domingo, 31 de agosto de 2008

ACUICULTURA E ILLAS ATLÁNTICAS

Touriño [con Pachi Vázquez], na súa primeira visita a Sálvora, da que dixo procurarían face-la "xoia da coroa" do parque das Illas Atlánticas.
Marismas de Lourizán cercadas pola autovía, antes de seren instaladas Celulosas, Elnosa, e outros disparates que siguen disfrutando do espacio. Se o da pretensión de comprar Tambo non pasa de farol; se realmente queren integra-la illa no Parque das Illas Atlánticas, habería que actuar drásticamente sobre as marismas prá súa rexeneración. Pero nengún dos partidos parece disposto a facelo porque aínda non viven en estado de "uso de razón ecoloxista".

Pontevedra, 1.09.2008

Entrada n. 585

Artículo semanal remitido a diversos medios.

Acuicultura e Illas Atlánticas [1.09.2008],
por Xesús López Fernández

Vivir na beira do mar, vivir do mar, irmanado coas ondas ou coa area da baixamar na práctica dalgún dos oficios que o mar nos brinda, representa o exercicio dunha vocación conservacionista, a participación na mesma filosofía da que fan gala algús pobos primitivos celadores da sustentabilidade. Que como consecuencia do afundimento do Prestige [accidente ou o que teña sido, que non quedou claro] se teña confirmado o Fisterre galego como enorme vasureiro, especie de lagoa Estixia, puido ter acabado coa esperanza de moitas xentes, marca-la ruína de non poucas familias, talvez cambia-la vocación atlántica da nosa sociedade. Aquela ameaza parece que pasou, pero outras están aí, planificadas presuntamente polo Clúster internacional da Acuicultura. Este país precisa estar disposto ós esforzos necesarios pra recupera-lo mar, pra loitar novamente contra o chapapote se preciso fora. Coas mans ou coa axuda de voluntarios dispostos a renova-la esperanza nun mar rexenerado.

Hai sete días falabamos da falta de credibilidade que en materia ecolóxica teñen os distintos gobernos, Central e autonómicos, e da necesidade de que o Ecoloxismo, crítico co sistema, siga exercendo en clave alternativa. Citabamos a Joaquín Araújo ó tempo que nos apoiabamos en varias das súas afirmaciós “porque os temas da natureza, en tóda-las súas variantes, apenas teñen cabida no noso sistema político”. A semáa trouxo, sen embargo, un par de novedades: A primeira, a da aprobación do Plan de Acuicultura, no que parecen existir máis sombras que luces; a segunda mostraba a un Touriño pletórico, de visita na illa de Sálvora, integrada no Parque das Illas Atlánticas, actualmente de titularidade pública. O presidente dixo tamén que aposta por convertir en públicos outros espacios, antre os que estaría a illa de Tambo, coa pretensión de integrala no citado Parque das Illas Atlánticas. Parece difícil polo contorno contaminado, coa presencia en Lourizán de Ence i Elnosa e da propia Edar, presuntamente ilegal. Aí ten Touriño un difícil sudoku, porque a Administración pode liberar Lourizán, sí, pero é difícil cando certas obras, xa en marcha ou anunciadas, parecen pensadas pra consolida-la súa ocupación..

O anuncio do Plan Acuícola parece absurdo se a Xunta ten informes adversos de Política Territorial. As agrupaciós ecoloxistas, que no seu día denunciaron xudicialmene o de López Veiga, fixeron xa unha serie de declaraciós en contra das actuaciós previstas que ocuparían espacios da Rede Natura, aínda que o Goberno o negue; que irían en contra da propia normativa do Plan Litoral que o goberno anuncia. ¿Qué aconteceu con Cabo Vilán, materialmente quebrado? ¿Ou en Mougás, onde queren legaliza-lo alí feito de forma presuntamente ilegal? ¿Insiste o Goberno bipartito en autoriza-la granxa de Acuinor en Foxo Longo, Rinlo, cando a esa empresa non lle deron licencia en Asturias, en Valdés i en Castropol por máis señas? ¡Si ata o PP pide a retirada do Plan, tamén cuestionado polo sector máis directamente implicado!. Cando menos piden a supresión da ampliación da granxa de Merexo, en Muxía, tamén denunciada polos ecoloxistas..

O PP pide valentía ó BNG, que está actuando cunha certa indeterminación, porque antre ambas forzas poderían tumba-lo Plan de Carmen Gallego e chegar a algún tipo de consenso. Poderiamos entrar no tema máis a fondo porque se esquece que o Plan López Veiga, que sigue en vigor, está xudicializado. O de Carmen Gallego parece tamén dictado polo Clúster internacional da Acuicultura. A súa posta en marcha significaría a ocupación de case tres millós de metros cuadrados e un arraso certo do litoral [do que falou Touriño ó tempo que das Illas Atlánticas] e de espacios da Rede Natura. É que non se quere apostar pola rexeneración do noso mar. Extraña coincidencia a das dúas novas, unha en clave positiva; a outra unha seria ameaza pró noso medio ambiente natural. Cuestión de márketing.

sábado, 30 de agosto de 2008

GEORGE STEINER E O GALEGO

Fotografía feita por Jordi Adriá pra ilustración da entrevista de Juan Cano a George Steiner, na súa casa de Cambridge, o 26.01.2003, pra El Semanal. Recoméndase a lectura da entrevista completa, cuio enlace relacionamos á dereita do blog. Reproducimos aquí o prólogo da dita entrevista, a continuación:

ENTREVISTA A GEORGE STEINER,
por Juan Cano.

Nació en París en 1929, en una familia de judíos vieneses. Su formación trilingüe -sus idiomas maternos son el inglés, el alemán y el francés-, la educación recibida de su padre. un destacado banquero amante de la música y las artes, su paso por la Universidad de Chicago en los años 40 y su propio sentido del judaísmo marcan toda su obra, consagrada en buena parte a analizar la situación del hombre culto ante la barbarie de la sociedad contemporánea. Humanista, crítico literario además de lingüista, profesor de literatura comparada, es autor de una decena de libros fundamentales para comprender el mundo en que vivimos y el mundo en que pensamos y escribimos: Antígonas, Nostalgia del absoluto, Después de Babel, Errata...

Nos recibe en su casa, un edificio victoriano ubicado en una bella zona residencial en las afueras de la vieja ciudad universitaria. Desde su cuarto de trabajo, inundado de libros en un aparente pero estudiado desorden, se vislumbra el verde de la campiña inglesa repleta de árboles centenarios que parecen proteger el silencioso y cuidado jardín. Lugar idóneo para la reflexión, la lectura y el deleite de la música, una de sus grandes pasiones.


[Ver entrevista no enlace]
Pontevedra, 30.08.2008
Entrada n. 584 do blog


GEORGE STEINER E O GALEGO,
por Xesús López Fernández

No periódico El País foi publicada unha entrevista a Steiner, na que o home cuestionou a vivencia do galego. Esa entrevista fíxolla o editor canario Juan Cruz, que tivo que demandar disculpas dos foros que en Galicia se pronunciaron en contra do declarado polo gran lingüista, tiradas de contexto algunhas das súas afirmaciós.

Non vou entrar no por el dito, porque sei que Steiner é un gran defensor das linguas, incluso das linguas minoritarias, que poden ser fermosas aínda contando con poucos falantes ou estando a punto de se esvair por pura involución.

Que algunha escritora teña definido como "esvarón" de George Steiner o por el dito: que si nós tamén temos unha literatura que arrancou con Afonso X; que si a obra de Rosalía de Castro ou a de Curros, ou [tamén cita] Eduardo Blanco Amor, coa Esmorga, etc....

Coido que non se entra no cerne da cuestión. O que se queira informar pode recurrir ós textos de Steiner, pero en "Después de Babel", onde o sabio fala das linguas minoritarias, que non por eso deixan de seren fermosas, tamén o fai do idioma das tribus estalinistas. I ésa é a cuestión: que hoxe queren darlle rango de lingua non ó galego de Rosalía ou Curros, ou Cunqueiro ou Fole, senón ó galegués da deriva lusa, ás normas estalinistas que hoxe priman como oficiales.

Ó mellor resulta que Steiner pode saber algo do drama de extinción que aquí estamos a sofrir os que aínda queremos salvar algo do galego recibido coa oralidade. Que conste.

viernes, 29 de agosto de 2008

AS CÍES, Á REVISTA DO NATIONAL GEOGRAPHIC

O equipo do Nat. Geographic filma ante a illa d´Ons. [Faro de Vigo, Eugenio Rouco.]

Pontevedra, 29.08.2008

Entrada n. 583 do blog

National Geographic Society leva as Illas Cíes tamén á súa revista. [Información do Faro de Vigo]

Tal como se comentaba hai escasos días [entrada n.579 do blog], a productora comezou a rodaxe dun documental. As illas Cíes son motivo de atracción internacional, daí que o National Geographic Channel teña adoutado a decisión de realiza-lo documental en relación co cambio climático no Parque das Illas Atlánticas.


Patrick Lynch, periodista da publicación británica, púxose esta semáa en contacto con persoal de Turismo Rías Baixas, pra solicitare información. A súa intención é a de visita-lás illas do Parque, estudia-lo seu entorno natural e ilustralo despois na sección "Travellers" da popular revista.

Se Rodas, nas Cíes, foi calificada recentemente polo semanario The Guardian como a mellor praia do mundo, o productor executivo do documental sinalou hai uns días que Cíes é un paraíso.

Sen está que se fagan estas cousas por diversos motivos. Galicia pode ser así máis conocida no mundo e polos propios galegos. Pero sobre todo, nun país como o noso que carece de verdadeira política medioambiental é bo que quede esa información como acta notarial. E actas notariales deberían levantarse, debidamente documentadas, de todo o que ten a consideración de Rede Natura, que é seguro vai sair mal parada do Plan acuícola de Touriño ou de López Veiga. Tanto ten. Porque a sensación de impotencia que percibimos dende algús sectores é clara cando vemos que Galicia está desaparecendo, que a están a convertire noutra cousa. Dinamitaron o rural; dinamitaron moitas zonas do litoral; agora preparan un arraso brutal, de aproximadamente 3000000 mts2.. E xa volvimos sobre o tema da acuicultura.

PLAN ACUÍCOLA


Pontevedra, 29.08.2008

Entrada n. 582 do blog

MAPA DO PLAN ACUÍCOLA,
por Xesús López Fernández

Fai cousa de catro días parecía cantado o adianto electoral. O PP fixo un par de movementos: un en relación co idioma galego, do que non me pareceron acertáda-las declaraciós do novo responsable da área; outro movemento foi o do anuncio da recuperación do Plan de López Veiga de Acuicultura.

Que a Xunta, despois de se esquecer do novo plan, que non é nada máis que o de López Veiga modificado, fixera agora o anuncio non parece nada máis que cuestión de oportunismo político, sen que se resolveran os miles de alegaciós presentadas en relación coas previstas actuaciós. E outras que están xudicializadas.

Desgraciadamente, non parece que os políticos, da color que sexan, pinten nada neste asunto, no que están, simplemente, a acata-lo dictado do Clúster Internacional da Acuicultura.

Dí Touriño que o novo plan non vai afectar á Rede Natura, o que é mentira. Os seus socios do BNG din que sí, pero esos socios, no seu día, apoiaban a granxa de Rinlo, dun Álvarez-Cascos, ó que lle foran denegadas licencias, por tres veces, en Asturias. Se mal non recordo en Castropol e dúas veces no concello de Valdés.

En fin, sobre este tema haberá que volver ampliamente.

martes, 26 de agosto de 2008

A AUGA FERIDA [8.03.2003]

Creación informática do autor sobre a loita dos voluntarios contra o chapapote [ou galipote] do Prestige.

Pontevedra, 27.08.2008

Entrada n. 581 do blog

Volvo coa recuperación de traballos vellos, desta volta do ano 2003. O que sigue conserva unha certa actualidade. Tafisa xa non está, xa non verte a súa enxurrada mourada. A presión urbanística sobre o río vai continuar porque seguimos coa falta de conciencia ecolóxica por parte dos nosos gobernantes. Decir, si acaso, que hoxe é o concello, xunto con Ence, o principal contaminante da ría.

A auga ferida [8.03.2003],
por Xesús López Fernández


Parece que o mar, antre o Prestige e Galicia, sigue a mostrar novas feridas, novos regueiros de fuel de ata tres kilómetros de longo por dez metros de ancho nun dos casos. E a consellería de Pesca avisa doutros menores e de irisaciós, regueiros e manchas de diverso tamaño e consistencia, vistos tamén na zona do afundimento do buque. A ameaza mantén a súa danza na costa cantábrica, sobre Asturias, Cantabria e mái-lo País Vasco. Martín Villa confía en que Repsol chegue concretar un plan de extracción do fuel que queda no Prestige, do que non sabémo-la última verdade. En fín, que aínda quedan sombras sobre o futuro inmediato que nos agarda, o que non exclúe que a Terra volva ser víctima de novos accidentes [ou de novas guerras] con orixe na megalomanía de gobernantes e mercaderes. ¡Como se as augas oceánicas non tivesen dabondo coas miserias que lle tributan os ríos profanados!

Quero decir que todo anda mal cando non temos aprendido que a auga estaba no comezo da vida e que sigue a ser necesaria prá vida mesma. Pero a súa xestión [asignatura elemental] é desafortunada en moitísimos casos e seguimos sen soluciós definitivas, se ben hai xa literatura chea de boas intenciós e políticas que tentan promocionare a reciclaxe, a sustentatibilidade, ou unha cultura útil da auga, unha cultura ecolóxica. Xa non se pode consenti-lo privilexio do seu uso, nalgús casos outorgado a ricos ou a certas empresas de forma gratuíta, que logo devolven contaminada, ferida. A auga debe se-lo ben público que Ricardo Petrella concreta no seu libro “O manifesto da auga”, en parte e a modo de resume: 1. Acceso básico á auga pra tódo-los seres humáns e tóda-las comunidades humáas (un dereito político, económico e social inalienable, individual e colectivo ó mesmo tempo); 2. Xestión sostible e integrada da auga d´acordo cos principios de solidaridade (deber de responsabilidade individual e colectiva con outras comunidades humáas e coa poboación do mundo, coas xeneraciós futuras e co ecosistema Terra; principio do reparto e conservación/protección da auga).

O tema non cabe neste traballo. E a decir verdade, pensando no entorno inmediato dun río Lérez enfermo ou dunha ría seriamente ameazada ou, pensando na globalidade, nun mar Aral que se seca ou nun río Colorado que chega á desembocadura case sen auga, motivoume a escribir este artículo a noticia aínda non concretada de que parece que Tafisa se vai, porque con esa empresa comezou o escándalo do deterioro do noso medio acuático. Foi daquela [primeiros 50] cando o río Lérez e o seu fondo comezaron a tinguírense de color añil funeral e aquí non houbo nada máis que parabéns prá súa imprantación que agora parece --¿?— toca á súa fin, que xa están a buscaren solar na bisbarra prá anunciada pranta de “flooring”. Pero avisan da oposición, ¡menos mal!, dunha clara connotación electoralista e que, ademáis da recalificación urbanística do chan, a fábrica podería ubicarse no mesmo espacio, sobre 20.000 metros cadrados.

É decir, que parece que tódo-los grupos están pola construcción de máis e máis vivendas na proximidade do río porque a todos eles lles falta un verdadeiro fervor –de ferver— ecoloxista, que non aprenderon aínda a lección sabida por moitas cidades do mundo de que “a limitación da urbanización nas proximidades [.....] non só preserva a calidade das augas senon que evita as inundaciós e proporciona un vincallo coa natureza...”. A liberación do solar de Tafisa podería significa-lo comezo dun traballo serio no terreo medioambiental, algo que deberían ter presente os distintos grupos políticos, como tamén o seu compromiso moral pra evitaren outras aventuras de carácter industrial de vertedeiro nun medio sensible como é a nosa ría. Como cidadán, coido que ata o d´agora non se ten traballado honestamente na dirección dun verdadeiro saneamento, que todo o que se leva feito é máis un traballo de vendaxe [nos ollos tamén] e canalización pra que as feridas non se noten, pra que a nosa civilización urbanoindustrial supure baixo a superficie da ría.

lunes, 25 de agosto de 2008

POSIBLE ADIANTO ELECTORAL

Pontevedra, 25.08.2008

Entrada n. 580 do blog

POSIBLE ADIANTO ELECTORAL,
por Xesús López Fernández

A noticia ven nos medios d´hoxe. La Voz de Galcia afirma que o adianto obrigaría a prorrogare os Presupostos e a conxelare as inversiós.

O que parece claro é que a convocatoria non se pode prantexar en términos matemáticos. ¿Qué máis lle convén ó PSOE? ¿Cántas romerías de vellos deberá organizar Quintana pra conseguire o efecto Fraga, tal como denunciaba o PSGdeG hai poucos días?. ¿Terá forza e capacidade Alberto Núñez Feijóo pra ilusionar a un público que antes sí conectaba coas xentes integradas no gremio "da boina" máis que cos do "birrete"?.

A ver quén dos tres partidos ofrece unha mensaxe máis convincente e se compromete na salvagarda do Estado de Dereito, actualmente quebrado. ¿Quén se vai afirmar na defensa das leis e da independencia xudicial?
. A sociedade sabe que moitos políticos en activo terían que ser golsados, vomitados dos respectivos organigramas. Podería [repárese no condicional] darse o caso de que algún presunto [aclarando] prevaricador fose premiado, promocionado a cargo superior, polo exercicio das súas presuntas [repárese no de presuntas] corruptelas.

De todas formas, a noticia deixa un certo espacio pró humor, que Leandro aproveita en La Voz de Galicia co dibuxo que incluímos e que mostra a un "siniestro" Núñez Feijóo rectificando o recado deixado na "porta" da Xunta. Vale máis o chiste que a nova do diario.

domingo, 24 de agosto de 2008

SOBRE CONCIENCIA [POLÍTICA] ECOLÓXICA [25.08.2008]

Solpor nunha carballeira, en Pontecaldelas, o Outono xa comezado. Novembro do 2007. Foto do autor do artículo.

Pontevedra, 25.08.2008

Entrada n. 579 do blog.

Traballo semanal remitido a diversos medios.

Sobre conciencia [política] ecolóxica [25.08.2008],
por Xesús López Fernández

Aínda este pasado sábado reparei nun par de carballos que xa mostraban a chegada da outonada, como se o verán atípico que nos tocou vivir estivese xa medio rendido. Estas árbores, coa color cambiante da súa follaxe, cando fan bosco, cambian os rexistros da nosa paisaxe e, coa caída das follas e a súa degradación, coa caída tamén das landras, preparan un chan que se enche de vida, un ecosistema rico en invertebrados de moitas familias que van colaborar na formación do humus ó longo do inverno. Pero a cousa non é tan simple e outros animaliños: paxaros, esquíos, incluso porcos, deben formar parte do ecosistema global do carballo, que ó longo da súa vida vai ser parasitado por outras prantas: musgo, fentos; tamén o visgo pode darlle un certo porte de árbore sagrada. E cando co tempo entra no seu declive, en función do bicherío que nel busca acobillo ou mantenza, os naturistas poden estima-lo tempo que llesqueda de vida. Pero ésta sigue e outras árbores irán xa medradas cando tal aconteza. Malo se o home non aposta pola conservación do bosco vivo.

Como estamos en tempo preelectoral e os diversos partidos van vir con novas promesas de que esta vez sí van xogar forte polo medio ambiente, quero facer unha serie de consideraciós, recoller mais ben algunhas das opiniós dun universalmente conocido ambientalista, Joaquín Araújo, escéptico en relación coas políticas aquí practicadas, causa principal das súas dimisiós de numersos cargos, según el explica nunha web, por non compromete-la súa conciencia. Pero o seu ecoloxismo ven da primeira edade, que xa ós dez anos anotaba en blocs apuntes tomados da natureza. A súa vocación estaba definida, apoiada ademáis en longas estancias no campo. Esos son os alicerces do seu inxente traballo na transmisión de conocementos e iniciativas en relación co medio ambiente e a natureza. Películas, series de televisión, máis de sesenta libros, director de revistas, fundador de boscos, editor, fotógrafo, operador de vídeo, ten colaborado tamén con Félix Rodríguez de la Fuente, e sido en moitos casos o principal nexo de unión antre os españoles e o seu entorno.

Di Araújo que o pensamento ecolóxico é unha crítica ó sistema, claramente alternativo, e prantexa cuestiós moi desafiantes, incluso cambios de actitude psicolóxicas no modelo económico; que tamén é unha demanda de novedades certas no tapiz da historia, polo que queda claro que incita á rebelión contra o establecido. Define a España como país tépedo nese sentido, polo que os temas da natureza en tódo-las súas variantes apenas teñen cabida no noso sistema político. Distinto é o caso de Francia, con 4 ou 5 veces máis interese que o noso país; ou en Alemania, 10 ou 12 veces máis; que a decisión de practicar unha política ecoloxista en Inglaterra supera en vinte veces á das nosas autoridades, porque aquí falta xenerosidade á hora de mira-lo mundo que nos circunda de xeito máis humán, amable, próximo. Parece que non quixeramos entende-la natureza. Nen facer películas e producción cultural relacionada con ela como un xénero destinado non só ás minorías.

Sigue decindo Araújo: “Teño a sorte de vivir nun lugar pouco habitado, no que se encharcan os ollos esculcando a paisaxe na que podes oí-los concertos dos paxaros sen contaminación acústica…e si todo eso ocurre coa mellor luz do solpor […], daquela non hai nada mellor no mundo”. Insiste en que non hai coherencia política á hora de trata-lo tema do medio ambiente nos programas das elecciós; que a mitade das cousas que fan os departamentos de Ecoloxía das administraciós [dinamitado o Ministerio] van contra a natureza, que mesmo as consellerías de Medio Ambiente pensan máis na construcción de estradas que en traballar na conservación paisaxística e da biodiversidade. I eso dá que pensar. Sabémolo ben. E prós nosos gobernantes parece cincelada a frase de que a natureza, que quere dar paso ó Outono, debe ser garantía de suministros básicos; nunca arrasada.

viernes, 22 de agosto de 2008

ACCIDENTE PELIGROSO.

Accidente dunha cisterna con hipoclorito sódico que volcou este serán no acceso á Autopista A-9, procedente de Elnosa. Trátase dun accidente reiterado. Resultou con queimaduras nun pé o conductor da cabeza tractora.

Pontevedra, 22.08.2008
Entrada n. 578 do blog


ACCIDENTE PELIGROSO,
por Xesús López Fernández

A edición dixital de La Voz de Galicia comunica como noticia o accidente ocurrido este serán no acceso á autopista A-9 dende a autovía de Marín. Verteu lexivia, según informan fontes dos bombeiros. O accidente produceuse ás 17,11 horas, no kilómetro 2 da PO-11. Accidentes similares e nese mesmo espacio prodúcense con reiterada frecuencia, un dos peligros ós que nos ten afeitos a factoría Elnosa, situada nas Marismas de Lourizán e cuio cerre está demandando ante os tribunales por Salvemos Pontevedra, ante a inoperancia dun Concello que presumía de ecoloxista.

Falta aínda o salto cualitativo, o escape de cloro masivo, o que poría en peligro a toda a poboación do entorno e pró que non existe un plan de emerxencia certo. Avisaríanos con sirenas, pero nada máis. Aínda non se atreveron cun suposto táctico aínda que o levan anunciado dende hai anos.

Si esto fose realmente un Estado de Dereito, tanto Elnosa como Ence, como tamén Holcim e mai-la depuradora, hai tempo que terían desaparecido de Lourizán. É máis, cun goberno realmente democrático, estariamos xa ilusionados cos traballos de recuperación das Marismas de Lourizán.
Pero resulta que a democracia está ausente no goberno local, na Xunta e no Goberno Central, que sí dinamitan monolitos en memoria de Franco, como o das Cíes, pero esquecen que aquel réxime autoritario, o denega-lo permiso pró PXOM pontevedrés do 1970, decía no 1973 [o Ministerio de la Vivienda]: En canto a esas industrias [referíase a Ence i Elnosa] haberá que considera-lo seu traslado en data por determinar. A súa presencia en Lourizán vai ser causa de problemas prá saúde das persoas, á par que da súa convivencia. Algo así quedou tido e argumentado ante o Concello de Pontevedra, o mesmo que quer construí-la ponte das Correntes ou o scalextric de Mollabao, preparando, como temos xa dito nalgunha ocasión, o trinque urbanístico. [Xa se poden aduviñar presuntos beneficiarios do chan recalificado].O accidente requireu o desprazamento de axentes da Guarda Civil, Policía Local e Policía Nacional, según comentarios do periódico, que siguen:
El camión transportaba entre 10.000 y 12.000 litros de hipoclorito sódico (lejía pura), de los que derramó por la carretera una cuarta parte, según indicaron las mismas fuentes.
Mentira. La cifra declarada no se corresponde con la que con fecha 23.08.2008 citan El Faro de Vigo e mai-la Voz en crónica actualizada: 24500 litros. Vese que nos quixeron colar, en principio, unha cifra menor; minorizar así o peligro no que decote estamos a vivir.
Como consecuencia de este accidente, fue cortado el tráfico y se estableció el nivel rojo, con un cordón policial de protección para que no se acercasen las personas, indicaron fuentes de la Guardia Civil.

Al lugar de los hechos se desplazaron agentes de la Guardia Civil de Tráfico, Policía Local, Policía Nacional y dotaciones de bomberos, que arrojaron agua al hipoclorito que vertía la cisterna por una de las bocas de parte posterior.

Los agentes, provistos con máscaras antigás, establecieron un cordón de protección, mientras un técnico intentó controlar el vertido, taponando la cisterna.

LODOS FECALES NUNHA ALDEA D´OURENSE

Fotografía de La Voz de Galicia, da vasura depositada nunha aldea de Montederramo.

Pontevedra, 22.08.2008

Entrada n. 587 do blog

LODOS FECALES NUNHA ALDEA D´OURENSE,
por Xesús López Fernández

A noticia está nos medios d´hoxe. Resulta que nunha aldea de Ourense están a concentraren lodos procedentes de diversos puntos de Galicia. Acontece no concello de Montederramo. Son toneladas de lodos de depuradoras que o propietario das fincas onde o van depositando distribúe, como esterco, antre os labregos e gandeiros que soslicitan os seus servicios.

Os veciños denuncian o alcatreo que produce e téñense apresentado denuncias ante o Seprona e a Guarda Civil pra ver de aclara-la procedencia do detritus que vai chegando a Montederramo, en camións. Algús días, dous ou tres.

Adega denuncia que, ó non se tratar dun material debidamente inertizado, prodúcense escorrentías que mesmo poden contamina-las augas dun regato próximo. Esto acontece na parroquia de Marrubio, en Montederramo, e parece apantallar un extraño proceder dos responsables de Medio Ambiente, incapaces de asumir unha verdadeira política ambientalista.

O Seprona abreu xa a pertinente investigación. Os veciños, outravolta, din que non queren ter problemas [en relación co propietario das tenzas nas que se vai depositando o esterco das depuradoras] cun veciño co que se levan ben, aínda sabendo que algo se está a facer mal.


O NATIONAL GEOGRAPHIC, EN VIGO.

Un equipo do National Geographic, filma na ría de Vigo. (Foto do Faro de Vigo)

Pontevedra, 22.08.2008

Entrada n. 586 do blog

Un plató no medio da ría de Vigo,
por Xesús López Fernández
(información tomada do Faro de Vigo)





O National Geographic roda un documental sobre cambio climático en Ons e Cíes. A producción formará parte dun informativo sobre o que está a acontecer en toda España. Será proiectado na fin do ano. A producción, respaldada pola compañía eléctrica Endese, vai testimonia-las evidencias do cambio climático nos principales enclaves naturales españoles, antre os que figura o Parque das Illas Atlánticas.

"Non queremos ofrecer unha visión catastrofista, senón explicar tamén o que se está a facer e a propia capacidade de rexeneración do medio ambiente", explicou Iván Bouso, productor executivo do National Geographic Channel, ó tempo que informaba dos traballos feitos no Alto Taxo, en Guadalajara. Tamén da desaparición de todo resto da marea negra no litoral galaico e da necesidade de recupera-lo espírito da loita contra o vertido do Prestige, todo un fito.

"A xente debe convencerse de que está nas súas mans o impulso e a toma de medidas polos seus gobernos. Darémo-las versiós dos expertos, pero tamén a dos que decote están a pe de pista". (Ver noticia no Faro de Vigo do 22.08.2008)

Evidentemente, a Iván Bouso fáltalle información do que o goberno galego non está a facer pola rexeneración da ría de Pontevedra ou de cómo o goberno local, por mandato de César Mosquera, disponse a facer unha nova e incomprensible ponte que vai desembocar na xunqueira d´Alba, algo no que, de oficio, debería intervi-lo Fiscal de Medio Ambiente.






miércoles, 20 de agosto de 2008

DESPOIS DAS FESTAS DA PEREGRINA


Pontevedra, 20.08.2008

Entrada n. 585 do blog

O vídeo, propio, recolle o final do Himno Ceremonial do Antiguo Reino de Galicia executado pola banda de gaitas da Diputación de Pontevedra. Certo que a posta en escea coeste tipo de gaitas [máis parecen cornamusas] pode restarlle enxebreza, pero si é certo que tamén lle pode dar máis solemnidade.

DESPOIS DAS FESTAS DA PEREGRINA,
por Xesús López Fernández

Como residente na zona vella podo decir que máis que disfrutar das festas reneguei todo o que puiden d´elas. Mais que días de ledicia foron días de invasión, en certo sentido unha especie de traslación no tempo da invasión dos hunos promovida dende o goberno local. Algún Atila pode andar polo medio, no organigrama, pra dispoñer que as cousas se degraden máis e máis, que a cidade esmoreza e perda señorío e que, con cada nova reforma, a zona vella se torne máis cimiterio.

Nunhas declaraciós ó Faro de Vigo, Lores decía que estaba orgulloso de lle ter dado a volta á cidade nestos anos de mandato e convertila nun foco de vida. ¿De qué clase de vida se non saben facer outra cousa que meter cochambre nas prazas vellas, bullanga, malabares pra enzudralas aínda máis?.

Xa teremos ocasión de volver sobre este particular. Pero recomendaría ós que teñan acceso a este blog que lean un artículo de Arturo Ruibal publicado no suplemento do Diario de Pontevedra do Domingo 17 ppdo., titulado "El Arquitecto", no que, antre as loubanzas que de coña dirixe ó arquiteuto Fole, acúsao de desface-la cidade: as prazas, a sustitución dos antiguos faroles de forxa polos carolinos de aceiro ou aluminio, a eliminación da pedra nobre, reemprazada agora polas galletas que levan colocado, [o que Rivas Fontán denominou, en certa ocasión, política de baldosa], a barbaridade do feito en San Xosé coa tertulia postiza alí "inmortalizada", a ridiculez da obra do Museo [balaustrada] e a imbecilidade da proiectada alameda-mirador do Campillo, cando eso parece xa imposible coas barreiras existentes ou previstas; o fracaso na reanimación residencial de vila vella, reconvertida en gran bar e onde o comercio morreu ou morre, etc. Como confirmación do desastroso da política local e das ideas do "arquiteuto" [voz popular, como doutor], un dos comercios novos que parecían marcar un certo tempo de esperanza, CASA, acaba de cerrar.

Volvendo ó tema do vídeo, o goberno local hai xa tempo que quedou fóra das procesiós. É máis, coido que tanta estreiteza de rúas i espacios ten como finalidade, antre outras cousas, a de evita-la organización de acontecementos desa natureza, mesmo de desfiles, mentres non reparan en disparates como o de coloniza-la Ferrería e outras prazas con terrorismo decibélico; mesmo con comercio de miseria nas zonas das vellas Alameda, Gran Vía ou Palmeiras, lacerando máis e máis ós residentes ou deteriorando o mobiliario urbán.

O Himno Ceremonial ten bastante máis de Himno que non o de Veiga sobre letra de Pondal, "Os Pinos". Aínda que non teña letra. Ou precisamente por non-a ter.

martes, 19 de agosto de 2008

DAVID CAL E AS OLIMPIADAS

Pontevedra, 19.08.2008

Entrada n. 584 do blog

DAVID CAL E AS OLIMPIADAS,
por Xesús López Fernández

Cando xa non é posible o triunfo de Gómez Noya nen o de Iván Raña, que quedaron en 4º e 5º lugar e sen medalla, aínda nos queda a esperanza de que David Cal poida compri-la súa promesa de obte-las dúas areladas medallas d´ouro. Polo pronto está xa clasificado prá final nas dúas especialidades nas que se presenta, C1-1000 e C1-500, vencedor nas probas preliminares d´ambas.

O atleta, por non obter do Deporte galego as necesarias axudas pra optimiza-la súa posta a punto, o seu entrenamento, tivo que se preparar, finalmente, en Salamanca.


Na foto, David Cal entra vencedor na proba clasificatoria de C1-500, despois dunha espectacular remontada dende o 5º lugar. (Foto de La Voz de Galicia.)



Video persoal. Unha vista da ría d´Aldán, no seu porto, a terra de David Cal. Toma feita o 20.07.2008.

Nota.- Pouco a pouco vou retomando o uso do apóstrofo. O seu abandono foi, pra min, un claro erro. Menos mal que o tal signo parece querer abrirse de novo camiño, polo menos en relación con certos nomes xeográficos: Estiven n´A Coruña, Vilagarcía d´Arousa, Viana d´O Bolo. Teñamos en conta que os franceses precisan do signo e que, ademais, levan algo máis dun século sen modifica-las súas normas ortográficas, razón que Alonso Montero quixo facer valer pra enfria-la macacada das actuales normas do galego, coido que tamén as do 1983, as da introducción dos plurales en -ais, forma que non é galega máis que como dialectalismo en zonas moi concretas que lindan co "galego" eonaviego. O galego atlántico fai o plural en -es: animal-animales, catedral-catedrales, normal-normales; o galego continental faino en ás [pronunciado -áas]: animal-animás [o a do plural sempre longo ], normal-normás, total-totás.

domingo, 17 de agosto de 2008

A GRAN MURALLA VERDE [18.08.2008]

A portada de Público [12.8.2008] ilustraba gráficamente do trazado previsto prá barreira que Senegal e outros países queren levantar contra o Sáhara e o Sahel, tema do artículo deste luns. O xornal incluía tamén varia información sobre a noticia e unha entrevista ó presidente do Senegal. É, evidentemente, máis ilustrativa de cánto eu poida decir no espacio dun folio. Traballo remitido a diversos medios.

Pontevedra, 18.08.2008

Entrada n. 583 do blog.

A Gran Muralla Verde [18.08.2008],
por Xesús López Fernández

Os desertos avanzan. Acontece en diversas partes do planeta. Na raíz desa expansión, da ocupación de terreos antes fértiles, está o cambio climático; está tamén a actuación do home, a deforestación que abre camiños de penetración. O deserto do Gobi ameaza a China incluso con treboadas de area como a que hai pouco depositou unhas 300000 toneladas na área de Pekin. A súa expansión comezou no 1950, pero actualmente avanza a razón de 3 kilómetros por ano, atopándose xa a 150 km da capital. Naturalmente, a situación preocupa e algo se leva feito, con prácticas reforestadoras, no deserto de Maowusu, antre a linde meridional da Rexión Autónoma de Mongolia Interior e o norte da provincia de Shaanxi, ata o punto de que si hai 40 anos o deserto estaba xa a 500 metros da cidade de Yulin, en Xuño do 2005 tiña retrocedido uns 50 km. Dende 1999 repoboáronse con éxito 275000 has. que xa invadía o deserto. China ten aí un exemplo do que pode facer na rexión de Pekín.

O que tamén está en marcha é o cobizoso proiecto, coordinado polo Senegal, de frea-la marcha implacable do Sáhara por medio dunha gran muralla verde, unha espesa barreira de árbores e arbustos que pode chegar a ter máis de 7000 km, dende Dakar ata Djibouti, no corno nororiental de África. Nesta tarea titánica participaría a Comunidade dos Estados do Sahel e do Sáhara. A franxa, prevista ademáis unha anchura de 5 km [15, según algunhas fontes], vai proporcionar ó planeta “un novo pulmón verde”, según ten anunciado o presidente senegalés Maitre Abdoulaye Wade. Agárdase tamén que a nova masa árborea, no prazo mínimo de 3 anos, permita o desenvolvemento da pesca e a gandería ó longo do seu perímetro. Hai que ter en conta, tamén, a gran perda boscosa de África, estimada en 4 millós de hectáreas cada ano, o dobre da media mundial doutros países igualmente esquilmados. Por eso avisa, nun artículo recén, Wangari Maathai, premio Nóbel da Paz do 2004, precisamente pola súa evanxelización reforestadora en Kenya.

W. Maathai infórmanos no sentido de que conserva-la selva congoleña e tódo-los boscos africáns, así como acelera-la forestación, é vital prá supervivencia dun continente no que o Sáhara avanza cara ó Sul á par que o Kalahari faino en dirección sudoeste. Por eso se puxo en marcha o Fondo Forestal prá Conca do Congo o 17 de Xuño en Londres, con financiación inicial de 200 millós de dólares suministrados pola Gran Bretaña e Noruega, ó tempo que dez países de África central tomaron xa a decisión de administra-la selva de xeito máis sustentable, de conserva-la súa riqueza e biodiversidade. A premio Nóbel lémbranos que os boscos do Congo suministran alimentos, acobillo e sostén a máis de 50 millós de persoas; que se trata do segundo maior ecosistema selvático do planeta, despois da Amazonia. Debemos coida-los boscos porque son insustituíbles, dí, ainda que parezan inagotables. E cita como exemplo: Haití, deforestada, é máis vulnerable ós furacáns que a República Dominicá, na mesma illa, por conservar ésta, en gran medida, as súas fragas.

O presidente do Senegal parece esperanzado. Pide colaboración. I entende que pra algo tan de sentido común como é a proiectada “muralla verde”, non debe opoñerse nengún dos países do continente; nen os que están en guerra. Confía en que o tramo correspondente ó seu país poida xa quedar prantado no próximo inverno. En realidade levaban anos a falaren da forma de para-lo deserto. ¿Existen árbores que, despois dun mes de chuvia, poidan aguanta-lo resto do ano? Existen, foi a resposta dalgús científicos. E nunha reunión de varios xefes de Estado, no ano 2003, o entón presidente de Nixeria, Olusegun Obasanjo, perguntou: ¿Por qué non facemos unha prantación de árbores que atravese toda África?. E foi nesa xuntanza onde Wade bautizou a proposta co nome de “A Gran Muralla Verde”, actuación que, como en Gobi e seleccionáda-las especies arbóreas, debe valer pra frea-lo avance da area.

viernes, 15 de agosto de 2008

ELECCIÓS ANTICIPADAS

Ilustración de Salas, n´El Correo Gallego d´hoxe. Hai que botalos!. A historia ten esas tornas e o ruxe-ruxe social vai por esa banda. Son moitos os que piden relevo na gobernación e, polo que vai trascendendo, parecemos condenados a ter que votar [ou non votar], pero mellor botalos, con b, en comicios adiantados ó próximo outono, según interpretan xentes do propio Partido Socialista.

Pontevedra, 15.08.2008

Entrada n. 582 do blog

ELECCIÓS ANTICIPADAS,
por Xesús López Fernández

O deterioro socioeconómico, a estanflación na que está a cristalizare a política estatal, están a condicionare, en Galicia, un posible adianto electoral. Non quero decir, coesto, que aquí se estivesen a facer ben as cousas. Non. O bipartito bifronte, esquizoide, cunha presidencia de Galicia e unha vicepresidencia de Galiza que semellan non estar tan identificadas na súa política como queren que creamos, parece a punto de reventar. A xente percíbeo así, como se nalgún sector do organigrama existise unha especie de boxeo a patadas, como defineu hai algún tempo José María Carrascal a coordinación existente antre PSdeG e BNG..

As malas políticas nos eidos do Urbanismo, Medio Ambiente, Educación, Coordinación Territorial, etc., están sendo decote denunciadas. E poderiase aguantar se a Xusticia fose realmente independente, pero non dá mostras do tal independentismo. Consecuentemente, os cidadáns estamos cada vez máis indefensos. E a Corrupción, dona Corrupción, erre que erre, parecen encarnárense, de novo, as prácticas do socialfelipìsmo. Os políticos máis ricos de cada volta.

Tanto o PSOE como o Bloque fixeron promesas que a día d´hoxe siguen incumpridas. Venderon fume. Mai-lo panorama que temos á vista é desolador cun PP ó que non se lle ve unha vontade rexeneracionista certa; que non acaba de asumi-lo compromiso de face-las cousas ben ou de face-la promesa notariada de comprometerse a unha gobernación do país honesta [en particular con Galicia], pra lle devolve-la súa identidade e capital natural, comprometido dende algús decretos da era Fraga dos que o bipartito non é outra cousa que un simple relevista, como nos temas da supramunicipalización no Plan de Acuicultura ou no caso Ence.

Veremos cómo, talvez no Outono, van face-la mesma campaña doutras veces. Pero mellor do que un poida decir aquí [un simple apunte] son os comentarios feitos ó chiste de Salas na edición dixital d´El Correo Gallego, reveladores dun descrédito certo da clase política. Recomendo a súa lectura. Nun deles, por certo, faise a ficción de que Quintana, preocupado pola situación e polo seu futuro, se interesa por volver á profesión. E dí, en comentario de LELO:

Riiiinnn riiiin riiin
lelo 15.08.2008 07.53

--Aló aló, soy el Quin, pregunte si queda alguna plaza de celador a partir de Enero.

-- ¿Y por qué me lo dice en castellano?

--Suelo hablarlo en la intimidad
[.....]






martes, 12 de agosto de 2008

SOÑAR PAISAXES [16.03.2002]

Apréciese nesta foto de comezos do século XX, tirada dende a ponte da Barca, cómo o barrio da Moureira, hoxe degradado, era un pobo mariñeiro. Pouco se fixo por conservalo. Aí sí que Pontevedra podería ter unha verdadeira praia. Téñase presente que era zona na que se pescaban sardiñas. Pero xa os políticos, d´aquela, outaron por estreiteta-lo mar, por lle poñer cancelas. Comezaba a política de inmersión do templo de Santa María á par que a traición ó pasado mariñeiro e marítimo da vila.

Agora, no espacio fotografiado, nos recheos d´aquela efectuados, parece que xa non saben pensar noutra cousa que nun novo solar. O trinque xa estaba dibuxado na foto. Aínda que os que se beneficien do mesmo sexan os mandiños d´agora. A descripción que se fai no artículo, do ano 2002, podería servir de pauta prós que falan de desenvolvemento sustentable, se as súas palabras fosen sinceras.

Pontevedra, 12.08.2008
Entrada n. 581 do blog


SOÑAR PAISAXES [16.3.2002],
por Xesús López Fernández

Un pode soñar con paisaxes que xa foron, pero que permanecen na caixa negra da memoria coa dimensión da luz e color do encontro primeiro. Por desgracia, son moitos os lugares que co tempo foron perdendo parte da súa maxestade i elegancia doutrora, ora por imposiciós do capital, ora porque a sociedade claudicou ante promesas demagóxicas de postos de traballo, causa primeira da miseria ambiental que preside as nosas horas, mesmo dunha ruína económica non buscada. Un pode pensar, ata onde lembre, na Pontevedra que tiña como referente a finca de Monteporreiro, coa avenida do mirador aínda coidada, ou co paseo ata a fervenza, precedida polas ruínas recentes do balneario, beira do Lérez. ¡Cántas veces non terá un paseado pola pista que levaba cara alá, cando o estadio da Xuventude era xogo das mareas, cando as xunqueiras eran as grandes protagonistas do fondo da ría, novias do mar, en parte tamén terras de folgado pró gando que nelas pastaba libremente!. Conxunto intermareal xa perdido. O mar fecundaba e depuraba. 

Quero entender que cando se fala da recuperación das beiras do río estáse a aludir a un plan serio --¿posible?-- e non a xogar de novo coas ilusiós das xentes. Un pergúntase tamén qué vai pasar co traslado de Tafisa, que se agarda teña lugar de forma non traumática a sitio próximo, con nova tecnoloxía e sen vertidos. Porque foi esa factoría a primeira en cambia-las augas limpas do río/ría coa súa enxurrada violeta funeral, sen que houbese ó longo de case cincoenta anos unha preocupación ambientalista certa, sen novas de que se teña pagado algunha factura pola contaminación producida, sen indicios claros dun cambio de actitude da Administración na súa responsabilidade de vixia-lo cumprimento da normativa vixente.

Agora pode estar próximo, en función de cómo se pacte, a posibilidade de que Pontevedra poida ennobrece-la súa paisaxe, tal vez comezando polo solar da factoría. Teresa Táboas, presidenta do COAG, fixo unhas declaraciós ó Diario de Pontevedra, nas que se refería á posibilidade dunha Pontevedra sostible. Denunciaba a rotura de Pontevedra coa mar na ponte da Puntada. Concibe unha Pontevedra que se vaia desenvolvendo cara Marín, con zonas verdes interpostas. Non parece dubidar que sería interesante inverti-lo diñeiro necesario pra recuperare ese espacio. Un pensa na riqueza que se derivaría da restauración por moitos soñada de Lourizán como gran praia urbáa de Pontevedra. E pode ser un momento bo pra relanzáremos a idea dunha candidatura verde, agora que o “gonipterus scutellatus” está a arruina-la economía das comunidades de montes que se deixaron engaiolar ó repoboaren con eucaliptu, en vez de lle dar un aproveitamento máis intelixente ós seus montes.

A finca da Caeira, en Poio, as de Monteporreiro e Lourizán, son referentes doutro tempo. Lourizán, Cocheras, A Puntada, As Corbaceiras, o río todo ata Monteporreiro, eran espacios pró disfrute e o deporte. A Moureira aínda conservaba unha certa actividade, e no peirao de Portosanto, Poio, deixaban os barcos o barro ou greda que traían prá fabricación de tellas, alí mesmo. Entraban tamén arroases ata aquel espacio e teño oído que ponte do Burgo arriba fora zona de ostras. ¡Moito cambiou todo! ¿Desenvolvemento sostible?. Puido ser coas xunqueiras vivas: Pero, augas sensibles, o noso ecosistema está case perdido. E a recuperación da paisaxe urbáa da zona vella non é tal, coa fuxida constante de xente e cerre de tendas que non resisten pola falta de servicios, por estaren ailladas. Equivocáronse os urbanistas. Porque un barrio é algo máis que casas coa fachada restaurada. Ten que haber residentes, vida, transacciós, accesibilidade certa, como antes. A zona peatonal, actualmente, é tamén un sitio pra se perdere, como certa señora que hai uns días ía soa berrando azourida: “¡Ai, que estou perdida!”. Despois de máis dun ano regresara a unha praza que xa non identificaba como a súa. Esgazáranlle o seu soño. Hai testigos.

domingo, 10 de agosto de 2008

A LINGUA FERIDA

Icono sobre o caos normativo. No dibuxo apréciase un libro, A Negra Sombra, en alusión a Rosalía, desta volta negra sombra política que quer extraterritorializa-la nosa lingua. A Rosalía habería que imitala, sigue a ser un exemplo prós que queiran aprender galego.


Pontevedra, 11.08.2008

Entrada n. 580 do blog

Presentación do artículo semanal remitido a diversos medios. No mesmo, volvo facer crítica da política lingüística que, basada no diferencialismo, no achegamento ó portugués que doudamente tentan os galizos, está a traer como consecuencia a morte da nosa fala, o seu esmorecemento, case no lusco-fusco da súa existencia.

A lingua ferida [11.08.2008],
por Xesús López Fernández

Cada dúas semás desaparece unha fala nalgunha rexión do mundo. O galego, afortunadamente, ten corda pra máis tempo. Pra algús anos, parece que non moitos. Se a Unesco calculaba hai pouco que o noso idioma podería desaparecer no horizonte dos 30 anos, agora podemos estar na situación da case-derrota final. Reconóceno incluso dende os púlpitos nos que se está a corta-lo bacallao normativo, a tentaren impoñe-lo galego inventado a golpe de normas desacertadas, divorciadas da fala como creación social; que queren leva-lo idioma, diría que oníricamente, a varios pastos. E apréciase que en diversas oficinas o funcionario, que debe ter instrucciós precisas de falar galego, faino como neofalante non imposto, e faino en galegués, o idioma da deriva nacionalista que, solermiñamente, vai esgazando o enxebrismo da lingua lar, a que veu marcando a nosa psicoloxía, e a nosa identidade como pobo. Pero un idioma non se constrúe ou deconstrúe con diccionarios nos que van inserindo verbas alleas á nosa fala ou retirando outras, vivas na oralidade salvadora.

O Padre Sarmiento decíao no século XVIII: Facede o idioma a partir da fala. Conocedor da súa identidade sustantiva advertía da tentación fácil de ir polo carreiro do portugués, lingua máis diferente do galego do que algús quixeran. Como tamén Vicente Risco lembraba no 1910, en relación coas vacilaciós e arrandeo ortográfico á hora de fixar un canon coherente pró idioma; que non soubemos traballar científicamente o leigado cultural de Rosalía e Curros. Eso sigue a ser verdade a día d´hoxe. Pero co despotismo normativizador, cada nova actuación, discurso, decreto ou volta de rosca normativa, producen un maior afastamento social da lingua. E algo podo falar ó respecto, porque nos anos 1966 e 1967 –92 emisiós en lingua galega--, colaborei na que foi primeira emisión na nosa terra, en Radio Pontevedra, unha aportación do Ateneo da capital. Non había normas e houbo, en certo sentido, que inventalas en función dos oíntes, pra que o programa non resultase extraño, algo que está a acontecere co “galegués” diferencialista dos “galizos” que mandan desta volta no corral, que deixaron o idioma ferido ó usalo, ademais, como ferramenta ideolóxica.

Con motivo dunhas declaraciós recéns de Francisco Jorquera sobre o peligro que o idioma está a vivir, que parece que sempre viveu en precario sen te-lo porvir asegurado, presionado dende o exterior, a lingua resisteu ó longo de séculos, porque a sociedade estaba instalada na fala da que foi creadora e recreadora. E defensora. Non creamos que son as Academias as que constrúen os idiomas, e menos os políticos. E comentaba El Correo Gallego a raíz das declaraciós de Jorquera que o gran problema do idioma, hoxe, é que a agresión xa non é externa: é interna. E a actividade inquisitorial imposta decantou no denunciado fracaso, no abandono xeneralizado do idioma. ¿Qué falla?. Porque a sociedade recuperou a súa libertade, pero algo hai no xogo das normas e da normalización que non vai con nós, que as fai alleas á nosa psicoloxía, talvez porque están a encheren o idioma da “deriva”, o galegués, de barbarismos que non comunican e que a sociedade non avala.

Dende Política Lingüística recoméndannos que falemos galego, que fagamos del a nosa lingua habitual. Pero vai ser difícil que nos identifiquemos co galegués das normas que xa no 2001 e antes de entraren en vigor censuraran críticamente diversos autores, algús deles académicos da RAG. E no escaso tempo transcurrido, o deterioro do idioma vai acelerado. Parece que o sino está claro e que os incontables intentos de educaren en galego, no galegués inventado, ou de impoñelo na Administración van acentua-lo divorcio coa sociedade creadora da fala. A realidade que podemos apreciar a pouco que queiramos é a de que os mozos pasan xa de falaren galego, como teñen reconocido dende a propia Mesa pola Normalización Lingüística, que parece innecesaria. O idioma está ferido, pode que, tristemente, ferido de morte.

martes, 5 de agosto de 2008

OS MOSQUERÓS, FOTOS DENUNCIA.

Os últimos mosquerós maotsé en seren retirados da Cobián Roffignac.
Nótanse as pegadas deixadas polos mosquerós agora sustituídos polos barrotes carceleiros.
No fondo do parque Rosalía Castro queren ubica-lo novo espacio pró botellón. A ver qué sae de toda esta matraca recicladora.
Novo decorado pró botellón.

Pontevedra, 5.08.2008

Entrada n. 579 do blog

OS MOSQUERÓS, FOTOS DENUNCIA,
por Xesús López Fernández

O equipo de goberno, no marco da nova "economía" da cidade, a da privatización das prazas a favor dos taberneiros como agresión permanente ós residentes, vai intenta-lo traslado da rapazada do botellón ó fondal do parque Rosalía Castro.

O consumo da chavalada forma tamén parte, entra no marco da nova "economía". Os "híper" fan caixa nas fins de semáa co trasego no que se ven grupos e máis grupos de mozos e mozas, moitos deles menores de edade, a levaren as botellas de ron ou vodka, de whisky ou coca-cola adquiridos nalgún supermercado. Curiosamente, a policía non controla esas transacciós como debería facer.

Queren sacar ós do botellón dos espacios urbáns actualmente "marcados" e levalos ó lugar indicado, nun espacio da antigua xunqueira desecada. Alí respousan xa algús dos mosquerós maotsé como se fosen os vellos guerreiros de terracota chinos, no que non terá faltado algunha deriva onírica do concellal do ramo. Esa reutilización non parece ter moito sentido, aínda que llo queiran dar, como se os ditos paralepípedos fosen xa pensados pra aparcaren sobre eles á rapazada víctima do alcohol e o pastillamen.

Na recolocación efectuada non están tódo-los que no seu día prodigaron pola cidade adiante pra cercaren a zona vella como un ghetto; desta volta foron en gran parte sustituídos polos novos barrotes de aceiro, máis estilizados, máis carceleiros.

Un pergunta pola oposición, que nunca soubo exercer con enerxía en contra da involución da cidade, do aldeanismo aquí imposto á par que outra serie de actos bárbaros, mesmo de barbarismos idiomáticos dictados dende a norma ortográfica inventada polos seus ideólogos. E polo sobregasto inútil nacido dun non saber qué facer hoxe, nen mañán; da provisionalidade que veu acabar en gastos disparatados. ¿Non hai responsables? Porque finalmente estamos a paga-la factura os cidadáns que nos opuxemos á súa bárbara actuación urbanística que algús poden valorar, mesmo en discursos, positivamente.

domingo, 3 de agosto de 2008

¿QUÉ MODELO DE CIDADE? [2.02.2002]

Edificio Pirsa, edificio intelixente, calificado con un 10 por Aproinsa. Pisos caros que a día d´hoxe están, en gran parte, sen vender. A casa non dispón de garaxe. I estos días están a celebraren concertos na praza. Terrorismo decibélico, achanzamento de morada, o que conleva que certos residentes teñan que se ausentar mentres dura a agresión bravú. Non souberon ou non quixeron traballa-la cidade como residencial. E configuraron un inferno prós residentes.

Pontevedra, 4.08.2008

Entrada n. 578 do blog.

Traballo do 2002, no que se analizaba xa o posible exceso na teima peatonalizadora, coa que desta volta resulta evidente que se cargaron a cidade como centro de producción e comercial, como cidade administrativa. E inda onte me comentaban que estos apostaran pola cidade de servicios: como se os servicios consistiran no que fixeron: privatización abusiva dos espacios públicos, nos que camareiros de distinta etnia i emprego precario atenden á clientela ata horas avanzadas da madrugada. ¿Cidade residencial? Acabaron con ela.

¿QUÉ MODELO DE CIDADE? [2.02.2002]
por Xesús López Fernández

Quero comezar coa referencia a un “nacemento” familiar, tradición centenaria de figuras con memoria de varias xeneraciós de belenistas que cada novo advento traen vida á “aldea” de Belén. Casas con luz, xentes que fan diversos traballos –ferreiros, lavandeiras, castañeiras, aserradores, panadeiras...--, fontes de auga viva, muiños, un río ó que só lle faltan peixes pra semellar máis auténtico, que recircula permanentemente o seu caudal...Nunha superficie duns sete metros cadrados aparece a aldea laboriosa, as hortas traballadas, diversas vagoadas que agachan dúas ou tres covas nas que os pegoreiros están a se quentaren. Nun primeiro plano aparece o pendello coa sagrada familia, e alí están xa os homildes, os que aceptaron o misterio dende o primeiro momento. No alto dun monte se asenta o castelo de Herodes, tamén presente e que, se dispuxera duns alcances, podería incluso dexerga-la camiñata dos reis magos cara Oriente. Os belenistas recollen a súa obra nestas datas, clasificadas tóda-las pezas. Importante conserva-lo musgo pró próximo ano.

Claro, un nacemento faise unha e outra vez. É algo puramente vocacional no que non hai maiores gastos que algunha que outra reparación ou reposición. Pero, ainda que rústico, a lección do desenvolvemento sostible está presente no “belén” comentado, no que son posibles proiectos reformados sen que interveña comisión de urbanismo algunha, nen delegación de patrimonio. Claro, a cousa non vai máis alá da configuración dunha maqueta que representa unha aldea ideal. Pero dese mundo a este outro que nos tocou vivir van alá uns dous mil anos. E as cousas son, nesta hora, moi distintas. O home evolucionou cara á concentración en urbes nas que os diversos problemas de asentamento e convivencia, de suministro e accesibilidade, de educación e lecer, de garantía ambiental, aparecen como un algo insoluble por primaren criterios antidemocráticos ou o diktatt de grupos especuladores.

O equipo do Bloque dí ter moi claro o seu modelo de cidade. ¿Cidade comercial, cidade de servicios, cidade industrial, cidade museo..?. Son moitas as perguntas posibles, porque mentres están a peatonalizaren en exceso, a oposición volveuse autista e o movemento veciñal pouco conta se non é cómplice. Algunhas prazas perderon o seu carácter e, cando permanecen as protestas polo feito na da Verdura, vanse carga-la de Méndez Núñez e tal vez a Ferrería. E tivo que intervir Rivas Fontán, que falou de posibles infracciós urbanísticas no actuado en Daniel la Sota-Peregrina ou en San Xosé. Dixo incluso que non había oposiciòn. A partir daí tamén Taboada interveu sen convencer. O propio Pedrosa comentaría a posibilidade dun contencioso pola peatonalización, procedemento que remite ós que a padecen. Total, que moitos cidadáns, nesta hora, non se sinten políticamente representados.

Unha certa peatonalización podería ser unha conquista social, pero pasado un punto pode representa-la morte da economía vilega, mesmo ser causa da perda de habitantes privados de servicios e de calide de vida. O comercio da zona vella atópase nunha situación límite, coa esperanza na reinauguración do mercado, que está por ve-lo que vai pasar. Moitos negocios non resistiron o estado de sitio, outros están en fase de liquidación. Os paseantes son, normalmente, de fóra do barrio. E non se dan as circunstancias que posibiliten o aumento de residentes.Un arquitecto que conoce ben o P.X.O.U. de Pontevedra falou, nunhas declaraciós a Radio Pontevedra, da posible reversibilidade da actuación peatonalizadora. Parece que faltaron estudios de tráfego, que se gastou diñeiro tontamente, e que os efectos máis negativos se notan noutros lugares. Pero aquí non acontece como no “nacemento” descrito, onde todo queda perfectamente axustado como modelo de sociedade sostible. Catro nenos de corta edade quixeron ve-lo “belén” familiar. E perguntaron cómo o río tiña a auga sempre renovada e limpa, lección a aprender se queremos ter unha cidade saudable.