Unha vez máis, "o caos normativo", desta volta pra ilustrare un artículo xa inserido na web de "Pontevedra Viva", sobre o que pode proceder unha addenda, aínda que non vaia agora. Alonso Montero maniféstase marxista, pero dí que na Academia non vai actuar como tal, senón como lingüista. Curiosamente, as normas que el tamén cuestiona son, presuntamente, un traballo de enxeñería social dos estalinistas que tentan extraterritorializárennos e instalarnos así, se ese disparate fose posible, no portugués.
Entrada n. 1657 do blog
Artículo inserido na web de "Pontevedra Viva"
Sobre as declaraciós
de Alonso Montero,
por Xesús López
Fernández
La Voz de Galicia do 28.4.2013
recollía unhas declaraciós de Alonso Montero na arrancada da súa presidencia,
que confío se convirta en periodo fecundo aínda estando as cousas difíciles prá
sanación dun idioma ferido. O home posiciónase en contra do reintegrado aínda
comprendendo as súas razós, pero tamén afirma que os que defenden a asunción da
ortografía portuguesa desconocen os argumentos sociolingüísticos do sector que
agora capitanea o novo presidente, que se mostra oposto a asumir novas reformas
na normativa e que chega decir que a el lle gostaría retornar ás normas do 82,
que pra min foron xa normas espúreas, nas que o reintegrado estaba infiltrado,
coa particularidade de que gran parte do corpo docente prescindía daquela do uso daquelas normas, evitaban
recomendare libros de texto e daban as clases por apuntes, actuando algunhas
profesoras como “sacerdotisas” de Carballo Calero. (Podo contar algunha
historia)
Coido que, ademáis, aquelas normas
non foran xa elaboradas pola RAG, según comentaran algús académicos, antr´eles
Franco Grande, e sei de algún caso no que alumnos galegofalantes suspendían a asignatura aínda tendo, talvez, unha maior formación e
conocemento da oralidade da lingua, de instalación na fala, que as
propias ensinantes. E Alonso Montero afirma que cando se aprobou a última
normativa non era partidario de
cambia-las normas do 82 e, xa que se cambiaban, non facelo nese sentido. Ante o
arraso dos grupos cultos “-cc, ct, pt, etc.”, afirma que non lle gusta escribir
“dicionario, produto”, algo que parece pura esquizofrenia cando impoñen, en
cambio, formas como “obxecto, adxectivo, respectar”, sen tradición no idioma.
Antre outras cousas, dí Montero, porque crea problemas no ámbito escolar, aínda
que non se propón cambia-la normativa.
Lembremos que, según Méndez Ferrín
(nunha entrevista publicada na revista Tempos Novos ou Novos Tempos , xa non sei)
os reintegracionistas son os nemigos da fala, algo que tamén decía Novoneyra,
nemigo das normas do 82 e das políticas da RAG, do ILG, da AS-PG e dos
reintegracionistas, os forxadores da lingua da non-patria. Eso é o que temos
actualmente, a lingua da non-patria, a norma da deriva dos iluminados que tentan
convertírennos en portugueses. Mellor que regresare á normativa do 82 sería
volver a outras que non por breves eran peores, un corto prontuario coido que
do ano 1970. Todo o que veu despois foi a peor. Cada día novos diferencialismos
e medievalismos que xa non valen prá fala d´hoxe en día. Pero Alonso Montero e
algunha da xente do seu equipo deben outar pola creación popular, porque é a
sociedade a forxadora, a inventora e acariñadora do idioma que non precisa dos
alquimistas do reintegrado.
Desgraciadamente e como a xente xa
pasa do galegués ou galizo e parece inviable o regreso aludido por Alonso
Montero, que tamén reconoce que decote hai menos galegofalantes, ó noso idioma
parece quedarlle un corto espacio de tempo. ¿Unha xeneración? Talvez menos.
29.04.2013 (Env. a Pontevedra Viva.)