Fotos tomadas o 21.03.2009, en Florencia. As dúas primeiras son do chamado Mercato do Porcellino, e conserva o sabor das feiras da Toscana. Como se conta no traballo, a palabra "bancarrota" puido ter nado aquí, en referencia a cando un daqueles campsori e messetti que negociaban co diñeiro ou coas promesas de pago nas feiras do medioevo, incumpría coas súas obrigaciós, i era privado do seu banquiño. Non parece que os grandes bancos actuales sexan merecentes, ás veces, dunha maior confianza.
O Porcellino que lle dá nome a este mercado.
A Ponte Vecchio, que pola parte alta conserva un pasadizo; tamén insólitas e caras tendas por baixo do mesmo.
Vista parcial da piazza da Signoria, concentración de arte.
Unha das fachadas da piazza da Signoria.
Pontevedra, 16.05.2014
Entrada n. 1759 do blog
Este artículo, co título de "O Porcellino", foi editado o 12.05.2014 polo Diario de Pontevedra
Il Porcellino,
por Xesús López
Fernández
O pasado día cinco estabame a poñe-la corbata cando
reparei que a escollida pra ese día tiña unha orixe ilustre: Firenze, Italia, e
fora mercada no chamado Mercato de Porcellino, en Florencia, o 21.03.2009, o
mesmo día no que deixamos Asís, a cidade da Paz, coberta de neve, algo que nos impedira sobire a La Verna, o
alto onde a San Francisco se lle materializaran os estigmas da Pasión, un dos
fitos do itinerario franciscán que estabamos a recorrere despois de ter gañado
o xubileo paulino, en Roma, a nosa arrancada daquela peregrinación: Fonte
Colombo, onde conservan a cela do Doutor
da Igrexa San Buenaventura; Greccio, Asís, La Porciúncula, Florencia, Padova,
Venecia, Milán… Adiantada a visita á cidade dos Medici puidemos disfrutare da concentración de arte da que a
mesma é relicario, que ten o seu centro neurálxico no Duomo, Santa María dei
Fiori, a catedral da arquidiócesis católica, construída no 1417, notable pola
súa cúpula e unha das obras mestras do Renacemento italián, co Baptisterio, declarada
Patrimonio da Humanidade no 1982.
O Porcellino é un dos cidadáns máis ilustres de
Florencia que prós que non-o conozan diremos se trata dun xabaril de bronce que
se atopa nun dos barrios máis visitados da cidade, no chamado mercado “nuovo”
ou, por asimilación, “mercado do porcellino”, unha lonxa no corazón da cidade
na que os turistas atopan cousas a precio de ganga. Auténtico centro comercial,
o Porcellino é unha escultura de Pietro Tacca, o encargado de lle dare vida a
esa besta que, na realidade, non é obra orixinal senón copia dun orixinal de
mármore da época do imperio román, que se pode visitar na sonada Gallería degli
Uffici. Pois resulta que este porquiño, o lugar onde se topa, é un dos que máis
visitas recibe ó longo do día. O mercado está acollido nun espacio
asoportalado, rectangular, que presenta perimetralmente tres por catro grandes
arcos, duns seis metros de alto. Parece que alí, noutro tempo, acodían nos días
feirados os camposore e messetti, os que interviñan no tráfego do diñeiro, que
tomaban letras de cambio ou as cobraban ó seu vencemento. No lugar puido ter
agromado a palabra bancarrota, de cando un destes mercaderes do diñeiro era
declarado insolvente. Quedabase sen banco, que llo escachaban. Así naceu a
palabra.
Outro dos espacios que deixan fonda recordación é a
piazza da Signoria, onde remanece o poder dos Médici, espacio amplio con
presencia de palazzos i esculturas e monumentos como a fonte de Neptuno e
mai-la estatua ecuestre de Cosme de Médici, escenario de festas e marco de
suplicio. Como Florencia non é grande,
todo parece estare á man, como tamén a Ponte Vecchio, sobre o Arno, colmada de
tendas caras, moitas delas xoerías, e por riba delas vai a Galería Vasari ou
Corredor Vasarián deseñado por Giorgio Vasari no 1564 baixo as ordes do Gran
Duque Cosme I. Era un paso seguro antre a súa residencia do Palazzo Pitti e as
oficinas administrativas do Palazzo Vecchio. É tamén unha gran galería de arte
que pasa sobre a famosa Ponte Vecchio e a galería dos Uffici.
Téñome
lembrado, ó considerare unha posible dignificación da lonxa que existía na
praza da Verdura, na chamada Casa da Luz, do exemplo do mercado do Porcellino,
en Florencia, pero aquelo é outra cousa; tamén de que os Médici estiveron en
Pontevedra, que daquela viaxe quedou un dibuxo da ponte do Burgo, con dezaseis
arcos, outro espacio que non o actual. E agora que o noso alcade debeu estar
alá coa carpeta do metro-minuto do seu “modelo” de cidade, maxínoo cargado de
novas ideas, ó mellor prá ponte do Burgo que queren peatonalizar cando é xa un
espacio sen vida. De tódo-los xeitos maxino a Lores regresando, el que sí usa
corbata, provisto dalgunhas mercadas na lonxa do Porcellino, na piazza da
Republicca de Florencia.
Coido que a explicación dada por Lores en Florencia sobre modelo de cidade supoxo un verdadeiro fracaso. Reproduzo parte da noticia dada polo Faro de Vigo na se pode estima-la falta de argumentos. Inclúe como explicaciós prá ordeación do tránsito as que non deixan de ser auténticas paletadas, privado o home de sentido pra entende-las necesidades dunha cidade na que estas xentes non pensaron nada máis que na súa conversión en auténtico Gulag:
Faro de Vigo: El alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, defendió en Florencia la tesis de que "en la ciudad solo deben circular los coches que se precisan realmente para la actividad económica, los servicios públicos o los accesos a garajes". Lo hizo a preguntas de los asistentes al foro europeo de movilidad ECOMM, en donde el alcalde y el intendente principal de la Policía Local, Daniel Macenlle, expusieron el modelo urbano pontevedrés y rebatieron el concepto de "necesidad" asociado al vehículo privado.
Aínda no meu pasado traballo, "Cando vai de involución", coñeabame dos famosos bucles, que teño definido non poucas veces como unha deformación dos famosos diagramas de Venn, que tanto xogo deron nas matemáticas modernas, e que a cousa non foi outra que unha deformación, algo que lle quedou a Mosquera, o concellal pai da criatura, de cando foi profesor de Matemáticas.
4 comentarios:
Bienvenido de nuevo al mundo bloguero, amigo XESÚS. Ya me alegro de volver a leerte.
Excelente reportaje sobre Florencia.
Hola, Iñigo:
Estoy de nuevo, con cautela, pendiente de que la familia resuelva mis problemas informáticos.
Aproveché para dejarme llevar por algunos lugares de la geografía española, con demasiada presencia de "guiris", palabra que he oído en el común de las gentes y que usaba también el guía que hace años tuvimos en un viaje a Turquía.
Un cordial saludo
GUIRI es palabra turca que significa "extranjero".
Gracias, Iñigo:
Eso está claro, pero no para todo el mundo, que algunos relacionan sus orígenes con la denominación que los carlistas aplicaban a los liberales.
Creo que ha sido Goytisolo el que la definió como dices, atribuyéndole origen turco.
Un cordial saludo
Publicar un comentario