Panorámica da vila, que hoxe vive do turismo.
Vista panorámica do pobo, un dos pobos brancos das serras de Cádiz.
Pinsapos en Grazalema. Trátase dun endemismo da zona e tamén da chamada Sierra de las Nieves, en Málaga. Existe unha variedade próxima no Atlas e outra máis próxima nos Urales. 
Vista completa da xenealoxía feita por María Guillén, a ceramista.
Casa consistorial de Grazalema.
Panorámica da praza do Concello, onde non faltan as farolas fernandinas, unha constante no urbanismo andaluz.
O pobo dominado pola serra.
Serra de Grazalema, sobindo cara ó pobo dese nome.
Pontevedra, 8.05.2012
Entrada n. 1522 do blog
En Grazalema,
por Xesús López Fernández
Grazalema é un dos moitos pobos con encanto da provincia de Cádiz. Lugar hoxe habitado por uns 2.200 habitantes convirteuse en cita obrigada pró turismo internacional, a pesar de rexistrárense alí os índices publiométricos máis altos de España. O día da miña visita caíron máis de cen litros por metro cuadrado.
Na serra existe unha inmensa variedade vexetal, sendo de destaca-la especie pícea pinsapo, da que se inclúe nesta entrada un primeiro plano. Tamén é frecuente ver voar águias, mesmo avutres, aves que parece queren imitare os parapentistas.
Limito esta entrada máis que nada á presentación das fotografías expostas, posiblemente non as mellores que fixen.