sábado, 31 de diciembre de 2011

Por un orde máis xusto

O Rei acaba de decir no Parlamento español que "a Xusticia debe se-la mesma pra todos", algo que xa di a Carta Magna. As palabras do Rei algo poderían significare se o Parlamento non fose a casa das mentiras e os políticos, maiormente, xentes baixo sospeita nos que moitos cidadáns temos deixado de creere.

Pontevedra, 31.12.2011
Entrada n. 1486 blog
Artículo semanal



Por un orde máis xusto,
por Xesús López Fernández


A Xusticia. A palabra ten a súa orixe no término latino iustitia e permite nomear a unha das catro virtudes cardinales, aquela que inclina a dar a cadaquén o que lle corresponde ou pertence, aquelo que debe facer según o dereito, a razón e a equidade. Tamén fai referencia ó Poder Xudicial e á pena ou castigo público. Deste xeito, cando a sociedade “pide xusticia” fronte a un crime estálle a pedir ó Estado que garantice que o crime vai ser xuzgado e castigado conforme á pena que corresponde dacordo coa lei. E pódese decir que a Xusticia ten un fundamento cultural (basado nun consenso social sobre do bo e do malo) e un fundamento formal, codificado en disposiciós escritas aplicadas por xueces e persoas especialmente designadas. A existencia dunha Xusticia real é definida por Platón como harmonía social no seu libro “A República”, onde propón prá organización da súa cidade ideal que os gobernantes da mesma se convirtan nos individuos máis xustos e sabios da comunidade. Pero estamos lonxe dese modelo de organización. E a sociedade vai cansa.
Según a Constitución española (art.117) “a xusticia emana do pobo e adminístrase no nome do Rei por Xueces e Maxistrados do poder xudicial independentes, inamovibles, responsables e sometidos ó imperio da Lei”. Aínda máis: “o exercicio da potestade xurisdiccional en todo tipo de procesos, xuzgando e facendo xuzga-lo xuzgado, corresponde únicamente ós Xuzgados e Tribunales determinados polas Leis, según as normas de competencia e procedemento que as mesmas establezan”. A máis de ún háselle torce-lo nariz ó leé-la Constitución, aínda que só sexan os textos citados. Pero se lee no art. 118 que “é obrigado comprire as sentencias e demáis resoluciós firmes dos Xueces e Tribunales, así como presta-la colaboración requerida por éstos no curso do proceso e na execución do resolto”, háse perguntare qué pasa aquí. Algo hai que cheira mal, por aquelo das sentencias incompridas que parecen situarnos ante o feito dunha xusticia variable.
Que o Rei, no seu discurso de Nadal, teña afirmado antre outras cousas que a “Xusticia debe ser igual pra todos” é algo que foi ben acollido pola sociedade; mais levamos moitos anos, dende a promulgación da Constitución, sen que esa afirmación resulte demostrada na práctica. Se na Constitución de Cádiz estaba recomendado o exercicio da acción popular, como na actual, ¿por qué o exministro Caamaño tiña o proiecto de acabar coela? ¿Van cambia-las cousas? ¿Significan as palabras do Rei que estamos ante un novo tempo, un tempo de esperanza nun orde máis xusto?. Hai un refrán que di que as palabras as leva o vento e, por moi aplaudido que fose don Juan Carlos polos parlamentarios que en gran parte son culpables de que o país non funcione, eses aplausos parecen según non poucas opiniós como un xeito de se querer arroupar eles, sobre todo, na frase do monarca, que non pode ser salientada como referente dun discurso se non se fai efectiva. Os aplausos non contan porque a frase, como quedou dito, está na Constitución.
Unha constitución marcida, dormida, que convén leer con vagar e que vale pra reparare nas carencias da nosa casta política. “Todos iguales ante a Lei”, di a Carta Magna, pero non, son apariencias, que os políticos son distintos e teñen privilexios case deshonestos, casta blindada, definida a profesión, nos momentos especialmente dramáticos que vive o país, como a máis arelada polos cidadáns: por ingresos e réxime tributario especial, por indemnizaciós no cese do cargo, compatibilización de pensiós, etc. Enténdese que nengún queira deixa-lo cargo e rinse do dito por George Bernard Shaw: “os políticos e os cueiros hainos que cambiar cada pouco… e polos mesmos motivos”. Sen un partido rexeneracionista, a acción popular debe seguir viva porque hai que sanea-lo país. Facer súas, sí, as palabras do Rei e lembrare, sobre todo, que a afirmación está na Carta Magna, pra un orde máis xusto.

domingo, 25 de diciembre de 2011

Tempo de beléns

Convento de Greccio, onde naceu a tradición belenística.
Un fresco do convento recolle a escea do Neno Xesús mamando. Catro esceas nun nacemento: O Portal, á dereita do mesmo, os reis; á esquerda, un ánxel avisa ós pastores. Parte baixa: esquerda, a matanza dos santos inocentes; pola dereita, a sagrada familia comeza a fuxida a Exipto.
Outro dos nacementos da colección de Greccio. (fotografias tomadas, todas, o 19.03.2009)
Un dos primitivos nacementos de Greccio.

Pontevedra, 25.12.2011
Entrada n. 1485 do blog
Artículo semanal

Tempo de beléns, por Xesús López Fernández

Primeiro foi o decreto do emperador Augusto ordeando facer un censo do mundo enteiro, sendo Cirino gobernador de Siria. E todos ían inscribírense, según conta o evanxelista San Lucas, cadaquén á súa cidade. Tamén así Xosé, que era da casa e familia de David, sobeu dende a cidade de Nazaret, en Galilea, á cidade de David, Belén, coa súa esposa María, que estaba encinta. I en estando alí, como decía Cunqueiro, “a María o noveno mese lle foi contado e nasceu don Xesucristo. ¡De todos é loubado!” E nace así o Verbo encarnado, que se fai home humillándose pra axudar ós homes a ser como Deus, feitos á súa imaxe e semellanza se facemos excepción de cando o Demo se cruza no camiño e tenta desface-los plans do Creador.

Os primeiros testigos do nacemento de Xesús, según a tradición, foron a mula, o boi, os pastores e mai-los reis, os magos chegados de Oriente, que son esceas que normalmente están presentes no arte do belenismo. Os datos dos que dispón o belenista están non sóo nos Evanxelios Canónicos, senón tamén nos Apócrifos, os non reconocidos pola Igrexa Católica. I é no século II cando son adoutadas algunhas destas repesentaciós na catacumba de Priscila, na que por primeira vez aparecen A Virxe co Neno en brazos e, do seu lado, o profeta Isaías que apunta cun dedo cara unha estrela. Pero a tradición que xeneraliza o belén como costume destas datas arranca en Greccio, Italia, no ano 1223, nun convento que marca tamén algo así como a alborada franciscana xunto con outros como Fonte Colombo, Asís, La Porciuncula, La Verna. Lembremos que o ano pasado visitou Compostela unha representación de Greccio, prá escenificación dun nacemento vivinte.

Eu estiven en Greccio (niño d´águia, monte dende o que se albisca o val de Rietti) no ano 2009, o 19.03, un día que comezou a nevar. Alí se conserva a memoria do primeiro nacemento feito por San Francisco de Asís, que sempre tivo un sentido de especial amor polo Nadal, e que arrancaba así, coa tradición, un ano despois de ter visitado a Terra Santa. Achegabase a noite de Nadal e o santo decideu representa-lo nacemento na homildade dun pesebre, como tiña acontecido en Belén, ¡ata cun rucho e un boi nunha probe cova, no medio dun bosco! E fíxoo así cando, de súpeto, na noite de Nadal, a xente do pobo achégase con fachucos acesos á cova que Francisco e os seus amigos tiñan preparada. Dende aquela celébrase o Nadal a imitación do santo de Asís, que no ano 1986 e a petición das asociaciós belenistas de todo o mundo foi proclamado Patrón Universal do Belenismo polo Papa Xohán Paulo II.

En Greccio existe unha importante colección de beléns. Nun deles, mentres nas casas está exposto o misterio, pola praza pública van os homes de Herodes, o home que se sinteu burlado ó non regresaren os magos polo seu pazo pra lle daren noticias do novo Rei, asañados cos nenos pequenos que van degolando: os santos inocentes. É un tema que cabe nos nacementos, como outras pasaxes da historia da Salvación: A anunciación do Ánxel a María, en Nazaret; a súa visitación á prima Isabel, en Ein Karem; o traslado de Xosé e María a Belén; o nacemento do Señor, os magos que viñan de lonxe, os pastores que son avisados por un ánxel no lugar hoxe chamado o Campo dos Pastores, a fuxida a Exipto cando o episodio da gran matanza decretada por Herodes (ata o regreso aparece representado nalgún fresco que puiden ver en Estambul). Outros Herodes i Herodías siguen activos e, nun belén dos nosos tempos, poderiase representa-la tal matanza dos novos inocentes da forma hoxe sabida, mediante a rede de abortorios existentes porque o Mal sigue aniñado en non poucos Parlamentos democráticos. A dictadura do relativismo quérenos cambia-la historia da salvación cristiá e “xustifica” a eliminación dos nasciturus, dos novos inocentes. Tamén en Nadal, con arelas de matar, se poden, ó propio Deus.

jueves, 22 de diciembre de 2011

O MAGNUM MYSTERIUM

Portal de Belén do último nacemento familiar feito no pasado 2010 pola miña irmá María Emilia López Fernández, que reunía figuras con máis de cen anos de "edade" con outras novas con movemento. Era un nacemento con río e fervenza, con muíños e ferrerías, con panaderías, con xentes que traballaban o campo..; outras vendían sobre trabancas os productos da súa horta. O castelo de Herodes, en gran parte obra miña de facía máis de 66 anos. Era un nacemento con lavandeiras, con gando e pastores. O resultado era unha aldea viva. Un ánxel anunciaba ós pastores, como acontecera facia dous mil anos foran tamén ánxeles os que avisaran en Belén, no chamado Campo dos Pastores, do nacemento de Xesús, acobillada a sagrada familia nunha cova existente na pedra caliza do lugar.
Pontevedra, 24.12.2011
Entrada 1484 do blog

O MAGNUM MYSTERIUM,

por Xesús López Fernández



O Magnum mysterium é un motete de Tomás Luís de Victoria, o noso gran polifonista, un vilancico universalmente conocido. A Polifónica de Pontevedra tíñao e coido aínda o ten na súa programación. E a Pontevedra viaxou Leopoldo Stokowsky pra se familiarizare coa música do autor español. Na catedral de Santiago dirixiría ó coro pontevedrés nun concerto memorable.

Tempo despois, a Coral da Empresa Bazán, en Cartagena, tería máis de sesenta obras do dito autor na programación.

Hoxe son moitos os coros e polifónicas que interpretan a Tomás Luís de Victoria: Os monxes de Santo Domingo de Silos, o Coro da Abadía de Westminster, que ten editada gran parte da obra de Victoria coa marca Hyperion. E son moitos os coros ingleses e americáns que asumiron a obra do noso home. A continuación mostro un enlace da magnífica interpretación feita pola Camerata Ad Libitum, pontevedresa, dirixida por Tamara Brooks:


A miña irmá facía outras pequenos nacementos, como este galego,

ou este de Mingote.

Outra vista do de Mingote.


O magnum mysterium protagonizado por figuras negras. (E facía como outros seis ou sete beléns máis).


miércoles, 21 de diciembre de 2011

FELIZ NADAL


Pontevedra, 23.12.2011

Entrada n. 1483 do blog

Na entrada anterior, Días de Estambul, 2, facía algún comentario sobre San Salvador en Cora, nalgún tempo mosteiro católico, despois mezquita por ocupación musulmá, castigádo-los seus frescos e mosaicos polo arraso iconoclástico hoxe é, felizmente, un museo de arte bizantino de frescos e mosaicos, despois do traballo de restauración que xa se cita na entrada anterior. A palabra "cora" significa fóra, porque o mosteiro esta situado extramuros da vella muralla de Constantinopla.

Creín ter perdido estas fotografías, pero están recuperadas, algunhas movidas, certo, das que sóo inclúo unha. E as que mostro, sen polo momento máis definición, recollen parte da Historia da Salvación, da que é momento esencial o nacemento de Xesús. (Mirade as do amigo Eugenio López Álvarez incluídas na entrada anterior). Se teño tempo aínda hei inserir algunhas das fotos do último nacemento familiar, o do ano 2010. Finada a miña irmá quédame o relembro recollido nun video que, se puidera ou soupera, incluiría en YouTube, pero non manexo esas tecnoloxías.

Así que, meus amigos, vaian estas fotos como felicitación, unha especie de visita capada do vello mosteiro, hoxe museo de Cora ou, como chaman os turcos, o Kariye Müzesi.

Bo Nadal, pois, e un ledo Aninovo. (O Aninovo é a festa que se fai como celebración da entrada do novo ano).

Saúdos, Xesús.































domingo, 18 de diciembre de 2011

Días de Estambul, 2

Bóveda en San Salvador en Chora, Estambul. (Foto de Eugenio)
San Salador en Chora, Kariyi Müzesi. O museo dos mosaicos. Estambul. (Foto de Eugenio)
Interior de Santa Sofía, Estambul. Os gatos tamén entran. (Foto de Eugenio)
Estambul non perde pulo na noite. (Foto de Eugenio).
Basílica da Cisterna, Estambul. (Foto de Eugenio)
En Santa Sofía. O que se poido recuperar da acción iconoclasta neste mural. (Foto de Eugenio)
Panorámica de Santa Sofía. (Foto de Eugenio)
Interior de Santa Sofía. (Foto de Eugenio)
Un tranvía moderno en Estambul, onde existen catro líneas de este tipo de transporte. (Foto de Eugenio)
Pontevedra, 18.12.2011

Entrada n. 1482

Artículo semanal

Días de Estambul, 2,
por Xesús López Fernández



Quedabanos un tempo moi xusto pra encaixare o puzzle de previsiós prós días 13 e 14 do pasado mes de Outono. Nova madruga, polo tanto, prá nosa cita con Sent Antuan Kilisesi, o templo de san Antonio de Estambul, en Istiklal Caddesi, 325, ó que chegariamos despois de ter cruzado o Corno d´Ouro en dirección Norte, no autobús. Templo catedralicio de estilo gótico italián (1913), o seu adro está cercado, unha defensa cara ó exterior. Cando entramos prá nosa particular eucaristía estaba avanzada a celebración dunha misa en español. Pola banda da epístola achegariámonos á sala que nos tiñan reservada. Sería a cuarta das nosas eucaristías turcas, acto que rematamos co canto dunha Salve. Demoramos un tempo pra reter na retina e fotografia-lo máis singular do lugar no que a paz parece presidilo todo. Xa fóra, camiñamos por diversos lugares da península histórica. O guía avísanos do esforzo restaurador do entorno do Corno d´Ouro mentres avanzamos no noso recorrido.

Despois de ter cruzado pola ponte de Ataturk, pasamos baixo o acueducto román de Valente. Compatibilizada a musealización do espacio co progreso, co trazado do Boulevard de Ataturk, por el nos diriximos cara ó gran largo que ten como referentes o mar, divesas mezquitas e o Bazar das Especias, arrecendo cruzado de tantísimas fragancias do diverso mundo, cita secular das especias. Amplia galería, espacio multicolor, comercio vivo, sempre é posible mercar algo envasado ó vacío ou degustar nalgunha nas tendas un rico te de mazá, un dos lugares comúns no noso tránsito pola Anatolia, agora tamén en Estambul. E vagariñamente ímonos achegando á banda do mar de Mármara pra toma-lo barco que nos vai levare Bósforo arriba. Á esquerda Europa, á dereita Asia, o noso guía vainos precisando o nome dos diversos palacios, a maior riqueza histórica e monumental da banda europea, a opulencia do lado asiático, no que son moitas as mansiós que dispoñen de peirao propio. As masas boscosas de ambos lados, espléndidas. Dúas enormes e increibles pontes colgantes, case sen impacto paisaxístico, comunican os dous continentes; a presencia de iates, barcos mercantes e grandes petroleiros nesta avenida do mar, é frecuente. Tiñamos xa á vista a entrada no mar Negro e o último lugar de Estambul, un barrio mariñeiro, cando o noso barco vira pra amarrare nun pantalán, case ó pé do noso restorán, un verdadeiro esculcadoiro.

Despois de xantare, o noso autobús trasládanos ó Gran Bazar: Catro mil tendas nun espacio que parece ter previsto acoller aínda máis, son moitas tendas. Sobreabuso de ofertas: ouro, xoias, bisutería, maletas, bolsos, pashminas, alfombras. Contraofertas pola terceira parte do precio, ou menos. Presencia policíaca. Ás sete en punto da tarde, o Bazar cerra. Pero a puxa sigue nas aforas. Chegan os ambulantes, incluso ás dez da noite, libran furgóns de mercancía (bolsos, maletas, zapatos) nas propias beirarrúas i espacios peatonales, algo que o comercio establecido ten necesariamente que sofrire. É o momento de nos retirar cara ó hotel, admirando algús dos novos edificios, hoteles e mezquitas iluminadas. Pró seguinte día, media xornada, temos outra axenda con importantes obxetivos: Visitas a Santa Sofía, a San Salvador en Chora e ó templo da Cisterna, a máis grande das cisternas de Estambul.

14.10. Santa Sofía, construída pra sere o templo máis grande da cristiandade, é hoxe museo. En tempos de Ataturk foi dada orde de lle devolve-lo seu aspecto anterior, porque fora convertida en mezquita. E foron recuperados certos frescos, tamén algús paneles de mosaicos. A igrexa sigue aparecendo magnífica, pero falta de liturxias….San Salvador en Chora, un antiguo convento que sofriría diversas agresiós ó longo dos séculos, sería tamén víctima da marea musulmá e islamizado no 1511, pasando a se denominare “mezquita de Kariye”. Convertido modernamente en museo serían restaurádo-los seus frescos e mosaicos (nos que se describe a historia completa da salvación) polo Instituto Bizantino de América antre o 1948 e o 1958. Hoxe é un museo único… O Templo ou Basílica da Cisterna foi construído no 532, en poucos meses. Está soterrado e o teito sostido por un bosco de 336 columnas. É tan grande como unha catedral e a máis grande das 60 cisternas existentes en Estambul, construída pró caso de que o acueducto de Valente fose derrubado… Este mesmo día, pola tarde, tocaba regreso: prolegómenos no aeroporto, transbordo tedioso no de Barajas e chegada a Lavacolla, á nova terminal, xa na madrugada do 15.10. (Non desboto a idea de volver sobre algús dos temas hoxe presentados moi en esquema, que merecen realmente máis extensión).

viernes, 16 de diciembre de 2011

ENCE, VOCES DA SOCIEDADE CIVIL

Arturo Estévez, gaseado por Ence-Elnosa ó longo d´anos. El foi o que iniciou a denuncia contra Ence-Elnosa. Que ninguén máis se pendure medallas. Se a APDR sigueu coa acusación foi porque sete directivos, eu antre eles, firmámo-lo corresponde protocolo na notaría de César Cunqueiro González-Seco, traicionados despois pola sentencia pactada pola actual directiva. Xa está contado neste blog e tamén en iberica2000.org, no relato titulado "Pontevedra muere"

Pontevedra, 16.12.2011
Entrada n. 1481


ENCE, VOCES DA SOCIEDADE CIVIL,

por Xesús López Fernández

O debate sobre Ence sigue vivo. Estos días son os medios os que interrogan ós veciños e piden a súa opinión sobre a permanencia de Ence ou o seu posible traslado.

Arturo Estévez dí: "Soño con que sexa unha praia". (La Voz de Galicia, 14.12.2011). Arturo Estévez, como el conta, atopouse un día con que de novo estaban queimáda-las súas maceiras, presuntamente por un novo escape de cloro, ¿inducido?, na noite. A súa denuncia prosperou e a partir daí comezou, de oficio, o proceso contra Ence-Elnosa. O home afirma que a APDR, da que el formaba parte como fundador (igual que eu), sigueu coa acusación. O que non dí é que a dita asociación, baraza do Bloque pra lle dare un certo verniz ecoloxista, traicionounos, pactando unha sentencia que fixo posible a permanencia da factoría en Lourizán. Eso xa está contado.

Vou incluir neste post, ademáis da noticia do amigo citado, a opinión de Isabel Veiga, amiga e vocal de Salvemos Pontevedra, a asociación que de momento non está baixo sospeita. Ela foi presidente da asociación de VV Estriceres, i é moi clara nas súas declaraciós. Arela ver Lourizán sen Ence, agarda que canto antes. Os prexuicios de Lourizán comezaron con Ence, que foi o principio da fin, a parroquia foise deteriorando e todo éso e o que veu despois "condicinounos a vida". Esta muller di que se non é posible o traslado ten que cerra-la factoría. "Tiveron tempo e sabían que tiñan unha fábrica con data de caducidade". Coida que as posibilidades de rexeneración da zona son moitas e que eso pode xerar máis empregos qu´os actuales. ¿Se tanto interese ten Ence por Pontevedra, por qué paga os impostos en Madrid? (La Voz de Galicia, 15.12.2011)

Podería incluir máis opiniós do que podemos denominar sociedade civil, pero moita xente non sabe valorare na xusta medida o potencial desta ría. Isabel e Arturo sí que o saben.

O que teña interese por conocere ó que din outras voces pode tomarse un pouco de paciencia e buscar nos medios galegos, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia, a través da súa hemeroteca, nos pasados días13, 14, 15 e 16.12.2011.

jueves, 15 de diciembre de 2011

Ence, Costas e o PP

Complexo clorocelulósico na ría de Pontevedra, causa da contaminación grave que padece este ecosistema.

Pontevedra, 15.12.2011
Entrada n. 1480


ENCE, COSTAS E O PP,

por Xesús López Fernández

Entrada breve en relación coa regueifa que últimamente se traen ENCE e os partidos políticos que, doudos de soberbia, parvaxolos, teñen un discurso pra cada momento. Na entrada anterior xa se di o que parece de rigor, que van como xinetes do Apokalypsis por máis que tenten seguir vendendo a burra, tomando ó público por imbécil.

Pero hai que reconocer que alguén aclara hoxe algo que ós demáis se lles escapa: o Faro de Vigo, que lembra a decisión da Audiencia Nacional de incoa-lo procedemento de cancelación de concesión de diversas actividades, consecuentemente á denuncia de Salvemos Pontevedra. (Ver Faro de Vigo, 15.12.2011:As concesiós de Costas e a súa data de caducidade. ). Salvemos Pontevedra pode ser clave na liberación desta ría.

Outra noticia d´hoxe, tamén no Faro de Vigo, ten relación coas declaraciós de Telmo Martín, candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, actualmente concellal que, despois das elecciós do 20N foi electo diputado por esta provincia.

Pois ben, Telmo Martín ten falado con ENCE non menos de nove veces, con vistas ó seu traslado a Marcón, asunto no que o home non levaba razón. Pero desta volta ousa decir que a Ence non lle interesa máis que vendere enerxía (ten dúas prantas de coxeneración en Lourizán, outra razón prá perda da concesión, xa que as mesmas carecen, presuntamente, de permiso e tamén de licencia municipal).

Pero sobre todo apunta ben Telmo Martín cando dí que ENCE afirma o que afirma porque sabe que aquí temos un alcalde pancarteiro, que se limita a levanta-la pancarta anti-Ence unha vez ó ano, cando desfila sobre Lourizán ó acobilla da súa baraza, do seu brazo ecoloxista, a APDR.

Ver noticia do Faro: O PP critica a ENCE por xogare co corazón dos pontevedreses pra continuar na ría. Que esto signifique un cambio de actitude no PP é algo que deben demostrare.

martes, 13 de diciembre de 2011

ENCE, O CONTUBERNIO POLÍTICO

Aínda que as pinten de colores, Ence i Elnosa acabaron coa ría de Pontevedra, xunto con outras actuaciós na área do porto de Marín. Os políticos, presuntos implicados, ó servicio dos clústers portuarios.

Outra panorámica do inferno celulósico. Foto de La Voz de Galicia d´hoxe, 13.12.2011
O eucalipto, que non vale nada, entra aínda máis barato polo porto de Marín. Ésa é a riqueza que defenden algús empresarios. A colonización de Galicia, inzada de eucaliptos e subvencionado o abandono das terras de labor, especialmente na época de Fraga. Unha vergonza.
-
Pontevedra, 13.12.2011
Entrada n. 1479 do blog



ENCE, O CONTUBERNIO POLÍTICO,

por Xesús López Fernández


Estos días atrás, a Xunta anunciaba o cerre de Elnosa, unha fábrica de morte na ría de Pontevedra, pró comezo do 2014. Algo debe ter que ver esa empresa coa parálisis cerebral que se evidencia en Pontevedra con máis frecuencia do debido. O mercurio e as dioxinas algo terán que ver co que aquí se ven decindo, dende a alborada celulósica do 1963, en base a unha concesión do 1958, nula ab-initio na medida na que nunca depuraron debidamente e convertiron ademáis a Pontevedra e o seu entorno nunha auténtica cámara de gas. Aínda hoxe, 2011, apestaba na cidade.

A Xunta falou, ademáis, de que Ence debería face-los deberes e pensar nun cambio de ubicación. Pero a solución non pasa por se reestablecere en Galicia. Na factoría non queren pensar no traslado, senón en permaneceren nas marismas de Lourizán, algo no que os políticos non queren asumi-los deberes. Lembremos que as xentes do PP ou do PSOE con sensibilidade ecoloxista, foron afastadas da vida política local. E que o discurso do BNG non foi outra cousa, ó longo destos anos, que unha parida populista.

Á fin de contas, todos queren negociar, cacear coa conversión das marismas de Lourizán en solar.

Lembremos, si acaso, que esas empresas, según se argumenta na denuncia promovida pr Salvemos Pontevedra que está na Audiencia Nacional, carecen de concesión.

Lembremos tamén que Rosa Aguilar dixo, no seu día, que ían comezar co proceso da anulación da concesión de Ence.

Veremos qué pasa agora, porque hai demasiada merda política no tema, tocádo-los partidos, presuntamente, pola corrupción que no caso de Ence-Elnosa concrétase co malcheiro e problemas "prá saúde e convivencia humáas" que decía o ministerio franquista da Vivenda, ano 1973, ó tempo de reconoceren que a instalación fabril de Lourizán fora un erro que habería que subsanare. Polo que se ve, a día d´hoxe, os políticos i empresarios sen senbilidade ambientalista, non están polo labor.
Botádelle un vistazo ós enlaces incluídos máis abaixo.
LA VOZ DE GALICIA, 13.12.2011, ENCE DECLARA INVIABLE O SEU TRASLADO. QUEREN SEGUIR OPERANDO DESPOIS DO 2018.
FARO DE VIGO, 13.12.2011, ENCE ASEGURA QUE O TRASLADO DE LOURIZÁN É INVIABLE.
FARO DE VIGO, 13.12.2011, O GOBERNO LOCAL DOS CHACARITAS DO BNG AGRADECE QUE A EMPRESA FALE CON CLARIDADE.

domingo, 11 de diciembre de 2011

Días de Estambul

Mezquita azul. Foto de Eugenio.

Castañas e millo asados. Pra nós, as primeiras castañas asadas da temporada, con menos sabor qu´as nosas. (Foto de Eugenio)

Unha mostra da economía da precariedade de moitas daquelas xentes. Zumo de granada, rico, sí, pero.... (Foto de Eugenio)

Obelisco no solar do vello hipódromo, con memoria talvez das carreiras de cuádrigas. (Foto de Eugenio)

Harika, Españoles en Turquía. Xentes do grupo entraron na tenda pra saudare ó persoal, protagonista en tempo pasado na TVE. (Foto de Eugenio)

Sete mil comidas diarias. (Foto de Eugenio)

Santa Sofía (Foto de Eugenio)

O Mármara e o Bósforo encóntranse. No Bósforo existen dúas pontes intercontinentales, modelo de integración paisaxística.

Vista parcial de Santa Sofía

Unha das entradas ó Palacio de Topkapi, na antigua muralla.

Outra entrada ó palacio. Vista parcial dun dos patios. As chimeneas que se ven son testigos calados de que alí, en tempos, facianse 7000 comidas cotiás, diarias. Outra perspectiva do mesmo patio



Outra, máis amplia.

O titular do blog. Ó fondo, o mar de Mármara. E Asia. (Prometo máis fotografías prá próxima entrada ou, se teño tempo, fago unha addenda pra ésta d´hoxe)

Pontevedra, 11.12.2011

Entrada n. 1478 do blog

Artículo semanal.


Días de Estambul,
por Xesús López Fernández


Quedaban atrás os días de Éfeso e Mileto, de Pamukkale e Konya, os días da Capadocia e outros lugares e comezabamos agora, en Estambul, a cidade máis grande de Turquía, as últimas xornadas da nosa viaxe. A urbe está dividida polo Estreito do Bósforo en dúas partes, unha en Asia e outra en Europa. É conocida como a cidade das civilizaciós que alí se foron incardinando ó longo da súa historia; tamén pola súa permanente actividade económica, motivada por ser encrucillada de dúas correntes de civilización: a ruta marítima do Mediterráneo ó mar Negro e a de Europa a Asia. A súa fundación como Bizancio, o 667 a.C., ó longo dun golfo profundo a resgardado, o Corno d´Ouro, fora obra de colonos gregos de Megara. Sería a comezos do século IV (anos 324 e 330) cando Constantino I o Grande a consagraría como Constantinopla, a cidade de Constantino, convertíndoa na capital do Imperio Román de Oriente: o Imperio Bizantino. Prós seus habitantes foi sempre unha capital romana, construída tamén sobre “sete colinas”, a imaxe de Roma.

Os turcos xa tiñan conquistado o resto do Imperio Bizantino cando Constantinopla cae baixo o seu dominio o 29.05.1453, ano no que Mahomet II entra a cabalo na catedral de Santa Sofía, que sería transformada en mezquita. Constantino XI, o último emperador, morrera defendendo a cidade que pasou a chamarse Estambul, se ben Europa mantivo o nome de Constantinopla ata o século XX. A cidade pasou de ser bizantina imperial a otomana; de cristiá ortodoxa a islámica. E aínda que moitas igrexas foron convertidas en mezquitas, conserváronse bastantes. A presencia de mezquitas é unha constante na cidade. E Santa Sofía, reconvertida en museo no 1934, restaurádo-los seus frescos na medida do posible, é considerada como a nai de tóda-las mezquitas, gran parte delas construídas a imitación da que fora catedral católica. Por outra banda, o crecemento de Estambul parece seguir sendo imparable, estimándose que actualmente ten uns 14 millós de habitantes.

O noso guía, cando nos dispoñemos a sair do autobús pra visita-los museos do Palacio de Topkapi avísanos da importancia de nos manter unidos, de non perde-lo tempo en regateos con vendedores ambulantes, que son moitas as xentes que en Estambul buscan a vida dese xeito. Debemos aproveita-lo tempo pra poder visita-los diversos lugares cargados de historia que nos esperan. E comezamos polo Palacio de Topkapi, construído polos otománs no século XV, convertido en museo despois da fundación da República de Turquía, o 3.04.1924, despois de 400 anos como residencia dos sultáns e como centro de administración, de educación e de arte do imperio. Está situado antre o mar de Mármara, o Bósforo de Estambul e o Corno d´Ouro, na punta máis extrema da península. Museos de xoias e pedras preciosas, armas, traxes, nos que non se poden tirar fotografías. Diversos patios ben coidados e con arboreda singular. No primeiro existe un templo, o de santa Irene, do século VI, construído pola Igrexa na primeira área de culto de Constantinopla. Coa ocupación musulmá quedou incorporado ó recinto de Topkapi, sendo usado como arsenal. Dende o 1980 úsase como sala de concertos no Festival de Música de Estambul, os veráns.

Despois de xantare nun restorán próximo a unha tenda española (“Españoles en Turquía”) visitámo-la asombrosa Mezquita Azul, que foi construída no solar do que fora Gran Palacio de Constantinopla, fronte a Santa Sofía e o hipódromo román, do que ocupa gran parte do que foi a súa tribuna. Se a mezquita, que ten seis minaretes, aparece como unha obra maxestuosa, posiblemente é a luz especial do seu interior o que máis asombra. Digamos tamén que o antiguo hipódromo tiña uns 400 metros de longo por 180 de ancho e nese espacio consérvanse tres obeliscos…Trasladámonos ó hotel pra, despois da cea, facer un corto recorrido e ir así tomándolle o pulso á zona. Increíblemente, os vendedores ambulantes tomaban a noite. (continuará)




VISTA INTERIOR, PARCIAL DA MEZQUITA AZUL, ESTAMBUL (vídeo propio).