jueves, 16 de febrero de 2012

Cunqueiro: Remuíño de prosas

 Este artículo está escrito coa intención de denunciar, unha vez máis, o traballo de enxeñería estalinista de xentes próximas ó BNG pra tentare a reconversión do galego en galegués, a xerga ou especie de trampitán hoxe presente no discurso de moitos políticos, mesmo nas prédicas da liturxia católica. O inadmisible "grazas" está no cerne desa bastarda enxeñería, a do Diktatt estalinista, a lingua da non-patria.
Monumento a Cunqueiro, ante a catedral de Mondoñedo.
Catedral de Mondoñedo.

Pontevedra, 16.02.2012
Entrada n. 1498
Artículo semanal.

Cunqueiro: Remuíño de prosas,
De Xesús López Fernández

            O título corresponde ó tomo número XX dos Cadernos Ramón Piñeiro, que edita a Xunta de Galicia. No prólogo “Albur minúsculo ou imprevisto azar” de Luís Cochón e Luís Alonso Girgado, explican éstos que o lector frecuente da obra de Cunqueiro sabe que entra nun terreo moi diverso, como diversos foron os saberes gobernados polo autor que, lector impenitente, foi descobrindo mundos, persoas e persoaxes que foi apañando pra sí e pra nós. O libro, que arranca cunha prosa patriótica en honor a Cabanillas, recolle tamén o relato que Cunqueiro fai das súas claves dos diversos países dos seus relatos, de cómo falaba de Bretaña de Francia i era de Galicia de quen falaba, dos outeiros ou dos longos esteiros dos ríos; dun porto arábigo do Golfo Pérsico, i eran realmente Foz ou Viveiro, Bueu ou Noia as imaxes que tiña ante sí pra falare da entrada e saída dos veleiros, e aínda da mesma brisa mariña. Pra Ulises e as illas gregas polas que saltaba, o seu modelo eran as Cíes ou Sálvora cercadas por rendas de escumas. Contaba dunha cidade i era Mondoñedo ou Betanzos de quen falaba, e por Florencia de Italia tiña a Compostela.   

            No libro recóllense diversas obras de Álvaro Cunqueiro, o home que puido estar chamado a fixare a nosa lingua, ortográficamente, evitando así que a mesma, acamada por extrañas normas, perdera non pouca da súa identidade social, da súa frescura e colorido. “Gracias, gracias, gracias”, así podería tamén titular este artículo, por ser ésa a palabra que máis repite Cunqueiro, como unha especie de retrouso, no seu discurso de 25.04.1980, no homenaxe que lle brindaron en Vigo. “En primeiro lugar as miñas palabras teñen que ser de gracias ás entidades que convocaron este acto”. “Gracias ó Rector Magnífico da Universidade de Santiago… Gracias a Domingo García-Sabell, irreprochable amigo dende os anos mozos… Moitas gracias a Francisco Fernández del Riego, bo amigo de toda a vida… Gracias a Ramón Piñeiro, outro da miña tribu… Gracias a Xoana Torres, tan xentil e tan querida… Moitas gracias. Dou as gracias a tódolos que estades aquí”.     

            A petición de gracias reitérase ó longo do discurso: “…gracias a El Señor…” E dá as gracias por lle ter permitido nacer neste reino do Fisterre que chamamos Galicia, “neste grande reino que vai dende os montes astra o mar onde brillan os pés do vento, a este país dos dez mil ríos, do vello camiño das peregrinaciós, a este país dos mil vales…, patria querida…: a patria son a terra e os mortos. Gracias a Deus por este reino”. A loubanza ó Señor pasa tamén polo sonido das palabras, “por terme dado o don da fala nosa, … i ensinado a decir “rula” e “abidueira” e “dorna” e “ponte” e “fonte””, porque en sendo conocedor destas palabras o autor era dono da rula e da abidueira e da dorna e da ponte e da fonte… O autor, coas súas invenciós, quería que a fala galega durase e continuase e que, cando xa estivese a dar herba na terra nosa, rezase na súa lápida: “Aquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis”.

            O autor reitera a petición de gracias nesta intervención como noutras recollidas no libro, algo ó que se refire Andrés Torres Queiruga en “Cunqueiro, flor de Galicia”, estudio publicado na revista Encrucillada, no volume de marzo/abril 1981; un exame a partir dalgunhas das pezas oratorias do autor, “xa máis alá, transfigurado, por enriba de calquera vanidade persoal, nos espacios limpos da comunión no ideal e na esperanza”. Se algo hai a primeira vista, dí Torres Queiruga, que chama a atención nos discursos analizados é a “revelación da gratuidade como gratitude”, e afirma: “Gracias é a palabra que máis se repite, como ritornello irreprimible e envolvente. Gracias a todo e a todos: organizadores, amigos, ós presentes e ó tempo que lle tocou vivir, ó intre mesmo do discurso…(o final do discurso en Padrón!) Gracias, final e primeiramente, a Deus”. Queiruga fala de finura teolóxica na obra do noso autor.                

martes, 7 de febrero de 2012

Camiño de Santiago polas estrelas

Camiño de Santiago polas estrelas, por Xesús López.

Pontevedra, 7.02.2012
Entrada n. 1497 do blog

ESTE BLOG, O SEU TITULAR E AUTOR DA "TARXETA DE VISITA QUE VOS MOSTRO", VAI DESCANSAR POR UNS DÍAS.
SAÚDOS A TÓDO-LOS AMIGOS. Tamén ós que, na pausa que se abre, queiran avincallarse a este meu diario informático, un tanto ácrata, sí, e rabiosamente independente.   

domingo, 5 de febrero de 2012

Lembranza do Convenio Ramsar

 A morte da ría de Pontevedra, creación fractal.
 Maxinando unha braña...
 Baixo o pantalán hai vida.
Banco de peixiños contra luz.

Pontevedra, 5.02.2012
Artículo semanal
Entrada n. 1496 do blog

Lembranza do Convenio Ramsar,
por Xesús López Fernández

            O pasado dous deste mes celebrouse o Día Internacional dos Humedales. A tal celebración é consecuencia do Convenio Ramsar, así chamado por ter sido asinado na cidade do mesmo nome, Ramsar, Irán, no mar Caspio, o 2.02.1971, en relación cos humedales (lagos, lagoas, marismas) de importancia internacional especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas. Entraría en vigor no 1975 e actualmente conta con máis de cen estados membros en todo o mundo. É, ademáis, o único convenio en materia de medio ambiente centrado nun ecosistema específico: os humedales e, aínda que na súa orixe tiña un obxetivo principal orientado á conservación e uso racional en relación coas aves acuáticas, actualmente recolle  a importancia destos ecosistemas como algo fundamental na conservación global e mai-lo uso sustentable  da biodiversidade, con importantes funciós (regulación do ciclo hidrolóxico, recarga de acuíferos, estabilización do clima local), valores (recursos, pesquerías, auga) e atributos (dar cobertura á biodiversidade e usos marcados pola tradición).

            Máis alá do discurso “políticamente correcto” sobre protección ambiental de “marismas, pantanos ou superficies cobertas d´auga, incluídas as extensiós de zonas mariñas con fondura en marea baixa que non pase dos seis metros”, que así define o convenio de Ramsar estos ecosistemas, nos que a auga xoga un papel fundamental, a conservación destos espacios é vital, pois son indicadores da saúde do planeta. A relación de zonas húmedas de importancia internacional pasa das mil. A contribución de Galicia á lista destos ecosistemas comezou serodiamente, coa inclusión das rías de Ortigueira e Ladrido, o complexo húmedo de Corrubedo, o complexo intermareal Umia-O Grove e, xa no 1994    a ría do Eo, cun ecosistema de xunqueiras envidiable. Que Galicia conte con máis de setenta mil hectáreas de zonas húmedas non quer decir nada, como se demostra coa recén desfeita de Frouxeira, un humedal protexido no que a Xunta usou maquinaria pesada e nunca remediou a sistemática agresión na ría de Pontevedra, que algús quixeron apantallar co discurso do purolérez.com.

            As zonas húmedas son fontes de recursos prá pesca, caza, gastronomía e artesanía tradicional, como sabiamos en Pontevedra e Marín, con memoria aínda de entalladas. Son escenarios privilexiados e, como di WWF, “restaura-los humedales como forma de recupera-la biodiversidade e servicios de orde ambiental; como estratexia de adaptación ó cambio climático, pra evitare enchentas i erosión”, como factor tamén na depuración biolóxica, convírtense en prácticas obrigatorias. “El País” comenta cómo estos servicios non se tiveron en conta cando, sobre todo nos anos sesenta e setenta do pasado século, “a política turística e a urbanización do litoral alterou ou destrueu un 70% dos ecosistemas húmedos costeiros”. E a Fundación Biodiversidad do MARM ten un proiecto de evaluación dos EME (ecosistemas do milenio de España), que tenta facilitar información válida a políticos e xestores.

            Os ecoloxistas agardan que prevaleza o sentido común da dita evaluación, sobre todo cando dí “se potenciará la protección de sistemas litorales…prestando especial atención al tratamiento de humedales costeros”, que parece en contradicción coas medidas anunciadas polo ministro Arias Cañete en relación coa lei de Costas, da que na ría de Pontevedra, espacio sensible, pasan olímpicamente. A ría está no estertor cando se dispoñen, din, a draga-lo fondo, algo que non vai servir de nada. A ría, se realmente queren rexenerala, precisa da recuperación das xunqueiras (e que o mar volva entrar nelas), das marismas de Lourizán e da execución das sentencias en relación cos recheos do porto de Marín, así como da retirada de certas infraestructuras (avenida a Marín, edar), construídas en dominio público marítimo terrestre. Certos blogs pontevedreses mostran fotos de hai máis de cen anos que axudarían á recuperación do noso litoral, coa Convención Ramsar como folla de ruta.

sábado, 4 de febrero de 2012

Gran Bazar, Estambul

 Entrada do Gran Bazar, de Estambul, donde hai catro mil tendas. Siguen unhas cantas tomas, pode que non moi afortunadas.
 No Gran Bazar pódese atopar de todo ou case todo. Vista xeral.
 Outra vista, con colorido, algo que prima no gran e caótico centro comercial.
 Ouro, prata, bolsos, pashminas, alfombras, ouxetos de regalo.....
 Outra toma xeral,
 como ésta
 ou esta outra,
 pero o Gran Bazar sigue crecendo i están a facer obras de ampliación.  
 outra toma xeral..
 como ésta
 Esta, xa máis en detalle,
 como ésta. Oportunidades en bolsos e artículos de coiro.
 Unha toma caprichosa.
 Algunhas tendas están centradas en cousas como as da fotografía
 ou éstas, 
 ou esta outra.
 Foto con colorido..
Xente que vai saíndo do Bazar.

Pontevedra, 4.02.2012
Entrada  n. 1495 do blog

Gran Bazar, Estambul,
por Xesús López Fernández

Despois de realizada a travesía polo Bósforo visitámo-lo Gran Bazar, especie de loucura na que están agochadas 4000 tendas. Os qu´as rexentan son case todos vendedores compulsivos. Xentes de diversas nacionalidades teñen alí o seu  medio de vida, centradas no regateo porque o precio dos productos que alí  venden, como noutras partes, pode quedare na terceira parte do primeiro precio. O regateo forma parte da súa cultura. A min querianme vendere unha alfombra e como respondín "only if you have a flying carpet", o home, que me chamaba "dottore", aseguroume que sí tiña alfombras voadoras...

Curiosamente, o Bran Bazar, con presencia policíaca permanente, cerra ás sete en punto da tarde, algo que parece non encaixa co que pode parecer un mercadeo pouco serio. Como que tamén, despois de cerrado o Bran Bazar, chegan os vendedores ambulantes cos seus furgós a todo aquel entorno e a tramos peatonalizados da cidade, dos que se apoderan: Os furgós e furgonetas montan a beirarrúa; os vendedores comezan a sacare bolsos ou pashminas, maletas, alfombras..., todo estrado polo chan do espacio público.  E sigue o gran regateo entrados xa  na noite.

jueves, 2 de febrero de 2012

Mármara e Bósforo, vistas varias

 Foto do 12.10.2011. Fragmento da muralla de Constantinopla.
Vista do mar de Mármara, dende terra firme. Na parte baixa apréciase o perfil da vella muralla. 
 Como nesta outra vista, un esculcadoiro perfecto pra estima-lo paso de vapores, transatlánticos e petroleiros, como tamén barcos de pesca.  
 Reiterámo-lo comentario anterior. Visibles, diversos fragmentos da muralla.
Edificios que teñen que ver coa herencia otomá. Unha terraza estratéxica.  
 Vista amplia do mar de Mármara, cara ó Mediterréneo.
 No primeiro plano, un edificio cargado de historia, apreciable na foto anteanterior. Ó fondo, a nova Estambul.

 Nesta foto, ó fondo, apréciase unha das pontes do Bósforo, ás que nos temos referido na entrada anterior.
 Outra vista xeral.
 como esta outra
 foto con ferrocarril e muralla, e de novo o mar de Mármara.
 outra panorámica.
 Esta foto corresponde ó 13.10.2011, o día da travesía polo Bósforo.
 Panorama urbán dend´o mar.
Universidade de Galatasaray, outro enfoque. 
 Murallas de Constantinopla.
 Outra vista das murallas.
 Entrando no Bósforo. Apréciese a filosofía da construcción, tan distinta da filosofía da ponte de Rande, en Vigo.  
 Esto case parece Venecia. Costa asiática de Estambul.
Aquí rematou a nosa travesía, con xantar no restorán Pescatore.

Pontevedra, 2.02.2012
Entrada n. 1494 do blog

Mármara e Bósforo, vistas varias,
por Xesús López Fernández

Tal como prometín, deixo nesta entrada algunha foto máis das que tiña na reserva. Esto non precisa de máis comentario. Son as fotos as que falan por sí. Vale a pena viaxar a Turquía. ¿A que sí? Sei d´algún amigo que ten ido alá unhas cantas veces e non se perde en Estambul, cidade duns 14 millós de habitantes.