martes, 30 de junio de 2009

OS COCHES DO BIPARTITO

O Audi de Touriño, ó que lle cambiaron as rodas seis veces, nun ano.
Subástanse os coches de superluxo da Xunta do Bipartito. Dibuxo de Salas, n´El Correo Gallego.
-
Pontevedra, 30.06.2009
.
Entrada n. 1003 do blog
-
OS COCHES DO BIPARTITO,
por Xesús López Fernández
-
Ríos de tinta correron en relación co Audi de superluxo de Touriño. O xa famoso Audi, blindado, tivera un costo de 480000 euros. Esa foi unha das armas que electoralmene usou Núñez Feijóo, que garantizaba, xa daquela, que el, caso de se-lo futuro presidente de Galicia, usaría un Citröen, promocionando así a marca que está establecida en Vigo. Ó mellor aínda hai unha razón de tipo subconscente dos terroristas metaleiros que o outro día tentaban paraliza-la fábrica de Vigo.
-
Siguen diversos enlaces:
-

lunes, 29 de junio de 2009

CASTELAO ACHÉGASE Ó MUSEO

A escultura de Castelao pode ser agora un arma letal. Baixo a capa e coa man dereita pode estar a soster un alfanxe, diríase; polo menos a propia prenda pode ser alfanxe en por sí, tal como está presentada, pra que alguén que dea un mal paso ó baixare as escadeiras quede alí espetado,....
... mentres coa man esquerda parece quererlle dar énfasis ó seu discurso, traicionado desta volta polos ayatoláhs da accesibilidade.
Castelao estaba ben onde estaba, nos xardíns da avenida de Santa María. Pero a teima deconstructora da cidade, dos ayatoláhs que nos gobernan, non respeta a elegancia que transmitían certos recantos. Pouco a pouco, a miseria vaise estrando pola cidade enteira. Pasou antes co monumento de Alexandro Bóveda, pasa agora co de Castelao....
que o reconvirten en peatón, case en arma letal ó pé da escadeira que fixeron onde antes estaba a balaustrada do Museo. Hei inserir algunha foto propia, pero esta de La Voz de Galicia mostra a Lores e Teresa Casal na "inauguración" doutro paso da deconstrucción da cidade.
-
Pontevedra, 30.06.2009
-
Entrada n. 1002 do blog

CASTELAO ACHÉGASE Ó MUSEO,
por Xesús López Fernández
-
Mellor dito, achégano. Con cada actuación urbanística dos nosos gobernanes locales, a cidade sae máis e máis derrotada. O monumento a Castelao, na Avda. de Santa María, estaba ben ubicado, sobre aqueles xardíns, espacio privilexiado desaparecido.
-
Pero na nova ubicación queda convertido nun instrumento que pode causar máis dun disgusto, feridos ó baixare a escadeira de Padre Luís, que non deseñaría nen o que asou a manteiga. Ou tamén pódese mancar algún neno dos que están permanentemente xogando ó fútbol ante a fachada do museo. Eso demostra o que lle importa a cultura a estos mandiños, que sí aproveitaron o traslado da escultura pra outro acto que, como se aprecia na foto, non foi compartido nada máis que por algún curioso que por alí pasaba ou por xentes da súa tribu.
-
Enlace:

La Voz de Galicia, 28.06.2009: Castelao se achega ó Museo.

A RAPA DAS BESTAS, SABUCEDO

A rapa das bestas, en Sabucedo.
-
Pontevedra, 29.06.2009
-
Entrada n. 1001 do blog
-
A RAPA DAS BESTAS, EN SABUCEDO,
por Xesús López Fernández
-
A rapa das bestas é o nome do curro que, no caso de Sabucedo, celébrase tódo-los anos, os primeiros sábado-domingo-luns de Xullo. Pero mellor contado por medio de diversos videos, imaxes i enlaces, que siguen:
-
Enlaces:
(Por medio dos vídeos poderase acceder a outros enlaces)

MATSAKATSU TOIYA

Camiño de Santiago polas estrelas. Dibuxo informático.
Matsakatsu Toiya, budista que fixo o Camiño de Santiago. Tres veces.
-
Pontevedra, 29.06.2009
-
Entrada n. 1000 do blog
-
MATSAKATSU TOIYA,
por Xesús López Fernández
-
É un xaponés xubilado, de 63 anos, que colabora nun hospital como traductor do xaponés ó español. É budista, pero se declara namorado do Camiño que xa ten recorrido en tres ocasiós, pra orar ó tempo que camiña e contempla a paisaxe. "No noso país conviven o sintoísmo e o budismo sen problema algún. I é natural que un sintoísta acuda face-los seus rezos a un templo budista e á inversa".
-
Esa actitude de apertura e de achegamento á paz interior á par que á nosa cultura pode estar tamén na raíz das masivas visitas xaponesas e coreáas a Roma, a Asís, a Milán ou a Padua, que teño apreciado nas miñas viaxes.
-
"Visitar Santiago ou face-lo Camiño é unha forma ideal de mante-lo equilibrio antre o corpo e a mente", dí este xaponés, como que tamén a un católico pódelle parecer extraño vélo a face-lo Camiño, pero pra el non-o é.
-
Enlace:
El Correo Gallego: Noticia referida.

domingo, 28 de junio de 2009

TORRE DE HÉRCULES

A Torre de Hércules, do tempo dos románs, xa é Patrimonio da Humanidade. Noraboa a tódo-los coruñeses e galegos. E ós españoles.
A Torre de Hércules e Breogán, o caudillo celta lexendario.
-

Pontevedra, 29.06.2009
-
Entrada n. 999 do blog
-
A TORRE DE HÉRCULES,
por Xesús López Fernández
-
A Torre d´Hércules, símbolo da cidade herculina, é unha construcción romáa do século primeiro da nosa era. Dend´o 26.06.2009 ás seis e media do serán forma parte do Patrimonio Mundial da Unesco, trá-la decisión unánime tomada na trixésima terceira reunión da súa Comisión que se celebrou en Sevilla ó longa da semáa xa finalizada. Pra unha maior información do que realmente representa a Torre d´Hércules, inclúense diversos enlaces:
-
Wikipedia, enciclopedia libre: Torre de Hércules


O ESMORECEMENTO DO GALEGO (12)

Apresentamos novamente o icono do caos normativo, o das régoas do Diktatt prá deconstrucción da lingua galega. Andan os "ayatoláhs" preocupados porque si se actúa con intelixencia e derogan o decreto da normalización ou suprimen a Mesa, o galego podería volver respirar. Tamén lle preocupa a Ramón Villares que a sociedade poida posicionarse sobre o idioma, algo que xa fixo nas urnas.
-
Pontevedra, 28.06.2009
-
Entrada n. 998 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (12),
por Xesús López Fernández
-
N´El Correo Gallego d´hoxe publican unha entrevista a Ramón Villares, longa. O home fala de cousas diversas en relación coa cultura galega. Dedícalle unhas palabras ó tema do idioma. Afirma incluso: "A mensaxe é: Abriuse a veda da lingua galega". Eu preferiría decir "abreuse", pero non no sentido que el lle dá, porque o seu discurso, xa por estar instalado de costas á verdadeira lingua popular, xa porque ó mellor lle pasaron, no periódico, o corrector das normas do Diktatt estalinista, o da deconstrucción da lingua conservada no depósito da oralidade ou transmitida polos nosos precursores; o seu idioma, digo, parece galizo en estado puro.
-
Digamos, en todo caso, que o que realmente primou aquí, nos últimos anos, foi a consigna de "todo vale pra deconstruire o idioma, pra reconvertilo en galegués de tránsito ó portugués", á Portugaliza ensoñada polas xentes do Bloque. O idioma está ferido de tantas verbas como lle levan arrancado ou dos "cultismos" transferidos dende o idioma transfronteirizo, cando o galego sempre tivo e sigue a té-la solución de formare as palabras cultas que precise a partir das linguas grega ou latina: cefalópodo, estricto, sintaxis, orquitis, etc. Pero sorprende, de verdade que sí, o discurso de Ramón Villares, do que reproduzo o enlace. No foro aparecen opiniós nalgús casos moi sensatas e que deixan capidisminuído o dito por Ramón Villares.
-
Enlace:
El Correo Gallego: Ramón Villares dí: "Abriuse a veda sobre a lingua galega". Era hora!

sábado, 27 de junio de 2009

A RECUPERACIÓN ECOLÓXICA [29.06.2009]

Piñeiro d´Oregón, tamén chamado abeto de Douglas, douglasiáa ou pseudotsuga menzeiensis. Prantación en San Pedro de Rocas, Esgos. O rendemento estudiado en Galicia mellora os rexistros máis óptimos de prantaciós de Inglaterra ou Fancia.
-
Pontevedra, 28.06.2009
-
Entrada n. 997 do blog
-
A recuperación ecolóxica,
por Xesús López Fernández
-
¿Podemos pensar seriamente nunha recuperación ambiental do territorio galego, das súas frondas autóctonas, ríos, rías e todo o espacio litoral?. A resposta é fácil: podemos. Outra cousa é que o poder político queira asumi-la tarea de velar polo comprimento das leis, pola restauración real da legalidade. E Núñez Feijóo, que prometeu en campaña [coido que xa o temos comentado] a recuperación do litoral de Lourizán, volveu falar do tema Ence en Pontevedra o pasado 26. “Non cabe a posibilidade de mante-la fábrica na ría”, dixo, como que tamén era ésa unha decisión persoal e vontade do Goberno galego que xa tiñan comunicado á dirección da empresa. O que xa non debería ser preocupación da Xunta é a futura ubicación da pasteira, que presuntamente carece de concesión dende a súa privatización, polo que o seu cerre é cuestión de vontade política, que debe poñerse á tarea da recuperación do capital natural, da praia de Pontevedra. E que ninguén pense, como xa pasou, que é un solar. A reubicación no concello sería mala. Os vertidos á ría continuarían; o marisqueo seguiría cuestionado, cando non prohibido pola aparición de toxinas.
-
¿Facemos algo de memoria? Ano 1973, tardofranquismo, cando a Pontevedra non lle aproban o chamado Plan Xeral de Urbanismo do 1970. No tal plan pretendiase a recalificación das marismas de Lourizán como zona industrial. O ministerio da Vivenda negou a tal posibilidade. Aínda máis, comunicaba na súa reprobación que a ubicación de Ence i Elnosa fora un erro do que sóo se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas, como é sabido polos cidadáns de Pontevedra e Marín. O poder tiña conciencia de culpa, incluso falaba daquela do traslado das empresas en prazo e data por determinar; pero daba máis avisos pra que o Concello xestionara do MOPU outro trazado prá autopista que ía cruza-la ría i evitar así a construcción da ponte da Puntada, polo seu tremendo impacto paisaxístico. Tamén, presuntamente pola decantación nas xunqueiras dos vertidos das industrias, procedeuse á desecación das mesmas, verdadeiras depuradoras biolóxicas.

A dita desecación trouxo como consecuencia un cambio profundo na dinámica das mareas e a perda do canal central da ría. Témolo comentado en ocasiós. Que no 1996 e sendo ministra de Medio Ambiente Isabel Tocino quedase claramente deslindado todo o que é dominio público marítimo terrestre, marismas de Lourizán incluídas, debería actuar como desencadeante da rexeneración do espacio, sobre o que Cristina Narbona tamén chegaría a pronunciar no sentido de que toda a zona definida como d.p.m.t. conservaba as súas características de “inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación”, o que tamén desautoriza a construcción irresponsable da edar d´Os Praceres, o ferrocarril a Marín que ocupou 55000 metros cuadrados de terreo demanial según o ministerio de Medio Ambiente do PP, oposto á súa construcción, e sobre o que hai sentencia de levantamento. Outro claro sensentido son os recheos na ría, espacio privilexiado, pra xeraren solares gratis total pra industrias non relacionadas co mar, ou porto seco.

Pero volvendo ó tema inicial dunha posible recuperación ecolóxica hai que se perguntar qué vai face-la nova Xunta. Da presencia de Ence derivouse una política reforestadora que acabou con moitos rexistros da nosa terra. Acabou con aldeas, con montes e fontes. O país enteiro foi estafado con ese tipo de prantación cando, nos montes aptos, poderíase ter optado por outro tipo de especies: carballos americáns, piñeiros de Oregón, castiñeiros, faias, cerdeiras de monte, nogueiras…Ou ter apostado pola gandería extensiva…Non se quixo pensar nese futuro… E despois do verán incendiario 2006, deberiamos ter asumido de forma franca a recuperación dos montes prá biodiversidade, algo que non se ve.. Programa interesante prá nova Xunta se realmente quer apostare en clave ambientalista.
-
Enlace:

IÑAKI GABILONDO, INQUISIDOR

Iñaki Gabilondo acaba de face-la presentación dun libro titulado "Verdades como puños".
-
Pontevedra, 27.06.2009
-
Entrada n. 996 do blog
-
IÑAKI GABILONDO, INQUISIDOR,
por Xesús López Fernández
-
Ou, si se quer, gran inquisidor. O seu libro, según é parodiado en internet, podería titularse tamén "Verdades a puñetazos". O home, entrevistador preferido de ZP, non hai tanto tempo que quedou en evidencia cando foi das entrevistas a Rajoy, a puñetazo limpio, e a ZP, na que faltou soamente música de violíns, algún adaggio ou algo así. Pero no remate da entrevista e a micro inadvertidamente aberto miróuselle o rabo rizado a Iñaki que se prestaría, ata a fin da campaña, a tensionala en conformidade coa petición de ZP: "Necesitamos tensión".
-
Pero desta volta Iñaki Gabilondo ve crece-lo seu descrédito. Parece qu´agora o están tensionando dende internet, as webs e blogs, e ousa decir qu´a Rede pode abrir "un camiño á insolvencia e intoxicación". Preocúpanlle os comunicados moitas veces anónimos ou subvencionados. E, naturalmente, cabe a repregunta: "¿Non funcionan a SER, e agora a cadea Cuatro de Televisión e a mesmo CNN+ como apéndices de Prisa, como as presuntas grandes subvencionadas preferidas por Gabilondo?".
-
Ben está a maioría de edade de internet, a masa crítica cara a que van algús dos foros existentes na rede pra espiolla-la opinión pública das influencias de Prisa, parasitada como está moita xente polos pulgós do Réxime. Sigue un enlace que non ten perda dun blog activo, católico e defensor da vida.
-
Enlace:
Elentir::Contando Estrelas: Iñaki Gabilondo dice de internet....

NÚÑEZ FEIJÓO I ENCE

Malo se o PP non recupera o litoral de Lourizán. Facelo viría ser algo así como a evolución lóxica da mensaxe implícita á definición do espacio como dominio público marítimo terrestre, sendo ministra de Medio Ambiente Isabel Tocino. Aínda qu´a pintura d´O Brado é dun fiordo podémola plasmar aquí, nunha ría deconstruída pola irracionalidade.
Núñez Feijóo en Pontevedra, 26.06.2009, no salón de plenos, ausentes as representaciós do BNG e do PSOE. A visita de Núñez Feijóo podería marcar un tempo novo prá vila, difícil se o PSOE non recupera o sentido. Núñez Feijóo falou de Ence, de qu´a Xunta mantén viva a promesa de levare Ence fóra da ría. A ver si é certo. Posiblemente é ésa a parte do discurso que non quixeron oí-los traidores, que nada máis tocaren poder xunteiro pensaron en Lourizán como solar.
-
Pontevedra, 27.06.2009
-
Entrada n. 995 do blog
-
NÚÑEZ FEIJÓO I ENCE,
por Xesús López Fernández
-
Ence, a presencia de Ence, está moi comentada neste blog ou incluso nalgunha weg, iberica2000.or, "Pontevedra muere". Non vou facer, pois, outro comentario qu´o de decir que a esperanza pode ser, nestos momentos, Núñez Feijóo, pero non sobre a base de leva-la fábrica a Marcón, o que seguiría representando a fin da ría, pode que incluso das nosas vidas. "O Brado" está avisando. I Ence, coño, carece de concesión, polo que debería cerrar e marchar, buscarse vida en lugar adecuado. Talvez non en Galicia, porque a súa presencia marcou tempos de miseria en non poucas bisbarras, eucaliptizadas ata o punto de desapareceren aldeas, explotaciós agrarias, ou de mata-la gandería. Non digo máis de momento. De traidores estamos cansos.
-

viernes, 26 de junio de 2009

A XESTIÓN DE DOÑANA, DENUNCIADA

Plano de Doñana, vista aérea da costa.
Doñana e as súas marismas. Fotografía de Héctor Garrido.
-
Pontevedra, 26.06.2009
-
Entrada n. 994 do blog
-
A XESTIÓN DE DOÑANA, DENUNCIADA,
por Xesús López Fernández
-
Denunciada ante Europa e ante a Unesco polo Club de Amigos do Parque. Precisamente este pasado 5.06.2009, o Club dirixeuse ó Sr. Stavros Dimas, Comisario de Medio Ambiente da Unión Europea
-
Según parece, a situación do parque é dramática, en canto que parque natural e patrimonio cultural. Un pode ser excéptico ante este tipo de denuncias, posto que no noso entorno son tamén moitas as cousas que deberían ser denunciadas ante a UE. Cónstame incluso que algunha denuncia tense formulado, sen resultados evidenes.
-
As entradas nos blogs convén que sexan breves, confiando ós interesados unha información máis amplia que poden aflorar por medio dos enlaces inseridos. I éso é o que vou facer.
-
Introduzamos, pois, un par de frases do referido escrito do 5.06.2009 a Stavros Dimas, Comisario de Medio Ambiente da UE: Deseamos, por medio deste informe, transmitirle que el PN de Doñana y su entorno se encuentran en un estado crítico, lo que probablemente Ud. conozca ya en razón de su cargo y responsabilidades, y pedirle su ayuda y colaboración.
-
Esta situación, que atañe tanto al patrimonio natural como al cultural de Doñana, se ha visto agravada en los últimos años, hasta llegar a unos límites difícilmente tolerables.
-
Pra máis información, como dixemos, mirade no seguinte enlace:
-

PESCANOVA INSISTE

Pescanova, en Portugal.
-
Pontevedra, 26.06.2009
-
Entrada n. 993 do blog
-
PESCANOVA INSISTE,
por Xesús López Fernández
-
Insisten en se cargar Touriñán ou reclaman, en compensación por deixa-lo proiecto inversor (deconstructor da natureza) 40 millós de euros á Xunta. Nun comentario anterior, "Arraso litoral", quedou xa comentado o que Pescanova acaba de facer en Portugal: a inauguración da pranta de Mira, que nada ten que ver co proiecto devastador de Touriñán, como devastadora foi a aniquilación de cabo Vilán por Stolt Sea Farm, subvencionada pola Xunta do señor Fraga.
-
Desta volta, ¡qué medo!, están anunciadas novas conversas antre a Xunta e Pescanova das que non se sabe ben o que pode sair. ¿Primará o sentido común ou pola contra seguiremos coa deconstrucción, arraso deste país, arraso litoral e na Galicia interior porque mandan os mercaderes, os clústers?.
-
Enlaces:
La Voz de Galicia: Pescanova pide 40 millós á Xunta por anula-lo proiecto de Touriñán.

jueves, 25 de junio de 2009

TERRORISMO SINDICALISTA

Imaxe case dantesca da folga de Vigo. No último dos enlaces, galería de documentos gráficos.
A policía impideu que os folguistas, no día xeral de folga, penetraran en Citröen pra paralizaren a producción.
-
Pontevedra, 28.06.2009
-
Entrada n. 992 do blog
-
TERRORISMO SINDICALISTA,
por Xesús López Fernández
-
Catro anos de parálisis sindicalista, de incapacidade negociadora. Dende que en Galicia caeu o bipartito parece que estamos, que están de "festa continua" os obreiros do metal. Bueno, eso de festa é un decir, porque os obreiros, en definitiva son os que van perde-lo traballo. Os enlaces sindicalistas terán desta volta comprido coa súa misión, liberados de traballo, subvencionados pra cantaren as excelencias de ZP, alabarando agora ós incautos pra sementaren o terror en Vigo; pra acabare, se fose preciso, con Citröen. A multinacional vai ter claro o que ll´agarda nun país no que de cada volta hai un maior déficit democrático. E o país, Galicia, se Citröen se deslocaliza, vai perde-lo 20% do seu PIB.
-
Hoxe, a policía impideu que os manifestantes entraran en Citröen. Non tardando moito, nas casas dos traballadores vai falta-lo pan, mentres os enlaces sindicales poden incluso brindaren a maior honra e gloria de ZP. E, de paso, por de la Vogue, Salgado, Leire Pajín e Bibiana Aído, a "filóloga", a miembra. Recesión económica; democracia en recesión.
-
Enlaces:
-
La Voz de Galcia: Batalla campal en los alrededores de Citröen. (Contén video)
20minutos.es: Folga do sector naval en Vigo, en fotografías.

ESPADACHÍN DE PICASSO

San Xohán. O día máis grande do ano. O Sol cédelle o protagonismo ás cachadas ou fumazos que, por imaxinación dos ancestros, ardían pra qu´o Sol non apagase. E o Sol non apaga, que despois do 24.12 volve crecer. É decir, crecen os días. E novas cachadas nesa data facían as tribus indoeuropeas e outras, xa qu´a Terra non morría. Era o miragre das fogatas do solsticio de verán que reiteraban confiados ó lume e ó poder de imitación do Astro Rei.
As ideas fuxidías, outro dibuxo de Xesús López. Son realizaciós informáticas que non se subastan, pero que se a alguén lle interesan pode copiare. Eu teño varias na casa, penduradas en diversas paredes e ambientes. En entradas anteriores foron xa incluídas, inseridas, moitas,
antre elas ésta que é unha recreación das nove ondas da Lanzada, outro rito máxico do que se supón qu´as estériles poden saire preñadas. É unha instantánea do baño da fertilización que trae o mar, o ardentío no areal de Punta Lanzada, un dos nomes que Colón levou a América. ¿Valerían algo estas cousas se as firmara Picasso, ou algunha infanta ou princesa?
"Home con espada", de Picasso, subastado en Sotheby´s por 12.3 millós de euros. Éste sí que vale. Increíble. (Reproducción de El Universal.com)
-
Pontevedra, 25.06.2009
-
Entrada n. 991 do blog
-
O ESPADACHÍN DE PICASSO,
por Xesús López Fernández
-
Novamente nos sorprende Picasso, despois de morto, co sobreprecio que entendemos están a pagaren, en subasta, por un dos seus cadros. Desta volta trátase dun cadro pintado sobre táboa e de grandes dimensiós (146 cm de longo por 114 que ten de ancho, do latín "amplius").
-
Este cadro mostra, como se ve na representación recollida no blog, un exuberante espadachín tocado de sombreiro negro nunha estampa protagonizada polo xogo dunhas intensas colores roxa e amarela.
-
Según os subastadoras, o traballo é un exemplo da serie qu´o creador español dedicou en Xullo do 1969 á temática do mosqueteiro poseedor (o verbo posuir é portugués, non galego) dunha espada. Trátase, ademais, dun motivo que xa inspirara a grandes mestres domo Diego Velázquez (gran referente de Picasso) e qu´o pintor malacitán trata con respeto, mais sen renunciare a un certo enredo de indiferencia.
-
Ai, perdón por suxerir unha certa comparativa coas miñas creaciós. Tamén bromeo, como Picasso con Velázquez.

martes, 23 de junio de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (11)

Suso de Toro acusa a Núñez Feijóo de pretender un xenocidio cultural con Galicia, pola cuestión do idioma que este autor nunca soubo defender. O "laureado" escritor zapateiril, biógrafo oficial do Réxime deconstructor, aparece na fotografía cun letreiro de fondo no que se lee "Outra Galiza", seguramente o título dunha das súas obras. ¿Inventor de patrias?. ¿Quén é o xenocida, Núñez Feijóo ou el que non fala de Galicia, senón de Galiza? ¿E terán que facer estes "ayatoláhs" a cruzada brasileira, dito ésto porque no Brasil din Galicia, nome verdadeiro qu´os renegados da lingua, os renegados da patria, queren ignoraren? O caos normativo, o icono escollido pra esta entrada, xa reiterado no blog, especialmente nas entradas que van tratando da deconstrucción do idioma galego. Eso vaise conseguindo por medio da férrea aplicación das normas do Diktatt coas que queren desalmaren á nosa sociedade. Un traballo de enxeñería social do máis puro estilo soviético.
-
Pontevedra, 24.06.2009
-
Entrada n. 990 fo blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (11),
por Xesús López Fernández
-
Unha das máis constantes agresiós ó idioma galego ven sendo a actuación, mesmo a obra dalgús autores que veñen configurándose no mesmo sentido qu´o dos elaboradores do chamado espanglish, o dique co que algús enxeñeiros evitan que o español gañe campo nas sociedades anglófonas. Así, no mundo galego, ven sendo o galegués inventado nos laboratorios dos que saíron as normas ortográficas o que vai secando o noso corpus idiomático día a día.
-
¿Que remedio ou bisma pode haber pró momento? Porque parece que non van as cousas por onde deberan. As ideas non están claras, non se pula pola enxebreza da lingua, creación social e milenaria deste pobo ó que queren privare de voz. Eu deille unha receta a Núñez Feijóo hai xa tempo. Porque conocín á súa avoa Eladia e ós seus tíos-avós Manuel, Afonso e Jesús, éste tío político meu. Todos eles falaban un galego precioso: o que se fala na Ribeira Sacra dos concellos de Pantón, Sober, Os Peares, Nogueira de Ramuín. I éso entendo como solución: que Núñez Feijóo recupere a fala dos seus ancestros e non se cinga ás normas bastardas coas que nos queren troquelaren. Os discursos no galego dos seus ancestros --non teñamos dúbida-- serían como mangueirazos de sulfúrico, discursos doctorales de bo falar nun Parlamento no que case todos chapotean nunha xerga na que non están instalados, no galegués inventado polo BNG co horizonte, se os deixan, da creación dun novo país, o Portugaliza de Quintana.
Enlace:

lunes, 22 de junio de 2009

A CAPITAL, EN DECONSTRUCCIÓN

Aspecto parcial da manifestación do 19J, na que parece non houbo tanta xente como os organizadores afirman. As 40000 persoas que algún visionario chegou decir quedaron rebaixadas ás 20000 que estimou a policía e que agora, según fontes do PP puideron ser 3500, 4000 ou 4500 sendo xa moi xenerosos.
-
Pontevedra, 22.06.2009
-
Entrada n. 989 do blog
-
A CAPITAL, EN DECONSTRUCCIÓN,
por Xesús López Fernández
-
Nada ten que ve-la Pontevedra actual coa capital que puido ter soñado Sesmeros, doutada de espacios amplios, edificios nobles, arterias que, de hai dez anos a esta parte, tomado o poder local polos alieníxenas, está a morrere, en fase de total deconstrucción.
-
Permanece o edificio da Diputación como centro de poder; permanece unha descafeinada Subdelegación do Goberno. Pero, ¿qué servicios obrigan ó cidadán a acodire a esta cidade impenetrable, remedo aldeán, inaccesible aínda que premien precisamente esa "accesibilidade" á vista de posibles pelotazos urbanísticos?.
-
Os ayatoláhs da cousa local, que non da provincial, quixeron montar desta volta unha manifestación como a famosa do 5J que lle costou daquela a alcaldía a Juan Luís Pedrosa. Si entón se protestaba pola perda de competencias da Audiencia Provincial, desta volta a rabieta estaba servida pola imprudencia de Núñez Feijóo de ter nomeado dous delegados provinciales, un deles pra Vigo e o seu radio.
-
Pero consideremos unha cousa: ¿ónde radica o poder provincial e as diversas delegaciós administrativas?. Pois resulta que, desta volta, nun barrido de competencias localizadas en distintos puntos da urbe, concentradas agora no contenedor de Touriño, en Campolongo, xa non está claro cál pode se-lo emblema provincial. ¿Haberá que pensar en que a capitalidade radica nunha especie de Contenedor,D.F.? E un contenedor pódese levar, por medio dun vehículo longo, a Marín ou a Salvaterra, portos secos. Si esta fose a opción escollida volverían as cousas ónde estaban, con sentido de memoria histórica, xa que antes de ser Pontevedra capital provincial foino Tui, que debería tamén monta-la súa protesta particular. Pero levado o "contenedor administrativo" a Salvaterra, en certo sentido estaría tocando á que foi capital histórica dunha das sete provincias galegas: Santiago, Betanzos, A Coruña, Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui. Pontevedra non está na relación. Vigo confiaba no seu futuro como acto de fé cidadáa. E Pontevedra dormeuse parvaxolamente.
-
E ven agora o PP a decire que "¡menos lobos!", que foron menos os protestantes qu´os estimados polos organizadores. ¿E sabedes por qué? Porque a xente vai cansa, moi cansa, do equipo local de goberno pró que de boa gaña farían algús colectivos un cadalso na popia praza da Ferrería, do mal qu´o levan feito estes deconstructores fabricantes de ruínas.
-
Enlace:
blog de Telmo Martín: La manifestación

ARRASO LITORAL

Touriñán, altar ante o oceano Atlántico, un dos lugares sagrados da nosa Terra que os profetas dos "clústers da abundancia", fabricantes de miseria ambiental, queren de novo atacar co seu programa de arraso litoral.
-
Pontevedra, 22.06.2009
-
Entrada n. 988 do blog
-
ARRASO LITORAL,
por Xesús López Fernández
-
Pescanova acaba de inaugura-la súa pranta acuícola de Portugal, en Mira, a máis grande do mundo que xa van ampliar. E volven coa súa teima redoblada por se cargaren Touriñán coa complacencia da Xunta.
-
Por favor, que sofree a lingua Núñez Feijóo, que ese tema estaba xa case visto pra sentencia polo TSXGalicia, cando Touriño desactivou, xa no estertor da súa gobernación o Plan Acuícola do PP pra nos servi-lo mesmo plan modificado.
-
Certo que se salvaba Touriñán, pero non outros enclaves da Rede Natura. E bébedos polo triunfo de Pescanova en Portugal, alabarados, non contan a realidade da pranta lusa da empresa, que está a 500 metros da costa, ou que toma e lanza a auga por medio de tubos que penetran no oceano tres kilómetros. E pasan soterrados por baixo do sistema dunar.
-
Non era unha granxa así a que querían instalar en Touriñán, senón algo como o desastre consentido en cabo Vilán a Stolt Sea Farm. Consentido e subvencionado, definido por un Fraga que xa está fóra do sentido común como a nova fachada marítima de Galicia.
-
Enlaces:
-

domingo, 21 de junio de 2009

JUAN VIDAL, IN MEMORIAN

Juan Vidal Fraga, xa na Eternidade. Amigo, avogado, filósofo, político, mestre pra moitas xeneraciós, ó que dedico o meu artículo semanal. (Foto do Diario de Pontevedra).
-
Pontevedra, 21.06.2009
-
Entrada n. 987 do blog
-
Juan Vidal, in memorian,
por Xesús López Fernández

Benquerido amigo: Cando me dispoñía a arrancar co meu traballo semanal entereime de que xa non estabas, que xa tiñas vez pra descansar na Eternidade da que non se volve, na paz do Señor. Hai xa un mes que me deran aviso de que estabas mal: “O noso amigo Juan está moi mal…. Hai poucas esperanzas”. No teu entorno, sen embargo, mantiñan a arelanza dunha nova recuperación, que xa non era posible. Comentáronmo as túas irmás con aceptación resignada, no sentido de que aínda que poidas estar máis alá das estrelas, co simbolismo que a esto se lle queira dar, o teu relembro vai quedar vivo en tódo-los teus. Eu agardaba tamén, como moitos dos teus parentes e amigos, que regresaras á túa “tribuna” no Diario, onde nos últimos tempos compartiamos páxina. Finalmente, non foi así. Acabouse o tempo e, sen embargo, atópaste xa nunha dimensión na que non se acaba o Tempo.

Polas veces que temos falado dende a nosa primeira amistade nos últimos 50, sei da túa constante preocupación á procura dunha formación humanística firme. En certa ocasión me mostraches, na vosa casa de Marcón, varios libros. Non sei si foi esta unha das túas constantes, pero tiñas coidadosamente estudiada unha obra de Jacques Maritain, realzadas con diversas colores algunhas das súas afirmaciós. ¿Qué libro era, Juan, Xohan? ¿”Cristianismo e Democracia”, “O home e o Estado”? Porque Maritain foi o gran interpretador do noso tempo en clave cristiáa. Tí, Juan, mantiveches no teu discurso o seu discurso en debates e tertulias, na túa presencia política, unha mensaxe inequívoca a favor da democracia e da libertade, a favor da Vida i en contra da corrupción, claramente definida nos teus artículos. Leo un texto teu sobre a necesidade de orienta-las nosas conductas dende a ternura que “con mercaderes i egoístas fuxe, non acepta permanecer nunha chousa de mesquindade. Non-a busquedes en tendas ou supermercados, que non se deixa mercar nen vender, non ten precio, é gratis….”. I ése pode ser un dos dramas da nosa sociedade, das víctimas da súa ausencia. Malo, Juan, [era o teu discurso], se non-a acollemos na alma.

Sinalaba o teu “mestre” Maritain que a causa principal no fracaso da democracia estaba “nos antagonismos irreductibles inherentes a unha economía fundada sobre a fecundidade do diñeiro”. Esa era tamén a túa apreciación da política, porque todo eso ten impedido que as afirmaciós democráticas pasen á vida social; e a impotencia das sociedades modernas ante a miseria e a deshumanización do traballo, a súa imposibilidade de sobrepasa-la explotación do home polo home foron, prás democracias, as claves dunha amarga derrota; pero a causa principal é de orde espiritual…. xa que o principio esencial da democracia moderna ven da inspiración evanxélica e non pode subsistire sen ela, ou sen a ternura por ti sinalada. As clases dirixentes renegaron do Cristianismo no nome da libertade humáa. Esa é a causa de tantas derrotas e males da nosa sociedade, que ti denunciabas sen medo.

Vouche botar de menos. Existía unha sintonía certa antre as nosas formas de ve-las cousas, especialmente dende a túa descoberta, dende a democracia cristiáa, do ecoloxismo, da necesaria defensa da opción verde. Pouco faltou daquela pra que a vosa candidatura entrase no Concello, o que representaría, talvez, a osixenación da política municipal. Comentaba Jabois no Diario, o sábado, a vosa escenificación na praza da Verdura, a reclamación da súa restauración, algo que eu definín daquela como “O márketing dos homildes”. Tempos tamén de intenso traballo na definición da Axenda21Local como instrumento democrático ó servicio da recuperación ambiental. Acabóuseche o tempo. E ti, como diría o Poeta da Raza, xa te foches da sereidade da vida. Repousas dos teus afáns e debates na Eternidade. Ti, que foches xedrecista, has ser agora testigo das claves da gran partida que está a libra-la Creación contra o Mal, ese que ti denunciabas con valentía aquí, na Terra. Descansa en paz, amigo.
-

viernes, 19 de junio de 2009

VICENTE FERRER, PRESENTE!

Morreu Vicente Ferrer, antiguo xesuíta, creador da fundación do seu nome e que se fixo probe antre os máis probes da India, un ánxel prá India, como se comenta en diversos medios.
-
Pontevedra, 19.06.2009
-
Entrada n. 986 do blog
-
VICENTE FERRER, PRESENTE,
por Xesús López Fernández
-
Hoxe deben tocar a morto as campáas todas da India e, por solidariedade, deberían transmitir tamén os sinoiros todos da Terra o seu laio funeral. Vicente Ferrer, finada a súa singladura temporal, entra agora na Eternidade. Agardemos qu´o Señor envíe un novo relevista prá súa obra; esperemos que da sementeira feita polo home antre os máis probes non falten os voluntarios necesarios pra se alistaren no pelotón dos héroes que loitan naquel subcontinente por erradica-la probeza, porque a xente, máis que recibir un peixe cada día, aprenda a pescar e subsistir no amor.
-
Siguen diversos enlaces:
-
Noticia de Admin, dende Nova Delhi, 18.06.2009, Un ánxel español prá India.
Caminando en el Desierto: Vicente Ferrer, DEP
El Correo Gallego: Fallece el cooperante español Vicente Ferrer...

ENCE, A MENTIRA PERMANENTE

Vista de Ence, unha das causas principales da morte da ría. Foto de La Voz de Galicia d´hoxe, sobre a noticia da súa pretensión de permaneceren aquí.
-
Pontevedra, 19.06.2009
-
Entrada n. 985 do blog
-
ENCE, A MENTIRA PERMANENTE,
por Xesús López Fernández
-
Na foto apréciase a realidade de Ence, na nosa ría. O que xa non se aprecia nese documento é o grado de deconstrucción do mar que foi patria de navegantes que buscaron outros mundos polo camiño do mar. Nen o foco de contaminación e cause d´enfermedades qu´o complexo representa.
-
Na noticia síguese a mante-la mentira falaz do prazo concesional ata o 2018, cando actualmente podería non ter concesión pola non ter renovado no momento da súa privatización. O asunto está nos tribunales denunciado por Salvemos Ponevedra, non polo BNG nen por nengún outro partido político.
-
O que tampouco se di nunca é a gran estafa que esta factoría, industria d´enclave colonialista, representou pra Galicia: perda da riqueza natural do noso mar e perda da biodiversidade dos nosos montes, colonizados por unha prantación excesiva d´eucaliptus que se fai máis e máis larga por tres vías, según un informe confidencial: por sementes, por medio de planteles, ou pola vía incendiaria, porque téñense contado ata 22000 renovos de cepa por hectárea.
-
O malo do tema é que a única esperanza que temos de que as cousas vaian a mellor é a promesa electoral de Núñez Feijóo da recuperación do litoral de Lourizán. E teñamos presente tamén o dito polo conselleiro de Medio Ambiente: que as rías están hoxe peor que no 2004. O que xa non dí o conselleiro é que ó mellor temos que devolver a Europa o gastado aquí, de fondos europeos, nunha depuración [a edar d´Os Praceres] na que delinquen as tres Administraciós, por ilegal.
-
Enlace:




jueves, 18 de junio de 2009

A FOLGA DO METAL, EN VIGO

A violencia cébase nos caixeiros, aténtase incluso contra o domicilio de certos empresarios, o que xa non parece ter relación cunha folga laboral, con demasiada carga de incivilidade.
-
Pontevedra, 18.06.2009
-
Entrada n. 984 do blog
-
A FOLGA DO METAL, EN VIGO,
por Xesús López Fernández
-
Esto xa pasa da raia. Que nun país arruinado pola errática política dun goberno incapaz pretendan os sindicatos, con enlaces subvencionados, unha sobida salarial do 4,50 por cen cando a nación toda está en recesión e haberá incluso que revisare os alugueres á baixa porque o IPC interanual é inexorable cos seus índices, non é de recibo.
-
Tampouco se entende que se produza a demostración de terrorismo sindicalista [que dura xa 12 días] precisamente pouco despois de ter vomitado da Xunta ó Bipartito de triste relembranza. En Vigo, con "bombitas" parece que comparece, presuntamente, Resistencia Galega, tamén nemiga da lingua galega e impostora do galizo.
-
Noticia traducida de EFE/Faro de Vigo, na arrancada da información desta xornada-pánico: Centos de traballadores do sector metalúrxido da provincia
de Pontevedra agólpanse nestos momentos nos estaleiros tanto da Beiramar como de Guixar pra comezare unha protesta polas rúas do centro de Vigo. Así informaron a Efe fontes dos Sindicatos que lembraron qu´o ciclo de movilizaciós polos concesionarios de vehículos rematou onte e hoxe regresan ás rúas como en xornadas pasadas. [Ata aquí a noticia da nova sementeira de pánico ata que a Xusticia actúe contra os "tonton-macouttes" sementadores de violencia laboral e idiomática que, como diría Arzallus, moven a nogueira pra que outros recollan as noces.].
-
Siguen esa noticia e outras nos enlaces indicados:
-
Faro de Vigo: Los trabajadores del metal vuelven a protestar en las calles.

Faro de Vigo: Los empresarios cifran en 300 millones las pérdidas..
Faro de Vigo: Tres ataques con explosivos y cócteles molotov
El Correo Gallego: Nuevos cortes de tráfico en Vigo...
El Correo Gallego: Irrupción de Resistencia Galega con 4 cóteles molotov,