
domingo, 27 de febrero de 2011
A limitación da velocidade

domingo, 20 de febrero de 2011
Pontevedra, a premiada

Deste xeito salvaxe, limitando a calzada por medio de beirarrúas sobredimensionadas e grandes paralepípedos de mala pedra, foise impedindo un tránsito fácil por Pontevedra. Esas pedras foron bautizadas como mosquerós, en alusión a Mosquera, o concelleiro d´Urbanismo. Así irían estreitando máis rúas, sustituíndo os mosquerós por bolardos longos, ós que só lles falta o alamio espiñado pra convertiren en cárcere toda a zona vella. Xunto coa construcción de badéns, tamén chamados "lombos", o tránsito convírtese moitas veces en aventura imposible na Pontevedra que acaban de premiare co galardón de "Movilidad segura", o que ós residentes nesta cidade parécenos unha auténtica burla.
Como consecuencia do devandito, e algo se comenta no artículo que sigue, a Pontevedra chámanlle algús, xa, Badenburgo, tamén Lombovedra. Hoxe descobrín un novo topónimo, Lombópolis. A min paréceme, sen embargo, máis emblemático, con máis carga ideolóxica, o de Lombogrado, que parece máis de manual, de Nomenklatura, máis soviético. E sigue o artículo:
Pontevedra, 21.02.2011
Entrada n. 1402 do blog
Artículo semanal
Pontevedra, a premiada, por Xesús López Fernández
Hai escasos días que se cerrou o Encontro de Cidades pola Seguridade Vial, no que participou Pontevedra. A nosa cidade recibeu, ademáis, un gratificante premio “Movilidad segura”, “á mellor práctica urbá en seguridade vidal”. Anna Ferrer, na glosa dos méritos pontevedreses pra recibi-lo premio, afirmou que lle fora outorgado “polos esforzos realizados por imprantaren un modelo de movilidade local máis sustentable i, en especial, pola participación dos distintos sectores e departamentos do concello neste proceso” e que en Pontevedra tense creado un entorno urbán centrado no peatón, que contribúe a mingoa-la accidentalidade e a garantizaren que tódo-los cidadáns se despracen de xeito seguro e saudable. O encontro auspiciado pola DGT celebrouse en Córdoba e, antre outras noticias chegadas da mesma, aparecía unha ilustrada coa foto dun paseo en bicicleta de varios dos participantes, “circulando pola calzada”, como debe ser.
Son moitas as cidades nas que a bicicleta está cobrando un protagonismo impensado hai poucos anos. Pero ese vehículo, porque é un vehículo, debería circular exclusivamente pola calzada no caso de non existir carril-bici, asignatura ésta que moitos suspenden. É máis, un “entorno urbán centrado no peatón”, deixa de sélo se a bicicleta campa por el, moitas veces de forma irresponsable, ou por beirarrúas como verdadeiro peligro pró peatón. Que a eso lle chamen “mobilidade intelixente” parece unha tomadura de pelo. Na cidade que se quedou sen arterias, na que as calzadas foron estreitadas, ás veces, ó ancho das corredoiras aldeás [como medida standard] polas que difícilmente pode circular un autobús; na cidade que, pioneira no uso do tranvía e do trolebús, hoxe carece dun verdadeiro transporte público. Porque se fixeron mal as cousas. E aquí acae o que aínda lembraba Pedro Rivas no Diario de Pontevedra do pasado 13.02: o reconocemento do alcalde de que “temos un problema nas entradas da cidade”. Nas entradas e nas saídas, porque este goberno deseñou así as cousas, primando un unidireccionalismo absurdo.
Temas como o da accesibilidade e movilidade segura quedan moi ben no discurso. Pero cando se acabou coa circulación radial que tiña o concello; cando se derivou cara o unidireccionalismo de corredoira e ó deseño de itinerarios prá entrada e saída da cidade en forma de grandes bucles, creáronse unha serie de dificultades que sofrimos os residentes. Diríase que no Encontro de Córdoba faltou información. As estadísticas poden, efectivamente, ter reducido o número de accidentes, pero a cidade perdeu dinamismo mercantil con tantísima prohibición e, como exemplo, digamos que pode levar máis tempo saír de Pontevedra que cruzar Vigo. A limitación de velocidade a 30Km/h en Lombogrado, [nome de Nomenklatura] sirveu prá orde de Pere Navarro, da DGT: limita-la velocidade de 50 a 30Km/h nas vías urbás dun só carril ou de dous cun sentido cada un, ridícula, que vai acalma-lo tránsito polas cidades e vaise traducir presuntamente en ingresos salvíficos [tres ou catro veces máis diñeiro por cada multa] pra algús concellos en apuros, algún case desfondado.
domingo, 13 de febrero de 2011
Coa mar en regresión

Pontevedra, 14.02.2011
-
Entrada n. 1401 do blog
Artículo semanal
-
Faime gracia que dende algús partidos se denuncie ás asociaciós ecoloxistas por non denunciaren presuntos delitos contra o medio ambiente. Pero é que esas denuncias deberíaas promovere a propia oposición, que ten medios, e por vía xudicial se preciso fose, porque case podemos decir que estamos nunha situación de alarma social que os cidadáns debemos denunciar, si é preciso, ante o Tribunal de Dereitos Humáns de Estrasburgo. O Goberno parece esquece-las condiciós que definen ó dominio público marítimo terrestre como inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación. Polo pronto os ecoloxistas responsables, no seu argumentario á hora de alegar, decían que o gran nudo coa pantalla de
-
domingo, 6 de febrero de 2011
A visita de Merkel



-
Pontevedra, 7.02.2011
-
Entrada n. 1400 do blog
-
Artículo semanal.
-
A visita de Merkel,
Por Xesús López Fernández
-
Á fin produceuse o agardado encontro da canciller Angela Merkel con José Luís Rodríguez Zapatero. Levaban o Goberno español e os Sindicatos facendo unha especie de exercicio de bolina en relación coa viabilidade do novo acordo social, da aplicación dos corsés “necesarios” que non se entenden cando o país anda polos 4700000 parados despois de tantas promesas aguadas pra concluíren cunha fiscalidade máis atafegante, o cerre de innumerables empresas, a reducción salarial dos funcionarios. Pero agora, despois do acordo consumado antre Goberno, Sindicatos e Patronal [sen ter sido invitada a oposición ata o último momento e por e-mail], non se ve claro o futuro inmediato, con moitas empresas varadas e sen capacidade prá creación de emprego. A auditoría de Merkel non foi de infarto; o infarto pode sé-lo dos futuros pensionistas coa introducción do novo sistema de cálculo prás súas pensiós, que pode incluso abrangue-la total vida laboral dos traballadores.
-
Coa canciller Merkel viaxaba Michael Sommer, presidente da Confederación de Sindicatos Alemáns [DGB], que parece deixou empequenecidos a Toxo e Méndez, ó manifestare que os sindicatos alemáns mantíñanse coas cuotas dos seus afiliados e que, dese xeito, non dependen en nengún caso dos partidos políticos: son auténticos sindicatos de clase, mentres que, en España, os representantes dos sindicatos, actuaron ó longo destos anos como ministros sen carteira e son parte do problema que hoxe padece o país. Agora, a tasa de paro en Alemania está por baixo do 7%, mentres a española pasa do 20%, aínda que Toxo e Méndez han seguir defendendo que a política sindicalista nada ten que ver con estos datos ou co feito de que cada día que pasa novas familias teñen que acodir ós comedores de Cáritas.
-
Atribúese a Zapatero a frase de que a Economía apréndese en dúas tardes. Pero Merkel insisteu na súa visita e antes de face-la declaración de que España compría cos deberes, nunha lección de Economía elemental: non se pode gastar por riba dos ingresos. Precisamente a ese e outros avisos refírese José T. Raga nun artículo en Libertad Digital. Son tres as advertencias que cita: a) a reiterada alusión ó “aforro, aforro, aforro” que fixo Merkel; b) a alusión sacra ó principio de independencia sindical e a que o sindicalismo español non é homologable co europeo, que mesmo a cuestión social pouco interesa ó noso sindicalismo, daí que tampouco importe vivire da sopa boba; c) a cuestión de liga-la evolución dos salarios non tanto ó IPC como á productividade, algo que o ministro español do Traballo, Valeriano Gómez, rexeitou cunha radical e intolerante negativa, que parece típica, según o citado articulista, da esquerda trasnoitada e do sindicalismo acomodado, pois non en balde son esas as dúas referencias máis destacables do seu curriculum vitae.
-
Mentres as políticas económicas aquí practicadas sementaron a desgracia e o desánimo en tantas persoas e familias, a moitos españoles con formación cualificada se lles abre a esperanza dunha nova vida laboral en Alemania, onde existe unha bolsa de 800000 postos de traballo. I ese dato é consecuencia da política de Merkel, nalgún tempo ninguneada por Zapatero. Con Merkel, o crecemento do PIB alemán está, agora, nun 3,60 por cen, con pleno emprego en zonas do país. Aquí, as cousas non se van resolvere maquillando datos que apantallen o resultado dunha política errónea... Son case cinco millós de parados vivindo na precariedade. José T. Raga non cree que a profesora Merkel outorgara un aprobado ó alumno Rodríguez Zapatero. Incluso di que mentres non vexa a papeleta do exame, pareceralle o suspenso unha presunción máis xusta. Como os avisos postos sobre a mesa son de urxente atención, aínda que non houbera outros, o aprobado está en tela de xuicio, a non ser que o exame deste ano quede enmarcado nunha especie de aprobado xeral, que non parece propio de Merkel, persoa que sabe comprir con rigor e obxetividade, e face-los deberes.