domingo, 30 de marzo de 2014

A resiliencia como exercicio

 O porvir da Terra pode depender mesmo da capacidade como resilientes dos seus habitantes pra revertir situaciós adversas, mesmo de fractura grave de ecosistemas, de actuaciós delictivas ou sancionables penalmente, nas que poden estaren implicadas as propias Administraciós, algo evidente en moitísimos casos. 
Os veciños de Punxín, Ourense, ocuparon a sáa dos plenos e alí permaneron este domingo, fundamentalmente pra xestionaren a baixa no precio da auga, un servicio hoxe privatizado. Suponse que no proceso de privatización do servicio houbo cousas raras. O asunto está sendo investigado pola xuez de Lara, a do caso Pokémon, porque na movida da privatización inicial aparece o Grupo Vendex.  Pero o peor do caso en Punxín é que ós veciños estaban a lle suministraren auga con case tres veces o nivel de arsénico procedente dun dos pozos de captación. Os veciños levaron o caso ó Xusgado, o que poderiamos definire como actitude de resiliencia si realmente consiguen reverti-la situación. 

Certo que pode non sere un exemplo moi notable, que mesmo deberiamos ter usado outros casos como exemplos certos de resiliencia. Pero é que hai cousas que, de momento, non quero tocar.O artículo semanal queda un tanto corto, certo,  en canto a exemplos concretos.

Pontevedra, 31.03.2014
Entrada n. 1749 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra


  A resiliencia como exercicio,
por Xesús López Fernández

            Xa nos temos ocupado do concepto de resiliencia, palabra prá que caben diversas definiciós. Imos volver sobre o tema, sobre a capacidade do home, individual ou colectivamente, de resistire a cambios que mesmo poden compromete-la súa seguridade, o seu benestar, a súa vida. Catástrofes como a da central de Fukushima; as dos diversos tsunamis que se levan producido; os destrozos causados polo Katrina, nos Estados Unidos, mesmo a catástrofe do Prestige, son dramas que requeriron e requiren xigantescos esforzos da sociedade pra, en certo sentido, regresare ó punto de partida, recupera-lo capital natural, curiosamente por medio do capital social que pode mesmo ser un factor de riqueza certa. Cando do Prestige, o chapapote emporcou gran parte do litoral europeo, especialmente ferida a beiramar galega. Viñeran daquela incluso xentes do Extremo Oriente pra se integraren, enfundadas de branco, nun especial exército de salvación, resiliencia en estado puro que, no caso do Prestige, funcionou como unha orquesta perfectamente afinada prá salvación.

             Detrás de moitas das agresiós sofridas polo medio natural hai normalmente actores conocidos. Pódese decir tamén que a Administración, moitas veces, non está fina, como se fixese abandono dos seus deberes, e mira pra outro lado. Por exemplo e según noticia destos días, os veciños de Punxín estaban a seren sortidos con auga cara e que contiña algo máis que trazas de arsénico, máis do doble do que se estima normal. Dend´o pasado mes de outono, os investigadores denuncian ilegalidades producidas no concurso que privatizou o servicio e incluso da calidade da auga distribuida por Aquagest. O Seprona di que, ademáis, a empresa ocultou a presencia de arsénico, tóxico de orixe natural que pode producir cáncer. Os informes da Guarda Civil acusan á concesinaria da auga dun suposto delito contra a saúde pública “por teren fornecido, con conocemento, auga contaminada”. Dí tamén o Seprona que a cifra de arsénico sitúa o caso no borde do “ilícito penal”. A empresa e a Administración conocían a existencia do arsénico previamente, e non asumiron os deberes.

            O asunto está xudicializado. Os veciños acodiron á xuez De Lara, a que leva o Caso Pokémon. A empresa concesionaria aparece relacionada co Grupo Vendex. E foi De Lara quen ordeou ó Seprona a investigación sobre o estado da auga. O sumario recolle en varios tomos cómo unha das empresas implicadas na Pokémon aplicou a pequena escala neste concello de 700 veciños, tódo-las prácticas presuntamente corruptas pra conseguiren contratos que salpican Galicia. Non é normal que un colectivo de 700 cidadáns teña claro que algo cheira mal e, solidariamente, actúen en clave de resiliencia, algo que non se dá noutros casos próximos, como o que acontece en Pontevedra co embarcadeiro do club Naval. Como é sabido, os directivos interéranse polo dragado do río, que se mostra complexo e posiblemente inútil. Cando baixa a mar, as embarcaciós descansan sobre o gran tremedal que se veu deseñando á par que o abandono do capital natural. Falan de dragar, pero non de analizar; tampouco de cómo restaura-la dinámica das mareas, coido que a única solución pra unha cidade que se dí adherida á  Carta de Aalborg de Cidades Europeas cara a sustentabilidade. 
  
            Rematemos cunha cuestión: ¿É posible a convivencia dun ecosistema natural con outro de natureza urbáa? É posible cando a xente da rexión está interesada e comprometida pra evita-la contaminación, a desfeita e disrupcion severa dos ecosistemas naturales. Cando se perde a sensibilidade, cando se deixa de vivir con respeto a relación do home co medio natural, que debe ser coidado como un territorio sagrado, están sonando as alertas do punto final. A resiliencia ten que ser un exercicio vivo e constante, mesmo de concentración de vontades, como cando foi do gran concerto coral formado por voluntarios de todo o mundo contra o Prestige. Talvez radique máis na conciencia vivaz dalgunhas asociaciós que no segmento público das nosas urbes. Contra o ninguneo dunha Administración que pode ser mesmo culpable.

4 comentarios:

Tellagorri dijo...

Lo de PUNXIN que relatas tiene todo el aspecto de ser un negociete de amigos porque no es, de ninguna forma, normal que el agua de uso público se PRIVATICE.
Precisamente las leyes de regulación de entes Locales establece las obligaciones de todo Municipio y entre ellas, quizá la más importante, sea la de garantizar el suministro de agua potable, además de cuidar de cementerios, vías urbanas, etc.

Ha habido numerosos balnearios de aguas de mesa que hace 40 años fueron cerrados por que Sanidad calificó sus aguas de no potables.

Si Sanidad debe y puede hacer eso con aguas de propiedad privada (por ejemplo Solares en Cantabria), con muchísima más razón debe de intervenir en el suministro de aguas públicas por contener arsenio.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Javier:

Los vecinos se han encerrado y quieren llegar a un acuerdo en relación con el precio y la potabilidad, pero me decepciona, por las noticias que se van dando, que no pongan más acento en la contaminación sabida y ocultada del suministro.

Quizá haya sido la providencia la que ha llevado el caso a la juez de Prado,que relaciona los enjuagues de la privatización con la Pokémon.

Un cordial saludo.

trillian dijo...

El agua llegaba tan contaminada, qué no solo no serbia para beber ni para cocinar ni para lavar.
Lo raro es qué se conformen con llegar a un acuerdo sin mas, despues de estarlos envenenando,cuando saben que tenían bidones listos para seguir contaminando el agua.
Parece que la resiliencia en muchas personas tiene mas aguante de lo que debiera.
Vivir para ver.

Biquiños Xesús

o blog de xesús lópez dijo...

Así es, Trillian:

De todas formas, aunque en el caso de Punxín parece primar la ignorancia, en Pontevedra es peor y veo en la actitud de la Administración una clara política de puertas giratorias. Algún día se sabrá, cuando veamos en el consejo de ciertas empresas a gentes de distinto pelaje político contentas por haber perdido su dignidad, ya en su puerto de arribada. ¡Y no aparece un juez dispuesto a entrar a tope en el asunto éste de la contaminación sobrevenida a lo largo de años. Todo suena a que aquí también ha habido sobres. Presuntamente, claro.

Biquiños