Éste é Michael Weixlbaumer, o neno austríaco portador da luz da gruta de Belén, un novo heraldo da paz pró século XXI
Pontevedra, 23.12.2013
Entrada n. 1726 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.
A luz de Belén vai
polo mundo,
Por Xesús López
Fernández
O día 27 do pasado mes de Santos, Guenther Hartl, responsable
do proiecto da ORF de leva-la luz de Belén polo mundo adiante, explicaba que
esta práctica naceu dunha idea da Televisión Austríaca, no ano 1986. A idea básica é a de
agradecere ás persoas que nestos tempos de Nadal fan donaciós ou actividades
caritativas, iluminando a caridade coa luz. E pensando nunha luz
verdadeiramente especial acodiron a tomala da que permanentemente arde na
gruta onde naceu Xesús. Un neno ou unha
nena austríaco é proposto ou premiado prá ceremonia iniciática de prender unha
vela nesa luz perpetua. I este ano correspondeulle o protagonismo a un rapaz de
doce anos, Michael Weixlbaumer, que, como xoven e valente bombeiro foi de
fundamental axuda pra moitas xentes, con motivo dun peligroso incendio. Cara
simpática a do cativo (que ten o seu perfil en facebook) e que o 27.11
achegouse con decisión á basílica da Natividade. Xa alí, un monxe ortodoxo entrégalle
unha vela fina coa que se dirixe á gruta. De xionllos, santíguase e prende a
luz, que protexe nun cilindro especial prá súa conservación.
“É un lugar fermosísimo –dí Michael— i estou
orgulloso de ter prendido a luz de Belén, que vai ser levada por toda Europa”.
O rapaz asiste a unha misa celebrada na basílica de santa Catalina, na que
participan 420 pregrinos chegados de Austria, Suiza e Alemania, misa oficiada
polo arzobispo de Linz na que intervén
un coro do Conservatorio daquela cidade. Na fin da misa, os asistentes foron os
primeiros en recolle-la luz da que Michael era xa portador privilexiado, en
pequenas candeas. Despois desta primeira entrega a luz sería conservada no
hotel pra, no día seguinte e según manifestación de Guenther Hartl, levala en
avión das Austria Airlines, a Austria e a Linz prá súa distribución antre os
veciños; tamén pró seu envío con destino a trinta países europeos; mais tamén
ás dúas Américas e a Rusia.
Convén destacar no impulso desta tradición o
compromiso de Austria e da Televisión daquel país, así como a organización
existente que conecta con distintos grupos do Movemento Scout Católico, que
agardan nas estaciós do ferrocarril a chegada dos trens portadores da luz da
Paz que os scouts, os exploradores, van levando a diferentes destinos,
fundamentalmente parroquias. Esta luz, símbolo de solidariedade e Paz, foi xa
entregada ó Santo Padre, o pasado 18.12, mércores, polo propio Michael Weixlbaumer como parte da comitiva presidida
polo arzobispo de Linz Ludwig Schwarz, no curso da audiencia xeneral celebrada
en San Pedro. Imortantes as palabras do Papa Francisco na ocasión, afirmando
que esa luz “é un forte sinal que nos ilumina na nosa determinación de se-la
luz do mundo que brilla na confianza e na esperanza dos verdadeiros fillos de
Deus e leva a paz de Cristo ás nosas familias e ós nosos veciños”.
12 comentarios:
Feliz Navidad Xesús :-)
Gracias, Candela.
Igualmente, te deseo una feliz Navidad.
Preciosa iniciativa y gracias por recogerla y traerla aquí, Don Xesús.
FELIZ NAVIDAD o NATAL.
Un abrazo
fUE dICHO : "GLORIA A DIOS EN LAS ALTURAS Y EN LA TIERRA, PAZ A LOS HOMBRES QUE AMA EL SEÑOR".
¡FELICES NOCHEBUENA Y NAVIDAD Y -A PESAR DE LOS MALVADOS-, UN MEJOR Y MÁS PRÓSPERO?¿? AÑO 2014!
aH
y
¡¡RIAU RIAU!!
Bo Nadal Xesús
Gracias, Javier:
Hagamos entre todos (especialmente desde blogs como el tuyo) un mundo mejor.
Que al sonriente Michael le dure la felicidad y que, como bombero que tuvo que ser en cierta ocasión, pueda ahora chorrear con esa sonrisa a todo el mundo en corrupción.
Bó Nadal, feliz Navidad, Stille Nacht, heillige Nacht,alles schläft... o Grüss Gott, como seguramente acostumbra a decir el nuevo heraldo.
Un abrazo.
Hola,Old Nick:
Mantengamos la apuesta contra los malvados que han parasitado el país y que, como Legión, son un claro reflejo del Demonio en concentración. Tengamos dispuesta la piara (¡pobres cerdos!) para que se ahoguen, me es igual, en el mar de Galilea o en la ría de Pontevedra, ya portadora de muerte.
Gloria a Dios en las alturas y en la Tierra Paz, la que Michael, el nuevo cartero del Portal, Michael, nos trae.
Un cordial saludo.
Hola, Fina:
Que teñas fun feliz Nadal e que, dend´o seu espírito, poidamos facer algo por mellora-lo mundo.
Agora lembro a viaxe que a Igrexa galega fixo a Terra Santa o ano 2009. Aínda que foi no mes de Xullo, tiven ocasión de cantare alí, no templo do Campo dos Pastores,unha panxoliña popular galega:
"Nun pendello que hai xunt´un camiño/
unha noite de xiada naceu/
un meniño pequeniño/
que parece do Ceo caeu...
¡Imos rarpaces cara Belén/
poi-lo Mesias din que vós é...!
¡La la la la la...
Corramos todos bicarlle o pe..!
E sigue...
Paz e ledia en torno o misterio do Nadal....
Fina:
Quixen decir "un feliz Nadal..."
Fina:
Tamén quixen decir: "Paz e ledicia en torno ó misterio do Nadal..."
Ojala traiga una poquita de esa luz, para qué nos ilumine en este pais, que falta nos hace.
Feliz Nadal para tí y para tu familia, y tambíen:
Para tod@s los que entran a tu blog, que aqui en tu buena compañía nos encontramos,siempre con árticulos muy interesantes y aleccionadores.
FELIZ NAVIDAD.
Biquiños.
Hola, Trillian:
Gracias por tu inmerecido comentario. Pero,e fectivamente, falta nos hace esa luz.
Feliz Navidad
Biquiños
Publicar un comentario