domingo, 30 de enero de 2011

O Lérez que morre

Postal de hai máis de cen anos, na que se aprecia a invasión do mar. Santa María, hoxe case desaparecida pola cortina de edificios construídos nalgún caso sobre terreos que foron dominio do mar, tiña daquela un protagonismo real, como dona da paisaxe.
Nova invasión da ría con motivo da absurda construcción da nova ponte d´As Correntes.
-
Pontevedra, 31.01.2011
-
Entrada n. 1399 do blog
-
Artículo semanal
-
O Lérez que morre,
por Xesús López Fernández
-

O Lérez volve ser noticia. Non porque se teña tomado algunha sabia decisión prá súa recuperación, máis alá dalgún falaz discurso; sí porque de cada volta están a lle negaren máis protagonismo, xa case convertido en canal sen fondura. Daquí a pouco non vai ser posible unha navegación mínima polas súas augas. Neste sentido denunciaba hai escasos días o presidente do Club Naval a colmatación do cauce, a perda de calado, de cómo os pantaláns están xa case sobre terra. A construcción da nova ponte d´As Correntes pode ter tamén unha certa culpa na perda de entidade do noso río, tan lonxe da descripción que del fai Prudencio Landín Tobío, en “De mi viejo carnet”. O Lérez, que nalgún tempo era unha referencia obrigada, un espacio pra lle mostrare ós visitantes ilustres que aquí viñan e dos que cita non poucos; pero fai un aparte coas xiras de Echegaray, no 1888, e a de Canalejas, no 1907, que deixaron unha lembranza inesquecible; que aquelas figuras evocaban esas xiras como relembro inmorrente. O que morre, cada día un pouco máis, é o Lérez.

Nun traballo aparecido no Faro de Vigo [29.01.2011], Susana Regueira fai historia da degradación do río, arrancando cunha cita de Sarmiento, que decía que a ría bañaba a muralla toda. Río sempre novo e sempre o mesmo, pero non así as súas fermosas xunqueiras, destroídas ou cando menos arrasadas en escaso medio século pola presencia de fábricas, zonas escolares e discutibles equipamentos públicos. Patrimonio sepultado que era, ademáis, o que marcaba o calado do río-ría. Pero non houbo sensibilidade ambientalista, como sigue sen habela aínda que se chegue falar dunha cativa recuperación do Lérez. Non. O río foi estreitado, convertidos incluso en solares algús espacios nos que xogaban as augas do río e da ría, porque na zona das xunqueiras, zona intermareal, tiña un maior protagonismo o mar, ata que, coa desecación desos espacios, foille vetado o traballo rexenerador: xunqueira d´Alba, xunqueiras do Lérez, das que queda como algo residual a Illa das Esculturas.

Di algo Susana Regueira que me gusta, i é cando comenta que se o río Lérez arrasase mañán coa zona das Corbaceiras, alguén botaría man do adxetivo “violento” pra se referire ó río, pero nadie apunta ós violentos que estreitaron o río e o contaminaron e que, desta volta, ameazan coa construcción de novos encoros pra redondearen o erro, o crime de lesa natureza aquí cometido, do que ilustran fotografías históricas. Nalgunhas delas aprécianse as xunqueiras en toda a súa amplitude, e algús desos espacios terían unha relativa recuperación si houbese vontade de asumi-lo ambientalismo Ramsar como disciplina, algo de libro. O mapa de Coello, ano 1856, mostra a ría bañando as vivendas das Moureiras e San Roque e só na marxe esquerda da ponte do Burgo aparecían peiraos que servían de embarcadeiros. As Moureiras tiveron importancia como porto [un dos máis famosos da antigüedade, o maior de Galicia, que inda conservaba dezasete peiraos] e a eso fai mención a Reina Gobernadora cando lle outorga a Pontevedra o título de cidade.

Pensar que o problema do calado se vai resolvere por medio do dragado parece dun optimismo doudo. Habería que repoñe-lo cauce natural do río pra que as xunqueiras compriran a súa misión rexeneradora de vida e da dinámica das mareas. Coa línea de construcciós sobre a propia ribeira, coa imprantación de industrias contaminantes, cos recheos excesivos, o Lérez ten alteradas un 30,50% das súas marxes e o 41% do curso está moi modificado; as agresivas actuaciós no porto de Marín alteraron o 22% da banda do mar. Algús estiman como posible a venganza do río-ría polo mal facer co que aquí se ten actuado. E a Administración vai lenta en executar sentencias, como sabemos. O día no que se decida a executalas terá, posiblemente, xogado a carta da rexeneración. Mentres non-o faga, o Lérez morre. .

domingo, 23 de enero de 2011

TEMPO DE AGARDAR

O vello Lourizán, antes dos recheos aínda que xa lacerado pola autovía que as forzas políticas mandantes e coaligadas cos clústers, queren manter. Apréciase ben cál era o primitivo litoral, o que Núñez Feijóo prometeu recuperar en campaña electoral.
-
Pontevedra, 24.01.2011
-
Entrada n . 1398 do blog
-
Artículo semanal.
-
Tempo de agardar,
por Xesús López Fernández
-
Marketing gracioso o dun estudiante de Belas Artes que estos pasados días colocou uns anuncios na alameda pontevedresa: SE VENDE. 14000 mts cuadrados. Posibilidade de construire dúas torres de 410 metros de altura. Gracioso anuncio. Pero foron moitos os que pensaron se realmente non habería un proceso recalificador en marcha. Os baixos fondos da política…. Pasou a humorada que tiña máis de carimbo ácrata que doutra cousa, de burla cara as próximas elecciós de maio porque andan os políticos consensuando a oferta de novas infraestructuras, coa desnaturalización de espacios sensibles como a punta de Mollavao. Refírome ó proiectado scalextryc de tres niveles e douscentos metros de diámetro, que compromete novamente o dominio público marítimo terrestre, unha forma de seguire afogando a ría, de densifica-lo tránsito con vehículos longos, que parece pensado pra evita-la execución das sentencias firmes do TS, algo que debería ser incuestionable nun Estado de dereito.


A Iniciativa Cidadán Os Praceres acaba de anuncia-la presentación de candidatura prás citadas elecciós. ¿Con posibilidades? Todo está en función de cómo se movan porta a porta, dos foros ós que leven a súa mensaxe, i eles sí poden falare de Estado de dereito desautorizando incluso ós que lles queiran copia-lo discurso, porque esta agrupación, que naceu no ano 2002 consecuentemente ó movemento social producido na parroquia pola invasión ilegal dun tren de inxusticias nunha praza pública do Concello de Pontevedra que ninguén denunciou nen defendeu; sóo un grupo de veciños, parte deles integrados na Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres. No seu blog i en Facebook explican a loita constante na que se viron envoltos na defensa da súa praza, do mar de todos e contra a profanación da ribeira, que sigue. O TS daríalles a razón con catro sentencias aínda por executaren.

Eles denuncian que xa daquela, hai dez anos, foron conscentes do mal facer político e institucional, do contubernio antre as distintas administraciós i entes públicos e, sí, tamén antre os distintos grupos con poder que parecen non apostare polos cidadáns que lles outorgaron o voto e se sinten traicionados, convertida a política en tremedal; daí que a definan como modelo trasnoitado que basa a súa capacidade pra gobernare no poder partidista i económico [os clústers, os clústers] que non os fai merecentes de ostentaren cargo público algún; que carecen de homildade e desconocen o sentido do Estado de dereito e da participación cidadáa. Aínda definen a xestión municipal como algo que sóo cobra sentido se respeta os anteriores principios, clamando pola restauración do Principio de Legalidade cunha xestión transparente. Unha mensaxe que podería calar nunha sociedade máis viva que a pontevedresa, así como o seu lema de campaña: “Porque somos quen….¡Axúdanos, axúdate!”, que aparece na arrancada do seu blog, despois deste lema: “A historia dunha parroquia mártir contra un tren de inxusticias ou cómo acabar co paraíso”.


A situación política está moi deteriorada. Moitos políticos carecen xa de creto social. Pero o cambio, o posible cambio que moitos agardan, soio vai ser facedeiro con mensaxes claras. E notariadas. Porque xa nadie se fía de nadie. E anda polo medio o voto útil: ¿a quén votar? ICPraceres ten argumentos e unha actitude crítica clara. Outro partido, Pontevedra Alternativa, anda vía Internet, con dous blogs moi consultados, didácticos e suxerentes, inventariando os non poucos erros e abusos que en materia urbanística se levan cometido ó longo dos últimos doce anos. Se estos dous grupos formaran unha candidatura única, as súas posibilidades de entrar no concello, de osixena-la política local, aumentarían exponencialmente. Hai que agardare un tempo, a ver se logran marcar novos camiños prá nosa vila e prá ría. A construcción do scalextryc de Mollavao sería algo peor que recalifica-la Alameda como solar. Ese anuncio foi unha humorada; o scalextryc, un drama.

viernes, 21 de enero de 2011

INCITATO QUERE LATÍN.

Montoro, en La Razón. A loucura nacional. Incitato, o cabalo de Calígula e o senador qu´o acompaña solicitan, pra se entenderen cos demáis, pinganillo en latín. O cabalo de Calígula chegou a senador por Roma. Parece qu´os cabalos de Cotobade non van ter tan alto destino, que sempre van ter unha escopeta axexante da súa agallopada en libertade, aínda que sexan égoas á procura de seren preñadas polo aire, como era creencia antigua das bestas que batían os montes d´Oia, sobr´a ría de Vigo. Montoro, en La Razón. Oídos Bono e Rubalcaba despois do atentado de Murcia, van facere falta pinganillos prá traducción simultánea ó español. Mingote, no ABC, 21.01.2011. Os encontros amorosos dunha parella con sexos de distintas autonomías poden necesitare de traductor simultáneo. Esteban, en La Razón. Na traducción simultánea das intervenciós do Senado, pódese perdere non pouco do énfasis, da elocuencia dos senadores.
-
Pontevedra, 21.01.2011
-
Entrada n. 1397 do blog
-
INCITATO QUERE LATÍN,
por Xesús López Fernández
-
A Incitato, o cabalo de Calígula ou ben ó cabalo d´arestora qu´o reencarne na política española e poida ter entrada no Senado, aínda lle queda o recurso do latín como lingua superior. ¡Moito esforzo faría falta aquí, moito plan Bolonia d´excelencia pra qu´os senadores fosen capaces d´expresárense con fluídez en latín e, instalados na lingua, entende-la traducción simultánea que reciban polo pinganillo!
-
O invento que está a poñer en marcha o Goberno de ZP, outra forma de crispa-lo debate das autonomías, parece unha total doudice. Non se m´ocurre mellor cousa que inserire aquí o enlace dun traballo de Afonso Ussía, en vasco ou en algo que se lle asemella, a modo de rúbrica deste post e das viñetas coas que o mesmo dá comezo. En todo caso, xa digo, aínda que se abra, na escalada de loucura que levamos, o posible nomeamento como senador dalgún cabalo, as bestas de Cotobade (como xa indicamos antes) non van ter esa posibilidade. Se non-as matan poden sí rinchare polos montes de Cuspedriños ou Viascón na súa lingoaxe universal. Sigue o traballo de Ussía:
-
-
20 de Enero de 2011

Zein den eder arratsean izar arte garbia, iparretik agertzean, mariñelen argia. Bai handizki eder dago, zeru zola andia. Zu milletan ederrago, nere maite Tzontzoles. Izarrak dire zerruko, aingeruen begiak, gizonen begigartzeko, jainkoak ezarriak; zu bertorat agertzean histuz beren argía, sartzen dire ilunpean, nere maite Tzontzoles. ¿Ez du hain laket izarrak egun leku berea, udaberriz ez erleak baratzeko lorea? Ez du ala argi-albak, Pepiñoak Blanko xoría, nota ni zu ikusteak, ene maite Tzontzoles. Tzontzoles zure aldera, hurbidun viesen zarri, Rubalkaba erratera ez naiteke Leire Pajinoak. Pilpira bat bihotzean, beldar banaiz abia, gilipolleko pingano txiki, traduktoak senatoriak, ¡Maite zaitut Tzontzoles!Tzontzoles, ni naiz mintzatu, Karmen Chakonoa militarra, eta momorra Benidormeak, Pajinoak ta cojonak pingano txiki ez, ez, ez. ¡Ene maite Tzontzoles!«Amodio beroak, guztiz arrigarri, Obamak Washingtoak, gotikoak susto. Adirazo naiean, argi eta garbi, ¡nere sentimentuak! Dama eder bati. Eskoñarra eletziones, eskoñarra Ispaniak, eskoñarra libertoak, eskoñarra ekonomiak, eskoñarra pentzionuak, eskoñarra empresariak, eskoñarra eta eskoñarra. ¡Ene maite Tzontzoles!Baratza Monkloak baten lora polit bat. ¡Ai, a zan ikusgarría! Zuri gurría, egimen utsa, de Paz Xabiertxo, Mendez Kandido, eta Gometz. ¡ai, a zan ikusgarría! Ipurdik, kulo, –traduktoa–, txotxolak , kretino –traduktoa–, Senatoriak sozialitak, senatoriak katalanuak, senatoriak komunistuak, ridikuloak aundi. «Amá, aitá, amatxo, aitatxo, amona!... ¡Ene maite Tzontzoles!Galai, galaitxu, mertxikondua dago loretzu. Traduktoa: «Galán, galancillo, el melocotonero está muy florido”. ¡Aundi éxito! Ipurdi tontuak. Traduktoak. “Tontos del culo”. ¡Aundi éxito! Josu Ternera eta De Juana Chaos Iñaki, etarra almorranua, libertoak. Traduktoa. “Josu Ternera e Iñaki de Juana Cahos, el etarra de las hemorroides, en libertad”. ¡Aundi éxito! Ixil zagoze, zugatzok. Axoi, abil leunkiro, naspildu barik ametzok. ¡A purri, a purri, a pupurrí! Traduktoa: ¡ a la porra, a la porra, a la reporra!¡Aundi éxito! Zapatero Joseba Koldobika a purri, a purri a pupurri. Maitagar dabil kantari, tinko urrezko uztaia, pinpilinpauzen eiztari. Zapatero Joseba Koldobika, pinpilinpauzen. ¡Ene maite tzontzoles!Huevuak artíkulo. Huevuak kolumnak. Huevuak Zapatero Gobernuak. Pello Joxepe tabernan dala. Boga, Boga, mariñela. Maitetxu mía. Ume eder bat. Agur Jaunak. Guitarra euskaldunak, Sagarraren punta, Athletic aurrerá. Senatoriak pinganoak txiki, aundi gilipollak. Agur.
-
Le dedico este artículo al presidente del Gobierno José Luis Rodríguez Zapatero, fundamental impulsor de la supina estupidez de derrochar millones de euros al año para contratar traductores cuando todos los senadores hablan y entienden, como españoles, el español. Estas majaderías buenistas e innecesarias son las que van a llevar a su Gobierno al desastre electoral que se le avecina. Que hable con la calle y se entere. Y que se entere él de lo que le he escrito con tanto cariño como paciencia. Se lo puede traducir Anasagasti, que sabe menos vascuence o «euskera» que Marifé de Triana.Cordialmente, o kordialmente, o cordialment, a su disposición.
-
Alfonso Ussía.

jueves, 20 de enero de 2011

NOVA MATANZA DE CABALOS EN COTOBADE

Un cabalo de boa estampa e fácil trotar, en Cuspedriños, no día da rapa das bestas do pasado agosto 2010. Detalle da feira organizada en torno ó cabalo, no mesmo lugar. Panorámica dos montes de Cuspedriños. (Fotos propias ésta e as anteriores)
Catro égoas mortas en montes de Cotobade, dúas máis feridas e outra sen localizar. (Foto de La Voz de Galicia)
-
Pontevedra, 20.01.2011

-
Entrada n. 1396 do blog

-
NOVA MATANZA DE CABALOS EN COTOBADE,
por Xesús López Fernández
-
As égoas foron matadas a tiros. Noticia triste pois os cabalos, aínda que de vez en cando entren en campos de millo ou desfagan cultivos, deben poder ser identificados coa conseguinte indemnización de danos.
-
Cando foi da peste incendiaria do ano 2006, daquela falouse moito dos posibles remedios pra evitare que nos montes galegos medre tanto a maleza, chamádelle biomasa ou combustible, o que se evitaría pensando máis en pastos i en gando rozador, como ovellas ou cabras, vacas ou cabalos.
-
O cabalo en por sí representa unha riqueza e un monte máis limpo. Na noticia do enlace pódese leer o que di un dos responsables da organización da rapa das bestas que cada mes d´agosto organizan en Cuspedriños, en San Xorxe de Sacos, de cómo unha cría tentaba aínda mamare da súa nai morta.
-
Non deixa de ser cáustico o comentario do alcalde, que dí que cando lle pasan aviso é xa tarde, qu´o fan pra retira-los cadavres.
-
Enlace:
-
-

miércoles, 19 de enero de 2011

A ILLA DAS ESCULTURAS

Antón Castro, crítico de Arte e profesor en Bellas Artes, foi responsable do Instituto Cervantes de Milán e do Instituto do Patrimonio Cultural de España. No ano 1999 impulsou a posta en marcha do parque escultórico da Illa das Esculturas, o único espacio da Xunqueira do Lérez que foi razonablemente respetado. O Faro de Vigo publicou hoxe unha entrevista ó home, que denuncia o abandono da Illa ó longo destos dez anos. Xunto con Rosa Olivares foi comisario artístico daquel Parque. (Foto do Faro)
-
Pontevedra, 19.01.2011
-
Entrada n. 1395 do blog
-
A ILLA DAS ESCULTURAS,
por Xesús López Fernández
-
Despois do deplorable abandono da Illa, o BNG quer gastare cartos agora naquel espacio, repoñere ou restaura-las pontes, cambia-la vexetación, etc., porque sabe qu´o coidado dos parques e xardíns é rentable. Pero da situación deplorable daquel espacio eles son os responsables. E deso falou Antón Castro, categóricamente, no sentido de qu´os nacionalistas, dende que tomaron o poder en Pontevedra, desbotaron a idea de coida-lo parque da Illa das Esculturas, afirmando que que non-o consideraban seu, daí o inxustificado e totalitario abandono un ben que é propiedade dos comuneiros de Lérez, asunto éste que debe quedar absolutamente claro.
-
Non confía no proiecto do BNG, que xa de partida o considera malo, porque anteriormente aplicaron mal as subvenciós recibidas, asunto sobre o que Antón Castro vai promove-la oportuna denuncia, afirmando qu´o goberno local terá que responder ant´o Tribunal de Contas e aclarare en qué ou cómo gastou os cartos das subvenciós recibidas. Moi crítico, acusa o goberno local da práctica desfeita da Illa das Esculturas.
-
Pra mellor segui-lo dito por Antón Castro, vede a noticia do seguinte enlace:
-

A Alameda non se vende

Como ventabamos no post anterior, todo foi unha broma, según aclara hoxe El Faro, ó que pertence esta fotografía.
-
Ponteveda, 19.01.2011
-
Entrada n. 1394 do blog
-
A Alameda non se vende,
por Xesús López Fernandez
-
É decir, non se vende de momento. Os anuncios aparecidos foron obra dun estudiante de Bellas Artes, un rapaz con sabio humor, ó mellor conocedor de que na política se dan esas cousas e que, en función do partido no poder ou dos grupos de presión qu´o manipulen, ó grupo mandante ou ós demáis, todo é posible: a correspodente recalificación e as torres resultantes como xa brindaban os anuncios do sagaz publicista.
-
No post n. 1393 deste blog xa nos ocupamos do tema, maxinado como posta en escea do humor na campaña electoral. I en Facebook, un amigo valoraba a miña entrada co seguinte comentario, ou parecido: "Non lles deas ideas, Xesús, que igual nos colocan aí outra Carrefour". Pois mira tí por onde, sen querere, poderían tira-las cousas. Se Carrefour quixera.... aínda podían asenti-los grupos políticos presentes no concello, como unha orquesta de cámara ou, mellor aínda, como culóns de Fonsagrada apesebrados, estabulados.
-
Foi a Policía Local a que descubreu a identidade do autor da "intervención artística" no pleno centro da cidade, coa sorpresa e notoriedade conseguinte, verdadeiramente impactantes. O mérito do mozo artista é que foi todo unha obra en solitario, sen que na facultade tivesen noticia do asunto. Finalmente, o estudiante comprometeuse diante dos axentes a retira-los carteles e poñer fin a un "performance", como dí Faro de Vigo, que desencadeou numerosos comentarios na vila, pola proposta de vende-la Alameda como pola calidade desa iniciativa. Inmobiliaria CDM, proiecto Sky, dúas torres de 410 metros d´altura. Acabouse o soño, de momento. Pero a tentación política pode volver en calquer momento.
-
Enlace:
-

martes, 18 de enero de 2011

A ALAMEDA, ¿EN VENTA?

Na Alameda de Pontevedra apareceron diversos anuncios coa indicación de "se vende", o que se supón unha broma ben traída (Foto do Faro de Vigo).
-
Pontevedra, 18.01.2011
-
Entrada n . 1393 do blog
-
A ALAMEDA, ¿EN VENTA?,
por Xesús López Fernández
-
Hai xa moitos anos, alá polo 1983, escribín un corto artículo, que deixei inédito, titulado "¡Qué solar!", no que describía un posible cambio na alcaldía pontevedresa. Ó novo alcalde, nada máis instalarse na casa consistorial e dend´a balconada do edificio de Sesmeros, ó descobri-la panorámica da vella Carballeira dos Frades (dominicos) reconvertida en alameda ocurríaselle unha idea: a reconversión do espacio en solar, algo posible en función da estulticia política de cada momento, tan permanentemente demostrada ó longo especialmente dos últimos dez anos de reventa-la cidade, de desnaturalizala, de convertila nunha especie de Gulag prós residentes.
-
Desta volta, a noticia é un simple anuncio profusamente distribuído según o que a inmobiliacia DCM ofrece en venta ese espléndido parque, brindando como enlace un enderezo electrónico. Coido ha ser unha pura ficción que revela a situación de descrédito á que ten chegado a clase política, porque nestos momentos siguen a tracexa-lo plan pra se carga-lo dominio público marítimo terrestre e a vista panorámica que se aprecia dend´o fondo da Alameda, cara a ría, é hoxe unha especie de patio de luces. Porque dend´alí apréciase cómo foron acotando o mar, a ponte da Puntada qu´o goberno local non quixo evitare a pesar da recomendación "franquista" do ano 1973, a que botaba abaixo o PXOM do 1970, a mesma que decía que Ence-Elnosa foran un claro erro do que soamente problemas prá saúde e convivencia humáas poderían derivarse. E recomendaban ó concello que procurasen conseguir do MOPU outro trazado prá autopista, evitando así o impacto brutal da citada ponte.
-
Pois desta volta andan a xogaren os políticos locales e Pepe Blanco con outro impacto brutal: o scalextryc a tres niveles en Mollavao pra así, obviamente, asegurárense o botín do gran solar de Lourizán e a non execución das sentencias do TS e do TSXG, porque son todos eles, presuntamente e se non cambian de actitude, uns auténticos prevaricadores.
-
Van diversos enlaces, un deles, gracioso, de El País do 17.01.2011, sobre o caso Ence, no que se oculta diversa información sobre a que nada vou decir.
-
Enlaces:
-
-

domingo, 16 de enero de 2011

POLÍTICOS EN CAMPAÑA

Antón Louro vai encabeza-la candidatura do PSOE prás municipales do 22 de Maio.
-
Pontevedra, 17.01.2011
-
Entrada n. 1392 do blog
-
POLÍTICOS EN CAMPAÑA,
por Xesús López Fernández
-
Ós que non creemos na política, que entendemos que o simple feito de vivir da política sitúa a eses "profesionales" baixo sospeita, nada nos dí o feito de que Antón Louro, que onte presentou a súa candidatura prá alcaldía de Pontevedra, estivera avalado polo ministro de Fomento, Pepe Blanco, e mái-lo secretario do PSdeG, Pachi Vázquez. Persoalmente, preferiría que estiveran ausentes ambos persoaxes, porque teño un certo conocemento de Louro, do que sei ten feito en máis dunha ocasión declaraciós sobre a problemática das marismas de Lourizán e do Porto de Marín. Sí, preferiría que explicase cómo vai facer pra demanda-lo cumprimento das leis e defende-la vixencia do Estado de dereito. Mais, realmente, coido xa non está armado moralmente pró tal discurso. En decembro do 2009, a raíz dunha das sentencias sobre o Porto de Marín, a que ordea a retirada dos recheos, tiven ocasión de lle comentare, en relación coa dita sentencia que a ver cómo se executaba, si era certo que España é un Estado de dereito. E a súa resposta, en relación coa sentencia foi a de "¡Executarase!".
-
A ver cómo concilia o seu discurso "ecoloxista" co aval que lle presta Pepe Blanco, o que sigue "erre que erre", coa consolidación da rotonda a tres niveles en Mollavao, asunto no que se dá un verdadeiro menáge a trois, porque os tres partidos, PSOE, BNG e PP están d´acordo na construcción da tal rotonda no canto de levala cara ó interior i entrar así na dinámica de recupera-lo litoral de Lourizán, algo tamén prometido por Núñez Feijóo, ó que se lle está a pasa-lo arroz das promesas electorales. Por se aínda había algunha esperanza, as declaraciós do seu conselleiro de Medio Ambiente, Hernández, non deixan dúbidas. A eles, din, non lles gusta a construcción dunha rotonda que lesiona o dominio público marítimo terrestre pero, lonxe de denuncia-la obra xudicialmente, o que faremos algús ecoloxistas, urxe a súa construcción nunha especie de esquizofrenia incomprensible. Ademáis que o PP tampouco pensa en suprimi-la avenida de Marín. É máis, parece que todo está pactado pra degradare aínda máis a ría, pra consolida-la ocupación como solar das marismas de Lourizán, política coa que lle dinamitan a campaña ó propio Telmo Marín, que nas anteriores municipales presentou o proiecto máis ecoloxista de todos. Na anterior, que nesta xa non, xa non fala da praia de Pontevedra..
-
Que Louro tente que pensemos que se quer afastare do Bloque é algo de non recibo. E que teña presente que moitos dos disparates urbanísticos aquí cometidos foron posible gracias ó contubernio, formando goberno ou como meros consentidores, aquí existente antre ambos partidos de esquerda.
-
Nada parece salvarse nesta ría porque, como queda dito, o menáge a trois da presunta prevaricación existe antre os tres partidos. Son como putas. I están movendo os peóns prá non execución das sentencias do TS. ¿Estado de dereito? Non, gracias. É o discurso dos tres. E siguen enlaces en relación coas noticias comentadas, os tres de La Voz de Galicia.
-
Enlaces:
-
La Voz de Galicia, 16.01.2011: "Máis interrogantes sobre a variante a Marín" . O PP denuncia, pero traga. Non vale tampouco ese tipo de discurso no que nadie é inocente. E sí indecentes.

A praza da Ferrería, momento sensible

Panorámica da Ferrería. Esas farolas van ser sustituídas por outras de deseño borde. Algunha delas pode ter desaparecido, xa.
O letreiro da vergonza. Os cartos do Goberno prá economía sustentable local. Máis de 160 millós das antiguas pesetas pra parasitare un dos espacios máis entrañables da xeografía pontevedresa. San Francisco pode mesmo quedar lumínicamente agredida.
O plan E, co ensanche de beirarrúas, crea nichos de empresas de miseria. Caín, maxistral como tantas veces, retratou así en La Razón a aplicación dos fondos do plan E, na que Pontevedra, co seu plan de accesibilidade paralizante, foi unha adiantada.
O home, polo realismo dos plans económicos do Goberno, medita na súa última fronteira, un nicho de cartón. Outro maxistral chiste de Caín, tamén en La Razón.
-
Pontevedra, 17.01.2011
-
Entrada n . 1391 do blog
-
Artículo semanal
-
A praza da Ferrería, momento sensible,
por Xesús López Fernández
-

A praza da Ferrería leva anos enferma, o pavimento arruinado cando non esnaquizado. Procede da época de Rivas Fontán, pouco tempo en definitiva se falamos de pedra. Pero semella que a praza vai cansa, que está talvez agotada e pide unha seria restauración; pero non o cambio de luminaria que xa comezou, gasto inútil, porque aí está previsto invertir no entorno todo da praza e xardíns de San Francisco nada menos que 969.819,29 euros, obra financiada polo Goberno de España, fondos do plan E, pró emprego e sustentabilidade local, na “mellora da eficiencia enerxética da iluminación ornamental de diversos elementos do patrimonio histórico do centro de Pontevedra”. Os interesados poden verifica-la cifra e o anuncio referido, colocado no muro da parte baixa de San Francisco. Tempo de execución, 3,7 meses, incumpridos.

O cuestionado plan E, a cabezonada de regar cartos a mangueirazos antre os distintos concellos de España, non sirveu pra xerar riqueza; sí pra pagar non poucas peonadas a traballadores portugueses, como ben sabemos en Pontevedra. Pero o gasto que se acomete na Ferrería e xardíns de San Francisco parece un verdadeiro despropósito porque pode conlevare unha agresión de mal gusto ó noso patrimonio. Faltan xa varias das farolas fernandinas, pero algunhas aínda permanecen [xa por poucos días], pra enalteceren aquel decorado, especialmente na noite. Non se entende que a oposición careza de forza, de argumentos, pra organizare unha protesta cidadáa por ese expolio. En Vigo, cunha sociedade máis viva, foi sonada a protesta porque intentaron retira-las farolas de fundición en Urzáiz, Uruguay, Praza de Compostela, aínda estando o concello collido, talvez, nalgunha “actuación”. Pero a cuestión é que os “torpedos de luz” ou “folecarolinos” cos que infectaron a zona vella pontevedresa, están xa presentes na Ferrería, en contra dun Peprica que determina que prás farolas que se poñan nese entorno deberían usaren “ferro fundido, bronce ou similares, en tonalidades escuras e de forma harmónica”.

Desgraciadamente, o plan E non foi máis alá da creación dun rosario de rotondas e un ensanche de beirarrúas. Como dí Carlos Herrera o 2009 trouxo un cruxido insoportable nas economías familiares e nas empresas. A gomariza verde non era tal, o optimismo compulsivo do presidente nen sirveu pra serea-los ánimos. E as arcas, de plan en plan, quedaron sen nada. [Sí que hai máis mendigos e frautistas, novo estilo de vida, agora con beirarrúas máis anchas pra amplia-lo “negocio”]. O novo gasto na praza da Ferrería nunha innecesaria retirada das farolas fernandinas que non sabemos pra ónde van ir; nen se a súa liquidación vai ser con valor cero ou destinadas á chatarra, cando son presencia constante en non poucas cidades, contribuíndo, case sempre, á elegancia de prazas ou de amplias avenidas como, por exemplo, a Gran Vía de Vigo. E outros espacios da cidade olívica.

Ás farolas da Ferrería podería quedarlles moita vida útil por dediante. Sería absurdo decreta-la súa eutanasia, a reconversión en chatarra dese patrimonio urbán porque o relativismo dogmático con que exerce o mandiño o equipo de goberno local nos está a impoñere un criterio moitas veces en contra da máis elemental ética. I estética. O cambio da fisonomía urbáa, a peor, imposto polo bipartito está claro. O acontecido coa praza da Verdura foi un escándalo sonado [con patrimonio evadido, os bancos], como tamén o feito coa avenida de Santa María ou o maltrato do seu Campiño, tal que un decorado de guerra. A privación de arterias: Michelena, Arzobispo Malvar, Riestra e outras, puxeron en marcha a involución cara un aldeanismo cruel en non poucas zonas da cidade, guetificada. E agora tócalle á praza da Ferrería, que coa nova luminaria non vai sair do pasmo. Liberada, parece, de macroconcertos e demasía decibélica, tamén raíz profunda da súa enfermedade, sigue soportando o paso do camión da vasura, pra esnaquizare aínda máis o seu pavimento.

jueves, 13 de enero de 2011

A DIPUTACIÓN PERDE ANTE O CONSTITUCIONAL

Porto de Marín. Fotografía coa que La Voz de Galicia d´hoxe ilustra a noticia do fracaso da Diputación de Pontevedra ante o Constitucional en relación coa sentencia sobre o recheo do porto de Marín, que mantén o carácter de firme.
-
Pontevedra, 12.01.2011
-
Entrada n . 1390 do blog
-
A DIPUTACIÓN PERDE ANTE O CONSTITUCIONAL,
por xesús López Fernández
-
Cuestionaron a sentencia firme do Tribunal Supremo, pero ésta permanece. I éso pode marcar un momento doce prás xentes d´Os Praceres, armalos de forza cara as próximas elecciós. Se as sentencias firmes --catro-- do Tribunal Supremo foron consecuencia de denuncias incoadas por eles contra a actuación dos mañufes depredadores que se valeron e valen dos seus cargos na política prá desfeita, pró arraso do medio ambiente e da economía dos que fixeran do respeto a ese medio a súa profesión, a partir d´agora ábrese un tempo de máis esperanza en que a Xusticia, a pesar dos atrancos que lle levan posto, poida marca-los pasos da rexeneración ambiental do mar de Marín, a pesares do estreñimento que parece afogala á hora de dictar sentencias, de repoñe-la legalidade.
-
Aproveitémo-la ocasión pra decir de novo que estas xentiñas da política son traidores compulsivos, traidores á sociedade democrática porque eles non son demócratas; traidores tamén á natureza, como aquí levan demostrado PP, PSOE e BNG, que éstos foron sempre compañeiros de viaxe cara o Apocalipsis final da ría, como tamén da cidade na que exercen con mando estalinista.
-
Enlaces:
-
-
La Voz de Galicia, 12.01.2011: Xunta i Estado estudian as posibilidades xurídicas (Sempre hai algún iluminado que fala de inexecutabilidade, vamos, que lles dá noxo falare do Estado de dereito)

-
Faro de Vigo, 13.01.2011: O Estado estudia cómo executa-la sentencia sobre os recheos do porto. (Os costes non deben importare; o que hai que repoñer é a legalidade, a situación anterior á prostitución do mar de Marín por mandado dos clústers. Os costes, que os paguen os políticos culpables, ou os clústers, con cárcere si preciso fose.)

domingo, 9 de enero de 2011

O "progreso" que destrúe


Dibuxo do ano 1999, caricatura do que podía estar a pasare na ría de Pontevedra. A situación, hoxe, é moito peor, sobre todo valéndonos dunha depuradora ilegal asentada en dominio público marítimo terrestre. Os partidos, faltos de ética, non entran nestos temas. O tema do artículo podería ser exposto, todo el, en clave pontevedresa.

Pontevedra, 10.01.2011
-
Entrada n. 1389
-
Artículo semanal.
-
O “progreso” que destrúe,
por Xesús López Fernández
-
Hai xa tempo que está cambiado o patrón das precipitaciós que sofre o planeta. A causa, din os científicos, son as emisiós de gases de efectos invernadeiro. O 18 de Decembro do 2009 concluía o XV Cumio do Cambio Climático das Naciós Unidas, celebrado en Copenhague, no que se presentaron diversos estudios sobre estos cambios nos que non se pode ignora-lo papel do home como causa, polas súas pautas de consumo contaminante. Os científicos [revista Nature, 25.07.2007] xa tiñan atopado evidencias do cambio climático en marcha, como o aumento da temperatura media da superficie terrestre, variaciós na temperatura atmosférica e quecemento do oceano. Mais non tiñan reparado en cambios significativos a escala planetaria, aínda que as simulaciós climáticas por medio de computadora anunciaban xa esos cambios. Os científicos non andan na deboura das variaciós antre grandes chuvias concretas nunha rexión determinada, senón na global dos patróns da chuvia ó longo do s. XX.

Estamos vivindo nunha catástrofe ecolóxica global. E traio aquí unhas frases de Benedicto XVI. Se o Creador mirou que a súa obra estaba ben, pergúntalle Peter Seewald, en qué se ten convertido ese soño do planeta: “¿Será que, simplemente, a Terra é incapaz de resisti-lo enorme potencial de desenvolvemento da nosa especie? ¿É que non está feita pra que vivamos aquí de forma duradeira? ¿Ou é que hai algo que estamos a facer mal?” E o Papa responde no libro-entrevista “Luz do Mundo”: “Que non imos permanecer aquí eternamente no-lo dí a Sagrada Escritura, tamén a experiencia. Pero seguramente hai algo que sí estamos a facer mal”. E fala de cuestiós como o progreso e a libertade. “Hoxe vemos que o progreso tamén pode ser destructivo”, que hai que busca-los criterios dos que botar man pra que o progreso sexa realmente progreso, e fala do mesmo considerando dous aspectos distintos: o progreso do conocemento polo que o home foi acadando unha maior captación da realidade, a visión matemática do mundo, os experimentos... ¿E a ética?

Pois como o conocemento é poder, porque si conozo podo tamén dispoñere do que conozo, agora, co noso propio poder, somos capaces de destroí-lo mundo que coidamos ter descoberto por completo. É decir, que a ese progreso pódelle falta-la dimensión do ben. E fai unha pergunta esencial: ¿qué é bó? “¿Cara ónde o conocemento debe guia-lo poder?” O que é bó pró home, ¿é bó pró mundo? Tense deixado fóra de consideración o aspecto ético, no que está comprendida a responsabilidade ante o Creador. I engade: “Se o único que se fai é puxa-lo propio poder cara diante servíndose do propio conocemento, este tipo de progreso faise totalmente defacedor”. E no diálogo éntrase nunha serie de cuestiós: “¿Qué é realmente progreso? ¿É progreso se podo destroir? ¿É progreso se podo facer, seleccionar i eliminar seres humáns por min mesmo? ¿Cómo pode acadarse un dominio ético e humán do progreso?” E tamén entra noutro concepto da Edade Moderna, a cuestión da libertade, que se entende como libertade pra facelo todo.

O progreso que vivimos non foi pensado en clave moral. É necesario reflexionar e no diálogo siguen unhas consideraciós sobre o Cumio de Copenhague 2009, celebrado nada menos que ¡17 anos despois do Cumio de Rio Janeiro! A base da Conferencia de Copenhague eran os estudios de máis de mil científicos. Pero do Cumio nen saíron recomendaciós concretas pró enfriamento da Terra. Todo fai prever, se a temperatura media sobe dous grados, unha consecuencia de tempestades, enchentas, colleitas arruinadas polas secas... Benedicto XVI dí, antre outras cousas: “A vontade política non pode ser eficaz se non existe na humanidade enteira (sobre todo nos impulsores do desenvolvemento e do progreso) unha consciencia moral nova e máis profunda, unha disposición á renuncia que sexa concreta e se convirta tamén pró individuo nunha norma de valores prá súa vida”. O entrevistador fai cita dun filósofo, Peter Sloterdijk, en relación coa xestión global do planeta: “Os homes son ateos respecto do futuro. Non creen no que saben […] que vai ocurrir”. E así nos vai.

domingo, 2 de enero de 2011

DESMEMORIA HISTÓRICA

Imaxes conseguintes á masacre de Alexandría. Informa o ABC d´hoxe, 3.01.2011 (clicade)
Un detalle da Alhambra, en Granada
Outro detalle da Alhambra
No arco apréciase parte do lema dos Reis Católicos: "Ta´to mo´ta"...
O Albaicín, visto dende a Alhambra.
Fachada da igrexa da Nosa Señora das Angustias, patrona de Granada.
Vista da cúpula do templo da Nosa Señora das Angustias.
-
Pontevedra, 2.01.2011
-
Entrada n. 1388
-
Artículo semanal.
-
Desmemoria histórica,
por Xesús López Fernández
-
A igrexa católica copta volve sangar, marcada polo martirio. Desta volta a consecuencia dun novo atentado con 21 mortos, ademáis de numerosos feridos, uns 67. Cando os cristiáns, uns mil, comezaban a saire da misa de galo, do culto de fin de ano celebrado na igrexa dos Santos, en Alexandría, no norte exipcio, un coche bomba estoupou i elevouse, o que parece descarta-la idea primeira manexada polas autoridades de que fose obra dun kamikaze, porque a bomba, que se supón contiña 50 kilos de TNT [ademáis de torcas e parafusos], era difícilmente manexable por un sóo individuo. E aínda que de momento nadie reivindica o atentado, éste parece leva-la marca de Al-Qaeda, que xa o 1.11.2010, por medio do estado islámico de Irak, [unha coalición terrorista da citada organización], rubricara outro contra unha igrexa de Bagdad con data 30.10.2010 e cun saldo de 58 mortos. Mentres, o presidente exipcio Hosni Mubarak pide a cristiáns e musulmáns que se entendan; que a acción terrorista de Alexandría é realmente contra todo o pobo exipcio, con independencia da súa relixión. Parece unha interpretación algo inxenua.
-
A verdade é que a persecución contra os coptos, no Exipto, vai a máis dende hai varios anos, que xa o 20 de Decembro do 2003, en noticia datada en El Cairo, deciase que o Nadal podería ser de cada volta menos feliz prós cristiáns daquela terra, oprimidos baixo leis contra as conversiós ademáis dunha afogante discriminación legal, faltos da máis elemental libertade relixiosa. Prohibido convertirse ó cristianismo. Os cidadáns teñen, ademáis, que indicare na súa tarxeta de identificación se son cristiáns ou musulmáns. Éstos, si se convirten ó catolicismo, poden acabare en prisión, razón pola que os conversos teñen que vivire unha dobre vida. Convírtense, conservan o seu nome (musulmán).., van á igrexa, toman a comunión, pero cando saen do templo compórtanse como os clásicos musulmáns; que se son descubertos van ser arrestados, pra sofrire tortura, forzados pra revela-la identidade doutros conversos. A presión faise insofrible en Exipto.

Parece que en España, en cambio, as cousas van nunha dirección totalmente distinta. A islamización, que intenta barre-lo cristianismo nos países da súa órbita, limitare ou prohibi-la presencia de templos cristiáns, pide carta libre pra nos impoñere as súas leis ou inzare España de mezquitas. Non son frecuentes respostas como as de Noruega ou Australia, con gobernos maduros. ¿Mezquitas nos seus territorios? Cando os países islamizantes acepten a pesencia cristiáa!. Pero esto vai costa abaixo porque “hai que cambia-lo nome a unha discoteca polas súas ameazas; tragar coas carnicerías Halal en España (as que matan cordeiros, vacas ou polos degolados cara a Meca); mulleres con velo Hiyab polas nosas rúas; deixalos construir mezquitas no noso país”. Pero que un grupo de españoles vaia contra a celebración da toma de Granada raia co esperpento. ¿Qué acontece? ¿Que foi un erro a toma de Granada? Pódeo pensare así algún grupúsculo de giliprogresistas desmemoriados.

Granada non era asignatura menor. I estaba pendente. Se o día 2.01.1492 se completou o mapa dos reinos hispanos cristiáns é cuestión a celebrare, naturalmente. Coa súa conquista se acababan oito séculos de ocupación. Pero parece que algús están arrepentidos de que se concluíra a ocupación daquela terra espléndida e “levan dezaséis anos apelando á sensibilidade democrática do concello de Granada”, según din, pero desta volta e coa nova celebración da toma de Granada, non estaría de máis que meditaran [os de Granada Laica, Sos Racismo, e a Asociación pro Dereitos Humáns] sobre os 86 cristiáns mortos en Nixeria por Nadal, ou sobre os conversos ó cristianismo que sofren prisión en Marrocos, en Pakistan, Irán ou Irak, que talvez non conozan un novo Nadal. Ou sobre o último atentado de Alexandría. Que pensen neses casos se o Alzheimer llo permite. Que recen se saben; que non-os cambien a Historia.