domingo, 26 de diciembre de 2010

A PERSECUCIÓN RELIXIOSA, HOXE

Templo irakí despois dunha actuación terrorista dos musulmáns de Al-Qaeda. É a súa forma de entende-la alianza de civilizaciós pola que tanto pulou o satanistade ZP, un nemigo real da Igrexa que presuntamente acariñaba a idea de dinamita-la basílica do Val dos Caídos, así como a gran cruz . De ZP, o peor presidente que tivo España en séculos podiase agardar esa loucura. 
-
Pontevedra, 27.12.2010
-
Entrada n. 1387 do blog
-
Artículo semanal
-
A persecución relixiosa, hoxe,
por Xesús López Fernández
-

Parece que o mundo [fieles e xentes de boa vontade] celebrou estas festas de Nadal como unha especie de magno canto coral á esperanza, sumadas nesa gran cantata xentes de tódo-los continentes. Tiven ocasión de ve-la información dada por algús medios, antre outras estampas a das tropas destinadas no Afganistán a cantaren panxoliñas diversas, non faltando a simpática lembranza duns soldados galegos: “A virxe de Guadalupe cando vai pola ribeira/ descalciña pola area parece unha rianxeira…”; en Bangla Desh, un país castigado pola falta de recursos, a minoría católica viste pra asistire ós cultos as mellores das súas galas, e nesas celebraciós participan xentes doutras creencias que ven na festa do Nadal un motivo de encontro ecuménico, da paz tensamente agardada, especialmente polos máis homildes; Barack Hussein Obama pide apoio prás tropas de Afganistán e Irak… Prás tropas. Pero as xentes, especialmente os cristiáns, viven un especial martirio, como se o espírito de Herodes andivese solto, encarnado en moitos líderes e ideoloxías.Claro que estas festas están marcadas pola ledicia, porque a presencia de Deus, que nace de novo antre nós, ensancha os nosos corazós, como os dos pegoreiros que retornan do portal e van comentando a todos a Boa Nova; contan o que viron como notarios de excepción, urxida a súa presencia polo arcánxel, e contaxian a súa ledicia ós demáis. I ese signo pervive nos saúdos que estos días cruzaron o ancho mundo: cartas, felicitaciós, chamadas telefónicas, internet, todos nós que nos temos achegado a Belén e adorado ó Neno que, como dí Fray Anxélico, naceu nun pesebre pra que todos acodiramos onde el, pra acollelo no noso corazón…

Cando se foron os magos, o ánxel do Señor, [según nos le
mbraba Mateo no evanxelio do pasado Domingo], aparecéuselle en soños a Xosé e díxolle: “Levántate, colle ó neno e á súa nai e fuxe a Exipto; quedaivos alí ata que vos avise, porque Herodes vai buscare ó neno pra matalo”…. Pero pasado o tempo e xa regresada a Sagrada Familia acobillaríanse en Galilea, en Nazareth, porque na Xudea reinaba Arquelao, fillo de Herodes… Esa parece unha constante da Historia, que na súa verdadeira memoria ten mostrado a non poucos novos Herodes, condenádo-los homes a “novas presencias” daquel rei malo, neoplasias ás que as sociedades [menos ou máis evolucionadas] teñen que estar atentas. Aínda así, cando se concreta o peligro, [como forza asesina ou como ideoloxía involucionista xustificada dende un relativismo dogmático] pode ser xa tarde. Así, no Irak foron asesinados máis de dous mil cristiáns dende o ano 2003, según información da sociedade cultural caldea irakí. En Mosul mataron a douscentos polo que a maioría dos cristiáns residentes na cidade con maior presencia cristiáa do país, marchan nunha fuxida real da súa terra.

Poderiamos facer un certo inventario das mortes causadas en países de África, Asia e Oriente Medio, a propia India, estimándose que hoxe sofren persecución uns 350 millós de cristiáns, talvez máis. Pero a situación no Irak é desesperada. As familias liquidan as súas propiedades; sí solicitan nas súas parroquias partidas de bautismo, salvoconducto pra unha nova vida xa fóra do seu país. A emigración masiva estáse a producir cara ó autónomo Kurdistán, coa esperanza de se poder asentar nalgún país occidental, ou en Australia. Benedicto XVI acaba de denunciar novamente a persecución que se está a dar en diversos países nos que profesa-la fe de Cristo é como facer oposiciós á morte; pero tamén fala de formas máis sofisticadas de hostilidade que se dan hoxe en Occidente, con estratexias que fomentan o “odio e os prexuicios” contra os católicos. Son fenómenos de apariencia diversa, como anverso e reverso da mesma moeda: un anverso de sangue e loucura; un reverso renarte e sibilino, que mata as almas. Moeda acuñada antre vapores de xofre, di o Santo Padre. Pero un Herodes director, de retorno e omnipresente, debe estar ledo.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

ACONTECEU EN BELÉN

(clicade nas fotos pra velas máis agrandadas). Fíxenas en Belén, son lembranza traída da peregrinaxe a Terra Santa do pasado ano. Na escea está a Sagrada Familia, o Neno recén nacido; a mula e o boi danlle calor, que valen como postal de Nadal, deste Nadal no que se renova a vida.
Nesta, o altar está decorado con diversas secuencias do nacemento e das primeiras visitas: os Reis que non eran precisamente reis, senón magos chegados posiblemente da Mesopotamia. Os magos tiñan máis sabiduría qu´os reis i eran, normalmente, os seus conselleiros.
Unha fonte no Campo dos pastores. A igrexa ó fondo, de Barluzzi, quer imitare o feitío dunha tenda de campaña.
A fuxida a Exipto. San Xosé foi avisado por un ánxel de que corrían peligro; que fuxan a Exipto, que xa lles pasaría aviso cando fose posible o retorno.
-
Pontevedra, 23.12.2010
-
Entrada n. 1386 do blog
-
ACONTECEU EN BELÉN,
por Xesús López Fernández
-
Podería incluir máis fotografías neste post, sobre todo da Basilica da Natividade e outras da poboación de Belén, que respira en clave cristiáa aínda que presionada polo islamismo, o mesmo que arrasa templos no Exipto, en Irak, Pakistán ou na propia India, ou asesina a testigos do cristianismo máis primitivo, especialmente os coptos do Exipto ou da vella Caldea, no Irak.
-
En Belén funciona unha factoría en réxime cooperativo, na que se elaboran, fundamentalmente en madeira d´olivo, figuras, esculturas, releves da última cea de Cristo e os seus apóstolos. De qu´a esta cooperativa lle vaian ben as cousas depende a posibilidade pra algús daqueles cristiáns de permaneceren na súa terra, de non ter que emigrare á busca de traballo lonxe do seu país, a USA ou Arxentina, o que ven traere unhas consecuencias non queridas. As mulleres solteiras vense obrigadas a abxurare da súa fe e acepta-lo islamismo ó contraeren nupcias, en realidade, cun nemigo da nosa fe.
-
Teñamos en conta a precariedade coa que viven os cristiáns, sobre todo no Oriente, pero tamén nun país como o noso, cun Goberno que predica unha apostasía real da fe católica. Esperemos incluso tempos peores na situación de corrupción case total que vive a Política española.
-
Neste panorama sombrizo teñamos forzas pra nos mantere no camiño marcado dend´a alborada do Cristianismo polo nacemento homilde de Xesús, "nun pesebre sendo rei" nunha gruta, en Belén. Certo qu´a fantasía e devoción, de grandes artistas ou do pobo chan, foron tecendo verdadeiros tesouros en torno ó Nadal, antre os que non podemos deixare de man a serie de panxoliñas, expresión culta ou popular, como a que canta:
-
"Camiñando pra Belén/ van os tres magos d´Oriente.../ Levan castañas cocidas.../ leite fresco e bica quente". A cambio do encenso, ouro e mirra, os magos da panxoliña galega levan productos da terra, da nosa terra. Según esta letra levan castañas cocidas ou zonchos (as cocidas coa tona), non bullós, as castañas asadas, agora que xa case pasou o seu ciclo. Novoneyra decía: "Xa é tempo de bullós", referíndose ó comezo da castañeira, asadas en tixolos, tarteiras ou tixolas furadas.
-

domingo, 19 de diciembre de 2010

ADVENTO, TEMPOS DIFÍCILES

En Ein Karem, monumento en lembranza da visita de María á súa curmá Isabel, que xa está en estado de gravidez avanzado; ela, da que se decía era estéril. [Pra agranda-las fotos clicade sobre delas un par de veces]
Outra perspectiva do monumento. A parede da dereita recolle o Magnificat en diversas falas do ancho mundo.
...benedicta tu in mulieribus, et benedictus fructus ventris tui, Jesus. Amén. En Ein Karem, Terra Santa.
-
Artículo semanal. Teríame, cecais, que ter centrado máis na persoa de María, en Expectación do Parto, María da Esperanza ou da O, patrona de Pontevedra ignorada polos relativistas que mandan no concello. Pensan que poden recrearen unha cultura nova, prescindindo do cristianismo. Eles creen que ignorando a María, a San Sebastián, ou a papeleta medioambiental na que exercen de traidores, a sociedade vai quedare reducida a ermo cultural. Non deixa de ser curioso que ignoren a Deus, pero non ó Anticristo. Curioso... Eso explica cousas do seu relativismo de ignaros.
-
Pontevedra, 19.12.2010
-
Entrada n. 1385 do blog.

Advento, tempos difíciles,
por Xesús López Fernández
O mundo católico celebrou o 18.12 o día da Nosa Señora da Esperanza, a Virxe da O, patrona de moitísimos lugares [como 129000], que en España celébrase dende moi antigo, sendo establecida litúrxicamente en tempos do Décimo Concilio de Toledo, ano 656, polo seu bispo Uxío III, como Expectación do Parto. Tamén é patrona de Pontevedra, representada por unha imaxe da igrexa de San Bartolomeu. Aínda que ignorada dende a óptica dun relativismo pacato, como tamén o patrón da cidade, San Sebastián, diríase que hai un certo crescendo na devoción á Virxe da O ou da Expectación, talvez na línea da recomendación papal, según Peter Seewald, [autor dun libro recentemente publicado por Herder, Luz del Mundo, un libro-entrevista], que afirma que o Papa non dá Europa por perdida a pesar da caída dramática da fe cristiáa, do tempo difícil que vivimos. Certo que o catolicismo estivo moi á defensiva, case caracterizado como unha forza nemiga do progreso. I el móstrase optimista.

Non podemos seguir como ata o dagora sen poñer en peligro a vida do planeta e o desenvolvemento da Humanidade, di Benedicto XVI. Son tempos difíciles e a enxeñería social posta en práctica polos relativistas estanos a levare a unha ruína total de valores, pero el síntese optimista. É clave, di, reaprende-lo sentido da palabra “libertade”, que non pode significar nengún tipo de bula pra facere todo o que resulte posible facer, senón que ten que estar orientada cara o concepto do ben; o contrario do que a dictadura do relativismo, co seu discurso continuo sobre libertade e dereitos humáns, incluso de Estado de dereito, todo falacia porque se traduz no contrario, tamén en espiral de violencia contra a familia e clases traballadoras e pode significar que a forza anticristiáa dispoña dun verdadeiro programa, como predicaba Karol Wojtyla a Paulo VI e á Curia de Roma no 1976, nuns exercicios: “Probablemente estamos chegando á hora da máxima tentación”, según recolle o prólogo do libro de John Henry Newman “Cuatro sermones sobre el Anticristo”.

Volvamos a María, que acatou en Nazareth a mensaxe levada polo arcánxel Gabriel e que ante a nova de que a súa prima Isabel, a chamada estéril, agardaba un fillo, dirixiríase a Ein Karem a visitala. Alí, en Terra Santa, estiven o pasado ano, algo xa comentado no seu momento. Coido que é todo un privilexio té-la oportunidade de visita-los santos lugares, que as sagradas escrituras toman unha dimensión máis fonda, que a fe resulta enfortecida desa experiencia. E agora, cando imos celebrare o nacemento do Señor é coherente ter presentes os “tempos” da anunciación e da visitación. En Ein-Karem, “Fonte da Viña”, lugar de templos coidadísimos existe un monumento que recolle o momento do encontro das primas, María e Isabel. I é tradición a de que a fonte, o manantial, naceu nese momento emocionante do saúdo das primas naquel lugar, a terra de Xohán Bautista. Xohán ven de Yohohanan, que significa “Yahvé foi favorable” en hebreo, según leo na obra de Daniel Rops.

En Ein Karem, Zacarías, que era ancián, pedíralle un sinal a Gabriel, o arcánxel que lle comunicara que os seus rezos foran oídos e había ter un fillo, grande dediante do Señor, de nome Xohán. Pola súa edade e pola de Isabel non lle parecía posible o afirmado por Gabriel. E o sinal arcanxélico foille imposto. Quedou mudo ata que naceu o Bautista. E cando debatían sobre o nome do recén nacido, Zacarías pideu unha tableta na que escribeu: “O seu nome é Xohán”. Destrabóuselle a lingua e comezou a falare. Todo un privilexio poder visitar, naquel lugar, a igrexa do Bautista, [o precursor de Xesús, do que agora nace] e o Santuario da Visitación ou Magnificat, que lembra a visitación. María da Esperanza [a nosa patrona] e Isabel poden intermediar nas nosas peticiós pra que a Humanidade que sofre a dictadura relativista e os traballos da súa “enxeñería social” conoza unha nova alborada de rexeneración, porque vivimos tempos difíciles. A mediación salvífica de María e Isabel é posible. Pedida con fe.

jueves, 16 de diciembre de 2010

As declaraciós de Salvador Giner

As marismas de Lourizán, últimos 50 do século pasado, primeiros pasos do horror aquí asentado. Despois viría Ence-Elnosa, outros, e as demencias portuarias de emputece-lo porto de Marín, convertilo noutra cousa qu´agora defenden clústers e políticos que parecen peós da mafia portuaria.
-
Pontevedra, 16.12.2010
-
Entrada n . 1384 do blog
-
Trátase dun corto artículo publicado na web de GaliciaInformación, o 26.09.2003, a raiz dunhas declaraciós de Salvador Giner, que coido mantén actualidade. O traballo contén opinión e información que podería ser útil prós partidos que van entrare en campaña, se realmente queren apostare pola rexeneración, cousa que dubido. No traballo, non se modifica nada.
-
As declaraciós de Salvador Giner ,
por Xesús López Fernández
-
¿Pódese decir algo máis do que dixo Salvador Giner en relación co arraso das Rías Baixas, coa destrucción sistemática da paisaxe?. ¿Cómo se pode seguir coa pretensión de vender unha costa verde con solpores indescriptibles, con praias de fina area, cando algunha delas ou non está xa ou vai desaparecer en breve, chegada a situación dunha rexeneración artificial e irracional ano tras ano? ¿Cómo se pode decir que Pontevedra é unha cidade fermosa, o seu casco vello, cando foi sistemáticamente arrasado ó longo dos últimos anos, privados de sabor algús dos seus recantos máis íntimos, arruinado o comercio tradicional? ¿Cómo se pode decir que ENCE non contamina, cando na ría non existe unha soa granxa de rodaballos? ¿Sabía vostede que, presuntamente pola contaminación de mercurio e dioxinas, ós franceses se lles daba información de que o mexilón destas augas e o dos sectores de Meloxo e o Grove non se debía comer? ¿Por qué será que o Ministerio de Medio Ambiente, que parece traballou na Mariña luguesa co derribo do complexo de Caixagalicia e mai-la estructura dun hotel en Foz, non dispón o cese do complexo clorocelulósico antidemocrático, peligroso, contaminante, do que o tardofranquismo dixo no ano 1973 que fora un claro erro e que desas dúas industrias soamente se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas?

En Pontevedra sigue apestando con relativa frecuencia; a salinidade das augas da ría, o seu sabor, está modificada, porque se trata dun medio sensible que chegou recibir da factoría ata catro veces o volume de auga consumido por Marín e Pontevedra. E agora, co emisario, estáse a cambia-la morte da ría nesa escalada de despropósitos que denunciou Salvador Giner. Do que seguramente non ten información o sociólogo é da incidencia en procesos do tracto respiratorio das emisiós da fábrica de celulosas, en número superior en varios milleiros ó da poboación de Vigo, que case nos cuadruplica en habitantes. Por poder pódense decir moitas cousas, desas cousas que se saben dende hai tempo, do entreguismo de certos políticos a intereses espúreos. ¿De qué vale que algunhas xentes do Bloque se pronuncien en contra da consolidación do complexo de Lourizán, se a forza máis irracional a defende-la permanencia do averno naquel antigo paraíso é, precisamente, a Cig? ¿Qué sentido ten, se só son uns trescentos postos de traballo? ¿Non chegou o momento de erradicar dalí o complexo, o mal, levalo pra outro sitio con nova tecnoloxía e con vertido cero? Porque se non se fai así, acabouse a ría, acabouse o turismo de excelencia, acabouse unha riqueza, a riqueza do mar, que podería fácilmente multiplicarse.

Ten razón Salvador Giner cando fala de que neste asunto está de máis o nacionalismo e que o que fai falta é un patriotismo real, que tódo-los partidos deben levar no seu programa a recuperación da paisaxe galega. Estamos seguros de que cando volva por aquí o sociólogo catalán vai atopar todo aínda peor. Seguirase a xogar co posibilismo, coa mentira, como aquí fixo o propio Fraga, que nas dúas campañas do outono 1989, chegou decir, en resposta a este que escribe, que chegado o vencemento do plan Ence, o plan CE, que vencía en febreiro do 1992, se a fábrica seguía contaminando habería que pechala. Así de claro. E así de claro que é un mentireiro. E agora está empecinado en colocar aí, en Lourizán, a fábrica de papel tisú. Seguro que nen se enterou das palabras de Salvador Giner, que xa non lle pasan certa información.
-
Addenda.- Que se entenda que non estou a defendere a presencia de granxas de rodaballo na ría. Refírome ás granxas de anterior xeneración e ó feito de que, consultada a posibilidade de instalar algunha, ó interesado foille negada esa posibilidade pola calidade [contaminación] das augas e que, se quería ensaia-la cría de rodaballo en granxa que tería que pensar nunha costa aberta. Aínda así, non se pode consentir que monten granxas en lugares emblemáticos, como Cabo Vilán, hoxe practicamente fracturado. E os empresarios foron, aínda por riba, subvencionados.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

A VASURA NA ZONA VELLA

Colectores na Ferrería que ó parecer van ser retirados. (Foto de noticia de La Voz)
Unha rúa condenada, a San Sebastián ou Rúa Cega, que desta volta soporta a presencia de catro contedores, cando prós veciños abondaría cun só contenedor. Pero resulta que, claro, pasáronse no número de tascas ou taperías, agora catro. Demasiado. I esos excesos nótanse en situaciós como a que recolle a foto, con zudre converxente da praza da Verdura ou praza dos Porros e máis da rúa San Román.
No momento desta outra foto eran xa cinco os contenedores [no total da rúa], como marcando unha certa vocación prá rúa Cega. Ou burla. Esquecen qu´os turistas non-os van votar. Os residentes aínda menos, se cabe, algo que non comprenderon nas dúas últimas elecciós.
Esta pode ser outra forma de vasura que non contabilizan, a das mesas e sillas que permanecen
ó aire libre...
...ou deixan almacenadas nalgún soportal, cancelando o posible paso por eles. Pero, en fin, nestas dúas últimas fotos aínda se aprecia un certo orde e limpieza que non é o caso que podería mostrar por medio doutras que teño no PC.
-
Pontevedra, 15.12.2010
-
Entrada n. 1383 do blog
-
A VASURA NA ZONA VELLA,
por Xesús López Fernández
-
A peatonalización salvaxe imprantada na zona, a proliferación en demasía de tascas con poucos escrúpulos sanitarios, algunhas veces os cans presentes de paseo polo barrio, o propio recorrido do camión da vasura que ás veces vai deixando unha escorrentía de lixiviados de restos orgánicos e aceites, foron convertindo a zona vella nun lugar de cada volta máis sucio.
-
O trapicheo, mais que ocasional frecuente, arrastra tamén a certos lugares a un público incómodo, mantendo vivo o terraceo ás veces ata as catro ou máis da madrugada. E os residentes somos testigos do malfacer do goberno local, de cómo se foi acabando co comercio tradicional, reconvertindo nalgún caso en tabernas [modelo de cidade do Bloque] certos locales, outros mortos ou en situación de coma prolongado.
-
Agora volven co tema dos contenedores e, como xa temos denunciado neste blog por activa e pasiva, non se lles ocurre mellor cousa que eliminalos dos "lugares emblemáticos" pra reforzaren aínda máis o papel de sumidoiros de miserias das rúas San Sebastián e Aduana, tras da Facenda, pola que dificilmente se pode transitar e que parece ser é o único espacio onde aínda poden aparcare os residentes da zona vella, a vía d´acceso ó comedor de San Francisco, somo se o Concello tentara aportar unha maior degradación á situación que viven moitos dos que alí acoden pra poder seguir vivindo.
-
Menos mal que, en principio, acordaron mante-lo sistema vixente, con menos presencia en xeral de colectores, pra máis desgracia das rúas citadas ou de Cobián Roffiñac, Arzobispo Malvar e Avda. Buenos Aires. E o traslado das bulsas ós novos destinos pode representare neste momento e nalgús espacios, un certo peligro.
-
Foi unha pena que, xa postos, e dend´o comezo da desconfiguración da zona non se preocuparan de dotala de colectores soterrados, algo que funciona nos lugares onde se xestionan debidamente. Pero temo que volvan aínda á pirueta que na recollida facía o camión da vasura na rúa Cega, entrando marcha atrás dend´a praza dos Porros ou da Verdura, marcando de paso os canzorros dalgún voado e lascando o enlousado dalgunha fachada, por exemplo no edificio n. 21 desa rúa.


martes, 14 de diciembre de 2010

A CARROCETA DE SATÁN E OUTRAS NOVAS

Foto máis realista que a que ven despois da carroceta de Satán. "Prohibido dormir, prohibido soñar, estade sempre alertas que Satán pode concretarse en calquer momento como simple operario ou concellal xestor de vasuras".
Ésta é a carroceta de Satán. Acaba d´estare na miña rúa, que na foto apréciase cómo está de sucia a consecuencia dos lixiviados do camión da vasura ou ben do aceite das fritangas dalgún negocio d´hostelería. A foto non é d´hoxe, madrugada do 15 , pero vale pra explicare algo máis en relación co tema das vasuras, algo que non se noticia na información de La Voz de onte 14.12 e que ven ser unha forma de terrorismo noitarego do propio Concello: a gran traca do vertido de botellas prá súa "reciclaxe", xa na madrugada. Pode acontece-lo episodio antre dúas e tres A.M.
-
Pontevedra, 15.12.2010
-
Entrada n. 1382 do blog
-
A CARROCETA DE SATÁN E OUTRAS NOVAS,
por Xesús López Fernández
-
Os "organizadores" do Concello, según a información do 14.12 de La Voz, tiveron unha xuntanza cos veciños da zona vella [quero supoñer que é mentira, que se reunirían talvez con algún karrikí dalgunha asociación non representativa], pra falare da recollida das vasuras na zona vella, pró que andan a idearen un novo sistema e a posible supresión dos contenedores.
-
Según a noticia son tres os supostos dos que parten unha vez desestimado o posible soterramento dos contenedores: 1. Recollida en bulsas, que os residentes i establecementos depositarían nas súas fachadas, a toque de corneta, na hora indicada polo Partido; 2. A imprantación de contenedores menores que, tamén a unha hora determinada, veciños ou establecementos sacarían dos correspondentes edificios; 3. O mantenemento dos actuales contenedores.
-
A involución está servida. Privados os residentes d´espacios públicos, agora imos ter como divertimento principal o de mantere un horario prá entrega das nosas vasuras. É decir, que ó mellor non se pode facere un viaxe ou ir a un concerto en función da entrega da vasura ó Partido.
-
É lei do Partido, sí, que acabou coa vella distribución dos ditos contenedores e que, no seu delirio de mante-la bullanga e a privatización das prazas ó servicio da industria sucia da hostelería de terceira, a mesma que emporca rúas i espacios abertos nos que está encarnado o delirio soviético do Concello, non pensan por un momento en racionalizaren de novo o que antes se traducía noutros criterios, porque os contenedores se situaban na cabeceira ou á marxe de espacios abertos, nos que se darían dese xeito menos problemas d´alcatreo que cando se ubican, como ven acontecendo dende anos, nas rúas estreitas pra así manteren largos como a praza da Verdura, a dos Polos, Curros Enríquez, sen contenedores, pra así dare unha simple apariencia de decoro que esgaza cando o turismo entra nalgunha das rúas estreitas condenadas.
-
Eu aínda lles podo dar outra idea: a de que lle encarguen a Fole o deseño dun velador-tipo que conteña o seu propio minicontenedor-recolledor. Non se vería na práctica, e os problemas derivados da fritanga ou restos do tapeo, ata a súa entrega ou reciclaxe, administraríaos o propio tabeneiro. Incluso cabería o desenvolvemento dalgún curso de capacitación.
-
Pero a presencia da carroceta de Satán na zona vella, terrorismo do Concello, maldecímola os veciños, aínda que non algús dos representantes, [pode que subvencionados], que terán falado cos "organizadores" do Concello e que nalgús casos non viven na zona vella nen están censados en Pontevedra.
-
La Voz de Galicia, 14.12.2010: O Concello prantexa outro modelo de recollida da vasura na zona vella. (Contén outra noticia relacionada, a opinión do PP sobre o servicio de recollida, caro pró que realmente representa)

domingo, 12 de diciembre de 2010

O BLOQUE, OFERTAS DA DESMEMORIA

O Bloque leva tempo coa campaña de vender fume. Na foto de La Voz aparecen ledos, incluso un presunto representante do comercio local que está diríase que a centra-las miradas do persoal. Sí que é pra se rír. Sen máis comentario....
-
Pontevedra, 13.12.2010
-
Entrada n. 1381 do blog
-
O BLOQUE, OFERTAS DA DESMEMORIA,
por Xesús López Fernández
-
Queren xogare co pequeno comercio ó que desta volta lle comentan, como si éso fose unha promesa formal, que non van apostare pola instalación de novos centros comerciales. Ha ser, claro, ó longo da campaña, porque no seu mandato lévanse colocado uns cantos. E curiosamente, nalgún qu´outro caso, na medida na que a instalación dunha superficie comercial conleva a creación dun espacio pra os coches poder aparcaren, resulta que moita da xente que baixa á vila, aparca en Lidl, en Carrefour, en Dya ou Mercadona, pró que existe unha estratexia en función do lugar do centro urbán ó que queiran acceder por un par de horas ou máis. Á volta formalizan unha compra e regresan ás súas casas.
-
Esas prazas de aparcamento, gratis total a maioría delas, forman parte, seguramente, da bolsa de parking libre á que se refireu o concelleiro de Infraestructuras do Partido, o seu discurso continuo, que despois de se estrearen na prohibición da entrada de vehículos á zona vella, contabilizaban as que temporalmente seguían existindo en Cobián Roffiñac ou noutras rúas. Pero xa vemos que todo acabou en miseria. Peatonalizadas unhas rúas, limitádo-los tempos nas poucas prazas que poidan quedar en superficie, a cidade foise convertindo de cada volta en máis deserto.
-
En relación con Carrefour seguiron a escola do alcalde Pedrosa, advertidos éstos tamén de que o centro comercial estaba ocupando terreo non vendido, concretamente en Matalobos. O vial de saída cara a autopista cruza dúas veces unha vella propiedade da miña muller, que foi engulida por medio dunha falsa venta da familia La Sota. Pero no Concello teñen a documentación: a denuncia e copia da escritura hereditaria, na que consta a inscripción --3 veces-- desa propiedade no Rexistro da Propiedade. O asunto púidose ter resolto, pero nen Pedrosa, nen o Bloque, nen a Delegación de Carreteras quixeron desparasita-lo tema. Sobre ésto podo contare cousas d´abondo, con documentos. Xa o teño contado.
-
Poden engañare a algún comerciante subvencionado, mesmo parece que un dos representantes do sector está a lle rí-los chistes e estos necios que din qu´o seu modelo urbán estimula as ventas do sector mercantil na cidade, o que é unha solemne mentira, pois son moitos os comercios que cerraron porque estos "cerebros" non chegaron a comprendere que a Vila sí era un centro comercial; pero prohibida a entrada de vehículos na zona histórica e peatonalizadas ou case rúas como Lores de Arabia, Cobián Roffiñac, Sagasta, Michelena, no casco vello, nen os residentes podemos valernos do noso vehículo. I ése é un dos grandes fallos do "sistema estalinista" aquí implementado. Un gulag pra marxinados.
-
En Lores de Arabia, a antigua Chanchullo/General Mola, aparcaban sobre 70 vehículos. Estimemos unha rotación ó longo do día de tres ou catro veces, o que significa qu´o comercio local, ó ser anulado o aparcamento en superficie alí existente, perdeu o fluxo dunhas 250 familias que facían as súas compras na cidade.
-
Unha certa circulación, intelixentemente coordinada, pode representare unha certa ledicia pró comercio de zonas históricas, como ten apuntado Álvaro Siza, arquitecto portugués de sona mundial. Foi un consello que aquí ben se puido ter aproveitado. Pero, non. Había que acabar coa cidade, desnaturalizar prazas, meter nos novos espacios unha bullanga despiadada cando non privatizalos ó servicio de novas tascas, xa que ése é o seu modelo de cidade: todo tasca, e as prazas, privatizadas en favor de terrazas desa hostería menesterosa que, ás veces, nen ten espacio pra recollere o mobiliario que deixan á intemperie, encadeado a columnas dos soportales ou ben a unha qu´outra baixante.
-
E nada máis. Conste que hai unha caída constante na zona vella, que os residentes que aínda non marchamos é porque non podemos, porque non atopamos comprador prás nosas vivendas, que d´aquí hai que marchar. Agora, 1.31 da madrugada pode estar a chegare a carroceta de Satán, a que recolle o botellamen tabernario, con gran tronicio, prá súa reciclaxe, servicio que agradecen os dos bares, tamén os "ecoloxistas" do concello, pero qu´os residentes maldecimos, como tamén o seu protagonismo na gobernación local. Non digo máis, pero deixo ó pé o enlace da noticia dada por La Voz, causante do comentario feito. Eso non é unha noticia.
-

LORES, O SEU NECIO DISCURSO

A irracionalidade dos clústers ten levado o mar de Marín, o mar de Pontevedra, as xunqueiras todas a unha situación agónica. Agora acaba de botare un discurso o alcalde Lores, en galegués, do que o Faro de Vigo inclúe partes do seu espiche antiecolóxico. Véselle ben o rabo ó que nalgún tempo presumía de defende-la sustentabilidade: na cidade como na ría, todo mentira.
-
Pontevedra, 12.12.2010
-
Entrada n . 1380 do blog
-
LORES, O SEU NECIO DISCURSO,
por Xesús López Fernández
-
Lores recriminou onte ó alcalde de Marín porque nese concello tentan, contencioso en curso, que Pontevedra non teña representación na Autoridade Portuaria. Ah, pero o carguiño, as dietas, todo eso preocupa ós que andaban pola vida noutros mesteres e, de súpeto, atopáronse con que tiñan que tomar decisiós que só tomaron no mal sentido, atados por unha forte baraza ós intereses dos clústers.
-
A Lores dóelle a posible perda de representatividade do seu concello, o que primeiro traicionou ó mar, no ente portuario. E a eso chama discusiós manidas. Pero di algo con sentido, cando afirma no seu incomestible galegués que o que tiñan que facere é estar a definir un "espazo", un espacio pra alí colocare as industrias que poidan ter relación co porto sen necesidade de ocupar lugar nel. Dito así como pra xustificare ou solapa-las súas culpas na incuria política que levou a ría ó desastre actual.
-
Preocúpalle o futuro das empresas localizados nun recheo que, a expensas do que ocurra, teñan que seren levantadas del. Discurso político que esgaza cando di que o tempo se nos bota enriba "e o que hai que facer e garantir o futuro do porto, que teña máis tráficos, mellores comunicacións", cando o futuro dese porto pasa por redimensionalo, reducilo, o que se pode conseguir devolvéndolle a súa vocación de porto prá pesca. ¿Ónde vai a sustentabilidade do seu discurso doutrora?
-
"se hai outras persoas que siguen centradas na leira, eu non o comparto". Esa é a parte máis opaca do seu discurso porque, claro, el nunca estivo centrado na leira, senón que foi parte no deseño final prá morte desta ría, na súa petición urxente en Maio do 2000 da construcción do ferrocarril que lesionaba a vida da ría toda á par qu´o espacio demanial das marismas de Lourizán. I el e o seu equipo foron cómplices en recheos ou non actuaron en relación con empresas que viven unha situación de ilegalidade permanente: Ence, Elnosa, Holcim, tema éste sobre o que se diría exerce como un prevaricador constante.
-
Non ten que facer outra cousa que retoma-la carta de Aalborg, explicare por qué non redactaron, co seu PXOM, a Axenda21Local. E sobre todo leere de novo a carta de Salvemos Pontevedra apresentada por rexistro o 14.01.2004. Aí están as claves pra unha actuación salvífica coherente. Pero, non, non quixo asumi-lo contido daquel escrito a pesar da súa promesa primeira, cando respondeu agradecido cunha especie de carta d´amore pola existencia dunha agrupación ecoloxista cunha filosofía medioambientel semellante á súa. Pero había que cambia-la carta de presentación do escrito, darlle outra redacción, o que se fixo pra unha nova presentación por rexistro municipal, que novamente non aceptou. Nesa actuación, en exercicio da acción pública, estaban presentes Salvemos Pontevedra, a Federación Castelao i Estriceres. Tamén Os Verdes de Pontevedra. Nesa actuación como noutras, Salvemos Pontevedra estivo a representare un papel semellante i en pequeno, ó de Wikileaks, porque a corrupción tamén está, estaba xa aquí asentada.
-
A Lores fáltalle verbo pra seguire a contare mentiras. O seu discurso, necio, xa non é creíble nada máis que prós necios. I está claro tamén que Lores non actúa como impulsor na execución das sentencias sobre o Porto e máis o ferrocarril. Etc.
-
Enlace:
-

A DEFENSA DE WIKILEAKS

Assange está en prisión preventiva.
-
Pontevedra, 12.12.2010
-
Entrada n. 1379 do blog
-
A defensa de Wikileaks,
por Xesús López Fernández
-
Wikileaks é noticia dende hai varios anos por ter filtrado documentos coa consideración de secretos; tamén, especialmente nos últimos tempos, incluso información sobre política española, coa definición do perfil dalgún dos nosos políticos, mesmo de certas actitudes opacas en relación coa guerra de Irak, co caso Couso. Definida como unha Wikipedia pra ciberdisidentes é unha “gorxa profunda” na Rede, cuia encomenda é fura-la cibercensura dos réximes totalitarios pra que os que a sofren poidan denunciala libremente. Na súa páxina web pódese leer: “Nós creemos que a transparencia das actividades dos gobernos conduce a mingoa-la corrupción, a unha democracia máis firme, a un mellor goberno”. Hai casos extremos como Cuba ou China. E neses como noutros países Wikileaks entende como vital a súa función, especialmente en determinados sitios. Afirman na web: “A información ten conocido un precio en vidas humáas i en dereitos civiles”. A misión de Wikileaks sería, polo tanto, a de facilitare un lugar no que esa información se faga pública, sen censura prós informantes, ás veces perseguidos ou sofrindo prisión.

Wikileaks foi fundada por disidentes chinos, así como matemáticos, periodistas e tecnólogos de diversos países: EEUU, Australia, Sudáfrica, etc. Un dos seus asesores e director actual, Xulián Assange, que se presentou voluntariamente nunha comisaría de Londres, está detido dende o pasado 7 deste mes, en prisión preventiva. Kristinn Hrafsson é quen agora leva as rendas da organización. Pero o que motivou a caza e captura do home, despois de levare o “portal de filtraciós” facilitando información sensible dende facía tempo, foi a entrega á prensa internacional, o pasado 28.11, dunha colección de 251187 cables ou comunicados do Departamento de Estado norteamericán coas súas embaixadas no ancho mundo, o que constitúe a maior filtración de documentos secretos da historia. O fluxo dos documentos de diversa calificación afecta a moitísimos países, tamén a España como é sabido.

Calificado Assange como terrorista nos Estados Unidos, parece que agora tamén existe un movemento de opinión contrario a Obama: que foi a súa administración a que fixo posible a filtración masiva dos documentos; de que incluso se teña forzado a situación pra solapa-la situación crítica do país, pra desvia-la atención dos cidadáns da política errática do seu presidente. En fin, un recurso pra confundir. Pero tamén aparecen amigos a Wikileaks, como Luiz Inacio Lula da Silva, que fixo unha afervoada defensa de Assange, do que di que se limitou a poñere na web o que outros escribiron, i éstos son os culpables. Avogou pra que os defensores da libertade de expresión protesten contra o seu arresto no Reino Unido. Tamén Vladimir Putin, ofendido porque os EEUU criticaron as bases democráticas de Rusia, chegou afirmare: “Se hai democracia, que ésta sexa absoluta. ¿Pra qué meteron no cárcere ó señor Assange? ¿É éso democracia?”. Incluso un membro da oficina do presidente ruso, declarou que alguén, “o público e as ONGs deberían pensar cómo axudare a Assange, talvez propoñéndoo como candidato a Premio Nóbel da Paz”.

Dende a organización i en contra do calificativo yanky de terroristas, fálase agora de terrorismo de estado, que algo parece deducirse dos documentos aflorados. Este pasado sábado i en contra do bloqueo exercido sobre Wikileaks teceuse por medio de internet unha certa trama de solidariedade, incluso foron convocadas manifestaciós, tamén en España. Un grupo de Free Wikileaks inclueu un manifesto na web “www.wikileaks.eu”, “contra o terrorismo de estado e os nemigos da libertade”. Porque algús documentos filtrados han servir pra definiren situaciós de involución democrática, marcare xa os tempos prá apertura de máis dun proceso penal. ABC tamén defineu a situación creada na Rede como guerra viral (de virus informáticos) pra franqueare o bloqueo sofrido pola organización de Assange. Ou afogala máis.

sábado, 11 de diciembre de 2010

A INMACULADA, O MISTERIO DE NAZARET

22.07.2009. Fotografías de Nazaret, algunha delas posiblemente xa no blog, nunha serie de traballos de Xullo-Agosto-Setembro 2009. Esta corresponde á fonte na que María sortíase d´auga. Este espacio, na fin dunha gruta, está hoxe integrado nun pequeno templo que celan cristiáns maronitas, en rezo continuo o día da nosa visita.
Aspecto do templo, concentración d´arte en honor a María.
Outra perspectiva do lugar.
No fondo, á esquerda, está situada a fontela da primeira fotografía.
Outra panorámica do arte alí presente. (clicade pra agranda-las vistas recollidas nas fotos, sempre).
E nova vista do mesmo pequeno templo.
Este é un dos accesos á Basílica da Anunciación. Extraordinaria concentración d´arte cosmopolita, tería que inserir realmente, outras vistas. Seguro que non estou a presenta-las mellores fotografías daquel día, segundo da nosa andaina por Terra Santa.
Non por estar feita de cemento a Basílica deixa de impresionar. Xa sei qu´esta é unha fotografía un tanto caprichosa.
Altar maior e retablo. Os sacerdotes dispóñense a oficia-la Santa Misa, ceremonia concelebrada con don Julián, o noso arcebispo.
Retablo da Epístola, da conservación do Sacramento, obra do pontevedrés Rafael Úbeda Piñeiro, qu´estos días mostra unha exposición espectacular na sala de Caixanova en Pontevedra, que recorre tódo-los seus tempos na pintura. Curiosamente, un dos cadros da exposición está datado no 1947, cando o home tería 15 anos, calculo; o tema, unha vista dende a Xunqueira do Lérez, un relicario de vida afogada por distintas camadas de políticos locales.
Retablo do Evanxelio, relicario de mártires franciscáns. Os PP. Franciscáns son os principales guardadores da Terra Santa, respetados por xudeos e musulmáns.
Outro enfoque da obra de Úbeda, en Nazaret.
Verbum caro hic factum est. O altar desta cripta quer mostrare prá eternidade o lugar no que María recibeu a visita do Ánxel Gabriel. A partir dese momento virían os nove meses de soño que describe Cunqueiro ata que chegou o día:"... Pasou a primavera, que ben frolecía; pasou tamén a sega, que moito pan había; i agosto, i o magosto dourado; i o viño novo, nas cuncas, na adega foi catado. I estando o outo cume de outo neve nevado, a María, en Belén, o noveno mese lle foi contado.....¡Nasceu Don Xesucristo, de todos é loubado!.
-
Pontevedra, 11.12.2010
-
Entrada n . 1378 do blog
-
A INMACULADA, O MISTERIO DE NAZARET,
por Xesús López Fernández
-
Traducción do evanxelio según san Lucas, do 8.12.
-
N´aquel tempo, o ánxel Gabriel foi enviado por Deus a unha cidade de Galilea chamada Nazaret, a unha virxe desposada cun home chamado Xosé, da estirpe de David; a virxe chamabase María. O ánxel, entrando na súa presencia, dixo: -"Alégrate, chea de gracia, o Señor está contigo". Ela turbouse ó escoitare estas palabras e peguntabase qué saúdo era aquel. O ánxel díxolle:

-"Non temas, María, porque teñas acadado gracia ante Deus. Vas concebire no teu ventre e has dar a luz un fillo, ó que has poñer por nome Xesús. Ha ser grande e chamado Fillo do Altísimo, o Señor hálle dá-lo trono de David, o seu pai, e ha reinare sobre a casa de Xacob pra sempre, e o seu reino non vai ter fin". E María díxolle ó ánxel:

-"¿Cómo vai ser éso, se non conozo varón?"

O ánxel contestoulle:

-"O Espírito Santo virá sobre tí, e a forza do Altísimo vaiche cobrir coa súa sombra; por eso o Santo que vai nacer terá de se chamare Fillo de Deus.
Aí tes á túa parente Isabel que, a pesare da súa vellez, concibeu un fillo, e xa está nos seis meses a que chamaban estéril, porque pra Deus nada hai imposible".

María contestou: -"Aquí está a escrava do Señor; fágase en min según a túa palabra". E o ánxel deixouna.

Palabra do Señor.

viernes, 10 de diciembre de 2010

O INFORME PISA

Pola porta do fondo, á dereita, entraba Galileo pra impartire as súas clases na aula que se conserva hox´endía en "O Boi", nome da taberna de Padua, Padova, na que homes chegados de Bolonia, agostiños, Galileo tamén, comezaran a impartiren estudios universitarios. Na universidade de Padova estudian actualmente uns 60000 alumnos. (Foto persoal, tirada o 22.03.2009)
Outra foto do claustro. Na parede aprécianse algunhas das labras dos alumnos que alí foron emprendendo a súa andaina universitaria. (foto da mesma data). Curiosamente, as xentes chegadas de Bolonia procuraban unha maior excelencia nos estudios. Sen embargo, hai cousa de dous anos falabase do Plan Bolonia, de que a súa non imprantación nas universidades españolas convertiríaas en fábricas de parados.
A señora de gafas, profesora de Lingua e Literatura Casteláa contaba, no momento desta instantánea, 22.03.2009, da arrancada vital da súa universidade, da persistencia do nome da taberna, de cómo o propio escudo da universidade de Padova é o cráneo dun boi.
Montoro, en La Razón. O mestre ou inspector ante a clase, ¡todos son pepiñosblanco!, pergunta de ónde imos saca-los controladores que necesitamos. ¿Terá actuado Pepiño Blanco como un controlador frustrado, pulando por un estado d´alarma con só un curso de Dereito aprobado ou aprobado a medias?
Esteban tamén retrata o qu´o Goberno agarda da situación por eles creada e que recolle o informe PISA: España mal en Educación. Ser político parece se-lo ideal de moitos mozos e mozas, membros e "membras" do partido.
-
Pontevedra, 10.12.2010
-
Entrada n . 1377 do blog.

O INFORME PISA,
por Xesús López Fernández
-
A imprantación do plan Bolonia levouse a cabo, según o Defensor del Pueblo, con silencio. Parece que incluso con medo. Medidas estériles. ¿Cómo un Goberno desacreditado pode ter capacidade pra prestixiare de novo os estudios universitarios, secundarios e primarios do país? Parece que sería como unha especie de suicidio, qu´o que está a primare é a desmemoria histórica, a programación do aborto das nenas como práctica normal, a morte da familia tradicional, a fin dos valores necesarios prá conformación de verdadeiros cidadáns.
-
O informe PISA revela a situación de degradación intelectual provocada polo noso sistema educativo, como se todo obedecese a unha escalada sustentable na configuración de botellómetros ou de "barras" de amor libre pra así acabare co individuo e dispoñere dunha cidadanía que non se extrañe do "estado d´alarma" decretado e parece que traballado por ZP, Pepiño como muxidor, e Rubalcaba.
-
Que Montoro maxine un aula chea de "pepiñosblanco" ven ser, de novo, unha sublime caricatura da situación. Parece que, ademais e como consecuencia do estado d´alarma decretado, España disporá un prazo de seis meses de non-pago dos intereses da súa tremenda débeda exterior. I eso formaría parte do fru-frú que se tece en torno á actuación do Goberno, que nestas circunstancias tampouco pode dimitir. E a ver qué pasa, mentres, co amigo, amigo d´eles, Mohamed VI, que está a aumentare a presión sobre as fronteiras de Ceuta e Melilla.
-
Enlaces.
-
RTVE: Todo sobre o Plan Bolonia.

jueves, 9 de diciembre de 2010

ESTADO DE ALARMA

Esteban é un dos finos humoristas de La Razón e apunta parece que certeiro cando di que, fóra de Rubalcaba, xa non hai goberno. Os seus persoaxes piden a dimisión do vicepresidente. Caín, do mesmo xornal. Aínda que é chiste vello, acae nestas circunstancias do estado de alarma. A sociedade civil, a gran derrotada, sigue votando. Algús parecen felices coa militarización dos controladores. Estrean mando e uniforme según o humor fino, finísimo, de Montoro, tamén en La Razón. ZP e o comandante Blanco levan unha visible Z no seu uniforme. ZP ensaia novos discursos, máis de Estado de dereito, contento talvez porque mentres dure o estado de alarma non se pode disolve-lo Goberno. Montoro está sublime coas instantáneas que nos ofrece en La Razón, crítica cáustica dunha situación non querida, pero talvez forzada, mentres Marrocos ameaza con corta-la auga a Melilla.
Montoro, de novo. Rubalcaba leva un R, na súa gorra. O comandante Blanco, sumiso, afalágao. (chiste de La Razón.) ¿Defenderán tamén a costa na Illa d´Arousa da presunta agresión de Villa PSOE e os submariñistas que alí teñen propiedade?
En Hispania como en Lacedemonia, os ilotas tamén están militarizados, sobre todo os ilotas de remate según Montoro en La Razón.
-
Pontevedra, 9.12.2010
-
Entrada n. 1376 do blog
-
ESTADO DE ALARMA,
por Xesús López Fernández
-
En El Mundo d´hoxe, en primeira plana, resaltan unhas declaraciós de Rubalcaba no sentido de que el xa "sabía qu´o decreto do pasado venres" podería provoca-la espantada dos controladores. Espantada salvaxe que veu perxudicare, a maiores, a marca España, máxime tendo en conta que AENA, xunto coa Lotería, forman parte do patrimonio qu´o Goberno quer liquidare, polo menos en parte, coa posible entrada no negocio, incluso, das mafias rusas ou italiáas. ¿Pero cómo vai quedare desta volta AENA?. Non se sabe, sobre todo cando o Goberno, en relación cos problemas que viñan de lonxe non se aveu a apaga-lo lume senón con gasolina.
-
Agora hai un colectivo baixo sospeita; e o propio Goberno tamén, porque este estoupido parece que foi cousa de deseño, que xa por esto non quixo ZP acodire ó cumio americán, incapaz tame´n de afronta-la cuestión marroquí ou a do Sahara Occidenal, como se alí non tiveramos nengún tipo de compromiso moral. Por outra banda, ademáis, a declaración do estado de alarma impiñe ó Goberno presentare a súa dimisión e convacare elecciós. Efecto buscado, parece.
-
-