jueves, 24 de enero de 2013

SOBRE CORRUPCIÓN

Sobre corrupción,por Xesús López Fernández

Pontevedra, 24.01.2013
Entrada n. 1602

Coido que o país está, en xeral, desesperanzado, que xa case non hai político que se libre de sospeita. Sí, é moi bonito oir nos seus discursos falare de "presunción de inocencia" mentres non haxa unha clara sentencia, pero é que a propia Xusticia, cando ralentiza a súa actuación, cando funciona como un simple instrumento pra opacare casos de presunta ou evidente corrupción, está tamén baixo sospeita, desprestixiada socialmente. E non vemos que as cousas, con Gallardón, en relación coa independencia dos poderes, vaian mellor que na época de Guerra, cando éste sentenciaba a morte de Montesquieu, ó que o citado Gallardón non procura resucitar.

Vaia, sobre corrupción e forma de gobernare, unha canción de Luís Aguilé que no seu día, ano 2007, foi censurada. Vale prós momentos que vivimos. 

ÚLTIMO RECITAL DE LUÍS AGUILÉ, EN BUENOS AIRES, ano 2007 

sábado, 19 de enero de 2013

Algo cheira a omertá

Eladio Torres Castro, presidente da Asociación da Defensa da Praza d´Os Praceres
 O inferno de Ence, en Lourizán. Existen claras sospeitas sobre a actuación dos políticos en relación coeste tema. Hai un presunto fondo mafioso, unha trama inmoral contra-natura longamente consentidas.  
 Contra o que poida parecer, son os veciños os verdadeiros defensores do Estado de dereito. Houbo moitas esceas como ésta, nas que a Policía estaba a actuare, realmente, como exército particular ó servicio, presuntamente, do clúster de Ceferino Nogueira. Rajoy conoce ben, suponse, todo o que aquí se veu matinando.    
 Cando se inaugurou o ffcc. a Marín, na máquina do tren inaguural, como xinetes do Apokalypsis, viaxaban Fraga, Cuíña, Fernández Lores e Tonecho, o alcalde de Marín. O 15.03.2007, cando eu estaba en Roma, Eladio Torres avisabame por teléfono de que xa había, á fin, sentencia firme: o ferrocarril, ilegal. Pero dende a irracionalidade portuaria siguen coa esperanza de forza-la Xusticia, de conculcare o Estado de dereito. 

O Faro de Vigo d´hoxe, 19.01.2013, recolle a nova de que os Veciños d´Os Praceres piden a execución das sentencias firmes en relación co paso ilegal do ferrocarril pola praza d´Os Praceres e tamén o levantamento dos recheos portuarios que se aprecian na foto.

Pontevedra, 19.01.2013

Entrada n. 1601 do blog

ALGO CHEIRA A OMERTÁ,
por Xesús López Fernández

Este é un asunto de verdadeiro escándalo. Se Rajoy vai entrar agora a facer limpeza, aquí ten un tema bonito no que poden estar enzudrados non poucos dos seus amigos e xentes doutros partidos. Aquí nadie se preocupou por defende-la aplicación da Lei de Costas e hai tempo que, según parece, son os clústers portuarios os que dictan as normas de conducta; de que existe, en definitiva, un trasfondo mafioso, unha política de omertá á que nengún dos partidos presentes en Pontevedra resulta alleo. .

Sen máis comentarios, complemento as fotos mostradas e comentarios ó pé das mesmas co enlace da noticia do Faro de Vigo, 19.1.2013: Placeres exige ante los tribunales la demolición de los rellenos y los pasos a nivel ilegales. 

Outro enlace, deste mesmo blog: Milonga litoral

domingo, 6 de enero de 2013

A CRISIS TOTAL

O inferno leva anos asentado nas marismas de Lourizán. Éso é corrupción, que aquí leva anos condicionando as nosas vidas e o ecosistema da ría toda, a fin do capital natural, tamén do social que, de estaren vivos, serían garantía de subsistencia da poboación ribeiráa. Pero nunca houbo vontade de face-las cousas ben e os políticos que aquí arrasaron son os devanceiros, mesmo os que desta volta someteron ó país enteiro á situación de crisis demencial na que decote o país vaise agotando, sucumbindo máis e máis. En entradas anteriores se denuncian casos de presunta corrupción, aquí, en Pontevedra.


Pontevedra, 6.01.2013

Artículo semanal

Entrada n. 1600 do blog

A crisis total,

por Xesús López Fernández

 

            Crisis económica, crisis moral, crisis de valores, crisis política e de país, crisis na familia, crisis medioambiental…., crisis total. O pasado ano repuntou aínda máis o paro i é moita a xente que, preparada profesionalmente, non atopa un nicho laboral no que subsistir; a situación dos hipotecados vólvese desesperada; tamén a dos que caíron na trampa das preferentes dende que os políticos entraron nas caixas de aforros i envileceron a función destas instituciós, levándoas cara a especulación e o ladrillismo. É unha realidade demasiado poliédrica prá que algús sóo teñen recetas económicas insólitas que se demostran impotentes pra sentaren as bases da creación certa de riqueza. Os comedores  sociales son hoxe acobillo de centos de miles de españoles, mentres o sindicalismo se mostra ás veces como forza incluso negativa. 

 

            Un dato estremecedor: a organización “Stop Desahucios”, integrada na Plataforma de “Afectados por la Hipoteca” di que o 34% dos suicidios en España estarían causados polos desafiuzamentos, sendo a primeira causa de morte violenta no noso país, por dediante dos accidentes de tráfego. No ano 2010 acadouse a cifra de 3145 suicidios. Son xentes que perderon ou non souberon buscar unha esperanza nova pra se seguiren aferrando á vida. Pero o último suicidio de Málaga, ó bonzo, á porta dun hospital, non é realmente un suicidio; antes ben representa unha denuncia contra todo o sistema e os que toman as decisiós dende un relativismo cegato. ¿Sería posible unha pausa, que os responsables da situación creada se mirasen ós ollos, se perguntasen incluso pola culpa particular de cadaquén nesa nova morte, tamén nas dos outros suicidados? Porque é moitísima a xente coa vida desestructurada, que non entende os distintos concertos de macroeconomía que o Goberno nos brinda.

            Sí, moito falare da crisis económica, política e institucional; do paro masivo i estructural; do déficit orzamentario e da débeda externa; da desconfianza nos políticos, nos sindicalistas, nos xueces e nos banqueiros ou do caos territorial consecuencia dunhas autonomías construídas sen acougo cando foi da transición, crisis todas elas graves e de necesaria corrección, pero nas que existe como unha especie de mallazo que as envolve, a crisis moral, que debemos sobardar pra entrare na vía da rexeneración, porque esta crisis, tamén con perfil relixioso, plasmada tamén nunha xuventude con hábitos precoces en material sexual, en divorcios, abortos, loubanza da homosexualidade, falta de vocaciós relixiosas…. Desto falaba hai pouco Jorge Fuentes, Embaixador español, en “La crisis moral, 8.12.2012”; de que a mesma marcou unha serie de lacras capaces de quebra-los principios da nosa sociedade.

            Tanto como que parece que as arelas dos nosos mozos van orientadas en mala dirección, que mesmo queren ser futbolistas ou participantes en programas de televisión antes que carpinteiros ou mestres; que carecen de vocación. Diñeiro fácil é o que buscan, pero eluden as responsabilidades cívicas, o pago de impostos, o respeto e amor á patria e ós seus símbolos. E os que derivan á política, con formación escasa, atópanse con vías de enriquecemento, corrupción i elusión de responsabilidades. O exemplo a seguir pódeno ter a man, mesmo como o raposo que garda o galiñeiro. Aprenden, ademáis, que o político que leva o país á ruína sae do cargo arroupado polo seu sucesor. Así non se sanea o país. E si soluciona-la crisis económica é posible, endereita-lo espiñazo moral do país é  máis complicado e vai requerire mellora-la educación, reforza-los valores da tradición, recuperar e modernizar principios, protexere ás familias, hoxe desamparadas e atacadas. Coido que tamén, despois de tanta loucura ladrillista, habería que lle dedicar atención ó capital natural, á economía do rural. Pero a crisis é, nestos momentos, absoluta, total. E o suicida ó bonzo, en Málaga, 52 anos, avisa tráxicamente que estamos lonxe da salvación.