domingo, 14 de diciembre de 2014

En tempo preelectoral

Nas distintas campañas, Ence, a súa posible desaparición, foi un pouco o reclamo electoral. Todo eran mentiras. Desta volta, curioso, parece vai se-lo bandeirín de enganche de Podemos ou de Marea de Pontevedra. Que no-nos mintan, porque a cousa pode funcionar se traballan con rigor.

Pontevedra, 15.12.2014
Entrada n. 1792 do blog
Artículo semanal

 En tempo preelectoral, (14.12.2014)
por Xesús López Fernández

Comezamos a apreciar uns certos movementos cara os comicios do próximo ano. As enquisas apuntan en diversas direcciós, se ben os resultados certos son os do día das elecciós; ata entón, todo son quinielas. Prometen algús máis democracia, leva-lo debate á sociedade, consultar coas diversas asociaciós, algo que en anos anteriores non se fixo, aínda tendo unha ocasión única pra demostraren o seu talante democrático: a Axenda21Local, documento básico na redacción do PXOM, unha idea xa nacida no 1992 con motivo da celebración do Cumio Medioambiental de Río Janeiro. En Europa son moitas as cidades que viron premiado o seu esforzo na recuperación do capital natural coa nominación de Capital Verde de Europa, como Vitoria/Gasteiz no 2012, a cidade que no seu esforzo pra mante-la poboación e a habitabilidade veuse conminada a aumentar de trece a dezaoito as líneas de transporte urbán. É máis, pra mante-lo patrón da sustentabilidade, a Diputación Foral de Álava ten asumida a Axenda como Plan de Acción prás cidades e vilas menores da provincia, baixo o lema de Mahatma Gandhi: “Permitamos que as aldeas do futuro vivan na nosa maxinación, pra que un día poidamos morar nelas”.

Pontevedra tivo a gran oportunidade, pero desbotouna. Aínda tendo asinado a Carta de Aalborg, de Cidades Europeas cara a Sustentabilidade, non quixo xogare esa baza. Lástima. Porque a Axenda 21 requeriría un esforzo democrático sen precedentes, a explicación do documento e recollida de ideas da base social pra esa recuperación do capital natural. Consecuentemente, o PXOM fracasou e agora son outros os que comezan a traballar con esa idea. Certo que, por outras vías, demándase o cambio de ubicación da edar actual situada na parroquia mártir d´Os Praceres, da que Costas ten informado que carece de concesión, o mesmo que o tubo emisario. Sabido é, tamén, que está sancionada, recurrida en casación. O Concello tiña que ter informado sobre o traslado desa instalación, requerido por Costas, asunto sobre o que, ó abeiro da denuncia formulada pola UE, o PSOE vai abri-lo próximo mércores o oportuno debate no Parlamento galego. Con todo o que poida haber de enigma, esa edar, dí Agustín Fernández, está claro que aí non pode quedar, aínda admitindo un certo grado de corresponsabilidade co BNG..

Certo que hai confusión a nivel social, se ben certas sentencias son demostrativas de que a acción popular pode te-lo seu premio, especialmente cando esta se exerce ante as carencias das diversas Administraciós que non entran de oficio cando é a elas ás que lles corresponde recupera-la posesión do dominio público. Tanto a Constitución Española, como a Lei de Costas recomendan o exercicio da acción popular. E cando o Tribunal Supremo dicta sentencia hai que acatala e dispoñerse á súa execución. O que xa non cabe é facer apoloxía do desacato que algús predican en relación con algunhas das sentencias conocidas a nivel local. Precisamente sobre esto tiven ocasión de falar hai uns días, cun vello amigo, cando completaba o meu recorrido por un tramo do metro-minuto local. El sacou o tema de Podemos, que organizou un ciclo de debates sobre a cuestión de Ence e o grado de aceptación ou non da súa presencia en terreo demanial. O quid do asunto pode estar na información que se lles aporte, á marxe dos actos que se van celebrando. Pode ter razón. Aí queda como idea.

Pero non só Podemos pode estar a carga-las pías. Outro grupo, Marea Pontevedra, está a visita-las parroquias e a explica-lo seu programa ademáis de atende-las suxerencias e denuncias que lles van formulando. Polo pronto, a recuperación da ría e do dominio público marítimo terrestre, mesmo o levantamento dos recheos do porto de Marín, poden estar xa na folla de ruta de tres dos partidos políticos que se presentan nos próximos comicios. A Axenda21Local tamén está asumida prá elaboración do futuro PXOM. O futuro gañador pode se-lo que consiga que a sociedade asuma esta mensaxe ou plan de acción que xa non pode faltar no discurso dos que aspiren a gaña-las elecciós e, sobre todo, que consigan que esa sociedade se sinta parte dinámica da súa victoria. Pra outros, ese discurso xa non é posible. Porque levan moitos anos de gobernanza local asentada no falso discurso. Podemos ou Marea Pontevedra poden ter un discurso máis fácil e directo, unha posibilidade real tendo en conta que a sociedade vai cansa da actuación dos partidos que os medios definen como tomados pola corrupción. 

martes, 2 de diciembre de 2014

O marco da nova economía





As fotos todas foron tiradas ás 11 da noite, pero puiden sacalas ás dúas da tarde, cando o seudomercadillo do rastro se recolle.

Pontevedra, 2.12.2014
Entrada  n. 1791 do blog

O marco da nova economía,
por Xesús López Fernández

Coido que no Concello de Pontevedra poucos edís deben ser comerciantes. Xeneralmente son xentes que exerceron antes de entraren na política, na ensinanza. Prima, polo tanto, unha carga ideolóxica que pouco ten que ver có que esta cidade foi antes de eles tomar asento no Consistorio, de cando Pontevedra era unha cidade comercial e administrativa. Aquel centro histórico, antes case un centro comercial, no que existían comercios importantes, é agora case unha ruína total.

O centro histórico é hoxe un barrio marxinal, con máis de douscentos edificios deshabitados, no  que a poboación tende aínda a marchar, a deslocalizarse. As terrazas que hoxe ocupan os espacios públicos convertiron as prazas, cando chegan as tribus de tapeo, en lugares privados de accesibilidade

A estos homes e mulleres non se lles ocurreu mellor cousa, coa idea de revitaliza-la zona que autorizar un rastro dominical, case sempre caótico no que é fácil encontrar obxetos roubados, co final que, normalmente, recollen as fotos: Vendedores sen profesión ofertan o roubado na noite ou na propia mañá, pero cando outros van recollendo, éstos depositan no contenedor da foto o que non venderon. 

Así, pódese decir que se valen do contenedor como dun vertedeiro de escombros, da mercancía roubada poucas horas antes: louza, roupa,  bulsos, colchós. Despois veñen outros pra fozaren e algo pode que  leven, pero o resultado final ven sendo, normalmente, o que mostran as fotos, as fotos dunha cidade varias veces premiada, aínda que a min todo me pareza unha coña.

Cando remato esta nota, ás 23.44 chega a min o estrondo da recollida das botellas dunha seudotaberna. Un tronicio infernal que xa teño denunciado . E menos mal que, ás veces, a recollida do botellamen, con parecido grado de bestialismo, dáse ás dúas ou tres da madrugada. E os nosos mandiños presumen de "modelo de cidade". Ah, nesta rúa pode darse a circunstancia de que, polo terraceo non axustado  á normativa de veladores, as ambulancias non poidan entrar neste espacio.