jueves, 30 de junio de 2011

A irracionalidade de Fomento

A variante de Marín está chegando á avenida de Marín que os clústers e grupos políticos teledirixidos queren consolidar, coa presunta intención de ocupa-las marismas de Lourizán, pode que futuro solar dalgún grupo empresarial relacionado cos partidos presentes no Concello. Ponte china. Ata resulta bonita na noite!. Nada que ver co scalextryc que se algo non-o remedia van facer na punta de Mollabao, co apoio dos tres grupos políticos presentes no Concello e o irracional ministerio de Fomente. Pero como ese scalextryc vai ser unha horteirada sobredimensionada que tenta consolida-la ocupación da autovía de Marín, presento a fotografía que sí é dunha ponte de deseño i en espiral que non cabería no espacio ó que nos referimos, pra que o lector se faga unha idea. O que queren construir en Mollabao vai ter tres niveles e a rotonda 200 metros de diámetro. Na entrada anterior refírome ó drama uruguaio, á indefensión que teñen en materia medioambiental e que o Fiscal Enrique Viana denuncia como influencia dos chamados grupo de poder que falan cos gobernos de maior a menor e, pouco a pouco, van acabando coa natureza, como aquí en Pontevedra donde clústers ou mafia portuaria dictan a lei.

Pontevedra, 1.07.2011
Entrada n.1447 do blog

A irracionalidade de Fomento,

por Xesús López Fernández

Cando se construeu o ferrocarril a Marín por presunto mandato dos clústers, aínda houbo un ramalazo de razón por parte do ministerio de Medio Ambiente de Aznar, que denunciaba esa infraestructura como unha agresión, un perfil duro que ocupaba 55000 metros cadrados e que impediría o paso ó dominio público marítimo terrestre de Lourizán unha vez liberado o espacio ó vence-la concesión da que presuntamente disfrutaban as empresas establecidas, que algunha delas había xa tempo que, obxetivamente, tiña caducada ou nunca dispuxo de concesión, como é o caso de Holcim. O nudo de Mollabao vai representare unha agresión que nen desde a irracionalidade de Fomento ten xustificación. E tocados tamén desa irracionalidade están o PSOE, o BNG, máis interesados aínda que o PP na realización do mesmo.

O BNG quer incluire no seu PXOM a realización desta obra: É decir, están alineados contra a Axenda21Local, como vimos decindo dende este blog.

A obra está cuestionada por Salvemos Pontevedra e por varias agrupaciós ecoloxistas. A alegación está moi argumentada, porque se trata dunha burrada como as dos recheos portuarios, sentenciados polo TS, aínda pendentes de seren executadas. Dende este blog non podemos decir outra cousa que maldeci-la actuación dos partidos políticos que consinten a profanación, unha vez máis, da ría, que presuntamente están acochambados cos grupos de poder que mandan, contra a Lei de Costas. Confiemos que algún día poidan ser sancionados penalmente por ésta como por outras agresiós.

-

CELULOSAS NO URUGUAI





Grupo Empresarial Ence, S.A. Imaxe da súa factoría de Lourizán , o averno pontevedrés.

Pontevedra, 30.06.2011

Entrada n. 1446 do blog

CELULOSAS NO URUGUAI,

por Xesús López Fernández

Os iteresados en conoce-lo tema han poder seguilo polo miúdo gracias a informaciós como as que veñen ofrecendo os blogs El Ojo de la Razón ou ben o Grupo Guayubirá, que tanto veñen loitando, como os arxentinos de Gualeguychú, contra a instalación das pasteiras de vertedeiro, coido que todas no río Negro: a finlandesa Botnia e a española Ence, liderada alí, presuntamente, por algús dos directivos da fábrica de Pontevedra, sancionados por contaminación continuada da fábrica aquí localizada. Na arrancada de Ence no Uruguai houbo un claro contubernio antre Fraga e Batllé, o que fora presidente do Uruguai, unha figura que haberá que lembrare polo mal que deixou sementado, aínda na memoria dos pontevedreses e da pallasada aquí orquestada, en Lourizán, da man de Fraga, outro home inicuo, que cando falaba de Georgia Pacific ou de Ence decía: ¡Este es el desarrollo sostenible y la nueva fachada marítima de Galicia!, como tamén dixo ó falare da piscifactoría de Stolt Sea Farm en Cabo Vilán, outro espacio derrotado polo mal encastañado no poder.


Por sorte, Uruguai ten un fiscal como Viana que os vai salvare do desastre. Eso creen. Veremos. Coa disposición ministerial que se ven de producir en materia medioambiental, di o fiscal Viana que "Botnia non se debería ter instalado no Uruguai e Aratrí tampouco. ¿Por qué? Porque o ben protexido da auga está afectada en ambos proiectos de forma feroz". Consultade o blog, que inclúe ademáis unha entrevista ó fiscal que nestos momentos defende a aplicación da Lei. Que así sexa. Eso dito dende Pontevedra, onde estamos fartos de falsas promesas, de agresión ó medio ambiente que permanece dende a inauguración dunha sucursal do inferno nesta ría, a fábrica de pasta Kraft, no ano 1963, momento inaugural no que algús testigos aseguran que Franco comentou: ¿Pero no había otro sitio? ¡Dios mío, que han hecho! E o Réxime foi sempre conscente do mal paso dado, de que coesa fábrica se creaba unha mala situación, agravada anos despois coa instalación dunha factoría de cloro. O Réxime definiría a situación como case un insulto á nosa dignidade e afirmaba que habería que levantare esas industrias pra evita-los problemas de saúde e convivencia humáas que se estaban a dar, evidenciados polas estadísticas de enfermedades de obrigatoria de declaración. ¿Cántas mortes non se lle poderían imputare á presencia desas fábricas na nosa ría? ¿Por qué sí se avisou ós franceses de que os mexilós desta ría non eran aptos pró consumo humán?

No ano 1978, como coido xa teño avisado neste blog, os franceses, nas compras de mexilón por medio de crétos documentarios solicitaban unha certificación do Instituto Español de Oceanografía acreditativa de que o mexilón non era da ría de Pontevedra nen dos sectos de Punta Meloxo e O Grove, no Sur da bocarribeira da ría d´Arousa. Ésto está xa contado noutras entradas.

É asunto xa dito neste blog, pero a situación faise rebelde. Talvez no eido medioambiental poidamos falare incluso dunha involución democrática, cunha Administración presunta prevaricadora, que tería que aprendere do manifestado polo Réxime franquista. Pero sobre ésto haberá que mazar unha e outra vez, porque hai novas en relación coa escalada da derrota do Estado de dereito.

domingo, 26 de junio de 2011

A gran riqueza posible


En Quiroga como en Monforte, o gando ten un valor real como riqueza xerada por esa gran factoría que é a natureza. Con que a Galicia non-a derivaran cara ó gando frisón e granxas de leite, afogada pola política agrogandeira da UE, onde priman as subvenciós e a venta de leite "negro" que actua aquí como lanzadeira pra reventa-la nosa economía. Parece como se o aggionarnamento acometido na nosa terra por tantísimo gandeiro non servira pra nada. Moitos atópanse nunha situación límite. Pensar na gandería de carne pode ser un factor favorable á economía rural da nosa terra. Estos bois de Quiroga están a participaren nunha experiencia física, según se explica no enlace. (La Voz de Galicia, 5.10.2010, Bois de Quirogan axudan a divulgaren a física).


A maior granxa d´España adicada a carne de boi, crece n´As Pontes. (Chuletones XXL, La Voz de Galicia, 26.09.2010)

Pontevedra, 26.06.2011

Entrada n. 1445 do blog

A gran riqueza posible,
por Xesús López Fernández

Hai xa moitísimos anos de qu´o veterinario Juan Rof Codina (pai de Juan Rof Carballo), veterinario e investigador, comprendera a posibilidade que a raza galega, concretamente o culón de Fonsagrada, tiña prá producciónde cáncer. A verdade, non sei por qué aquí se foi derivando cara ó frisón, esquecéndonos que o Devonshire inglés ven sendo a marela galega adaptada ó país, algo que tamén outros países ensaian, como Brasil, que vende como carne galega a que produce a base dun híbrido da nosa marela co cebú adaptado a Venezuela. Son datos que gardo na memoria e que, pró curioso, recomendo a súa verificación.

¿Por qué o abandono do campo? Porque ocuparon o monte que antes era asento e mantenza da avenza e o armentío (gando menor, ovellas, cabras, e gando maior, vacas, cabalos). E o retorno a esa economía sería rentable, moito máis que a prantación de eucaliptus incendiarios, que nada valen. Aí ten Galicia un factor de riqueza importante, algo que está comprendido nalgunhas partes, onde a xente ven agrupando vacadas de especies autóctonas como a cachena, a vianesa, a marela. As ovellas e cabalos son tamén unha riqueza a potenciar que, como animales rozadores que son, mingoarían sensiblemente o número de incendios forestales.

N´As Pontes, no lugar de Bermui, existe unha granxa que se adica á producción de bois de gran tamaño. Un letreiro avisa de que non se debe molestar ó gando pra que non se estrese, pra que coman a gusto e vaian así adquirindo as propiedades necesarias pra que a súa carne teña un sabor excelente, según comenta o seu veterinario Vicente Cebreiro Cocheteux.

A súa alimentación é a base de herba fresca e de cereal ensilado, algo que levan con gran coidado, xa que é a única granxa en España creada prá producción de chuleteiros de boi.

Os exemplares destinados a engorde son coidadosamente seleccionados, e castrados, e son fáciles de manexar.

Baixo a segunda das fotos está o enlace desta noticia completa. Pero suxiro ó lector que busque en Google máis información. De tódo-los xeitos, a economía de Galicia podería ser algo moi distinto do que é tendo en conta esas posibilidades que se nos escapan.

Lume forestal, en Galicia

Lume de San Xohán, ano 2010. Ó tema das festas ígnicas en Europa gostaríame ter dedicado o artículo semanal. Esta semáa tiven que renunciare a ese traballo por problemas familiares, razón pola que limito este post a uns cantos comentarios sobre o Lume Forestal en Galicia, protagonista de novo nos seus montes irracionalmente repoboados.
O lume dos montes galegos ten sido devastador non poucas veces, especialmente nos anos 1989 e 2006, anos nos que en Galicia gobernaba o tripartito (PSOE, CG, PNG, ano 1989) e o bipartito (PSOE e BNG, ano 2006). A foto corresponde á terrorífica vaga incendiaria do 2006, que ben fixo lembrare a do 1989, contabilizados d´aquela máis de 15000 incendios, na súa maioría provocados. Sería Romay Beccaría, ano 1990, o que poría en descuberto algús dos medios usados pra provocare o lume, que reduciría a practicamente cero.

A foto corresponde tamén ós lumes do 2006. Nalgún caso a fronte incendiaria acadaría os vinte kilómetros. Numerosas estradas cortadas, algús montes quedarían co chan completamente desnutrido, xa sen humus, mineralizado. E siguen os nasturcios da cousa forestal a promoveren novas prantaciós eucalipteiras, outra forma d´acabare co monte no canto de pensar noutro tipo de repoboación máis intelixentes, ou de dedicalos simplemente a pasto pró engorde de vacadas autóctonas, valor real.

Lume destos días, en Boiro, 50 has de terreo arrasadas. A venta de aviós antiincendios i helicópteros non deixa de sere outro negocio presuntamente relacionado coa eucaliptización incendiaria.

Lume en Padrón, provincia d´A Coruña. Fotografía da prensa d´hoxe.

Pontevedra, 26.06.2011

Entrada n. 1444 do blog

Lume forestal, en Galicia,

por Xesús López Fernández


Hai xa moitos anos que a Administración ten conocemento do comportamento pirofítico do piñeiro radiata ou insigne e, sobre todo, do eucalipto, especies coas que repoboaron a nosa terra á par que eliminaban a vexetación clímax: carballos, castiñeiros, bídalos, sobreiras, freixos, etc.

Nun informe segredo anexo a un inventario forestal galego dos anos setenta díse que son tres as formas normales de expandi-lo eucaliptal: por medio de planteles, por medio de sementes, ou POR MEDIO DO LUME, xa que se teñen contabilizado 22000 renovos de cepa por hectárea queimada de eucaliptus.

O eucalipto, a súa imprantación masiva na nosa terra, foi causa do abandono de non poucas aldeas, que sí eran unidades de producción sustentable. E por se fose pouco e d´acabalo das políticas europeas aquí seguidas coa cousa agraria e gandeira, moitas terras feraces foron prantadas d´eucaliptus, subvencionado o abandono dos cultivos tradicionales. Fraga tivo moito de culpa nese proceder.

Eu recomendaría ás comunidades de montes de veciña que visitasen algunha das prantaciós existentes en Galicia de abetos de Douglas ou piñeiro de Oregón, nomes que recibe a pseudotsuga menzeiensis:

en Mondoñedo, en Celanova e, sobre todo, en Esgos, ó pe do convento rupestre de san Pedro de Rocas, onde o piñeiro d´Oregón alterna con pinus pinaster, picea abies e alerce europeo. Seguro que os comuneiros agradecerían a viaxe e regresarían coa idea doutra Galicia, máis posta en valor.

Daquela sí poderiamos falare dunha riqueza forestal certa no canto das prantaciós de eucaliptus, madeira que pouco vale e da que os veciños saben que se non venden pola miseria que lles ofertan terán que vendela queimada, porque a mafia incendiaria acaba actuando así. ¿Destino desa madeira queimada? Normalmente Ence.

viernes, 24 de junio de 2011

O dúo da bencina

Ambiente festivo previo á celebración do triatlón. A cidade, desta volta aínda máis cercada, parece que ten definitamente modelo. A zona vella, máis gulag que nunca prós residentes.
O dúo da bencina. ¡Qué ledos están aínda sen falaren!. Os xefes das bandas perdedoras acaban de pactare, de designare funciós, ingresos, dos que se pode supoñer que non se dí todo o que se tería de decir. ¡Qué viandas podemos maxinare! 42000 euros por plena dedicación pra traballos levados moitas veces de forma completamente inútil. Parecen dous sapos satisfeitos polos acordos sudados ou transudados. ¿Ou será que están en éxtasis?
-
Pontevedra, 24.06.2011
-
Entrada n. 1443 do blog -

O dúo da bencina,

por Xesús López Fernández

Prefiro non decir nada porque a segunda fotografía é moi expresiva: Á esquerda, Antón Louro, o gran castigado nas pasadas elecciós, o "defensor do Estado de dereito" e partidario (eso dixo el) da execución das sentencias do TS en relación coas agresiós de Lourizán e do Porto de Marín mentres os políticos miraban pra outras partes; o da dereita, novamente alcalde polo pacto asinado cos outros perdedores, o que di ser ecoloxista sen poder demostralo.

Curiosamente, parece que nen o medio ambiente urbán nen o medio ambiente natural, aparecen no organigrama, eso que a recente sentencia da Audiencia Nacional en relación co caso Ence parece marcarlles un camiño posible, que nunca quixeron asumir máis alá dos alardes do seu brazo verde, tamén sorprendido pola sentencia dictada no dito caso, promovido por Salvemos Pontevedra.

A sentencia é de data 19.05.2011, notificada o 9.06.2011, participada ós medios por Salvemos Pontevedra o 13.06.2011. ¿Por qué non se terá producido a sentencia alá por marzo ou abril e dada a conocer, consecuentemente, antes do 22.05.2011?. Os resultados das elecciós ben poderían ser distintos na medida na que algún grupo asumira a línea rexeneracionista que o conseguinda fallo debe encarrilar.



domingo, 19 de junio de 2011

Ence, tempo de espera

A denuncia en relación con Ence tenta a recuperación do espacio natural, sen fábricas, sen a edar "ilegal", sen a autovía a Marín, evitando a construcción do demencial escalextryc matinado por Fomento, Medio Ambiente e o propio Concello, que suspende en urbanismo e que se meteu na confección dun novo PXOM sen redactare a oportuna Axenda21Local. Eles, os "ecoloxistas". Na foto apréciase o enlace coa autopista, construído na época de Rivas Fontán pra lle dare saída ás cisternas do gas cloro mortal.

Pontevedra, 19.06.2011
Entrada n. 1442 do blog
Artículo semanal.



Ence, tempo de espera,
por Xesús López Fernández

Unha sentencia da Audiencia Nacional, do pasado 19.05.2011, pode revoluciona-la problemática en relación coa fábrica de celulosas que en Lourizán posee o Grupo Empresarial Ence, S.A. A sentencia, dada a conoce-lo 9.06.2011 foi comunicada en roda de prensa o 13 de Xuño pola agrupación ecoloxista Salvemos Pontevedra, que interveu como demandante no procedemento agora fallado. Na reunión cos diversos medios o presidente da asociación, Francisco Díaz Sánchez, fixo un recorrido histórico das diversas actuaciós do grupo, nacido prá defensa do medio ambiente e dereitos humáns, que nunca quixo situarse na línea populista e sí machare polo rego da lei, coa presentación de diversas denuncias e recursos ante varias administraciós, chegando á inevitable xudicialización nos casos nos que un telón de silencio parecía a única resposta sabida por diversos departamentos. Pero ese silencio chega a ser positivo i está no cerne dos fallos que se foron dando:

Así, a vella concesión de Malvar, en Mollavao, foi anulada polo TSXGalicia o 14.09.2009; a de Holcim, que nunca existeu, foi tamén sentenciada pola Audiencia Nacional (silencio sobre silencio xoga a favor do demandante) e recurrida, non se entende con qué sentido, polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino. E agora tocoulle a vez a Ence, codemandada, que vai recurrir en casación. A parte demandada, o Ministerio, anunciou a súa decisión de non recurrir e, dacordo co fallo dictado, proceder nos próximos días a incoa-lo expediente de caducidade da concesión e á adoución das medidas legalmente contempladas prá paralización das actividades e suspensión do uso i explotación das instalaciós. A sentencia chega tres anos despois do recurso de Salvemos Pontevedra. O texto repasa o camiño legal da asociación, que comezou cunha reclamación ante o Ministerio no ano 2004 e un recurso administrativo no 2005, ambos sen resposta.

Salvemos Pontevedra aducía que a concesión coa que Ence opera non é válida, porque foi outorgada no 1958 a unha empresa pública que pouco ten que ver coa estructura actual do Grupo Empresarial Ence, S.A., e porque a transmisión de permiso está expresamente prohibida na Lei de Costas. Salvemos Pontevedra cuestionaba así a creencia xeneralizada e sostida polos representantes políticos que se teñen sucedido no Ministerio e a Xunta de que Ence tiña concesión ata o 2018. A falta de resposta de Medio Ambiente levaría á asociación a presentare un recurso ante o TSXGalicia, que se declarou incompetente a favor da Audiencia Nacional. Cecáis sexa éste o momento de lembrare que a asociación presentara unha denuncia ante o Concello pontevedrés con data 14.01.2004, unha exposición detallada das presuntas concesiós caducadas, prá súa constancia plenaria. A denuncia non foi aceptada daquela nen posteriormente, presentada de novo no mes de Maio. Alí estaba xa a folla de ruta das futuras actuaciós, das que o Concello non quixo saber nada.



Por eso talvez Francisco Díaz, na roda de prensa, dixo que sería bo que estivesen alí presentes o ministro de Fomento, José Blanco, a ministra do MARM, Rosa Aguilar, e Lores. E falou da EDAR d´Os Praceres, tamén denunciada, e do gran escalextryc da punta de Mollavao, que vai supór unha brutal agresión, como no seu día foron a autovía a Marín, a ponte da Puntada, (que o propio ministerio da Vivienda recomendaba ó Concello, no 1971, que non se construira, que xestionasen do Mopu outro trazado pra evita-lo brutal impacto paisaxístico), ou a construcción do ferrocarril a Marín, igualmente cuestionado polo ministerio de Medio Ambiente da Administración Aznar e sentenciado polo TS. Francisco Díaz entende que a sentencia agora dictada facilítalle os traballos ó ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino prá rexeneración do litoral natural de Lourizán, a praia de Pontevedra, un alborada nova pra esta ría. A asociación entende que o discurso do 2018 é xa unha falacia sen recorrido.

Enlace de noticia de lectura recomendada:

jueves, 16 de junio de 2011

CASO ENCE, RESACA INFORMATIVA

Foto do século XIX. O fondo da ría pola zona da xunqueira d´Alba. Co tirón que sobre as mareas facían as xunqueiras vivas, era esta ría rica en sardiñas, unha das riquezas perdidas por tanto disparate urbanístico cometido. Nese espacio, o concelleiro Mosquera, o "urbanista" prodixioso, está encirrado en levare adiante a construcción dunha nova ponte d´As Correntes, totalmente innecesaria, que incidiría negativamente no que queda deste humedal. Outra perspectiva do vello barrio da Moureira d´Arriba, na que se ven diversos peiraos, recanto da pesca artesanal con traíñas e dornas. (Unha verdadeira reliquia esta foto de vellapontevedra.blogspot.com)
O primitivo tranvía a vapor para no apeadeiro de Lourizán. Eu lembro un tranvía posterior, coesa mesma parada, dend´a que accediamos á praia de Lourizán, onde aprendín a nadar. (foto do blog vellapontevedra.blogspot.com)

Ence-Elnosa, balsas de decantación, a profanación dun espacio, a vella praia de Pontevedra.

Memoria viva de Lourizán. Unha mariscadora que leva soportando o pestazo da fábrica, as emisiós xofrentas, ademáis dos ruídos xerados pola actividade industrial, dend´o ano 1963. Vive nun lugar próximo ó apeadeiro que aparece na primeira fotografía.

Salvemos Pontevedra propón que, con calma, sen perde-los nervios, os políticos vaian pensando en eliminare a autovía a Marín, que nesta foto mostra a chousa largacía na que se irían asentando as actividades contaminantes e criminales: Ence-Elnosa, a depuradora ilegal d´Os Praceres, que tamén haberá que levantare se logramos poñer en marcha o tren de progreso, a recuperación do litoral natural, a aplicación da Lei de Costas, algo que parece estar na arrancada coa sentencia da Audiencia Nacional comentada no post anterior.
Unha foto da ponte do Burgo coa marea chea. Na punta que se albisca sentabámonos nos anos 1948 e 1949 Rogelio Fernández Recuna i eu despois da nosa pescata á liña, marea arriba ou marea abaixo, antes de regresa-lo bote ó Club Náutico. Eran normalmente máis de cen robalizas as que picaban e obxeto de separata nese sagrado momento. Na zona interior, á dereita da foto, nos tempos nos que as xunqueiras ocupaban espacios como o do Estadio da Xuventure e mai-lo Borrón ou Verrón, había ostras, algo do que hai pouco tiñan conocemento as xentes da Moureira. (Foto de vellapontevedra.blogspot.com)

Pontevedra, 15.06.2011
Entrada n. 1441 do blog

CASO ENCE, RESACA INFORMATIVA,
por Xesús López Fernández

Si algo quedou claro onte coa información dada polos diversos medios da sentencia notificada por Salvemos Pontevedra o 13.06.2011, é que colleu a moitos co paso cambiado e que algús, a propia Ence según parece, aínda ten que asimilar. ¿Qué lle convén máis á empresa? ¿Recurrir en casación como parece vai facer aínda sendo xa pública a noticia de qu´o ministerio non-o vai facer, ou buscare unha nova ubicación, nalgún polígono industrial interior, e sen vertidos?

Eles están hai moito tempo desprestixiados, a pesare dos cartos que levan gastado pra aplaca-las conciencias, e inda agora falan dun plan coa USC pra traballare na eliminación do malcheiro que siguen emitindo, que seguimos sofrindo os cidadáns. A este respecto aínda lembro unha resposta de Fraga en campaña electoral prá recuperación da Xunta do felón de Xosé Lois Barreiro, e naquela resposta a min dada, a pergunta depositada no teléfono de suxerencias, o home dixo: "A Xesús López Fernández, de Pontevedra, i en relación co caso Ence: Existe un plan de melloras e un prazo pró seu comprimento. Está falado coa empresa e, chegado o vencemento sen teren acadado os obxetivos fixados, haberá que pecha-lo complexo".

Despois deso virían as contradicciós de Fraga, os seus pactos coa empresa, o decreto de supramunicipalidade pra facilitare o troco do Monte Gaiás doado por José Luís Méndez polas marismas de Lourizán, como se eso non fose dominio público marítimo terrestre. O señor Méndez, cando foi desestimada a petición de desafección do espacio pola ministra Cristina Narbona, entendeu que xa non había lugar prá instalación da fábrica de papel tisú de Georgia Pacific e, céleremente, amagou a dispuxo a venta do paquete accionarial d´Ence no poder de Caixa Galicia.

Pero regreando a Fraga, non esquecemos de cómo intentou solapa-la existencia de enfermedas prás que se podía estimar claramente unha relación causa efecto (asma e procesos bronco-respiratorios, conxuntivitis, cáncer de colon, mal de Krohn, etc.), como en danos causados polo escape de cloro, do que se conta a morte dun fato de ovellas en Lourizán, ou de cómo Arturo Estévez Rodríguez atopouse unha mañá coas súas maceiras aparentemente mortas, coas follas queimadas. (A denuncia dese feito poría en marcha o proceso seguido contra Ence polo fiscal Gago Sevilla).

En fin, estou entrando nunha historia de moito calado e voume limitar xa á entrada dalgús enlaces que valoran a sentencia agora dictada pola Audiencia ou que diagnostican outros aspectos do problema ambiental e rexeneracionista desta ría, que non existe a nivel político. Eu teño unha proposta pra estas xentes: que se ispan (desnuden) e xa espidos se encerren nunha habitación ou nunha sala decorada con fotos históricas da ría, que se miren e cacheen, pra veren se algún deles ten escondido (nas nefras, nos sobacos ou noutras partes) o discurso da falacia, o do vencemento no 2018. Así, espidos da súa mentira, que xa non-os pode arroupar. Siguen os enlaces:









El País, 15.06.2011: Ence sostén que o proceso pra lle retirare a concesión (que xa non ten, carallo!) pode durar varios anos.
Diario de Pontevedra, 15.06.2011: O MARM vai comezar "próximamente" o expediente de caducidade de Ence.

Noutros medios pode haber máis noticias do caso, pero cerro aquí a referencia ós enlaces. As noticias poden ser premonitorias dun tsunami rexeneracionista.

miércoles, 15 de junio de 2011

SALVEMOS PONTEVEDRA: O CASO ENCE


Francisco Díaz Sánchez, presidente de Salvemos Pontevedra. Home con vontade ferreña é, ademáis dun gran pintor, un experto urbanista. El e un pequeno grupo de amigos decidimos crea-la asociación Salvemos Pontevedra en momentos difíciles pró futuro da nosa ría.

Recupera-lo litoral natural, desparasita-lo dominio público marítimo terrestre da presencia dunha serie de concesiós presuntamente caducadas, perdidas ou que nunca existiron era un reto importante. El tivo sempre unha visión clara do camiño a seguir pra conseguire resultados positivos, e pra eso convirteuse, podémolo decir así, nun estudioso, especialista case, da Lei de Costas, unha lei que define como maravillosa. E recomenda ós políticos que lean simplemente o preámbulo pra se interesare polo texto desa lei que moitos políticos queren petardear por medio de actuaciós urbanísticas sen sentido. Algús defenden a permanencia de núcleos do litoral cheos de irregularidades, porque realmente están a defenderan unha casa da súa propiedade situada enriba da costa.

Podería contar moitas cousas, que anque a asociación ten poucos anos (foi fundada no 2003) o seu abano de actuaciós é increíble, resultado da capacidade de ve-las cousas o amigo Paco. Moitos dos pasos dados na cruzada xudicial que levamos andado están pendentes de resolución, pero algunha satisfacción vai chegando, como é a da cancelación da antigua concesión de Malvar, por sentencia do TSXGalicia de data 14.09.2009; outra sentencia recente, dictada ésta pola Audiencia Nacional, foi a do caso Holcim, formigoneira sen concesión nen licencia municipal, coido que no mes de febreiro, do que hai referencia neste blog nunha pasada entrada, Rosa Aguilar dixo que Costas recurriría a sentencia en casación, preocupada, ó parecer, polo efecto dominó que desencadearía, prometendo estudia-lo caso Ence.
Agora tocoulle o turno a ENCE, motivo do seguinte comentario.
Pontevedra, 14.06.2011
Entrada n. 1440 do blog


SALVEMOS PONTEVEDRA: O CASO ENCE,

por Xesús López Fernández

O 14 de Xaneiro do 2004, despois de meses traballando sobre os diversos temas, Francisco Díaz, como presidente de Salvemos Pontevedra, entraba por rexistro no Concello de Pontevedra, co rogo de que se considerase en pleno, unha proposta pormenorizada pró cese de actividades amparadas por concesiós presuntamente perdidas ou caducadas, que por esa razón xa non eran posibles no dominio público marítimo terrestre de Lourizán: Malvar, Holcim, Ence, Elnosa, algo no que o concello non quixo entrar. Tamén está denunciada a Edar d´Os Praceres, expresamente prohibida na Lei de Costas, art. 44.6. Abreviemos.

A Lei de Costas fixaba como concesional o prazo de 30 anos, o que nos sitúa no 2018, pero o caso de Ence non cadra coa legalidade, e cando se fala do 2018 como límite estáse a considerare unha concesión da que carece o Grupo Empresarial Ence, S.A., nome da actual empresa resultante da privatización, momento no que, polas transferencias de capital e dado que as concesiós non son transmisibles inter vivos, nen poden ser vendidas, esta empresa está actualmente sen concesión, por máis que os políticos sigan mantendo a falacia do 2018.

Tamén no espacio no que está asentada a empresa desenvólvense hoxe outras actividades que nada teñen que ver coa fabricación de pasta.

A presentación en sociedade da sentencia foi onte, 13.06, en roda de prensa, sobre a que incluirei algús enlaces das novas hoxe aparecidas en diversos xornales. Pero quero comentar algo que na presentación foi dito por Paco Díaz e que algún medio recolle: que nesa roda de prensa debería estare presente o ministro de Fomento, Pepe Blanco, o principal culpable de que se queira construir un escalextric na punta de Mollavao, de tres niveles e un diámetro na rotonda de 200 metros, o que sería unha nova lanzada prá ría. I ese proiecto o apoian o PSOE, o BNG e o PPdeG, que aínda que propuxo situa-lo enlace no interior, acabaría engulindo ese desastre, que está cuestionado por Salvemos Pontevedra e un abano de grupos ecoloxistas, coido que somos uns seis grupos, que iremos a poder ser, pola vía xudicial.

O plan de Paco é de libro: Non se trata de sacar de aí soamente a Ence e converti-lo dominio público marítimo terrestre en gran solar, senón o de recuperare todo o dominio e a fachada marítima, algo no que, a partir das sentencias que se van producindo, comeza a ser posible. Pero os partidos andiveron sempre noutra vaina. Agora sí ven con sentido a sentencia que ordea ó ministerio MARM e non vai ser recurrida polo mesmo, incoa-lo expediente de caducidade da concesión da antigua ENCE e proceda á paralización da actividade industrial co complexo contaminante: Siguen algús enlaces:




Nun deles, meu, dise: Lores non ten nada que decir. Xa perdeu a palabra. Tódo-los seus discursos foron sempre unha falacia. O que tivo que defini-la Audiencia Nacional, todo o set de denuncias, foille entregado ó Concello de Pontevedra, por rexistro (como xa está comentado no post) o 14.01.2004, sen resultado. Porque o seu fervor "ecoloxista" foi sempre unha mentira.


La Voz de Galicia, 14.06.2011: A competencia sobre a concesión é de Madrid, di Lores.. Sí, pero Lores sabe que Ence non ten concesión, nen Holcim, que tampouco ten licencia municipal. ¿Por qué non envía un par de policías municipales coa orde de interrupción da actividade). Ou xa postos ¿POR QUÉ NON DIMITE?







lunes, 13 de junio de 2011

ERWIN KRÄUTLER, BISPO DE XINGÚ, E A PRESA DE BELO MONTE

A represa de Belo Monte podería converti-lo río Xingú nun río de sangue: 516 km2 de boscos asolagados; 1522 km2 de terras boscoas afectadas, cambio da ecoloxía fluvial, perdas en biodiversidade, 30 terras indíxenas habitadas por máis de 13000 persoas de 24 etnias resultarían directa ou indirectamente afectadas. Estiman algús nunha cifra antre 20000 e 40000 as persoas que se verían desprazadas; 80 mil desempregados; outros posibles encoros río arriba. Leonardo Boff, un icono da Teoloxía da Liberación, en tempos amigo de Lula da Silva, está tamén alineado en contra da construcción da represa. Incluso dí que tornou a dictadura, a dictadura militar.
A eliminación dos boscos aurorales tradúcese en tenzas de labor, en cultivos de soxa transxénica, en novas vacadas sobre unha terra sen apenas capacidade de producción de proteínas, 22kg por ha cando un só castiñeiro de familia Hércules pode producire máis de 3o kg de proteína vexetal.
Plano da situación da represa do Xingú. A aprobación do proiecto no 2008 foi a causa principal da saída do Goberno de Marina da Silva, o anxo da Amazonía, daquela ministra do Medio Ambiente.
As cousas van a peor si é que se leva á fin a construcción da represa. Unha puñalada á Amazonía, así denomina a esta actuación contra a Terra o bispo Erwing Kräutler, á fronte da prelatura do Xingú. Con axuda de Google Earth pode un situarse mellor no espacio que vai ser profanado,
a Natureza novamente derrotada.
Este enlace facilita o acceso a un lote de fotografías e artículos en diversos idiomas relacionadas co bispo Don Erwin Kräutler, austríaco, bispo en Xingú, Premio Nóbel Alternativo, outorgado de forma excepcional ós que traballan na defensa do Planeta e dos seus habitantes. Neste caso, o premio representa o reconocemento do seu esforzo constante a favor dos pobos indíxenas e pola súa decisión incansable de se opoñer á desfeita da rexión amazónica. Defensor da causa das etnias desamparadas: caiapós, jurunas, ianomanis, araras, xavantes, xipaias, xicríns, guaranís, ten denunciado a presión e agresiós exercidas sobre éstos como auténtico xenocidio que que o Goberno brasileiro "ignora".

Nado en Austria, o bispo Kräutler foi ordeado sacerdote no 1965. Escolleu como campo de acción misioneira a rexión amazónica do Brasil. No 1981 sucedeu ó seu tío, Erich Kräutler, CPPS, como bispo do Xingú, prelatura que ten 400.000 habitantes, (antr´eles só 3500 indíxenas) nun área que abrangue 330.000 km2. A dita prelatura, en extensión territorial, é a maior do Brasil.

Do 1983 ó 1991 e novamente, dend´o 2006 ata h oxe, D. Kräuler ten sido i é presidente do Consello Indíxena Misioneiro (CIMI), da Conferencia Episcopal do Brasil. No 1983 foi detido e golpeado pola policía militar por ter participado nunha folga de traballadores rurales e no 1987 resultou gravemente ferido nun accidente automovilístico.

Despois de varias ameazas de morte pola súa oposición ó proiecto hidroeléctrico de Belo Monte, ten estado baixo protección policial. O seu compromiso cos indíxenas e con miles de traballadores agrícolas marxinados da súa diócesis ten sido unha "espiña na gorxa" dos grandes productores agro-Industriales da rexión do Xingú. Dend´o 2009, os indios están en pe de guerra, poderiamos decir. E afirman que o Xingú, pra eles un río de vida, pódese convertir nun río de sangue. Ese sería o torpe e criminal leigado de Lula da Silva, a súa traición, do que é relevista a actual presidenta Dilma, que as obras da represa están iniciadas dend´o pasado mes de marzo. Os indios están cansos de protestaren, de remitiren cartas que saben non van ser contestadas polo Goberno. O que poida acontecere como consecuencia da obra será responsabilidade, din os indios, do Goberno, e da Xusticia. Eso afirma Luis Xipaia, un dos líderes indíxenas da revolta.

A fotografía revela unha manifestación armada dos indíxenas, dabondo agredidos. Aínda hai pouco, en abril, foron xulgados os tres acusados de ter dado morte a un cacique guaraní-kaiowá, Marcos Veron, líder reconocido no Brasil e no extranxeiro. O crime ocorreu en xaneiro do 2003, no municipio de Juti, no Mato Grosso do Sul, estado que, según o
Consello Indixenista Misionario, concentra o maior número de asesinos. de indios, na situación de extrema violencia que vive a zona. -
Crece a solidariedade coestes indios que, en número de 24 etnias teñen decidido opoñérense á construcción da megapresa. O impacto ambiental sería brutal e suponse que suporía o desprazamento dunhas trnta mil persoas.

Pontevedra, 14.06.2011
Entrada n. 1439 do blog

Erwin Kräutler, bispo de Xingú, e a presa de Belo Monte,
por Xesús López Fernández

Home providencial do que xa quedan ditas cousas a pe de foto, este bispo proindíxena define a posible construcción da represa como unha puñalada prá Amazonía. Comprometido cos homildes, ós que incluso tentan privare do pouco que teñen, el mesmo, como queda dito en comentario anterior, ten sido ameazado de morte. É máis, as ameazas dunha posible morte foron insinuadas en diversas ocasiós. Incluso no templo onde oficia a santa misa teñen deixado depositadas unha presada de balas, un claro aviso. Daquí que este home precise de escolta e ás súas misas asisten sempre dous homes, as súas escoltas, que incluso o acompañan cando fai deporte, cando se pon o chándal pra facere algo de exercicio. Á par del corren esos homes, tamén en chandal , i é visible o bulto das pistolas que portan pra repelere un posible ataque.

El sabe que Brasil precisa dunha independencia enerxética, mais rexeita a construcción das centrales faraónicas cando existen alternativas.
[La presa del Xingú es una puñalada al Amazonas, declaraciós do bispo Kräutler]

No momento dramático que viven os pobos do Xingú o bispo, como dixemos premio Nóbel Alernativo, non cesa nas súas xestiós, que ten levado ante o propio Benedicto XVI, un papa certamente ecoloxista.

Máis que ampliar esta nota sucinta ou incluir diversos enlaces pra un maior achegamento ó protagonista, invitaría ós interesados á procura de máis información en internet.

(Este post está na línea doutros anteriores e recentes: Ser conservacionista, no Brasil, Sydney Possuelo, Raoní i Sting. Mesmo pode ser complementado ou continuado con algún outro, ou con videos) Si acaso, reparade xa nos enlaces incluídos ó longo dos diversos textos.

domingo, 12 de junio de 2011

E pasou o 11 de Xuño

A acampada de Sol, en Madrid. Están en marcha os traballos de retirada. A presencia dos manifestantes alí, de forma continuada, e non ante a Moncloa ou o Parlamento, parecían obedecer ó mandato dunha folla de ruta, evidente cando onte, día 11, quixeron provocare altercados nas cidades onde foron constituídas corporaciós do PP. Non protestaron onde foi Bildu a forza ganadora, nen en Pontevedra, onde ovacionaron a Lores, o líder dunha das candidaturas perdedoras, que vai gobernare co apoio dun case desaparecido PSOE.

Pontevedra, 12.06.2011

Artículo semanal.

Entrada n. 1438 do blog



E pasou o 11 de Xuño, por Xesús López Fernández


Os representantes do Movemento 15M mostráronse activos na xornada do 11 de Xuño, en non poucos concellos, con motivo da formación das novas corporaciós. E así foron sonadas as mostras de protesta en Madrid, Castellón, Valencia, Palma de Mallorca, A Coruña ou Vitoria; en moitas outras cidades nas que, en xeral, triunfaron as candidaturas do PP. Nalgús concellos, previo pacto antre candidaturas perdedoras, logrouse aparcare á lista máis votada, porque a lei existente así o permite e, como indicaba Ignacio Camacho no ABC do 11.06 no seu artículo “Urnas y despachos”, só hai dous xeitos de evita-las componendas e pactos espurios en concellos e autonomías, típicos en ocasiós como éstas: reforma-la lei electoral ou (sic) reforma-la lei electoral, que non é enredo retórico porque a forma pode admitir diversas variantes: permitir que automáticamente goberne a lista máis votada ou establecere unha segunda volta antre os mellor situados. Calquera das soluciós, dí o autor, mellor que caer na entrega de alcaldías ou presidencias autonómicas ó mercado negro da política: tráfico de influencias, contratos con empresas, infraestructuras...

O poder acumulado coeses compangos pode ser un dos motores da corrupción e da deslexitimación da actividade política. Partidos bisagra nacen ás veces con vocación de rapiña e por medio de pactos opacos; acadan así tenzas largacías de poder que, con caradura, convirten en simples caixas rexistradoras. Tentan presenta-los acordos antre partidos de esquerdas como algo natural, “maiorías de progreso” lle chaman, “como non podería ser doutro xeito”. E pra eso están preparados e listos, máis “listos” que “preparados”. O feito de que o PP acadase a maioría na capital de 33 provincias significa que, neses casos, non vai estar pexado por grupos minoritarios, consecuencia do rebufo electoral dunha sociedade cansa, talvez, de verse traicionada pola política do Goberno central. Pero é necesario cambia-la lei, algo que terá de facere algún grupo con maioría parlamentaria absoluta ou por medio de voto consensuado: votación por medio de listas abertas, abolición da lei de d´Hont e xa postos e de paso, ter un poder xudicial independente.

As alianzas antre perdedores pervirten o espírito da competición democrática, cando non sobrepriman a candidaturas forxadas dende o oportunismo mercantil. O precio, moeda sucia, e posiblemente non hai partido bisagra que se teña salvado de caer no aballoamento por máis que o tente disculpare como algo excepcional. Os acordos de intenciós, mellor con luz e taquígrafos e antes de votar, pra que os cidadáns conozan por onde van os tiros pois, no caso de trampas, despois ven o gran chasco. Outra cousa é o “ideario” que quixeron mostra-las xentes da Porta do Sol, con insultos contra Aguirre e non contra os grandes fabricantes de paro do país. Este 11 de Xuño foron coa bullanga e caceroladas ás cidades nas se constituíron corporaciós do PP, conducíndose máis como magma antisistema que como grupos demócratas rexeneracionistas. E ó mellor ata se lles escapou o feito de que dalgunha administración foi retirada documentación con nocturnidade e alevosía, antes do relevo político con posible auditoría. ¡Se puideron ter creado un partido político!

Pero, non, preferiron sere campistas okupas do solar público. E agora, cando din que se retiran da Porta do Sol, a súa folla de ruta parece clara, estaba clara. Dunha certa corrente de simpatía con algunha das súas proclamas, a sociedade pasou a estare realmente indignada con eles. Foi precisa a intervención da policía en diversos casos e, practicadas algunhas detenciós, resultou que algús dos detidos tiñan antecedentes de “roubo con forza”. ¿Rexeneracionistas estos tíos? Rexeneracionistas poden se-las xentes de IU de Extremadura, onde as bases non son partidarias de pactare co PSOE e sí da abstención a favor da lista máis votada, talvez unha das formas de limpa-la política de vasura, de marcare o momento cunha certa dignidade.

miércoles, 8 de junio de 2011

RAONÍ I STING

Raoní Metuktire é o lider dos caiapós, un dos indios máis conocidos do Brasil e no exterior pola súa campaña na defensa do pobo indíxena da floresta da Amazonía. Do home non se sabe a súa edade, mai-los antropólogos estiman debe andar hoxe por riba dos 70 anos. Da man do cantante Sting o mundo tomou conciencia da súa existencia en torno ó 1989, ó ser presentado polo cantante inglés en diversos escearios o cacique indio co seu "botoque" de oito centímetros de diámetro que ostenta no beizo inferior, marca rexistrada do seu pobo e que garda relación coa tradición guerreira da tribu. Nesta foto, o home encabeza unha protesta contra o proiecto de Lula da Silva de construire un encoro en Belo Monte, sobre o río Xingú, que sería o terceiro máis grande do mundo. Indios i ecoloxistas trasladáronse a Brasilia pra falare con Dilma Rousseff, clamando pola suspensión do proiecto. "Nós vemos na proposta do goberno de levare adiante esta construcción unha afrenta ós nosos pobos", afirmou no encontro Karepy Juruna, un dos representantes das etnias orixinarias de Xingú.
No festival de Cannes celebrado o 13.05.2010, Raoní tamén estivo presente, da man do director de cine Jean-Pierre Dutilleux, tamén documentalista comprometido cos pobos que viven no borde da civilización. Alí levou a noticia da súa loita ambiental, conocida dend´os anos oitenta, daquela en mancomún con Sting, o cantante inglés.
Raoní e Sydney Possuelo, o gran defensor dos indios amazónicos, son conocidos. Incluso teñen participado en conferencias, en España, no ano 2009. O 19 de maio, en Barcelona; o 21 do mesmo mes, en Madrid: Raoní, John Hemming, Vincent Brackelaire e Sydney Possuelo, pra daren a conoce-la problemática daqueles pobos.
Raoní na compaña doutro caiapó.
Con Sting, tomando café en Sao Paulo. Houbo un periodo de intensa colaboración que acabaría por algús anos. Raoní acusaba a Sting de ter feito diñeiro coa súa presencia; Sting a Raoní de se ter feito rico gracias a el. En fin, retesías, porque hoxe a amistade sigue i Sting sumouse á defensa dos caiapós contra o proiecto de embalsare o Xingú coa que sería unha das máis grandes presas do mundo, a terceira despois da china das Tres Gorxas/Tres Gargantas.
Pintoresca foto. Pódese decir que Sting foi un home providencial prós caiapós. El foi o promotor dunha fundación, a Fundación Rainforest. E inda o 25.05.2010 Lady Gaga, Elton John, Sting e Dame Shirley Bassey tocaron en vivo no Carnegie Hall de Nova York como un dos concertos semestrales a beneficio da Fundación Rainforest Fund, que se encarga de facer campañas pra preservare as selvas e os pobos orixinarios que nelas viven. A mesma foi creada polo cantante de The Police, Sting, xunto coa súa esposa Trudie Styler e Jean-Pierre Dutilleux.

Pontevedra, 9.06.2011
Entrada n. 1437 do blog


RAONÍ I STING,
por Xesús López Fernández

Sei que o tema da Amazonía, que inda tratei con dúas entradas recentes, precisa dunha maior atención. A situación dramática que está a vivire o pobo caiapó e outros pobos da área pola proiectada construcción dun gran encoro pode ter cabida neste blog. O tema non se agota e talvez máis adiante volva tocar en breve, como agora, algún particular que se me vaia ocurrindo. Podería incluso retomar algún traballo escrito polos anos 1992/3, publicados no desaparecido periódico pontevedrés Xornal Diario.

A palabra caiapó significa "xente ruín que mata", según Villas Boas. E coas pinturas de guerra, e armado, Raoní apareceu por primeira vez en público, coa fin de negociar co ministro do Interior, Mário Adreazza, a demarcación da súa reserva. Na reunión co ministro doulle un toque na orella e díxolle: "Aceito ser seu amigo. Mas voçé tem de ouvir indio". En 1999 protestou ante o presidente do Funai, Márcio Lacerda, contra a precariedade da asistencia médica nos territorios indíxenas.

Digamos que a súa sona internacional comeza no 1989, da man de Sting, cando o acompaña nunha viaxe a Europa, en campaña contra a invasión das áreas indíxenas. Regresaría a Europa no 2000 na procura de axuda financieira pra desenvolvere un núcleo de alta tecnoloxía no Parque Nacional de Xingú. O proiecto prevé a creación dun instituto co seu nome pra acoller un hospital, un centro de pescudas na biodiversidade da floresta, escolas e un núcleo de comunicación ligado a internet.

Mais desta volta a gran preocupación do xefe indio é conseguir evitare a construcción do grande encoro de Belo Monte, que comprometería seriamente a existencia do pobo caiapó.

Enlaces:

Wikipedia, Raoní