O catolicismo sigue presente en Nagasaki, como acreditan estas monxas que conmemoran o desastre, o 68 aniversario do holocausto decretado por Harry Salomon Truman, porque aquela demostración de xenocidio leva, pra sempre, a súa sinatura. O padre Arrupe, un héroe á hora de atendere ós feridos, foi un dos mártires (testigos) daquela mala hora. Evidentemente, a Historia tería sido outra cousa sen homes crueles como Hitler, Truman, Stalin.....
Incluso os nenos participaron o 9.08 no memorial do desastre e polo abandono total das armas nucleares.
Pontevedra, 11.08.2013
Entrada n. 1695
NAGASAKI, ¿UN ATAQUE Ó CATOLICISMO?
por Xesús López Fernández
O 9.08.2013 cumpreuse o 68 aniversario do desastre de Nagasaki. Se dous días antes botaran sobre Hiroshima unha bomba de nome "The little Boy" (O Rapaciño), o 9.08.1945 volvían os americáns cunha nova bomba nuclear, "The fat Man" (O Gordinflón), outra carga de morte, a consumación dun xenocidio sobre o que moitos se perguntan. ¿Por qué a elección de Nagasaki, centro da catolicidade xeponesa? É algo que foi de sempre obxeto de especial controversia. No seu "Tempos Modernos", o inglés e católico Johnson fai unha mención de pasada ó asunto: "by cruel irony, was the Christian city of Nagasaky". Cruel ironía, dí, sen máis. Pero o famoso historiador debería ter exminado a documentación sobre a toma de decisión e facerse cargo das conclusiós. ¿Cruel ironía?
Os interesados, en fin, poden buscar abundante literatura sobre tan escura cuestión.
Os interesados, en fin, poden buscar abundante literatura sobre tan escura cuestión.





