Mostrando entradas con la etiqueta secuestro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta secuestro. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de febrero de 2009

SECUESTRADOS PRA UN MITIN

Quintana pide o voto ós "secuestrados". Quintana, ben traxeado i engarabatado ante os maiores. Sen bandeiras.
Quintana, en campaña, informalmente vestido. No local apréciase reiteradamente o logos estalinista da agrupación.
-
Pontevedra, 20.02.2009
-
Entrada n. 842 do blog
-
SECUESTRADOS PRA UN MITIN,
por Xesús López Fernádez
-
Xentes da terceira edade foron invitadas por Cogama (Confederación Galega de Maiores) a pasare un día en Portugal. Todo, viaxe e manduca, 15 euros. Así que uns 500 xubilados, a maioría d´eles de Vigo, apuntáronse. I en diversos autobuses cara alá foron. Pero a excursión tiña unha inesperada parada, en Oia, pra un mitin a traición..
-
¿Qué pasa aquí?. "¡Que ven o vicepresidente Quintana!". Así que, veña mitin, pero semella que o Quintana non saeu ben parado, porque non se trataba dun colectivo con alzheimer, nos que estaría vivo o uso do galego, non do galegués estalinista. E houbo críticas acedas pró presunto secuestrador, porque realmente a excursión, como tal, fora montada pra que Quintana, co seu mitin en "galegués dos galizos", extasiara ós xubilados alí concentrados.
-
En definitiva, ese acto parécese ás cacerías de Bermejo, só que en vez de cervos, o Quintana exerce o seu dereito de pernada coa operación "secuestro", viaxe a Portugal, en realidade mítin en Oia, perto de Baiona. Víctimas, 500 xubilados que se supón poden ser agora activistas anti-Bloque.
-
Pero de todo esto informa El País, comentarios incluídos dalgús xubilados. (Crónica de Carlos E. Cué, dende Oia, 20.02.2009.)
-

jueves, 27 de noviembre de 2008

BREVES DO DÍA

José Cendón, secuestrado en Somalia. Foto do Faro de Vigo.

Pontevedra, 27.11.2008

Entrada n. 726 do blog

BREVES DO DÍA,
por Xesús López Fernández

Introduzo, a modo de breves, algunhas noticias do día, cos seus correspodentes enlaces:

O fotógrafo galego José Cendón e o periodista británico Colin Freeman, secuestrados en Somalia, polos seus traductores, cando traballaban xuntos nun reportaxe pró Daily Telegraph sobre a piratería do país. [Faro de Vigo, 27.11.2008]

MEDIO AMBIENTE. Bruselas ameaza con denunciar a España por vertidos á auga en máis de 400 poboaciós. [La Voz de Galicia, 27.11.2008]

DESCENSO SISTEMÁTICO DOS DELITOS CONTRA O PATRIMONIO. Forma ambigua de dá-la noticia, cando as agresiós ó patrimonio público fanse co pretexto de obras das Administraciós. Exemplo, a reconfiguración urbanística de Pontevedra, versus talibanismo en estado puro e reconversión en ruína da zona monumental [La Voz de Galicia, 27.11.2008].

Brufau pide ós interesados en Repsol que "crucen a línea máxica" e lancen unha opa. [ABC, 27.11.2008]

CAROD GASTA 272000 EUROS NUNHA FESTA PRA PRESUMIRE DE AXUDAS ÓS pPAÍSES DO TERCEIRO MUNDO [PERIODISTA DIGITAL, 27.11.2008]