domingo, 7 de octubre de 2012

Viaxe a Grecia, 2

 Unha parada camiño dos museos.
 Día 10.09.2012.Río Gangas, onde fora bautizada Lidia.
 Baixo a colina verde están as tumbas de Filipo II e a do seu neto.
 En Berea, mosaico que conmemora a evanxelización de Pablo.
 Xa estamos na Tesalia noroccidental, ó pe dos "meteoros",
Anoitece en Meteora

Pontevedra, 7.10.2012
Artículo semanal
Entrada n. 1566 do blog


Viaxe a Grecia, 2,
por Xesús López Fernández

            Madrugamos pra seguir viaxe. Ás 7,30 A.M. (6,30 hora española) estabamos listos pra almorzare e saír do hotel. Tivemos un primeiro tempo pra nos achegare á zona portuaria de Tesalónica e, de seguido, colle-lo autobús prá nova arrancada. Unha volta panorámica pola cidade serviríanos pra ver ou renova-lo encontro do  anterior día con certos lugares e monumentos: San Demetrio, Torre Branca, Rotonda e Arco de Galerio, Murallas Bizantinas, etc. Mentres arrancabamos, o noso guía iríanos aclarando cuestiós da historia, da xeografía, ou a mitoloxía grega; mesmo do momento actual que vive o país. Claro, chegan os homes de Frau Merkel, decía, e ven á mocedade nas terrazas, e perguntan con pavor: “Pero qué fan aí?”… Por favor!, comentaba o home con retranca, “están a pensaren no seu futuro”.

              O recorrido do 11.09, con meta en Kalanbaka, tivo distintos momentos de interese, como o da visita ó Museo Arqueolóxico de Tesalónica, un recorrido pola Historia: Dend´a Prehistoria, Cara ó nacemento das cidades,  Dend´o século VII A.C. ata a Antigüedade Tardía, Tesalónica, metrópoli macedonia, O ouro dos macedonios, Casa-Xardín-Tumba mecedónica, etc., espacios así denominados, exposición permanente; ou a visita a Vergina, do lado de Egas, antigua capital de Macedonia. Este espacio museístico foi premiado pola Unesco. As excavaciós realizadas déronlle sona a este pequeno pobo por ter aparecido alí unha serie de tumbas, antre elas a de Filipo II, o pai de Alexandro Magno, e a do fillo déste. Sobrecolle baixare ás tumbas, reparare nos traballos alí realizados prá súa conservación. Antre os moitos obxetos conservados chama a atención, por citar un, unha coroa d´ouro con forma de follas de carballo (313) e 68 landras, atopada  no ataude de Filipo II.

            Non esquezamos a Pablo, que se viveu en Filipos e máis tarde en Tesalónica, seguiría camiño a Berea ou Verria, onde dous mosaicos fan memoria da su predicación alí, nova parada no noso camiño pra celebrare unha eucaristía familiar, como fora a do día anterior en Filipos, no río Gangas. Digamos que San Pablo tería  que abandonar Berea presionado polos xudeos tesalonicenses, e faríao camiño da costa pra seguire, por mar, ata Atenas, antes de se dirixire a Corinto. (En Tesalónica había xente de diversas razas e culturas e un tercio da poboación era hebrea).

            Seguimos cara Kalambaka-Metéora, pasando non lonxe do monte Olimpo, o  máis alto de Grecia (2917mt.), que o noso guía sinalaría como antigua morada de deuses que habitaban antre as néboas do cumio, sobre doce según a Mitoloxía. É reserva natural grega dend´o ano 1938, patrimonio natural da Unión Europea dend´o 1981, na súa categoría de reserva da biosfera. O noso recorrido brindabanos unha panorámica diversa: mar (ó lonxe), vales primorosamente traballados, montes de diverso tipo, áridos ás veces, outras cobertos de vexetación (piñeiros, carballos), ata que chegamos ós Meteoros, montes ás veces furados que na distancia lembraban un pouco a Capadocia turca. E Kalanbaka, sobre a plainura de Tesalia, brindabase como un lugar de acollida, ornado xa o entorno do hotel con diversas capelas. Ó día seguinte tocabanos entrar nese gran bosco de penedos (algús miden 400mts), e aí, a partir da ocupación inicial dalgunhas covas, os monxes foran construíndo diversos conventos, máis de vinte, a partir do século XI, en condiciós que hoxe non se conciben. Os monxes buscaban as alturas, a imitación de Xesús no monte Tabor.  En Meteora (ou Santas Meteora), “a Comunidade Monástica, sobre os enormes petoutos, constitúe o máis importante centro monástico ortodoxo de Grecia, despois do monte Athos”, onde se dí permanecen uns dous mil monxes. Na zona noroccidental de Tesalia e dende a antigüedade érguense silenciosos e inmóviles os xigantes pétreos de Meteora, antre os macizos do Pindo e de Antichasies, como custodios da Kalambaka que nos daba acollida na noite do 11.09. (continuará)

8 comentarios:

José Luis Valladares Fernández dijo...

Como siempre, excelente el reportaje. Anímate, tienes que hacer algo más que plasmar todas estas cosas en un Blog, por que francamente se lo merece para que llegue a más personas.

Un abrazo

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

Por tu buen hacer fotográfico, y por tu clara explicación literaria, te veo, amigo Xesús, abocado a convertirte en guía turístico, por esos mundos de Dios. Transmites amor a lo que ves. Y eso es muy importante.
Como siempre, un cordial abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Luís:
Eres muy bueno. Comprendo tu idea y creo que valdría la pena, pero precisaría de una especie de año sabático para acometer esa empresa.
Lo que yo digo son cuatro cosas que habría que aderezar con más información.

Un abrazo. Y muy agradecido.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola,Chinto:

A mis ochenta, edad frágil, ya poco puedo hacer. Creo hacerlo con amor, efectivamente, porque nada de la gran aventura humana, desde el origen de los tiempos, nos debe resultar ajeno. Es cosa nuestra. Y nuestras son muchas palabras griegas que deben permanecer inmutables contra el afán nazi de los que han "creado" el galegués, deturpando muchas de esas palabras.
Pienso hacer tres o cuatro artículos más sobre lo visto y sentido en este último viaje, además de incluir una serie de fotos, algunas de ellas reveladores de la existencia de un mundo que nos precedió y ayudó a conformarnos como personas inteligentes.
Gracias,Chinto.
Un abrazo

Candela dijo...

¿Patrimonio de la UE? Ya podemos empezar a llorar.

La foto es impresionante, me recuerda a la película El nombre de la Rosa, es similar al monasterio que sale en ella aunque em un entorno paisagístico más agradable.

Tienes razón, es cosa nuestra y forma parte de la historia de Europa, vale la pena hacer esos recorridos.

o blog de xesús lópez dijo...

Hoal, Candela:

Por tablillas que se han ido exhumando se sabe que el griego se hablaba ya 1400 años AC. Y el griego nos sigue marcando como idioma de cultura.
Espero que las fotos que he de seguir incluyendo tehan de gustar. Metéora es inimaginable.

Un cordial saludo

trillian dijo...

Gracias xesús, por enseñarnos con tus "ojos" esos parajes tan peculiares, y qué algúnos/as quizás núnca podremos ver.

Saludiños é unha aperta.

o blog de xesús lópez dijo...


Me veis con buenos ojos, Trillian, porque lo que yo pueda contar no son nada más que unos recuerdos mal hilvanados.
A ver si acierto con lo que me falta.
Pero visitar esos lugares siempre es posible.
Los Franciscanos de Santiago y Halcón Viajes están organizando desplazamientos a diversos lugares.
Creo que ahora se está celebrando una peregrinación a Tierra Santa; seguramente otra en Noviembre.
Tal vez el próximo año organicen un viaje a Chipre y Malta, donde también estuvo San Pablo.. Son viajes siempre bien organizados y con la asistencia especial del Padre Paco Castro Miramontes.
Gracias polo teu comentario.
Unha aperta