miércoles, 30 de junio de 2010

A VERDE GOMARIZA DE ZAPATERO.

Nova voz de alarma sobre a economía española. Agora é Merril a que avisa, según información que recolle e analiza "El blog de las Clases Medias (clicade)"
-
Pontevedra, 3.7.2010
-

Entrada n. 1253 do blog
-
A VERDE GOMARIZA DE ZAPATERO,
por Xesús López Fernández
-
A situación do país é de cada volta máis difícil. ¿Estaremos ó borde da quiebra?. Tal parece. ZP, en certa campaña, prometía a creación de postos de traballo ata chegar ó pleno emprego. Vemos, sen embargo, que todo era mentira. E os avisos xa llos dera Manuel Pizarro a Solbes, naquel debate que resultou claramente profético: unha lección maxistral pró que daquela era ministro de Economía, que non quixo aprender.
-
Pizarro decía que se o PIB non crecía máis dun tres por cen, non se crearían postos de traballo. ZP viveu instalado na permanente mentira, procurando nos seus discursos soltar auténticas paridas, como a de non reconoce-la crisis ou a de chegar afirmare que había certos síntomas de reactivación, o que o Iluminado da Moncloa chegou denominar como "brotes verdes". Prometeu que non se lle chegaría tocar ás prestaciós sociales e a realidade é que xa non sabemos cómo están os fondos da Seguridade Social, dos que se detraen, chegado o caso, o "necesario" prá formación sindicalista de "líderes sudamaricáns". E agora, os sindicatos españoles, subvencionados, tendo actuado como ministros sen carteira do Goberno os señoritos Cándido Méndez e Fernández Toxo, que promoven unha folga salvaxe contra os traballadores: a do Metro de Marín, da que ademáis culpan a Esperanza Aguirre.
-
¿Lembrádesvos de cándo o Iluminado afirmou que a Terra non pertencía a nadie, pra de seguido decir que o Planeta era do Vento; ou aquela outra parida de que "canto máis duras se poñen as cousas, máis forza parece nacer en nós"? Os Clons de Intereconomía fan un seguimento do día a día de ZP. A continuación incluímos un enlace sobre a cuestión ésta do "brotes verdes", a verde gomariza que se supón fuma ZP. Pero mellor ve-lo video que vai a continuación.

domingo, 27 de junio de 2010

O MIRAGRE DE SAN ANTONIO

Fotografía de La Voz de Galicia. Comedor de San Francisco, onde acotío atenden a máis de oitenta persoas. Ás veces pasan de cen. Frai Gonzalo Diuéguez, que resideu en Roma ou en Santiago atópase cómodo en Pontevedra, onde coordina as posibles axudas que recibe o comedor.
-
Pontevedra, 27.06.2010
-
Entrada n. 1252 do blog
-
O MIRAGRE DE SAN ANTONIO,
por Xesús López Fernández
-
Cando rematou a guerra, o Goberno español puxo en marca o Auxilio Social. Moita xente sen posibles víase obrigada a acodir a aqueles comedores.
-
Agora, como consecuencia da situación de corrupción e de mala administración que estamos sofrindo, o país parece estar en bancarrota. Pero o Goberno carece do valor moral de restablecer un servicio similar ó citado Auxilio Social, necesario cando os parados chegan ós cinco millós de persoas. E curiosamente é a obra social da Igrexa, Cáritas e os comedores de San Francisco, e Calor e Café, a que está parcheando a situación na que malviven tantas persoas.
-
O peto de San Antonio funciona e nas noticias que hoxe dá La Voz e das que se inclúen enlaces ó pé, infórmase de cómo se van levando as cousas, do grado de solidariedade dalgús supermercados, especialmente Froiz, das confiterías, dos industriales do Mercado de Abastos. As instituciós políticas lavan as súas conciencias coa aportación dun dez por cen aproximadamente do diñeiro necesario pra mante-lo comedor vivo. Pero o verdadeiramente importante é a solidariedade dos pontevedreses que nalgús casos se concreta en modestas esmolas no peto do pan dos probes, ou no de San Antonio.
-
O frade que informa da marcha de comedor, das colaboraciós, dos voluntarios, di tamén que algunhas familia, co cabeza sen traballo, acoden ó lugar. Obra social da Igrexa que nada ten que ver co socialismo predicado por ZP, o gran arruinador do país.
-
Enlaces:
-
-

- La Voz de Galcia: quente a comida, cálida a atención.

sábado, 26 de junio de 2010

MALENI, BANQUEIRA EUROPEA

Maleni Álvarez, a que fora ministra de Fomento, de verbo asimilable ó de Manolo Chaves, que sorteou o seu "tempo parlamentario" sen necesidade de traducción simultánea, sería despois destinada á UE. Agora acaba de se produci-lo escándalo, unha desas noticias que explican o mal que vai o pais, os erros cometidos.
-
Pontevedra, 26.06.2010
-
Entrada n. 1251 do blog
-
MALENI, BANQUEIRA EUROPEA,
por Xesús López Fernández
-
Despois da demostrada incapacidade pra levare o ministerio de Fomento, da súa impotencia pra explicar certos temas, o seu partido buscoulle un acobillo dourado que parece está xa concretado: unha vicepresidencia no Banco Europeo de Inversiós, o que se concreta en 20000 euros mensuales, libres de impostos internos.
-
¿Pero, coño, terán que seguir sendo os probes, e os funcionarios, os que leven o peso da carga de tantísima impudicia política? ¿Por qué os políticos han quedar superblindados despois da súa corta xestión e non se lexisla sobre o seu despido e liquidación a base de vinte días por ano traballado, que non sería pouco? ¿Cánto tempo teremos de soportar un Goberno sen capacidade pra poñer en marcha unha verdadeira política social máis alá da defensa das prebendas da casta política parasitaria, como a define Enrique de Diego?
-
O tema Maleni, que non serìa capaz de xestionare unha guarderìa infantil porque os nenos acabarían todos dislálicos ou disléxicos, está provocando non poucos comentarios. I engado a este post un do blog de Natalia Pastor, que contén ademáis o enlade de dous videos correspondentes a dous momentos "estelares" da ex-ministra, antes de sere sustituída por José Blanco, actualmente catedrático en La Noria como algún comentarista ten apuntado.
-
-

O PXOM DE PONTEVEDRA, EN VÍA MORTA

Foto coa que La Voz de Galicia ilustra a noticia do prolapso sofrido polo PXOM, de Pontevedra. Nela están presentes Aguilar, do PP, arquitecto, e César Mosquera, o concelleiro de Infraestructuras.
-
Pontevedra, 26.06.2010
-
Entrada n. 1250 do blog
-
O PXOM DE PONTEVEDRA, EN VÍA MORTA,
por Xesús López Fernández
-
Onte deron a noticia de que o PXOM de Pontevedra aínda non vai, que se terá de axustar a novos requisitos legales. No BNG poden estare sorprendidos, eles que van de ecoloxistas pola vida, pero que esqueceron a inclusión na documentación do Plan dunha Axenda21Local, algo que debe estar no espírito de tódo-los concellos do mundo, polo menos dende a celebración do Cumio Mundial Medioambiental de Río Janeiro, ano 1992.
-
O Bloque, que como xa temos dito neste blog, meteu ós demáis partidos no protocolo da Carta de Aalborg de Cidades Sustentables, esqueceuse de face-los deberes, o mesmo que os outros grupos PSOE e PP. Éste, coa Xunta,acusa ó Concello pontevedrés de ter feito mal as cousas. Mentres tanto, nengún partido se preoocupa de face-los deberes marcados pola Constitución ou pola Lei de Costas e, vergonzosamente, teñen que se-los grupos d´Os Praceres ou Salvemos Pontevedra os que, no exercicio da acción popular, denuncien o incumprimento das leis ou a prevaricación como unha constante dos partidos no poder. E mentres tanto, porque hai sentencias do TS que deberán comprirse, o ministro Caamaño quere acabar coa acción popular, recomendada polas diversas constituciós e algunha lei, como a de Costas, que aquí, de forma flagrante, están conculcando os deseñadores de novas ribeiras e pasarelas, ou de novos e inaceptables saneamentos. Pensan que poden administra-las leises, conculcalas sen que lles saquen as colores, non vaia ser que acaben cos seus negocios particulares, coa recalificación deshonesta de espacios que pertencen á Natureza que, no caso pontevedrés, vemos cómo van arrasando; porque a oposición queda cortiña; porque o equipo de goberno carece de ética.
-
Enlaces.
-
-
La Voz de Galicia: 26.06.2010. La Xunta y el PP coinciden en responsabilizar al Concello del retraso en la aprobación del PXOM

jueves, 24 de junio de 2010

DA NOITE DE SAN XOHÁN

Recreación informática da loita antre a luz e as tebras. As cachadas tentan que o Sol non morra, qu´o día siga, que non sobreveña unha noite eterna. (Dibuxo de Xesús López)Campo dos Estrelos, en Vilagarcía, o lugar onde habitualmente vou recolle-lo tomiño prá preparación das herbas i elabora-la auga de San Xohán. A palabra estrelo ou "setestrelo" fai referencia á constelación da Osa Maior. Éste  debe ser un bo lugar, con pouca contaminación lumínica de momento, pra ve-la chuvia d´estrelas da noite de San Lourenzo.
Fogata desta pasada noite de San Xohán (Foto do Faro de Vigo)
-
Pontevedra, 24.06.2010
-
Entrada n. 1249 do blog
-
DA NOITE DE SAN XOHÁN,
por Xesús López Fernández
-
Téñome referido a este tema nalgunha outra entrada do blog. Reiterar nada máis que a festa das cachadas ven do tempo das vellas paganías, cando o home, en calquer parte do ancho mundo, estaba pendente da evolución do tempo. O Sol non podía apagarse, e pra eso acendíanse as cacharelas cando morría o día máis longo, pra que así, por unha cuestión de simple maxia, se cargara de enerxía, da luz das cachadas e non morrera. Naturalmente, estas festas do solsticio do verán tiñan o contrabalance nas do solsticio do inverno, a noite de Nadal, cando os días comezan novamente a medrar. O Cristianismo tentou restarlle o sentido pagán a ambos momentos, sobrepoñendo as festividades de San Xohán e a do propio natalicio do Neno Xesús.
-
Recomendo a quen queira afondar neste tema a lectura do libro de James Frazer, A Ponla Dourada, sobre maxia e relixión comparadas, como unha constante nos pobos primitivos. O lume de San Xohán é un dos costumes que permanecen.
-
É frecuente mante-la tradición de prepara-la auga "milagrosa" con diversas herbas, como poden se-la herba prata, o romeu, a menta, o tomiño, a lavanda, herba luísa, follas de figueira, de laranxo, de carballo, pétalos de rosa. O resultado é case unha colonia pra lava-la cara nesta mañá especial.

SOBRE A ECONOMÍA DA SUSTENTABILIDADE

Días atrás apareceron marcadas moitas das pedras, das malas pedras asentadas en Sarmiento, por mal asentadas ou escachifadas. Pensei que era labor dun veciño avisador; pero non. Era a sinalización previa prós traballos dalgún novo plan Renove: Repoñe-las tapas-trampa e colocare outras que van seguir escachando. Seguro.
O Plan E, con til de Ñ, vai do que o Goberno chama "Economía sostenible", que non é tal. En Pontevedra, onde socialistas i estalinistas están asociados, sabemos a qué lle chaman economía sustentable: Á que mantén o estado de obras permanente, dos traballos mal feitos que garanticen renovaciós que non son tales, da man sempre dalgunha empresa amiga, ou eso parece. Cartos pra algús.

Un dos espacios renovados. A poucos metros de distancia xa esnaquizou algunha das novas pedras. Desenvolvemento sustentable. Traballo mal feito, reparación mal feita, material bastardo, comisiós. Etc,
-
Pontevedra, 24.06.2010
-
Entrada n. 1248 do blog
-
SOBRE A ECONOMÍA DA SUSTENTABILIDADE,
por Xesús López Fernández
-
Calquera que visite Pontevedra, a súa zona vella, pode obter un conocemento cabal do que aquí se fixo, de cómo se estafou á UE cunha inversión da subvención recibida da mesma, coa aplicación indebida dos cartos: privatización das vellas prazas hoxe desnaturalizadas; peatonalización total con perda de habitantes. Hoxe, vivir na zona vella é unha tristeza, sometído-los habitantes, en casos, ó umbral da miseria e sempre cunha evidente perda de calidade de vida.
-
As fotos aclaran cousas. I estos fantoches chaman economía sustentable ó que van facere coa rúa Laranxo, hoxe partida en dúas. Outra cousa sería aproveita-la pedra de porpiaño da vella rúa, serrala, asentala sobre formigón e morteiro mol. Eso sí sería un pavimento prá eternidade. Pero, non, eso non-o queren. Queren utilizar material que escache, que haxa que repoñere de mala forma pra que algunha empresa amiga siga ingresando, pra que os presuntos fondos de reptiles sigan presentes na súa longa marcha cara ningures.
-
Pero a zona, eso sí, totalmente arruinada. Dá gañas de chorar. Primeiro acabaron co comercio; agora están deslocalizando a maioría dos centros administrativos nunha involución claramente marcada por xentes chegadas de fóra.

martes, 15 de junio de 2010

REGINA OTAOLA, TRAICIONADA


Regina Otaola, alcaldesa de Lizartza, recuperou a bandeira española pró seu concello. (Foto del blog de Marta Ortega)

-
Pontevedra, 15.06.2010

Entrada n. 1247 do blog
-
REGINA OTAOLA, TRAICIONADA,
por Xesús López Fernández
-
Regina Otaola, muller coraxe, unha das criaturas coas que o PP podería levanta-lo partido no País Vasco, vai deixa-la Política á fin do seu mandato. No País Vasco existe unha situación de terror e terá que buscar traballo fóra do seu país. O PP do País Vasco non contou con ela prá formación do Comité do partido e, como María San Gil, non se sabe cál vai se-lo seu futuro.
-
Regina Otaola, alcaldesa de Lizartza, devolveu ó seu concello a bandeira de España. Un concello pequeno cun presuposto de algo máis de oitocentos mil euros, que ademáis deixa superavit, a costa de non ter practicamente asignación alcalde e concellales, pra vergonza do que pasa aquí. Cando ela chegou á alcaldía, cursóuselles carta a tódo-los veciños: Uns non contestaron, outros achegáronse ó concello pra falare das necesidades en camiños, pontes, montes, fontes. Pero sobre todo a muller, que conoce a situación do País Vasco e incluso ten recibido ameazas de morte xa no 2007, tivo o valor de mante-la bandeira de España na Casa Consistorial; e de denunciar ó PP do País Vasco por ter suprimido a enseña nacional na súa web. Eso apréciase no vídeo da entrevista que lle fai César Vidal.
-
Hoxe foi noticia o seu abandono da Política, como tamén de que Esperanza Aguirre quer contar con ela. Deso informan César Vidal, que ademáis lle pergunta se Mariano Rajoy está enterado, e Regina Otaola di que sí na entrevista que se reproduz clicando no penúltimo dos enlaces.
-
Enlaces:
-
-
-

martes, 8 de junio de 2010

ENCE, DUETO DE MENTIREIROS

Aínda que na foto aparecen sorrintes durante a visita ó polígono urbán de Valdecorvos, pouco despois produciríase un rifirrafe en relación co tema de Ence, a gran farsa, o cimbel electoral do BNG cando xa ten perdida toda credibilidade en materia ambientalista.
-
Pontevedra, 8.06.2010
-
Entrada n. 1246 do blog
-
ENCE, DUETO DE MENTIREIROS,
por Xesús López Fernández
-
¿Qué nos queren contar? ¿Que Ence vai desaparecer pola presión dos manifestantes sinceros; que con eso vaise salva-la ría? E ten razón o conselleiro Hernández cando fala de que algús, como o BNG ou o PSOE, acodiron á manifestación convocada pola correa de transmisión do Bloque, APDR, por aquelo de lle tirare á romería certos rendementos políticos.
-
Hernández debería ter en conta que agora tamén o PP está baixo sospeita, xa que pasou un ano do discurso electoral e da promesa de Núñez Feijóo, o único que tal prometeu, de recupera-lo litoral de Lourizán, algo que o Bloque nunca fixo, ademais d´estare reconvertida a súa asociación, a APDR, nunha asociación que está lonxe de cumpri-los postulados primeiros da asociación, de cando ésta foi creada con presidencia independente, apartidaria, a de Fernando Martínez Sarandeses. E non cesaron ata forza-la súa dimisión pra ver de converti-la asociación nun instrumento prá pura traición, como traidor é tamén o propio Lores.
-
Lores estivo comprometido coa desfeita da ría: coa construcción do ferrocarril sobre terreo demanial, 55000 metros cadrados, algo que quixo negar, pero os papeles, neste caso unha carta súa, cantan; Lores está comprometido coa desfeita do litoral pola actuación que o Concello está a promovere na ribeira, a nova ponte, a ausencia da Axenda21Local no PXOM, o intento de construí-lo tanque de Mollavao, a rotonda de Mollavao-Cocheras e a variante a Marín, a súa inhibición en relación coas agresiós sentenciadas polo Tribunal Supremo.
-
Lores sabe que Holcim carece de concesión estatal e de licencia municipal, pero non actúa; e tamén sabe que Ence ten vencida a concesión, ou que Elnosa carece dela; que é completamente estúpido falar do 2018 como ano do vencemento concesional.
-
Lores sabe tamén que se gastaron indebidamente os cartos de Europa na construcción dunha Edar ilegal; ou na falsa restauración da zona vella, con mala pedra e peatonalizada, afundida na miseria, prá que parece existe un plan de deterioro sustentable: agora sustitúen novamente as tapas-trampa esgazadas por novas tapas-trampa, parece que aínda máis efímeras.
-
Enlace:

jueves, 3 de junio de 2010

CAMIÑO DE SANTIAGO EN ASNO

Fai o Camiño de Santiago dende o centro de Francia, na procura de sanación. O home ten o corazón enfermo. [Foto de La Voz]
-
Pontevedra, 3.06.2010
-
Entrada n. 1245 do blog
-
CAMIÑO DE SANTIAGO EN ASNO,
por Xesús López Fernández
-
Cristophe Dumont, normando, está a face-lo Camiño de Santiago na procura de máis vida pró seu corazón (ou pró seu cor que tamén decía Novoneyra). E camiña co seu compañeiro, un rucho de nome "Valentín" que tamén impide a Cristophe Dumont a visita a certos lugares, ermidas, museos, etc. Teñen difícil acobillo ámbo-los dous que dormen á intemperie, có único amparo dunha tenda de campaña.
-
A peregrinaxe dura xa máis de dous meses dende a súa arrancada, calzados zapatos e ferraduras, e botaron a camiñar dende Tours, departamento de Indre-et-Loire. O home, de 43 anos, hai tempo que tiña gañas de face-lo camiño, pero non podía por té-lo corazón enfermo, algo que case lle costou a vida, e tomou a decisión: "Hai que face-lo Camiño".
-
Sigue unha crónica de Patricia Blanco, corresponsal de La Voz.
-


martes, 1 de junio de 2010

O BISAVÓ DOS COCHES GALEGOS

Rafael Pazó Olmedo mostra o coche, un Renault con 107 anos de edade, matrícula PO-2.
-
Pontevedra, 1.06.2010
-
Entrada n. 1244
-
O BISAVÓ DOS COCHES GALEGOS,
por Xesús López Fernández
-
En relato máis longo ó que se pode acceder por medio de enlace ó pé do post, aparecen os detalles deste coche que se no seu día foi mercado en Francia por un industrial catalán de apelido Curbera e sería despois vendido ó marqués de Elduayen, quen llo regalou ó seu mecánico, José Pazó. O relato conta de moitas vicisitides e houbo non poucos ofertas por el. Propiedade actual dos netos de José Pazó é un deles o que se preocupa de mantelo vivo. Ó coche houbo que lle cambia-las rodas e "inventarlle" unhas de caucho macizo. Existe unha fotografía correspondente a unha exposición celebrada en Mondariz, na que está presente dona Emilia Pardo Bazán. Unha anécdota que conta o seu actual conservador é a de que, como consecuencia dun accidente en Arcade, foi necesario transportalo en carro de bois, a grúa daqueles tempos.
-

NOVA AGRESIÓN Á RÍA

O Concello sigue desgraciando a ría, invadíndoa, eliminando as que eran zonan de salvamento, etc.
-
Pontevedra,1.06.2010
-
Entrada n. 1243 do blog
-
NOVA AGRESIÓN Á RÍA,
por Xesús López Fernández
-
Mentres a APDR prepara unha nova marcha sobre Lourizán, ó servicio do BNG, o Concello tenta consolida-la ocupación das zonas invadidas. Non está na súa idea a rexeneración das marismas de Lourizán, que sería o que sí xustificaría unha marcha. Pero non parece que nengún dos partidos estea polo labor.
-
Ó mesmo tempo, os descerebrados do Concello acometen a obra da nova ponte d´As Correntes. Ómellor ata terían que lle pedir prestado ó emperador Adiano, o constructor da primeira ponte do Burgo, un enxeñeiro, porque aquel home sí estudiou a dinámica das augas do fondo intermareal desta ría. I esta mañá, en relación coa construcción da pasarela, Meli Fandiño, de Radio Pontevedra, acríticamente non sabía qué decir máis alá dos parabéns que parecen estar a lle dá-los espíritos antiecoloxistas da capital á política de siniestro total do equipo de goberno. E deixou caer que as obras podían estar suspendidas.
-

NOVONEYRA NA MÚSICA DE EMILIO CAO

Uxío Novoneyra, musicado por Emilio Cao.
-
Pontevedra, 1.06.2010
-
Entrada n. 1242 do blog
-
NOVONEYRA NA MÚSICA DE EMILIO CAO,
por Xesús LópezFernández
-
Hai poucos días que o fillo de Uxío fixo unhas declaraciós no sentido de que o seu pai foi un poeta nacional, non nacionalista. A expresión correspóndese coa afirmación do poeta sobre o invento da interlingua da RAG, do ILG, da AS-PG e polos reintegrados, os creadores da lingua da non-patria.
-
A publicación do Caderno Ramón Piñeiro XIV titulado "A casa! o val! a patria homilde!", sirveu a xeito de baraza pra lles atrela-la lingua ás xentes do BNG que, polo menos en Pontevedra, non montaron este ano o escaparate da Ferrería, porque Novoneyra foi concluínte ó lle chamar a lingua da non-patria ó trampitán por estes individuos inventado. Non estaba coeles.
-
En honor a Novoneyra celebra hoxe a Consellería de Cultura e de Turismo, dentro de programa do Xacobeo, un concerto que vai ter lugar no edificio sexto do Museo de Pontevedra. No recital, titulado Intersecciós, intervirán Emilo Cao, Manuel Gutiérrez, pianista, Carmen Rey, cantante. Branca Novoneyra vai presenta-lo seu primeiro poemario. Este recital foi xa presentado en Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Ferrol.
-
Addenda.- Resultou unha intervención moi emotiva, dunha exquisitez inesperada, especialmente a última das obras. A filla de Uxío revélase como unha boa recitadora. Na sala non apreciei a presencia de xentes do BNG; sí a dun integrante do grupo excindido en Marín, do Mar-In.
-