sábado, 31 de marzo de 2012

A chuvia que nos deixou

O bestialismo incendiario cébase nada menos que coas Fragas do Eume, o maior bosco atlántico do litoral europeo. Repárese no protagonismo incendiario dos eucaliptus, especie que non se cita nas noticias que se van dando sobre a diversidade forestal queimada, como se existise unha certa conciencia culpable na propia Administración, aínda qu´o disimulen. Na mañá do 1.04 aumenta a participación do exército nos labores de extinción.

Un bombeiro forestal traballa nas Fragas do Eume. Nos traballos d´extinción colaboran neste momento (2.00da madrugada do 1.04) 55 militares.

Pontevedra, 2.04.2012
Entrada n. 1509 do blog
Artículo semanal

A chuvia que nos deixou,
por Xesús López Fernández

            O inverno que acabamos de pasare foi, en Madrid, o máis seco dende que se ten rexistro, datando o máis antiguo no 1893. A situación é moi preocupante se non-o remedian chuvias por riba do normal nos meses de abril, maio e xuño. Se así non acontece, o dano xa está feito en diversas zonas de España. No Pirineo Aragonés e na cornisa cantábrica califican a situación de grave, mentres en Andalucía, o inverno estivo marcado por un frío polar á par que unha seca dominante, con estragos moi elevados no sector primario, que ASAJA estima en 518 millós de euros: cítricos e outros cultivos, cereales e gandería extensiva. Eso referido ó momento actual, que co panorama existente son moitos productores os que andan a pensaren en non sementar xirasol, outra perda a sumar á posible do olivar, prevista unha baixa na producción dun 40% na  provincia de Jaén.    

            Argumenta ASAJA que este inverno foi o máis seco dos últimos 70 anos e que, se sigue sen chovere, van sumar perdas totales nos cultivos de verán. A situación está “a poñer en xogo o entramado socioeconómico das zonas rurales”, afirma o presidente de ASAJA-Andalucía Ricardo Serra, no sentido de que a situación meteorolóxica pode ser un factor máis na destrucción de emprego e riqueza. Ó home extrañoulle que o ministro do MARM, Miguel Arias Cañete, que acaba de se referire á seca como problema preocupante en Galicia, Cantábrico e o Val do Ebro, pra nada citou o caso de Andalucía, onde tiven ocasión de senti-lo frío polar, este pasado inverno; de ver tamén vastos campos feridos pola falta de chuvias.

            Coa seca está tamén en marcha a campaña incendiaria: en Galicia, Asturias e Cantabria. Cando escribo estas líneas arde o corazón do Parque Natural das Fragas do Eume, 200 hectáreas, e foron desaloxadas unhas 200 persoas. A situación do monte galego debe ser agora similar á do ano 2006, un dos anos terribles da peste incendiaria, posiblemente o peor dend´o ano 1989, no que se contabilizaran máis de 15000 incendios, como que Galicia ardía incluso no mes de Outono. Daquela e despois dun incendio en Carnota, foran localizados no monte unha serie de artefactos incendiarios. Houbo, sí, unha pequena pausa dos anos 1990-1991, en sendo conselleiro de Agricultura Romay Beccaría, na que se evidenciara que o lume forestal non era un algo casual, que en moitos casos podía haber mesmo unha trama incendiaria, como xa se presumía. Resulta vergonzoso que a estas alturas sigamos sen poñere os montes en valor, sen consideralos parte das nosas vidas, sen dotalos de prantaciós nobles ou sen potencia-la entrada neles de animales rozadores: cabalos, vacas, ovellas, cabras, que limitarían a formación de bouzas pró lume.   

            Total, que temos dediante nosa un panorama desolador. Non chove. As cidades mesmo poden pasar sede, naturalmente. Secuestrada a auga dos ríos por medio de encoros, éstos están agora baixos. Os ríos poden incluso, nalgún caso, non dispoñere de caudal ecolóxico, necesario pra diversas formas de vida. Seguro que noutros tempos andariamos de rogativas. O home, máis próximo a Deus e ós santos, pola súa intercesión, obtiña o favor da chuvia, cun ritual que dalgunha forma viña de tempos anteriores, cando o home chegou creere que tiña dominio máxico sobre a chuvia, ata o punto de que o “facedor de chuvias” era, nas sociedades primitivas, un home importante. Unha ponla ou unhas follas molladas servían pra orballare o entorno, a imitación da chuvia. Na tribu Mara, Australia, un facedor de chuvia achégase a unha charca i  entona un canto máxico; despois colle auga coas mans e lévaa á boca pra espurreala, incluso sobre sí, e regresa ó campamento. A chuvia ven detrás. Outros queiman un ramallo e apagan o lume con auga. Tamén comparece a chuvia. ¿Por qué non en Galicia, con tanto bosco queimado? Está claro que falamos de cousas distintas, de pobos distintos, mesmo da falta de fe da sociedade actual.            

viernes, 30 de marzo de 2012

O 29M, en clave humorística

Pontevedra, 30.03.2012
Entrada n. 1508 do blog

O 29M, en clave humorística,
por Xesús López Fernández

No canto de inserir algún comentario sobre a xornada vivida, caracterizada pola violencia dos piquetes "informativos", sendo unha constante a súa agresión ós representantes de medios informativos e ás xentes que reivindicaban o seu dereito a traballaren. A destrucción de mobiliario urbán, mesmo instalaciós mercantiles foi outra das constantes. Parece quedou claro que máis que de folga tratouse doutra cousa, unha especie de ensaio xeral con abondante flamear de bandeiras republicás e soviéticas. O socialismo non é democrático e non dubida en botar man da violencia.

O lume constitueu unha seria ameaza, especialmente na Cataluña de Artur e Pujol, de Rovira, Montilla ou Puigcercós. Que se vaian preparando, que na próxima pode ser aínda peor. Poden ser víctimas da criatura, do monstruo que estiveron a engordaren.

Mentres, hoxe se aprobaron no Congrreso os presupostos presentados polo Goberno, parece que ben acollidos en Europa.

 Caín, en La Razón, mostra unha instantánea do día despois. 
 Esteban, en La Razón, ¿Piquete informativo?
 Esteban, en La Razón: ¡Adiantamos a Grecia, queimamos neumáticos de última xeneración!, afirma o home da caricatura barbada.
Montoro. Rubalcaba non aprende a decir "hemos gana´ooo".

 Caín, tamén en La Razón: ¡¡Súmate ó noso pasado de loita!! 


Montoro, en La Razón. ¿Pero non abrían as marisquerías?, pergunto.



Cañete fala de Ence

As marismas de Lourizán, espacio degradado pola presencia da fábrica de celulosas, do Grupo Empresarial Ence, S.A.

Pontevedra, 30.03.2012
Entrada n. 1507 do blog

Cañete fala de Ence,
por Xesús López Fernández

Se a factoría permanece en Lourizán é por nugalla dos diversos partidos políticos, presuntamente tocados de corrupción especialmente neste asunto que fede máis da conta. O proceso seguido contra Ence rematou como rematou por un extraño acordo antr´a empresa e a APDR, con algún suposto e nefasto mediador.

A empresa actual carece de licencia, pero os políticos parecen bobos cando falan de que a concesión vence no 2018, o que sería certo se non-a tivese perdido, asunto no que se basa a denuncia de Salvemos Pontevedra que está na orixe da orde da Audiencia Nacional do pasado ano, ordeando ó MARM incoare o proceso de cancelación da concesión de Ence (non Grupo Empresarial Ence, S.A., empresa distinta).

En principio parece que a Lei de Costas si se vai tocare pra mante-la presencia desa fábrica de morte en Lourizán, cando na factoría confían en obter algún tipo de prebenda pra seguire matando o ecosistema da ría. Cañete sabe do procedemento xudicial en marcha e pendente da resolución final.

O que está claro, ademáis, é que esa factoría non é compatible coa defensa do litoral, nen coa saúde e convivencia humáas, como decía o Ministerio da Vivienda do Goberno franquista no  1973, ó  non aprobare o PXOM pontevedrés do 1970 e nega-la posibilidade de conversión das marismas en terreo industrial.

martes, 27 de marzo de 2012

Guillermo Meijón, co paso cambiado

Pontevedra, 27.03.2012
Entrada n. 1506 do blog

Guillermo Meijón, có paso cambiado,
por Xesús López Fernández

O home, diputado socialista pontevedrés,  parece un pouco despistado. E despois das últimas noticias, do segundo "éxito" xudicial de Salvemos Pontevedra, definida nalgunha ocasión como "látigo, promotora dunha cruzada xudicial, no exercicio da acción popular, prá recuperación do litoral", debería preocuparse máis pola execución das sentencias xudiciales firmes en relación coa recuperación do antiguo "solar" de José Malvar Construcciones; agora do ocupado por Holcim, que nunca tivo concesión nen licencia municipal, e cuia recuperación xa foi ordeada polo TS ó ministerio MARM (o do tres en un), nacido pra descafeinare o ministerio do Medio Ambiente. 

Aí ten Meijón un traballo ilusionante e ben pode deixarse de paridas sobre a fin do periódo concesional de Ence, no 2018, porque a empresa aí radicada actualmente é outra, Grupo Empresarial Ence, S.A., e o T.S. tamén lle dou orde ó ministerio, por medio de sentencia do pasado ano, de incoa-lo procedemento de cancelación da concesión de Ence (que non Grupo Empresarial Ence, S.A., presuntamente sen concesión), procedemento incoado por denuncia, tamén, de Salvemos Pontevedra, reitero que en exercicio da acción popular que tanto a Constitución como a lei de Costas, recomendan practicar. E resultan sospeitosos políticos como Caamaño, o que fora ministro socialista de Xusticia, que quixo acabar coa acción popular.

Hai dous días anunciaba o Faro de Vigo e pretensión do clúster portuario de ocupar máis mar. A corrupción permanece aí. E varias sentencias firmes están pendentes de execución. Eu, que confío en Guillermo Meijón, suxírolle que non se deixe namorare polo clúster do porto de Marín; que se erixa en defensor do Estado de Dereito, que ata o d´agora os partidos que foron relevistas na presidencia da Autoridade Portuaria (agora o PP) estiveron tocados de presunta corrupción, nemigos do medio natural. Non esquezamos que o PP foi o creador do ministerio de Medio Ambiente, reconvertido polo PSOE en MARM, e coesta matraca sigue agora o Goberno de Rajoy.

Enlace:
Meijón solicita en el Congreso que el Gobierno facilite el traslado de Ence de Lourizán. (Pero en todo este asunto hai moito político enmerdado. E Arias Cañete non apunta, de momento, boas formas) 

lunes, 26 de marzo de 2012

O día da Anunciación

 O 25 de marzo, a Igrexa celebra a Anunciación do ánxel Gabriel a María. Comeza o proceso da salvación do home. Inclúo algunhas das fotos relacionadas coa basílica da Anunciación, en Nazaret. Nas paredes existe unha polícroma mostra da arte cristiá de diversos países do ancho mundo.  
Esta é unha fotografía caprichosa da fachada do templo, construído en cemento.  
 Máis mostras da arte alí concentrada.
 E máis nesta vista parcial do templo. 
 Máis realizaciós, como distintos ríos da fe cristiá e universal.
 Como esta outra vista, tamén do interior da basílica.
 Este é o sagrario da reservación, obra do pintor pontevedrés Rafael Úbeda Piñeiro, compañeiro meu de bachelerato. Aínda hai pouco fixo en Pontevedra unha exposición antolóxica da súa magna obra.


 Retablo da basílica.
 Éste é o relicario no que están depositádo-los restos de mártires franciscáns.
 Neste lugar sitúa a tradición a visitación de Gabriel: "Verbum caro hic factum est".
Outra vista da fachada da basílica.

Pontevedra, 26.03.2012
Entrada n. 1505 do blog

O día da Anunciación,
por Xesús López Fernández

Este blog está definido, será mellor decir que a miña intención, como "católico, ácrata, crítico". I esta entrada era prá ter inserido onte, 25.03.2012. Pero, ¿qué podo decir eu da visita de Gabriel e do "fiat", a resposta de María? Podo botar man de diversas fotografías, pasando ó mellor por alto as mellores de que dispoño daqueles lugares sagrados dende unha viaxe realizada a Terra Santa no mes de Xullo do ano 2009, algo que fun relatando na medida do posible por medio de diversos artículos que figuran  neste blog. Pero hoxe quero incluír aquí unhas reflexiós de San Efrén, diácono e mestre na escola de Edesa, Mesopotamia, que escribe as súas obras prá liturxia e  catequesis de lingua siríaca. 

E vou inserir, simplemente, a parte final dunha meditación titulada "Abrahán veu o meu día i encheuse de ledicia". San Efrén fala de cómo Abrahán, vello, e Sara, estéril, reciben a promesa do ánxel: "O ano próximo, nesta época, Sara vai ter un fillo". E nacería Isaac, aínda que Sara dubidara, por ser estéril.

María, pensando na virxinidade que quería conservare, dixo á promesa do ánxel: ¿Cómo vai ser éso, pois non conozo varón?. Certamente que a promesa era como contra natura, pero aquel que, contra toda esperanza, tiña dado Isaac a Sara é verdadeiramente o mesmo que, según a carne, naceu da Virxe María.

Na arrancada da historia da salvación.
  

sábado, 24 de marzo de 2012

Memoria dunhas marismas

Salvemos Pontevedra naceu coa idea de exercitare a acción popular e de incoare así diversos procedementos ante a Xusticia, co horizonte da rexeneración litoral local. O tema hoxe tratado como artículo solápase en parte coas últimas entradas do blog. Éste é o  logotipo da asociación.

Pontevedra, 26.03.2012
Artículo semanal
Entrada n. 1504 do blog 

Memoria dunhas marismas,
por Xesús López Fernández

            Coido que as palabras “marisma” e “vida” poden ser sinónimas, que mesmo cando se acometen actuaciós deshonestas contra as marismas integradas nun ecosistema, éste como un todo pode perecer por seren aquelas parte sustancial, sostén si se quer de todo o entramado, da vida e riqueza do mesmo. Eso témolo claro en Pontevedra porque a sucesiva ocupación de marismas e xunqueiras veu representare unha agresión á paisaxe, río, mar e beiramar, mesmo á economía primaria na que moitas familias tiñan o seu medio de vida: sardiñas e robalizas, marisqueo…. Se no seu día (ó redor do 1970)  avisaba o goberno da nación de que Ence i Elnosa estaban mal ubicadas, que eran un problema prá saúde e convivencia humás, aínda hoxe permanecen as consecuencias de tanto disparate consentido, falta a clase política de dinós pra, coa lei de Costas do 1988 na man, rexenera-lo litoral.

            Esta pasada semá informaron diversos medios do auto do Tribunal Supremo do 16.02.2012 polo que se desestimaba o recurso de casación presentado pola representación procesal de HOLCIM HORMIGONES, S.A., contra a Sentencia do 17.02.2011, dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional (Sección Primeira) no recurso n. 884/2009, que se declara firme. Culmina así un proceso comezado por medio de  SALVEMOS PONTEVEDRA o 6.08.2004 ante a Dirección Xeral de Costas. Pola sentencia agora firme condenaban á Administración á incoación do expediente de caducidade da concesión outorgada por O.M. do 8.03.1949 a D. Ramón Dios Otero (destinada a terras de labor), transferida por defunción do seu titular á súa filla Dª Ángeles Dios López, o 11.11.1958, e á adoución das medidas previstas prá paralización das actividades e suspensión do uso i explotación das instalaciós. E, declarada firme a sentencia polo T.S., SALVEMOS PONTEVEDRA insta ó ministerio de Medio Ambiente a que proceda de inmediato á execución da sentencia nos términos descritos, pró rescate e rexeneración do dominio público marítimo terrestre en Lourizán (Pontevedra). Esta nova, reconfortaría a D. Antonio Rodríguez Tourón, q.e.p.d., memoria viva das marismas, preocupado pola serie de presuntas ilegalidades cometidas diante da súa propia casa. 

            SALVEMOS PONTEVEDRA ten un emblema, un puzzle ó que lle faltan pezas pra recompoñere esa memoria, os espacios arrasados do noso ecosistema. Pola súa recuperación i en exercicio da acción popular leva promovido diversas actuaciós. O espacio ocupado por Holcim era unha desas pezas; outra, o espacio que ocupaba Construcciones Malvar, rescate xa efectuado polo ministerio de Medio Ambiente. Outra sentencia, do 19.05.2011, condena á Administración a incoare o expediente de caducidade da concesión outorgada a ENCE, S.A., e á adoución de tóda-las medidas legalmente contempladas prá paralización das actividades e suspensión do uso i explotación das instalaciós que o GRUPO EMPRESARIAL ENCE, S.A., ven realizando no dominio público marítimo terrestre de Lourizán, o que pon de manifestación o disparate que supón a construcción do Nudo de Mollavao en terreo demanial, en contra do ordeado pola Lei de Costas, o que faría imposible a necesaria e imprescindible recuperación do dominio público marítimo terrestre, indo incluso en contra dos propios actos i en contra da finalidade da Lei 22/88, do 28 de Xullo, de Costas, que obriga ás administraciós públicas a protexe-lo referido demanio na defensa da súa integridade e a preservación das súas características naturales. 

            Ana Pastor, na súa visita institucional a Pontevedra, soubo decirlle ó goberno local, en relación coa súa pretensión de delongare a pasarela das Corbaceiras, que había que ter en conta a Lei de Costas. Vese claramente que o Concello non está polo labor de recupera-las marismas de Lourizán, que carece de memoria. E SALVEMOS PONTEVEDRA anuncia novas e posibles acciós pra evitare a construcción do Nudo de Mollavao, por vía contencioso-administrativa e, si procede, por vía penal.   


viernes, 23 de marzo de 2012

Visítanos Ana Pastor



Hoxe, 23.03.2012, visítanos Ana Pastor, a ministra de Fomento, pra falare co alcalde Lores. Dous antiecoloxistas fronte a fronte. Coido que na xuntanza van estare presentes máis persoas, antr´elas algún convidado de pedra.

 Asi vanse conformando os edificios do Gaiás, un tragacartos sen fin, un cáncer na economía de Galicia. O monte fora doado por José Luís Méndez, presidente de Caixagalcia e do Grupo Empresarial Ence, S.A., ó tempo que Fraga dictaba un decreto de supramunicipalidade pra situa-la factoría de Georgia Pacific nas marismas de Lourizán. ¿Troco, cambio de cromos? ¡Corrupción! Afortunadamente, Salvemos Pontevedra consigueu que Cristina Narbona, ministra de Medio Ambiente, definira as marismas de Lourizán, en canto que dominio público marítimo terrestre, como inalienables, inembargables, imprescriptibles e insusceptibles de desafectación por medio dun decreto, mentres algús chourizos da política siguen escollendo outra línea de actuación menos práctica.
Despois do goberno Fraga veu o bipartito e, no canto de aplicare una solución de zuruxán, non lle fixeron noxo á obra, na que presuntamente todos se beneficiaron , ladroeiros na cousa de gobernar. Hoxe, non hai cartos pra seguire con esa realización nen tampouco está claro qué van facer coas construcciós.
Pontevedra, 23.03.2012
Entrada n. 1503 do blog


Visítanos Ana Pastor,
por Xesús López Fernández

Pouco agardo desta visita, pois coido que na postración da cidade hai culpas dos diversos gobernos centrales e, sobre todo, dos gobernos locales, traidores á ecoloxía desta ría e ó modelo de cidade que aquí existía, cidade comercial e administrativa. Pero os mandiños locales teñen moita presa por novas infraestructuras, ó mellor pra que lles constrúan algún carril bici, máis lombos, ou novas sendas de madeira pola beiramar. Mellor dito, pola beiramar, non, porque a avenida de Marín, na que se apoia e sigue en paralelo, está construída en terreo demanial, o que supón unha presunta ilegalidade. Como unha casa. Unha ministra de Fomento que se precie de tal tería que poñer sobre da mesa o levantamento desa infraestructura, ademáis da execución das sentencias firmes xa existentes pra ire recuperando, por tramos, as marismas de Lourizán, desaparecido xa da escea o señor Fraga, que quixo outorgarlle nese espacio, no que ocupan as balsas de decantación de Ence, terreos a Georgia Pacific, Tisú de Lourizán, prá construcción da papeleira, "a nova fachada marítima d´Os Praceres", decía o león de Vilalba, e todo a cambio da donación de José Luís Méndez de monte Gaiás pró seu particular mausoleo. Un caso de presunta corrupción.     

Aquí xa foi construída, no mandato anterior de Ana Pastor, a pasarela d´Os Praceres, contraria á lei de Costas. E resulta que os do BNG, asentados na pura ilegalidade, queren conectare a esa pasalela outra construída na zona das Corbaceiras, ó tempo que prometían, bastardos, novos e idílicos solpores.    

Agora que o PP acaba de asina-la Lei de Transparencia, sería bo aclarar moitas cousas do que, pra un maior deterioro da ría, levan feito aquí os diversos gobernos, particularmente enzudrados algús amigos de Rajoy. E, lembremos, o actual presidente da Autoridade Portuaria de Marín está casado con Ana Pastor, e non mostra colaboración prá execución das sentencias condenatorias dos deshonestos recheos feitos en Marín ou do levantamento do ferrocarril ó que nos referiamos na entrada anterior. 

Pra maior aclaración, coa recomendación de que se faga unha lectura fina da información, porque algús van co paso cambiado, inclúo a seguido unha noticia de El Faro de Vigo, do 21.03.2012, titulada:

Lores comunica a Pastor la "urgencia" de ejecutar la circunvalación y reformar el nudo de Bomberos, algo que parece estar en contra de la defensa de la junquera de Alba como espacio natural de importancia local, como también la cabezonada de construir el nuevo puente de las Corrientes. 

addenda: Visita de coña. Criterios antiecoloxistas os de Ana Pastor e o Bloque, que non están a pensaren na recuperación das marismas de Lourizán. Políticos zafios. Transparencia, sí, e un carallo. Siguen dous enlaces en relación coa noticia da visita de Ana Pastor a Lores, que os dous foron médicos no ambulatorio Virxe Peregrina de medicina primaria, un viveiro de políticos "ilustres". Siguen as noticias:

Faro de Vigo, 24.03.2012: Pastor anuncia unha nova autovía Pontevedra-Vigo "máis eficiente" que as deseñadas ata o d´agora. Vamos, a mentira que sigue. E fala tamén de máis pasarela, ¡qué horror!  

La Voz de Galicia, 24.03.2012: Pastor compromete unha autoestrada libre de peaxe Pontevedra-Vigo. É decir, faltan redaños como pra declara-la A9, xa amortizada, libre de peaxe.

jueves, 22 de marzo de 2012

Holcim, Salvemos Pontevedra, Lourizán

A fotografía mostra unha zona do terreo demanial ocupado por Holcim Hormigones, S.A. nas marismas de Lourizán, en Pontevedra.  Este terreo fora obxeto de concesión outorgada con data 8.03.1949 a D. Ramón Dios Otero (destinado a terras de labor), transferido por defunción do titular á súa filla Dª Ángeles Dios López, o 11.11.1958. Por extraña transferencia, sen traspaso concesional, no lugar pasaría a funcionar Horpasa (Hormigones y Pavimentos, S.A.) e nos últimos anos a multinacional Holcim de Hormigones, S.A., sen concesión nen licencia municipal.  A vía férrea que se contempla é outra agresión ambiental, que ocupa 55000 mt2 no terreo demanial.  

Pontevedra, 22.03.2012
Entrada n. 1502 do blog

Holcim, Salvemos Pontevedra, Lourizán,
por Xesús López Fernández

SALVEMOS PONTEVEDRA, na súa actuación na defensa da restauración do litoral pontevedrés denunciaría a situación anómala desta explotación con data 6.08.2004 ante a Dirección Xeral de Costas. O T.S. condenaría á Administración a incoare expediente de caducidade da concesión outorgada a D. Ramón Dios Otero. I á adoución das medidas legalmente contempladas prá paralización das actividades e suspensión do uso i explotación das instalaciós.

A sentencia do 17.02.2011, dictada pola Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Nacional (Sección Primeira) no recurso n. 884/2009, declárase agora firme polo TS con data 16.02.2012, declarando inadmitido o recurso de casación interposto pola representación procesal de Holcim. 

Declarada, pois, firme a sentencia do TS, SALVEMOS PONTEVEDRA insta ó ministerio de Medio Ambiente a que proceda de inmediato á execución da sentencia nos términos descritos pró rescate e rexeneración do dominio público marítimo terrestre en Lourizán (Pontevedra).

Esta sentencia, unida á anterior de Construcciones Malvar, cuio rescate xa foi efectuado polo ministerio de Medio Ambiente, e a sentencia de data 19.05.2011, que condena á Administración do Estado a incoare expediente de caducidade da concesión outorgada a ENCE, S.A., e á adoución de tóda-las medidas legalmente contempladas prá paralización das actividades e suspensión do uso i explotación das instalaciós que o Grupo Empresarial Ence, S.A., ven realizando no dominio público marítimo terrestre de Lourizán, pon de manifesto a aberacción que supón a construcción do Nudo de Mollavao en dominio público, vulnerando a Lei de Costas e facendo imposible a necesaria e imrescindible recuperación do dominio público marímo terrestre; indo incluso en contra dos propios actos i en contra da finalidade da Lei 22/88, do 28 de Xullo, de Costas, que obriga ás administraciós públicas a protexe-lo referido demanio defendendo a súa integridade e a preservación das características naturales.

SALVEMOS PONTEVEDRA anuncia que vai tentare frear esta desafortunada infraestructura por vía contencioso administrativa e, se procede, pola vía penal.  

A noticia na prensa:


martes, 20 de marzo de 2012

A contaminación nas rías galegas

Vista aérea da punta Meloxo e da península d´O Grove. Fotografía de La Voz de Galicia d´hoxe en relación cunha noticia vergonzosa sobre a contaminación das rías galegas.

Pontevedra, 20.03.2012
Entrada n. 1501 do blog

A contaminación nas rías galegas,
por Xesús López Fernández

A Eurocámara apraza o envío dunha comisión pra investigare a contaminación das rías galegas. É o segundo aprazamento que se fai no prazo dun mes. Curiosamente,  o BNG acusa ó PP de frea-la inspección por medio do diputado vasco Carlos Iturgaiz, pra ocultare a inactividade da Xunta. O certo é que, nesta materia, tódo-los partidos son culpables.  

A noticia é simplemente vergonzosa. O PP tenta que a misión inspectora investigue no Levante español a  aplicación da lei de Costas, un dos asuntos que máis protestas ten motivado ante Europa. 

Pró BNG, o Goberno central e a Xunta parecen "outar por asumi-lo pago das posibles multas" polo incumprimento da normativa europea en relación coa calidade das augas, en lugar de afronta-lo saneamento integral das rías galegas ó longo dos últimos anos, cando a situación económica era ben diferente, según din os nacionalistas.

O expediente aberto contra España pola depuración das augas urbás sigue tendo tres puntos negros en Galicia, según a noticia: as depuradoras de Santiago, Vigo, de titularidade estatal, e a de Ribeira, competencia exclusiva do Executivo galego.    

Parece que na información pasan de puntiñas sobre o caso de Pontevedra, cuia depuradora está construída en dominio público marítimo terrestre i existe unha denuncia en relación coa súa instalación, contraria á lei de Costas, de Salvemos Pontevedra. Pero esa depuradora é unha das actuaciós falaces do BNG, que quer entuba-la zorollada toda do Concello cara a mesma, preparando novamente máis tuberías no rural, que debería resolve-lo seu problema en base a minidepuradoras e sen vertido ó mar.

Outra depuradora construída en zona de xunqueiras, en dominio público marítimo terrestre é a do Lagares, en Vigo. E dubido que o señor Arias Cañete vaia facer nada ó respecto, máis alá do seu prepotente discurso.

Lembremos que a ría de Pontevedra, como as de Vigo e Arousa, son sistemas case entrópicos fácilmente contaminables e que xa no 1978 os franceses non querían mexilón da zona que aparece na fotografía de La Voz: punta Meloxo e península d´O Grove. Esixían un certificado do Instituto Español de Oceanografía acreditativo de que o mexilón non era da ría de Pontevedra nen dos puntos indicados, xa na bocana da ría d´Arousa. É decir, ós franceses se lles daba unha información que aquí se mantiña oculta. ¿Mercurio, dioxinas? En Pontevedra existe un colectivo de paralíticos cerebrales que pode ser consecuencia do abandono político destos problemas. ¿Culpables penalmente os seus responsables? Coido que sí. Eso tamén é corrupción.      

Enlaces:

lunes, 19 de marzo de 2012

Un modelo de involución



Un modelo de involución, ou si se quer, "Pontevedra, cidade derrotada", hoxe un verdadeiro gulag prós residentes. Cando arrasaron a praza da Verdura puxeron como disculpa que as catalpas tiñan levantado as pedras. A idea deles era, sen embargo, non poñer árbores, senón convertire o espacio nunha especie de remedo da Quintana, de praza Roxa. A petición dos veciños da reposición de árbores e bancos, só foi atendida en relación coas árbores: catro cerdeiras e seis liquidámbares que, curiosamente, xa están a levantaren as pedras, sinal de que os alcorques non foron preparados pra acolleren as árbores.

A praza está agora privatizada, os soportales ocupados, e a chamada accesibilidade non deixa de sere unha coña, especialmente prós cegos.

Pontevedra, 19.03.2012
Entrada n. 1500 do blog
Artículo semanal (remitido ó Diario de Pontevedra)

Un modelo de involución,
por Xesús López Fernández

            Foi o PP o que realmente comezou coa peatonalización da cidade de Pontevedra, na época do alcalde Pedrosa, coa rúa da Peregrina como primicia. A súa idea parecía, sen embargo, distinta. Tentaban evita-la deslocalización de residentes na zona vella e tiñan previsto, sí, reservare algús espacios pra que puidesen aparcare os seus vehículos: praza de Curros Enríquez, Padre Luís, etc., seguindo así quizaves o modelo de Cáceres, cidade Patrimonio da Humanidade, en cuio recinto histórico están (ou estaban) demarcádo-los lugares previstos prá aparcaxe dos coches dos residentes, co que se tentaba manter así o lugar vivo, como espacio habitado, facer posible o traslado das súas xentes, nunca abocalo á traca final dunha miseria derivada do cambio de modelo tradicional de cidade, como ten acontecido en non poucas urbes  peatonalizadas ata a loucura. Có comercio tradicional ferido de morte ou clausurado, poden algunhas xentes do colectivo entendere a peatonalización mesmo como un suicidio real inducido dend´o propio Concello,  que mesmo marcaría a perda de sabor de non poucos recantos da cidade.  

            Nas conversas que acaba de manter unha representación do PP con diversas asociaciós de veciños e de empresas non se trataron en fondura os grandes problemas da zona vella: a dificultade de manter morada nun espacio onde priman os ruídos e a privatización dos lugares públicos ó servicio, ás veces, de tascas que incumpren sistemáticamente a normativa de veladores, que crean problemas de accesibilidade e convivencia, e de ruídos. O comercio tradicional está baixo mínimos porque a cidade, noutrora centro comercial das parroquias do rural, non dispón xa desa clientela, á que, literalmente lle está prohibido entrar na vila, que xa non conta con nengunha arteria. Sí poden acodir ás grandes superficies, as grandes beneficiadas da peatonalización aquí producida. E sei de xente que soubo ve-la ruína en marcha hai xa uns dez anos, ou máis. Venderon como puideron e mudaron de casa e xa, difícilmente, se lles ve polo barrio.   
 
            Certo que o PP de Pedrosa, o gran mentor de Continente/Carrefour, preveu algunhas das necesidades que habería que atender. No seu mandato foron construído-los parkings de Barcelos e quedaba en fase avanzada de execución a do Central; que foi obra dese mandato a inauguración do parque lineal do río Alba ou a illa das Esculturas que despois caería nun abandono case total. O goberno do BNG, co seu “modelo” de cidade, non mellorou as cousas, algo que saben os residentes, a gran maioría deles non integrados en nengunha asociación veciñal, ós que mesmo lles pode parecer corto o guión debatido na xuntanza antre a representación do PP e os outros colectivos. “Veciños i empresarios demandan unha línea de paso prás urxencias”. ¿Só? ¿Pero cómo mante-lo timbre de cidade se carecemos de arterias, de tranvías…? Todo comezou cando prohibiron a circulación radial e foron derivando cara un tránsito inspirado nunha especie de xeometría de grandes bucles de corredoiras.

            Coido que foi Moreira o máis certeiro na reunión celebrada cando apuntou a conexión de Pontevedra co seu rural, hoxe imposible pola perda de comunicación, o que se veu concretar nunha gran brecha, falta de negocio e de capital social. I esto, máis ou menos, correspóndese con algo afirmado por Álvaro Siza, que aínda sabendo moito de peatonalizaciós, ten afirmado que unha certa e intelixente circulación, é boa pró comercio. Coido que aquí non se acertou e que a peatonalización foi usada como instrumento de propaganda, como falacia. Polas rúas e beirarrúas da cidade campan hoxe os skaters e ciclistas, parece que sen limitación de velocidade. ¡Modelo de cidade, de gran aldea!. Desto seguramente non se falou na citada reunión. Nen se lle terá ocurrido a nengunha das asociaciós a comenencia de esixir, de forma obrigatoria, un seguro de terceiros ós novos protagonistas da involución que agora vivimos.    


lunes, 5 de marzo de 2012

A MORTE DA LIBÉLULA [24.03.2001]


O chapapote do Prestige foi causa da morte de non poucas aves mariñas: araos, canilongas, mascatos, etc. Os plásticos, teñámolo presente, tamén matan. Como a contaminación industrial sobre a que moitos dos nosos políticos, inanes, idiotas, pasan ou tragan. Con conciencia culpable, por suposto. Dibuxo de Xesús López.

Pontevedra, 5.2.2008.


Entrada n. 427 do blog. (Non sei por qué abolla agora este traballo, hai tempo incluído no blog e que leva o n. 427)

 Outro traballo do 2001, a raiz da caída do "cabalo do demo", a libélula MIR, xa vasura no fondo do oceano Pacífico. As palabras da rusa á que fago referencia son certas. Non pensamos na reciclaxe, non poñemos a economía ó servicio do home. E parece que non progresamos á medida das nosas necesidades. Proba delo é que os partidos, que están en campaña, esquécense da problemática medioambiental, como sabemos aquí en Pontevedra, onde as distintas candidaturas pasan de puntiñas sobre temas polos que deberían seren xuzgados moitos dos seus responsables.

Como o artículo vai sobre a caída dunha estación espacial rusa, de quince anos de edade, ó oceano Pacífico, comentemos que precisamente hoxe daba un novo aviso a Asociación Green Peace, sinalando dúas bolsas enormes de contaminación no mesmo oceano, contaminación fundamentalmente a base de plásticos. Teñamos en conta que unha bulsa da compra, se non é de lignina, pode durar no medio natural uns corenta anos sen degradarse e, consecuentemente, ser causa da morte de peixes, aves, como acontece coas cigoñas que actualmente acoden ós vertedeiros, confunden os plásticos con comida e morren, moitas veces, afogadas.

A MORTE DA “LIBÉLULA”[24.03.2001]por Xesús López Fernández

Os diversos medios levaban días ocupándose da caída da Mir, a estación espacial rusa que se mantiña no espacio como lembranza dun poderío pasado, símbolo da Unión Soviética que, agora sí, coa morte da “libélula”, pódese decir que desapareceu. Se aludo a ese nome é porque así foi conocida, cando a partires de febreiro do 1986 –situado xa en órbita o primeiro módulo— continuaron coa construcción do gran mecano, unha estructura capaz de acoller a seres humáns, amais dun importante laboratorio científico, de 33 metros de longo e case 140 toneladas de peso. O inxenio, que tiña prevista unha vida útil de cinco anos, fíxose lonxevo, coa relatividade que hai que lle dar ó término, porque quince anos que agora tiña é tamén a edade da “nena bonita”. E curiosamente, a Mir –a Paz— era máis nomeada agora como a “vella dama”, tamén como “camarada espacial”.

 Durante a vida da estación espacial pasaron por ela uns 130 inquilinos, abastecidos dende terra por medio das naves Progress. E son numerosos os seus records: 83.500 órbitas terrestres, máis visitada que tóda-las estacións anteriores xuntas, a máis innovadora –deseñada pra medrar dende o módulo inicial, como un mecano-- , a máis visitada tamén por naves do espacio –50 Progress con provisiós, unhas 20 Soyuz e transbordadores estadounidenses--, a máis experimental, a máis femenina –Yelena Kondakova, a primeira muller, botou alí 168 días--, a máis paseada e tamén a máis globalizadora, porque alí viviron astronautas de diversas nacionalidades que acometeron estudios en común pró beneficio da Humanidade. Enténdese que algús cosmonautas rusos, con señardade dos tempos pasados, acodiran ás illas Fidyi pra apelumbrar, o máis perto posible, a caída da libélula das estrelas, o afundimento no Pacífico do orgullo soviético nunha especie de holocausto particular, inmolada despois de tantos servicios, agora xa no fondo das augas.

Aquel oceano é agora un pouco máis vasureiro. Os ecoloxistas falan de atentado, do castigo que recibe esa zona, outra forma de desprecio adoecido. ¡Ai, Mururoa, Mururoa, cómo morres!. E non hai moitos días, a raiz dunha misa funeral en Entrimo, Ourense, conocín a unha rusa ecoloxista. As carballeiras de Celanova e Bande estaban ouriceladas, como cobertas de neve verde según as súas palabras –de folerpas de lan diría o salmista--. E contou das horas tristes que está a vivi-lo seu país, priváda-las xentes do máis elemental, privadas agora do orgullo da Mir. As pensiós duran catro ou cinco días e moitos anciáns tentan complementa-los seus ingresos recollendo dos contenedores da vasura canto poida ter un valor. Miserias á parte falamos de medio ambiente, da necesidade de pasar polo aro da reciclaxe, do desenvolvemento sostible, dunha economía pró home, sen despilfarro nen vertedoiros. A Mir descansa no Pacífico mentres en Rusia –fracaso do sistema-- pasan fame.

Aínda o pasado luns os nostálxicos rusos querían evita-la caída da estación e un colectivo importante de cidadáns solicitou do goberno o relanzamento da estación cando xa orbitaba a 230 kilómetros da Terra, distancia que se iría acortando nos seguintes días ata o sacrificio consumado, conforme ás previsiós, na madrugada do 23 de marzo, venres, ás 6,55 horas A.M. O Pacífico acolle xa os seus restos, sobre 1.500 fragmentos, algún deles do tamaño dun coche. Pasou o medo dos xaponeses, australiáns e chilenos, sabedores dos antecedentes de caídas nos Andes i en Australia, temerosos dun posible erro nos cálculos. Pero os pescadores da zona prevista da caída negáronse a sair dalí. Non pasou nada. Menos mal, porque un anaco ígneo da Mir non sería equiparable a unha excreta ventureira de pomba ou de gaivota. Coido que nen ós extraños seres descritos por Pigafetta, de grandes orellas –tan grandes que se podían deitar sobre unha e taparse coa outra— lles serviría de nada esa defensa particular no caso de lles caer enriba un anaco da gran “libélula”.

jueves, 1 de marzo de 2012

A sustentabilidade en Vitoria

 Fábrica de celulosas, Ence, en Pontevedra, que debería ser considerada "nula ab initio" ó non comprire nunca coas condiciós establecidas na concesión do 1958.
 Vista do complexo de Ence i Elnosa, das que o ministerio da Vivenda, ano 1973, decía que deberían desapareceren do lugar, por seren causas de problemas prá convivencia e saúde humás. Pero tal parez que coa democracia chegou un discurso peor, de burla permanente ó Estado de Dereito.
5000 familias tiñan a súa economía basada na capacidade de producción da ría, como se fose unha gran cetárea. Actualmente, todo morre. Os políticos suspenden e non saben falar do medio ambiente nada máis que cando fan campaña electoral. Actúan como presuntos delincuentes e só queren salva-la súa parcela do litoral. Ata que o xogo lles revente por consentiren a morte da ría e a contaminación ás súas portas.

Pontevedra, 27.02.2012
Entrada n. 1499 do blog
Artículo semanal.
A sustentabilidade en Vitoria,
por Xesús López Fernández

    Vitoria, no País Vasco, pode oufanarse, certamente, do título de Capital Verde de Europa que lle acaba de ser outorgado. Pró 2013 será Nantes, en Francia, a nova capital verde europea. Pode ser oportuno traer aquí algunha referencia en relación coa Axenda21Local de Vitoria-Gasteiz, como gran lección que os curiosos poden consultar en internet, mesmo pra aprendere cómo se redacta unha axenda local ou o horizonte do esforzo desta capital vasca. Porque estamos ante un caso paradigmático a imitar. A carta ten 274 páxinas de lectura didáctica que mostra compridamente as etapas do longo traballar de máis de dez anos do concello agora premiado. Na entrada titulada “Vitoria-Gasteiz, hacia un modelo más sostenible”, comeza por decir: O actual funcionamento das cidades é a maior causa de insustentabilidade a nivel global, xa que son os focos nos que se expresa a separación dominante antre economía i ecoloxía na súa máxima contradicción e xeneración de conflictos.
            No parágrafo seguinte, en relación coas cidades como centro de consumo, dise que poden ser tamén, como no caso de Vitoria-Gasteiz, importantes espacios de producción e, polo tanto, o lugar da degradación da enerxía e do consumo da maioría dos recursos que dá a natureza. E non é indicación menor a que fai esta carta no sentido de que “ó se-lo lugar de residencia e de traballo da maioría da poboación son  espacio de experiencia, de emprego e de conocemento”. Cando algo máis adiante son definído-los obxetivos, enfoque e metodoloxía do informe explicitados no proiecto  GEO Cidades, fanse dacordo co seguinte plan: 1. Evalua-lo estado do medio ambiente na cidade obxeto do proiecto; 2. Evalua-lo impacto das cidades e dos desenvolvementos urbáns nos diferentes ecosistemas; 3. Proporcionar ferramentas que permitan a toma de decisiós na xestión urbá e ambiental.

            Nesta exposición son formuladas as seguintes cuestiós: 1. ¿Qué lle está a acontecer ó medio ambiente de Vitoria-Gasteiz; 2. ¿Por qué ocurre ésto?; 3. ¿Cál é o impacto?; 4. ¿Qué podemos facer e qué estamos a facere nestos momentos?; 5. ¿Qué vai pasar se non actuamos agora?. Por eso é necesaria unha toma clara de conciencia cidadá e, neste sentido, a Axenda21Local que debe acompañare a todo PXOM serio que se poña en marcha debe ser explicada porta por porta, casa por casa, como documento esencialmente democrático ou, como se afirma na Carta de Vitoria e pra camiñar cara a sustentabilidade, as políticas urbás deben estar apoiadas pola participación cidadá e por unha xestión colaborativa do goberno local, o que se reconoce no relativamente recente concepto de “gobernanza” ou bo goberno, algo que non existe cando non hai relación de confianza cos cidadáns, nen transparencia; nen tampouco calidade informativa de tódo-los plans e políticas pra que os cidadáns poidan participare na toma de decisiós.
          
             Levarianos máis alá do propósito deste artículo continuar coa lectura da Carta de Vitoria. Citemos, se acaso, os criterios de obxetivos de sustentabilidade que se citan: Sustentabilidade ambiental, minimizando os impactos sobre paisaxe e ciclos naturales; sustentabilidade socio-cultural; sustentabilidade económica. É decir, fundamentalmente, conservar e recupera-lo capital natural; mellora-la calidade de vida e do benestar e cohesión social; fomenta-lo desenvolvemento económico asociado ós recursos humáns, enerxéticos e materiales do lugar. Pero cando se definen as terras de labor periurbás como polígonos virxes á espera do “oportuno” promotor, como acontece en Pontevedra, diríase que estamos a pensare con criterio de “máis burbulla inmobiliaria”, no canto de poñer en marcha unha política de restauración certa do casco vello, hoxe deprimido económica, comercial e ambientalmente, como a cidade toda e a ría toda. E non hai esperanza, que aquí o PXOM carece de Axenda21Local. ¿Qué vai pasar se non actuamos agora?, inquiren na Carta. Pero aquí, con varias sentencias firmes dictadas por delito ambiental, parece nos queremos tumba-lo Estado de Dereito. E Pontevedra carece de vocación de cidade verde, fixo mal os deberes.