A Ponla Dourada, de Turner, ó que fai referencia James Frazer no capítulo titulado O Rei do Bosco, co que arranca a súa obra sobre maxia e relixión titulada como o cadro citado.
Pontevedra, 22.09.2014
Entrada n. 1778 do blog
Artículo semanal
No bosco de Nemi,
Por Xesús López
Fernández
Vou entrar moi en breve en certas
cuestiós da obra de Frazer, “A ponla dourada”, que arranca cunha referencia ó
cadro, así titulado, de Turner. A escea é unha visión de ensoño do pequeno lago
do bosco de Nemi, chamado polos antiguos “o espello de Diana”. [Lacus
Nemorensis, de 5 e medio kilómetros de diámetro, 30 metros de fondura, e
90 de farallós sobre o nivel das augas, é un cráter apagado e subsidiario do
cráter Albano, ó este do lago deste nome]. Dúas aldeas italiás típicas repousan
nas súas abadas, e o pazo, cuios xardíns decenden ata o lago, en nada alteran a
quietude e soedade da escea. Diana mesma podería facerse presente ainda na
solitaria orela; aínda podería concretarse alí como guardadora do lugar.
Frazer relata de cómo na Antigüedade
esta paisaxe boscosa fora esceario dunha traxedia extraña e reiterada. Na banda
norte do lago, precisamente baixo do precipicio do que pende a moderna vila de
Nemi, estaba o pequeno bosco e o santuario de Diana Nemorensis ou Diana do
Bosco. Lago e bosco foron chamados tamén lago e bosco de Aricia. Pero o pobo
dese nome (hoxe La Riccia) atopabase unhas tres millas máis alá, ó pe do monte
Albano, separado por un brazo do lago que ocupa unha concavidade semellante a
un cráter na falda da montaña. Nese bosco sagro había unha árbore e ó redor
dela rondaba unha figura siniestra ó longo de todo o día e probablemente tamén
ata moi entrada a noite. Empuñaba unha espada núa e miraba sixilosamente en
torno dela, como se agardase en calquer intre o ataque dun nemigo. Era, ó mesmo
tempo, sacerdote e asesino. E tarde ou cedo alguén tería de chegare pra matalo
ou ocupa-lo seu posto sacerdotal, porque esa era a norma do santuario e sóo era
posible ocupa-lo posto dando morte ó sacerdote pra reemprazalo, ata ser
asesinado por alguén máis forte ou hábil.
Victoria precaria, o rei debía
mante-la súa garda ano tras ano, en verán e inverno, tentando non dormire pra
mante-la vida a salvo. […..] Vida tortuosa a do persoaxe no que as primeiras canas
anunciaban a sentencia de morte, máis que á perfección da inesquecible paisaxe
parece apuntar a un esceario sombrío, o vento asubiando antre as ponlas, o
cruxido das follas secas baixo os pes, o azoute das frías augas do lago contra
as orelas, a extraña figura indo e vindo, apenas aduviñada no luscofusco. Este
extraño costume sacerdotal non ten paralelo na antigüedade clásica e resulta
inexplicable en si mesmo.
O culto a Diana en Nemi, según a
leenda, foi instaurado por Orestes que, logo de matar a Thoas, rei do
Quersoneso Táurico (Crimea), fuxeu coa súa irmá a Italia, levando a imaxe da Diana
Táurica oculta nun feixe de leña. Cando morreu, os seus restos foron
trasladados de Aricia a Roma e sepultados fronte ó templo de Saturno, na caeira
do Capitolio. O culto a Diana en Aricia está contrastado polas ofrendas votivas
que se teñen atopado no lugar e que mostran que Diana era considerada cazadora;
que tamén impartía a súa bendición ós homes e mulleres con descendencia e que
aseguraba un parto feliz ás nais. Parece que tamén o lume tiña un importante
papel no seu ritual; que no festival do 13 de agosto, o mes máis caluroso do
ano, o seu bosco santuario iluminabase con innumerables fachucos... Pero en
Nemi comparecen outras figuras, como Virbio, un deus menor, que a leenda di que
foi o héroe grego Hipófito, casto e fermoso, que aprendeu do centauro Quirón a
arte da montería e pasaba todo o día cazando na selva na compaña da cazadora e
virxe Artemisa (a contrafigura grega de Diana), que por asociación divina tal o
home quixo prescindir do amor das mulleres, o que lle resultaría fatal.
4 comentarios:
Lo cierto es que esa mitologia griega luego adoptada por los romanos, sigue perviviendo porque los cerebros vaticanistas se ocuparon de ADPATARLA al cristianismo. Por ello seguro que hay algún templo dedicado a alguna Virgen en donde antes lo era de la diosa Diana.
Hola, Javier:
Puede ser cierto lo que dices. Y Artemisa,la virgen Artemisa,no deja de ser la Diana multimamífera, de la que en Éfeso, en octubre de 2011 pude contemplar una recreación.
Apunta también Frazer que en la antigüedad muchos reyes eran reputados hijos de vírgenes cuando el padre era desconocido.
Un cordial saludo.
La mitología nos enseña muchas cosas y encontramos en ella explicación a muchas cosas de la vida real.
Hola,José Luís:
Tienes razón. Y una de las cosas que más me gustan de tus artículos es, precisamente, el argumentario en basea la mitología al que con frecuencia acudes.
Un abrazo
Publicar un comentario