sábado, 29 de mayo de 2010

A HORTA ECOLÓXICA

Horta ecolóxica.
-
Pontevedra, 29.05.2010
-
Entrada n. 1241 do blog
-
A HORTA ECOLÓXICA,
por Xesús López Fernández
-
O texto que sigue é traducción do enlace de iberica2000.org (todo un mundo a descobrir) que se inclúe a seguido e que leva por título "La Huerta de andar por casa".
-
Traducción: Decote nos decatamos da importancia de consumir alimentos frescos, sans i ecolóxicos. As continuas investigaciós que se fan no planeta deixan claro, por unha banda, os beneficios dunha mantenza sáa i equilibrada, con abondancia de verduras e frutas frescas e, pola outra banda, advirten dos serios peligros prá saúde a corto e longo prazo, da presencia nos alimentos de restos de plaguicidas e de infinidade de sustancias tóxicas que se foron engadindo nos procesos de producción, transformación ou comercialización.
-
Sigue o enlace de iberica2000.org: "La huerta de andar por casa" (Revísense enlaces,fotografías e artículos relacionados)

MERCADO DOMINICAL DE ANENTO

Unha vista de Anento. Campo de Romanos, en Daroca (Zaragoza)
-
Pontevedra, 29.05.2010
-
Entrada n. 1240 do blog
-
MERCADO DOMINICAL DE ANENTO,
Traballo de iberica2000.org
-
Por medio do enlace que vai seguido, o lector vaise sorprender deste e outros traballos de iberica2000.org, así como da reportaxe fotográfica que nele vai inserida. Xesús López Fernández, o titular deste blog, vai procurar ir informando doutros enlaces de iberica2000.org.
-

viernes, 28 de mayo de 2010

PORTOS E O DRAGADO DA RÍA

Nesta foto, en relación coa terceira, apréciase cómo se lle vai limitando o espacio ás mareas, razón principal pola que a ría perde calado, porque foron desecáda-las xunqueiras d´Alba, a do Cobo, a da Seca e a do espacio denominado antiguamente como Borrón ou Verrón, marxe esquerda da ría i Estadio da Xuventude.. Obras da nova agresión na denominada nova ponte d´As Correntes, outra ocupación do espacio das mareas, aberración urbanística, impacto ambiental brutal. Nesta foto vella a Xunqueira d´Alba estaba case intacta. A ponte d´As Correntes actuaba como revulsivo, como acelerador das mareas ó sobir ou xa no devalo. Esas correntes contribuían ó trazado do canal central da ría, hoxe desaparecido.
-
Pontevedra,28.05.2010
-
Entrada n. 1239 do blog
-
PORTOS E O DRAGADO DA RÍA,
por Xesús López Fernández
-
Unha completa estupidez. As escolleiras da ría tiveron como finalidade a de mante-lo canal central da ría, o que non resultou viable. A desecación das xunqueiras veu trae-la situación de total agonía na que a ría s´atopa, xunta coas moridas que lle foron dando ó litoral, na nas dúas Moureiras, ademáis da contaminación. Agora queren as xentes dos diversos partidos consolida-la ocupación das marismas de Lourizan, a súa reconversión en solar, i evitaren que se cumpran as sentencias to TS que deberían acabar co paso do tren por Lourizán ou cos recheos deshonestos do porto de Marín-Pontevedra. Os políticos locales, instalados na mellor profesión do mundo, insisten en evitar que España funcione como estado de Dereito.
-
Como éste é un asunto xa tratado neste blog, limitámo-la entrada deste post ás fotos presentadas e á inclusión do enlace dunha noticia que hoxe dá Faro deVgo:
-

XAPONESES EN SANTIAGO

Xaponeses polo Cebreiro, camiño de Santiago.
-
Pontevedra, 28.05.2010
-
Entrada n. 1238 do blog
-
XAPONESES EN SANTIAGO,
por Xesús López Fernández
-
Os pasados 25 e 26 do corrente mes estiven en Santigo pra unha operación de cataratas, da que me vou recuperando.Andiven por algús dos espacios que queren evocar nomes históricos do noso cristianismo e da presencia de peregrinos ilustres, como don Gaiferos de Mormaltan, o último duque de Aquitania, sobre o que Luís Cochón acaba de me remitir un estudio precioso i erudito de Isidiro Millán González-Pardo, primorosamente preludiado por Luís e Iris Cochón. Procurarei facer un comenario á obra conforme mellore a miña capacidade lectora.
-
Ese día, descansando onde San Francisco tiven ocasión de ver pasar por alí varias tandas de excursionistas, case todos xaponeses: oito ou máis grupos corrrespondentes cada un, suponse, a un distinto autobús.O interese deste enlace d´hoxe é o de inserir-la noticia que hoxe publica La Voz, a dunha familia xaponesa, a nai e dous fillos, ó seu paso polo Cebreiro. Curioso o atractivo que Santiago ten prós xaponeses. Asi, Xapón peregrina a Santiago, ¿ou se europeiza, como Europa se formou tamén facendo o Camiño de Santiago?
-
Noticia de La Voz de Galicia: Xaponeses que peregrinan don dez e quince anos.

sábado, 22 de mayo de 2010

O falso discurso ecoloxista

Ence-Elnosa, un cáncer na ría de Pontevedra.
-
Pontevedra, 23.05.2010
-
Artículo semanal, 1237 do blog
-
O falso discurso ecoloxista,
por Xesús López Fernández
-

Si algo hai claro en relación co tema de Ence i Elnosa, en relación coa recuperación das marismas de Lourizán, é que nos diversos discursos, da color que sexan, non se está a abordare a solución final do problema e a conseguinte recuperación do capital natural. Son discursos falsos. Unha cousa é pedi-lo traslado das fábricas; outra esixi-la recuperación integral das marismas, da que non fala un sóo partido, máxime tendo en conta que unha e a outra fábrica poderían carecer de concesión, presuntamente, dende hai algús anos. Que agora veña Patxi Vázquez cunha acusación que de confirmarse sería grave, porque a estas alturas xa non se pode creer nun futuro viable, nesta ría, prás citadas factorías; nen pra outras actuaciós sobre as que existen sentencias firmes do TS, nen prá edar d´Os Praceres. Destas cousas deberían ter falado no pleno municipal pontevedrés do venres, 21.05.2010. Pero o protagonismo do mesmo correspondeu á noticia aportada polo secretario dos socialistas galegos e tamén ó apoio solicitado polo equipo de goberno local prá marcha do 5.06.2010 da APDR, contra Ence.

Aínda teño unha lembranza viva do discurso de Touriño no Galicia Palace, da súa campaña prá presidencia de Galicia. Tema central, Ence. Promesas incumpridas. E relembremos unha vez máis algo xa comentado: a gran solución que naquel mandato ofreceu o BNG por boca de Teresa Táboas e o conselleiro de Industria: o traslado de Ence ó polígono de Barro-Meis, que se fornecería d´auga dende Pontillón do Castro e vertería á ría de Pontevedra, sí, pero con outras medidas, faltaría máis…. A financiación do traslado [dunha empresa que presuntamente perdeu a concesión] cubriríase coas plusvalías xeradas por medio da construcción [pola Autoridade Portuaria] de vivendas de tipo social, nas marismas de Lourizán. É decir, pensaban nas marismas non como espacio a recuperar, senón como puro solar. E as actuaciós que tenta levare a cabo o equipo de goberno en relación coa autovía a Marín [o tanque de Mollavao, a pasarela] parecen apuntar nese sentido: Lourizán, solar.

Aquí parece que, por falta de imaxinación e de compromiso medioambiental, non se quere recupera-lo litoral. Núñez Feijóo pode estar, a partir dagora, baixo sospeita, porque el prometeu, tamén en campaña, a recuperación do litoral de Lourizán. I eso significa o que significa, algo que nadie prometeu antes que el. Aínda tendo afirmado que ve difícil unha posible concesión prá pranta de biomasa en Lourizán, agora está en tempo de desconto e debe demostrar que non mentía na pasada campaña electoral. É o único recurso que ten contra a proclama de Patxi Vázquez, que asume Ence como cimbel electoral, como antes fixeron outros, sempre pra nos mentir, pra xogaren coa nosa esperanza. O PP local, en contra da proposta de apoio á marcha sobre Lourizán da APDR [que non demanda a recuperación das marismas, nen entra no tema da edar d´Os Praceres] urxeu unha oposición formal do Concello, ante a Xunta, contra a pranta de biomasa, que parece argumento de máis calado que o finalmente aprobado.

Según os diversos medios, a noticia colleu fóra de xogo a Telmo Martín e a Fdez. Lores. O lider local dos populares, que en campaña prometera a rexeneración de Lourizán [coa fantasía de manter Ence no Concello] e o cambio de lugar da edar d´Os Praceres [ilegal según a Lei de Costas, art. 44.6], mostrouse claramente contrariado. É máis, prometeu incluso, si se confirma ese disparate, abandona-la política. Certo que a consellería negou ter autorizado unha pranta de biomasa en Lourizán. Outra cousa é que a factoría teña cursado unha solicitude ó respecto. Pero resulta increíble que o goberno local non faga progresos en orde á execución das sentencias dictadas polo TS, en relación co ferrocarril; en relación cos recheos do porto. Asignatura pendente. Pero estamos xa cansos dos falsos discursos ecoloxistas

O DISCURSO DE LOURIZÁN

O complexo clorocelulósco de Lourizán, unha das causas da morte da ría e desencadeante de numerosas enfermedades.
O PSOE quere reactiva-lo debate de Ence. Onte fixo Manuel Vázquez a declaración de que a Xunta i Ence están negociando a posible imprantación dunha fábrica de biomasa.
--
Pontevedra, 22.05.2010
-
Entrada n. 1236 do blog
-
O DISCURSO DE LOURIZÁN,
por Xesús López Fernández
-
O discurso sobre Ence que tódo-los partidos levan na súa axenda non foi nunca máis alá da pura falacia. Posiblemente foi o reconocemento de culpa do Goberno do Xeneral Franco, no ano 1973, o máis sincero de todos. Daquela, ó tempo que o ministerio da Vivenda rexeitaba o PXOM pontevedrés do 1970, comunicaba que as Marismas de Lourizán non reunían as condiciós de chan industrial; que a instalación da fábrica de cloro e a de pasta Kraft fora un erro do que sóo se poderían derivare problemas prá saúde e convivencia humáas.
-
O BNG prometeu saca-las fábricas da ría. Mentira. O PSOE de Touriño fixo tamén de Ence un slogan da súa campaña. Mentira. Fraga dixo, no seu momento, moitas burradas pra xustifica-la instalación de Tisú de Lourizán, como presunto troque do monte Gaiás recibido do señor Méndez de Caixagalicia.
-
Cando foi das municipales, sorpresa, o discurso máis ecoloxista foi o de Telmo Martín, prometendo a recuperación das marimas e botar d´Os Praceres a edar ilegal, según se deduce do artículo 44.6 da Lei de Costas. Pero Telmo Martín parece queda agora descolocado co discurso que trouxo o secretario do PSOE, Pachi Vázquez, a falare dun posible acordo de Ence a mai-la Xunta pra montare unha pranta de biomasa.
-
Teñamos presente que Núñez Feijóo foi o único que prometeu a recuperación do litoral de Lourizán. En campaña. O discurso de Pachi Vázquez déixao un pouco offside. En definitiva, o feito de seren políticos sitúaos ós deus baixo sospeita. I é triste que queiran xogare cos sentimentos da xente, dos cidadáns, cando a APDR está a punto de poñer en marcha unha nova camiñata sobre Lourizán, pra seguir mantendo vivo o discurso do BNG, que xa carece de razón cando se dispoñen a consolida-la avenida a Marín, dominio público marítimo terrestre.
-
Telmo Marín promete abandona-la política si é que se consolida a presencia da biomasa da que fala Manuel Vázquez. Se chegado o caso tal fixese, o xesto honraríao. Pero realmente son moitos os que sobran na Política e que deberían dimtir. Aínda que sóo fose polo tema de Ence-Elnosa.
-
-
-
-

miércoles, 19 de mayo de 2010

AS CRUCES DAS PEDRAS

No Día das Letras Galegas a Asociación Cultural do Burgo fixo unha alfombra en memoria de Uxio Novoneyra, o autor lembrado este ano. Téñase presente que o galego deste home, defensor da oralidade, nemigo do reintegrado e das normas, da intelingua inventada polo Bloque, está lonxe, a súa obra, do evanxelio nazionalitarista. Como acaba de deci-lo fillo do poeta, Uxío era un poeta nacional, non nacionalista, porque a lingua é a patria que o Bloque quere cambiar coa súa enxeñería social.
O goberno local estalinista está a poñer en marcha unha nova demostración de dominio sobre a propiedade particular, adosando novas papeleiras ás propias fachadas dos edificios, neste caso á traseira do edificio Pirsa, edificio 10, que coido siguen sen vender.
Pero o verdadeiro interese desta entrada está no que recolle esta fotografía, nove cruces nun pequeno campo do enlousado de Sarmiento, vía láctea en recreación pola obra mal feita.
-
Pontevedra, 19.05.2010
-
Entrada n. 1235 do blog
-
AS CRUCES DAS PEDRAS,
por Xesús López Fernández
-
Seguramente por ter asimilado mal a obra de Castelao, "As cruces de pedra...", esto que estamos a ver na fotografía, son as cruces das pedras, pode que unha sinalización previa pra un novo Plan Renove adxudicado presuntamente a algunha empresa amiga. Debe haber centos de sinales no tramo que vai da praza de Méndez Núñez ó empate coa Cobián Roffiñac.
-
Non debemos desbota-la idea de que sexa a obra discreta dun particular que avisa da corrupción que veu representar case toda a obra nova feita na zona vella: unha pedra que non parece pedra, i esgaza, seguramente máis barata e, polo tanto, un maior diferencial de comisiós. Presuntamente, claro.
-
Se os cidadáns tiveramos máis valor, non hai dúbida de que sería unha boa obra a de graffita-las pedras escachadas ou afundidas, mesmo as que se colocaron sen teren en conta os niveles laterales das rúas, que non é certo que escachen polos camiós de servicio que por elas pasan. Antes non esgazaban, pero o chan era doutra pedra, mesmo de porpiaño ou de adoquíns colocados por portugueses, nalgús casos hai máis de cincuenta anos. I estaban intactos ata que os levantaron estes pra poñe-la pedra falsa e as tapas-trampa, pra gastare mal os cartos chegados d´Europa dos que debemos pedi-la súa devolución. É algo que habería que denunciar incluso ante o Tribunal de Estrasburgo, porque se usaron os diñeiros da UE pra desface-la cidade.

domingo, 16 de mayo de 2010

¿TERÁN LEÍDO A UXIO NOVONEYRA?

Serra do Caurel, a patria de Novoneyra
-
-
Pontevedra, 16.05.2010
-
Entrada n. 1234 do blog
-
Vou inserir de seguido un artículo de Javier Guitián, publicado en La Voz do 15.05.2010. A pergunta que fai o autor do traballo é moi coherente. Vergonzosamente nen a Xunta actual nen a anterior se preocuparon de potencia-la serra do Caurel como parque natural. Coa súa falsa  promesa a zona sigue agredida por canteiras e repoboaciós indecentes. E, como dí o autor, unha simple lectura dos poemas de Novoneyra tería que ser un incentivo certo prós políticos, pero non houbo lectura prá comprensión da bisbarra e a necesidade dun esforzo certo de salvación.
-
Eu, que procuro falar galego cos meus netos, non galegués [a lingua dos sen-patria como tamén decía Novoneyra, contrario ó reintegrado ou á interlingua achanzadora, matadora da nosa polifonía], atopeime hoxe cunha sorpresa agradable. A miña neta ten cinco anos, pero xa sabe que mañán é o Días das Letras Galegas e que este ano está dedicado a Uxío Novoneyra. E recitounos un poema faciliño, aquel que dí "No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño../No mesmiño bicarelo do bico do brelo". É un mundo que comeza a descobrir, e perguntoulle á miña muller: "¿O avó e Uxío Novoneyra eran amigos?". En definitiva, que a meniña parece ter máis sentido que os políticos ós que se refire Javier Guitián. Sabe ademáis que procuro manter viva a oralidade, como Novoneyra.
-
¿TERÁN LEÍDO A UXÍO NOVONEYRA?,
Javier Guitián, catedrático de Botanica
de la USC, 15.05.2010
-
Cuando buena parte de la sociedad gallega pensaba que la declaración de O Courel como parque natural era una cuestión más o menos inmediata, unas recientes declaraciones del conselleiro de Medio Rural han dado al traste con esa idea. Según cuentan los medios, el tema no figura entre las prioridades de su departamento que considera, además, que su conservación está garantizada con el actual marco normativo. Este sorprendente cambio de rumbo, que supongo será de aplicación a otros territorios gallegos, no hace sino reafirmarme en la idea de que no vivimos en el mismo país.-

No puedo valorar las prioridades de nuestras autoridades en materia de conservación de la naturaleza porque nadie las conoce, pero lo realmente llamativo es que piensen que la situación actual es buena. Canteras, plantaciones, pistas, talas y hasta ralis salpican la sierra con el visto bueno de nuestros preocupados gobernantes, que lo consideran normal en un espacio protegido. Uno entiende ahora que también les parezca normal la despoblación de muchas aldeas, el abandono de los oficios y caminos o la pérdida del paisaje tradicional de la montaña gallega. Pero con todo, lo más sorprendente es que sea desde el departamento que se ocupa del mundo rural desde donde se transmite un mensaje que liquida cualquier oportunidad futura para la comarca.

La figura de parque natural, además de contribuir a la conservación del patrimonio natural, paisajístico y cultural, es un potente instrumento de desarrollo rural y de creación de empleo. Se equivoca quien piense, y desde luego el conselleiro lo hace, que quienes defendemos la citada figura lo hacemos exclusivamente porque nos preocupa la protección de las plantas o de los animales. Lo que aquí está en juego es si, en una situación límite, optamos por poner en marcha soluciones que han tenido éxito en otros territorios o nos limitamos a firmar el acta de defunción de la sierra. ¿Tan difícil es entenderlo?
-
Estos días, O Courel tiene una presencia constante en los medios de comunicación por la celebración del Día das Letras Galegas dedicado a Uxío Novoneyra; tal vez sea esta una buena ocasión para reflexionar. Su poesía nos habla de las aldeas, los árboles y los caminos de O Courel con extraordinaria belleza y sensibilidad. El verdadero homenaje en este día no es solo leer y difundir su obra sino también conservar todo aquello de lo que en ella habla y que está a punto de desaparecer. Conocí a Novoneyra hace treinta años en la aldea de Parada y tuve con él una buena relación; no creo equivocarme si les digo que sentiría desprecio por quienes ensalzan su obra pero dejan morir todo aquello sobre lo que escribió. No conozco a los responsables de nuestra política ambiental y, sinceramente, no sé si habrán leído los hermosos poemas de Os eidos . De lo que no me cabe duda es de que si lo han hecho no se han enterado

sábado, 15 de mayo de 2010

A SITUACIÓN DO PAÍS

Zapatero xa non é Bambi nen Alicia; é Eduardo Manostijeras. (Dibuxo de Montoro, en La Razón)
-
Pontevedra, 16.05.2010
-
Entrada n. 1233 do blog
-
Artículo semanal.
-
A situación do país,
por Xesús López Fernández
-

Lembrémo-lo debate de Manuel Pizarro con Solbes, en febreiro do 2008. O número 2 do PP mostrou daquela un perfil duro ante a situación que vivía o país: se a economía non crecía un 3% non se crearía emprego, no que el centraba o seu discurso; crecemento pró que, ademais, recomendaba recortes de tipo fiscal. Solbes non era partidario de recursos catastrofistas e sí da sobida de impostos, pero Pizarro sinalaba como verdadeira catástrofe un posible novo mandato do PSOE, como así resultou. Pizarro avisaba aínda de máis cousas: de que o PSOE sabía xa da crisis dende o 2006, pero que ou ben careceran de luces pra vé-la que se lles viña enriba ou ben mentiran por razós de carácter electoral. O PP non soubo apostar por Pizarro, desaproveitou os seus talentos e o home xa non está no Parlamento, como tampouco Solbes, a “luminaria” do PSOE. A “pirotecnia” de Zapatero, as súas promesas de “pleno emprego ou de sobardare en renta per cápita a Italia e á Francia do seu amigo Sarkozy” veu dar na situación de verdadeira penuria que nos toca vivir.

Trichet, presidente do Banco Central Europeo, di que estamos na peor crisis económica dende a I Guerra Mundial e que “debemos dar un salto cualitativo na supervisión das políticas económicas de Europa”. Tamén dixo: “Hai que mellora-los mecanismos que evitan e castigan as neglixencias e precisamos aplicar este control dun xeito eficaz, coas sanciós pertinentes contra tóda-las violaciós do Pacto de Estabilidade e Crecemento”. Xa no mes de Xaneiro Angela Merkel urxía a Zapatero un plan de crecemento basado en obxetivos realistas. Pero aínda non hai plan, nada máis que unhas medidas convulsas e regresivas: o decretazo, outra improvisación de ZP que pode preceder a unha maior escalada impositiva e á perda de benestar. O Goberno xa non ten credibilidade, nen está capacitado éticamente pra nos pedir ós cidadáns máis sacrificios despois de ter provocado, coas súas políticas, que máis de 4600000 traballadores e traballadoras estean hoxe no paro.

A situación do país é límite. Sería optimista pensar que a algús gobernantes sóo lle quedan tres ou catro comparecencias ante TV cando T. F. de la Vega ousa decir que non pensan nun adianto electoral, absurdo sen completa-la súa tarea; Leire Pajín, número 3 do PSOE, a muller das tres nóminas, 20000 euros mes, xustifica as medidas de ZP “como petición de sacrificio ó país…”. Pero nengún destes políticos fala do gasto brutal no que teñen caído as Administraciós [estatal, autonómica, local]. Pode incluso que algús creeran que coa moeda única como sinal de identidade, aquí non pasaba nada por máis que se gastase sen control. E agora, co país convertido nun protectorado da UE, según Rajoy, debemos lembra-lo que en Xaneiro foi nova do xornal conservador alemán Frankfurter: “España é o país que máis axudas ten recibido dos distintos fondos europeos nos últimos vinte anos; por eso o presidente de turno da UE busca pra España, que sofre especialmente a crisis, acobillo en Bruselas. Zapatero ten a esperanza […] de acadare máis subvenciós” como muletas prós “serios problemas de España”, ¿pero cómo se gastaron as subvenciós recibidas?

E xa non valen certos discursos. Rajoy pergunta: ¿Quén é Zapatero, o de hoxe, o de hai un mes? ¿Qué medidas vai adoutar, qué plan ten?. Que nó-lo explique. En relación co recorte na nómina dos empregados públicos, o líder da oposición afirma que esta medida “ademáis de inxusta é perxudicial”, porque “se lles rebaixa a soldada ó tempo que sobe o IVA, e van consumir menos”. Rajoy acusa tamén ó Goberno de estare baixo sospeita i en estado de vixiancia, de improvisar e tomar medidas ailladas como ven ser un “decreto lei” de reducción de gasto público que “é improvisado, imposto, inxusto e insuficiente, porque non sirve prá recuperación económica nen vai crear emprego”. Pizarro tiña razón. ¿E agora qué? Recorte do gasto brutal das Administraciós. E aplicación dos mecanismos de control suxeridos por Trichet.

jueves, 13 de mayo de 2010

A ELEGANCIA E OS RECORTES

Dúas elegantes no Parlamento. Fotografía de La Razón.
-
Pontevedra, 13.05.2010
-
Entrada n. 1232 do blog
-
A ELEGANCIA E OS RECORTES,
por Xesús López Fernández
-
A crisis que ven sofrindo o país non parece que teña afectado, en nengún momento, ó fondo de armario de Teresa Fernández de la Vega nen ó de Elena Salgado, máis elegante. E seguramente que o recorte disposto por Zapatero tampouco vai facer mella nos ingresos e patrimonios das citadas.
-
Teresa de la Vega fixo, non obstante, unhas declaraciós en relación coas medidas adoutadas polo seu goberno, incluíndo a seguido a noticia dada por La Razón, 13.05, sobre a dureza do tixeiretazo, aínda que a muller, por momentos, pareza estar a falare de Babia, "do progreso e benestar social" como unha especie de "evanxelio" socialista:
-
La vicepresidenta ha insistido en que las turbulencias de los mercados en los últimos días exigen a todos «especiales esfuerzos».
La vicepresidenta primera del Gobierno, María Teresa Fernández de la Vega, ha reconocido hoy que las medidas para reducir el déficit público son "muy dolorosas", pero necesarias, y ha asegurado que el Ejecutivo volverá a impulsar su proyecto de "profundo compromiso social" cuando la economía se recupere.
"Sabemos que las medidas que proponemos son difíciles de adoptar y difíciles de aceptar, pero sabemos que son las que tenemos que tomar", ha manifestado Fernández de la Vega en declaraciones a EFE para defender las iniciativas que anunció ayer el presidente del Gobierno en el pleno del Congreso.
La vicepresidenta ha insistido en que las turbulencias de los mercados en los últimos días exigen a todos "especiales esfuerzos", aunque ha subrayado que las personas que menos tienen se verán menos afectadas por los ajustes.
El recorte salarial para los empleados del sector público afectará en menor medida a quienes perciban las retribuciones más bajas y las pensiones mínimas no serán congeladas.
Ha querido recordar también que el Gobierno, que está tomando medidas "muy difíciles y muy dolorosas", es el mismo Gobierno que ha subido un 30 por ciento las pensiones mínimas, que ha puesto en marcha la ley de dependencia y que "ha protegido y protege a los desempleados".
"Éste es el Gobierno con más compromiso social que ha existido en España y eso no va a cambiar, porque seguimos protegiendo a las personas que más lo necesitan, seguimos atendiendo a las personas que menos tienen y en cuanto la economía se recupere y vuelva a adquirir vitalidad, volveremos a impulsar nuestro proyecto de progreso, de bienestar, de profundo compromiso social", ha manifestado.
La vicepresidenta primera ha asegurado que las medidas se han acordado no porque lo haya exigido la UE, sino por la "propia responsabilidad" del Gobierno que ha comprobado que la situación de la economía internacional exige "respuestas inmediatas".
Tras insistir en que no son medidas improvisadas, ha recordado cómo la UE respondió de forma conjunta a los ataques al euro de los últimos días en "un tiempo récord".
En ese contexto, ha añadido, todos los países se han tenido que comprometer a "acelerar el paso" para reducir el déficit, con el objetivo ya anunciado de situarlo en el 3 por ciento en 2013.

sábado, 8 de mayo de 2010

UNHA VIAXE, OUTROS HORIZONTES

Constituciòn 1812. art. 255: El soborno, el cohecho y la prevaricacicón de los magistrados... (fotografías do autor do artículo, en Cádiz)
y jueces producen acción popular....
contra los que los cometan. (clicade pra amplia-las imaxes)
Túnel en Xibraltar.
-
Pontevedra, 9.05.2010
-
Entrda n. 1231 do blog
-
Unha viaxe, outros horizontes,
por Xesús López Fernández
-

Volvo despois dunha breve ausencia. Unha viaxe levoume a varios lugares do Mediodía español. Aquí quedaba un ceo neboento e, a decir verdade, todo o camiño foi como un paseo pola España húmeda, toda ela verde, verdecentes os campos de Benavente e Zamora, as terras de Salamanca e Cáceres e verdegadas estaban tamén as provincias andaluzas. A chuvia foi unha compañeira constante da viaxe; no horizonte, a peña de Francia, ó Sur da provincia de Salamanca, lindando coa de Cáceres, estaba coberta de neve. Aínda así, por terras de folgado daqueles espacios largacíos andaban fatos diversos, protagonistas algús deles dun reclamo culinario de primeira magnitude: “a ruta do xamón”, por Guijuelo e zona de influencia. O tratamento da paisaxe vai diferindo por tramos; diríase que respetada con grandes labrantíos e pastos, mesmo ben forestada ás veces, ou prostituída polo ladrillo en zonas de ribeira.

Fin de etapa con vistas ó peñón de Xibraltar, paraíso fiscal que garda nas súas entranas, talvez, claves que aínda hoxe non contan ós turistas. A súa poboación pode ronda-los trinta mil habitantes [¿reales ou con domicilio fiscal?]. A Rocha está furada como un queixo de Gruyere por unha serie de túneles, catro niveles, nos que ó longo da segunda guerra mundial tiñan a súa base de operaciós uns 18000 soldados. A magnitude da obra foi tal que contaba con cinco hospitales. Aínda hoxe apesta o combustible usado prá xeneración de enerxía, ensopapada como debe esta-la pedra caliza do monte. Nun cimiterio recoleto, como un xardín, repousan os mortos da batalla de Trafalgar. Non lonxe dalí, na praza do Convento, o templo é memoria da que foi presencia franciscáa no lugar. O xentío concéntrase básicamente na rúa principal, a Main Street: tendas de roupa, droguerías, electrónica.

Ó longo de diversos días iría visitando varios lugares: La Línea de la Concepción [antiguamente chamada “de la Contravalación”], onde tiven ocasión de asistir a unha misa rociera, un espectáculo, talvez unha forma intensa de senti-la fé; Sotogrande, con concentración de iates de Xibraltar; Tarifa, reconquistada por Sancho IV o Bravo, con África como horizonte, o punto máis meridional de España, cidade que conserva gran parte das súas murallas; Cádiz, “tacita de plata”, 1200mtx1800mt, con restos arqueolóxicos visibles, ese día en obras no entorno do monumento á Constitución do 1812, anunciaba: “art. 255. El soborno, el cohecho y la prevaricación de los magistrados y jueces producen acción popular contra los que los cometen”, algo tamén recomendado pola actual Constitución nun momento no que o ministro de Xusticia está cuestionando a acción popular. En Málaga puiden aprecia-los restos arqueolóxicos fenicios e románs ó tempo que visita-lo Museo Picasso, e a catedral.

Granada. Todo un mundo que precisaría dun mes ou máis pra lle toma-lo pulso á cidade e á súa bisbarra, pra se meter na historia do lugar. O hotel, no Albaicín baixo, era un esculcadoiro privilexiado pra ve-lo cumio da Alcazaba e o Xeneralife [co telón de fondo da Serra Nevada], especie de Babilonia o día da sobida e visita demorada ó lugar, con xentes chegadas de tódo-los continentes: asombro de construcciós, acuíferos e xardíns das Alhambras moura e cristiáa, as diversas torres son tamén esculcadoiros do Albaicín e do Sacromonte, din que claves pra entrare na psicoloxía da cidade. Igrexas impresionantes [a Catedral, S. Xohán de Deus, Nosa Señora das Angustias, patrona, a Cartuxa, etc.] e numerosas prazas, fontes e amplios paseos. A cidade parece dispoñer dun bo sistema de transporte colectivo. Conservo na retina o espectáculo da chegada masiva das aves africáas, aqueles días: vencellos, aviós, xirotos, andurós, cirrios ou orrios, que tamén así se chaman en galego. Ó día seguinte tocaba regreso, pola chamada “ruta do touro (de lidia)” e polo parque natural dos Alcornocales [Sobreiras]. Cara ó norte, por Zamora e Benavente, algún verde largacío era agora espacio en flor. Neve tamén nos montes do Oriente ourensán.

Quiroga foi El Dorado galego

Quiroga foi El Dorado galego. Fotografía d´El Correo Gallego.
-
Pontevedra, 8.05.2010
-
Entrada n. 1230 do blog
-

QUIROGA FOI EL DORADO GALEGO,
por Xesús López Fernández
-
Un novo impulso, ampliación do roteiro da Ribeira Sacra, está a ser proposto. O espacio abrangue dende Montefurado ata o Cañón do Sil. Reproducimos, polo seu interese, a noticia que ó respecto dá El Correo Gallego d´hoxe:
-
Galicia, antes del descubrimiento de América, tuvo su El Dorado. Se localizó en el municipio lucense de Quiroga, en el aurífero río Sil. Y fueron los romanos, allá por el siglo II, en tiempos del emperador Trajano, los que lo descubrieron y explotaron. De aquí salían 20.00 libras de oro al año rumbo a la capital del imperio, Roma.
-
Para obtener el metal preciado que arrastraban las aguas del río, centenares de esclavos trabajaron para agujerear una montaña, Pena do Corvo, y así desviar el cauce unos tres kilómetros con el fin de aprovechar el oro que quedaba en el lodo de la cuenca.
-
Este accidente geológico salido de la mano del hombre es el mítico Montefurado, un agujero en la roca de 120 metros de longitud por 19 de ancho y 17 de alto. Un trabajo de titanes.
-
Esta joya de la ingeniería romana, junto con otras espectaculares formaciones geológicas naturales que se hallan en la Ribeira Sacra, integrarán una ruta geoturística, que pretende salvaguardar y poner en valor el patrimonio natural de esta zona y elevarlo a la categoría de recurso turístico de primer orden.
-
La iniciativa la promueve el Grupo de Desarrollo Rural (GDR) Ribeira Sacra que gestiona un plan Leader para esta zona. El gerente del GDR, Martín Alemparte, apunta que este proyecto "se enmarca en un plan de cooperación interterritorial dentro de la UE que se denomina Museos Naturalmente". En sus objetivos generales figura, según explica Alemparte, "impulsar la protección y valorización del patrimonio natural como un recurso básico de los territorios rurales, así como aprovecharlo, de manera sostenible, para el progreso económico y social de las áreas rurales".
-
La ruta contará con 27 puntos de interés geológico y un centro de interpretación, ubicado en Quiroga, que servirá de nexo informativo de este atractivo proyecto de geoturismo, un desconocido recurso en la Ribeira Sacra que muy pronto saldrá a la luz y sorprenderá a más de uno. Desde el mítico Montefurado al Cañón del Sil, pasando por lagunas glaciares o plegamientos como Campodola.
-
Como o nome da Ribeira Sacra mantén o seu ronsel de dúbidas; que podería mesmo non se referire ás orelas do río; ser incluso un nome fitotopónimo, alusión a unha reboira sagrada, inclúo o enlace dun traballo meu sobre o particular:
-

viernes, 7 de mayo de 2010

DE DEPURADORAS: O CASO PONTEVEDRÉS

Depuradora de Tui. Fotografía de La Voz de Galicia.
-
Pontevedra, 7.05.2010
-
Entrada n. 1229 do blog
-
DE DEPURADORAS: O CASO PONTEVEDRÉS,
por Xesús López Fernández
-
La Voz de Galcia volve informar sobre o tema das depuradoras, sobre o diñeiro bombeado pola UE pró saneamento en Galicia, pró cerre de vertedeiros a prá construcción de depuradoras. Máis de 1500 millós de euros de Unión Europea deberían ter servido pró saneamento integral da tóda-las nosas cidades, o 18% do diñeiro recibido.
-
Agora estáse a poñer en evidencia que os traballos non sempre foron ben feitos, que o diñeiro foi mal gastado. É máis, na noticia que dá o referido medio, como nas que daba onte, aprécianse casos de "tapados" ou situaciós mal definidas, a pesar de que a UE tomou xa a decisión de levare ante o Tribunal de Xusticia da Unión o expediente sancionador de once cidades galegas. ¿Qué pasa con Pontevedra?
-
Pontevedra está, de momento, fóra da lista. ¿Qué importa que dispoña de colectores si estos son ilegales, en contra da Lei de Costas, art. 44.6, que prohibe específicamente a construcción de depuradoras de augas residuales na ribeira do mar ou o tendido de colectores en paralelo á mesma, como non vaian por riba dos vinte metros da franxa de protección do terreo demanial? ¿Qué necesidade tería Salvemos Pontevedra de ter denunciado ante a Xusticia española o feito nesta ría, si a UE tivese un conocemento real do que aquí está a acontecer, de cómo foi engañada sobre a nosa realidade?
-
Por máis que presuma o equipo de goberno de Pontevedra de saneamento integral non deixa de ser unha pura falacia, como outros dos "logros" dos que presumen, como o da famosa parida do "urbanismo integrador" que acabou coa cidade. A cidade pode verse abocada á devolución de moitos cartos presuntamente mal gastados.
-
Enlace:

jueves, 6 de mayo de 2010

DEPURADORAS, NOTICIA MAL DADA

Edar do Lagares, en Vigo, contraria á Lei de Costas.
-
Pontevedra, 6.05.2010
-
Entrada n. 1228 do blog
-
DEPURADORAS, NOTICIA MAL DADA,
por Xesús López Fernández
-
A noticia é de La Voz de Galicia: Europa denuncia a España por non depura-las augas de once concellos. O xornal cita once concellos de Galicia, pero non-o fai en relación coa edar d´Os Praceres, asunto xudicializado por Salvemos Pontevedra por estare construída en dominio público marítimo terrestre.
-
Siguen dous enlaces de La Voz de Galicia, 6.05.2010:
-

CHALÉ DE VILLAVERDE, EN AREAS

Chalé de de Francisco Villaverde Otero, construído na zona dunar da praia d´Areas, actuación urbanística denunciada por Salvemos Pontevedra contra o Concello de Sanxenxo e, como codemandado, contra o señor Villaverde, daquela concelleiro de urbanismo do citado concello.
-
Pontevedra, 6.05.2010
-
Entrada n. 1227
-
CHALÉ DE VILLAVERDE, EN AREAS,
por Xesús López Fernández
-
A denuncia de Salvemos Pontevedra ante o TSXG prosperou, según noticia dada hai xa tempo. A asociación solicitou a execución da sentencia, petición reiterada.
-
-

lunes, 3 de mayo de 2010

QUEREMOS SABER

Pedro J. tardou quince días en se caer do guindo en relación coa información que La Gaceta e Intereconomía viñan dando sobre o patrimonio de don José Bono, terceira autoridade do país.

Don José Bono está agora sinalado por diversos medios que entran a xulga-lo seu patrimonio como presuntamente excesivo.
-
Pontevedra, 3.05.2010
-
Entrada n. 1226 do blog-

QUEREMOS SABER,
por Xesús López Fernández
-
Nun país derrotado polo seu Goberno, que pode acada-los cinco millós de parados se aínda non ten sobardada esa cifra, a xente quere saber, quere entender qué está pasando. As leis non son aplicadas por unha Xusticia cuia lentitude representa unha especie de non-Xusticia, de derrota do Estado de Dereito. É máis, agora quere o señor Caamaño, ministro de Xusticia, acabar coa posible "acción popular" en relación con presuntos escándalos como poden se-las actuaciós do señor Garzón. Todos queremos saber e que a nosa clase política actúe, sempre, con total transparencia.-

O caso Bono estaba denunciado por medio de diversos informes rexistrales e facturas polo Grupo Intereconomía, discrepante ademais coa información pasada polo señor Bono ó Fiscal do Estado. O Congreso quere solapa-lo asunto, pero xa non pode por máis tempo. O serial de La Gaceta é riguroso, parece que totalmente certeiro; pero Bono estaba apantallado pola clase política e polos medios afíns ó Goberno de ZP. Ah, pero hoxe estoupou a bomba e a noticia sobre o seu patrimonio está en centos de artículos, ata o punto de que un medio zapateiril, PÚBLICO, estima en seis millós de euros o patrimonio do político manchego. Todo pode ser correcto, pero o político deberá aclarar cómo se xestou o tal patrimonio, que a política non debe dar pra tanto. Tamén, en El Mundo, Pedro J. cáese do guindo, quince días despois de estar La Gaceta [que hoxe ofrece novas primicias] a informare.
-
Enlaces:
-
-
-

sábado, 1 de mayo de 2010

DÍA DO TRABALLO

Manifestación en Vigo dos Sindicatos. Bandeira republicáa. (FotoLa Voz de Galicia)
Montoro. Con Grecia que pode sair do euro i España en lista de espera, Montoro inventa un híbrido en La Razón: Zapandreu.

Caín, en La Razón. Os sindicatos subvencionados prometen ós traballadores un emprego prá despois da morte.
Caín, en La Razón. Situación desesperada: "¡Afectados polo paro e ameazados polo paro, unídevos!" Cáustico, poque ante a impotencia gubernamental pra reverti-la situación, o que non perdeu o traballo pódeo aínda perder.

A verdadeira filosofía do Día do Traballo: A defensa dos sindicatos subvencionados, non a dos traballadores.
-
Pontevedra, 1.05.2010
-
Entrada n. 1225
-
DÍA DO TRABALLO,
por Xesús López Fernández
-
Todo transpira fraude no país. Despois do inicuo papel dos Sindicatos "de clase", que levan anos sen defendere ós traballadores, liberados máis de 300000 sindicalistas pra apoiare ó goberno, prefiro deixare neste post a filosofía que emanan os chistes incluídos.
-
Como comentarios:
-
-