domingo, 21 de septiembre de 2014

No bosco de Nemi

A Ponla Dourada, de Turner, ó que fai referencia James Frazer no capítulo titulado O Rei do Bosco, co que arranca a súa obra sobre maxia e relixión titulada como o cadro citado.

Pontevedra, 22.09.2014
Entrada n. 1778 do blog
Artículo semanal

No bosco de Nemi,
Por Xesús López Fernández

            Vou entrar moi en breve en certas cuestiós da obra de Frazer, “A ponla dourada”, que arranca cunha referencia ó cadro, así titulado, de Turner. A escea é unha visión de ensoño do pequeno lago do bosco de Nemi, chamado polos antiguos “o espello de Diana”. [Lacus Nemorensis, de 5 e medio kilómetros de diámetro, 30 metros de fondura, e 90 de farallós sobre o nivel das augas, é un cráter apagado e subsidiario do cráter Albano, ó este do lago deste nome]. Dúas aldeas italiás típicas repousan nas súas abadas, e o pazo, cuios xardíns decenden ata o lago, en nada alteran a quietude e soedade da escea. Diana mesma podería facerse presente ainda na solitaria orela; aínda podería concretarse alí como guardadora do lugar.

            Frazer relata de cómo na Antigüedade esta paisaxe boscosa fora esceario dunha traxedia extraña e reiterada. Na banda norte do lago, precisamente baixo do precipicio do que pende a moderna vila de Nemi, estaba o pequeno bosco e o santuario de Diana Nemorensis ou Diana do Bosco. Lago e bosco foron chamados tamén lago e bosco de Aricia. Pero o pobo dese nome (hoxe La Riccia) atopabase unhas tres millas máis alá, ó pe do monte Albano, separado por un brazo do lago que ocupa unha concavidade semellante a un cráter na falda da montaña. Nese bosco sagro había unha árbore e ó redor dela rondaba unha figura siniestra ó longo de todo o día e probablemente tamén ata moi entrada a noite. Empuñaba unha espada núa e miraba sixilosamente en torno dela, como se agardase en calquer intre o ataque dun nemigo. Era, ó mesmo tempo, sacerdote e asesino. E tarde ou cedo alguén tería de chegare pra matalo ou ocupa-lo seu posto sacerdotal, porque esa era a norma do santuario e sóo era posible ocupa-lo posto dando morte ó sacerdote pra reemprazalo, ata ser asesinado por alguén máis forte ou hábil.  

            Victoria precaria, o rei debía mante-la súa garda ano tras ano, en verán e inverno, tentando non dormire pra mante-la vida a salvo. […..] Vida tortuosa a do persoaxe no que as primeiras canas anunciaban a sentencia de morte, máis que á perfección da inesquecible paisaxe parece apuntar a un esceario sombrío, o vento asubiando antre as ponlas, o cruxido das follas secas baixo os pes, o azoute das frías augas do lago contra as orelas, a extraña figura indo e vindo, apenas aduviñada no luscofusco. Este extraño costume sacerdotal non ten paralelo na antigüedade clásica e resulta inexplicable en si mesmo.

            O culto a Diana en Nemi, según a leenda, foi instaurado por Orestes que, logo de matar a Thoas, rei do Quersoneso Táurico (Crimea), fuxeu coa súa irmá a Italia, levando a imaxe da Diana Táurica oculta nun feixe de leña. Cando morreu, os seus restos foron trasladados de Aricia a Roma e sepultados fronte ó templo de Saturno, na caeira do Capitolio. O culto a Diana en Aricia está contrastado polas ofrendas votivas que se teñen atopado no lugar e que mostran que Diana era considerada cazadora; que tamén impartía a súa bendición ós homes e mulleres con descendencia e que aseguraba un parto feliz ás nais. Parece que tamén o lume tiña un importante papel no seu ritual; que no festival do 13 de agosto, o mes máis caluroso do ano, o seu bosco santuario iluminabase con innumerables fachucos... Pero en Nemi comparecen outras figuras, como Virbio, un deus menor, que a leenda di que foi o héroe grego Hipófito, casto e fermoso, que aprendeu do centauro Quirón a arte da montería e pasaba todo o día cazando na selva na compaña da cazadora e virxe Artemisa (a contrafigura grega de Diana), que por asociación divina tal o home quixo prescindir do amor das mulleres, o que lle resultaría fatal.

4 comentarios:

Javier Tellagorri dijo...

Lo cierto es que esa mitologia griega luego adoptada por los romanos, sigue perviviendo porque los cerebros vaticanistas se ocuparon de ADPATARLA al cristianismo. Por ello seguro que hay algún templo dedicado a alguna Virgen en donde antes lo era de la diosa Diana.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Javier:

Puede ser cierto lo que dices. Y Artemisa,la virgen Artemisa,no deja de ser la Diana multimamífera, de la que en Éfeso, en octubre de 2011 pude contemplar una recreación.
Apunta también Frazer que en la antigüedad muchos reyes eran reputados hijos de vírgenes cuando el padre era desconocido.
Un cordial saludo.

José Luis Valladares Fernández dijo...

La mitología nos enseña muchas cosas y encontramos en ella explicación a muchas cosas de la vida real.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola,José Luís:

Tienes razón. Y una de las cosas que más me gustan de tus artículos es, precisamente, el argumentario en basea la mitología al que con frecuencia acudes.

Un abrazo