miércoles, 7 de septiembre de 2011

Ladroeiros

Rubalcaba parece que non sabe o que dí ou minte, é a conclusión de moitos analistas. Propón, di, a creación dun imposto a ricos e máis ós bancos, pra xerare máis emprego. ¿Pero ónde está aquel seu discurso de que sabemos crear postos de traballo cando realmente chegan ó 20-N como campeóns do paro?. Aínda así, o PP pódeo ter difícil, porque non tóda-las súas medidas van na boa dirección. Certo que Rajoy fala de baixare impostos, algo que podería ser bo si estivese acompañado de medidas cabales. Que non faga como Alberto Núñez Feijóo, un dos seus exemplos a imitar, que prometía acabar co imposto sucesorio nos casos de transmisión directa pra en definitiva non actuar nesa dirección. Agora pasóuselle o arroz.

Pero Montoro, en La Razón, dános todo un recital sobre o que Rubalcaba pode estar matinando: oprimir aínda máis ás clases medias: "Delaiglesia Muñiz, Andrés Vicente, no llega a los 28200 al año. Pero ha veraneado y tiene móvil y más de tres litros de sangre en venas", di o persecutor fiscal. "Apto, el siguiente", responde o químico prodixioso.
Borja Montoro maza aínda máis con novos argumentos: Angela Merkel foi a que realmente controlou os pasos da desgobernanza española e forzou algunha das medidas drásticas do goberno de ZP. "Parece que Mariano Rajoy me sucederá en la presidencia del gobierno de España". Parece. Veremos.
Esteban, valor ascendente do humor hispano, tamén en La Razón, expón unha das recetas do Goberno español, xa sen argumentos ante a fuxida do capital: "Aconsellaríalle ó pequeno aforrador (á presunta presa de Rubalcaba) que non se deixara levare polo pánico mundial e invertise en paranoias nacionales". Caín, en La Razón, novamente sublime, porque estamos nese momento no que calquer disparate é posible da man do goberno socialista: "hai un momento pró posible e outro, o actual, pró impensable". Efectivamente, todo pode facer "¡pum!", que o tsunami económico que vive o país aínda nos pode reservare momentos peores, redeseña-lo estertor.

Pontevedra, 7.09.2011
Entrada n. 1466


LADROEIROS, por Xesús López Fernández

Aquí non funcionou un sistema fiscal intelixente, nen tan siquer honrado. E, con cinco millós de parados e sabe Deus cántos inmigrantes sen papeles que terían que ser devoltos ó seu país d´orixe, o único obxetivo claro deste goberno agónico parece ser descobrire novos nichos na clase media ós que esquilmar. Que Rubalcaba diga que vai sobire os trabucos ás rentas altas e ós bancos co obxetivo de recaudar 2500 millós de euros pró emprego, non deixa de ser unha falacia. Fala do tema en resposta á idea dos ricos franceses, que se ofreceron ó Goberno como contribuíntes de excepción e mentres duren as circunstancias de recesión que baten en toda a UE. Certo que, en Francia, considérase rico o que ten ingresos ó ano de 500000 euros, unha óptica distinta da do chiste de Borja Montoro, na que primen os indices externos de ter veraneano ou usar teléfono de peto. Ou ter tres litros de sangue nas veas. Ai, Rubalcaba tamén di que non vai tocare nen á sanidade nen á educación.

Rajoy anuncia que vai baixare os impostos ós emprendedores, se gañas as elecciós e que vai levare a cabo unha reestructuración similar á de Castilla-La Mancha. Na noticia que dá RTVE aparece un video presentado cunha fotografía na que o home posa arroupado por xentes do seu equipo. No grupo está Núñez Feijóo, o home que fallou en varias das súas promesas, xa que o seu goberno está levando a cabo unha política de inmersión lingüística semellante á catalá, coa particularidade de que aquí están a privare ós nenos escolarizados, nuns ou noutros casos, do seu idioma galego de instalación; noutros casos do español, a cambio de procura-la inmersión nunha xerga de puro artificio, o idioma da non-patria, o galegués inventado por uns nacionalistas fracasados que buscan acobillo no portugués, lingua distinta.

Pero volvamos ó tema do imposto sucesorio, de raiz totalmente inmoral, porque o que recibe unha herencia está a recibir, realmente, unha máquina de recaudación ó servicio do poder. A propiedade non existe, i en Galicia, a efectos recaudatorios, hai algús meses que dispararon os valores dos inmobles e terreos susceptibles de ser transmitidos. Nalgús casos, os novos valores van máis alá do cen por cen dos anteriores. Se Rajoy, que no ano 2003 iniciou a campaña da case-eliminación do imposto sucesorio, chega ó poder, sería bo incluíse no seu plan de ataque, a supresión deste imposto con carácter xeral, do que se derivaría unha maior paz social, riqueza, estabilidade. Xa non terían a oportunidade os Feixóo e outros, de seguir perseguindo ós posibles herdeiros dunha máquina infernal de recaudación.

5 comentarios:

Candela dijo...

Lo que evidencia todo esto es que debe haber una política fiscal única, otro mal de las autonomías, empezando por el impuesto de donaciones y sucesiones que es un robo.

Rubalcaba está resultando un patético candidaro, más impuestos y además no dice como va a crear empleo juvenil con el dinero recaudado, porque es mentira. Que tire mano de las SICAV o que se calle.

o blog de xesús lópez dijo...

Estamos de acuerdo, Candela.
El impuesto de sucesiones y donacionaes deberá suprimirse con carácter general. A ver si Rajoy, que en 2003 hizo campaña en diversas autonomías para su casi total condonación, algo que algunas sí aprovecharon, pero otras, como la gallega, no.
La propiedad no existe en realidad; es simplemente una maquinaria de recaudación.
Como también el impueso de Patrimonio, sobre algo que ya ha tributado y que sigue tributando: el ibi de propiedades, el irpf del rendimiento de capitales, el iva de alquiles, etc.
Son unos atracadores.
Y Rubalcaba, como muchos socialistas, no parece otra cosa que un amigo de lo ajeno.
Saludos cordiales.

Juan Carlos dijo...

No entiendo como puede ser que sepa cómo crear empleo y no lo haya dicho/hecho en siete años. O mejor dicho, sí que lo entiendo... Ese impuesto ¿le afectará a él también? En cuanto a lo de que lo ya tributado vuelva a tributar en las herencias o en el patrimonio, es otra de esas cosas que me dejan absolutamente perplejo.
Salu2

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Juan Carlos:
Yo creo que la propiedad no existe, por lo menos mientras se mantenga vivo el impuesto sucesorio.
Porque al asumir una herencia, uno recibe, ralmente, una máquina de redaucación (ibi, iva, plusvalía, tasas municipales), y lo que es peor, el impuesto sucesorio representa un precio de compra para esa herencia.
Un cordial saludo y me vinculo a tu blog.
Saludos.

o blog de xesús lópez dijo...

La política fiscal de Rajoy está siendo un fracaso total.
Y parece una burla que la autonomía gallega se frote las manos porque esperan recaudar, por el impuesto sucesorio, el doble de lo que esperaban, cuando en las elecciones anteanteriores habían prometido la supresión.
Saon unos cínicos. Todos.