viernes, 7 de marzo de 2014

O estertor do río-ría

 Xunqueira d´Alba, foto do ano 1890, cando o fondo da ría de Pontevedra conservaba todo o seu potencial de sardiñas, robalizas, anguilas, ostras, ameixas. Aínda non existía a avenida Domingo Fontán e a xunqueira, xunto coas outras existentes río arriba marcaban a depuración biolóxica das nosas augas. 
 Xunqueira do Cobo, aínda vivo o sistema de meandros existentes. Incluso á esquerda da foto apréciase unha das illas menores que existían no río, na que algunha vaca tiña alí o seu terreo de folgado. (Foto do 1971)   
 Este é o espectáculo dantesco do río, convertido en gran chafuldra por lle ter posto cancelas ó mar e por se poñer a deseña-los nosos políticos novos e idílicos solpores. Todo o pudren cando se poñen a xogaren coas cousas da natureza, que ten as súas propias leis.  
Lores adouta unha postura próxima ás xentes, na fotografía coas gafas postas en plan  aviador. A ver se lle valen pra aterrizar. A directiva do Naval ten ante sí unha asignatura sen solución que non se vai resolvere co simple dragado que o propio Lores reconoce como difícil. Por decir algo cando xa carece de discurso ambientalista.

Pontevedra, 7.03.2014
Entrada n. 1745


O estertor do río-ría,
por Xesús López Fernádez

Chaman outra volta ás portas do concello pra demandare unha solución que parece inútil: o dragado do río, do fondo no que varan moitas das embarcaciós aí coladas con calzador. Dóeme especialmente ver cómo todo o que tocan os políticos vaise degradando. Un espacio no que teño bogado e nadado. Tamén pescado robalizas a centos e que hoxe é un mar de miseria. Coméronlle ó río outro tanto do ancho que agora ten. E algún imbécil propoñía como solución pra recolocare esos fondos hipercontaminados, que deben ser abondosos en mercurio e dioxinas, nada menos que vertelos sobre as zonas de marisqueo da ría, ás que, pola contaminación industrial consentida pouco lles ha quedar.

Enlaces:
La Voz de Galicia: 7.03.2014. O exceso de lodos...
Faro de Vigo: O club Naval urxe...

11 comentarios:

Xosé Álvarez Castro dijo...

Certa era a gran riqueza en especies da xunqueira que tivo unha primeira agresión forte coa Cros e logo cos recheos. Só un pequeno reparo a chamarlle xunqueira de Alba como empezou a facer o antigo MOPU; teño visto numerosa documentación histórica da zona e sempre se lle chamou da Gándara (a parte de Lérez) de Campañó, do Vao e, nalgún caso, DO Alba ou do Elva, en referencia ao río e non o DE en referencia á parroquia; a parroquia de Alba non limita coa xunqueira aínda que o antigo concello de Alba sí incluía a Lérez. Saúdos

Tellagorri dijo...

Amigo XESUS, eso es una verguenza total. Mejor demostración que esas imágenes es imposible.
Una ría famosa en toda Europa por sus pescados y mariscos es ahora un barrizal.

Los responsables de que eso esté así debieran de ser publicamente ahorcados.

trillian dijo...

No tienen perdón ....que desastre PD:
Y vaya solución que le quieren dar , si es que no hay por donde cogerlos.

Eso tendrian que hacer como con él chapapote llevarlo bíen lejos meterlo en un hueco en la tierra ó álgo asi.
Si es que yó no sé que tienen en la cabeza, aserrín será ó vaya Ud. ah saber.

Biquiños Xesús.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola,Xosé:

Agradecido polas túas anotaciós. Certamente, a contaminación da Cros foi tremena,que incluso as pedras das Correntes quedaran completamente limpas, talvez efecto do ácido sulfúrico que nalgunha ocasión puido er chegado a elas.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Javier:

Me gusta la pena de la horca para los culpables. Pero esos cabrones incluso evitaron que los eurodiputados visitasen esta ría, en la que parece que no pasa nada.

Y los conserveros no se dan cuenta de que es una estupidez usar ya el nombre de la ría como marca. Hay casos en que la vianda de almeja en conserva procede de Inglaterra; el mejillón procede ya casi todo de Chile.
Los franceses ya sabían en 1978 que algo pasaba con el mejillón y, en los créditos documentarios de exportación que ordenaban, solicitaba como documento principalísimo "certificado expedido por el Instituto Español Oceanográfico, acreditativo de que el mejillón no es de la ría de Pontevedra ni de los sectores de Melojo y El Grove en la ría de Arosa".

Un cordia lsaludo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Trillian:

Creo que das en la diana y que la solución sería dar un tratamiento como el del chapapote. Después de todo, la fábrica de pasta es como un Prestige varado en Lourizán. Y la edar ilegal está muy mal planteada, además de careceer de concesión y de licencia. El propio Lores podría paralizarla, pero no, que está con las fuerzas del mal.

Biquiños.

Xosé Álvarez Castro dijo...

Concorda totalmente co que dí a entrada unha entrevista, que publicamos na revista Cedofeita fai anos, con Rosalía Castro, xa falecida, e que falaba das numerosas especies de peixes que abondaban na xunqueira así como da contaminación que eu tamén coido que era de sulfúrico nos verquidos e de SO2 á atmósfera. Saúdos

Xosé Álvarez Castro dijo...

Esquecíame do enlace á entrevista: http://cedofeita.arcanaverba.org/rcastro.html

o blog de xesús lópez dijo...

Parécenme moi interesantes, ademáis da entrevista, as fotografías incluídas.

Gracias.

José Luis Valladares Fernández dijo...

Cotejando las fotografías de épocas antiguas con las actuales, se hace patente el desastre ecológico provocado por los que se dejan llevar por intereses inconfesables.
Saludos

o blog de xesús lópez dijo...

Sí,José Luís.

Lo curioso es que estos chacaritas, el de las gafas a lo aviador y sus compañeros estalinistas, junto con las gentes de otros partidos, suscribieron la Carta de Aalborg de las Ciudades Europeas comprometidas con la sustentabilidad. Pero, claro, todo fue un engaño, un bluf. Las fotografías no mienten.

Un abrazo