lunes, 1 de octubre de 2012

Viaxe a Grecia, Fotos e notas (2)

 Estadio de Delfos, onde competían os atletas espidos, polo menos nos primeiros tempos. Lembremos que o premio prós vencedores era unha coroa de loureiro.
 Outra panorámica das ruínas de Delfos
 Convento de Osiou Louka, un san Lucas nado en Delfos o ano 869 d.C. Trátase dun convento importante, moi visitado, no que estivemos ó noso retorno de Meteora, do que xa falaremos. 
 Canal de Corinto, que conecta os mares Exeo e Xónico. En Corinto estivo algún tempo San Pablo e dende alí escribeu as dúas cartas ós tesalonicenses. Xa tocaremos este punto. Este canal foi construído no 1898, pero a idea do mesmo viña xa do emperador Nerón, e xa daquela comezaranse traballos que serían abandonados.
 Nova vista do interior do templo ortodoxo que lembra o bautismo de Lidia e da súa familia, no río Gangas, do que xa falamos e onde renovámo-lo noso bautismo.
 En Filipos debían ter unha biblioteca importante.
 Nova vista do cárcere onde estiveron Pablo e Silas, en Filipos. Pablo e Silas marcharían a Tesalónica, mentres Lucas permanecía en Filipos.  
 Porto de Kavala (Neápolis), que foi importante como mariñeiro e que comeza a perde-lo seu tipismo, como aquí Sanxenxo, que fora importante vila mariñeira e hoxe é unha especie de burrada urbanística.
 Outra vista de Kavala, que conocera da chegada de Pablo, Lucas, Timoteo e Silas a Europa.
 Vista interior do templo paleocristián de San Demetrio, patrón de Tesalónica.
 Outra vista do mesmo templo.
 E outra.
E, saltándome o protocolo, foto do grupo participante na viaxe-peregrinación, posando no hall do Hotel Titania, de Atenas. Están todos, incluso o guía. Faltamos dous "fotógrafos do grupo". Se alguén dos que nela estades querédela, envíovos a foto por correo electrónico, ainda podendo sacala xa deste propio blog. E si alguén non está dacordo coesta presentación do grupo,  retiro a foto.

Pontevedra, 2.10.2012
Entrada n. 1565 do blog

VIAXE A GRECIA, FOTOS E NOTAS (2)

As fotos van xa nun sentido aleatorio. Faltan moitísimas pra plasmar mesmo da propia Tesalónica, Vergina, Berea, a nosa chegada a Meteora, algús dos conventos daquela "terra santa", Delfos (aínda que xa van algunhas), Corinto, Micenas, Epidauro, Atenas.

A San Pablo se lle complicaban as cousas cando explicaba nas sinagogas e daba con algún grupo radical véterotestamentario, que non aceptaba a mensaxe de salvación que el traía: a anunciación de Xesús como Mesías. E así tivo que marchar de Filipos a Tesalónica, onde debeu permanecer tres ou catro meses e con fructífera labor; pero cando se presentaron os problemas e falsas acusaciós sigueu a Berea. Dalí baixaría á costa pra marchare a Atenas. Despois sería Corinto. Xa tocarémo-los temas.    

No hay comentarios: