domingo, 1 de marzo de 2015

A voz de Salvemos Pontevedra

Salvemos Pontevedra interveu no ciclo de charlas organizado por Podemos, na Casa das Campás de Pontevedra, o pasado 24.02.2015. O título da conferencia foi "Las Marismas de Lourizán e o Estado de dereito", título axustado ó traballo que a asociación leva efectuado, fundamentalmente o seu presidente, Paco Díaz (na foto, á esquerda). 

Pontevedra, 1.03.2015
Entrada n .1796


A voz de Salvemos Pontevedra,
por Xesús López Fernández

A asociación naceu no ano 2003 con vocación ferreña de recupera-lo dominio público marítimo terrestre das marismas de Lourizán, sempre coa óptica de que somos un Estado de dereito; de que a situación de degradación, contaminación da ría e permanencia de certas empresas podería estar xa liquidada se as distintas Administraciós públicas (incluído o Concello local) interviñeran de oficio naqueles casos nos que presuntamente non existían concesiós; pero, desgraciadamente, moitos responsables miraron cara outro lado. 

Non vou resumi-la conferencia, que pra algús dos asistentes resultou emocionante, sobre todo coa coda final que Paco introduzo, cando lembrou que o dominio público marítimo terrestre, o terreo demanial, non é do Estado, senón da xente común; o Estado ten que vixiar que eso siga a ser así e mante-las condiciós de "inalienable, inembargable, imprescriptible" e consecuentemente insusceptible de desafección, definición que no 2003 daba o avogado do Estado Vázquez Seixas, por medio de nota de Alejandro Millán Mon, subdelegado do Goberno naquela época, preocupado pola conservación como espacio de todos das marismas de Lourizán. Esa intervención producíase como consecuencia dunha carta aberta de Paco Díaz cando Salvemos Pontevedra era un proiecto dun grupo de amigos. Nesa carta, Paco perguntaba a Tisú de Lourizán unhas cantas cousas sobre a "propiedade" do terreo, si realmente estaban enterados de que era un chan intocable, demanial, ou si xa se estaba a falare da innecesariedade daquel terreo. Oportuna a intervención de Alejandro Millán, que parece non gustou a Fraga, o home que intentou burlar ó Goberno central por medio do famoso decreto de supramunicipalidade. 

A apoteosis da charla foi cando Paco, un gran pintor, dixo que a el gostaríalle pintar outra paisaxe, talvez devolverlle ó lugar as colores primixenias, o espacio xa pró disfrute das xentes ou como terreo no que as mariscadores e mariscadores puidesen practica-lo seu oficio, xa sen o peligro do endrín, canceríxeno de contacto, que se detectou no ano 2005 aínda que esa noticia, de extrema gravedade, foi solapada por case tódo-los medios.

Salvemos Pontevedra acaba de abrir unha páxina en facebook e, dend´agora vai informar por ese medio. Pídovos que esteades atentos pra impulsa-lo rigor das demandas e denuncias da asociación, moitas veces caladas por diversos medios, algo que o público hai tempo percibe. Por exemplo, a conferencia de S.P. non foi reseñada nada máis que, moi en breve, polo Faro de Vigo, razón pola que teremos que magnifica-la nosa loita por medio das redes sociales.

Un resumen da charla está xa en Salvemos Pontevedra/facebook. E alí anúnciase a futura publicación do texto completo da conferencia.

E nada máis por hoxe. Insistir en que o expediente de caducidade da concesión de ENCE está en marcha gracias ó traballo de Salvemos Pontevedra e do Tribunal Supremo de Xusticia.

2 comentarios:

José Luis Valladares Fernández dijo...

Los políticos, en vez de solucionar los problemas, los complican. Pero si además tomó cartas en el asunto PODEMOS, las Marismas de Lourizán irán cada vez a peor

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Luís:

De los políticos deberemos desconfiar siempre, o casi siempre.
Sin embargo, lo que ha hecho Podemos (que no se presenta a las municipales como tal) de invitar, por medio de diversos ciclos, a colectivos que quieren tener voz en el caso Ence, no lo ha hecho nadie.
Salvemos Pontevedra ha sugerido que, por ser la última en llegar a este tema además de la única con los deberes hechos, debería ser le última en hablar, algo que pretendió Ence, es decir, los delincuentes.
Salvemos Pontevedra insiste en que debe prevalecer lo establecido en el Estado de derecho, del que se han olvidado Ence y las gentes de los partidos que con la empresa chalanean.
Un abrazo