domingo, 29 de diciembre de 2013

A crisis que non cesa

 Esto é Delfos, de gran importancia na Historia de Grecia. 
 Nova vista de Delfos.
 E outra vista máis.
 Micenas, no Peloponeso, a porta dos leóns.
 Outra vista de Micenas.
 O vello Corinto, que conoceu a presencia de San Paulo.
 Micenas, entrada á tumba do rei Agamenón. (Foto de Eugenio López Álvarez)
 Cúpula do seu mausoleo.(Foto de Eugenio López Álvarez)
As anteriores son fotos introductorias a algús dos xacementos arqueolóxicos gregos. O Recaudador Nacional ó que se refire Márkaris en "Liquidación Final" está especializado en matare a defraudadores do fisco. Usa cicuta como veneno. Os cadavres son depositados en xacementos arqueolóxicos. A última das fotos conecta con parte da tesis que desenvolve na novela que cerra a triloxía dedicada á crisis polo celebrado autor: Grecia i España quedan fóra do euro no 2014, algo que o propietario da tenda fotografiada ventaba en setembro do 2012, apantallado por unha cortina de billetes, seguro de que o retorno ó dracma era unha necesidade e de que a entrada no euro fora realmente unha gran trampa pra nos meter nunha especie de gran guerra financieira Norte-Sur de Europa. O resultado xa está á vista: os chamados PIGS, os países do Sur están practicamente quebrados, porque Irlanda, que tamén está no club, parece que se salva.

Pontevedra, 30.12.2013
Entrada n. 1727 do blog
Artículo semanal publicado no Diario de Pontevedra    

A crisis que non cesa,
por Xesús LópezFernández
           
            No libro “A espada de Damocles”, de Petros Márkaris, que contén unha serie de artículos orixinalmente publicados en alemán, o autor achégase, con diversos enfoques, ó estudio da crisis europea. O libro trae un prólogo prá edición española no que xa se fai un adianto sobre a temática tratada en medios como “die Zeit” e “Süddeutsche Zeitung”. A edición cérrase cunha conversa co autor na que o home ofrece mesmo algunhas das claves da súa persoalidade xa que, instalado en tres linguas: turco, alemán e grego, decidiriase polo exclusivo uso desta última na súa producción literaria, a raiz dunha longa estancia en Viena, onde cursou estudios de Economía. Como tamén supoñemos aquí, o autor mantén que a crisis grega ten principalmente un carácter político e denuncia que si Grecia é hoxe un país quebrado que nestos momentos está ó borde do abismo, a causa son os erros e fracasos dos dirixentes políticos. Un aparato estatal corrupto, que se revela incapaz de poñer en práctica reformas e leis críticas. O home ten tamén producción de novelas policiacas.

            E nese sentido concreta cómo un día  “aparecéronselle” tres persoaxes en busca de autor, unha familia de tres membros: o comisario Kostas Jaritos, a súa dona Adrianí e mai-la filla do matrimonio, Katerina. Especialmente tres destas novelas policiacas preséntannos a Jaritos como unha especie de notario da crisis. Son “Coa auga polo pescozo”, “Liquidación final” e “Pan, Educación e Libertade”, as tres novelas exemplares, con retratos moi vivos do deterioro socioeconómico do país e as situaciós de pobreza radical, que se antes eran evidentes antr´os negros sen teito, agora afectan ós propios gregos pobres que, ó amparo da soedade das primeiras horas da alborada, procuran nos contenedores algo que lles poida valer. É o que ven despois da perda do traballo, dos recortes das pensiós; algús gregos xa non poden paga-las medicinas e recurren a dispensarios de Médicos sen Fronteiras…. En definitiva, a fin do soño europeo. Ah, un detalle de Jaritos: A causa  da voda da filla merca un Seat Ibiza. (España é un dos PIGS,con Portugal, Italia, Irlanda e Grecia).

            En “Liquidación final” Márkaris constrúe unha novela trepidante na que un asesino en serie, o Liquidador Nacional, valéndose da cicuta como veneno, comeza  a matare a unha serie de defraudadores do Fisco. Envíalles un aviso previo, vía internet, e dálles un prazo de cinco días: se non ingresan a débeda “procederase á liquidación final”. Outros optan por ingresare: 7.800.000 euros en dez días. Novo aviso do Recaudador por internet coa relación dos nomes e ingresos en cada caso producidos. Clamor cidadán que, nalgunha das manifestaciós de indignados, demanda pra RECA (así chamado por eles o Recaudador Nacional) o cargo de ministro da Facenda.  Éste recibe un escrito de RECA pedíndolle o pago da correspondente comisión: 780000, o dez por cen do recaudado, ó que acceden as autoridades. Pero a entrega dos cartos nunha bulsa leva trampa, un dispositivo electrónico pró seguidamento e localización  de RECA, que se percata e abandona a entrega, pasando a pedir máis, o dobre, e que llo sitúen nun apartado de correos das Illas Caimán. Etc., etc.

            Con “Pan, educación e libertade”, que acaba de aparecer, conclúe a triloxía da crisis, pero como esto parece non ter fin, prantéxase incluso a posibilidade de converti-la serie en tetraloxía. Ou de encetar unha segunda serie. Agora, co último título, Márkaris, casi apocalíptico e máis pesimista que nunca condúcenos a unha tenebrosa Europa-ficción do ano 2014, no que Grecia i España son os primeiros países do Sur en se declarar quebrados e abandonan o euro, regresando ó dracma e á peseta respectivamente. No ano 2012 tiven ocasión de ventar algo desa protesta tensa. Un comerciante español no entorno da praza do Metro de Atenas mantiña a modo de pantalla un tendal feito con billetes correspondentes ós países europeos de antes da UE. Como xa acontecía nas novelas anteriores, Márkaris sigue dibuxando unha Atenas en contínua convulsión. Pero, en fin, a crisis non cesa, centrado o seu núcleo, talvez, na presunta existencia de tramas e do acobillo de enormes fortunas en paraísos fiscales.  

domingo, 22 de diciembre de 2013

A luz de Belén vai polo mundo

Representación da Sagrada Familia, nun nacemento familiar.
Éste é Michael Weixlbaumer, o neno austríaco portador da luz da gruta de Belén, un novo heraldo da paz pró século XXI

Pontevedra, 23.12.2013
Entrada n. 1726 do blog 
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.


A luz de Belén vai polo mundo,
Por Xesús López Fernández

            O día 27 do pasado mes de Santos, Guenther Hartl, responsable do proiecto da ORF de leva-la luz de Belén polo mundo adiante, explicaba que esta práctica naceu dunha idea da Televisión Austríaca, no ano 1986. A idea básica é a de agradecere ás persoas que nestos tempos de Nadal fan donaciós ou actividades caritativas, iluminando a caridade coa luz. E pensando nunha luz verdadeiramente especial acodiron a tomala da que permanentemente arde na gruta  onde naceu Xesús. Un neno ou unha nena austríaco é proposto ou premiado prá ceremonia iniciática de prender unha vela nesa luz perpetua. I este ano correspondeulle o protagonismo a un rapaz de doce anos, Michael Weixlbaumer, que, como xoven e valente bombeiro foi de fundamental axuda pra moitas xentes, con motivo dun peligroso incendio. Cara simpática a do cativo (que ten o seu perfil en facebook) e que o 27.11 achegouse con decisión á basílica da Natividade. Xa alí, un monxe ortodoxo entrégalle unha vela fina coa que se dirixe á gruta. De xionllos, santíguase e prende a luz, que protexe nun cilindro especial prá súa conservación.

            “É un lugar fermosísimo –dí Michael— i estou orgulloso de ter prendido a luz de Belén, que vai ser levada por toda Europa”. O rapaz asiste a unha misa celebrada na basílica de santa Catalina, na que participan 420 pregrinos chegados de Austria, Suiza e Alemania, misa oficiada polo arzobispo de Linz  na que intervén un coro do Conservatorio daquela cidade. Na fin da misa, os asistentes foron os primeiros en recolle-la luz da que Michael era xa portador privilexiado, en pequenas candeas. Despois desta primeira entrega a luz sería conservada no hotel pra, no día seguinte e según manifestación de Guenther Hartl, levala en avión das Austria Airlines, a Austria e a Linz prá súa distribución antre os veciños; tamén pró seu envío con destino a trinta países europeos; mais tamén ás dúas Américas e a Rusia.

            Convén destacar no impulso desta tradición o compromiso de Austria e da Televisión daquel país, así como a organización existente que conecta con distintos grupos do Movemento Scout Católico, que agardan nas estaciós do ferrocarril a chegada dos trens portadores da luz da Paz que os scouts, os exploradores, van levando a diferentes destinos, fundamentalmente parroquias. Esta luz, símbolo de solidariedade e Paz, foi xa entregada ó Santo Padre, o pasado 18.12, mércores, polo propio Michael  Weixlbaumer como parte da comitiva presidida polo arzobispo de Linz Ludwig Schwarz, no curso da audiencia xeneral celebrada en San Pedro. Imortantes as palabras do Papa Francisco na ocasión, afirmando que esa luz “é un forte sinal que nos ilumina na nosa determinación de se-la luz do mundo que brilla na confianza e na esperanza dos verdadeiros fillos de Deus e leva a paz de Cristo ás nosas familias e ós nosos veciños”.
            
Os scouts e guías de Austria son os grandes colaboradores e coordinadores con grupos doutros países prá imprantación desta gran constelación de “luciñas”, que xa están en moitos lugares do noso país. O outro día eran scouts de Plasencia os relevistas que recollían a luz en Salamanca. I scouts d´Aragón, de Málaga, de Alicante, Madrid…. colaboran activamente na multiplicación das luces da esperanza e solidariedade… Nas propias rúas de Cádiz, xóvenes exploradores facían ese labor multiplicador antre os cidadáns. Realmente, trátase dun labor ilusionante: marca-lo país e o planeta coa esperanza, tamén chegada a Arxentina ou a Bolivia. En pequeno, ese lume corresponderíase tamén coa estrela que hai máis de dous mil anos guiou ós magos chegados de Oriente, talvez da Caldea, ata a gruta de Belén, de cuia adoración manteñen memoria viva os nacementos famililares existentes no ancho mundo. Este ano douse un realce especial ó acto organizado polos austríacos, fundamentalmente polas agrupaciós scouts e Michael Weixlbaumer se nos mostra como un novo heraldo do Nadal. Que a sementeira de luces cale na sociedade.    

domingo, 15 de diciembre de 2013

Un novo tempo de Nadal

O Nacemento de Campaña, un dos máis visitados de Galicia.


Unha luz vida de Belén está a recorrere o Mundo. Vera Baboun, cristiá, é alcaldesa daquel pequeno pobo situado en Cisjordania, a dez kilómetros de Xerusalén. A tradición sitúa alí o nacemento de Xesús. Leéde a mensaxe de Vera Baboun, coido que de gran importancia e que, con palabras simples, achéganos á realidade daquela cidade palestina. 

Pontevedra, 16.12.2013
Entrada n. 1725 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra  


Un novo tempo de Nadal,
por Xesús López Fernández

            Estamos nos días previos á celebración do Nadal do Señor, e renóvase, en moitos de nós, a memoria da salvación, da que, a través da Misa pasamos á eternidade de Deus, na que xa estamos a participare. Estamos nese momento coberto de maxia, no que parece nos volvemos máis homildes cando nos achegamos ó misterio de Nadal, mimámolo mesmo cando participamos na confección dun nacemento familiar ou parroquial, nos que nalgús casos a representación vai máis alá do que ás veces queda concretado de forma simple: o Portal, o nacemento de Xesús “nun pesebre sendo Rei de canto hai, nunhas pallas el deitado…”(como se conta nalgunha das nosas panxoliñas) e, por extensión, está alí recollida gran parte da historia da salvación: o anuncio da Encarnación que o Ánxel lle fai a María; a visita á súa curmá Isabel en Ein Karen; o traslado a Belén; a visita dos Magos d´Oriente; a fuxida a Exipto ó tempo que se decreta a matanza dos Inocentes. 

            Estos pasados anos tiven a sorte de viaxare a algús lugares, que son fitos no desenvolvemento da devoción ó misterio do Nadal, especialmente Greccio, no convento que alí teñen os franciscáns e visitámo-lo 19.03.2009 e onde o Poverello de Asís, San Francisco, fixo o primeiro nacemento do que se ten memoria. Un museo mostra alí, no lugar, unha serie de beléns de distintos países. E de Greccio desprazouse a Santiago, hai cousa dun par de anos, unha comitiva prá escenificación dun nacemento vivinte. Por certo que hoxe é un nacemento a visitar o que os acollidos no albergue franciscán de Santiago de Compostela, tutelados polo Padre Paco Castro, OFM, levan anos elaborando. Naquel 2009 visitamos tamén Terra Santa, outra forma de entende-los Evanxelios, máis viva e que cala, como que sinto non ser máis libre pra acodire de novo alá, prá celebración xa deste Nadal, pró encontro con xentes chegadas de tódo-los puntos da Terra.

            Na interiorización, na asunción do misterio da salvación, cobra pra min importancia especial o encontro no ano 2010 coa chamada Segunda Terra Santa, da que manteño víva-las lembranzas do encontro coa Anatolia, a casa da Virxe en Éfeso, tal como lle fora revelado á Beata Ana Catalina Emmerick, ou a asombrosa Capadocia, onde o Cristianismo debeuse facer especialmente resistente i, extrañamente, algún dos templos rupestres alí existentes, que deberon ter un pasado importante, manteñen vivos frescos que parecen recén pintados e nos que se relata a historia da salvación. Debeu haber alí centos de templos e inda tivémo-la ocasión de celebrare unha liturxia nunha pequena capela de Avanos. Por certo, as representaciós da historia da salvación fanse apoteosis nos templos bizantinos de Estambul: San Salvador de Cora, hoxe museo, e Santa Sofía. Son recordos que van quedando ou de cómo en Grecia, se manteñen vivos algús conventos nos tesos de Meteora, os monxes á procura da Transfiguración de Xesús, xa na senda da eternidade.

            Tornando ó tema dos beléns, en Galicia, parece van aumentando, destacando como sempre o de Valga que soe recibire milleiros de visitas, pero hai noticia de beléns críticos, que ademais de recollere esceas da vida real, fan denuncia expresa de escándalos e corrupciós diversas, mesmo da crisis que afoga ós máis homildes. E chama a atención un nacemento da Terra Chá, en Lugo, en Momán, moi reivindicativo. San Xosé e mai-la Virxe son novamente privados do portal, precintado pola policía, pero este ano decídense a montare un escrache ante o Castelo de Herodes, contra a actitude do gobernante, despreocupado das necesidades dos cidadáns. Parece un nacemento exemplar que mesmo reflexa a distancia que se dá antre gobernantes e cidadáns.  O párroco, Luís Rodríguez Patiño, di que, como Cristo clama contra as inxusticias, a misión dos beléns debe servir pra algo máis que pra adorna-lo templo; debe mostrar tamén os problemas ós que se han defronta-los cidadáns comúns.       

domingo, 8 de diciembre de 2013

Biodiversidade

 Síntesis da biodiversidade. Unha estampa do que é un mundo en liquidación se non cambiámo-las nosas pautas de relación co Planeta.
 Este oso pódese atopar sen soporte, por falta de xeo, nadando a corenta kilómetros de chan firme. Están na clara conta atrás, son unha das familias da biodiversidade en claro peligro de desaparición.  Son cousas do quecemento global.
 As grandes urbes foron privando ó planeta de espacios naturales....
 e son clara causa destos estercoleiros, dos que algunhas xentes malviven, á procura de algo reciclable. 
 Esta pode se-la foto finish da Terra, ó mellor o que os homes queren ou impulsan, fundamentalmente os gobernos e algunhas multinacionales. 
As químicas e fábricas de plaguicidas poden ser tamén un peligro certo no envenenamento global, pró que non hai fronteiras.

Pontevedra, 9.12.2013
Entrada n. 1724 do blog
Artículo semanal (no Diario de Pontevedra)

Biodiversidade,
por Xesús López Fernández

            ¿O home na biodiversidade ou contra a biodiversidade? Non é cousa sen importancia, porque verdadeiramente somos parte da biodiversidade proclamada na cuestión, algo sabido incluso polos pobos primitivos, por xentes que trataban e tratan a terra de forma reverencial, todo un rito, sabedores de que existe unha relación de servicio e dependencia. E poderiamos tirar exemplos diversos sobre moitas formas de relación: o sentido que prós pobos amazónicos ten o bosco plural, pra eles acobillo e mantenza, incluso fonte de sanación. E como decían os náhuatl asentados en México, hai xa varios séculos: “A terra vai se-lo que os homes queiran que sexa”. Seguramente eran sabedores da capacidade de dominio do home sobre o medio, tamén conocedores da necesidade de avincallare o seu futuro como especie coa conservación e uso sustentable dos recursos.   

            De momento cinguidos a ese sentir dos náhuatl poderiamos traer aquí o exempro de cómo foron desenvolvendo algunhas artes ata conseguiren elaborar tecidos de algodón e outras cousas. O conto de Bonifacio, moi en breve, aclara algo sobre a existente relación de amor á terra: Bonifacio era un home profundamente cristián que tiña pasado un ou talvez dous anos nun seminario. Pra el, ésta era unha razón máis pra creere nestos rezos que reflexan exactamente a mentalidade relixiosa indíxena tradicional. É mester, decía, pedirlle perdón á Terra de cada volta que a molestamos ou maltratamos, por exemplo ó abri-los sucos prá sementeira ou cando se queima o chan no que se atopa o fogón doméstico. E nestas oraciós está vívida a presencia do Cristo-Sol e do seu contrario “demo-aire”. O algodón xa non se sementa, coa excepción dalgús arbustos no enxido da casa, pero este xeito de rezare sigue en uso pra asegurare o bo crecemento de tóda-las prantas.  

            Pero estamos nun momento difícil, porque despois da lenta evolución (o bosco como provisor, o bosco como templo no pobo ario, o cultivo respetuoso dos campos), o home chegaría a se convertir nun ser depredador. Os boscos primarios cada vez máis en regresión (a perda de masa forestal na Amazonia  vai ser un factor determinante no quecemento global) están a marcaren unha actitude de total irresponsabilidade por parte dos homes que agora, por falta de intelixencia, están a adoutaren unha actitude contra a biodiversidade, con moitos agravantes ó teren aceptado os gobernos a actitude de certas empresas que soñan con dominare o planeta. E así, perdidos moitos boscos primarios foise derivando cara as prantaciós monoespecíficas e pirofíticas, e contra a auga de ríos e mares. Importa a prantación de frondosas ou o cultivo cereal en montes en man común, que dibuxarían un Outono con colores fantásticas, e a recuperación incluso da nosa economía agrogandeira.

            Pero unha das prantaciós monoespecíficas é a que vai co asunto da soxa transxénica, tratada con roundup, un veneno, cuio consumo pode non ser convinte anque estea amparado polo goberno useño, como tamén o uso da hormona de crecemento pra unha maior producción de leite, escándalo destapado, estos pasados días, en Galicia. As vacas tratadas aumentan a producción de leite incluso un 50%, no que algús gandeiros ven a posibilidade de competire co leite subvencionado procedente de Alemania ou Francia. I están vendendo a países emerxentes. Esquecen que tamén nós somos país emerxente, claudicante na observanza das leis que deberían ampara-lo medio ambiente e a saúde de vacas e homes. Pola vía desa contaminación permitida vanse producindo novas enfermedades dexenerativas de difícil diagnóstico. Sí que ten que haber moito coidado e consumo responsable, sendo un sector mínimo da sociedade o que está advertido contra os productos transxénicos, que non repara cando no super llos colocan na bolsa da compra. ¡Claro que a terra vai se-lo que os homes queiran, pero me temo que no-la estamos cargando ó tempo que nos suicidamos, esquecida a lección da sinfonía da biodiversidade!.              

sábado, 7 de diciembre de 2013

A Constitución prostituída,

 O país vai canso de que de cada volta sexamos menos Estado de dereito. Escúdase no humor pra ir decindo algunhas cousas, como avisos pra que entendan os que parece non queren entendere. Pero onte, día da Constitución, tamén se manifestaron os representantes das víctimas do terrorismo, que dixeron cousas que non poden pasar sen seren oídas. (Os chistes son todos de Caín)

 Os nacionalistas quedan retratados nesta outra viñeta de Caín, en La Razón.
 Retrato robot de moitos dos nosos políticos: a de político corrupto en partido ineficaz.
 O que dí este presunto ácrata non ten desperdicio, porque ten a Constitución que parece arelar. ¿Garantiza-lo seu incumprimento? ¿Pero cándo  garantizan o cumprimento dela?
 Ortega Lara, no acto reivindicativo contra a sentencia de Estrasburgo: "La Constitución ha sido prostituída por los propios poderes públicos". Eso pensamos moitos.  
Abascal a Rajoy: "España no se rinde, aunque se rindan sus dirigentes".

Potevedra, 7.12.2013
Entrada n. 1723 do blog.

A Constitución prostituida, 
por Xesús López Fernández

Con motivo do Día da Constitución houbo actos diversos, discursos varios tamén. O presidente do Congreso pronunciou un longo e medido discurso, que mesmo puido ter tido un formato operístico de máis alcance. Presentes políticos de distinta color, rematarían todos máis ou menos satisfeitos. ¿Pero qué pensámo-los cidadáns que nos sentimos desamparados e sabemos de non poucas corrupciós denunciadas, ou de sentencias incumpridas?. De todo esto podemos falare longo, pero algo se nos escapa, porque son moitos os que terían que estar no cárcere hai tempo.

¿Pero pra qué queremos unha Constitución? ¿Pra acatala ou pra nos rír dela pisoteándoa tódo-los días? É a mensaxe de Ortega Lara, o home que estivo secuestrado nun zulo, por ETA, nada menos que 532 días, e un dos homes que, no acto convocado pola Fundación Denaes, denunciou a deriva que está levando o Goberno, que seguramente vai cambia-lo sentido do seu voto porque nen PSOE nen PP merecen a nosa confianza.

Santiago Abascal, que fora peon de confianza no PP vasco, tamén clamou pola "xusticia, xusticia, xusticia", porque sen xusticia de nada vale a libertade e que é xa hora de nos perguntare qué imos facere. Ou Consuelo Ordóñez, no mesmo acto: "Non aguantamos máis, abonda xa de mentiras". E José Alcaraz rubricaría esa afirmaciós decindo: "Hai que poñer nome e apelidos ó traidor i ése é........". Lembrou que ten cinco víctimas na familia e que o goberno está traicionando ás víctimas e ós vivos, pra tamén perguntare: ¿Ónde están as actas da negociación con ETA?

Calquera que teña curiosidade pode enterarse de forma pormenorizada de moito do onte acontecido, así de cómo Vidal Quadras, na manifestación de afirmación española en Barcelona, foi afastado violentamente da cabeceira da manifestación, presuntamente por orde do propio PP, perdidos xa os papeles tanto en Cataluña como no País Vasco.

Os políticos han poder seguir a xogaren coa Constitución de chicle na que moitos non creemos, por ambigua e incompreta, e pola actuación inane das Administraciós. Se houbera algún cauce verdadeiramente democrático seriámo-los cidadáns os que estariamos a defendela. Pero, de momento, cando a Xusticia acaba tamén de ser traicionada, non-os queda outra cousa que asumir, amplia-lo discurso de Ortega Lara: A Constitución está prostituída, pisoteada. En Pontevedra tamén.   

miércoles, 4 de diciembre de 2013

AS VACAS DOPADAS, TAMÉN EN GALICIA

Gando de leite. Ata nós chegou o escándalo: a inyección de hormonas de crecemento nas vacas do país. La Voz de Galicia d´hoxe informa dun caso arrepiante, sobre o que tentaremos incluír algunha idea, mesmo aviso dos peligros ós que estamos sometidos. A Humanidade enteira.

Pontevedra, 4 .12.2013
Entrada n. 1722 do blog

AS VACAS DOPADAS, TAMÉN EN GALICIA,
por Xesús López Fernández

Nos Estados Unidos hai tempo que está autorizada a utilización da chamada hormona de crecemento, que contribúe a que as vacas teñan unhas ubres máis grandes. Pero esa autorización non limita as enfermedades denunciadas, sendo incluso frecuente que o leite muxido sexa portador de pus ou de antibióticos, o que conleva enfermedades diversas prós consumidores. E téñense verificado cambios dramáticos nos animales, como que o ovario esquerdo pode ser máis grande que o dereito, sobre un 34 por cen, incluso un 42 ou 44 por cen que derivan tamén en serios problemas de reproducción. 

En Europa está prohibido o uso da dita hormona, pero do seguemento que se leva feito do tema ó longo do ano, o equipo do Seprona de Lugo puxo ó descoberto a existencia dunha trama na que tiñan parte ó redor de cen persoas, xa imputadas nas dilixencias que leva a cabo o Xusgado de Instrucción número 2 de Lugo. A presunta utilización da hormona, a chamada somatotropina bovina (BST) fixo posible que miles de vacas de Galicia e doutras comunidades españolas producisen moito máis leite do normal.

Aínda que a noticia insiste en que nos Estados Unidos non se ten detectado nengunha consecuencia prá saúde humáa, este dato pode non ser certo; polo menos é o que parece resultar do vídeo do que se inclúe enlace ó pe desta entrada. Dita fonte de información pon en evidencia as acusaciós existentes sobre certas enfermedades: cáncer de mama, arritmias, malformaciós en fetos e ata diabetes. É decir, as mesmas enfermedades denunciadas nos estudios feitos en Europa.

A operación levada a cabo polo Seprona lucense foi denominada co nome de Brucela e, según sinalan avogados que participan no proceso, o sumario vai ser desviado á Audiencia Nacional, con toda probabilidade, ó se teren producido os acontecementos en diversas comunidades, antre elas Galicia, á que pertence o maior número de imputados. Fálase de diversos posibles delitos: atentado contra a saúde pública ou maltrato animal. A hormona entraba polo aeroporto do Prat procedente de México, solapada con importaciós de chinchilla, prá confección de artículos de peletería.

Enlace: el Mundo según Monsanto: en español y completo (simplemente aterrador): Soxa transxénica tratada con roundup; un veneno, PCB`S na auga de tódo-los mares (tamén na ría de Pontevedra según o doutor Bermejo, nun traballo titulado "Bifenilos policlorados en la ría de Pontevedra"), que producen cáncer; a hormona de crecemento inyectada ás vacas.

Vergonzosa a opacidade existente sobre as investigaciós e a maridaxe que manteñen a  Food  and Drug Administration e Monsanto, que se intercambian directivos e técnicos na chamada política de portas xiratorias, unha forma de solapa-la corrupción que afecta fundamentalmente á Política.

Pero mellor vede o vídeo de 1 hora e 49 minutos. Vale a pena. E que a noticia cunda, porque o mundo ten que ser avisado de que as leis poden ser cambiadas pra favoreceren a grupos poderosos, como Monsanto..

domingo, 1 de diciembre de 2013

O Convenio de Minamata

 Ence-Elnosa, a morte da ría de Pontevedra. Presuntamente existen motivos como pra eliminare ese inferno que coidamos se mantén pola influencia dos clústers, por intercambios que se poden concretare, talvez, no que se ven denominando "as portas xiratorias". ¿Exemplo? Isabel Tocino foi a primeira ministra de Medio Ambiente, e parece que o fixo ben. Por medio de decreto asinado por ela quedaba determinada a linde do espacio litoral desta ría. O horizonte das fábricas que se aprecian na foto quedaba limitado ó se tratare de dominio público marítimo terrestre. Á senrazón da nova Lei de Costas de Arias Cañete hai que engadire o feito de que Isabel Tocino é, dende hai algús meses, conselleira do Grupo Empresarial Ence, S.A., empresa distinta de Ence, S.A. e que non ten concesión nen licencia municipal.   
 
 Elnosa verte mercurio á ría. Na primeira fase do ESCORP (Estudio da contaminación da ría de Pontevedra) foron cuantificados esos vertidos en máis de 13g por Tn de cloro fabricada; na segunda fase do dito estudio (que estivo agachado moito tempo na Diputación Provincial) estimabase en máis de 17g por Tn. de cloro fabricada. Persoalmente, non tomo ameixas da ría dend´os anos setenta, nen outros moluscos. Aviso: En Pontevedra son varios os casos de nenos nacidos paralíticos cerebrales. ¿Coincidencia ou estamos ante un caso de "portas xiratorias" pra que o poder mire cara outro lado?
Nesta praia, antes de que os políticos traicionasen a natureza, aprendín a nadar nos anos 36/37/38. A que podería ser hoxe a praia de Pontevedra foi convertida, pola traición e presuntas portas xiratorias, en solar no que a morte fai o seu traballo.

Pontevedra, 2.12.2013
Entrada n. 1721
Artículo semanal no Diario de Pontevedra, que vai sobre a problemática do mercurio, o asesino invisible.

 O Convenio de Minamata,
por Xesús López Fernández

            Dend´os anos 50 é mundialmente conocida a enfermedade de Minamata, grave e permanente, orixinada polo mercurio, veneno que actúa como neurotoxina e que chega alterare a capacidade sensorial en mans e pes, a deteriora-los sentidos da vista e do oído, i en casos extremos a desembocare en parálisis e morte. O metilmercurio desencadeante do drama humán alí producido se concretaba, antre o 1953 e o 1965 en 111 víctimas e máis de 400 casos con problemas neurolóxicos, e nais que non presentaban nengún síntoma deron a luz nenos gravemente eivados. Cando se detectou o mal, no 1956, morreron 46 persoas. Mascotas e paxaros volvianse tolos. E sóo no 1968 o goberno xaponés anunciaba oficialmente que a causa da enfermedade era a inxesta de peixe e marisco contaminado polo mercurio librado polo esgoto da empresa petroquímica Chisso, que realmente comezara a vertere xa no 1932.

            No ano 2001 ían diagnosticados 2955 casos da enfermedade de Minamata, dos que 2265 tiñan vivido na costa do Mar de Yatsushiro. Os afectados poden agora demandare compensaciós económicas e axudas pra gastos médicos e, pra minora-la preocupación da xente, o goberno xaponés ofrece exámenes médicos ós habitantes da área afectada. Peza decisiva na difusión do drama foi a reportaxe gráfica de W. Eugene Smith. O mundo está así máis enterado e temeroso da presencia silenciosa do mercurio que por cursos fluviales e correntes mariñas aparece incluso no Ártico. Pola vía trófica, os grandes predadores mariños son os que máis Hg acumulan, presente tamén na grasa de pingüinos e osos polares. E nos homes, curiosamente, os españoles estamos presentes no ranking, cunha cifra do neurotóxico en sangue superior en 6 ou 10 veces á dos alemáns e norteamericáns. En España, os estudios foron efectuados polo Instituto de Salud Carlos III, sobre 1900 voluntarios. Un factor de riesgo pode se-lo alto consumo de peixe, 43 kg/ano, especialmente nas mulleres preñadas, xa que pode condiciona-la vida e as capacidades do bebé en xestación.

            Se procuramos facer un seguimento dos lugares marcados no ancho mundo por accidentes relacionados co mercurio faltarianos información pra aclarare o alcance dalgús sabidos, como o de Spolana Neratovice, unha pranta cloro-alcalina da República Checa, que ten prevista a reconversión ó sistema de membrana pró 2015 e ten sido causa de contaminación grave, con impacto na poboación do entorno. O caso de Kodaikanal, na India, onde Unilever mercara unha pranta deslocalizada que ó longo de anos estivo a vertere mercurio e cristal contaminado nunha escombreira. Cerraría  no 2001, denunciada por Greenpeace e por organizaciós cidadás, ademáis de obreiros que traballaban na fábrica, sen calzado, sen ter sido advertidos do peligro que corrían, tanto que, espalládo-los escombros por unha amplia zona; obrigada a empresa á oportuna descontaminación, aínda a día d´hoxe está por completare. 

            Poderiamos traer aquí máis casos que, curiosamente, teñen parecido perfil: que se deron e dan en países en fase de desenvolvemento, nos que parece que contaminar non está penado. ¿Don diñeiro?. Pero non hai dúbida de que, na arrancada da conciencia planetaria de que o mercurio debe desaparecer das nosas vidas está a gran traxedia de Minamata; daí que o Convenio en principio acordado por uns 140 países, fose firmado o xoves 10.10.2013 na cidade de Kumamoto, no sur do Xapón, como primeiro acordo internacional pra mingoa-lo comercio de mercurio e prever novos danos prá saúde e o medio ambiente. A firma levouse a cabo nun congreso avalado polas Naciós Unidas e prohibe o tráfego de productos que conteñan un certo nivel de mercurio. Agárdase que o pacto funcione a partir do 2016, unha vez sobardado o requisito da súa ratificación por máis de 50 países. Os delegados presentes na firma do convenio comprometéronse a axudare económicamente ós países que precisen de apoio financieiro pra rematare coas súas emisiós de mercurio.

domingo, 24 de noviembre de 2013

A RESILIENCIA

Cando foi do Prestige, o chapapote emporcou gran parte do litoral europeo, especialmente ferida a beiramar galega. Viñeron incluso xentes do Extremo Oriente, que se enfundaron de branco, pra así formaren daquela un especial exército de salvación, plétora de capital social. O artículo d´hoxe vai sobre resiliencia, que no meu dibuxo, pensado como unha instantánea da loita dos voluntarios, quer representare esa capacidade que pode te-lo home prá restauración, en casos como o do Prestige, do equilibrio ecolóxico; prá recuperación tamén do capital social, unha orquesta perfectamente afinada prá salvación. Pero en certos lugares da nosa xeografía (marismas de Lourizán habemus) son os políticos os que non exercitan a resiliencia que debería culminar coa execución de certas sentencias dictadas polo TS, consecuentemente á resiliencia exercitada, vía acción popular, polo colectivo veciñal prá Defensa da Praza dos Praceres e pola asociación ecoloxista Salvemos Pontevedra. Os políticos, sabedores do que fan, manteñen a súa traición. Son pecadores, representantes dun Goberno embridado pola corrupción. 

Pontevedra, 25.11.2013
Entrada n. 1720 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra


A resiliencia,
por Xesús López Fernández

            Á fin apareceu “A situación do Mundo 2013”, do World Watch Institute que, anunciada a súa presentación polo mes de Abril, foi editada no pasado mes de Outono. A folla de ruta da nova edición está centrada no tema da sustentabilidade, se ben cuestionada desta volta. ¿Aínda é posible a sustentabilidade? Ese é o debate presentado este ano, contrario, parece, ó que a edición do pasado ano brindaba como unha especie de paradigna, “cara unha prosperidade sustentable”, que realmente non parece estar nada máis que no discurso político, ironizado por algún dos autores do estudio que deron en denominalo como o da “sostenibili-bla-bla-bla”. E sobre a sustentabilidade en España escriben Óscar Carpintero e J. Bellver que no seu capítulo perguntan se aínda é posible a sustentabilidade ambiental da economía española, prá que propoñen un cambio de modelo porque temos crisis no eido económico, sí, pero tamén no ecolóxico e no social, que non parecen asumire a necesaria resiliencia pra afastare os efectos negativos do desenvolvemento pasado, tamén do presente.

            A palabra resiliencia, que os citados autores non citan, pero que acae prá serie de cuestiós que propoñen e aparece no libro non menos de 44 veces, ven do verbo “resilio, resiliri”, saltar cara atrás, rebotar, e ten hoxe variada polisemia, trascendida dos ámbitos da física e da enxeñería ó da psicoloxía, pra defini-la capacidade do ser humán pra se recuperare ou sobrepoñer, ou pra asumire situaciós complicadas. Pero a palabra comézase a usar tamén en campos tan dispares como a ecoloxía, no sentido da capacidade dun ecosistema prá recuperación da súa propia dinámica cando ten sido alterada por causas externas: urbanismo litoral, agresión ó terreo demanial, a construcción de infraestructuras monstruosas, recheos indebidos, contaminación, que tamén afecta á clase política non atenta, a do discurso da “sustentabili-bla-bla-bla”, falta de vigor á hora de asumi-la salvadora resiliencia.

             Si en ecoloxía a palabra ven se-la capacidade das comunidades de soportaren, de adaptárense e de se recuperaren a perturbaciós do medio ambiente adquirindo novas ferramentas; en psicoloxía define a capacidade das persoas ou grupos de se sobrepoñer á dolor emocional pra segui-la súa vida, saíndo ademáis enfortecidos da dita experiencia; en socioloxía é a capacidade dos grupos sociales pra se sobrepoñeren ós resultados adversos, de reconstruiren os seus vincallos internos, de recupera-lo capital social tantas veces analizado por Francis Fukuyama. Tamén na clase empresarial entra a resiliencia como a capacidade do emprendedor pra supera-los atrancos que poidan atrica-lo seu plan de negocios, o seu proiecto a emprendere, etc. I en dereito, a resiliencia ven se-la capacidade das persoas, dentro do marco xeral dos dereitos humáns, de recupera-lo pulso do Estado de dereito, ás veces contrariado, esquizofrénicamente, por actitudes de forza do propio Goberno.    

            Con desemprego rampante e dependencia exterior; cun sector público extremadamente fráxil e sinalado moitas veces como causa primeira dos males da nosa economía; cun benestar deficiente, con gasto social notablemente inferior ó de Alemania, Francia, Suecia ou Dinamarca, reverti-la tendencia negativa denunciada vai requerir grandes esforzos. Cortos en inversión en I+D parece obrigado un esforzo certo, pero pensado sobre todo na finalidade do mesmo máis que no incremento necesario…. As múltiples dimensiós (económica, social, ecolóxica) nas que se manifesta a crisis, a todas luces sistémica, require da actuación en diversas frontes i escalas e pode se-lo comezo dunha arrancada na recuperación ambiental, na medida na que estamos abocados a un cambio de modelo, centrado o futuro nun retorno certo a modelos productivos respetuosos coa ecoloxía, da que o home forma parte. Coas ideas claras poderianse atallar non poucos dos problemas existentes, especialmente no eido da alimentación e da sanidade; coa resiliencia como pauta de actuación.     

jueves, 21 de noviembre de 2013

Puerto de Santa María (Cádiz)

 Barcas de pesca na costa de Puerto de Santa María, na Bahía de Cádiz.
 Praza de Touros.
 Velas na bahía.
 Recanto do Romerijo, un lugar pra tomar marisco. As farolas fernandinas ornamentan o espacio. 
 Outro frente de Romerijo.
 Novamente as fernandinas protagonizan a iluminación deste vial.
 As palmeiras están sendo víctimas dalgunha peste; moitas secan. O escarabello depredador está xa noutras zonas da xeografía española.   
 Neste paseo están xa mortas moitas das palmeiras. Existe un certo parecido antre esta avenida e a vella General Mola, de Pontevedra (xa conocida como "Lores de Arabia"), que parece foi reconvertida a imitación da que recolle a fotografía
 Tamén aquí hai árbores que parecen mortas. 
 As fernandinas acompáñanos por toda a cidade. E as palmeiras mortas. 
 Templo fortaleza que inclúe o castelo de San Marcos.
 A configuración actual da construcción débese a Afonso X.
 Monumento ó Rei Sabio, fillo de Fernando III o Santo. 
 Parece que foi neste lugar onde Afonso X compuxo as últimas 24 cantigas á Virxe, que forman parte da súa maxestuosa obra de 427. 
 Outra perspectiva da construcción.
 E outra.
 Outra máis.
 Outra perspectiva do templo-fortaleza.
 Monumento a Juan de la Cosa,  cartógrafo con Cristóbal Colón, que elaborou aquí, se supón, o mapa das súas viaxes, 
 Outras tomas da cidade....
 O tema da accesibilidade que en Pontevedra creeron ter inventado, xa estaba inventado aquí i en moitas outras cidades andaluzas.
 Templo na praza de España.
 Outro rincón con encanto.
 parque
Casa consistorial que inda debe estar en fase de restauración e que o 9.03.2012, cando visitei a cidade, debía permanecer sen uso. 

Pontevedra, 22.11.2013
Entrada n. 1719 do blog

PUERTO DE SANTA MARÍA,
por Xesús López Fernández

Puerto de Santa María é unha cidade da provincia de Cádiz, que forma parte da área metropolitáa da Bahía de Cádiz-Jerez, ubicada sobre da ribeira e desembocadura do río Guadalete. No ano 2013 estímaselle unha poboación de máis de 89000 habitantes. No seu término municipal está situada parte da Base Naval de Rota. (Ampliar información. Wikipedia)

Cando visitei esta cidade, leveime a grata sorpresa da construcción redeseñada por Afonso X o Sabio, o autor das cantigas a Santa María, que eu entendo están redactadas en galego e non en galaico portugués como apuntan moitos estudiosos. Eu percibo xa algús caracteres diferenciadores, como se ambas linguas fosen xa daquela claramente distintas. (Estudio de Pedro Calahorra Martínez das Cantigas de Afonso X)