jueves, 31 de enero de 2008

TRAGASFALTO E OS GOLFIÑOS [1.04.1999]

O golfiño Gaspar brinca nas augas de Ribadeo. Podería sé-lo momento, se inda estivese en Miranda, pra que don Merlín se achegara a aquelas augas a ver de interpreta-los recados que, posiblemente, nos trae o arroás, talvez aviso de que o cambio climático ven máis célere do que pensabamos.


Pontevedra, 31.01.2008

Entrada n. 422 do blog. Outro traballo do ano 1999, un artículo conformado a partir dun conto inédito dun lote que manteño na recámara, e que fala das proezas dun amigo real, con algunha fantasía engadida.

Queren as circunstancias que esta recuperación coincida coa aparición dun arroás nas augas da Mariña luguesa, un golfiño sociable polo que contan as noticias e que en Ribadeo chaman Gaspar mentres en Foz o nomean Blas. La Voz de Galicia do 30.01 incluía un vídeo do animal, que parecía ledo, articulando esos sonidos que eles saben e que usan pra se comunicar no seu paraíso, o mar. Por eso non evolucionaron, porque ser son máis intelixentes que o home, teñen máis cerebro. En todo caso, foi o home o que profanou o seu paraíso, e fixo un uso indebido do animal, traicionando a amistade que o mamífero lle brindaba.

"More", máis, din que foi a primeira palabra que conseguiron articular no contacto cos homes. En Tampa, Florida. Despois veu o horror de Vietnam, do que algo se dí no artículo que sigue.


TRAGASFALTO E OS GOLFIÑOS [1.04.99],
por Xesús López Fernández

Tragasfalto é real. É un persoaxe de carne e óso. O nome é consecuencia da existencia dunha escudería automovilística, alá polos anos sesenta-setenta. Os seus compoñentes adoutaran nomes toscamente italianizados -–Dallagarra, Afonso in Trinta, etc.--, dos que non queda nen a menor lembranza. O único que permanece é o mellor de todos, Tragasfalto, con vehículo sempre a punto. Non obstante, o home –un bruxo no terminal de valores da empresa patrocinadora— derivaría cara outros deportes como o windsurfing, a ala-delta e o ultralixeiro, co mar como marco e horizonte.

Era todo un espectáculo miralo sobre das ondas, ver cómo mantiña o seu tipo na cresta da onda maior, mesmo deixa-la vela ó pairo no intre xusto, ó tempo que pousaba no areeiro. Un auténtico héroe prá rapazada e mesmo prós maiores --moitos deles veraneantes do interior-- que filmaban as súas fazañas como se fora un novo Neptuno. A barba do home, xa branca, contribuía a realza-la súa maxestade. E demoraba en explicaciós sobre daquel deporte de moda: o windsurfing. Pero a súa realización como deportista acadaría máis altas cotas coa ala-delta ou, tempo despois, co vóo en ultralixeiro. Daí ven o seu conocemento dos golfiños, das súas viaxes e utilización.

Os golfiños están moi próximos ó home, estanse achegando sen cesar. Tense dito, incluso, se non serán máis intelixentes que nós, porque teñen máis cerebro e hai pobos --que creen na transferencia das almas-- que ven nos golfiños a uns seres alentados polas almiñas de mariñeiros afogados. Pero o certo é que a especie non evolucionou porque está vivindo no seu paraíso, no que era o seu paraíso ata que o home traicionou a amistade por eles brindada, utilizándoos como kamikazes na guerra de Vietnam pra minaren barcos no porto de Hanoi. Tragasfalto, metido xa na andaina do ultralixeiro, puido comproba-la existencia dun novo uso deshonesto da especie. Fora feliz ó reparar no comportamento lúdico dos arroases, comproba-la súa estratexia de cerco das sardiñas e rinchas, ata que chegou o día da descoberta.

Ese día, Tragasfalto repara nuns golfiños extraños, como corcovados. Forman un grupo de tres que nadan con maxestade e decisión cara o que parece unha depuradora na costa, onde desaparecen. A videocámara permítelle averiguar que as corcovas son realmente vultos, como mochilas. En días posteriores chegaría a aclara-lo misterio porque a depuradora era agora unha granxa de rodaballos, reconvertida con subvenciós de tipo oficial, e dispoñía dun sistema de esclusas pra facilita-la entrada dos golfiños que facían o papel de mensaxeiros. ¡Os golfiños introducían no país, presunta e impunemente, heroína ou coca! Estaba a facerse outra utilización satánica do mellor amigo do home que, burlando ó servicio de vixiancia de Aduanas, era teledirixido dende a granxa de rodaballos a un barco que permanecía fora do límite xurisdiccional das nosas augas. Ida e volta. Os narcos deran cun sistema intelixente que lles permitiría establecer unha rede de suministro impensable hai poucos anos. Tragasfalto actuaría discretamente a partir daquel momento. Estaba xa citado cun xuez-estrela, satisfeito de ter sido peza importante na posta en marcha da “operación Arroás”, que sería bó facer coincidir cunha nova arribada dos golfiños corcovados, con outra carga..

miércoles, 30 de enero de 2008

¿TEMOS FUTURO? [26.11.1999]

A normativa que non vai e que, pouco a pouco, está a acabar co noso principal signo de identidade, co idioma de Rosalía, de Curros, de Risco, e do pobo que fixo a súa centilela milenaria, agora anoxada polos políticos de toda caste.

Pontevedra, 30.1.2008

Entrada n. 21 do blog. Os "sabios de Grecia" da RAG acaban de canonizar "greleiro", cultivador de grelos, como palabra a entrar no noso diccionario. Non entendo que, mentres tanto, moitas palabras que estaban nos vellos diccionarios pasan ó depósito das prohibiciós. Nada hai que cambiar do vello artículo hoxe inserido, se acaso amplifica-la protesta cunha crítica aceda das normas estalinistas embuchadas pola RAG, as chamadas "normas da concordia", das que existen varias críticas ó longo deste blog que hoxe chega á entrada n. 421, como queda dito.

¿TEMOS FUTURO? [26.11.1999],

por Xesús López Fernández

Últimamente téñense producido algunhas declaraciós en relación coa necesaria normalización e oficiliación do galego, o que me parece ben sempre que se actúe con intelixencia, afirmando o uso do galego-galego e non o do galego-outracousa. Porque somos moitos os cidadáns que nos sentimos traicionados dende diversos púlpitos, incluso dende o propio Diccionario da Real Academia Galega que inclúe soamente unhas 25.000 entradas --case o dobre das do diccionario anterior— e limita as definiciós ás verbas que recolle. Son moitas as que quedan fóra desa “cesta”, ora por dialectalismos ora por seren términos espurios, palabra esta última que o diccionario non recolle aínda que aparece na introducción; calificativo que coido podemos aplicar a moitas das súas palabras, en claro divorcio con moitísimas que sí están no galego coloquial. Fan un claro desprecio –por omisión-- dos glosarios de campo, da riqueza que os mesmos supoñen. E as normas quédanse cortas.

Os que aprenderon galego antes das normas porque a língua estaba presente –soa ou compartindo espacio con outras— no magma auroral que antecede á fala racional, ós idiomas xa claramente decantados como ríos singulares como tamén os que o aprenderon xa adultos, de xeito cabal, atópanse agora coa existencia de neofalantes que dubido teñan a capacidade de soñar na especie de língua-xerga na que mal expresan as súas ideas, especie de chapoteo nun léxico corto, consecuencia da falta dunha gramática de futuro.....Non sei, mal van as cousas, por eso me reboto contra un diccionario capado, que non inclúe palabras como bídalo, conocer, lomeada, e un longuísimo etcétera. ¿ Por qué non bídalo, tan próxima ó latín bétula, palabra viva que significa bidueira, bidueiro, bido? ¿Por qué non conocer se é a única forma popular existente? ¿Por qué non lomeada, alcume, presente na obra de Rosalía, viva ó longo do Ulla e nas terras de Lalín? Alomear, poñer un alcume, unha lomeada. Poderíamos seguir con exemplos sen fin.

Asumo as normas --que coido de urxente rectificación-- pero eludo moitas das cousas nelas previstas botando man de formas perifrásticas en evitación do uso da forma plural en ais, eis, ois, uis, que coido son un mal sinapismo ante soluciós que tiña o idioma popular: animás/les, etc. E fuxo do uso de verbas como hepatite, bronquite, tuberculose, análise –espurias, nas que chapotean os neofalantes— e que un académico da Galega, nun momento de sinceridade, reconocía que foran incluídas coa arela de achegar o galego ó portugués. Disparate, en fín, no que nunca se debera ter caído, porque a nosa língua –próxima ó portugués, próxima tamén ó castelán-- é a nosa fronteira, ten unha clara persoalidade e riqueza e non debemos facer raros experimentos, atentados en contra da nosa identidade.

Benvido de todo-los xeitos o esforzo oficializador. Estas non son nada máis –outra vez— que unhas opiniós de urxencia. Coido queda tempo pra tornar ó tema e insistimos agora na necesidade de pensar en clave de futuro. Aínda que idioma de minorías teremos que ir con moitísimo coidado, evita-lo artificio na fala. Hai que poñer en marcha mecanismos de restitución lonxe de arelas interpretativas e anexionantes doutra realidade coa que non cabe xa un criterio de clara reciprocidade. Coa que non hai xa futuro común. Eso pasou.

domingo, 27 de enero de 2008

PASARELAS CONVERXENTES [28.01.2008]

Algo grave está a pasar dende hai anos e a ría morre. Os gobernantes aínda ousan facere promesas inanes, marketing electoral. O cadro de Münch pónos no seu sitio, porque parece estar inspirado na nosa ría degradada, gran tremedal nalgunha das súas zonas. Un verdadeiro retrato da situación ambiental e das almas dos que mandan.
-
Pontevedra, 28.01.2008

Entrada n. 420 do blog. Traballo remitido a diversos medios. Situación terminal da ría, descrita de forma anticipalista por Edvard Münch. O que semella unha gran corrupción na súa panorámica, tamén o é na nosa ría, con políticos incapaces que levan na súa mensaxe unha gran trola: ¡Ence fóra!. Ou o seu traslado financiado, cando se estiveramos medianamente asistidos xudicialmente, ese problema ambiental, como outros, estaría eliminado.

A ría de Pontevedra, zona C, paso necesario prá súa conversión en recheo e solar de gangsters. Pero o que algús non entenden pódeo explicar moi ben a arte de Münch. ¿Quén pode se-lo home azourido, desnorteado, presa do medo? ¿Un Colón que ve cómo arrasaron Portosanto, un Sarmiento de Gamboa que ve a súa casa desaparecida, os irmáns Nodales que xa non reconocen As Corbaceiras, Paio Gómez Chariño, almirante e poeta, ó descobrire cómo van secando a súa mar, etc.? Como tamén podemos pensar na persoalización das cofradías do fondo da ría que ven o seu medio de vida definitivamente estragado. ¿E quénes son os que permanecen distantes, pola pasarela de Lores e Mosquera? ¿Os que traman o pelotazo urbanístico e manexan megaproiectos recalificatorios ou a compra dalgunha que outra chousa na subhasta pública que queren forzar?

Pasarelas converxentes [28.01.2008],

por Xesús López Fernández

Disparate. Refírome, neste tempo de campaña, á presunta coincidencia de intereses na construcción de dúas pasarelas que abranguen as marismas de Lourizán: a pasarela de ferro, a vía do tren no seu día apoiada por PP e BNG e a outra pasarela, a que vai polo tramo d´Os Praceres, posibilitada polo PP, que o BNG local quer continuar ata As Corbaceiras, dúas presuntas formas de conculca-la Lei de Costas coa esperanza, talvez, de que aquel espacio acabe en gran solar, en gran pelotazo, ó tempo que non se fai o necesario pola reposición da legalidade, por rexenera-lo noso mar, cada vez máis zona C, do que podemos ter un telumbre anticipalista na escea representada n´O Brado, de Edvard Münch, co novo treito de senda agora promocionado. Un individuo, en primeiro plano, aparece horrorizado diante do decorado dun fiordo ou ría que é xa un gran tremedal que se vai estrando, mentres dous homes permanecen demorados, pode que dexergando as posibilidades do espacio como futuro solar arrebatado ó mar.

Dunha forma ou doutra, o tema está na campaña electoral, ora en debates que máis parecen partidas de póker, porque non se demanda o cumprimento de sentencias nen se fai defensa da Lei, da necesaria reposición da legalidade basada no Raminp, en vigor, e a Lei de Costas, de obrigado cumprimento e da que se fai un desleixe sistemático ou, si se quer, disparatada negación. Aínda estos pasados días reuníronse, en Radio Voz, catro representantes políticos e sindicalistas pra falar do tema Ence, mentres permanece en vigor o decreto Fraga de supramunicipalización, de cando nos quixo colocar aquí a papeleira, e non se aduviña unha clara intención na Xunta de que as cousas cambien, como si estiveran embarcados na mesma idea. Eso é un dato obxetivo, como tamén o de que permanece o areal como zona C, non apto pró marisqueo como se pode apreciar, tamén, no cadro de Münch. Na conversa de Radio Voz parece que só Telmo Martín falou de abrir Pontevedra ó mar, que incluso chegara decir, nas pasadas elecciós, que a edar d´Os Praceres debería desaparecer daí e que, lembremos, carece de autorización pra actividade ambiental integrada.

Nunha visita da campaña, dous concelleiros do BNG achegáronse, tamén estos días, á parroquia de Lourizán, a lles promete-la prantación de árbores naquel espacio polo que, ilegalmente, pasa o tren que, curiosamente ese día, cando estaban alí, acodeu á cita, 11 da mañá, o que sirveu pra lle lembrare ós veciños que aqueles propagandistas, mensaxeiros de carballos e oliveiras, non eran inocentes. E así llo diría polos micrófonos da Cope un portavoz veciñal, o pasado 25; que se algo agardaban da parroquia, terían que ter traballado polo levantamento da vía, sobre o que existe sentencia firme do Tribunal Supremo. E haberá, sí, que ordea-lo espacio todo, rexenera-la praia, a partir do momento no que se acabe coas agresiós sofridas.

Os recaudadores de votos non están a asumi-lo tema ambiental como asignatura de obrigatorio estudio. Únicamente así e coa reposición da legalidade poderían ser creadores de riqueza e calidade de vida prá parroquia mártir de Lourizán e o concello todo. Pero coa idea de manter en uso a pasarela de ferro ou delonga-la de madeira ata As Corbaceiras non se fai un discurso válido. Como tampouco coa alternativa que a conselleira de Pesca propón ás mariscadoras do banco de Lourizán dunha depuración acelerada, por lotes de 200 kg pra así, en definitiva, non actuar na defensa e recuperación do capital natural, que sería o gran rexenerador, deber marcado pola Axenda21Local como xa temos apuntado algunha vez, instrumento democrático básico prá elaboración do novo PXOM de Pontevedra. Desgraciadamente, o cadro de Münch parece unha visión anticipalista do que aquí nos agarda: unha ría a se retorcer ó tempo que se torna nun gran tremoedo, mentres ó seu Sur vaise deseñando o gran solar, agora enorme chousa antre pasarelas.

sábado, 26 de enero de 2008

SOBRE PEATONALIZACIÓN [26.08.1999]

Unha mostra das escachaduras dos "skaters", sobre as que a Policía Local non demanda responsabilidades porque os pequenos delincuentes son menores de edade, parece que sen pai. Foto do autor.

"Skaters" na Casa da Luz, nun receso ó sentírense observados. A súa presencia no lugar e a escachadura das lousas de pedra do chan cos seus monopatíns, non importan á policía, que non aprecia os danos. Os veciños, indefensos. Foto do autor relacionada coa anterior.

Rara peatonalización. Os peatóns non poden pasar polos soportales da foto, "privatizados" vergonzosamente. Tampouco funciona a Policía local neste apartado da normativa de veladores. Foto do autor.

Baixo da Casa da Luz. Comercio do rastro dominical, "a sonada revitalización da zona vella", onde sei de xente que atopou nele algunha cousa roubada no seu domicilio: candieiros, xogos de café, maceteiros.... Foto do autor.

O nacemento visitado, detalle. Menos laberinto que Pontevedra, o Laberinto de Lou-lo-Chu, ou de Chu-en-Lai, vaia saber. Fotografía do autor.

Pontevedra, 26.01.2008

Entrada n. 419 do blog. Trátase desta volta dun traballo escrito cando arrancaba a peatonalización. As consecuencias daquela previstas non eran nada en relación co realmente acontecido, o logro dunha cidade aganada, cercada, na que resulta case imposible entrar.

Aínda onte, unha familia de Vigo desprazouse a Pontevedra coa intención de ver un "belén". Saída de Vigo ás 5,30PM non foi posible a súa arribada ata case as 7, polo difícil acceso ó parking da praza de Barcelos, cando na cidade olívica non existen os problemas aquí creados, a proba está en que mentres se pode cruza-la urbe atlántica en couse de 15 minutos, entrar na cidade que se quedou sen mar pode tomarnos, ás veces, unha ou dúas horas. Non ten nada de particular que a xente acabe por se marchar ante a situación demencial creada, o Gulag redeseñado cada pouco tempo.

Tamén onte tiven que chamar de novo á Policía local, sen resultado, polo problema dos ruídos que producen os "skaters": ruídos, rotura do chan de lousas de pedra a consecuencia dos seus brincos, e sobre todo agresión á intimidade familiar, á necesaria privacidade do individuo pró seu desenvolvemento. Pero do que a tal agresión poida ter de achanzamento de morada, na Policía local non saben, polo menos non sabía o ceporro co que falei en conversa que debeu quedar grabada, se non outaron por borrala á vista dos disparates ditos polo xendarme telefonista. Deberían tomar un curso sobre "dereitos humáns e medio ambiente". Abondaría con que leesen algunha sentencia do Tribunal de Estrasburgo de Dereitos Humáns. Sigue o artículo.


SOBRE PEATONALIZACIÓN [26.08.1999],

por Xesús López Fernández

A peatonalización. Prefiro esta palabra que non a de “peonalización”, unha de tantas coas que o galego se convirte, ó meu modo de ver, nunha língua chirlante, que renxe como con tantas outras metidas no saco do noso idioma dun tempo a esta parte por teima estrictamente diferencialista. A polisemia da verba dá lugar á confusión e o diccionario oficial quédase corto, moi corto. O idioma non cabe nese cesto e hai que botar man de glosarios ou, simplemente, do léxico popular do que algús están a fuxiren nunha aventura que pode acabar mal, como xa as enquisas están a recoller. I eso non se remenda con series como a de Mareas Vivas ou Pratos Combinados, as máis populares da TVG. Por algo será. Non é sóo asunto de “gheadas”.

Cando van alá tres semanas de peatonalización, neste momento, lémbrome da proposta do alcalde Tierno, ó que non lle gostaba a expresión “calle peatonal” e prefería a de “calle de solo andar”, posiblemente máis arcaica expresión, pero tamén máis próxima á psicoloxía da nosa língua. Zona pra camiñar, andar ou pasear. E, a esta altura do invento, semella que a xente lle está tomando gusto, salvo os consabidos traumas, os que permanecen despois daquel día negro, 7 de agosto, o da posta en marcha do invento, porque si é certo que o entorno urbán gañou en elegancia, que un se sinte máis liberado sen a presencia de vehículos ou limitada ésta a certos espacios, tamén é certo que aínda non se produceu a necesaria adaptación á circulación perimetral agora imposta (dirección única en C.Roffignac e A. Malvar , etc.), na que poden evidenciarse puntos negros. Tal vez houbo un pouco de precipitación.

A zona vella non podía ser un gran garaxe, está claro, pero vivir na zona vella vai seguir significando a imposibilidade de acceder a certos estándares de calidade de vida (lugar de aparcaxe, ascensor, ausencia de ruídos). E temo que o éxodo poida aínda continuar, máis alá do 40 por cen de vivendas desocupadas que ten denunciado a asociación Cidade Vella. Pergúntome se así como, en función de certos intereses, teñen desaparecido edificios a conservar (un deles onde se está a construi-lo novo centro comercial de Froiz, ou barrios enteiros nalgún caso) non se poderían facer excepciós de carácter puntual (agrupación de casas, edificios de aparcamentos en superficie, etc.). Estou seguro de que dun concurso de ideas podería sai-la necesaria salvación da zona vella, a súa potenciación como centro comercial.

Coido que hai que denunciar cousas, como é o caso da case-privatización das prazas públicas, convertidas en grandes terrazas. Rúas enteiras están agora bloqueadas polos bares, o que supón un impedimento pró acceso en coche dos residentes ás súas casas, ou a imposibilidade de maniobra en espacios abertos nos que certos bares exercen o seu negocio e tiranía. Os pivotes e cadeas existentes son agora innecesarios e a súa supresión facilitaría, ás veces, o paso ou a retirada do residente que se sinte demasiado marcado, reprimido, sucumbido baixo a dictadura dos peatós que, nalgús casos, fan total ignorancia dos coches, como se buscaran a posible lesión e pensión vitalicia. E unha denuncia final: O labor da grúa amolece en certos casos e a súa rixidez na zona vella desaparece ante certos negocios. Aparcaxe en dobre, bingos, día e noite. ¿Non é falta ou é que non se vixía?

viernes, 25 de enero de 2008

SOBRE MODELO DE CIDADE [17.04.1999]

Praza da Verdura e soportales, terraza, camareiros, modelo de cidade. Miseria. "Tapeo con moscas", poden servir ós siareiros cun matamoscas pra un xantar sen picaduras. Foto do autor. "Cidade de servicios". Os residentes non poden ser retirados en ambulancias medicalizadas. Xa aconteceu con este esquema de terraza, polbeira, e incumprimento da normativa de veladores. Foto do autor.

Cobián Roffiñac, corredoira dos mosquerós, como se denomina neste blog, unha mostra viva da involución urbanística decretada. Foto do autor.

As Hurdes ten sido considerada tradicionalmente como zona deprimida. E a ela corresponde a fotografía desta rúa, moi similar a outras de Pontevedra; talvez mellor pavimentada que as "restauradas" por Fole e Mosquera. ¿Estamos na Xan Guillermo, na Formigueira, na rúa do Arco? Parece, pero non. Estamos nas Hurdes, que hai máis limpeza.

Pontevedra, 25.01.2008

Entrada n. 418 do blog. O traballo recuperado desta volta ten un carácter premonitorio. Os debates no Teatro Principal, na campaña do 1999, non serviron de nada. Se Outes Ruso definía a cidade de servicios como un modelo avanzado onde primasen as empresas de deseño tecnolóxico, e na que fixarían residencia homes que non-o farían nunha cidade ambientalmente arruinada, aquí tirouse pola visión que de antiguo tiña o conferenciante: ¿Cidade de servicios? Cidade con camareiros. Ese foi o modelo escollido polo Bloque: Privatización das prazas, beirarrúas ancheadas pra máis terrazas e a posible actuación de malabares e números de "mimo", como animación. Esa foi a dinamización que trouxeron estas xentes.

Se López Lucio contou o feito en Gazteiz-Vitoria, sen fondos europeos e coa axuda da Diputación Foral, aquí, con fondos Urban, non se revitalizou a cidade, antes ben, quedou sumida na ruína. O peligro que representaba Continente veuse multiplicado cos novos centros comerciales da periferia. E andan agora coa pretensión de máis fondos de Urban Europa, din que pra revitalizar outros catro barrios da cidade. ¿Pero é que revitalizaron a cidade vella, cada vez máis asumida no modelo citania de cidade deshabitada?. ¿Cidade de mendigos?, tamén. E cando Pontevedra mirra aínda máis como cidade administrativa, coa Delegación de Hacienda na conta atrás prá súa marcha a Campolongo, a ese edificio seguramente non lle van dar outro uso que o de amplia-lo comedor de San Francisco. A miseria política marca esos camiños, esos "tempos".

SOBRE MODELO DE CIDADE [17.04.1999]

por Xesús López Fernández

Non acabo de entende-la filosofía das obras en curso, a agresión simultánea nalgunhas das nosas rúas, como Benito Corbal-Michelena, que van ver cambiáda-la súa capacidade de arterias viarias pola de congostras asfaltadas. Incluso propuxen, pra máis inri, a posibilidade de enlaza-la estrada de Ourense coa rúa Real. ¿Por qué non?. Ata se lle podería dar unha maior carga de emoción cambiando o sentido da circulación, ascendente en días pares, descendente en días impares, alternancia semanal, mensual....Ensaiar, en fín, diversas posibilidades: de lume con bombeiros, de coche averiado e funil conseguintemente atuído, de accidente con sangue e a ambulancia que non chega. O ferido desángase a pesar da solución proposta por un concellal urbanista: “..os peatós terán que afastarse e os conductores das ambulancias actuar como eles saben..”. Intelixente o home. ¿O Teucro como heliporto?

Coa cidade así, patas arriba, chegou o ciclo do Ateneo á súa fín. Sóo falta o debate final, no que van estar presentes os candidatos á alcaldía de varias opciós políticas. Mais no Teatro, o día 15 de abril [1999], oíronse cousas interesantes sobre o modelo de cidade a configurar. En conseguilo vai o ser ou non ser da nosa cidade. E coido que tanto o profesor Outes Ruso como López de Lucio deron argumentos dabondo pra todo partido que queira encara-lo futuro con seriedade. O malo é que se estivo a configurar un urbanismo agresivo e que non poucas actuaciós van carecer de solución, en particular todo o que acabou coa calidade ambiental do noso entorno.

Dixo o profesor Outes que el, nalgún tempo, entendía que cidade de servicios era unha cidade con moitos camareiros, e parece que o ensanche das aceiras vai nese sentido: aumento de terrazas. Pero fixo referencia a outro tipo de servicios: centros de deseño e de investigación avanzada, acollida de servicios europeos coa instalación na cidade de persoal altamente cualificado, pero esa xente, naturalmente, non se establece nunha cidade lacerada como a nosa. Habería, pois, que mellora-lo medio ambiente, resolve-la cuestión de Lourizán, que veu aportar menos riqueza da que arrasou, etc. Total, que, conocedores da idiosincrasia dos nosos políticos, sabémolo difícil. ¿Cidade dormitorio?. ¿Cidade citania abandonada, modelo Santa Tegra? ¿Cidade de mendigos como alguén ten xa apuntado? Porque van en aumento os que viven da caridade e están dominando rúas e prazas, ademáis de existir auténticos fielatos de clase ás entradas das igrexas. Sóo lles falta o peto electrónico.

Pero o que realmente me gustou foi a intervención do profesor López de Lucio, a súa lección do feito en Vitoria-Gasteiz, sen fondos europeos, por iniciativa do propio concello e co respaldo da Diputación Foral. ¡Claro que aquelo é outro mundo! E o que dixo en relación co comercio tradicional dunha cidade como a nosa foi de verdadeiro impacto: “o comercio salta polos aires, dinamitado pola simple entrada dun centro comercial, mentres o concello non recibe outra prebenda dos promotores que uns douscentos millóns de pesetas ou setenta e cinco pra unha campaña de desratización da ría. Tense actuado con moita lixeireza á hora de autorizar grandes superficies”. Parecía estar levantando acta notarial do aquí acontecido. Os políticos presentes no Teatro coido terán aprendido a lección, incluído o señor alcalde. ¡A ver qué prometen!

jueves, 24 de enero de 2008

ISAAC DÍAZ PARDO E SARGADELOS [24.01.2008]

Isaac Díaz Pardo, nesta hora alanceado. El e a súa obra, o seu leigado de memoria viva de Galicia.



ISAAC DÍAZ PARDO e SARGADELOS
por Xesús López Fernández

Pontevedra, 24.01.2008
Entrada n. 417 do blog.


 Isaac Díaz Pardo hai tempo que está sendo víctima dunha maniobra de marxinación, de afastamento da que fora un referente do seu labor, da súa vida como creador, artista i empresario: o Grupo Sargadelos. Onte puido ser un mal día se tivesen prosperado as intenciós dos novos xestores da empresa, que nun principio contaban con maioría asamblearia, de afastalo definitivamente como conselleiro do grupo. Pero a xuntanza de accionistas resultou invalidada ó non se teren presentado as contas do exercicio 2006, decisión inesperada promovida dende o grupo próximo ó intelectual galeguista. Dese xeito evitouse a expulsión definitiva de Isaac de Sargadelos.

Terán que pasar varios meses pra que se poida convocar unha nova xunta, tempo de maniobra a favor de Isaac Díaz Pardo, arroupado desta volta por centos de persoas en representación do mundo cultural que se achegou ó Instituto Galego de Información. Foron momentos de tensión, según recolle a prensa d´hoxe. Un dos homes de Díaz Pardo, Xusto Beramendi, sintetizaba lacónicamente a súa impresión da marcha da xuntanza: "A cousa vai mal". Mais como no orde do día establecíase que os accionistas non habían poder votar nada en tanto non tivesen información sobre as contas, eso foi o que pasou: que non se presentaron e, consecuentemente, houbo que disolve-la reunión.

En resume, una victoria do galeguista despois dunha xunta preñada de voces e actitudes encirradas. O grupo promotor do aleixamento de Isaac negabase a acepta-la súa negativa a presenta-las contas e puxaban por unha moción de censura pra remuda-lo consello de administración. Afirmaron incluso que o Grupo Sargadelos, "como socio maioritario" do IGI, quere "xestiona-la empresa dilixentemente pra busca-la preservación do seu patrimonio e a súa viabilidade", coa intención, aseguraban, de salvagarda-lo leigado cultural do grupo.

Manifesto de apoio a Díaz Pardo.

Nas circunstancias sinaladas, hai que apunta-la nova de que un manifesto en defensa de Díaz Pardo e a súa obra, foi asinado xa por Fraga, Fernández Albor, González Laxe, ademáis de diversos escultores, pintores, tamén escritores e políticos como Beiras, Marilar Aleixandre, Alfredo Conde, Carlos Reigosa, Xosé Neira Vilas, Alonso Montero, etc..... Solicítase a defensa do leigado de Sargadelos. 120 sinaturas piden á Administración que se preserve o fondo patrimonial que supón O Castro-Sargadelos, que cualifican tamén como iniciativa cultural de Díaz Pardo e "patrimonio cultural de Galicia enteira".

Reivindícase que o Goberno galego declare institucionalmente a este espacio como "patrimonio cultural de Galicia", coa fin de "preservalo e garanti-la súa continuidade e supervivencia a cuberto de calquer eventualidade e actuación empresarial que o poña en peligro de desnaturalización, estrago, ou desapareza".

Este movemento de apoio está a concita-la suma de vontades de moita xente do noso mundo cultural, agradecidos pola constante entrega do intelectual e artista, polo permanente maxisterio de Isaac Díaz Pardo, bo e xeneroso.

¿QUÉ VAI PASAR AGORA? 19.06.1999

Unha das ceporradas urbanísticas de César Mosquera, na Glorieta de Concepción Arenal. ¿Cómo non ían perder electores? ¡Eso que moita xente aínda non se decatou de que son estalinistas!. Nas últimas elecciós locales, o Bloque quedouse con 7 concelleiros, sobardado polo PP, que sacou 10, a lista máis votada. Pero siguen gobernando. Existe a promesa dos seus socios de goberno, o PSOE, de retira-los mosquerós que bloquean a cidade, o sobregasto disposto cretinanemente polo concelleiro Mosquera ante o autismo democrático da corporación toda.

Concentración veciñal n´Os Praceres, contra o paso do tren apoiado por Fraga, Cuíña, Tonecho e Lores, viaxantes na locomotora Mikado, na súa inauguración. A obra foi declarada ilegal por sentencia to TSJ de Madrid, ratificada por outra do Tribunal Supremo do Estado. O Concello non está colaborando na execución da sentencia, que ordea a eliminación dos pasos a nivel tendidos polos colonialistas.


Pontevedra, 24.01.2008

Entrada n. 416 do blog.


Penduramos outro traballo do ano 1999, a raiz de se produci-lo cambio de goberno na política local. Se Pedrosa perdeu daquela as elecciós, básicamente por non se poñer á fronte da manifestación do 5-J, por instrucciós de Rajoy, desta volta a cidade sigue a perder peso, desartellada xa como unha vila administrativa e de servicios.

Pedrosa non soubo vende-lo seu traballo, precipitouse coas reformas, algo no que o Bloque continuo máis alá do recomendable. Hoxe, Pontevedra é unha especie de Gulag, consecuentemente á filosofía estalinista do grupo que nos goberna, incapaz de reconfigurar Pontevedra como urbe, traballando por facela, cada volta, máis aldea. E máis insoportable medioambienalmente. Non son capaces de maxinar Pontevedra como porto de mar e permanecen coa política de agresiós urbanístas, á vila e á ría.


¿QUÉ VAI PASAR AGORA? [19.06.1999],

por Xesús López Fernández


Haberá que ter algo de calma e agarda-lo paso a paso que as circunstancias ordeen. Nadie vai gobernar xa por impulsos, por acordos pouco meditados, en contra da cidadanía. E o alcalde que se vai, hai tempo que tiña perdída-las elecciós e van alá máis de dous anos, --carta á Opinión, 28.01.97- eu mesmo escribía sobre a necesidade de crear en Pontevedra unha candidatura independente, cidadá, que podería denominarse --decía daquela-- “Remigio Hevia Marinas”, en lembranza do tal vez mellor alcalde de tódo-los tempos que tivo a nosa capital. “Con el non tería sido posible o deterioro que se está a producir, a cidade rota que nos ten tocado vivir”. E noutras ocasións, en moitas, teño opinado no sentido de que o PP precisaba en Pontevedra doutro candidato. “¿E non terán que recuperar a Cobián?”, perguntaba, valorando daquela a obra levada a cabo no edificio do antiguo cuartel de San Fernando.

O home, Pedrosa, estará a repensar, barca varada, qué fixo no tema dos ruídos noitaregos, ou na defensa do comercio local que está a morrer como consecuencia da súa política; qué fixo no tema medioambiental, por qué se terá sometido ó chantaxe de PU na construcción do Pabellón prás Construgalias e Ferpalias dos que xa non están aí e que foron un factor máis na súa perda de poder. ¿Quén lle diría que os cidadáns eramos idiotas, que despois das obras levadas a cabo histericamente, íamolo votar masivamente? ¿Política urbanística na Parda? A ver... ¿A Delegación da Facenda a Campolongo a santo de qué, pra deixa-la zona vella máis morta? E moitísimas cousas que están na mente de todos, como a estocada final do señor Rajoy, no mítin central no Gonviz, cando ousou tachar de estafa a manifestación do 5-J. Ese día, o PP talvez perdeu un concellal, cando menos. Insultos a outra parte.


E temos ó Bloque na alcaldía sen grandes méritos. Por culpa de Pedrosa, moitas xentes perderon os medos e pensaron que o voto útil podería se-lo outorgado ó BNG, que en Allariz o está facer ben, que en Poio tamén goberna con sentido, accesible o señor Sobral a tódo-los cidadáns. Non sei se aquí terémo-la mesma sorte. Confiemos en que sí, porque Miguel Anxo Fdez. Lores debe comprender que o voto que recibiron foi un voto maduro, o dunha cidadania cansa de siglas e de cargas ideolóxicas, que quer ve-las súas cousas ben administradas, sen necesidade de pegarlle sobidas ó IBI cada dous por tres, outra das cousas que perderon a Pedrosa. Unha cidadanía que vive día a día o deterioro ambientalista e que votou con voto de castigo.


Haberá tempo de falar sobre esa e outras cuestiós. Pero ocúrreseme que o día 27, domingo, coa 5ª marcha sobre Lourizán, o Bloque –que índa non ten a alcaldía— pode comeza-la súa política de xestos, de credibilidade ambientalista. Ou pode escomezar, incluso, a perde-las eleccións do ano 2003 se non se pon no camiño de compri-las súas promesas de cerre de ELNOSA e de pacto social no traslado de Celulosas. ¿Por qué o BNG non se persoa no sumario aberto contra ENCE por presunto delito ecolóxico continuado?. Son cuestiós nas que terán que dar pasos decididos pra poder abrir Pontevedra ó mar, retoma-lo horizonte no que souperon descobrir novos mundos os nosos mariñeiros: Colón, os Nodales, Sarmiento de Gamboa......Curiosamente, Pedrosa tamén é mariño, pero non lle vai o mar, parece.

miércoles, 23 de enero de 2008

ENCE, ELNOSA, CONTUBERNIO

O complexo clorocelulósico. Téñase presente que a avenida a Marín tamén está asentada en dominio público marítimo terrestre. E que non está na idea do Bloque a súa futura recuperación. Vista aérea do complexo Ence-Elnosa, a morte da ría, fábricas de enfermedades e deterioro medioambiental.
Fotografía do complexo contaminante, dende Lourido.

Pontevedra, 23.01.2008

ENCE I ELNOSA, CONTUBERNIO
por Xesús López Fernández.

Entrada n. 415 do blog. Antes de leé-lo que vai nesta entrada será mellor repasa-lo dito na entrada n. 413 sobre "Ence e os Políticos", ese xogo dialéctico que, fóra do tempo electoral no que estamos metidos e máis alá da pretensión de convencer ós "imbéciles e duros" pra ver se lles dan o seu voto, non ten xustificación de nengún tipo. Todo se volve pura mentira e máis que informar están a desinformaren.

Na entrada citada faise unha alusión a Salvemos Pontevedra, a ONG que sigue adiante coa súa cruzada xudicial, na defensa do Estado de Dereito. E algo terá que decir, máis ben moito, si hai foro que se preste a elo, a dita asociación, que remiteu dúas notas de prensa estos pasados días, en relación con Ence i Elnosa, presuntamente fóra da Lei.

As dúas empresas, ilegales por razón da súa ubicación terían necesidade de autorización de actividade ambiental integrada, algo en principio imposible por circunstancias de nulidade radical a tenor do disposto no Raminp. E a data límite pra ver de camelar ó Concello e á Xunta era o 30.10.2007. (Realmente, ambas Administraciós déixanse camelar ou se benefician da relación coas ditas empresas)

Elnosa recurreu os informes do Concello, que se arrandeou no tema e que non demostrou vontade de volver sobre o asunto, pero como Salvemos Pontevedra estaba presente no procedemento, foille notificado o acordo finalmente producido, razón pola que esa Asociación mantén o seu recurso na vía xudicial. Non quero ser máis claro mentres non dispoña do comunicado de prensa da agrupación ecoloxista.

Pero en relación con Ence algo sí dí a prensa d´hoxe, unha mala nota no Diario de Pontevedra e outra non tan mala en La Voz, que está na edición escrita, pero non na dixital.

Grosso modo, o comunicado, que incluiremos nunha entrada posterior, refírese ó escrito de data 21.1.2008 de Salvemos Pontevedra, "solicitando a desestimación da Autorización Ambiental Integrada á Empresa Ence", apoiada en tres argumentos: 1. "O artículo 21 da Lei 16/2002 establece que o órgano competente terá de dictar resolución nun prazo máximo de 10 meses. Dado que a solicitude foi presentada no ano 2004 ten transcurrido dabondo o tempo máximo establecido polo que, en aplicación da mesma Lei, a solicitude debe entenderse desestimada.";

2. A asociación considera que non é de aplicación ás instalaciós existentes o Réxime da Disposición Transitoria primeira da Lei 16/2002 (PCIC), que sóo se pode aplicar a aquelas instalaciós que cumpran tódo-los requisitos de carácter ambiental esixidos pola normativa sectorial aplicable". Polo tanto afirman que "terase de dictar resolución desestimatoria".

3. Por último e consecuentemente á argumentación do escrito, solicitan a paralización inmediata da actividade do complexo, ó ter transcurrido a data límite (30.10.2007) pra obte-la actuación ambiental integrada, indispensable pra operar.

Eso é o que hai e diríase que os políticos non saben o que teñen que facer. Que o conselleiro de Industria teña falado dunha prórroga é unha de tantas falacias destas xentes que nos gobernan. A prórroga prevea a propia Lei. Seis meses a partir do 30.10.2007 digamos que pra desmantela-la fábrica. Mante-la fábrica activa é estar contra a Lei.

Por outra banda, dentro das noticias d´hoxe, dise que Ence podería recolocar ó 70% da súa plantilla nunha central de biomasa. Eso e a posibilidade de entrar no negocio da enerxía eólica parece se-lo colofón que están deseñando, ó tempo que que traballan os votos, como deciamos antes dos "imbéciles e escuros". Eles, "os féridos e duros", que diría Pondal.

martes, 22 de enero de 2008

POSIBLE NOVA CANDIDATURA [12.02.1999]

Tafisa antes do traslado, co seu parque de madeiras en primeiro plano. Esa era zona de marismas, xunqueira na que entraban as mareas, algo sobre o que non se vai face-la necesaria obra de restauración. Eso que temos un goberno local "ecoloxista". Se o chega ser de verdade, moitos dos nosos males estarían desta volta remediados.

Pontevedra, 22.01.2008

Entrada n. 414 do blog. Recollemos desta volta un traballo do ano 1999, de cando se anunciou unha candidatura cidadá que non chegaría prosperar. Estou convencido de que, daquela, os promotores da mesma ían á política con total sinceridade, coa idea clara de abrir Pontevedra ó mar. Decían incluso que renunciarían se algún partido se comprometía en tal sentido.

Pero non houbo compromisos máis alá das palabras de "agit-prop" que algús saben usar cada vez que estamos en elecciós. Se os problemas de Pontevedra se corresponden coa impudicia dos diversos alcaldes, o problema actual chámase Miguel Fernández Lores, e o seu adlater Mosquera. O tema de Tafisa, que xa non está, podería supór unha maior integración da cidade no río-ría, pero todo quedou, polo que se ve, nunha especie de pelotazo urbanístico.


POSIBLE NOVA CANDIDATURA [12.02.1999] ,
por Xesús López Fernández

Con certas discrepancias de forma e fondo se anuncia unha nova manifestación prá que en principio están a prestaren xa o seu apoio os portavoces de diversos colectivos. Pola contra, os partidos políticos parecen contrariados por estimaren que a convocatoria non é oportuna, o que maliciosamente se relaciona coa súa incapacidade de asumi-los retos que nestos momentos está a vivi-la nosa sociedade: reactivación do comercio, melloras en infraestructuras, a definición clara dun modelo de cidade, a defensa a ultranza do medio ambiente como un dereito humán elemental, algo que se está a demandar dende diversos foros mundo adiante.

Neste momento da película prantéxase o tema do posible traslado de Tafisa como baza política, con indiscutible repercusión urbanística que veremos en qué vai acabar. Ben, por suposto, ó traslado de Tafisa, causa primeira do noso deterioro medioambiental, alá polos mediados cincoenta. Dende aquela o río foi agredido por esa empresa día e noite, mentres os responsables de que tal non acontecera miraban pra outra parte; mentres os barrios da Seca e San Antoniño sofrían as consecuencias das súas emisiós atmosféricas. Que Tafisa monte nova fábrica en outro entorno, con tecnoloxía punta, e con vertido cero. E coidado, moito coidado, co tema da polución atmosférica. Se a xogada política vai por aí, ben vida sexa.

No eido das candidaturas hai que salienta-lo anuncio dos que se definen como independentes, co norte de promove-lo traslado do complexo de Lourizán, sobre o que os partidos constituídos non se teñen pronunciado aínda con total claridade. A devandita candidatura, promovida polos doutores Pérez Olmedo e Varela Freijeiro, dí que hai que abrir Pontevedra ó mar. Estamos dacordo en que hai que definir uns obxectivos ambientalistas inmediatos, porque xa pasou o tempo das moratorias dende aquelas promesas do ano 1989 (Antolín Sánchez Presedo, Manuel Fraga Iribarne) e non podemos seguir por máis tempo vivindo unha situación de total deterioro ambiental e de ameaza á saúde pública.

Agora que se anuncia o saneamento integral da ría de Vigo, debemos lembrar que, en teoría, xa se levou a cabo o da ría de Pontevedra, coa salvedade de que non houbo saneamento e de que nestos momentos incluso se están a cuestiona-las bandeiras de color azul que, nalgún tempo, durante varios anos, funcionaron como pancarta. A candidatura independente pode ter, sí, un certo apoio electoral. Pero acontece que estamos nunha sociedade que xa anteriormente foi engañada, burlada, por outras candidaturas independentes e, neste momento, somos moitos os escépticos. Deberemos, pois, escoitar con toda a atención o discurso do novo grupo que, en principio, semella ter unha intención altruísta, cando falan de promove-lo debate ambientalista. E din que se retirarían se algún grupo ofrece as debidas garantías de que vai asumi-la responsabilidade de recupera-lo mar. Dito así, de forma breve. Haberá que oílos e ver se os demáis ousan dar ó seu discurso a dimensión proposta, porque o problema de Pontevedra, como non se encarou a súa solución, veu tomando o nome dos seus diversos alcaldes. A ver se os novos independentes son capaces de promove-la necesaria salvación. Xente nova. Mar aberto.

ENCE E OS POLÍTICOS [22.01.2008]

O Brado, de Münch, noutra versión con fondo máis boreal, a ría, máis ou menos, zona C total polo incumprimento dos políticos cos seus deberes. O esteiro de Pontevedra, cada día que pasa, parécese máis ó retrato de Münch.
O Brado, de Edvard Münch, xa reiterado neste blog, desta volta coa compaña doutra das versiós do pintor. Podemos maxinar que a pasarela de Ana Pastor xa está complementada coa que queren facer Lores e Mosquera. O persoaxe do primeiro plano fuxe d´algo horrendo. Os outros poden estar a falaren do pelotazo urbanístico no que queren converti-las marismas de Lourizán.

A pasarela que no seu día posibilitou Ana Pastor continuaríase coa que o Bloque está a propoñer ata As Corbaceiras. En Ecoloxía, "¡O Bloque, o PP, a mesma cousa é!". E o PSOE, sen color.


ENCE E OS POLÍTICOS,
por Xesús López Fernández

Pontevedra, 22.01.2008

Entrada n 413 do blog.

Aínda onte introducimos algún comentario sobre o debate que, sobre Ence, se traen os políticos e a empresa. E a prensa d´hoxe volve sobre o asunto. Babosadas que se lle ocurren ós que carecen de argumentos e de política ecoloxista, porque estamos en campaña. Quérenos adormecer os que militan na "mellor profesión do mundo" e pensan que ese feito os capacita pra no-las colar como queren.

Se hoxe volve o conselleiro de Medio Ambiente decir que existen conversas fluídas, que todo o mundo o sabe "porque é unha verdade a voces", o que todo o mundo sabe é que, dende o 2005 non se adiantou sustancialmente no asunto. E un dubida que existan, incluso, conversas intelixentes ó respecto. ¿Gobernan ou non gobernan?. ¿Teñen ou non teñen en conta as leis e os posicionamentos da Xusticia en relación coa súa posible aplicación?

Antes de seguir introduzo aquí unha pequena nota: a dunha entrevista feita a Gabriel Albiac en La Razón do pasado Domingo 20, en relación cun libro que acaba de editar, "Contra la Política". O home dí que hai que votar, fundamentalmente, pra nos liberar dos peligros da clase gobernante, na que neste momento teñen protagonismo persoas que carecen da debida formación. Albiac chega decir que, nun páis como Francia, tanto Zapatero como Pepiño Blanco non pasarían, seguramente, de bedeles nalgunha dependencia provincial. O home fala de máis cousas, como de que en Francia tiveron unha relativa sorte porque Charles de Gaulle, Georges Pompidou, incluso o sórdido Mitterrand, foron homes cultos. No xogo de palabras que implica a declaración enteira, da comparación que fai do caso francés e o español é polo que ousa decir o que queda transcripto no parágrafo anterior.

Pero eu quería chegar a outra cousa, oída onte pola Cope, cando viaxaba a Vilagarcía: as palabras o "padioleiro" Quintana, vicepresidente de "Galiza", emprazando a Rajoy pra que asuman no seu programa a fin de Ence na ría de Pontevedra. ¿Pero é que o Bloque leva éso no seu programa? ¿É que Quintana e Touriño, os homes que prometeron acabar coa factoría, non gobernan? ¿Pra que coño levaron no seu programa a solución do problema cando realmente son impotentes pra demanda-lo cerre de Ence i Elnosa, pra lle pasaren á Xusticia a pataca quente da nulidade radical das ditas empresas?

Son uns inútiles que sabe Deus o que realmente están a pactaren. Porque hoxe, sí, falan dun coste de 600 millós de euros pró traslado da factoría. E da rexeneración das marismas que tería que asumi-la empresa, ¿non falan?. ¡Aí si que lles doe! Porque o Bloque xa propuxo, en certa ocasión e como teño comentado no meu traballo "¡Claro que había trama!", o traslado de Ence a Barro-Meis. I esos fenómenos apuntaban como solución pró fornecemento de auga o encoro de Pontillón do Castro. Verterían, según o conselleiro de Industria, á ría de Pontevedra, pero con outras medidas. ¡Claro!. E a financiación pró cerre adiantado agromaría da conversión do que hoxe é dominio público marítimo terrestre en solar. ¡Ese é o ecoloxismo d´O Bloque, o ecoloxismo de Quintana!

Tamén na Cope de onte, no tempo da tertulia de César Vidal, o home citou o caso de Atenas, o traballo cotián da Xusticia. En tempos de Aristófanes, ós atenientes fóralles persentado un novo mapa da cidade. Pero a sociedade ateniense non quedou conforme, porque no mapa non se veía a Xusticia, o laborar diario da mesma. Naturalmente, César Vidal se refería á ausencia de valor na Xusticia do noso país, á súa neutralización, a que os políticos non-a contemplan como asignatura maior.

O mesmo acontece en Galicia, que si funcionase, Ence, Elnosa, Holcym, e a propia EDAR d´Os Praceres, non estarían xa aí. Esquece Quintana que algunha das administraciós controladas polo seu grupo son presuntas delincuentes, por acción --EDAR-- ou omisión --Ence, Elnosa, Holcym--, xa por caducidade da concesión, xa porque nunca a tiveron.

Eso sábeo ben Salvemos Pontevedra, que está presente nos procedementos contra Ence i Elnosa, pero resulta extraño que o seu comunicado ós medios do día d´onte, non foi aínda publicado nos medios comús, o que revela que existe un claro enredo antre os partidos e o lobby clorocelulósico, etc. A ver se mañán sabemos algo máis.

lunes, 21 de enero de 2008

O TEMA ENCE, DE NOVO [21.01.2008]

Camiño de Santiago polas estrelas, que hoxe reitero como pequena dedicatoria a Celestino Lores Rosal, que tamén sabe de Ecoloxía máis alá das directrices do seu partido. Dibuxo de Xesús López.

Ence é como un Prestige varado na ría. Pero aquí non hai outros voluntarios que as xentes de Salvemos Pontevedra, coa súa loita xudicial, percatadas da impotencia política pra acabare co Gulag medioambiental no que convertiron o noso esteiro. Dibuxo de Xesús López.

"Icono" da contaminación da ría, en gran parte de Ence. Dibuxo do autor, xa reiterado no blog.


Pontevedra, 21.01.2008

ENCE ENTRA EN CAMPAÑA

Entrada n. 412 do blog. Volven os políticos falar de ENCE, porque entran en campaña. E non teñen outra mensaxe ambientalista que a de promete-la marcha da empresa nos próximos cinco anos, pró que din estaren a estudia-la correspondente financiación. En definitiva, carecen de mensaxe e as promesas de Touriño no 2005, no Galicia Palace, vanse configurando como unha mentira máis. Como estas dagora, nas que non casan as súas promesas có que están a deciren os portavoces da fábrica.

A información e contrainformación Xunta-Ence cambian cada novo día. E inda onte publicaban os medios a noticia de que a empresa di que non existe negociación coa Xunta e prometía ós traballadores que non se marcharían antes do 2018. Como no panorama político e nos Tribunales de Xusticia non se aprecia a existencia dunha certa sensibilidade ecoloxista, nada poden mostra-los diversos partidos como aval certo. Son todos uns insolventes, máxime cando están a falaren de lle reconoce-la calificación de AAI, actividade ambiental integrada, á empresa. ¡Luros!..

Pero o certo é que Ence, si houbese un valor mínimo por parte do goberno municipal, estaría fóra da nosa xeografía e coas marismas de Lourizán restauradas ó seu cargo, porque así ten que ser no momento no que perda a concesión, que estaría perdida xa se a Xusticia entrase a valora-lo feito de que, cando foi privatizada a empresa, non se produceu a transmisión da concesión.

Lembremos aquí tamén que a ditosa sentencia de "delito ecolóxico continuado", que debería traducirse no cerre da empresa, na medida na que foi limitada a cinco ou seis directivos, representou un aval prá factoría, un pacto de permanencia. Ésa é a gran traición do Bloque, ó que non lle faltan ideas pra consolida-la ocupación das marismas de Lourizán e que parecen estar a deseña-lo futuro gran pelotazo urbanístico pró dito espacio, coa deixadeza que están faceren da Axenda21Local e a promoción de obras de infraestructura como a nudo de Mollabao, a ponte das Correntes, e tamén a dos salós de Monteporreiro, sobre o Lérez. Se recomenda aquí a lectura do traballo do autor "¡Claro que había trama!" que poden atopar en internet, neste blog, no Xornal.com, en iberica2000.org, e na hemeroteca do Diario de Pontevedra.
Aínda está recente a entrega dos premios Cidade de Pontevedra. Coido de xusticia que, en individuales, llo deran "in voce" a Celestino Lores, que foi concellal, que levou Cultura, que laborou a prol do Camiño de Santiago. Pero debo ter en conta que Vicente García Legísima, proposto polo Grupo Revira, renunciou ó premio, algo que lle honra, porque realmente estaba pensada a súa candidatura pra premia-la política ecoloxista do Bloque, que nunca existeu, como están a demostraren co seu PXOM.

PATRIMONIO PROVINCIAL LESIONADO [21.1.2008]

A vella praza da Verdura, arrasada polo Bloque. Aprecien os vellos bancos. Era un entorno pra rehabilitar, non pra convertilo en praza roxa prá bullanga dos de fóra; pra castigo dos residentes, cada vez menos. O largo no que convertiron a praza da Verdura, que parchearon con árbores pola protesta veciñal, 1188 residentes que xa non votan ó Bloque, e que acaban de doutar de novos bancos que nada teñen que ver cos vellos bancos de pedra da praza orixinal, que se aprecian na foto anterior. Fotografía de Xesús López.

16.01.2008. Data da fotografía do autor, que capta o "progreso" talibán a arrasa-lo espacio, desprazando a balaustrada aínda non se sabe ben cómo. Sempre falaron de mellora-la accesibilidade. Sobre todo prós vándalos do monopatín, sabémo-los residentes. ¿Pra cándo un circuíto de "skatersboarders" na zona vella?. Aínda que, presumiblemente, non lle guste á conselleira Bugallo. Ai! Lembremos que as obras duran xa máis de 16 meses. E van quedar mal. Seguro.

Pontevedra, 21.01.2008

PATRIMONIO PROVINCIAL LESIONADO

Entrada n. 411 do blog. É noticia da prensa d´hoxe. Aparece no Faro de Vigo, en relación coas 91 multas que dictou Cultura da Xunta por lesiós producidas en pazos, castros, dólmenes, petroglifos, igrexas. A cifra das sanciós triplica as 28 do ano 2006.

Son case sempre arrasos producidos por particulares, como construcciós feitas en montes catalogados como castros, roubo de cruceiros, grafitis en dólmenes, atentados que normalmente quedan impunes. A consellería, rexida polo Bloque, proclama a tolerancia cero. Paréceme ben. ¿Pero qué vai face-la consellería en relación coa proiectada construcción da nova ponte nos salós de Monteporreiro, pra conectar Lérez con Montecelo a través de Monteporreiro, cando o dito espacio ten a protección máxima e non se lle pode tocar?.

Esa agresión ten sido alegada por diversos cidadáns, pero nada fai prever que as mesmas vaian ser consideradas, máximo tendo en conta que en Pontevedra mandan os estalinistas e a democracia desapareceu do concello o día no que eles tomaron o poder. ¿Por qué Cultura do Bloque non entra dos destrozos do patrimonio local, dos que serían responsables eles mesmos? Dá vergonza ver cómo andan aínda a voltas coas obras do Museo, ás que nos temos referido máis dunha vez neste blog. E hoxe incluiremos de novo fotografías do destrozo da rúa Padre Luís e da miña praza da Verdura, a vista do "antes", a praza máis fermosa de Galicia, e a do "despois", a obra borde dos conmilitós da señora Bugallo. Con eso non se mete porque lle falta sentido autocrítico, como tamén coas obras de monte Gaiás, que non deixará de te-lo valor de mausoleo fraguián.