Mostrando entradas con la etiqueta Gulag. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gulag. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de junio de 2013

¿MÁIS PEATONALIZACIÓN?

Dibuxo fractal, enerxía nacente, laberinto de Lou-lo-Chu, que ámbo-los dous títulos lle teño asignado e retomo pra esta entrada, un traballo xa inserido na web de Pontevedra Viva, na que están recollidos non poucos comentarios, algús con sentido común, outros evocadores do talibanismo que veu sendo norma na peatonalización desta cidade, trufada dos diagramas de Venn do antiguo matemático rotondofílico, causa principal, quizais, da ruína urbanística aquí consolidada. Eso que estaban avisados por algún comentario de Álvaro Siza, arquitecto portugués de sona internacional, no sentido de que unha certa permeabilidade prá circulación de coches era positiva prá saúde do comercio local. ¿Por qué Roma non está peatonalizada?..... Por eso precisamente.

Pontevedra, 27.06.2013
Entrada n. 1679 do blog
Traballo xa aparecido na web Pontevedra Viva con data 19.06.2013

 ¿Máis peatonalización?,
por Xesús López Fernández

            Prefiro usa-las palabras peatón, peatonal, peatonalización, que coido son tamén verbas galegas, socialmente usadas. Outra cousa é que haxa xentes que non-as queiran vere nos nosos diccionarios.  Peonil ou peón poden ter, teñen, unha polisemia que non sempre se ten en conta. Así, peón significa: obreiro que non precisa arte, trompo ou buxaina, especie de tolete que vai espichado por baixo das chedas do carro pra favorece-lo atado da mercancía con cordas, tamén chamado brión (pl. brións, briós, briois), certo tipo de peixe. E inda hai máis. Pero estou vendo que cando se indica “espacio peonil” pode mesmo estar referida esa nomenclatura a un lugar pra xogare ó trompo. Mellor, pra ese enrediño, chan terreiro.

            Pero quero referirme á nova peatonalización anunciada, á aniquilación do tráfego nas rúas Benito Corbal, Sagasta, Daniel la Sota, Castelao e Cruz Gallástegui, que coido vai máis alá do sentido común si se tenta manter viva a cidade que, se nalgún tempo foi toda ela un centro comercial, deixaría de ser cita obrigada prás xentes dos arredores que agora non precisan entrare na cidade. As grandes superficies e outros centros situados na periferia, con parking gratis total, cubren actualmente a demanda dos que foron siareiros da boa vila ó longo de séculos. A cidade en sí, en gran parte morta, parece vai morrere aínda máis.

            Alguén decía hai uns días que os comerciantes de Castelao e Cruz Gallástegui demandaban máis peatonalización e que son eles, os tendeiros, os que saben de circulación. Narices, que todo foi unha campaña montada, presuntamente, por dous hosteleiros, seguramente con local pequeno, que tentan aumenta-lo seu terraceo, nalgunhas partes de miseria total. Ocuparían así, como propio e coa claudicación dunha política urbanística xangal, espacios públicos, como en Curros Enríquez, praza da Verdura; a miseria mercantil na que se veu conformando a cidade, parques temáticos se o tempo o permite: demostración de malabares, fabricadores de pompas de xabrón e outras demostraciós de mendicidade.

            Lembro agora un vello artículo, “O laberinto de Lou-lo-Chu”, no que se describía a reconversión da urbe ós diagramas de Venn, a perda da circulación radial, a anulación das arterias e a imprantación da circulación por medio de grandes bucles urbanísticos e caóticos. No artículo aludido deciase que un camión entraba na García Sánchez  dende o espacio da Audiencia. O  conductor, un chino, parou un momento pra perguntare: ¿Avenida de Lou-lo-Chu?. Un amigo meu, que o atendeu, presinteu que o que realmente quería decir era: “¿Avenida de Loureiro Crespo?”. “Sí, sí, Lou-lo-Chu, Lou-lo-Chu" dixo o conductor un par de veces. E, como puido, o amigo indicoulle o camiño a seguir por García Sánchez, praza de Galicia, Eduardo Pondal, e que máis adiante volvese perguntare.

            A nova actuación vainos convertire en máis laberinto de Lou-lo-Chu porque a nosa sociedade non soubo comprendere o que sí se evitara na época de Rivas Fontán, cando máis de catrocentos comerciantes se opuxeron á peatonalización da zona vella. Lembremos que incluso no 1997 Ernesto Filgueira se manifestaba en contra da peatonalización salvaxe que algús promovían e que el mesmo apoiaría xa co Bloque no poder. Hoxe, a cidade está claudicando. E a deslocalización das familias, ese marcharse cara fóra, é consecuencia da denunciada peatonalización. Co novo arrebato peatonalizador, ¿qué vai pasar co Hotel Rías Baixas? A ver se aínda hai sentidiño pra non face-lo que xa está denunciado.

Pontevedra, 19.06.2013     

domingo, 9 de junio de 2013

A praza da Nova Economía



Na praza da Verdura existían uns bancos de pedra espectaculares que, no arraso do espacio disposto polo Bloque, ó tempo que cortaron as catalpas do talvez primeiro bosco urbán desa especie en España, retiráronos  pra non se sabe dónde. O de cartón que se ve na foto corresponde á campaña dos Verdes no ano 2003, á que lle dediquei daquela un artículo titulado "O marketing dos homildes". Os Verdes nada conseguiron. Faltoulles pouco. E a foto publicada no Diario de Pontevedra debeulles dar vergonza  ós talibáns da gobernación local. O neno pode mesmo persoalizare a inocencia, creería que o banco de cartón era un preanuncio da reposición dos roubados, da volta do espacio á súa elegancia orixinal, a mesma loubada por Torrente Ballester cando se filmaron nela algunhas das esceas de "Los Gozos y las Sombras".  
 Praza da Verdura con gaiteiros ó fondo. A accesibilidade de Mosquera prohibida polo propio Mosquera. Non ás sillas de inválidos; non ás ambulancias. 

Pontevedra, 9.06.2013
Entrada n. 1674 do blog
Artículo editado en Pontevedra Viva

A praza da Nova Economía,
por Xesús López Fernández

            Pola que fora tavez a máis fermosa praza de Galicia, a praza da Verdura, en Pontevedra, non hai moitos domingos que unha señora, paseando por alí, descobría unhas pezas de louza das que, curiosamente, tiña fotografías por seren da súa propiedade. Eran pezas que pra ela e unha súa irmá tiñan un valor romántico e que deixaran apiadas i embolsadas nun vello piso seu pra, cando o estimasen oportuno, trasladalas a outro de nova adquisición. Resultado, aviso á Policía que identifica ós vendores, rumáns/romaneses, que afirman teren comprado o lote a un portugués. As propietarias recuperan o que quedaba da mercancía (coido que tres bolsas das catro desaparecidas), o que non impediría que días máis tarde, contra o mediodía, déranlles aviso de que alguén, vestido con roupa de “traballo” e coa axuda dunha carreta, estaba levando máis bolsas  do remanente que quedaba no vello piso, outravolta roubo con forza a pesar das medidas de seguridade adoutadas.

            Hai xa moito tempo que nesta mesma praza da Nova Economía “revitalizadora” da zona vella, un amigo mercaba un xogo de café: cinco pezas. Faltaba unha, seguramente escachada, cando lle roubaron o xogo completo nunha casa de verán, en Paramos, Tui. O home non formulou denuncia, o que sí fixo outro amigo cando veu que, ó pé do café Rúas, un fulano tiña expostas cousas que foran roubadas en Lérez, o día anterior, na casa do seu sogro. Pero máis interesante é o caso de dous candelabros, á venta na lonxa da vella Casa da Luz, antes de dedica-lo espacio ás oficinas de Terras de Pontevedra. Unha señora mostra interese polas pezas mentres outra fai un chamado telefónico. Cando a operación se está consumando comparece a Policía. A señora que fixera a chamada indicoulles: “son esos dous candelabros”. O vendedor non tiña factura de compra…. Etc. 

            Poderiamos traer aquí non poucos historias de miserias notariadas na praza da Nova Economía ou denunciar de novo a masiva ocupación dun espacio público polas terrazas, privatizado por capricho do goberno local á procura de fixa-lo seu modelo  granichán de cidade, tomada polo “aldeanismo”. A accesibilidade da que tanto fala Mosquera totalmente reventada. E inda hai poucos días contabanme nunha panadería que se achegara ó seu despacho un romaní pedíndelle que lle pesara na báscula do pan unha peza d´ouro. A resposta foi que non, que ademais de non ser de precisión, a empregada non quería saber nada con esas “historias” de ouro traído ou levado. Etc. Pero, en fin, parece que o roubo, polo que se ve na praza da Nova Economía,  convirteuse no noso entorno nunha oportunidade de traballo: pisos roubados con forza, negocios reventados, etc. Parece como se non tiveramos policía…. Ademáis de trapicheo de droga, estimamos que frecuente.

            Que comerciantes da Zona Vella e a Federación Boa Vila declararan ante os medios a súa preocupación pola degradación do entorno da vella praza da Verdura, da presencia na mesmo de colectivos marxinales, da evidencia do mercadeo, ás veces, de artículos presuntamente roubados, é algo certamente oportuno. E cerro xa este comentario coa cita doutro abuso que se dá na praza da Nova Economía, tamén Nova Ecoloxía. Un auténtico escándalo a altas horas da madrugada. Van cerrando as tascas e retiran os veladores moitas veces colocados deshonestamente. Cando xa non quedan clientes e non é molestia pra eles, fan un chamado telefónico: Comparece, silandeiramente, a carroceta de Satán. Emiten unha especie de asubío: O taberneiro saca un contenedor, ou máis, con botellas de vidrio  que voltea na carroceta. O ruído, un tronicio enorme. Desperta o vecindario, choran os nenos. E un, que non acostuma a facelo, síntese tentado a decir unha blasfemia. Pero, non, que Deus non ten  culpa. Ésta é do goberno local e dos taberneiros que cerran a hora indebida, axentes “sen oficio” na praza da Nova Economía. Algo que non se vixía. “¡Os veciños que se fodan!”

lunes, 22 de abril de 2013

CANTIGA TRISTE DA FEIRA VELLA [7.09.2004]

A praza da Verdura antes do arraso estalinista que quería convertila en Praza Roxa. Foi seguramente un dos primeiros boscos urbáns de catalpas de España. Coa axuda técnica do arquitecto Fole, o BNG foi deseñando o seu modelo granichán de cidade, creando chousas de miseria no que eran zonas residenciales. 

Hoxe recuperamos outro artículo do ano 2004, un traballo dedicado a un amigo morto, Evaristo, que vivía nesta praza. Dend´a súa casa debiase ter esta vista, pero o seu corazón non resisteu o novo urbanismo, como outros veciños tamén idos.   

Pontevedra, 22.04.2013
Entrada n. 1653 do blog
Artículo do ano 2004.


Cantiga triste da Feira Vella, [7.09.2004]
Por Xesús López Fernández

            “A vida é como o feno...Como as froles do campo así ela é, que si as abala o vento xa non existen e trocan pra sempre o seu casal”, di o salmista... E acabo de chegar da praza da Feira Vella (ou da Verdura) na que, dende hai varios días,  aprecio un silencio espeso nalgús  dos seus recunchos... Coido que as xentes todas da praza seguimos a agarda-la presencia de Evaristo, de Chiño, e o seu saúdo cordial de tódo-los días: “¡Hola, familia!”, que era un xeito franco de irmanarse coas xentes todas da praza que notan agora a súa ausencia de forma aínda non precisa, como se a nova do seu pasamento o día  dous fose algo irreal, como si se tratara dunha viaxe de ida e volta.  Pero Chiño xa non está en nengún dos ambientes que frecuentaba ou no balcón da casa, pendente da chegada da súa muller e amiga inseparable, Mari Carme, ou atendendo, sempre garimoso, á súa filliña, a Sarita, Sariña, a princesiña das catalpas como el a chamaba, os seus grandes amores.... Se concreto así estos apuntes é porque non poucas veces ó longo de anos temos coincidido no primeiro café da mañá, cando el baixaba a carga-las pías pra comeza-la tarea do día, pra se enterar tamén do que traía a prensa que comentabamos. Ou polas tardes.  

En fin, corenta anos son unha edade corta pra morrer, pero o certo é “que non sabemos do día nen da hora”, de cando o corazón se vai parar, e a Eucaristía pola súa morte e resurrección xa foi oficiada. Ese día, 3.9, o sacerdote lembrou ós presentes que ateigabamos o templo parroquial de San Bartolomeu, que ése era tamén o sentido da Eucaristía, non só a conmemoración da morte e resurrección de Xesús, que todos estabamos chamados a espertar na eternidade e, nunca mellor dito, a trocar pra sempre o noso casal, a nosa casa, a compartir morada co Señor. E no século primeiro da nosa era (e agora tamén se dan casos) era frecuente que a alma dun finado, presente aínda a forma do seu corpo, regresara á casa dos seus e  participara con eles na conversa ou no xantar, como Xesús cando se atopou con dous discípulos, camiño de Emaús. El, que ía seguir camiño, accedeu a quedarse con eles, porque xa comezaba a noite, a tarde estaba a caer. I é no momento desa cea compartida, cando  colle o pan e o parte, cando os discípulos descobren ó seu Mestre. Despois, Xesús desaparece...

I eu, que conservo vivos os últimos encontros con Evaristo, sei que o home estaba posiblemente ferido de amor, sensibilizado e ledo ante o éxito dos amigos, do seu curmán Morlán Fariña, adestrador de David Cal, sobre o que estaba preparando un dossier, como tamén deixou diversos álbumes de fotografías (era un gran aficionado) das súas persoas queridas, que non cito por non caer en omisiós. Pero percibo silencios cando cruzo a praza, silencios talvez dispostos pra que a súa voz resoe como sempre: “¡Hola, familia!”. Era o seu xeito de decir que a relación ía máis alá da simple amistade, sobre todo nos momentos nos que a premura non permitía a conversa acougada, pero el estaba alí i ésa era a súa filosofía, sen nemigos, sempre disposto a falar, a entenderse, a aconsellar.  E prefiro conserva-la imaxe do amigo próximo, ben falado, amigo de todo o mundo, fiel á súa muller e á súa filliña benquerida, á princesiña das catalpas, en lembranza tamén das ausencias provocadas polo novo “urbanismo”, as árbores asesinadas, das que unha das  sementes agromara nunha maceta como homenaxe á súa nena, promesa de futuro. Esa filla, amiga de tódo-los nenos da praza  que choraron a morte de Chiño; que tamén choramos algús maiores, entendida a promesa de irmandade do seu “¡Hola, familia!”, familia extendida en tóda-las direcciós.

Se no serán do 1.9 estaba co seu sobriño Diego e algún dos seus amigos, exultante, horas máis tarde, cando regresei á casa, falamos de novo. Daquela comentou que as nosas mulleres (ambas mestras) comezaban un novo curso, que pasara outro ano. A frase era tamén  preanuncio de novas mañás e cafés compartidos. Pero xa non houbo ocasión de novas conversas... Cando saín da casa o día seguinte,  venres, comentáronme a triste nova. Un grupo de veciños e veciñas non daba creto de que o amigo, 40 anos, querido de todos, acababa de morrer. As xentes estaban emocionadas, cecais por non entenderen que a vida resulte, ás veces, tan breve, tan corta como dixo o salmista: “A vida é como o feno, como as froles do campo así ela é, que si as abala o vento xa non existen e trocan pra sempre o seu casal”.  ¡Qué decir mentres Evaristo nos está a marca-la porta e a nova morada á que estamos todos chamados! De momento, cando atopo a algún común amigo, non se me ocurre outra cousa que decir “¡Acompáñote no sentimento!”, en sintonía co “¡Hola, familia!”, familia extendida. Como Chiño quería.      

martes, 16 de abril de 2013

A TRANSPARENCIA DE LORES [18.06.2004]

Puerto de Santa María. Esta avenida e outras semellantes puideron ser inspiración da actual pontevedresa Lores de Arabia (G.Mellado, G. Mola, Chanchullo), así conocida popularmente. As palmeiras estaban enfermas, case mortas no mes de marzo do pasado ano. Son os modelos que Pontevedra vai importando ó tempo que os mandiños procuran elimina-las farolas fernandinas (que case desapareceron da cidade), e que existen en toda España. Por certo, en Puerto de Santa María viveu Afonso X, o inventor da letra "ñ". E alí compuxo, talvez, o seu último bloque das Cantigas de Santa María, gloria da lingua galega. (Se teño tempo hei de lle dedicar unha entrada a ese e outros lugares andaluces que levo recorrido). Pero hoxe imos sobre a "transparencia", a non-transparencia será mellor decir, de Lores. 

Pontevedra, 17.04.2013
Entrada n. 1647 do blog 
Artículo do ano 2004, algo retocado, pra adaptalo ás novas i evidentes ameazas ambientalistas.


A transparencia de Lores, [18.06.2004]
Por Xesús López Fernández

            Con motivo do aniversario do 25-M, tres representantes dos grupos que están  no Concello fixeron as súas declaraciós. Cada un, xa se sabe, vende o que pode e o principal do discurso do noso alcalde foi a súa insistencia na política de transparencia que sigue o equipo de goberno. Non me vou referir nada máis que a éso, á transparencia da que fala, porque outras cousas da súa política quedaron xa atrás, como por exemplo o tema do modelo de cidade ou os diversos lemas inventados que produciron un certo acaimento en gran parte da poboación. E tamén na bulsa de votos do BNG, ó mellor por falta da necesaria autocrítica, por non ter en conta os avisos enviados dende distintos grupos de opinión. E non se pode mostrar como modelo  a peatonalización promovida, a privatización dalgunhas prazas que perderon a súa alma e hoxe non son outra cousa que fábricas de ruído ou, privadas de bancos, simples largos desalmados e con fachadas Urban gratis total. ¡Qué triste ve-lo enlousado recente moitas veces escachifado, atal xeito que xa precisa de renovación en moitos lugares! Aparentemente non houbo dirección de obra en moitos casos, senón unha inepcia total. Unha vergonza.

            Non quero ser crítico en demasía no traballo de hoxe, porque a mensaxe de transparencia haina que entender en sentido positivo, e que se non  se dá esa circunstancia, a Política, prostituída, pasa a ser outra cousa. E aínda hai poucos días, en Pontevedra, Xavier Roig, asesor que foi de campaña con Almunia e Joan Laporta, dixo que os cidadáns non creen nos políticos. Tampouco nos partidos. Evidentemente, non contou nada novo, que estamos de volta e por algo houbo unha abstención de máis dun 54 por cen nas europeas, nas que novamente se volveu acusa-la caída dos grupos menores que nalgún caso non parecen ser outra cousa que un pequeno “resto” do que puido ser un partido creado pra acende-la arelanza de moitas xentes. E nese sentido, Galicia, nacionalidade histórica, estáse a quedar baleira... Eu quero insistir no factor da transparencia, que entendo necesaria pra liderar proiectos de tipo urbanístico ou ambiental, nos que un alcalde pode ter máis poder do que moitos lle supoñen. Pero cando dous grupos (BNG e PSOE) lle pedían días atrás ó Valedor do Pobo unha maior implicación na defensa dos dereitos dos cidadáns, ós poucos días se informaba puntualmente de que dend´o Concello de Pontevedra non contestan ó citado Valedor. E podo contalo aquí por propia experiencia, pero tal vez resulte mellor facelo nun próximo traballo.

Direi sí que Lores foi puntualmente informado e que non contestou en relación cunha subvención reconocida en comisión, impagada a día d´hoxe. Prometo que o hei contar, pero tornando ó asunto da transparencia, éso, como asunto ideal, traeme á mente o conto de mosiú Simplom, un tratante en bolas de neve, un don suizo que Cunqueiro sitúa en Pacios, enfermo dun trasudor, e alá vai don Merlín a atendelo e curalo. O  tratante en bolas de neve  marchaba cara  Lamego, pra lle vendere unha ducia ó mitrado, que entoleaba por elas. E na descripción que Cunqueiro fai das distintas bolas que o enfermo porta no baúl poderiase incluir outra: o discurso da transparencia. O escenario se correspondería co Concello de Pontevedra in per locam maritima i estaba anunciada unha novedade, o discurso do alcalde. Na escea están a araucaria, o palmito, o monumento ós Héroes de Ponte San Paio, o edificio do Concello, no que se abre a porta-ventáa que dá ó balcón. Aparece o alcalde, a xente aplaude, e o home dí: “¡ Miñas donas e meus señores, cidadaos e cidadás...!”. E xa non pode seguir porque comeza a nevar forte e seguido. A xente marcha e o alcalde se retira.

A transparencia pode estar enferma, como enfermo estaba mosiú Simplom por un problema dos humores que están no corpo por capas, a semellanza do magro no touciño, según explica don Merlín. E acontece que si se alteran ou mesturan, amolecen as interioridades. Eu entendo que Lores se titule transparente, pero alguén do seu entorno pode non-o ser e as cousas presentan así outro retrato. Merlín recetou daquela unha triaca prepósita e píldoras de mel sedativo, que foron o comezo do remedio pra que o suizo puidera seguir viaxe a Lamego. Coido que no caso da transparencia da que fala Lores, o remedio pode estar nun maior protagonismo da súa parte. Terá que tomar decisiós talvez notariadas ante as asociaciós de veciños que están a agardaren xustamente ese discurso esquecido da transparencia e sinceridade. Así as cousas e nun momento no que certos vendedores  están a ningunea-la Ecoloxía e piden a conculcación das leis, Lores debería erixirse como máximo defensor. Esa sería unha demostración superior á de poñerse tras dunha pancarta, pero non; está co grupo dos conculcadores, que hai tempo que perdeu o carnet de ecoloxista e presuntamente só lle interesa Lourizán como solar.



viernes, 12 de abril de 2013

O EDIFICIO DA DELEGACIÓN DE FACENDA

O edificio da Delegación Provincial da Facenda, nalgún tempo polo de atracción prás xentes da provincia que a el acodían pra cumpriren cos seus deberes fiscales.

Pontevedra, 12.4.2013
Entrada n. 1643 do blog
Artículo de opinión remitido a Pontevedra Viva


O edificio da Delegación de Facenda,
por Xesús López Fernández

            O edificio formaba parte do entramado administrativo da cidade, que éso foi Pontevedra, cidade administrativa á par que comercial, características que veu perdendo a partir da peatonalización salvaxe a que foi sometida en contra do consello de Álvaro Siza, arquitecto portugués que algo sabe, digo eu, sobre a comenencia de que haxa unha certa permeabilidade prá entrada dos vehículos como sabiamente fixeron na Fortaleza de Valença do Minho que, gracias a esa visión parece recupera o seu pulo como pequena urbe comercial, á par que as súas rúas foron dotadas de galerías de servicio soterrañas de dous metros de altura. Aí ten Pontevedra un exemplo a imitar, que non o que tentan exportare, no que moitas mazás da zona vella difícilmente resisten, privadas do fluxo dinámico que durante séculos as caracterizou. Véxase que na saña peatonalizadora acabouse incluso coas arterias da cidade: Michelena, Arzobispo Malvar, Riestra, Lores de Arabia (nome popular prá antigua rúa do Chanchullo), etc.

            Coido que os comercios de Cruz Gallastegui están a tempo de aprenderen o que non se debe facer; que mesmo Ernesto Filgueira, o que foi presidente da Área Comercial da Zona Monumental, declaraba ó Diario de Pontevedra no 1997 que non ían consentire unha peatonalización salvaxe, que sen embargo apoiou arrixadamente máis tarde, como se estivera ó servicio dos ideólogos do Partido que se ve que nunca tiñan dependido da boa marcha dunha tenda pra sacare a familia adiante. I, efectivamente, despois dos anos de política de baldosa, de falsa accesibilidade, de peatonalización (¿teñen seguro de terceiros as bicicletas que entran loucamente, sen sentido, na zona vella?), arrasarían tamén o outro símbolo da cidade, o de administrativa, asentando moitas das delegaciós en Campolongo, extra muros da urbe, cara onde tentaron levare a burbulla inmobiliaria. Así, a urbe vai medrando cara a periferia ó tempo que se deshabita a zona monumental.

            Na vella Delegación da Facenda debe permanecer, seguramente, un uso moi limitado, como especie de lar de okupas. E foi unha pena que non se mantivese activa, coa súa vella identidade, que realmente non era necesario o traslado a Fernández Ladreda. E agora, cando se fala de que Facenda quer vendere o edificio, que incluso algús propoñen a habilitación do mesmo como hotel de cinco estrelas, a cousa non pinta ben, que a peatonalización case se carga  outra instalación hoteleira da cidade. E neste momento da película fala Louro, coido que con sentido. Afirma o home que o ideal é que esa casona manteña algún tipo de actividade administrativa, retorno que xa non parece posible porque moitos dos servicios e despachos están hoxe no contenedor de Campolongo, como lle chamou Touriño e que foi, realmente, unha forma de acentuar aínda máis a involución da cidade.  E quén sabe se non teremos que amplia-lo comedor de San Francisco, que pra eso tamén pode valer o vello edificio.      


domingo, 12 de agosto de 2012

Convivencia imposible

 Cando o Bloque accedeu á alcaldía deixou o edificio da Casa da Luz, cuartelillo da Policia, sen oficio nen beneficio. Reconvertiron, por culpa tamén da Delegada provincial de Cultura, Pilar Rojo, do PP, o lugar da fotografía en espacio aberto, multiusos dos senteito ou, chegado o caso, prá celebración de algún evento gastronómico,sen aparente control sanitario.  Certo que hoxe volve estare cerrado o espacio, reconvertido de novo, desta volta como oficina turística Terras de Pontevedra, cunha actividade mínima prós máis de 700000 euros que aí se gastaron. 
A forza de quereren mostrar espacios abertos limpos, cando as terrazas todo enzudran, doulles por situa-los contenedores nas rúas máis ignoradas. As terrazas deberían asumi-las súas propias vasuras.

Pontevedra, 12.08.2012
Entrada n. 1558 do blog
Artículo semanal

Convivencia imposible,
por Xesús López Fernández

            Preferiría falare de convivencia posible, pero tal parece que as dificultades de permanencia na zona vella de Pontevedra van ir a máis. Refírome ó nivel de ruídos, á ocupación (por privatización) dos espacios públicos, tema éste no que se pode dá-lo caso de que unha taberna con pouco máis de vinte mts/2 de superficie dispoña de sesenta ou máis metros cadrados de terraza nalgunha das prazas que marcaban o noso carácter de cidade comercial. Ese aspecto non foi coidado cando se acometeu, xa no tempo do PP, a peatonalización da zona vella, como tampouco se pensou na permanencia da poboación residente. A normativa de veladores parece que nunca se aplicou e hai espacios deshonestamente ocupados prós que ademáis non “hai” horario de cerre. A policía, ausente. Lémbrome agora de varias persoas que, profetas do que nos ía trae-lo “modelo granichán de cidade”, outaron por vende-la súa vivenda. A crisis era xa evidente, en Pontevedra, hai dez anos.  

            Agora, cando comezan as festas, a demasía decibélica vai ir a máis, especie de achanzamento de morada, de expropiación do silencio ó que os residentes teñen dereito. Certo que este ano, todo un “detalle”, comezaron coa demasía decibélica antes de tempo, reventando algunha praza sen soporte prá tal emisión de sonido/ruído. Esto, e tamén a falta de vixiancia policial, debería ter en conta o actual concellal de Urbanismo, Antón Louro, que acaba de facere unhas declaraciós sobre modificación de normas “sobre ruídos, vados e veladores, que terán de dar resposta ás novas necesidades e adaptarse ás novas realidades”. Con éso parece estar prometendo algo cando o asunto do terraceo está a negare a “accesibilidade” da que fixeron norte os profetas do “granichán” e coido que esa realidade non se pode consentir nen promocionar, causa principal da involución da cidade.

            Que Louro dispoña unha enquisa domiciliaria, da que estou seguro arrancaría máis dun expediente. Pódollo explicar persoalmente, incluso por medio de “carta aberta”. Pero teño as miñas dúbidas porque aínda que o Concello teña pendurado na súa web a Axenda21Local do PXOM, a dita axenda non foi en nengún momento redactada, “porque tería que ser consultada a tódo-los veciños, en particular no eido da posible recuperación do capital natural”, no que o Concello contradícese ó tentare musealiza-lo porto román á par que estreita-lo río aínda máis, como no espacio da nova ponte d´as Correntes. Ou inaugurando ruínas, como no Campillo de Santa María. Eu pediríalle a Louro unha visión urbanística máis na línea de Sesmeros que no que agora chamamos os cidadáns “o modelo granichán de cidade”, en alusión á pedra usada pra repavimentala. Privada de arterias, a cidade entrou no carreiro da involución certa e, cun ruído que entra nos fogares sen permiso, é cada día máis aldea. 

            Volvamos á idea de Louro. Non poucas veces, polos soportales non se pode pasar. Pequenas prazas ou rúas estreitas son agora como patios de veciños, prá bullanga ou prá deboura que algús se traen. Non hai hora de cerre, como se os rexedores dos locales tivesen a chave da noite. ¿Son legales as terrazas todas?. Éso deberá comprobalo o señor Louro, se verdadeiramente pode ter “autoritas” pra nos devolvere ó mundo civilizado. El sabe que imos mal en ecoloxía, que non existe vontade política para resolvere moitos dos nosos males. ¿Pero sabe cal pode sé-lo maior problema de ruídos, na noite?. A carroceta de Satán, como me dou en chamala. De motor eléctrico, é utilizada na recollida de botellas. Parece ter horario persoalizado, polo menos onde eu vivo. Agora, cando xa nadie parola nunha “terraza” próxima, debe estar a punto de chegar, xa na madrugada. Chega sen facer ruído, emite como un asubío sotíl e, nese momento, sacan dos bares caixas e contenedores coas botellas que voltean no interior da carroceta. ¿Previo aviso telefónico?. Estou en que sí. Porque ás veces chegan ás 3.30 da madrugada. O tronicio é tremendo. Espertan os nenos chorando, asustados. I éso é responsabilidade do Concello.  

lunes, 9 de julio de 2012

Pontevedra, afogada

 Pode que estas fotos xa estean no meu blog. Teño moitas outras que valerían pra
 demostrare a ocupación que se fai do espacio público, o incumprimento da normativa
 de veladores. E chámanlle accesibilidade ó aquí feito cando moitas veces as ambulancias non poden cumpriren co seu cometido. 
Esta é a praza da Leña ou das Piñas, hoxe terraza, cando non chove, frecuentada polos deseñadores do novo modelo de cidade, como eles din, unha especie de parque temático prás xentes do arrabaldo ou doutras zonas de Pontevedra, pero onde os residentes difícilmente resisten.

Pontevedra, 8.07.2012
Entrada n. 1542 do blog

Pontevedra, afogada,
por Xesús López Fernández

Chámanlle dinamismo ó aquí acadado, á insultante reconversión dunha cidade que era comercial e administrativa en especie de gran tapería (taperías moitas veces de miseria que nen dispoñen de espacio no local pra recolleren mesas e sillas que ó mellor deixan pola noite atadas a unha columna ou á baixante dalgún edificio.)

Traio o tema de novo ó blog porque hoxe fan nova desta reconversión nun medio rexional que non é noticia cabal, porque din que o Concello, nun intento de ordea-lo sector dos "okupas" do espacio público, descobriron que non poucas terrazas carecen de permiso. Véxase nalgunha das fotos como está ocupado un soportal que é paso público e no que, según a normativa de veladores, tería que permanecer libre un corredor dun metro de ancho.

Pero é que no Concello, que agora di quere conciliare este dinamismo coa residencia dos que vivimos na zona, en particular as vías polas que poidan transitaren as ambulancias, non fai tal. E xa teño contado aquí de cómo a unha veciña desta zona non-a puideron recollere coa ambulancia por estare ocupada a entrada da rúa, de pouco máis de tres metros d´ancho por unhas mesas alí postas, como se fose un patio de veciños e pola instalación dunha vendedora de polbo. Total, a señora á que me refiro morreu antes de chegare ó Hospital de Montecelo. 

Retiran ademáis estos porcos do Concello os contenedores da vasura das prazas pra reubicalos non calexós ruelas poucos frecuentados. E xa na madrugada, incluso pasáda-las tres, cando algún dos boliches recolle as terrazas, nese momento chega a carroceta de Satán. Non ven senón cando xa están recollída-las seudoterrazas porque nese momento xa non molesta ós siareiros, pero desperta bestialmente ós veciños que ó mellor teñen que traballare ó seguinte día. E madrugar. A carroceta é un primeiro despertador.


Éste é un corto video que recolle a actuación da carroceta de Satán. Día de actuación baixa (que no propio video aparece descafeinada) no que non sacaron o contenedor do establecemento co botellamen, o que produce o gran tronicio, coido que porque se decataron de que estaba a facerlles un video. Teño unha netiña dun ano que, cando actúan estos vándalos, desperta chorando... E no Concello moi orgullosos. Chámanlle ecoloxista a esa recollida de noite e con ruídos. ¿Qué coño de normativa ambiental a destos estalinistas?

Ésa é a forma de acabar coa cidade, convertido o casco vello en auténtico gulag.

martes, 20 de marzo de 2012

A contaminación nas rías galegas

Vista aérea da punta Meloxo e da península d´O Grove. Fotografía de La Voz de Galicia d´hoxe en relación cunha noticia vergonzosa sobre a contaminación das rías galegas.

Pontevedra, 20.03.2012
Entrada n. 1501 do blog

A contaminación nas rías galegas,
por Xesús López Fernández

A Eurocámara apraza o envío dunha comisión pra investigare a contaminación das rías galegas. É o segundo aprazamento que se fai no prazo dun mes. Curiosamente,  o BNG acusa ó PP de frea-la inspección por medio do diputado vasco Carlos Iturgaiz, pra ocultare a inactividade da Xunta. O certo é que, nesta materia, tódo-los partidos son culpables.  

A noticia é simplemente vergonzosa. O PP tenta que a misión inspectora investigue no Levante español a  aplicación da lei de Costas, un dos asuntos que máis protestas ten motivado ante Europa. 

Pró BNG, o Goberno central e a Xunta parecen "outar por asumi-lo pago das posibles multas" polo incumprimento da normativa europea en relación coa calidade das augas, en lugar de afronta-lo saneamento integral das rías galegas ó longo dos últimos anos, cando a situación económica era ben diferente, según din os nacionalistas.

O expediente aberto contra España pola depuración das augas urbás sigue tendo tres puntos negros en Galicia, según a noticia: as depuradoras de Santiago, Vigo, de titularidade estatal, e a de Ribeira, competencia exclusiva do Executivo galego.    

Parece que na información pasan de puntiñas sobre o caso de Pontevedra, cuia depuradora está construída en dominio público marítimo terrestre i existe unha denuncia en relación coa súa instalación, contraria á lei de Costas, de Salvemos Pontevedra. Pero esa depuradora é unha das actuaciós falaces do BNG, que quer entuba-la zorollada toda do Concello cara a mesma, preparando novamente máis tuberías no rural, que debería resolve-lo seu problema en base a minidepuradoras e sen vertido ó mar.

Outra depuradora construída en zona de xunqueiras, en dominio público marítimo terrestre é a do Lagares, en Vigo. E dubido que o señor Arias Cañete vaia facer nada ó respecto, máis alá do seu prepotente discurso.

Lembremos que a ría de Pontevedra, como as de Vigo e Arousa, son sistemas case entrópicos fácilmente contaminables e que xa no 1978 os franceses non querían mexilón da zona que aparece na fotografía de La Voz: punta Meloxo e península d´O Grove. Esixían un certificado do Instituto Español de Oceanografía acreditativo de que o mexilón non era da ría de Pontevedra nen dos puntos indicados, xa na bocana da ría d´Arousa. É decir, ós franceses se lles daba unha información que aquí se mantiña oculta. ¿Mercurio, dioxinas? En Pontevedra existe un colectivo de paralíticos cerebrales que pode ser consecuencia do abandono político destos problemas. ¿Culpables penalmente os seus responsables? Coido que sí. Eso tamén é corrupción.      

Enlaces:

lunes, 19 de marzo de 2012

Un modelo de involución



Un modelo de involución, ou si se quer, "Pontevedra, cidade derrotada", hoxe un verdadeiro gulag prós residentes. Cando arrasaron a praza da Verdura puxeron como disculpa que as catalpas tiñan levantado as pedras. A idea deles era, sen embargo, non poñer árbores, senón convertire o espacio nunha especie de remedo da Quintana, de praza Roxa. A petición dos veciños da reposición de árbores e bancos, só foi atendida en relación coas árbores: catro cerdeiras e seis liquidámbares que, curiosamente, xa están a levantaren as pedras, sinal de que os alcorques non foron preparados pra acolleren as árbores.

A praza está agora privatizada, os soportales ocupados, e a chamada accesibilidade non deixa de sere unha coña, especialmente prós cegos.

Pontevedra, 19.03.2012
Entrada n. 1500 do blog
Artículo semanal (remitido ó Diario de Pontevedra)

Un modelo de involución,
por Xesús López Fernández

            Foi o PP o que realmente comezou coa peatonalización da cidade de Pontevedra, na época do alcalde Pedrosa, coa rúa da Peregrina como primicia. A súa idea parecía, sen embargo, distinta. Tentaban evita-la deslocalización de residentes na zona vella e tiñan previsto, sí, reservare algús espacios pra que puidesen aparcare os seus vehículos: praza de Curros Enríquez, Padre Luís, etc., seguindo así quizaves o modelo de Cáceres, cidade Patrimonio da Humanidade, en cuio recinto histórico están (ou estaban) demarcádo-los lugares previstos prá aparcaxe dos coches dos residentes, co que se tentaba manter así o lugar vivo, como espacio habitado, facer posible o traslado das súas xentes, nunca abocalo á traca final dunha miseria derivada do cambio de modelo tradicional de cidade, como ten acontecido en non poucas urbes  peatonalizadas ata a loucura. Có comercio tradicional ferido de morte ou clausurado, poden algunhas xentes do colectivo entendere a peatonalización mesmo como un suicidio real inducido dend´o propio Concello,  que mesmo marcaría a perda de sabor de non poucos recantos da cidade.  

            Nas conversas que acaba de manter unha representación do PP con diversas asociaciós de veciños e de empresas non se trataron en fondura os grandes problemas da zona vella: a dificultade de manter morada nun espacio onde priman os ruídos e a privatización dos lugares públicos ó servicio, ás veces, de tascas que incumpren sistemáticamente a normativa de veladores, que crean problemas de accesibilidade e convivencia, e de ruídos. O comercio tradicional está baixo mínimos porque a cidade, noutrora centro comercial das parroquias do rural, non dispón xa desa clientela, á que, literalmente lle está prohibido entrar na vila, que xa non conta con nengunha arteria. Sí poden acodir ás grandes superficies, as grandes beneficiadas da peatonalización aquí producida. E sei de xente que soubo ve-la ruína en marcha hai xa uns dez anos, ou máis. Venderon como puideron e mudaron de casa e xa, difícilmente, se lles ve polo barrio.   
 
            Certo que o PP de Pedrosa, o gran mentor de Continente/Carrefour, preveu algunhas das necesidades que habería que atender. No seu mandato foron construído-los parkings de Barcelos e quedaba en fase avanzada de execución a do Central; que foi obra dese mandato a inauguración do parque lineal do río Alba ou a illa das Esculturas que despois caería nun abandono case total. O goberno do BNG, co seu “modelo” de cidade, non mellorou as cousas, algo que saben os residentes, a gran maioría deles non integrados en nengunha asociación veciñal, ós que mesmo lles pode parecer corto o guión debatido na xuntanza antre a representación do PP e os outros colectivos. “Veciños i empresarios demandan unha línea de paso prás urxencias”. ¿Só? ¿Pero cómo mante-lo timbre de cidade se carecemos de arterias, de tranvías…? Todo comezou cando prohibiron a circulación radial e foron derivando cara un tránsito inspirado nunha especie de xeometría de grandes bucles de corredoiras.

            Coido que foi Moreira o máis certeiro na reunión celebrada cando apuntou a conexión de Pontevedra co seu rural, hoxe imposible pola perda de comunicación, o que se veu concretar nunha gran brecha, falta de negocio e de capital social. I esto, máis ou menos, correspóndese con algo afirmado por Álvaro Siza, que aínda sabendo moito de peatonalizaciós, ten afirmado que unha certa e intelixente circulación, é boa pró comercio. Coido que aquí non se acertou e que a peatonalización foi usada como instrumento de propaganda, como falacia. Polas rúas e beirarrúas da cidade campan hoxe os skaters e ciclistas, parece que sen limitación de velocidade. ¡Modelo de cidade, de gran aldea!. Desto seguramente non se falou na citada reunión. Nen se lle terá ocurrido a nengunha das asociaciós a comenencia de esixir, de forma obrigatoria, un seguro de terceiros ós novos protagonistas da involución que agora vivimos.    


viernes, 16 de diciembre de 2011

ENCE, VOCES DA SOCIEDADE CIVIL

Arturo Estévez, gaseado por Ence-Elnosa ó longo d´anos. El foi o que iniciou a denuncia contra Ence-Elnosa. Que ninguén máis se pendure medallas. Se a APDR sigueu coa acusación foi porque sete directivos, eu antre eles, firmámo-lo corresponde protocolo na notaría de César Cunqueiro González-Seco, traicionados despois pola sentencia pactada pola actual directiva. Xa está contado neste blog e tamén en iberica2000.org, no relato titulado "Pontevedra muere"

Pontevedra, 16.12.2011
Entrada n. 1481


ENCE, VOCES DA SOCIEDADE CIVIL,

por Xesús López Fernández

O debate sobre Ence sigue vivo. Estos días son os medios os que interrogan ós veciños e piden a súa opinión sobre a permanencia de Ence ou o seu posible traslado.

Arturo Estévez dí: "Soño con que sexa unha praia". (La Voz de Galicia, 14.12.2011). Arturo Estévez, como el conta, atopouse un día con que de novo estaban queimáda-las súas maceiras, presuntamente por un novo escape de cloro, ¿inducido?, na noite. A súa denuncia prosperou e a partir daí comezou, de oficio, o proceso contra Ence-Elnosa. O home afirma que a APDR, da que el formaba parte como fundador (igual que eu), sigueu coa acusación. O que non dí é que a dita asociación, baraza do Bloque pra lle dare un certo verniz ecoloxista, traicionounos, pactando unha sentencia que fixo posible a permanencia da factoría en Lourizán. Eso xa está contado.

Vou incluir neste post, ademáis da noticia do amigo citado, a opinión de Isabel Veiga, amiga e vocal de Salvemos Pontevedra, a asociación que de momento non está baixo sospeita. Ela foi presidente da asociación de VV Estriceres, i é moi clara nas súas declaraciós. Arela ver Lourizán sen Ence, agarda que canto antes. Os prexuicios de Lourizán comezaron con Ence, que foi o principio da fin, a parroquia foise deteriorando e todo éso e o que veu despois "condicinounos a vida". Esta muller di que se non é posible o traslado ten que cerra-la factoría. "Tiveron tempo e sabían que tiñan unha fábrica con data de caducidade". Coida que as posibilidades de rexeneración da zona son moitas e que eso pode xerar máis empregos qu´os actuales. ¿Se tanto interese ten Ence por Pontevedra, por qué paga os impostos en Madrid? (La Voz de Galicia, 15.12.2011)

Podería incluir máis opiniós do que podemos denominar sociedade civil, pero moita xente non sabe valorare na xusta medida o potencial desta ría. Isabel e Arturo sí que o saben.

O que teña interese por conocere ó que din outras voces pode tomarse un pouco de paciencia e buscar nos medios galegos, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia, a través da súa hemeroteca, nos pasados días13, 14, 15 e 16.12.2011.

jueves, 15 de diciembre de 2011

Ence, Costas e o PP

Complexo clorocelulósico na ría de Pontevedra, causa da contaminación grave que padece este ecosistema.

Pontevedra, 15.12.2011
Entrada n. 1480


ENCE, COSTAS E O PP,

por Xesús López Fernández

Entrada breve en relación coa regueifa que últimamente se traen ENCE e os partidos políticos que, doudos de soberbia, parvaxolos, teñen un discurso pra cada momento. Na entrada anterior xa se di o que parece de rigor, que van como xinetes do Apokalypsis por máis que tenten seguir vendendo a burra, tomando ó público por imbécil.

Pero hai que reconocer que alguén aclara hoxe algo que ós demáis se lles escapa: o Faro de Vigo, que lembra a decisión da Audiencia Nacional de incoa-lo procedemento de cancelación de concesión de diversas actividades, consecuentemente á denuncia de Salvemos Pontevedra. (Ver Faro de Vigo, 15.12.2011:As concesiós de Costas e a súa data de caducidade. ). Salvemos Pontevedra pode ser clave na liberación desta ría.

Outra noticia d´hoxe, tamén no Faro de Vigo, ten relación coas declaraciós de Telmo Martín, candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, actualmente concellal que, despois das elecciós do 20N foi electo diputado por esta provincia.

Pois ben, Telmo Martín ten falado con ENCE non menos de nove veces, con vistas ó seu traslado a Marcón, asunto no que o home non levaba razón. Pero desta volta ousa decir que a Ence non lle interesa máis que vendere enerxía (ten dúas prantas de coxeneración en Lourizán, outra razón prá perda da concesión, xa que as mesmas carecen, presuntamente, de permiso e tamén de licencia municipal).

Pero sobre todo apunta ben Telmo Martín cando dí que ENCE afirma o que afirma porque sabe que aquí temos un alcalde pancarteiro, que se limita a levanta-la pancarta anti-Ence unha vez ó ano, cando desfila sobre Lourizán ó acobilla da súa baraza, do seu brazo ecoloxista, a APDR.

Ver noticia do Faro: O PP critica a ENCE por xogare co corazón dos pontevedreses pra continuar na ría. Que esto signifique un cambio de actitude no PP é algo que deben demostrare.

martes, 13 de diciembre de 2011

ENCE, O CONTUBERNIO POLÍTICO

Aínda que as pinten de colores, Ence i Elnosa acabaron coa ría de Pontevedra, xunto con outras actuaciós na área do porto de Marín. Os políticos, presuntos implicados, ó servicio dos clústers portuarios.

Outra panorámica do inferno celulósico. Foto de La Voz de Galicia d´hoxe, 13.12.2011
O eucalipto, que non vale nada, entra aínda máis barato polo porto de Marín. Ésa é a riqueza que defenden algús empresarios. A colonización de Galicia, inzada de eucaliptos e subvencionado o abandono das terras de labor, especialmente na época de Fraga. Unha vergonza.
-
Pontevedra, 13.12.2011
Entrada n. 1479 do blog



ENCE, O CONTUBERNIO POLÍTICO,

por Xesús López Fernández


Estos días atrás, a Xunta anunciaba o cerre de Elnosa, unha fábrica de morte na ría de Pontevedra, pró comezo do 2014. Algo debe ter que ver esa empresa coa parálisis cerebral que se evidencia en Pontevedra con máis frecuencia do debido. O mercurio e as dioxinas algo terán que ver co que aquí se ven decindo, dende a alborada celulósica do 1963, en base a unha concesión do 1958, nula ab-initio na medida na que nunca depuraron debidamente e convertiron ademáis a Pontevedra e o seu entorno nunha auténtica cámara de gas. Aínda hoxe, 2011, apestaba na cidade.

A Xunta falou, ademáis, de que Ence debería face-los deberes e pensar nun cambio de ubicación. Pero a solución non pasa por se reestablecere en Galicia. Na factoría non queren pensar no traslado, senón en permaneceren nas marismas de Lourizán, algo no que os políticos non queren asumi-los deberes. Lembremos que as xentes do PP ou do PSOE con sensibilidade ecoloxista, foron afastadas da vida política local. E que o discurso do BNG non foi outra cousa, ó longo destos anos, que unha parida populista.

Á fin de contas, todos queren negociar, cacear coa conversión das marismas de Lourizán en solar.

Lembremos, si acaso, que esas empresas, según se argumenta na denuncia promovida pr Salvemos Pontevedra que está na Audiencia Nacional, carecen de concesión.

Lembremos tamén que Rosa Aguilar dixo, no seu día, que ían comezar co proceso da anulación da concesión de Ence.

Veremos qué pasa agora, porque hai demasiada merda política no tema, tocádo-los partidos, presuntamente, pola corrupción que no caso de Ence-Elnosa concrétase co malcheiro e problemas "prá saúde e convivencia humáas" que decía o ministerio franquista da Vivenda, ano 1973, ó tempo de reconoceren que a instalación fabril de Lourizán fora un erro que habería que subsanare. Polo que se ve, a día d´hoxe, os políticos i empresarios sen senbilidade ambientalista, non están polo labor.
Botádelle un vistazo ós enlaces incluídos máis abaixo.
LA VOZ DE GALICIA, 13.12.2011, ENCE DECLARA INVIABLE O SEU TRASLADO. QUEREN SEGUIR OPERANDO DESPOIS DO 2018.
FARO DE VIGO, 13.12.2011, ENCE ASEGURA QUE O TRASLADO DE LOURIZÁN É INVIABLE.
FARO DE VIGO, 13.12.2011, O GOBERNO LOCAL DOS CHACARITAS DO BNG AGRADECE QUE A EMPRESA FALE CON CLARIDADE.

domingo, 25 de septiembre de 2011

Pontevedra, nova involución

Ésta é a arrancada da rúa do Progreso, en Pontevedra, así chamada dend´o 1894 ata o 1926. No 1931 tentóuselle repoñe-lo nome, sen resultado, según nos aclara Xosecas no blog vellapontevedra.blogspot.com, do que me permito tira-las dúas fotos que inclúo no post d´hoxe, fotos de hai máis de cen anos. Esta é de Zagala, que deixou un importante leigado de tomas da nosa cidade, da nosa historia. En Pontevedra non se conocía o coche aínda, pero a roda foi sempre un instrumento de progreso, aínda que cambiase a tracción dos vehículos. Desta volta e cun goberno cateto parece que xa non se quer potencia-lo uso do coche, prohibido en gran parte da cidade, onde tentan primare o uso da bibicleta de forma incluso suicida, porque non hai norma claramente establecida e xa se levan contado, en pouco tempo, algús accidentes.

Pontevedra, 25.09.2011
Entrada n. 1469 do blog

Artículo semanal.

Pontevedra, nova involución,
por Xesús López Fernández


Coido que nos estamos a esquecer novamente da historia local, de cómo aquí se foi conformando unha urbe harmónica, coa cultura como unha constante en non poucas das asociaciós que foron granando. A cidade, capital de provincia, pola súa situación privilexiada iríase convertindo en centro administrativo á par que mercantil, unha especie de gran mercado, polo de atracción prás xentes da súa zona de influencia, cuia presencia na vila era cotiá e magnificabase especialmente os días de feira. Os tempos traerían consigo novas formas de facer negocio, sendo decisivo pra éstas a aparición do coche e a mellora do transporte colectivo: tranvías, trolebuses, autobuses, hoxe privados de arterias urbás. Algús blogs pontevedreses como vellapontevedra.blogspot.com ou “follas verdes con pontevedra” agasállannos decote con fotografías do noso pasado, demostrativas algunhas delas de que outra Pontevedra era posible. Pero moitas cousas cambiaron e non a mellor: a renuncia do mar ou dunha circulación viaria vertebradora da cidade, doudamente peatonalizada.

Luís Bará, concellal co primeiro goberno pontevedrés do Bloque, que despois exercería como director xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, regresaba á gobernación local como concellal non electo ó perde-lo bipartito a gobernanza da Xunta. Xa daquela apuntou algunha idea sobre novos cambios viarios, que non progresou; pero volve con máis do mesmo e coa intención de peatonalizare gran parte de Benito Corbal, a chamada milla d´ouro, e ordear novos cambios de sentido no tráfego de diversas rúas. Di que están a falare cos veciños, que nunca deberían te-lo poder de decisión prá peatonalización de viales, lección de doudice urbanística xa sabida. Ademáis que algo sabemos de cómo se fan esas consultas. “Os veciños da cidade vella solicitan máis peatonalización”, titulaba certo medio unha noticia, alá polo 2001/2002, que non se refería ós residentes, senón a un colectivo mínimo, “Cidade Vella”, sen imprantación na zona, baraza ó servicio do goberno local.

Luís Bará parecía arrancare esta nova etapa cunha idea intelixente en relación coa construcción do Museo da Historia na praza de Valentín García Escudero: o abandono do proiecto existente. As excavaciós alí practicadas parecen máis ben un foco de miseria, outra forma de paraliza-la vida local. Pero no canto de reaccionare contra a infrautilización do espacio, entrada á cidade dende a ponte do Burgo, cara ó Mercado, cara unha das vellas arterias da cidade: Arzobispo Malvar, que na parte alta enlazaba con Michelena, Riestra, Pardo Bazán, etc., queren arrasar co que representaba un dinamismo real. Esa arteria, anulada polas excavaciós arqueolóxicas, insultada polas obras do Campiño de Santa María, agora morre no absurdo e gris largo de baldosas situado antre a casa consistorial e a Alameda, sen outro sentido que unha especie de delirio mussolinián pra non se sabe qué. Pero Luís Bará anuncia xa a anulación de carriles nas pontes dos Tirantes e Compostela, e a peatonalización da ponte do Burgo, da que foi secularmente vía mercantil.


Nos foros abertos a resultas destas noticias, algús opinan acedamente: “A falta de ideas, peatonalizar ainda máis”. Alguén propón, pra Benito Corbal, o ancho estándar de corredoira, como en Cobián Roffiñac; como no primeiro tramo da estrada de Vigo, como noutras rúas hoxe desnaturalizadas. Algún medio acompañaba a nova da peatonalización agora tramada dunha fotografía de Luís Bará, nun local do Gorgullón, informando do seu proiecto ás xentes presentes no acto, un corto grupo, algo que ó Concello non importa. Un paripé, que milleiros de protestas pola actuación na Glorieta de Concepción Arenal; ou o repudio sinado por máis de mil cen veciños en relación co feito na praza da Verdura, reventada a súa harmonía coa eliminación das catalpas e o roubo dos bancos; as sinaturas de nada valeron. Unha nova involución está servida. A posible denuncia veciñal, sempre á marxe das asociaciós “tomadas”.