jueves, 31 de julio de 2008

PEATONALIZACIÓN E VASURAS [27.07.2002]

Contenedor na antigua rúa Cega, que recibe as miserias de varias tabernas, restos de fritangas incluídos. Moitas veces queda destapado, como o día da foto, ou a vasura acumulada triplica a súa capacidade, dificultando a entrada na rúa. As gaivotas baixan e co seu peteiro esgazan bulsas e queda todo feito unha chafuldra. Foto do autor.
Tapa-trampa, unha de tantas que se mantiveron como feridas abertas no corpo da cidade ó longo de moitos meses. Esta da foto corresponde á rúa do Laranxo, agora escindida en dúas: Laranxo de Riba e Laranxo d´Abaixo, pola fractura do recanto da balaustrada, no Museo.

Pontevedra, 31.07.2008

Entrada n. 575 do blog

Recuperamos outro traballo que non perdeu actualidade. Hoxe Pontevedra é conocida tamén como unha cidade sucia. Non importa que, como bandeira, mostren os chacaritas dos nosos gobernantes a premiada accesibilidade, premio co que algo tivo que ve-la ONCE cando resulta que son os cegos os máis perseguidos pola demencia urbanizadora que vimos sofrindo.

Pero algo de trinque urbanístico pode haber no fondo do premio, algo sobre recalificación de chan que a ONCE e o Concello poden estar aínda a pactaren. O outro premio, outorgado pola Consellería de Cultura non é nada máis que un autopremio ós que hai tempo deberían estar fora da política. Como sexa, o problema da recollida de vasuras sigue pendente, a sofriren sobre todo os veciños que viven en rúas estreitas, demonizados polo Politburó local. I está anunciada folga do servicio de recollida.

Peatonalización e vasuras [27.07.2002],
por Xesús López Fernández

Insistamos. A política urbanística do concello está a ser censurada por moitos colectivos por claramente involucionista. Cada vez son máis as voces que se definen como partidarias dunha plataforma electoral independente cara ós comicios do 2003. Teríamos que ser posiblemente unha sociedade máis culta prá cristalización da tal idea como un trebón que golsase lonxe de nós a forma actual de gobernar ou de facer oposición, calado o PP porque o plan peatonalizador co que moitos non estamos dacordo era tamén o seu plan, coa excepción, cecáis, das aberraciós do feito en Daniel la Sota e San Xosé, e agora coa disposición do tráfego na estrada de Vigo e Sagasta. Digamos tamén que, dentro do caos urbanístico, existe outra asignatura que o equipo de goberno está a suspender: a da recollida das vasuras urbáas.

Os tratados sobre urbanismo incluían ata hai pouco como un simple apéndice o relativo ó medio ambiente. A relación de materias foi cambiando, cada vez máis salientado o último dos temas citados, ata o punto de que agora fálase de “medio ambiente e urbanismo”. Estase a priorizar claramente o primeiro dos citados porque un urbanismo pouco intelixente pode comprometer mesmo as nosas propias vidas na medida na que están a faceren obras e realizaciós sen estudio de impacto ambiental: fábricas de Lourizán, desecación das xunqueiras, recheos nos portos de Marín e Sanxenxo, ferrocarril en superficie polos Praceres, o río como cloaca. É decir, abusouse da natureza e aquí, ainda que cínicamente aludan ó desenvolvemento sostible sabemos que minten e que a peatonalización salvaxe impide o plan de emerxencia exterior, prometido pra conciliaren o que por lei está prohibido.

Hoxe é fundamental a recollida selectiva das vasuras, algo aquí diferido e do que sóo falan ó longo do tempo electoral. En moitos sitios hai tempo que chegaron á solución da recollida selectiva, cos contenedores ubicados no chan que o camión recupera cun mando a distancia. E sei por un amigo residente en Alemania que na cidade onde el vive ten que acceder ó depósito da vasura por medio dunha chave, co que se impide o seu uso a xentes doutras partes. É decir, a recollida faise alí de forma selectiva: materia orgánica, papel e cartón, cristal, botes de aluminio, etc., e supón un claro compromiso da sociedade por un medio ambiente san, algo do que aquí aínda estamos lonxe. E pode ser que incluso –alguén xa o dixo por non saber qué facer cos contenedores— nos acaben por propoñeren o retorno ás bulsas. Demencial. A desexada plataforma cidadá tería que dar solución tamén a este problema.

Unha das consecuencias da peatonalización denunciada é a desaparición de contenedores en espacios como Curros Enríquez. Aumenta a súa presencia en lugares máis discretos, en rúas estreitas e degradadas, onde non poden estaren porque por desgracia non se fai un tratamento digno dos residuos e máis que crear espacios limpios parece que queiramos tentar novamente a aparición da peste, potenciada pola “asinatura” de moitos peatós contra as paredes, asunto éste sobre o que non se fai nengún tipo de vixiancia. Estamos en fase de plena regresión e van equivocados os hosteleiros que queren ter á beira da súa terraza un contenedor ás veces privado de tapa e sen lavar, que alcatrea ou do que saen as moscas que inciden na súa perda de clientela. O camión da vasura aparece ás veces pasáda-las tres, porque antes impedirían o seu labor as terrazas, nas que os políticos poden ver posibles votos. Algunhas delas impiden o descanso dos veciños. Música e ruído. Cando o camión fai o seu labor, a enguli-lo contido dos contenedores, é característico o ruído das botellas dos taberneiros, a escachar. O camión vai compactando todo e cando marcha pode mesmo deixar unha pucharca de lixiviados, suciedade que se confunde coa xerada polas terrazas na pedra innobre coa que están a enlousaren. Así as cousas, os traballadores da limpeza anuncian folga pró 2 de agosto.

miércoles, 30 de julio de 2008

O MANIFESTO DOS MÉDICOS [8.06.2002]

O mar profanado. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevedra, 30.07.2008

Entrada n. 574 do blog

Recupero un vello traballo do ano 2002, en relación coa problemática medioambiental pontevedresa. Coido que, na parte final do artículo, cando se cita outro de Carlos García Bayón sobre a importancia do olfato e tamén as declaraciós de Jean-Paul Guerlain, francés e de estirpe de perfumistas, que estimaba que o peor dos malcheiros procedía dos políticos ou dos corvos, estamos a citar algo que, pola miña banda, suscribo con verdadeira fe. A corrupción fede. Por eso os políticos --case sempre-- feden. Ah!, exte traballo foi obxeto de censura cando foi publicado. Suprimiran seis líneas. Esta é a versión completa.

O manifesto dos médicos [8.6.2002]
Por Xesús López Fernández

Non podo facer unha valoración do resultado da marcha sobre Lourizán, que cando escribo este traballo –8.6.2002— aínda está por celebrar. Quero pensar en clave positiva que se terá experimentado un crescendo de participantes, de xentes e colectivos, pese á resistencia ordeada dende algunhas asociaciós; que o manifesto asinado polos médicos e médicas, tamén polas enfermeiras/os e auxiliares, terá acadado ese obxetivo dunha maior defensa do noso medio ambiente. Nunca faltaron médicos críticos coa situación do noso ecosistema, que hai agora uns cincuenta anos e con Tafisa comezaba a morte que moitos temos denunciado, que se acentuaría anos despois coa Celulosa e as agresiós sobre as xunqueiras e os recheos lacerantes no porto de Marín-Pontevedra denunciados estos fundamentalmente polos veciños dos Praceres e dos que existe un informe elaborado prá Asociación de Veciños “Castelao”, informe exhaustivo no que se propón ademáis a recuperación de espacios como Lourizán. Costosa, pero posible. E agora máis difícil pola presencia do tren.

Voume referir ó manifesto. A catarsis da clase médica demorou, alén do dito publicamente por homes como o doutor Avelino Senra Varela no Xornal Diario, de Pontevedra, do que fun colaborador coa sección “Cartas ecoloxistas”, uns 50 traballos. E van alá dez anos. En fin, o colectivo médico parece estar agora no seu sitio, porque se acenderon certas alarmas ó primaren os criterios macroeconómicos sobre o dereito elemental á saúde. Lembro agora algo dito por Rabindranath Tagore en “Alocuciós en Shantiniketan”. Cito de memoria: “Anoite soñei coa vida anterior á morte da miña nai. Paseaba pola ribeira do Ganxes cando me pareceu que estaba alí, baixo unha árbore da alamediña. Sí, era ela... Achegueime e deille un bico...Daquela, ela dixo: Meu fillo, por fin que chegaches...Nefecto, a nosa vida xira ó redor da nai. Se temos fame, ela nos atende, ou si estamos enfermos tamén, pero poucas veces nos achegamos tanto como pra que nos diga: Meu fillo, por fin chegaches.”

Entendo que Gaia, a Terra-Nai, agradece á clase médica pontevedresa por se ter quitado a cera, o alquitrán que mantiña inorde a súa conciencia. A súa petición dun estudio epidemiolóxico da incidencia de ENCE/ELNOSA e de TAFISA na saúde é algo que o poder político non pode desoir. Seguro que os médicos han ter información privilexiada, que han ser sabedores de moitos casos e patoloxías ós que se lles restou importancia. Os cidadáns tivemos que nos apoiar na lectura das estadísticas que mostraba o Boletín Epidemiolóxico da Xunta, de Enfermedades de Obrigatoria Declaración: ¡Aquelas IRAS –infeccións respiratorias agudas— que botaron do boletín non sei con qué extraña intención, que na área de saúde de Pontevedra chegarían a triplicaren as de Vigo!. ¡Cántos casos de conxuntivitis!. Ou o alcatreo chegado de Lourizán, novo aviso de crisis asmatiforme, de problema severo, temerosos de que aquela noite fora a última dunha criatura indefensa, privada de aire

A importancia do olfato está clara no contexto pontevedrés, por moito que agora queiran pinta-lo malcheiro de verde, que haxa incluso concurso de ideas. Carlos García Bayón nos lembraba o pasado 5.6 --La Voz— o valor dese sentido tan estimado por De Gaulle. O articulista reitera unhas declaraciós de Jean-Paul Guerlain –da estirpe dos Guerlain, perfumistas que encheron de fragancias á culta Francia e a todo o ecúmene--, que valoraba como a máis rica e sotil a do azahar e que non dubidaba en denunciar como as fontes máis fedorentas, máis alcatreantes, ós políticos e ós corvos. O articulista, que admite excepciós antre os políticos, aconsella ós que feden que soban ó cadalso ou que collan o autobús cara a necrópolis situada máis á man. O pestazo pontevedrés pode ter, pois, distintas orixes. Pero a partir dagora, se a clase médica mantén a súa lección con dignidade, a conciencia do poder tamén se terá de abrir máis alá dos tempos de elecciós e o miragre pode ser posible.

domingo, 27 de julio de 2008

EUROPA E SANTIAGO [28.07.2008]

Camiño de Santiago polas estrelas. Dibuxo de Xesús López, xa presentado neste blog.

Pontevedra, 28.07.2008

Traballo correspondente á data, remitido a diversos medios. Pareceume oportuno sinalar no artículo que o retroceso do idioma galego, a súa solermiña desaparición, pode ter unha certa relación co abandono do latín como lingua universal e dos misterios.

Entrada n. 573 do blog

Europa e Santiago [28.07.2008],
por Xesús López Fernández


Malos tempos pra unha Europa que parece esquece-los seus fundamentos. Porque tentan algús acabare coas súas raíces cristiás, a Igrexa está a facer un profundo exercicio de memoria histórica e a nos lembrar que o Evanxelio foi a pedra angular na construcción do continente. Non esquezamos que Europa resisteu en Covadonga; nen tampouco que o Camiño de Santiago sirveu como vertebrador da súa edificación, según decía Goethe, porque a peregrinaxe a Compostela, particularmente nos anos heroicos da Edade Media, foi un dos eixos de máis importancia na conformación do edificio europeo. Como di Fernando Rodríguez Doval, 1200 anos de existencia son moitos pra que a simple leenda á que moitos queren reducila, perviva na memoria. Pero como estamos en horas baixas i existe unha especie de cruzada laicista que, como a couza ou rela, quer esmiuza-los alicerces da nosa civilización, por eso acaban de se reunir en Covadonga, no penedío onde se salvou Occidente, 31 Secretarios Xerales das Conferencias Episcopás europeas.

O tema das xornadas foi o de “A situación relixiosa de Europa: antre a secularización e […] o sentido da espiritualidade”. Pero non se trata de nos parar polo miúdo sobre todo o alí tratado pra ver de remonta-lo secularismo rampante e certo ateísmo agresivo, apoiado nunha especie de razón recortada, limitado ó simplemente visible, según palabras de Monseñor Martínez Camino. “Parece que Europa non quere vivir”, dixo tamén. Pero en Covadonga apostouse pola esperanza. Non por simple azar coincidiron tres católicos practicantes, Schumann, Adenauer e De Gásperi, no 1947, na proposta de construcción da nova Europa. ¿Pero qué ten quedado dese proiecto de integración, reducido todo a un mercado común, a unha falsificación, pergunta Luís Suárez, que tamén afirma que os cristiáns, especialmente os católicos, non soubemos mante-lo patrimonio que tiñamos?. Por eso en Covadonga lembrouse que, ademáis da resistencia roqueña contra os musulmáns, a afirmación de Europa, tamén no século IX partía de Oviedo a primeira peregrinaxe a Compostela, “inaugurabase o Camiño”.

Un inciso. As celebraciós litúrxicas en latín fixeron ós presentes en Covadonga máis próximos, máis ecuménicos. Pero hoxe non somos unha sociedade culta como pra facer dese idioma, de novo, a nosa lingua lar. Sen embargo, coido somos moitos os que lembramos que mentres se mantivo o latín como lingua litúrxica e universitaria a fala galega conservou a súa real identidade. Hoxe, perdido o idioma clásico, o galego, ese mesmo latín evolucionado, morre día a día porque as normas ortográficas e morfolóxicas que inventaron foron pensadas pra nos alonxar da fala conservada na oralidade das xentes, que conservaron o latín como referente. Víctima das normas e do discurso político, a fala galega estase a perder irrefreablemente. Non hai volta, nen poden as galescolas funcionar como ambulancias medicalizadas; antes ben, vai a máis o noxo contra a política de inmersión no “galegués” de opereta do Diktatt.

Se Covadonga permanece como símbolo, Santiago sigue como meta renovada –ésa é a esperanza-- dun sendeiro de fe, de arte, de cultura. Só son peregrinos os que van a Compostela, decía Dante; romeiros os que van a Roma; palmeiros, os que van a Xerusalén. O Camiño haino que facer coa conciencia limpa. E xentes chegadas a Galicia dende outros países reencontran, talvez, o sentido sacral do sendeiro que non se podía profanar. Decía o pregoeiro: “¡Romance do conde d´Arcos cando vai preso!”. E cantaba unha solista: “Non quero máis ó conde d´Arcos,/ triste ¡ai de min!.../Non quero máis ó conde d´Arcos,/ quéroche a ti…../”. Interviña o coro: “Preso vai o conde, preso,/ preso vai, aprisioado,/ por forzar unha meniña/ no Camiño de Santiago”. Iglesias Vilarelle modificaba lixeiramente a letra: o conde ía preso “por namorar unha nena no Camiño de Santiago”. En fin, conservémo-la esperanza de que Europa, con Santiago como meta e crisol, permaneza como continente cristián.

jueves, 24 de julio de 2008

OSCAR PEREIRO, INSULTADO

Óscar Pereiro, o campeón do Tour de Francia do 2006.

Pontevedra, 24.07.2008

Entrada n. 572 do blog

ÓSCAR PEREIRO, INSULTADO,
por Xesús López Fernández

Oscar Pereiro, o bravo ciclista de Mos, campeón do Tour de Francia do 2006, tivo na ronda deste ano un grave accidente, no que puido mesmo ter perdido a vida. Afortunadamente non foi así e convalece no Sanatorio Fátima, en Vigo. Pero resultan dramáticas as palabras da súa dona, que se dirixe ós medios en galego "porque os están acribillando" con insultos por te-lo ciclista firmado a adhesión ó Manifesto pola Defensa da Lingua Común, algo co que nos solidarizamos moitos galegofalantes, fundamentalmente os que creemos no bilingüismo harmónico antes que no uso do "galegués" inventado polos "filólogos" ó servicio do Bloque e grupos radicales, que están marcando a deriva cara ó idioma portugués, que ten menos de común que o castelao co propio galego.

Á entrada no Sanatorio de Fátima, a muller de Pereiro faloulle en galego ós periodistas, porque senón "os de Galiza --os galizos--, sei que van vir por min". Ou algo así dixo. Hai un vídeo na rede, mal sonorizado, que recolle ese momento. Pero reconforta ver que en numerosas webs e blogs se vai producindo a reacción, que a xente se solidariza con Óscar Pereiro e lle dá ánimos. (Posteriormente a este comentario, o 25.7 leín que Óscar xa abandonara o Sanatorio pra seguir coa convalecencia domiciliaria. Son importantes as súas palabras: "Voy a disfrutar de algo que estuve a punto de perder: la vida")

Fixo ben en firma-lo manifesto e non lle deben preocupa-los insultos dun fato de piollos, que é o que son, piollos, nemigos do idioma común e nemigos de propio idioma galego. Mal nacidos que insultan desta volta a Pereiro, ó que mesmo queren privar da súa condición de galego, como se fosen os depositarios do reparto de patentes de galeguismo. Certo que algús, convertidos en meros comisarios políticos desta dictadura silenciosa que estamos a vivir, están a rañaren do presuposto.


Hai que gardar memoria de todas estas cousas, porque esos agresores, esos cabróns, non poden estar na Política, nen dictar normas.

OS ZEN DÍAS DE DESGOBERNO DE ZP 3

Pontevedra, 24.07.2008

Entrada n. 571 do blog

LOS ZIEN DÍAS DE DESGOBIERNO DE ZP 3,
VIDEO DE NADAPARTIDARIOS/YOU TUBE

O protagonista desta parodia é un ex-axente inmobiliario que optou polo exercicio da mendicidade. Nun bote de plástico vai xuntando algunhas moedas ó tempo que conta dos seus tempos pasados, de cómo vendía casas, garaxes, chalés, trasteiros, en branco ou negro, con iva ou sen iva. Gañaba moita pasta, pasta, pasta, pero parece que non lle queda xa outro recurso que a mendicidade. Ou nen eso, porque os que queiran ve-lo vídeo han apreciar que, no momento final do mesmo aparece ZP, non pra lle brindar soluciós ou un futuro mellor, senón pra lle sacar da man o bote cando o ex-axente inmobiliario pedía esmola ó presidente. Como cando a un probe herdeiro, por medio do imposto de sucesiós, lle arreban o leigado dos seus pais, levándoo ó horizonte de miseria do que sabe o ex-axente inmobiliario.

Comentario de Xesús López Fernández.


VIDEO DE YOU TUBE / NADAPARTIDARIOS

OS ZEN DÍAS DE DESGOBERNO DE ZP 2

Pontevedra, 24.07.2008

Entrada n. 570 do blog

LOS ZIEN DÍAS DE DESGOBIERNO DE ZP 2,
VÍDEO DE NADAPARTIDARIOS, YOU TUBE

Este vídeo forma parte da serie de parodias que Intereconomía leva presentado, en relación coa actitude inane, a incapacidade do Goberno pra dar un golpe de leme i endereita-lo rumbo da economía.

Cando facemos este pequeno comentario, xa é noticia a aprobación polo xuez da declaración de suspensión de pagos de Martinsa-Fadesa. Sí é certa a nova facilitada polo Sr. Gay no debate de El Gato al Agua, de Intereconomía, o pasado 22.7, no sentido de que Martinsa-Fadesa pagou o pasado ano máis de 480 millós de xuros por cretos contraídosm ¿qué non pode aínda caer por aí si é certo o por el afirmado de que outra inmobiliaria pagara aínda máis de mil millós de euros?

Ó camioneiro que ilustra o vídeo agárdanlle tempos peores. O seu camión tamén se queixa pola fame de gasóleo que está a pasar.

Fdo. Xesús López Fernández.

VIDEO DE YOU TUBE / NADAPARTIDARIOS
P

OS ZEN DÍAS DE DESGOBERNO DE ZP 1



Pontevedra, 24.07.2008

Entrada n. 569 do blog

LOS ZIEN DÍAS DE DESGOBIERNO 1,
Comentarios de Xesús López Fernández

Vídeo crítico de NADAPARTIDARIOS sobre os cen primeiros días de desgoberno de ZP. O Goberno parece sumido nunha total doudice, negándose a acometer unha verdadeira política social, porque se non se crea emprego, se non entramos nunha fase de economía expansiva, reventada a burbulla inmobiliaria, de ónde vai saca-lo Goberno os cartos necesarios pra pór en práctica unha auténtica mellora social? Porque o certo e que xa entramos en recesión. O hipotecado fai declaración pública da súa penuria, que tamén afecta, polo que dí, ó Che Guevara que leva estampado na súa camiseta de "sindicalista de clase".

VIDEO DE YOU TUBE NADAPARTIDARIOS.


P

miércoles, 23 de julio de 2008

¿POR QUÉ NO TE CALLAS?

Pontevedra, 23.07.2008

Entrada n. 568 do blog.

¿POR QUÉ NO TE CALLAS?.
Xesús López Fernández

Realmente non hai que facer nengún comentario. O propio video de You Tube - NADAPARTIDARIOS explica todo. Pero o chamado gorila roxo, Hugo Chávez, de viaxe a España, con entrevistas anunciadas co presidente do Goberno e con don Juan Carlos, Rei de España, trae consigo o ronsel da súa intervención no Cumio de Chile, de cando lle chamou a Aznar fascista.

Téñase presente que o video agora apresentado ten sido dos máis visitados en You Tube, máis de 1200000 veces.

domingo, 20 de julio de 2008

POSIBLE EFECTO DOMINÓ. [21.07.2008]

Construcción en Pamplona. As necesidades españolas están cubertas pra anos, coa particularidade de que os pisos vendidos nestos tempos de disparate urbanístico quintuplicaron o precio da pasada década.


Pontevedra, 21.07.2008

Entrada n. 567 do blog

Artículo semanal correspondente a esta data, remitido a diversos medios.

Posible efecto dominó [21.07.2008],
por Xesús López Fernández,


A declarada suspensión de pagos de Martinsa-Fadesa foi sen dúbida a gran e preocupante noticia destos pasados días. A empresa ha estar buscando unha posible renegociación que, de non se poder concretar, podería traer como consecuencia o chamado efecto dominó, porque na situación actual aparecen comprometidas certas entidades financieiras, caixas e bancos, cuio negocio é tomar cretos ou aplica-los depósitos de clientes ás financiaciós requeridas por particulares ou entidades, algo que, na largueza prestamista tida coas inmobiliarias, pode non encaixar na praxis tradicional de bancos e caixas [que non teñen capital], ás que de pouco lles pode valer atoparse agora coa entrega, como fondo comercial, de miles de vivendas hipotecadas que algunha constructora con problemas de liquidez podería brindarlles como pago atípico. No fondo, todo parece harmonizar cunha falta total de ética, como explican certos analistas, visión que incluso podería ter un certo acobillo nun dos últimos discursos de Solbes: “Esta crisis es la más compleja que nunca hemos vivido.”

No fondo está a carencia de ética, desaparecida do sistema, que tamén se dá na concesión de hipotecas, sen entrare en cuestiós de tipo ideolóxico [como poden se-la pretendida liberalización do aborto ou a promoción da eutanasia, da “morte digna” coa que algús aplacan a súa conciencia]. Pero estamos a falar do efecto tsunami que consigo parece trae-lo reventón da burbulla inmobiliaria: grandes promotoras paralizadas, innumerables pymes que puideran estar a traballaren prás primeiras, víctimas tamén das suspensiós de pagos que se poidan producir; bancos e caixas que poden igualmente vivir momentos difíciles. E os hipotecados que se meteron na aventura da compra dunha vivenda a pagar a 30, 40 ou máis anos. Sobre esa situación de endebedamento a prazo longo, nunha economía precarizada como a española, é difícil telumbrar unha solución sen sofrimento. Porque a falta de ética está tamén nun sistema financieiro que non dubida en outorgar un creto a 30 anos a un cidadán de 50. Moita ledicia por parte das entidades crediticias que están i estiveron a dispoñeren dos aforros de todos; tamén posibles víctimas do efecto dominó.

Asentado na estulticia do ladrillo, estivo o país ó longo destos anos na “Champions League”, no canto de pensar nunha economía basada no sector productivo, algo do que non nos queremos decatar agora, nas horas baixas da bonanza constructora. Por eso España, evidentemente, vaino pasar peor que outros países europeos, con economía máis centrada, como queda dito, nunha maior productividade i expansión. Pode o sector das finanzas presumir de solidez sen fírgoas, de exemplo a exportar. Ese sector non parece alleo á promoción de novos paraísos de adosados en zonas turísticas, en horas de máxima audiencia televisiva, sen informaren de toda a realidade que suporía a financiación da posible compra. Eso parece totalmente inmoral, falto de ética, coa incidencia do engorde das autonomías, algunhas con nova burocracia e barreiras idiomáticas sen sentido.

O sistema financieiro pode estar na raiz do sobreprecio das vivendas. Os impagados van decote a máis. Crisis que pasa polo diñeiro, polo sistema económico e polo peto dos cidadáns, que moitas veces poden ser xa víctimas do paro e coa hipoteca viva, porque cun traballo honesto é difícil reuni-los cartos necesarios pra amortizala. Cando todo aparece dabondo ensarillado, o Goberno parece ter unha definición tipo pra nos aclara-la culpa da crisis: “A culpa é dos demáis”, di como coartada. I engade que “a sociedade parece vai madurando e se poden tomar certas medidas”, o que non é discurso ético. A suspensión de pagos da maior inmobiliaria do país, o anunciado concurso de acreedores, quer posibilitar un acordo antre as empresas e os acreedores, coa finalidade de facilita-la continuidade da empresa en conflicto, de fixa-lo camiño pra que non morra. ¿Evitarase o efecto dominó?

viernes, 18 de julio de 2008

EL TITANIZ DE ZP

Pontevedra, 18.07.2008

Entrada n. 566 do blog.

EL TITANIZ DE ZP,
OU A CRISIS QUE AGALLOPA,
por Xesús López Fernández

Na parodia do equipo de NADAPARTIDARIOS queda retratada a situación na que nos encontramos. O que fai de Pepiño Blaco, grumete no Titaniz de ZP, regodéase no feito de que "nos temos cargado a Martinsa-Fadesa". Esa é a xogada que marca o efecto dominó, a caída de non poucas pymes que levan efectuados non poucos traballos como subcontratadas da empresa en suspensión de pagos.

A situación parece non ter remedio. Pepiño Blanco e ZP, os seus clons, apréstanse a abandona-lo barco.

VIDEO DE YOU TUBE / NADA PARTIDARIOS

jueves, 17 de julio de 2008

FERVENZA NO VERDUGO.

Pontevedra, 17.07.2008

Entrada n. 565 do blog

PONTECALDELAS, RÍO VERDUGO

Pola senda que se pode seguir pola banda do río, un solázase con aquel recanto de verdor. Verde e auga. Pra estímulo de curiosos, deixo aquí este pequeno corto de realización persoal coa miña máquina de fotos.

VIDEO PERSOAL/ FERVENZA NO RÍO VERDUGO.

miércoles, 16 de julio de 2008

ISLAM RADICAL

Camiño de Santiago polas estrelas. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevedra, 16.07.2008

Entrada n. 564 do blog

ISLAM RADICAL,
por Xesús López Fernández

Covadonga significa unha determinación firme, roqueña, de seguir sendo europeos. Alí acaba de se celebrar un Encontro, o XXXVI, de Secretarios dos Episcopados Europeos, co latín como lingua común e universal, como lingua lar.

Alí lembrouse que no século IX partía dende Oviedo a primeira peregrinaxe a Santiago, que se inauguraba o Camiño sobre o que, según Goethe, se iría construíndo Europa.

Que os novos gobernantes falen de converxencia de civilizaciós ó tempo que, coa súa cruzada de laicidade queren arrasar vinte séculos de historia cristiá, eliminar todo símbolo e raíz do noso pasado asentado na predicación evanxélica e na impregnación do saber monástico que convirteu Galicia en, posiblemente, a máis europea das rexiós españolas, é algo que a nós non nos pode deixar indiferentes.

O video que apresentamos a continuación, de YouTube/Intereconomía sigue sendo oportuno, toda unha lección prós que frivolizan coa idea da posible converxencia de civilizaciós, que xa deben pensar en clave musulmáa.

martes, 15 de julio de 2008

AGARDANDO O DISCURSO ELECTORAL [26.10.2002]

A ría non se vende. Pero sí se vende.

Pontevedra, 15.07.2008

Entrada n. 563 do blog

Artículo do ano 2002. Levaba tempo sen recuperar artículos vellos, por falta de tempo. Quede constancia de que o dito no traballo sigue vixente a día d´hoxe. Non hai políticos ecoloxistas. O poder corrómpeos a case todos e nestos momentos seguimos sen xente honesta con mandiño, con poder pra cambia-las cousas.

A Carta de Aalborg asinada polo Goberno pontevedrés non parece obrigalos a nada, convertidos en mentirosos. A Axenda21Local, cando está en marcha o PXOM de Pontevedra, é a gran esquecida. Sigue o traballo:

Agardando o discurso electoral [26.10.2002],
por Xesús López Fernández

Coido que hai moita xente a agardare un discurso ecoloxista rotundo que de momento non se percibe. I eso resulta extraño cando en Pontevedra os grupos políticos todos suscribiron hai xa tempo a Carta de Aalborg sobre Cidades Sostibles. Un pergúntase se as últimas noticias relacionadas coa nosa ecoloxía non deixan desnaturalizado o tal compromiso, como se algús non souberan qué foi o asinado. En todo caso, o texto da Carta é moi preciso e habería que analizalo, ó mellor, ó longo dunha serie de traballos. Por citar algo da mesma traemos aquí aquelo de que “a sostibilidade ambiental significa asimesmo que o ritmo de emisión da contaminación non sobarde a capacidade do aire, da auga e do chan de absorbelos e procesalos”, algo que non encaixa con asuntos como o da conexión do efluente de ENCE ó tubo emisario ou a situación da papeleira en Lourizán, litoral a recuperar; ou a construcción dun novo campo de fútbol na Xunqueira d´Alba despois das actuaciós alí levadas a cabo pra rexeneraren, en parte, aquel espacio natural.

Sonaron as alarmas, naturalmente, e o presidente da Diputación afirmou, como representante do seu grupo, “que non tiñan nada planificado nen previsto na Xunqueira d´ Alba”, en contra do dito por algunha xente do seu partido. A candidata, que desautorizou rumores, sería bo que asumise, en consenso coas outras forzas unha línea ecoloxista clara. Porque en Lourizán permanece dende o ano 1963 unha agresión industrial que non ten xustificación e que –á marxe dos cambios que Medio Ambiente queira introducir na Lei de Costas— debemos procurar acorta-lo prazo da concesión outorgada, que vence no 2018 [Ralmente está vencida dende privatización empresarial]. Por sucesivo incumprimento das condicións establecidas, a licencia debería considerarse vencida i estar xa estudiada a reubicación do complexo noutra latitude, con nova tecnoloxía, sen vertidos, etc. Un pergúntase se non cabe aquí a vía contencioso administrativa á que vai recurri-lo alcalde de Vigo en relación cos novos recheos do Areal, outro disparate como os de Marín e Sanxenxo. ¡E despois extráñanse do acontecido con Silgar!

Retomando o tema dos vertidos, Greenpeace avisa de que chove sobre mollado porque España foi condenada polo Tribunal Europeo de Xusticia por incumprimento das normas comunitarias. Posteriormente, a Comisión Europea pediría ó Tribunal que multara ó noso país con 45.600 euros cotiáns, ata que se poña solución ó problema existente. Téñase presente que o emisario da nosa ría non se interna no mar, senón que morre nun medio fráxil, sensible, e que co caudal agora agregado ábrense novas posibilidades á vía trófica do mercurio que apunta como víctimas propiciatorias ós maiores depredadores, e o home está no grupo. En definitiva, que as cousas siguen mal, que non hai unha sensibilidade ambientalista certa antre as clases políticas porque, coa Carta de Aalborg como asignatura, suspenden. Menos mal que PSOE e BNG –e tamén a Iniciativa Cidadáa dos Praceres— están dacordo en que a papeleira debe ubicarse noutro lugar. Algo é algo.

Finalmente, deamos noticia dunha setencia: “Un xuzgado de Xerona equipara os ruídos a unha violación de domicilio”. A sentencia, do mes de marzo, foi redactada pola actual decana de Xerona, Pilar Rovira. Unha familia residente en Sant Joan de Palamós comezara a sofri-las consecuencias do establecemento dunha central de distribución de mercancías nun polígono industrial alí creado. As denuncias polos ruídos contínuos non cesaron dende o 1992. Un fillo da familia afectada actuou como letrado no procedemento sustanciado finalmente pola vía contencioso administrativa que condenou ó concello por permiti-lo ruído da empresa Pal Beach Gestió, S.A., que debería interrumpi-la súa actividade inmediatamente en horario nocturno. O concello aceptou a setencia i estudia o posible traslado do polígono industrial. A sentencia é consecuencia da doutrina máis recente do Tribunal de Dereitos Humáns de Estrasburgo. Trátase dunha resolución moi novedosa a escala estatal que abre a porta prá consideración da violación domiciliaria por outros medios que os puramente físicos. Outras causas: contaminación acústica, alcatreo, implican tamén a violación dos fogares. Algo deso sabemos aquí, en Pontevedra. Ruídos, alcatreo...Nengunha administración está moralmente autorizada a acabar coa nosa intimidade, nen coa saúde dos cidadáns. Por eso agardamos un discurso ecoloxista claro, que garantice a fin dos nosos problemas. Claro que sempre quedaría, como en Xerona, a vía xudicial contra o propio concello.

lunes, 14 de julio de 2008

JOSÉ MARÍA CARRASCAL

José María Carrascal, colaborador do ABC.

Pontevedra, 14.07.2008

Entrada n. 562 do blog

JOSÉ MARÍA CARRASCAL,
por Xesús López Fernández

O conocido periodista e colaborador do ABC publicou onte un curioso artículo, de aceirado humor, titulado "¿Galicia o Galiza?".

O señor Carrascal, que conoce Galicia dende edade temperáa, sabe que aquí non houbo nunca problema de entendemento antre as dúas linguas que conviven. Que agora se queira impoñer unha absurda política de inmersión é algo no que o home repara, que ve cómo se está a perde-lo tempo nunha especie de liorta continua antre o presidente Pérez Touriño e o Vicepresidente Quintana. Chega decir Carrascal que a política enconada que aquí está de moda relembra máis ben os combates de boxeo a patadas.

O home non analiza a fondo a cuestión dos dous nomes ós que se refire no titular do artículo. Galicia é o nome do país, afirmado incluso pola RAG en data recente e por medio de escrito á consellería de Cultura, que a conselleira mantivo agochado dende o 31 de marzo do 2008, ata data recente. Galiza non conta con tradición, se ben nalgunha fase do medioevo se teña usado ó tempo de Galicia, Galizia, Galiçia, pero nunca existeu o predominio do que falan os galizos, nen tampouco tería sentido retoma-la palabra pasados varios séculos de ausencia de uso, de cambio de psicoloxía no noso idioma.

Pero é que os "galizos", ademáis, se negan a asumir como único o nome de Galicia e insisten na súa deformación, como deformando van o idioma, introducindo como normas terminaciós en -zo, -za, palabras como sentenza, xustiza e outras, pra que a xente se vaia afacendo á xerga creada polo Bloque, o galegués. Queren cambiarlle o nome ó país, pensando nun independentismo con non sei que parte de Portugal, na construcción dun novo estado, Portugaliza. Demencial.

Faltoulle algo de perspectiva a Carrascal nese punto do seu traballo, polo demáis moi xusta a súa apreciación de que a forma de goberna-la Xunta bifronte relembra as peleas de boxeo a patadas.

Se teño tempo, hei de me dirixir ó ABC en relación co traballo citando, aclarando algús particulares, tentando darlle un maior calado. Polo demáis, moi ben todo o dito por Carrascal.

domingo, 13 de julio de 2008

O TEMA DA CORRUPCIÓN, DE NOVO.

Pontevedra, 14.07.2008

Entrada n. 561 do blog

O TEMA DA CORRUPCIÓN, DE NOVO,
por Xesús López Fernández

No artículo que aparece na entrada n. 560 fálase da situación límite na que estamos e de cómo as xentes do Goberno, mediante xogos semánticos, botan man dunha ou doutra palabra pra nega-la maior.

"No estamos en una crisis" viña sendo unha das muletillas máis usadas por Zapatero. Sen embargo, algo cambiaron as cousas e o sentido de percepción do agudo problema no que está metido o país, en especial as economías e a calidade de vida dos máis homildes.

No traballo aludido da entrada n. 560 faise unha corta alusión ó tema da corrupción urbanística que ten moito que ver coa crisis denunciada: As deshonestas recalificaciós, reclasificaciós, ou como se lle queira chamar ó tipo de enxeñería financieira posto en práctica dende que as competencias en materia urbanísticas foron transferidas ás autonomías, é algo sabido por todos.

Hoxe volveron pasar en Intereconomía un programa anterior, de onte, no que se debateu con certa profundidade a problemática da corrupción urbanística: todos sabemos dos corruptos, dos posibles enriquecementos ou financiaciós que se están a obteren vía Urbanismo; todos menos os xueces, os fiscales ou a propia policía.

E a solución parece difícil, porque tería que ser promovida dende os partidos políticos, cortándose ó mellor a súa propia carne. Daí que parece que o que se quer manter como norma , como consigna, é a de que tódo-los corruptos, á fin de contas, inocentes. Así van as cousas. I eso incide fondamente, como causa primeira, na crisis galopante, ou agallopante se preferides, que vai ferindo ó país, marcados moitos persoaxes como pola raña ou sarna dos porcos. Así, polo menos, o ve un gran sector da sociedade.

VIDEO DE YOUTUBE /INTERECONOMÍA
EL ZIEGO (CON Z DE ZAPATERO) RECUPERA LA VISTA.

O DETERIORO ECONÓMICO [14.07.2008]

Manuel Pizarro. (Fotografía de Público)

Pontevedra, 14.07.2008

Entrada n. 560 do blog.

Artículo semanal remitido a diversos medios. Realmente debería ser algo máis longo, entrar máis en detalle nos aspectos do debate que o señor Solbes quixo convertir en especie de enchoiada demagóxica, ou nos comentarios desta volta engadidos polo señor Pizarro.

O deterioro económico [14.07.2008],
por Xesús López Fernández

A erosión económica que o país está a sofrir é cada vez máis evidente. Incluso os gobernantes aceptan que nos atopamos ante unha situación de gravedade, se ben buscan recursos semánticos e demagóxicos pra ver de presenta-la crisis como algo co que se pode lidiar. Pero a cousa non parece tan fácil cando a inflación, o IPC, está xa no 5% --en Galicia no 5,4%-- cifra que non se producía dende o 1995 –1994 no caso de Galicia--. E non parece que se estean a adouta-las necesarias medidas de disciplina económica. Hai unha morosidade crecente. O BBVA estima que España deixou de crecer ó longo do segundo trimstre. É decir, que podemos estar xa en recesión, que o noso PIB pode ser negativo ó introduci-las correcciós necesarias prá determinación do PIB neto, como poden ser certos costes ecolóxicos e burocráticos. Estamos en crisis, como afirmaba don Manuel Pizarro o 21.2.2008, no seu debate con Solbes, que Intereconomía Televisión acaba de pasar novamente o 12.7, presente o señor Pizarro pra insistir e precisar máis o seu análisis, que sigue vixente.

Pizarro, agora vese con claridade, estivo profético, brillante nalgús momentos da súa intervención e, na súa didáctica exposición, afirmou cousas como que por baixo do 3% de PIB non se creaba emprego e que o número de parados podería ir a máis, que poderiamos chegar ó longo do ano a unha cifra próxima ós 3000000. Díxoo varias veces. Afirmou tamén na súa intervención que a crisis viña de tempo atrás e que o Goberno non adoutara medidas, confiado no seu modelo económico basado no ladrillo e o consumo. Dera incluso varias recetas, a requerimento de Solbes, pra reducir gastos, como a da posible supresión do ministerio de Vivienda, á que nestos momentos habería que engadi-la eliminación tamén do ministerio de Igualdad, recentemente creado, como formando parte da política do Big Bang de sobregasto, da creación de altos cargos, un 21 por cen despois das elecciós.

Non parece allea á crisis xa reconocida a corrupción urbanística, sendo esta cuestión, o Urbanismo, algo pró que algús sectores reclaman un control único da Administración central. Os concellos encontraron nesa tenza unha vía de financiación fácil e cada vez son máis os casos de presunta corrupción: Marbella, Estepona,.….. Agora é a Fiscalía Anticorrupción a que denuncia ó ex alcalde de Seseña –macrourbanización sen infraestructuras-- por presunto enriquecimento pola vía da prevaricación, coacción e delito contra a facenda pública. Difícil saber si estamos nun momento no que a Xusticia vai actuar con rigor nas moitas frontes que no eido do Urbanismo están abertas. Sen embargo, hai un certo escepticismo ante o que parece unha norma non escrita, a noluntade ou falta de vontade que se ten dado en moitos casos, finalmente aparcados. Vergonzosamente, o mapa de España está cheo de puntos roxos que avisan de posibles infracciós e corrupciós urbanísticas.

Pero volvendo ó tema do debate, Pizarro recomendaba unha e outra vez facer un maior esforzo en educación; e de inversión en I+D+i, na que España vai rezagada. E que esa inversión non ten que recaer necesariamente sobre o Estado. A este respecto, a revista The Economist, en sintonía coa lección de Pizarro, incide tamén na cuestión da educación, porque as medidas pra aumenta-la formación técnica non abondan. Son necesarias empresas i empregados que queiran obtela. O semanario denuncia un certo raquitismo institucional no caso español. E avisa da necesidade de afronta-las tres “p” da economía española: precios, productividade e pensiós, porque a persistencia dun diferencial na inflación cos países cos que se comparte moeda e a diverxencia de productividade coa UE que nos están a facer menos competitivos, poden tamén compromete-lo sistema de pensiós, con problemas de liquidez no ano 1996, cando o PP arribou ó poder, algo tamén comentado no debate Pizarro-Solbes. A reserva actual da Seguridade Social é de 51200 millós de euros. Que non se deteriore.

sábado, 12 de julio de 2008

LAS RÍAS, por César Casal.

Pontevedra, 12.07.2008

Entrada n. 559 do blog

COMENTARIO DE Xesús López Fernández

O traballo que sigue é un artículo breve e preciso dun colaborador de La Voz de Galicia, César Casal. De forma moi resumida dí algo do que neste blog se ven denunciando, algo no que o titular do mesmo ten insistido ó longo d´anos.

O citado articulista non fala da ría de Pontevedra, pero fala de todas, polo que a nosa queda tamén dentro do seu discurso. E algo hai gravísimo en moitas das actuaciós que se están a faceren, como é o feito de engañar á UE pra obter fondos prá construcción de pasarelas, depuradoras ilegales en dominio público marítimo terrestre, e vendernos eso, pra máis burla, como obra ben feita.

O artículo de César Casal dí moito máis do que parece. Noraboa.


Las rías, por César Casal. 12.07.2008 (La Voz de Galicia)

Nos reímos de las rías y así nos va. Somos el único país capaz de asaltar su propia caja fuerte sin ruborizarse. De reventar su riqueza y mirar hacia otro lado. Las rías eran un milagro. La leyenda dice que Dios las creó cuando, después de hacer el mundo, al séptimo día descansó y apoyó los dedos de su mano sobre la costa gallega. Así modeló esos espacios naturales, donde riqueza y belleza se besan.

Pero lo que tenía que ser un ejemplo lo hemos convertido en expolio y destrucción. La contaminación en la ría de Vigo indignó a la UE. Los fondos de la ría de O Burgo son un pastizal de desagües y excrementos. Una foto de La Voz permitía comprobar que la ría de Viveiro, con marea baja, dejaba ver hasta un carrito de la compra. El furtivismo castiga de forma impune las rías.

Hicimos paseos marítimos, con nuestras casas de cemento armado, donde no existían canalizaciones ni depuradoras. Tiramos el dinero europeo en construir aceras y barandillas, para mirar a rías que apestan y que obligan a tapar la nariz.

El otro día paseaba por O Burgo y oí que un niño le preguntaba a su padre: «¿Por qué huele tan mal aquí y tan bien mamá?». A veces, una pregunta es la mejor respuesta. Destruimos la naturaleza y pagamos por la colonia en los centros comerciales. Odiamos lo natural. Somos seres artificiales. Terminaremos diciendo que nos gusta el olor del napalm por las mañanas.

SAN BENITO, PATRÓN DE EUROPA.

Pontevedra, 12.07.2008

Entrada n. 558 do blog

SAN BENITO, PATRÓN DE EUROPA,
por Xesús López Fernández

Onte foi o día de San Benito, patrón de Europa, tan celebrado na nosa terra. A orde de San Benito tivo unha gran relevancia ó longo da historia, na construcción de Europa. Daí que a Igrexa optara polo proclamar patrón do continente.

Moitas cidades europeas son de orixe monástica. Fóronse conformando ó abeiro dalgún que outro mosteiro, fontes de oración, de cultura e traballo. E así pódese calcular que en torno a un 30% das cidades hoxe importantes e cargadas de historia, do continente, sóno porque alí houbo algún convento.

En Galicia foi importantísimo o labor de cristianización e colonización levado a cabo tanto polos monxes benitos como polos do Císter, benitos tamén, pero reformados.

Aínda non se lle está a agradecer á Igrexa ese labor. Pero a Historia marcou outros camiños, en especial por dictados masónicos. A exclaustración significou o cerre e abandono de non poucos mosteiros, dos que hoxe siguen vivos ou se recuperaron Samos, Oseira, e o convento do Císter en Ferreira de Pantón, o único que permaneceu aberto, sen interrupción. Alí profesaría votos e morrería a edade aínda nova, unha tía do titular deste blog.

Pero non falamos de San Benito de Pontevedra, que conoceu da presencia do P. Sarmiento. A célebre romería do "noso san Benitiño" esmorece ano tras ano. A de onte coido estivo pouco concurrida, según noticias recibidas e tamén según a prensa. Pero é que, antre outras cousas, a festa perdeu o atractivo da chegada dos barcos ó pé co antiguo convento, porque o río xa non ten calado, privado do canal central pola estúpida desecación das xunqueiras. Resulta triste ver cómo van reconvertindo algús dos vellos conventos en paradores, como acontece co fabuloso San Esteban de Ribas do Sil, importante foco de cultura na Ribeira Sacra.

Sigue un vídeo sobre a situación actual do dito convento-parador. Entendo que unha visión parcial. Pero sirve pra nos aproximar ó que puido ser no pasado tan importante convento.

VIDEO DE YOUTUBE / ARCO DA VELLA (ELADIO TORRES CASTRO)


jueves, 10 de julio de 2008

A MESA POLA NORMALIZACIÓN É UN CÁNCARO


O caos normativo. Dibuxo informático de Xesús López. (O bo dos blogs é que se lle pode chamar ás cousas polo seu nome).

-Pontevedra, 10.07.200-Entrada n. 557--A MESA POLA NORMALIZACIÓN É UN CÁNCARO,por Xesús López Fernández-
Hoxe tiven ocasión de falar cunha funcionaria que debía te-la consigna de usa-lo galego como lingua vehicular. Paréceme ben. Pero como na burocracia entran unha seria de expresiós, de modismos, que non corresponden á nosa lingua, senón ó galegués inventado polo Bloque, manifestei o meu desexo de usa-lo castelao no meu turno. "E ten todo o dereito", dixo ela educadamente. "Conste que son galegofalante, que escribo en galego dende os anos 50 do século pasado, pero báixome do tren do galegués que predican a Mesa pola Normalización e os seus delegados-comisarios".

Se o idioma morre é fundamentalmente a consecuencia dos esforzos do Bloque e da Mesa por impoñe-lo galegués. E a min non me costa traballo definila como cáncer. Eles, na súa sequedade lingüística, han propoñeren a palabra "cancro", horrible, que tería como derivadas outras verbas: "cancroso, cancríxeno", horribles, que non recollen os seus diccionarios, senón as formas "canceroso, canceríxeno". ¿En qué pelea estamos?

Considero, pois que a Mesa é realmente un cáncer, do que se derivan "canceroso, canceríxeno". Pero que terían a posibilidade de se autodefinir como "cáncaro", palabra galega, da que sí se poderían deriva-las verbas "cancaroso, cancaríxeno", porque a lingua ten outros resortes nos que estos aldeáns aínda non repararon.



Juan Manuel Pereira ocupouse recentemente do galego por medio de dous artículos brillantes: "En galegués, non" e outro, "Galicia, con c". Recomendo a súa lectura. Apareceron no Diario de Pontevedra. I el, como especialista en Historia Moderna, aínda aclaraba onte a un desos profetas do galegués o que xa estaba claro na línea argumentativa dos traballos citados.


Juan Manuel Pereira, ademáis, non escribe actualmente en galego porque non quere que, por vía de becario ou de corrector ortográfico, traduzan ó galegués o que el escribiría en galego. E así, moita xente vai deixando a nosa lingua.

Outra cousa que tampouco se pode consentir é que intenten afoga-lo castelao pola vía do Diktatt estalinista ou nazi, como están a faceren no País Vasco ou en Cataluña, a tentaren reconvertir ós españoles en criaturas menos universales.

As Academias Iberoamericáas xa se manifestaron a prol do Manifesto de Defensa do Castelao, dito así, con mal café.

E relembremos: a Mesa, un cáncaro. As súas delegaciós, neoplasias, metástasis.




DE CORRUPCIÓS URBANÍSTICAS

Pontevedra, 10.07.2008

Entrada n. 556 do blog

DE CORRUPCIÓS URBANÍSTICAS,
por Xesús López Fernández

A nivel mediático, a noticia destos días é a intervención da Fiscalía Anticorrupción en relación coa macrourbanización de Seseña, un secarral en Castilla-La Mancha que linda coa Comunidade de Madrid.

A investigación da Fiscalía sobre a "extraña" urbanización, que non dispón de infraestructuras, é algo que parece ven aplaca-lo que era unha denuncia pública que viña xa de meses atrás, que parece que incluso foi sofreada polas circunstancias dadas nas elecciós do 9-M. A Fiscalía estima un enriquecimento do ex alcalde socialista José Luís Martín Jiménez, de Seseña, [que dou luz o proiecto cos votos de únicamente o seu partido] de 672000 euros.

A urbanización contaba con informes desfavorables do Goberno autonómico de Castilla-La Mancha. Parece que do enriquecimento desmedido do anterior alcalde se deriva un triple delito: prevaricación, coacción e delito contra a facenda pública.

Hoxe estivo particularmente interesante o debate de "El Gato al Agua", de Intereconomía Televisión, definido o caso como de libro dentro do escándalo das recalificaciós, do enriquecimento urbanístico, da fonte de ingreso que o Urbanismo representa prós concellos.

Nalgún momento do debate, particularmente polos sms que hoxe entraron de forma masiva, se denunciaban casos e casos de presuntas corrupciós ó longo e ancho de toda España. Moito traballo pra unha Fiscalía Anticorrupción pouco operativa. Pero algo parece dibuxarse como medida necesaria pra un rexeneracionismo salvífico: a necesaria asunción do Estado das competencias en materia urbanística, porque dende que as competencias foron transferidas ós concellos, son moitos os lugares da nosa xeografía onde cheira a podre. Coa particularidade ademáis de que non se sacian, senón que inflan máis e máis o ibi, ata o punto de ameaza-las economías familiares.

En NADAPARTIDARIOS / YOU TUBE parodiaron o tema da urbanización de Seseña co seguinte video, titulado:

BONO Y EL POCERO