outra volta ás portas do concello pra demandare unha solución que parece inútil: o dragado do río, do fondo no que varan moitas das embarcaciós aí coladas con calzador. Dóeme especialmente ver cómo todo o que tocan os políticos vaise degradando. Un espacio no que teño bogado e nadado. Tamén pescado robalizas a centos e que hoxe é un mar de miseria. Coméronlle ó río outro tanto do ancho que agora ten. E algún imbécil propoñía como solución pra recolocare esos fondos hipercontaminados, que deben ser abondosos en mercurio e dioxinas, nada menos que vertelos sobre as zonas de marisqueo da ría, ás que, pola contaminación industrial consentida pouco lles ha quedar.

Enlaces:
La Voz de Galicia: 7.03.2014. O exceso de lodos...
Faro de Vigo: O club Naval urxe...

domingo, 2 de marzo de 2014

A cronificación da crisis

Coido que o dibuxo define mellor a situación de crisis extrema vivida polo país, que non os discursos sobre macroeconomía que poden pronunciaren os amigos do persoaxe da dereita, cos cartos embuchados nun paraíso fiscal.

Pontevedra, 3.03.2014
Entrada n. 1744 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

A cronificación da crisis,
por Xesús López Fernández
           
Pode haber uns certos síntomas de amelloramento na situación económica do país, pero son moitos os economistas que se pronuncian en contra das medidas ata o dagora tomadas. Sobida de impostos, recortes de salarios, algo máis pensados, talvez, pra atalla-los problemas financieiros que o país está a sofrire, especialmente o endebedamento exterior e pago dos correspondentes xuros, que parecen xa algo crónico, unha situación de difícil reversibilidade. As medidas drásticas que se levan tomado non incidiron aínda na creación de postos de traballo e o número de parados anda en torno ós seis millós, algús xa de longa duración, prós que non se ve un retorno ó mundo laboral activo de forma inmediata. A situación pode estar a manifestarse noutros países europeos. Bruselas comunicaba hai pouco que ían procedere á expatriación de 300 españoles por estaren xa privados da prestación de paro. Se mirámo-la nosa situación, o drama, maior, está encastañado en moitísimas familias, nalgús casos con tódo-los membros sen percibiren ingresos de nengún tipo. 
            
No discurso sobre o estado da nación, Rajoy chegou afirmare que o peor da crisis xa quedara atrás e que agora entrabamos no tempo da esperanza. O home botou man de datos sobre macroeconomía ou da promesa dunha baixada no imposto da renta, pero parece que hai unha especie de impotencia sistémica pra relanza-la economía real, prá creación de riqueza e de postos de traballo. Como por outra banda son moitos anos de devalo ou perda de capital social, algo que aínda se concreta na axuda de tantísimo voluntario nos comedores sociales, a situación de bonanza non asoma por ningures, salvo cando os medios publican as nóminas de diversas compañías, especialmente dos consellos de administración das eléctricas, nos que pola chamada “política de portas xiratorias” se sentan políticos conocidos que presuntamente se benefician do imposto oculto que grava o consumo de enerxía e que pagan os cidadáns moitas veces limitados de recursos.
          
É frustrante ver que non existe un verdadeiro plan de recuperación ou de cambio de modelo económico e que, como indica un economista crítico, Gay de Liébana,  o Goberno ten un grave problema i é que non pisa o mundo real. A este home, que no 2007 era tachado de facha e antipatriota por avisar da crisis, agora acúsano de ser un home de esquerdas por decir que o Goberno o está a facer mal. Pero o home afirma que as sobidas do IRPF e máis do IVA, en contra do anunciado polo PP no seu programa, non serviron pra unha maior recaudación, pois dos 39000 millós de euros cifrados por esos conceptos no 2012, baixouse ós 36000. É máis, afirma o home acedamente: “España ten 200.000 normas xurídicas vixentes. Un país que ten vixentes 200.000 normas xurídicas é un país de chourizos e de corruptos, porque na medida na que hai tanta lei é que se está a facere pra castigar á cidadanía. Por tanto, multas e sanciós e logo uns cartos que van parar non se sabe ónde. E o empresario, do que se debe preocupare realmente é de ser empresario, non de estare todo o día coa burocracia”. 
          
Mentres outro economista, Roberto Centeno, afirma que España carece xa de bases prá recuperación e que os seus desequilibrios son imposibles de remontar e van a peor; que o máis grave é sen dúbida a xigantesca burbulla da débeda, que ten tomado unha senda explosiva, outro economista, Niño Becerra, un visionario que falou de crisis cando a economía española (basada neciamente no ladrillo e nun urbanismo falaz) crecía un 3% e se creaban postos de traballo, e xa no 2005 afirmaba que o sistema estaba agotado e que as facilidades á hora de conceder cretos, colapsarían. O home dibuxa un futuro case apocalíptico, porque España non crece e imos a menos; un futuro no que moitos non van recibir nengunha pensión e que, con actividade limitada, han seguir traballando. Situación límite que algún humorista dibuxa con xentes diversas: “sen emprego, sen casa, sen medicina, sen educación… e sen vergonza (o que ten os seus cartos nalgún paraíso fiscal)”. Josep Borrell, tamén fala da falta de crecemento pra cura-las feridas e que, cando pasou a fase aguda da crisis, ésta entra nunha fase crónica que pode durar moito tempo.