viernes, 31 de enero de 2014

Cando os Gobernos ven sóo cifras...

 Petros Márkaris, celebrado autor grego que está a promovere, aínda coas súas novelas policiacas, o despertare da conciencia social contra a corrupción xeneralizada que asolaga á Unión Europea. 
Xunto con Pedro Feixóo (Os fillos do mar, en lingua galega), e Pérez Reverte (El tango de la guardia vieja), Márkaris recibeu o premio San Clemente de Literatura outorgado polos alumnos de catro institutos galegos. A novela premiada de Petros Márkaris foi "Liquidación Final", que forma parte da triloxía adicada á crisis social i económica da Unión Europea, especialmente a Grecia, Italia i España. 

Pontevedra, 31.01.2014
Entrada n. 1736 do blog


 Cando os Gobernos ven sóo cifras...,
por Xesús López Fernández

O título forma parte do discurso do autor grego. "Cando os Gobernos ven sóo cifras..." e non reparan no drama social que viven particularmente as xentes homildes, condenadas ademáis a face-lo gran esforzo, o gran sacrificio pra manteren o estatus de privilexio da casta política, disposta a mante-la corrupción necesaria pra que a súa vida non cambie, pra que as súas poltronas permanezan, incapaces de enflaquece-lo aparato gubernamental ou de relanza-la economía que terá que regresar ós sectores primarios necesitados de verdadeiros plans.

En Galicia hai probas evidentes da corrupción existente, da política de "portas xiratorias", do contubernio dado antre políticos e clústers ou grupos de presión empersariales. Non vou citar agora as entradas fácilmente localizables neste blog e que fan referencia a pautas de corrupción evidentes, ó acoso a unha sociedade que, de cada volta, pra que os políticos se fagan máis ricos, está sendo agredida.

¿Liquidación Final é un libro apocalíptico, talvez política ficción?.O autor defínea como hipótesis de traballo, unha opción aberta. "Non podo deixare de pensar en posible camiños e o retorno ó dracma é unha desas posibilidades", declaración do autor en Barcelona ó presentare a novela citada. "E se as cousas siguen así, os países do sur non van poder traballaren. Ou pode acontecere outra cousa, que os euroescépticos nos digan que nos marchemos". 

O autor nos lembra de cómo a xente o pasa mal en Atenas, onde hai unha tasa de paro xuvenil que pasa do 60 por cen, o que significa que vai haber máis dunha xeneración perdida. Pero é que algo parecido acontece en España, onde parece que a sociedade civil sí quer funcionare, porque a solidariedade está a se decantare en actuaciós como as dos comedores sociales ou ben nun conocido programa de televisión, TVE1, "Entre todos". A solidariedade cristaliza aí tóda-las tardes. 

Que a xuventude estea a marchare pra comezaren nova vida nun país extranxeiro, cun minijob que vai mante-lo seu dintel de miseria, non é nada máis que a consecuencia da falta de ideas de Gobernos fracasados. A estos rapaces que premiaron ós autores citados, Márkaris recoméndalles que non marchen, que resistan e loiten pra cambia-las cousas. O premio recibido polo autor grego representa xa unha especie de activismo dos mozos e mozas lectores que o premiaron.

Siguen dous enlaces e El País:

viernes, 24 de enero de 2014

GAMONAL COMO EXEMPLO

Moitos non sabiamos ónde estaba Gamonal, o barrio burgalés que vai seguir coa súa resistencia e que, desta volta, di non vai cesare ata que o seu alcalde dimita. Sí, o home que se propuxo construir un bulevar contestado por este barrio, en desacordo coa supresión das prazas de aparcamento en superficie; coa peatonalización que intúen como esterilizadora da zona, como ruína comercial do espacio, do que sabemos ben en Pontevedra.

Pontevedra, 25.01.2014
Entrada n. 1735 doblog



Gamonal como exemplo,
por Xesús López Fernández

Loita épica a dos veciños contra o Axuntamento de Burgos, que parece foi coroada polo éxito da protesta dun barrio con tradición de loita e reivindicación; loita con ramalazos de violencia que moitos non queremos, pero que vemos cómo en lugares nos que a xente non ten forza dabondo pra vencere ás forzas do orde público, éstas son usadas ás veces como exércitos particulares prá defensa de intereses sectarios cando non intereses dos clústers que dominan a situación. O poder político, servil co poder económico, está ás veces en contra da defensa dos intereses cidadáns, como xa no seu día aconteceu en Pontevedra, onde o barrio de Lourizán-Praceres foi mallado hai moitos anos porque os políticos engrasados polos clústers decretaron a represión da protesta e que a Policía actuase en contra dos defensores do Estado de Dereito, porque neso derivou todo aquelo. Os veciños xudicializaron a súa protesta, como algús santós propoñen que se faga sempre. Pero a vía xudicial, aínda que culmine con sentencias firmes a favor dos veciños, non vale pra nada porque as sentencias non se executan. Os políticos responden con risotadas e tentan seguiren con novos abusos, depredadores que apoian ós depredadores clústers e son capaces de arruinaren todo un espacio natural.

Pero os problemas de Pontevedra e da súa parroquia mártir son pouco conocidos, porque aquí non se consigueu o efecto gamonal. Resulta increíble que a violencia da queima de contenedores ou os destrozos en mobiliario urbán ou en establecementos bancarios teñan máis forza que as sentencias do Supremo. A loita agotadora dos veciños de Gamonal, en Pontevedra estase a levare a cabo por medio de colectivos menores (A Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres ou Salvemos Pontevedra, que suman diversas sentencias firmes mentres a Xunta ou o señor Arias Cañete parece fuman en pipa).  A corrupción fraguiana permanece.

Son actuaciós criminales as que se denuncian, normalmente silenciadas nos diversos medios, ata que o pasado 19.01.2014 foi publicado un artículo de Manuel Jabois en El Mundo, moi comentado e que se reproduce íntegramente nesta entrada, no que claramente se ve que hai moito máis do que dí e que neste blog ten sido denunciado por activa e pasiva.



Sigue o artículo de Jabois:

LECCIÓN PRÁCTICA DE GAMONAL
Os Praceres, en Pontevedra, fue a finales del siglo XIX un lugar elitista de veraneo con playa de arena blanca, balneario y mansiones a las que acudía la jet-set. Montero Ríos, figura central de la Restauración y presidente del Gobierno –brevísimo-, tenía allí su Pazo y recibía al cogollo político de Madrid. Las imágenes de la época muestran aquel cultivado turismo pitiminí de pieles blancas y comidas pantagruélicas. La Guerra Civil reventó el lugar y en 1957 Franco adjudicó en medio de la ría una gigantesca fábrica de celulosa que arrasó la playa; hoy hay vecinos que se despiertan a 50 metros de una troceadora de sólidos. El impacto sobre la naturaleza fue similar al de poner un vertedero en mitad de Cannes. La fábrica sigue allí luchando por seguir a los pies del mar mientras Feijóo, tras el romance de Fraga con Ence, le ha puesto fecha de salida: 2018. Aún no está claro que la empresa salga ni que la Xunta lo exija.

Un día de 1999, hermoso apogeo de la democracia, los resignados vecinos de Os Praceres se despertaron con una gran noticia. Ese año la Xunta, que había autorizado un relleno gigantesco del vecino puerto de Marín, adjudicó una vía del tren en mitad de la plaza del pueblo. La única plaza de Os Praceres sería atravesada por un ferrocarril; naturalmente, la administración exigía que la máquina redujese la velocidad al pasar y que hubiese señales para que los niños no atravesasen las vías. Todo eran ventajas; los vecinos no lo entienderon. Se levantó en protesta mucha gente, pero fueron sobre todo mujeres las que hicieron guardia. Os Praceres, en la parroquia de Lourizán, es barrio de mariscadoras. Detuvieron a varias y el inicio de los trabajos tuvo que aplazarse. No hubo refuerzos de ninguna parte de España, eso sí lo recuerdo, porque para entonces la gente no buscaba en cada rotonda un palacio de invierno. Tampoco hubo eco en la prensa española. En 2002, tras una agotadora lucha, el tren cruzó la plaza de Os Praceres ante la atónita mirada de los vecinos. Hubo gente que dijo que jamás pensó que a 200 metros de una fábrica contaminante frente al mar fuese a pasar un ferrocarril en medio de la única plaza del pueblo. Ahí siguen.

Cada vecino tiene su obsesión. Sobre plano, el problema de Gamonal es diferente al de Os Praceres salvo en una cosa: los vecinos rechazan la obra. Probablemente sea la primera vez que un ayuntamiento quiere gastar un dineral en algo que un barrio no ha pedido. Lo lógico es que antes de la campaña se recojan peticiones vecinales y que haya bronca cuando no se cumplan, pero cómo andará el interés general en Burgos que un alcalde quiere gastar a toda costa el dinero en una obra repudiada. Ahorro el contexto por sabido, incluido ese empresario Méndez Pozo que hay en cada ciudad de España, la última en la que uno me dijo, a los diez minutos de conocerme, que él no pagaba una tasa porque para eso había colocado a su sobrino en una concejalía del Ayuntamiento. “¿Y si la repone?”. “Tengo más sobrinos”.

Hace poco un amigo que visitó Os Praceres me preguntó por qué se hizo una aberración así. No sólo eso: por qué nadie se había enterado. Contesté sin pensar que había faltado más violencia. Que yo había visto esa mueca de los alcaldes cuando se juntan 3.000 vecinos en una manifestación y esa otra cuando 300 organizan una barricada. Y el papel fundamental y peligrosísimo de los periodistas buscando noticias. Ha causado estupor que se haya conseguido parar una obra en Burgos mediante la violencia, pero la violencia funciona. Es responsabilidad de los violentos y de los que ceden, como el alcalde. Tampoco hay que avergonzarse: a veces conviene un contexto. Y la experiencia.

Los vecinos de Os Praceres, fatigados, decidieron obedecer a la democracia y presentar denuncias. Dejen de ocupar las calles y ocupen la ley, les dijeron. Allí se fueron a gastar en abogados. Empezaron a ganar juicios y la administración los recurrió todos. Por fin en 2007 el Tribunal Supremo declaró ilegal el relleno del puerto y los pasos a nivel del tren de Os Praceres. Devuelvan el mar y devuelvan la plaza. He hablado con varios responsables políticos en los últimos años y no se molestan en reconocerlo: jamás cumplirán la sentencia.

Los vecinos de Gamonal ni siquiera tienen de su parte la ley.


El Mundo, 19-01-2014


O Santo Padre ó Foro de Davos

Foro Económico Mundial, Encontro do 2014. O Foro dos Ricos. A gran farsa.

Pontevedra, 24.01.2014
Entrada n. 1734 do blog

O Santo Padre ó Foro de Davos,
por Xesús López Fernández


Escrito claro o do Santo Padre, que insinúa soluciós que o Foro de Davos, o Foro dos Ricos, non vai asumir, porque si estivese nas súas intenciós ser máis útil ó home, a economía sería outra cousa que un simple instrumento de rapiña, de destrucción do home e da súa familia.

 Coido que é na gran elite dos poderosos onde radica o epicentro dos tsunamis de miseria social que se están a apoderarendo mundo. O que acontece en moitas partes, o que pasa en España, o desprecio da dignidade, o desprecio á familia, o empobrecemento extremo de tantísimas xentes, está dictado dend´as políticas adoutadas polos gobernos, impotentes pra actuaren noutra dirección que na chamada política das portas xiratorias, da corrupción, do maridaxe antre lobbies e poder político. 


Escribe o Papa: 

Al Profesor Klaus Schwab

Presidente ejecutivo del Foro económico mundial

Le agradezco mucho su amable invitación para dirigirme a la reunión anual del Foro Económico Mundial, que, como de costumbre, se celebrará en Davos- Klosters, a final del mes. Confiando en que este encuentro brinde una oportunidad para una reflexión más profunda sobre las causas de la crisis económica que sacude al mundo en los últimos años, quisiera aportar algunas consideraciones con la esperanza de que puedan enriquecer los debates del Foro y dar una contribución útil a su importante labor.

La nuestra, es una época de grandes cambios y avances significativos en diversas áreas, y esto tiene consecuencias importantes para la vida humana. Efectivamente "son de alabar los avances que contribuyen al bienestar de la gente, como, por ejemplo, en el ámbito de la salud, de la educación y de la comunicación" (Evangelii Gaudium, 52), así como en muchos otros sectores de la actividad humana, y hay que reconocer el papel fundamental desempeñado por la economía moderna en estos cambios, a la hora de fomentar y desarrollar los recursos inmensos de la inteligencia humana. Sin embargo, los objetivos logrados -aunque hayan reducido la pobreza de un gran número de personas - a menudo han llevado aparejada una amplia exclusión social. De hecho, la mayor parte de los hombres y mujeres de nuestro tiempo siguen experimentando la inseguridad cotidiana, y no raramente con consecuencias trágicas.

Con respecto a vuestra reunión, me gustaría hacer hincapié en la importancia que tienen los distintos sectores políticos y económicos en la promoción de un enfoque inclusivo que tenga en cuenta la dignidad de toda persona humana y el bien común. Me refiero a la atención que debería plasmar cualquier decisión política y económica, pero que, de momento, parece ser poco más que un replanteamiento. Los que trabajan en estos sectores tienen una responsabilidad precisa para con los demás, especialmente con los más frágiles, débiles y vulnerables.

Es intolerable que todavía miles de personas mueran cada día de hambre, a pesar de las grandes cantidades de alimentos disponibles y, a menudo, simplemente desperdiciados. Del mismo modo, no pueden dejar de impresionarnos los innumerables refugiados que buscando condiciones de vida con un mínimo de dignidad, no sólo no consiguen encontrar hospitalidad, sino que a menudo mueren trágicamente mientras se desplazan de un lugar a otro. Sé que estas son palabras fuertes, incluso dramáticas, pero al mismo tiempo quieren reafirmar y desafiar la capacidad de este Foro para marcar la diferencia. De hecho, los que han demostrado la capacidad para innovar y mejorar la vida de muchas personas a través de su creatividad y experiencia profesional, pueden ofrecer una contribución adicional poniendo sus capacidades al servicio de los que aún viven en medio de una terrible pobreza.

Hace falta, por lo tanto, un renovado, profundo y amplio sentido de responsabilidad por parte de todos. "La vocación de un empresario es una noble tarea, siempre que se deje interpelar por un sentido más amplio de la vida" (Evangelii Gaudium , 203). De este modo, los hombres y las mujeres pueden servir más eficazmente al bien común y hacer que los bienes del mundo sean más accesibles para todos. Sin embargo, el crecimiento de la igualdad requiere algo más que el crecimiento económico, aunque si lo presupone. Se requiere, en primer lugar, "una visión trascendente de la persona" (Benedicto XVI , Caritas in Veritate, 11 ), porque "sin la perspectiva de una vida eterna, el progreso humano en este mundo se queda sin aliento". (Ibid) . Además, necesita decisiones, mecanismos y procesos encaminados a una mejor distribución de la riqueza, la creación de fuentes de empleo y la promoción integral del pobre, que va más allá de una simple mentalidad de asistencia.

Estoy convencido que una apertura tal a lo trascendente puede dar forma a una nueva mentalidad política y económica, capaz de reconducir toda la actividad económica y financiera dentro de un enfoque ético que sea verdaderamente humano. La comunidad económica internacional puede contar con muchos hombres y mujeres de gran honestidad e integridad personal, cuya labor se inspira y guía por nobles ideales de justicia, generosidad y atención por el auténtico desarrollo de la familia humana. Os exhorto a aprovechar estos grandes recursos humanos y morales, y a haceros cargo de este desafío con determinación y visión de futuro. Sin ignorar, por supuesto, los requisitos específicos, científicos y profesionales, de cada sector, os pido que os esforcéis para que la humanidad se sirva de la riqueza y no sea gobernada por ella.

Estimado Presidente, queridos amigos espero que podáis ver en estas breves palabras un signo de mi atención pastoral y una aportación constructiva para que vuestra actividad sea siempre más noble y fecunda. Renuevo mis mejores deseos para el éxito de la reunión e invoco la bendición divina sobre vosotros y los participantes del Foro, así como sobre vuestras familias y vuestro trabajo.

P.D. O escrito do Papa ven ser toda unha lección, demasiada lección prós soberbios reunidos en Davos.

domingo, 19 de enero de 2014

Pulpo, polbo

 Avelino Muleiro, o presidente do Centro de Estudios Carballiñeses, fala claro: Non se trata de substituir "polbo" por "pulpo", senón de que ámba-las dúas palabras convivan no diccionario. E ten razón. A RAG hai tempo que perdeu os papeles, tendo sido incapaz de dictar unhas normas que teñan presente o idioma como creación popular.
No Carballiño, tódo-los Agostos celebran a por eles chamada Festa do Pulpo, palabra ésta de uso maioritario na fala galega que a RAG, por puro diferencialismo, ten tachado no diccionario, como moitas outras que a lingua, empobrecida, bota en falta.  

Pontevedra, 20.01.2014
Entrada n. 1733 do blog
Artículo semanal. Editado no Diario de Pontevedra


Pulpo, polbo…
por Xesús López Fernández

            La Voz de Galicia do 4.01.2014 recollía a nova de que o Concello d´O Carballiño vai comeza-los trámites pra que a palabra “pulpo” figure no diccionario da RAG, do que foi deportada por unha especie de xangal diferencialismo, como moitas outras palabras. Botando man de diversos vocabularios e diccionarios galegos, vexo que a palabra ten presencia compartida con “polbo” que nalgún tempo tiña o seu “habitat” limitado á bocarribeira das rías baixas, algo que xa hai moitos anos sinalaba Manuel Rabanal nun artículo publicado no ABC, extrañado de cómo no castelao de “lupus” a “lobo” non se dese a mesma evolución, é decir, de “polypus” a “polbo”, como aconteceu na área citada da bocana das nosas rías. Pero en gran parte de Galicia sí decantou en “pulpo”, por suposto que palabra igualmente galega. I éso é o que quer xustificare o alcalde d´O Carballiño, Argimiro Marnotes, que tenta dar oficialidade á forma continental que podemos definir como maioritaria.

            Outravolta atopámonos coa eterna cuestión. ¿Quén fai o idioma? ¿A RAG, a sociedade? ¿É que o idioma galego non existía antes da creación da Academia?  Naturalmente que existía porque é a sociedade a forxadora da fala, á que non se lle adicou a atención que Sarmiento recomendaba: “Facede o idioma a partir da fala”. Sen embargo, a lingua está de cada volta máis ferida, como máis deturpada de cada nova volta normativa. Consultada a palabra “pulpo” no diccionario “on line” da RAG, a verba aparece tachada e recomendan o uso exclusivo de “polbo”. N´O Carballiño opóñense a ese “diktatt” cando levan máis de cincoenta anos denominando Festa do Pulpo á que se celebra no mes de Agosto e con asistencia multitudinaria, festa considerada de “Interés Turístico Nacional”. Pero a Dirección Xeral de Turismo da Xunta tenta impoñer como nome o de “Festa do Polbo”. O Carballiño prepara un informe, que vai ser realizado polo Centro de Estudios Carballiñeses, prá súa remisión á RAG en demanda da súa aprobación á iniciativa.

            O alcalde fala incluso de posible iniciativa popular de non contaren co placet da Academia. E farían ben. Con esa decisión estarían a nos marcaren un camiño, porque son moitísimas as palabras hoxe inseridas no diccionario, sen tradición na lingua, alleas incluso á súa psicoloxía. Lembremos, por exemplo, a recomendación de Lugrís Freire, en relación coa palabra “artigo”. El, na súa Gramática de Ligua Galega usa a palabra “artículo”, porque decimos  “articular, articulista, articulado, articulación”. Como ese exemplo poderiamos tirar moitos outros. “Evanxeo?”. Pero se decimos “evanxelizar, evanxelista, evanxelización”!. Os diferencialismos son como a couza a rilar no idioma, a esmorecelo máis e máis. E, claro, de cada volta menos falantes. O “galizo ou galegués” emanado das normas non trae nengún tipo de salvación. Sí, extraños discursos de xentes non instaladas no galego real.

            Volvendo ós términos “pulpo” e “polbo” poderiamos incluir aquí algunhas das entradas que recollen diversos autores. Curiosamente parece que é Carme Ríos Panisse a que recolle máis entradas no seu diccionario do 1977: 18 pra “pulpo”; 3 entradas pra polbo; 11 pra pòlbo. Sarmiento recolle a forma “pôlbo”, marcando ben o circunflexo na pronunciación pra distinguilo de “polvo” (de pulvis).  En fin, coido que a forma “pulpo”, aínda que coincida coa castelá, debería estar no diccionario da RAG por maioritaria, convivindo con “polbo”. En clave de oralidade e de bilingüismo harmónico, as coincidencias deben ser asumidas. ¿Cómo decir “rastrillo” en galego? “Angazo”. Pero é que “angazo” tamén está no diccionario da RAE!. ¿Van tenta-la súa supresión da nosa fala os radicales da deriva? Moitas palabras, por decreto, xa non están, á par que foron inserindo non poucas palabras portuguesas, con encarnadura imposible na nosa lingua. Pero lembrémo-la lección de Rabanal: “polbo” é unha palabra da bocana das rías baixas. E polbeiro, polbeira, ou dorna polbeira.

viernes, 17 de enero de 2014

O novo crecemento español

 Perde-la casa, pero non a hipoteca, como dí Caín. Filosofía negra, consolo da parella de vellos agora sen teito, que permanecen na indixencia polas súas obrigaciós hipotecarias. 
 Caín sempre acerta e, nunha sociedade descomposta, abondan os asesores de abusos, como el dí..
 Sigue Caín, pero máis que estos novos empresarios locen en Pontevedra un número considerable de pretos, chegados do Senegal ou de Nixeria, ó mellor ata sen papeles, pero que nas rúas pontevedresas acreditan a súa identidade empresarial por medio da venta de paraugas (ou ombrelas)
 Caín. I ésta é a roda xiratoria da casta política, na que subxaz un evidente nepotismo. 
 Sigue Caín maxistral. Efectivamente, ó home costoulle menos traballo baixar da árbore que do coche oficial.
 Novamente Caín nos mostra cómo hai que facer pra garda-los cartos, por pura filantropía. Suiza como patria de destino, coa ficción, por asimilación, de ser doantes da Cruz Roxa. 

Caín retrata nesta instantánea o futuro de moitos rapaces españoles, cidadáns, digo eu, dunha patria derrotada por políticos, clústers e banqueiros. 
E incansable, Caín ilumínanos con esta outra perla: España á cabeza da producción mundial de políticos de temporada. 
 Evidentemente, vivimos nun túnel sen saída. Non hai luz que marque unha saída. Firmado, Caín. 
 Esteban, outro mestre do humor. Vai nacer diñeiro de debaixo das pedras e recomenda invertir no stock de pedregales, todo susceptible de ser convertido en solar. O retorno ó ladrillismo. Novas Seseñas nos agardan, novos aeroportos, novos hipódromos, novos mares de formigón.  
 Esteban. Un contenedor ardendo vale máis que mil palabras. E sen faltas de ortografía. Resultado dun política nefasta ou do desprecio marcado polos grupos antisistema. 
 Esteban sinala a situación de dous millós de familias, case na pobreza extrema, agardando fóra por faltade espacio. 

 Esteban: España, locomotora de Europa; Alemania era un espellismo, soamente unha tuneladora eficaz.
 Esteban. Unha banca tramposa, artelladora das "preferentes", roubo ós aforradores, saeu sempre ben parada, socorrida in extremis. E falan dos seus morosos.
 Esteban: Intermediarios de políticos e banqueiros ante a Xusticia. 
 Esteban: Extraña proposta de amelloramento na recaudación do IVA.
 Esteban, outra vez xenial. As novas xeneraciós acollidas polos pensionistas.... mentres estes vivan. 
Esteban retrata así ós vándalos de nova xeneración mellor formados de Europa.  

Pontevedra, 17.01.2014
Entrada n. 1732 do blog

O novo crecemento español,
por Xesús López Fernández

No panorama de caos que vive o país: corrupción, bancarrota do ladrillismo, vampirismo bancario dos aforros vía "preferentes", malgasto de fondos europeos non xustificados, construcción de infraestructuras demenciales e innecesarias, un constante ataque ós valores verdes (medio ambiente mariño e terrestre), con dous millós de familias ó borde da pobreza extrema, con perto de seis millós de parados, cunha política marcada polo nepotismo, resulta difícil creere os contos que nos contan: que España parece está a comezare un certo soerguemento nos indicadores macro da súa economía e que xa estiman un crecemento dun  0.30 por cen no último trimestre. E un xamón. Prefiro expoñelo por medio dos chistes de dous humoristas de La Razón. Son autodefinidos de Caín i Esteban, especialmente bo o deste home que retrata o triunfalismo de Rajoy ou de De Guindos no sentido de que "España é a gran locomotora de Europa; que Alemania era sóo a tuneladora". Ja, ja, ja. 

lunes, 13 de enero de 2014

ESTANISLAO FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA

Estanislao Fernández de la Cigoña, navegante, antropólogo, ecoloxista, nacido en Vigo no 1941, exerceu sempre como galego de nación.

Pontevedra, 14.01.2014
Entrada n. 1731 do blog


ESTANISLAO FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA,
GALEGO DE NACIÓN E VOCACIÓN,
por Xesús López Fernández

Vigués nado no 1941 é un home polifacético ó que a súa vida profesional como mariño mercante levouno polos mares do mundo na que sería unha etapa de su vida. Pero a maior parte do seu saber está hoxe preñado dos seus diversos labores: naturalista, ecoloxista, antropólogo cultural, xa como divulgador, investigador ou escritor. E aí están os seus 80 libros sobre historia, arte relixiosa, etnografía, espeleoloxía, arqueoloxía, campanoloxía, arquitectura rural, etc., ademáis dos de natureza: espacios protexidos, illas de Galicia, cetáceos, peixes e aves. O home é un explorador da nosa terra, defensor i estudioso do medio ambiente en xeral e da natureza galega en particular que, en representación do movemento ecoloxista galego formou parte das xuntas rectoras dos parques naturales das illas Cíes e do monte Aloia. E reclamado con frecuencia pra impartire cursos, conferencias, coloquios sobre os máis diversos aspectos da nosa natureza polo sociedade galega, ten sido reconocida a súa obra en diversas ocasiós, antr´elas coa "Medalla Galicia". Pero é raro que nadie o teña proposto pró "Vigués Distinguido", reconocemento distinguido a moitos con menos mérito que Estanislao Fernández de la Cigoña. 

É importante valora-lo seu perfil, que os interesados han poder apreciaren entrando no enlace inserido ó pe desta entrada, da que están tomádo-los primeiros datos expostos. Traballador incansable e signo Leo, parece está marcado por el, así como pola súa formación xesuítica. 

Ecoloxista comprometido e combativo, aínda lembraba no Faro de Vigo do 8.01.2014 a súa defensa das baleas, en Cangas, cando moitos dos seus habitantes vivían da empresa Massó. Escritor feraz tanto en galego como en castelao, afirma ter sido sempre un home libre, algo, según a súa definición que "molesta ós castrados"e afirma algo que todos sabemos: "que o pecado capital do galego e do español é a envidia; pecado do que non se acada beneficio algún [...] e son os envidiosos que tentaron poñerlle paos á súa roda e non conseguiron tumbalo os máis molestos e castrados por esa súa libertade e non dependencia de nadie".

Ó home quédalle a frustración da política, porque teríalle gustado moitísimo ser concellal pra defendere localmente dend´o goberno ou a oposición os seus principios conservacionistas, mais nunca lle deron a menor opción. A dereita, porque sendo ecoloxista xusgábao "roxo recalcitrante", mentres a esquerda, polo seu apelido, creíano e aínda o creen da dereita ultra. 

En fin, aí vai o enlace do Faro de Vigo do 8.01.2014, pra unha maior información dunha figura universal, das que tan carente está Galicia nos postos con poder de decisión. E así vai o país, decote máis ecolóxicamente desfeito.

domingo, 12 de enero de 2014

MIGUEL ÁNGEL REVILLA, EN ALZA

Miguel Ángel Revilla, aquí con vaca, ex-presidente de Cantabria, como se fose unha estrela mediática anda agora polos platós de diversas cadeas de televisión. Algo hai neste contínuo ir e vir máis alá da promoción do seu libro "La jungla de los listos" (no que se enumeran os vicios da política española), como se o home estivese a prepara-la súa candidatura prás europeas. Á parte de que parece que vende máis libros que Belén Esteban o home ten gancho pra un colectivo cidadán millonario que, anoxado da casta política en xeral, quere ver no home ó futuro presidente do Goberno español.

Pontevedra, 13.01.2014
Entrada n. 1730 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra. 


Miguel Ángel Revilla, en alza,
por Xesús López Fernández
           
               O expresidente cántabro é ademáis profesor de Economía e autor de dous libros, algo que parece estar de moda antr´os políticos españoles, pero seguramente a súa obra “La jungla de los listos”, pola que tenta denunciare ós causantes da situación caótica que vive o país (que vai ademáis pola segunda edición), foi a máis vendida antr´as publicadas polas xentes da casta política. Parece que na presentación de “La jungla….” en Madrid estivo sinando exemplares por máis de dúas horas. Todo un fenómeno social, as xentes formaban unha cola máis longa que as das oficinas do INEM, desexosos de te-lo libro na man, pero sobre todo de falare co home, no que algús ben un posible remedio prá situación extrema do país, ata o punto de que, na loa da súa figura, algús afirmaban del que “é o único político honrado, que dí as cousas como son. Eu pídolle que se presente como candidato á presidencia da nación”, algo no que el non pensa porque co sistema electoral vixente non é viable.

            Acúsano algús de ser populista, demagogo ou de que, como profesor de economía que é, acaba de convertire algún plató de televisión na tribuna dende a que imparte clases maxistrales a todo o país. Parece como se incluso parecese unha burla que se dirixa en taxi á Moncloa ou que dende Santander ó seu pobo, Astillero, viaxe no seu coche particular, cuestión que vale pra descrédito dos que non se baixan do coche oficial. Pero Revilla parece un home con encaixe prás críticas que lle dirixan e que, gracias ó seu sentido do humor e forma directa de face-lo seu discurso, devolve a pelota con gracia certa e que de cada volta ten maior número de seguidores, polo menos de simpatizantes, como se evidencia na súa páxina oficial de Facebook, con máis de 365.000 seguidores. En twitter, máis de 412.000. Participación viva, o home denuncia cando outros calan. E sintoniza cunha sociedade farta cando denuncia como principales causas da situación de regresión do país cuestiós como:

            A xente que vive da política e a corrompe; os que non pagan impostos; a evasión a paraísos fiscales… E o bo é que todo, según el afirma, dío coa conciencia tranquila, como cando clama por unha Xusticia independente, algo que tiña prometido o PP, pero que finalmente, coa formación do Consello Xeral do Poder Xudicial, quedou todo en reparto de cromos, nun par de xornadas. No seu ronsel de denuncias está tamén a das “elecciós por medio das inicuas listas cerradas”. Tamén cuestiona o home a existencia do Senado, que califica como inútil, clamando pola súa supresión. Son as verdades do barqueiro e invita ós cidadáns, cos que sintoniza, a acrece-la presión social, a denuncia-las inxusticias existentes. E a non calar.

            Xa pra rematare citemos outras das afirmaciós do home, que afirma que sóo como persoa está incómodo, que lle gusta falare coa xente. Insiste na importancia de votare ós candidatos e non ós partidos, porque en definitiva somos un país de partidos i estamos a votare por unha gaivota ou polo puño e mai-la rosa, e así nos vai, como que en cinco anos pasamos de ricos a pobres. E algo vai mal a nivel mundial cando o 30 por cen da riqueza mundial está colocada en cincuenta lugares sen rostro. O home é, certamente, portador dunha mensaxe rexeneracionista cando afirma “eu non meto a man, antes córtoma", ou cando proclama que a muller é o eixo da familia. A estafa das peferentes (prá que pide unha intervención do Fiscal Xeral determinante, unha solución final), a connivencia antre a política e as grandes empresas (as chamadas portas xiratorias), a corrupción ou a fiscalidade “desigual” son algunhas das preocupaciós cidadás de Revilla, algo que el aborda neste libro coa súa particular forma de contar, que engancha, daí que o teñan definido como unha máquina de contar. Lembremos que a súa primeira obra “Nadie es más que nadie” vai pola edición 27. Por certo que nunha das súas últimas intervenciós en twitter asegura que non cobra por acodire á “tele”, pero parece non ter pretensiós de ser presidente da nación. Si acaso, de Cantabria.    

domingo, 5 de enero de 2014

Ence i Elnosa, mala hora ambiental

 Foto histórica na que se aprecia o litoral das marismas de Lourizán, trazado xa o seu cerco prós recheos e concesión en precario duns 600000 mt2. A concesión da fábrica de pasta prá Empresa Nacional de Celulosas de Pontevedra, S.A., é do ano 1958, en precario, e poderiamos decir que "nula ab initio" por non teren comprido en nengún momento co condicionado.   
A madrugada do 4.01 caeu sobre Pontevedra unha especie de gran tsunami, unha tremenda pedraza que causou non poucos problemas en vivendas e tellados da cidade, escachadas non poucas lucernas de diversos edificios. O temporal foi tal que a avenida a Marín estivo durante horas asolagada. A gran chousa da foto primeira ven se-lo solar no que hoxe operan as dúas industrias da morte da ría, á que tamén contribúe a avenida que vai por dominio público marítimo terrestre. A rotonda que se aprecia en primeiro lugar é outra afrenta, a afrenta Ana Pastor, outra política de secano, que tentou favorece-lo tránsito cara o espacio da Autoridade Portuaria que preside o seu home e sobre o que unha sentencia do TSXG dicta a orde de retirare uns 300000 mt.2, recheos promovidos polo amigo de Rajoy Tomás Iribarren, do que éste lle pasara comunicación ó alcalde de Pontevedra Miguel Ángel Fernández Lores. Que conste. A ver si aclaramos ideas. 

Pontevedra, 6.01.2014
Entrada n. 1729 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.  

Ence i Elnosa, mala hora ambiental,
Por Xesús López Fernández

            Comecemos pola referencia á visita inspectora de varios eurodiputados ás rías galegas. Según informaban os medios con data 14.02.2013, os homes marchaban con moi mala impresión aínda aceptando melloras na xestión ambiental. Poderiamos traer aquí algunhas das súas frases ou referencias ós puntos quentes do seu periplo polas rías do Ferrol, O Burgo e Vigo e que, se nalgún caso a tarxeta de visita viña se-la estampa dun mariscador coas botas engulidas polo lodo, noutros era un pantalán asentado nun vasto tremedal, espacios abióticos ou rías que mantiñan a capacidade de producción en sóo un 21 por cen. O curioso é que non visitaron a ría de Pontevedra, onde a contaminación pode ser superior ás que lles marcaron como paradigmas do horror, da agresión ó medio natural. Demasiados anos pasados con esa asignatura abandonada, solapando datos sobre diversas enfermedades que poden te-la súa orixe na contaminación industrial, como supoñemos en Pontevedra.

            Algunha das diputadas foi crítica coas afirmaciós sobre depuración das augas residuales que lles quixeron colar. E así a austríaca Angelika Werthmann, en relación con fotos do escándalo ambiental, chegou responder con esta afirmación: “Non podo falare de que estas fotos non sexan realidade, comprobada neste very very very bad trip. E se capturan marisco e a xente o come, eu estaría preocupada”. A diputada debería ter perguntado en Pontevedra, onde non chegou, e poderiámola ter informado de cousas, así como doutras que precisan ser investigadas, pero a política do avestruz parece é máis rentable prá casta política. A visita foi como unha especie de placebo, que nada parece se vaia facer no preciso sentido da recuperación ecolóxica. Tiña razón Julio Sacristán, alcalde de Culleredo, queixoso de que non convocaran ós concellos afectados, pra poderen traballar xuntos.

            O lider da expedición, Philippe Bouland, chegaría manifestar no Ferrol cousas como: “Temos constatado a existencia dunha forte contaminación e que están ameazadas zonas de explotación de marisco, aínda que se teña afirmado que xa se lle dera solución ó problema”. É decir, notariaba a mentira coa que se tapaba o problema. Pero hai máis, porque o home visitou Mugardos, nas proximidades da pranta de Reganosa, comprobando o incorrecto da súa localización i escoitando as queixas dos veciños que viven en permanente peligro. “Queremos saber, dixo, por qué despois de se ter declarado a súa imprantación como ilegal polo Supremo, non se ten atopado outra posible localización máis axeitada”.

            Esto queda dito moi en breve. Non parece que haxa unha vontade decidida da UE prá solución dos problemas ambientales que ten Galicia. Seguramente o señor Bouland teriase escandalizado se visitase Pontevedra e puidese comproba-las actuaciós de total irracionalidade que aquí se levan producido. Contaminación industrial i enfermedades derivadas, a ría estáse a perder prá pesca e o marisqueo. Mentres parece se manteñen lonxas menores como as de Bueu e Portonovo, en Marín van a menos os barcos, e a actividade da lonxa esmorece. As descargas, 10000 toneladas de peixe subastadas no 2001, baixarían nunha década, e menos de 3000, sendo a razón principal a de que os barcos do Gran Sol descargan agora na lonxa de Vigo, máis rentable. Parece que o porto de Marín, en definitiva, é de cada volta menos porto pesqueiro. Futuro sen futuro coa mariña desnaturalizada, convertida en solar pra industrias que poden non ter relación co mar, como acontece tamén coas industrias de vertedeiro de Lourizán, en dominio público marítimo terrestre que, por diversas sentencias, entendemos están xa fóra de prazo, que se lles acabou o tempo. Mesmo a edar construída con diñeiros de Europa carece de concesión, así como o tubo emisario. Mantere esas actividades lesivas pró medio natural é, simplemente, algo sen sentido, no que debe prevalecere a decisión da Xusticia antes que a vaina sociopolítica de lles dare corda pra un novo tempo. Queda moito por decir.  

sábado, 4 de enero de 2014

Paralíticos cerebrales, en Pontevedra

Unha cadela, Arpía, traballa nos centros de Campolongo e Lourizán, nos que se atende a 65 paralíticos cerebrales. Trátase dunha cadela d´auga portuguesa que estimula, anima, ós rapaces e adultos dese colectivo desgraciado presuntamente resultante da agresión ó medio ambiente por medio do mercurio  que Elnosa, a fábrica de cloro, verte á ría. (Foto de La Voz de Galicia)

Pontevedra, 4.01.2014
Entrada n. 1728 do blog

Paralíticos cerebrales, en Pontevedra,
por Xesús López Fernández

O mercurio chegado ó noso organismo pola vía alimentaria acaba ocasionando parálisis cerebral. Resulta sospeitoso, evidentemente, que en Pontevedra exista un colectivo importante de enfermos que padecen ese mal. A cousa está clara dende hai tempo, porque cando comezaron a se daren síntomas alarmantes fíxose un estudio da contaminación das nosas augas: dioxinas, organohaloxenados diversos, mercurio, etc. 

O tal estudio, chamado ESCORP (estudio da contaminación da Ría de Pontevedra), poría en evidencia que por cada tonelada de cloro fabricada, Elnosa estaba a vertere uns 13 gramos pasados de mercurio, cifra que, na segunda fase do dito estudio, veriase incrementada, pasando xa dos 17g. por tn. de cloro fabricada. A partir de certo momento xa non se fan, presuntamente, estudios, ou son solapados, ocultados, informes diversos.

A inxesta de ameixas ou mexilós da ría podería traer como consecuencia que unha nai embarazada lle dese vida a un neno paralítico cerebral. Hoxe, nos referidos centros do colectivo Amencer, cóntanse 65 paralíticos cerebrales. Os políticos saben, presuntamente, o que está a pasare, pero non entran nese tema porque tamén eles son paralíticos de acción e procuran manteren no conxelador sentencias existentes que terían de marcar un novo futuro. 

É máis, incluso queren darlle corda por máis tempo á fábrica de pasta Kraft e á de cloro que se asentan en Lourizán, que xa deberían estar demolidas. Os tres partidos están a participaren da política de portas xiratorias, da corrupción. Pra maior detalle de que non queren actuar, algunhas fábricas de conservas están a venderen como mexilón da ría o que están a importaren de Chile. Aquí está a resoare o aviso dado ós franceses en relación cos mexilós que importaban, que en nengún caso poderían sere da ría de Pontevedra ou dos sectores de Meloxo e O Grove, na ría d´Arousa, algo que debería acreditarse por medio de "certificado do Instituto Español de Oceanografía", como entidade seria.

Xa teremos ocasión de volver sobre este asunto, xa tratado no blog por activa e pasiva. 

Enlace: La Voz de Galicia, 4.01.2014: Unha terapia canina en Amencer.